Cargando...
González García-Paz, Sebastián
1908 - 1967Foi un historiador e arqueólogo galego, secretario do Seminario de Estudos Galegos.
Fillo de Bernardino González Paz. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo o doutoramento en Filosofía e Letras en Madrid (1930), coa tese "El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela". Regresou a Compostela e obtivo a praza de auxiliar da Sección de Arte e tivo ao seu cargo as cátedras de Arqueoloxía e Historia da Arte. En 1931 conseguiu unha bolsa para ampliar os estudos de prehistoria e estivo en Francia e Alemaña. Colaborou co Seminario de Estudos Galegos, do que foi membro do Consello Director e para o que logrou uns locais no edificio de Fonseca, onde se instalaron a biblioteca e o museo de etnografía. participou xunto a Florentino López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Montealegre (Domaio), Santa Trega, Taboexa e San Cibrao de Las. Formou parte das Irmandades da Fala e asistiu á asemblea que se organizou na Coruña; máis tarde ingresou no Partido Galeguista. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Trala Guerra Civil, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, exiliouse en Puerto Rico, onde foi decano da Universidade de Puerto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Polo seu traballo, o claustro nomeouno decano de estudos, reitor interino e senador vitalicio. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Santiago de Compostela e o pago de cinco mil pesetas.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Pontevedra - España |
| Lugar de falecemento | Pontevedra - España |
| Filiación | Seminario de Estudos Galegos , Partido Galeguista (1931-1950) , Real Academia Galega , Irmandades da Fala , Universidad de Puerto Rico |
| Ocupación | Historiadores , Arqueólogos |
Presenza na revista
http://gnoss/9158E194-7BF1-4FE9-B41B-1A5C54991B65
http://gnoss/31B17947-40EE-48CD-94C4-47DF698224B4
http://gnoss/6471085A-FE71-4545-A99D-825A04D75E38
http://gnoss/6915BE09-5109-4766-B4E7-AB45A8711EE2
http://gnoss/86CAD423-CA72-4CD3-B85F-28123CB28BD5
Autor da revista Nós
Persoa relacionada
Organismo relacionado
| González García-Paz, Sebastián |
|---|
Artigos
Catálogo dos Castros Galegos
por López Cuevillas, Florentino, Risco, Vicente, González García-Paz, Sebastián, Noguerol Buján, Arturo, Suárez, Arturo
Ano IX Número 47 (1927); p 10-13
Catálogo dos Castros Galegos
por López Cuevillas, Florentino, Filgueira Valverde, Xosé, Gómez-Moreno, Manuel, González García-Paz, Sebastián
Ano X Número 49 (1928); p 13-15
Catálogo dos castros galegos : A Terra do Carballiño
por López Cuevillas, Florentino, Risco, Vicente, Ramón e Fernández Oxea, Xosé, Pericot, Luis, González García-Paz, Sebastián, González Salgado, Eleuterio, Amoeiro, A., Castro, Bernardo, Losada Filgueira, Joaquín
Ano XI Número 68 (1929); p 133-137
Catálogo dos castros galegos : (continuación)
por López Cuevillas, Florentino, Filgueira Valverde, Xosé, Ramón e Fernández Oxea, Xosé, Losada Diéguez, Antón, Bacarisse, Mauricio, González García-Paz, Sebastián, Forneiro Barandela, Isaac, Blanco Portugal, X.
Ano XI Num. 69 (1929); p 152-155
Miscelanea. Un mapa inédito do Arcebispado de Sant-Iago
por González García-Paz, Sebastián
Ano XIV Num. 98 (1932); p 31-32