González Salgado, Eleuterio

1899 - 1977

Eleuterio González Salgado, coñecido como Leuter, nado en Ourense o 18 de abril de 1899 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1977, foi un mestre e destacado político galeguista. Foi alumno destacado de Vicente Risco na Escola Normal e, pronto, o seu amigo e colaborador.
Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nazonalista Republicán de Ourense e estivo na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista como secretario. A súa militancia levouno a ocupar os cargos de concelleiro no concello de Ourense (1931) e deputado provincial, onde formou parte da Comisión Xestora desta institución. Como deputado provincial foi membro activo do Comité proferrocarril Zamora-A Coruña, cofundador da Caixa de Aforros de Ourense (1933) e presidente da Cruz Vermella (1935-36). Foi membro da redacción da revista Nós, e colaborador en A Nosa Terra, La Zarpa e Heraldo de Galicia, entre outras publicacións, así coma na emisión galega na BBC.

Foi mestre nos colexios de Quereño (Rubiá) León XIII e Concepción Arenal (estes dous na capital ourensá) entre outros. Polo seu labor educativo e divulgador do idioma e cultura de Francia, o ministerio de educación nacional dese país concedeulle o 14 de xullo de 1936 o Diploma de Oficial da Academia de Francia e a correspondente condecoración.

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 viuse obrigado a abandonar a política. En 1938 foi obrigado a marchar a Vilamarín, onde impartiu clases até 1945, cunha breve paréntese en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Nese ano abandonou o ensino para traballar na empresa de transportes por ferrocarril TRANSFESA.
Tempo despois reincorporouse ao ensino, e xubilouse a mediados da década de 1960.
Participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), mais morreu a véspera da legalización deste partido.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de González Salgado, Eleuterio

Detalles


Lugar de nacemento Ourense - España
Lugar de falecemento Ourense - España
Actividade Castros , Ensino , Política
Filiación Ourense Concello , Seminario de Estudos Galegos , Irmandades da Fala , Editorial Galaxia , Colegio Casa-Pensión León XIII (Ourense) , Partido Galeguista (1931-1950) , Caixa de Aforros Provincial de Ourense
Ocupación Políticos , Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/A84D9773-0034-4049-9891-6DB07DAADD9D

http://gnoss/9158E194-7BF1-4FE9-B41B-1A5C54991B65

http://gnoss/A7CEDE1A-0EA9-4963-906A-CF89E7A8E38E

http://gnoss/BAE8991E-122A-4D2E-85D7-B0A3ADAAFA56

http://gnoss/AF1E8FB6-5CB2-431C-80E3-E0D9660EFF4E

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

González Salgado, Eleuterio

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VI Número 24 - 15 decembro 1925
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano IX Num. 46 (15/10/1927)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 50 - 15 febreiro 1928
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 54 - 15 xuño 1928
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 68 - 15 agosto 1929