Cargando...
Losada Diéguez, Antón
1884 - 1929Antón Losada Diéguez foi un intelectural e ensaísta, membro fundamental da Xeración Nós. O seu entorno familiar procedía da fidalguía e caracterizábase por unha profunda ideoloxía tradicionalista e católica. A partir de 1907 participa no movemento agrario, colaborando na fundación de sindicatos agrarios. Aprobada a oposición á cátedra de Psicoloxía, Lóxica Ética e Rudimentos de Dereito, fíxose cunha praza en Ourense en 1913, o que lle permitiu achegarse aos homes do cenáculo ourensán. En 1915 ingresa nas Irmandades da Fala. Losada Diéguez rescatou a Irmandade de Ourense da inactividade á que a levaran os sectores máis conservadores, favorecendo o desenvolvemento do galeguismo e fundando o xermolo da Xeración Nós. No ano 1919 efectuouse o seu traslado a Pontevedra, onde continuou activamente a súa militancia galeguista, sen esquecer o seu labor como propagandista católico, sendo presidente da Acción Católica e impulsor da introdución do galego na liturxia. En 1920 funda a revista "Nós" xunto a Vicente Risco e Arturo Noguerol e a participar na formación da Irmandade Nazonalista Galega en 1922, ainda que a súa vontade de reunificar o galeguismo non triunfou. Converteuse, tamén, nun destacado membro do Seminario de Estudios Galegos, ao que accedeu en 1924. A súa prematura morte aos corenta e cinco anos aconteceu en Pontevedra, no ano 1929. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1985. Creouse na súa memoria o Premio Losada Diéguez, concedido anualmente e desde 1986 polos concellos de Boborás e Carballiño en dúas modalidades, investigación e creación literaria. RAG
Detalles
| Lugar de nacemento | Boborás, Ourense - España |
| Lugar de falecemento | Pontevedra - España |
| Actividade | Nacionalismo |
| Filiación | Seminario de Estudos Galegos , Irmandades da Fala , Instituto de Segunda Ensinanza de Pontevedra , Real Academia Galega , Sociedad Coral Polifónica |
| Ocupación | Escritores , Profesores universitarios , Políticos |
Presenza na revista
http://gnoss/2C70B739-2EF7-40C9-A0B6-9ECCC956C3E1
http://gnoss/BC7D40B6-8C6F-4360-BDBA-FB002C1B95A5
http://gnoss/70DD2719-7E5A-4DAB-9AC4-AD527D426DB3
http://gnoss/996036C8-042F-4A03-9ED2-E47C8332D1F1
http://gnoss/6471085A-FE71-4545-A99D-825A04D75E38
http://gnoss/3EE217F3-E6FC-45E2-BF08-8ABDFE0A0D41
http://gnoss/4B84110F-7560-4B5B-8165-1C4FFD402F62
http://gnoss/71DFF7CA-860F-4C00-B254-EE102FDC41FD
http://gnoss/3580807C-8A23-42FA-8671-9191E1BAAF21
Artigos
Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza : romance
Ano XI Número 64 (1929); p 68-69
Catálogo dos castros galegos : (continuación)
por López Cuevillas, Florentino, Filgueira Valverde, Xosé, Ramón e Fernández Oxea, Xosé, Losada Diéguez, Antón, Bacarisse, Mauricio, González García-Paz, Sebastián, Forneiro Barandela, Isaac, Blanco Portugal, X.
Ano XI Num. 69 (1929); p 152-155