Lorenzo Fernández, Xaquín

1907 - 1989

Foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo. Foi o primeiro fillo do escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez, ourensán, e de Joaquina Fernández Barcia, de Vigo. Cómpre lembra-la presenza e influencia do seu único irmán, Xurxo, tres anos máis novo ca Xaquín, quen colaborou con el en numerosas ocasións ata morrer prematuramente o 2 de abril de 1934, vítima dunha septicemia, con 24 anos de idade. A morte do pai a finais de 1923 obrigou a que a nai tivese que marchar á Arxentina, a solucionar certos problemas coa herdanza familiar, polo que os irmáns foron vivir coa avoa paterna en Facós, Lobeira, no caso de Xocas, e coa familia do avó materno, en Vigo, no do seu irmán Xurxo. Entre 1917 e 1923 estudou a educación primaria e o bacharelato na súa cidade natal, no que hoxe é o Instituto Posío, e onde máis tarde el mesmo sería profesor, tendo como mestre a Ramón Otero Pedrayo, quen tomara posesión da cátedra de Xeografía e Historia nese instituto en 1921. Desde moi cedo comezou a colaborar co Grupo Nós, aprendendo e facendo amizade con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo e, con 18 anos (1926), ingresou como membro activo no Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre o carro galego. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala guerra civil, Xocas colaborou intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participou nas campañas que este organizou, ademais doutros traballos de investigación propios. Xaquín Lorenzo vese obrigado a loitar cos sublevados na guerra civil. Foi recrutado xa o 1º de agosto de 1936 pero, ó resultar ferido no ombreiro esquerdo en Villablino (León), nada máis incorporarse á fronte, o día 12 dese mesmo mes, é declarado inútil para o exército. Por fin, o 29 de decembro de 1937 pode regresar á súa casa de Lobeira, desde onde cultiva un fecundo faladoiro con Risco, Cuevillas e Pedrayo. Trala guerra civil, foi nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto Posío, de Ourense, ocupando a cátedra que deixara Otero Pedrayo, represaliado en 1937. Os seus antecedentes políticos terminan pasándolle factura e en 1942 pasou a exercer no colexio privado Cardenal Cisneros, da mesma cidade, e do que chegou a ser copropietario e director ata a súa xubilación en 1981. Durante os anos 1940 a 1950 dedicouse principalmente a realizar e dirixir numerosos estudos sobre etnografía material e cultural galega, entre os que destacan os seus estudos sobre o carro, as construcións tradicionais, os oficios, a dorna etc., así como sobre as festas e romarías, o cancioneiro e o refraneiro popular galego. Compaxinou estes estudos etnográficos con outros traballos sobre arte, historiografía e arqueoloxía, co estudo e catalogación de diferentes castros, como os de Terra de Lobeira (1931, onde coñece o profesor Fritz Krüger), Cameixa (Boborás, en 1944), Cabanca (Castrelo do Val, 1944) ou o de Castromao (Celanova). Este labor desenvolveuno dentro do seu traballo co grupo Nós, coa Comisión de Monumentos de Ourense e co Grupo Marcelo Macías, e transcribiuno en diferentes artigos que foi publicando en revistas como Nós, no Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, no Caderno de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, no Boletín Avriense etc. Cómpre destaca-lo feito de que os seus traballos etnográficos e técnicos ían adoito enriquecidos cos seus propios debuxos (ou do seu irmán Xurxo) e fotografías, co que consegue reflecti-las variedades locais dos obxectos que describía. Tamén recorreu ó cine para recoller mellor as actividades que estudaba, e neste eido destaca sobre todo unha curtametraxe sobre O carro e o home (1940). A partir de 1942 comezou a colaborar co Museo Arqueolóxico de Ourense e coa Comisión de Monumentos, chegando a ser académico correspondente da Real Academia da Historia. Tamén foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia, da Associação dos Arqueólogos Portugueses, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e do Patronato do Museo del Pueblo Español, de Madrid. En 1964 mórrelle a nai, Joaquina, e Xaquín comeza unha fase de progresivo illamento, reducindo os seus contactos a un pequeno número de amigos. A morte en 1975 dun deles, Xesús Ferro Couselo, con quen colaborara estreitamente, contribúe a afonda-la súa introversión. Todo isto, xunto á precaria saúde (padecía reuma e unha perda progresiva da vista), levárono a recluírse na súa casa e dedicarse case exclusivamente á lectura. Sae desta situación, por fin, cando en 1976 comeza a creación do Museo do Pobo Galego, coa súa designación como director e presidente do padroado do museo. Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Lorenzo Fernández, Xaquín

Detalles


Lugar de nacemento Ourense - España
Lugar de falecemento Lobeira, Ourense - España
Actividade Etnoloxía
Filiación Real Academia Galega , Seminario de Estudos Galegos , Museo Arqueolóxico Provincial (Ourense) , Real Academia de la Historia , Associação dos Arqueólogos Portuguêses , Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos (Ourense) , Museo del Pueblo Español , Real Academia de Bellas Artes de San Fernando , Partido Galeguista (1931-1950)
Ocupación Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/84BD7DAA-2DA2-411A-9380-4A3F5FAAF3CD

http://gnoss/70DD2719-7E5A-4DAB-9AC4-AD527D426DB3

http://gnoss/29EC0109-EA33-4F12-A5E8-82DE1D86905E

http://gnoss/84BD7DAA-2DA2-411A-9380-4A3F5FAAF3CD

http://gnoss/7C1BD2FB-1B1A-414C-9CF6-D42C066CDE55

http://gnoss/E8782134-9E5D-49FC-9809-F3FAF7CEC43D

http://gnoss/D6A58A71-9BF7-41D4-86AD-519B39AE6816

http://gnoss/3AE46F86-B0C9-4430-A7FC-106360A9FBA4

http://gnoss/D8A84C7A-F69B-471E-BF9F-4C1E0B4C2C84

http://gnoss/7B60C471-48BE-4FD0-AAEA-B81FF764431A

http://gnoss/8A16BB96-EBF6-4E39-8040-24333DF374A5

http://gnoss/D926F353-506F-4B62-8DF0-D946696EE8E2

http://gnoss/72A148C4-6A3D-401A-9AD5-272803F56082

http://gnoss/7C1BD2FB-1B1A-414C-9CF6-D42C066CDE55

http://gnoss/BD391039-9160-4293-B39A-6112FC7D431E

http://gnoss/3053DA8E-36E9-4DD2-BD01-D98A40146751

http://gnoss/31B17947-40EE-48CD-94C4-47DF698224B4

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Lorenzo Fernández, Xaquín

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano IX Num. 44 (15/08/1927)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XI Num. 71 (15/11/1929)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XIII Número 93 - 15 setembro 1931
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 98 (15/02/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 99 (15/03/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 99 (15/03/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 100 (15/04/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 108 (15/12/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 111 (15/03/1933)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 112 - 15 abril 1933
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 116 (15/08/1933)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 117 (15/09/1933)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 121 - 15 xaneiro 1934
Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza : papeletas pra un diccionario

Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza : papeletas pra un diccionario

por Lorenzo Fernández, Xaquín

Ano XVI Número 121 (1934); p 14-16

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 124-125 - Abril/Maio 1934
Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza : notas encol do antroido en Lobeira

Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza : notas encol do antroido en Lobeira

por Lorenzo Fernández, Xaquín

Ano XVI Número 124 (1934); p 91-92

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XVI Número 126-127 - Xuño/Xullo 1934
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 131-132 - Novembro/Decembro 1934
Miscelánea : nobles que defenderon a raia portuguesa ante o Limia e o Miño no ano de 1762

Miscelánea : nobles que defenderon a raia portuguesa ante o Limia e o Miño no ano de 1762

por Lorenzo Fernández, Xaquín

Ano XVI Número 131 (1934); p 186-187

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 131-132 - Novembro/Decembro 1934