Ramón E Fernández Oxea, Xosé

1896 - 1988

Foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como "O Tio Marcos d'a Portela", "La Zarpa", "Nós", "A Nosa Terra", "Lar", "Opinión Gallega", "Eufonía", "La Temporada en Mondariz", "Faro de Vigo", "La Noche", "Vieiros", "Boletín de la Real Academia Gallega", "Cuadernos de Estudios Gallegos", "El Museo de Pontevedra" e "Chan". Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.
Influenciado polo ambiente familiar era fillo de Pío Ramón Oxea (Allariz 1869-Ourense 1943), militante nacionalista e mestre da escola normal, e neto de Elixio Oxea quen presidira a Asociación Regionalista Gallega Ben-Cho-Shey participou activamente moi novo nos movementos galeguistas como as Irmandades da Fala, sociedade na que aparece entre os membros fundadores en Ourense.
En 1920 foi destinado a Marrocos onde adoptou o pseudónimo de Ben-Cho-Shey para asinar as crónicas de Guerra do Rif que enviaba ao diario ourensán "La Zarpa".
En 1925 é mestre nacional por oposición, pois xa en 1915 tiña acadado a reválida de mestre de ensino primario con premio extraordinario. Exerceu o seu labor no concello coruñés de Cariño e na parroquia ourensá de Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Para este último lugar elaborou un modélico estudo, porén a súa publicación se demoraría ata 1968.
A finais da década de 1920 viaxou por Francia e Bélxica cunha bolsa polas deputacións galegas para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí comprobou de primeira man o emprego de novas metodoloxías e apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levará a reflexionar sobre a necesidade da presenza da lingua galega no ensino primario.
En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Dous anos despois fórmase con Manuel Gómez Moreno en Arte e Arqueoloxía. Casou en 1931 con Isabel Algarra, de Linares, Provincia de Xaén. No ano 1931 é un dos membros fundadores do Partido Nazonalista Republicán de Ourense. En 1935 ingresou por oposición na Inspección do Ensino Primario. É destinado a Lugo onde vai presidir o Partido Galeguista.
Pola súa traxectoria galeguista ao comezo da guerra civil as novas autoridades suspendérono nas súas funcións en 1937, e foi desterrado a Cáceres. En 1951 pediu traslado a Toledo e viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galicia.
A Real Academia Galega nomeouno membro correspondente en 1943. Foi correspondente, tamén, da Real Academia de la Historia, do Instituto de Coimbra e da Sociedade de Geografia de Lisboa. Xubilouse en 1966. En 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o barallete, a fala dos afiadores.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Ramón E Fernández Oxea, Xosé

Detalles


Lugar de nacemento Ourense - España
Lugar de falecemento Madrid - España
Actividade Literatura , Arqueoloxía , Dialectoloxía , Etnoloxía , Heráldica , Arte
Filiación Zarpa, La (Ourense) , Real Academia Galega , Partido Galeguista (1931-1950) , Seminario de Estudos Galegos , Faro de Vigo , Irmandades da Fala , La Temporada en Mondariz , Lar , Centro Gallego de Madrid , Real Academia de la Historia , Nós, pubricacións galegas e imprenta
Ocupación Investigadores , Escritores , Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/AFC7BCE6-3874-4F60-885D-EB6B73C488D2

http://gnoss/6471085A-FE71-4545-A99D-825A04D75E38

http://gnoss/84BD7DAA-2DA2-411A-9380-4A3F5FAAF3CD

http://gnoss/E06134DE-1AB4-4FA0-BFA7-6EAE93F38BEE

http://gnoss/A7CEDE1A-0EA9-4963-906A-CF89E7A8E38E

http://gnoss/25A14402-FD5F-4F9D-ADF0-0FA5B25AC3E7

http://gnoss/792929A3-FD65-4BFB-818F-558642EC4F03

http://gnoss/9158E194-7BF1-4FE9-B41B-1A5C54991B65

http://gnoss/DE32941E-F17D-4D9F-BE5B-AFD1108F7715

http://gnoss/5F726F0F-96BB-4ABC-989E-E47C6658CDF7

http://gnoss/37D65690-85CB-4C08-A6A2-C4DD08704A7E

http://gnoss/C751854B-E498-4EB5-BAED-767F151E7677

http://gnoss/91DBDDF3-A25F-4083-A476-EB7CBFD15F15

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Ramón e Fernández Oxea, Xosé

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VI Número 24 - 15 decembro 1925
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IX Número 37 - 15 xaneiro 1927
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IX Número 41 - 15 maio 1927
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 59 - 15 novembro 1928
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 60 - 15 decembro 1928
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 68 - 15 agosto 1929
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XI Num. 69 (15/09/1929)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 70 - 15 outubro 1929
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XII Num. 76 (15/04/1930)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 97 (15/01/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 99 (15/03/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 136 - 15 abril 1935
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 137-138 - Maio/Xuño 1935