Castro Dono, Alfonso

1912 - 1969

Ramiro Alfonso Castro Dono, nado en Guimarei (A Estrada) o 17 de novembro de 1912 e finado na Estrada o 10 de outubro de 1969, foi un mestre, escritor e político galego.
Fixo o bacharelato en Pontevedra e estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, obtendo o título en 1932. Foi secretario do Comité pro Monumento a Pardo de Cela constituído na Estrada en decembro de 1932. Foi secretario do Comité Pro-Estatuto da Estrada en 1933 e interviu nos mitins da campaña. Publicou poemas en "El Compostelano", "Vida Gallega", na revista "Nós", "El Emigrado" e "El Pueblo Gallego". Mestre destinado na escola da Marina da Guarda dende 1934. Foi secretario do Partido Galeguista da Guarda, e logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro da Guardia. Con Rafael Varela Pazo representaron A Estrada no enterro de Antón Vilar Ponte en marzo de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e permaneceu fuxido durante 12 anos. Entre outros lugares refuxiouse na casa de Manuel García Barros, onde escribiu un Cara o Sol vermello como resposta á degradación a que eran sometidos ao obrigarlles a cantar esta canción; a letra circulou clandestinamente durante o franquismo sen saberse do seu autor. Sancionado coa inhabilitación como mestre por orde ministerial de 31 de outubro de 1941, resistiu até 1947 en que se entregou nunha das amnistías do franquismo. Foi nomeado axente executivo interino do concello da Estrada en xullo de 1947. Aprobou os exames de procurador na Audiencia Territorial da Coruña o 29 de maio de 1948. Revisado o seu expediente de depuración en 1951, recuperou a praza de mestre coa sanción de "traslado durante cinco anos e inhabilitación para cargos directivos e de confianza" en 1952. Foi destinado a escola de Saians (Moraña) en 1953, a de Salgueiros (Vila de Cruces) en 1954, e despois foi mestre en Pardemarín (A Estrada). Renunciou a súa vocación literaria, limitándose a exercer a docencia e queimando toda a súa obra. Sospeitoso para as autoridades, foi detido en varias ocasións.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Castro Dono, Alfonso

Detalles


Lugar de nacemento Guimarei, A Estrada, Pontevedra - España
Lugar de falecemento A Estrada, Pontevedra - España
Actividade Política , Ensino , Poesía
Filiación Partido Galeguista (1931-1950) , Galicia , A Guarda Concello
Ocupación Políticos , Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/31B17947-40EE-48CD-94C4-47DF698224B4

http://gnoss/84BD7DAA-2DA2-411A-9380-4A3F5FAAF3CD

http://gnoss/45D0620F-CAAA-4C30-836B-0A71089811C8

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Castro Dono, Alfonso

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIII Num. 91 (25/07/1931)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 98 (15/02/1932)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XIV Num. 99 (15/03/1932)