Cargando...
Martínez López, Ramón
1907 - 1989Foi un filólogo e político galego. Como estudante, participou na creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en El Compostelano con artigos en galego e unha serie titulada Lambizos asinada co pseudónimo Xan do Cotón. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 e en Filosofía e Letras pola mesma universidade en 1929, comezou a traballar como profesor de secundaria de latín e lingua e literatura española en Eivisa, Vigo e Lugo. En 1931 estivo entre os fundadores do Partido Galeguista. Gañou en 1933 unha praza de profesor no Instituto español de Lisboa e, posteriormente, conseguiu a praza de profesor de literatura comparada na Universidade de Lisboa. En 1934 recibiu unha bolsa de investigación do goberno francés, e mudouse a París e en 1935 encargouse da organización do Salón do Libro Español. En 1936 doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e accedeu aos postos de agregado cultural nas embaixadas españolas de Portugal e Francia durante a Guerra Civil española, como parte leal ao goberno democrático da Segunda República. Tamén estivo dando clase durante tres meses na Universidade de Alxer e logo loitou na fronte, pero coa derrota republicana marchou ao exilio en Francia, onde estivo nun campo de refuxiados, e logo a Arxentina. Comezou a investigar no instituto filolóxico de Buenos Aires, baixo a dirección de Amado Alonso e en 1940 accede ao departamento de Linguas Románicas da Universidade de Austin, en Texas, onde realizará o seu labor de pescuda e docencia ata a súa xubilación en 1971. En 1950 consegue a cidadanía estadounidense e en 1959 a praza de profesor. Os seus temas de investigación principais foron a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das Cantigas de Santa María, de Afonso X e da General Estoria, do mesmo autor. Traballou tamén outros campos da poesía medieval e contemporánea española (Antonio Machado) e da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoais, entre outros), e publicou distintos estudos e artigos sobre literatura galega, tanto en galego como en inglés. En 1971 regresou a Galicia despois da xubilación, e contribuíu na reorganización do galeguismo. Coa chegada da democracia recuperou as súas acreditacións como profesor de secundaria e foi reposto. Foi elixido académico da Real Academia Galega en 1976 e recibiu a Medalla Castelao en 1984, na data da súa instauración. Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Boiro, A Coruña - España |
| Lugar de falecemento | Pontevedra - España |
| Actividade | Literatura medieval , Literatura española , Literatura galega |
| Filiación | Seminario de Estudos Galegos , Real Academia Galega , Universidade de Lisboa , Partido Galeguista (1931-1950) |
| Ocupación | Profesores universitarios , Políticos |
Presenza na revista
http://gnoss/31C81449-FA59-4DAE-AD5A-5686963A6E17
http://gnoss/3354B2F8-F366-47F4-ABBE-AD94D1907F7F
http://gnoss/A7CEDE1A-0EA9-4963-906A-CF89E7A8E38E
http://gnoss/C650B579-6340-4522-B123-D64732238E61
http://gnoss/BD6ED2FF-BB2B-4C4C-9A77-E00F39B9B22E
http://gnoss/495CC302-A30B-47EB-9E9D-3FD5A8199156
http://gnoss/C909DD41-8F46-486D-9876-E9332C66AB65
Artigos
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza.
por Bouza-Brey, Fermín, Núñez Búa, Xosé, Martínez López, Ramón
Ano VI Número 21 (1925); p 18-19
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza.
por Bouza-Brey, Fermín, Ramón e Fernández Oxea, Xosé, Martínez López, Ramón
Ano VI Número 24 (1925); p 13-16
Nota bibliográfica : presentada ao ''Seminario de Estudos Galegos'' na xuntanza do 6 de febreiro
Ano VIII Número 28 (1926); p 6-7
Divulgación folcklórica : a vida na Bretaña
Ano VIII Número 33 (1926); p 14-15
Unha poesía inédita e autógrafa do noso bardo
Ano VII Número 36 (1926); p 3
Os Homes, os feitos, as verbas : a nosa etnografía.
Ano IX Num. 45 (1927); p 14-20
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
por Martínez López, Ramón, López Bello, Amadeo
Ano XI Número 63 (1929); p 52-56