https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713714.xml
194
luarte moi pronunciado. No suleste e a beira mesmo da marxe esquerda da estrada, vense craramente os restos de dous fosos paralelos e contiguos, que quizais se continuaran pol a canella do lugar da Vila que serve oxe de camiño pra chegar a eirexa parroquial, pare terraprens artificiaes ben determiñados e a cativa estensión dos fosos conservados non deixan precisar con esactitude as áreas contadas. Incruindo nos eixes a plataforma terminal e as terrazas circundantes tíranse as medidas seguintes:
Do norte ó sul . . . 392 metros
Do leste ó oeste . . . 397 metros
Conven advertir que n-iste derradeiro eixe vai comprendida a lonxitude do baluarte que atrás mencioamos, máis ainda que se teña en conta ista circustanza, resulta que o Coto
cendo apoiar iste suposto non soio a direi- ción congruente dos fosos e do camiño, se non tamen o ser o sitio onde se asenta aquil caseirío o de millor aceso a acrópole e pul-o tanto o máis necesitado de proteición.
Mensuras.—A ausenza de parapetos e de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713724.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Al[?]na e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua bibliotec[?] non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeq[?]ira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157137&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713712.xml
192 NÓS
nos foi referida por un veciño da parroquia de San Xés, cuio nome é Martiño, e que vive no lugar de Cenderiz.
A lenda é como sigue:
«Na Porta do Mouro hai moito haber e de il sabían o meu abó e outros endividos que de unha vez o foron desencantar levando consigo un crego e mais un «Ciprianillo».
«Chegados ó sitio riscaron un circo no chan c-unha cruz no medio e metéronse den-
grandísimo que a cabeza pasaba por riba dos cotos mais altos».
—«Que queredes de min, perguntou.
—«Queremos que nos dea da sua riqueza dixo un».
—«Se queredes diñeiro ide por il as casas do rei, que o que leño é meu e non vol-o dou».
«O fin e a poder de moito porfiar, convénrono de que Iles dira algo, mais puxo de
tro, e despois o crego fixo no ar unha cruz en cada vento e desconxurou pol o libro. E non ven rematou de desconxurar veu do pe-
nedo unha grande voz que dixo:
«—De que forma queredes que saia?»
«Un dos presentes, que acababa de chegar do servicio, contestou».
—«Saía en forma de militar».
«E apareceu un soldado grandísimo, tan
condición que lle habían traguer un año, branco de todo e sen lixo ningún».
«E como iles andiveran a rifar sobre de quen tiña que ir ó pobo pol-o año ouviuse un trono que fixo tremer a terra, escureceuse a luz e desapareceu o xigante».
Bibliografía.—Inédito.
(Catalogado por Xaquin e Xurxo Lorenzo e Florentino López Cuevillas),
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713720.xml
200
ramente formidabeles que se precipitan cara os cursos do Avedela e do Limia, escruía
Observacións. Na superficie do castro átopanse esparexidas algunhas pedras que semellan ter formado parte de casopas. Aparecen asimesmo tellóns romanos e cerámicas castrexas lisas. De ambas cousas fixemos unha regular colleita.
A 200 metros do comenzo das ladeiras da acropole e pola banda do norleste, afroran na terra os cabos de unhas laxas chantadas verticalmente e dispostas a xeito pra formaren tres elipsoides de difrente tamaño, metidos uns n outros de mór a menor e con unión tanxencial n-un soio punto (figura IV). A escavación de ista caste particular de megalito, que pra xente non é outra cousa que as ruiñas da ermida do San Adiao,
case a execución de obras defensivas, agás pol-o lado do suloeste onde a continuación da baixada do monte deica a confluenza de aquiles ríos estabrecia ur aceso practicabele, e sobre todo pol o lado do norleste, que é o que fai a unión do coto co monte do Viso. No primeiro de aquiles lugares xa dixemos que eisiste un terraprén de 10 metros de alto, que xuzgamos feito pola man do home, e que quizais presente revestimento de cachote, e no segundo percibense os vestixios de un foso, aberto en parte na peneda.
Mensuras.—A ausenza de parapetos e de terrapréns que cingan por todo a volta o castro, non permiten determiñar con esactitude a área cotada. Pódense dar así e todo como aproisimadas as medidas seguintes:
Do norte ó sul . . . . 39 metros
Do leste ó oeste . . . 49 metros
No eixe do norleste pro suloeste, comprendido entre o terraprén e a liña do foso, a sua lonxitude alóngase ós 75 metros.
Figura 4 (a) que asegún se di érguese por alí perto, non
(Continuaráse)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713719.xml
NÓS
Número VII
O COTO DE SAN ADRAO
Emprazamento.—Na província de Ourense, alcaldía de Lobeira e parroquia de Cabaleiros.
Situado n-un dos escalóns que fai o monte do Viso ó descer cara a confluenza do Avedela co Limia. Pol-o norleste ligase iste escalón ó resto do macizo montesío de que forma parte e pol o suloeste axúntase á baixada en escadeira que vai morrer no punto de unión de aquiles dous rios, que flanquean
O hourizonte do castro é dilatado e fermoso. Pol-o norte avistase o val do Avedela, deica ó seu nacimento. Pol o norleste mirase o descer do monte do Viso. Pol-o leste, suleste e sul quedan en primeiro término as fervenzas das Cunchas do Limia, logo o val de iste río e no fondo os Cornos de Fontefría, a Nevosa e o Xurés. Pol-o suloeste a focha do Limia, a Portela do Home e a serra de Santa Eufemia e pol o oeste e noroeste a corrente do Avedela, a freguesia de Grou, ca capela de San Bieito no alto, e mais por riba ainda a Cabreira e os lombos ermos da Montaña.
Defensas.—Ocupa o centro do castro un outeiro (Lámina IV), que aparece rematado por unha pequena plataforma, cujas ladeiras, altas de 10 a 22 metros caen sobre de unha estreita terraza que se alonga pol-o
O coto cas suas correntes, quedando pol-a banda do ocaso a do Avedela e pol-o sul e suleste a do Limia. A estrada de Ourense a Portugal corre paralela a iste por baixo mesmo do coto.
suloeste con costa pouco pronunciada deica morrer n unha especie de terrapren de 10 metros de altura.
A fortaleza natural do emprazamento, protexida a tres ventos pol-as ladeiras verdadei
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571375.xml
NÓS - 185
guesa, como a catalana e como a galega tiñan un posto prominente no mundo das culturas. É verdade que co esplendor das letras de Castela no século de ouro as outras literaturas somellaban mortas e fallas de alento, pro tamén é verdade que a sua razón, atopábase no verse privadas sistemáticamente das suas propias linguas e obrigadas a adoitar outra distinta que tiña de facer de vehículo artificioso dun esprito diferente e alleeiro.
Non embargantes, aquelas culturas, aquelas formas do esprito, afogadas pol-o balbordo dos, sucesos políticos alleos á sua esencia, que se ollaron interrompidas na sua marcha cara á cumiación, habían de rexurdir puidentes e con novos azos, cando somellaban mortas. Max Weber falando do crepúsculo da cultura antiga, escribe que o despotismo tivo que afogar e oprimir en certa medida, psiquicamente, ao home antigo, a sua vida pública, a sua cultura... A vida espiritual de Occidente sumiuse, asín, en longa noite. Mais a sua caída lembra a aquel xigante do mito helénico que recobraba novas forzas cando tocaba o seio da nai terra. Na Idade Media o vello xigante rexurdiu dotado de nova forza e erguéu o legado espiritual da antigüidade á luz de unha moderna cultura. Do mesmo xeito as culturas peninsulares ibeiras desfeitas despóticamente no século XV voltan no XIX e no XX a alumear con fito de epopeia os ronseles da ciencia universal. Voltan criando formas novas, con enerxías insatisfeitas, sementando as suas inquedanzas de traballo, ceibes xa de fórmulas imperiais veciñas sempre da decadencia, sobre todo nos eidos do esprito.
~~ E n-iste senso é quizabes a cultura galega, a que adquiriu máis relevancia, porque a sua historia artística e filosófica era un precedente glorioso que non contrastaba co seu forte despertar romántico dos derradeiros tempos. De estudo concienzudo do pretérito pra fixar tedol-os aspeitos da nosa persoalidade. De aviventamento do esprito do medioevo. Porque o romantismo, en certo modo, é eso, un renacimento de algúns principios e formas medievais como o Renacemento o fora da civilización greco-latina. Anque nin un nin outro teñen por base un retorno a unha antiga civilización. E si a palabra romantismo define ben a época da civilización a que se aplica, non é tanto pola-a definición literal, que corresponde á base da época pasada que procuroú, como polo-o senso sentimental que a verba adquiriu. Mais deixando á beira istas divagacións, compre citar anque soio sexa de esguello, os nomes e as figuras de aquela tradición mais antiga da nosa psicoloxía no filosófico e no artístico, de aquela tradición que marca e inicia con Prisciliano unha dotriña panteísta e antidogmática en pleno século IV, escontra do poder oficial da Eirexa na Hispania, que lle fai morrer heroicamente por non renegar da crara luz que ardía no seu cerebro de galego humanísimo. Que logra no XVII co célebre tratado «De Quod nihil scitur» de Francisco Sánchez adiantarse a Kant e a Descartes, cando a loita antre as ideas medievais e as do Renacemento abriran motivos de discusión. E que culmina no XIX con Feijóo, co seu «Teatro Crítico» coas suas «Cartas eruditas» en que a ironía, o humor e o escepticismo sinalan as bases psicolóxicas da superior vida mental do pobo galego. É con il e con Sarmento con quen se comenza nas cencias críticas e filosóficas o regreso dos sabios galegos ao estudo da sua terra natal.
No artístico, son os cancioneiros a máis xenuína representación da ialma popular, a mais antiga tradición da arte do pobo, en que a sentimentalidade alterna co senso intuitivo da paisaxe, a intimidade do poeta, coas cousas que o arrodean, as cantigas de ledino e romería coas chamadas Tenzóns d'amor. Son as voces poéticas mais exquisitamente delicadas que xurden das fonduras dos séculos, XII, XIII e XIV. Cando Compostela, fito das estradas de Europa, n-aquel tempo, era o punto de contacto entre aquela maneira lírica e as correntes vindas de fora. Era o centro focal que soupo impór, co seu dominio espiritual sobre as terras percorridas pol as longas estradas da romaxe, a nosa lingua, deica lograr que compartise coa provenzal a hexemonía poética do Occidente románico. Era o campo, onde xurdían dous feitos cumes na historia das artes: a escola escultórica de Mateo e a escola literaria dos Cancioneiros, respondendo a un tempo ao seu caraiter ecu-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713718.xml
198
breira. No sul-suleste e por baixo da acropole vese en primeiro término o monte e capela de San Bieito de Grou. Despois pol-o suloeste, sul e suleste domease o val do río Pacín, as penedías dos Castelos de Grou e dos Castelos de Entrimo e o val de Lovios, pechando a perspectiva as soás do Quinxo, da Santa Eufemia, da Nevosa, da Portela do Home e dos Cornos de Fontefría. Pol o leste vese case toda a larganza do val do Avedela, mais lonxe o lixo de neboa da lagoa Antela e o val do alto Limia e no cabo do hourizonte asoman os picos da Aguioncha e da serra do Larouco.
Defensas. — Dexérgase tan soio no remate do outeiro unha pequena plataforma arrodeada por un terraprén de 3 a 10 metros de alto desfeito n-algúns sitios pol os canteiros que ali teñen arrigado pedra. Por baixo de iste terraprén, que non sabemos se é natural ou artificial, abrese unha especie de terraza, visibele en todas as bandas, agás na do sul, na que a plataforma superior morre nas abas do outeiro, pouco pronunciadas no norte, noroeste e oeste, onde se fai a xuntanza do espolón ca serra e que pol-o contrario son moi altas e pinas no resto da volta e de maneira especial na caída sobre a regata de Grou que forma unha barranca de mais de 70 metros de alto. Na zona en que o outeiro únese a serra non existen vestixios de nin gunha caste de fortificacións.
NÓS
Mensuras.—Abranguendo nos dous eixes a plataforma terminal e a terraza que a circunda mede a área coutada
Do norte ã sul . . . . . 49 metros
Do leste ã oeste . . . . 75 metros
Observacións.—A cima do Crastelo apa rece ocupada por unha penedia de gr 1, medio esborrallada pol os traballos dos pedreiros. Eisaminamos de vagar toda a superficie do castro sen atopar ren de intrés arqueolóxico.
Imediatos a acropole e esténdose bastante pol a serra, corren uns valados de pedra, feitos con laxas chantadas verticalmente, que sosteñen entre elas cachotes pequenos postos en sentido horizontal. A istas vedacións, que van indicadas no croquis c-unha liña de trazos grosos e que non hai lembranza de que houberan separado nunca eidos ou predios, por seren aquiles terreos comunas, chámalle a xente, as tapadas dos monos.
Folk lore.—Non poidemos acadar ningún.
Bibliografía.—Inédito.
(Catalogado por Xurxo Lorenzo e Florentino López Cuevillas).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713713.xml
NOS
193
Número IV
O COTO DA VILA
**Emprasamento.**—Na provincia de Ourense, concello de Lobeira e parroquia de San Vicente de Lobeira.
Costruído n-un monte de grande estensión que pol-o norte, noroeste e oeste cae sobre do río Avedela. Dentro do recinto castrexo están edificadas a eirexa parroquial e as máis das casas do lugar da Vila. Pol-o leste e suleste corta a parte baixa das fortificacións a estrada provincial de Bande a Entrimo, que ten alí chantada a pedra indicadora do kilómetro 10 (Lámina III).
**Defensas.**—A máis das construcións de que xa falamos ocupan o coto da Vila terras precuradas e soutos e a sua superficie alcóntrase sulcada en varias direicións por muros e arribadas que separan os eidos, compréndese doadamente, que n-un lugar de tal manci-ra traballado pol a man do home non sexa fácil dexergar con esactitude as antigas fórtificacións.
O alto do coto aparece aplainado, facendo unha estesa plataforma, cortada de norte a sul por un pequeno terrapren semicircular caindo despois o monte en terrazas escalonadas por toda a volta, deica rematar nas pinas ladeiras que baixan ó Avedela por un lado e nas casas do lugar da Vila pol o outro. Istas terrazas son, como é natural, máis numerosas nas bandas careadas pro río, adiantándose no leste unha de elas ó xeito de ba
O hourizonte do castro queda limitado ó norte, noroeste e oeste pola Cabreira, ó norleste pol-o monte das Motas e ó leste e suleste pol-o monte do Viso. Cara ó suloeste o descer do val do Avedela permite avistar a cunca do Limia e as serras que fan a raia con Portugal.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571372.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE SANTIA O
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Númaro solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
POEMA, por AQUILINO IGLESIA ALVARINO.
ÍNDICE CULTURAL E ARTÍSTICO DO RENACIMENTO GALEGO, por FRANCISCO F. DEL RIEGO.
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS.—V. A TERRA DE LOBEIRA, por FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS e XURXO LORENZO.
ARQUIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA
IMPRENTA “NÓS”
Vicente Risco
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Abogado
Santo Domingo, 47-2º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713716.xml
196 NÓS
Número V
A COROA, DE SAN XÉS
Emprazamento.—Na provincia de Ourense, alcaldía de Lobeira e parroquia de S. Xés
Aparece costruído o castro n-un espolón situado no comenzo da costa da serra da Cabreira, na marxe dereita do río Avedela que o contornea pol-o leste, suleste e sul e dando case fronte ós deba- los ocidentantaes do coto da Vila. Entre o río e a acropole pasa
Iste foso desparece por compreto no lado ocidental, que e por onde o espolón únese á
a estrada de Bande a Entrimo nos kilómetros de 11 a 12 e no lado do norte desce a corga fonda de unha regata.
Dende o alto da Coroa o ollar tropeza pol-o suloeste, oeste e noroeste co comenzo da serra da Cabreira e no leste e norleste cas ladeiras do coto da Vila deica o seu remate por baixo de Facós, pechando o hourizonte o monte do Viso. Cara ó sul e suleste divisase o descenso do Avedela e a focha da cunca do Limia, e no fondo os cumes das serras de Fontefría, Nevosa e Xurés.
Defensas.—Constan as de iste castro de unha plataforma circular, perfectamente achairada e que se destiña oxe ó cultivo do centeo; de un terraplén de 15 a 30 metros de alto, coberto por debesa de carballizos, e cuio revestimento de cachote faise ainda visíbel en certos lugares e de un foso medio colmado, mais que se dexerga nidio nas bandas do norleste e do suleste.
Pertence iste castro pol-o arranxo das suas obras defensivas a un tipo mai común en Galicia, sendo de notar a escolla abelenciosa do emprazamento.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713715.xml
NOS
da Vila é, pol-as súas mensuras, un dos castros máis notábeles, dos deica agora catalogados en Galicia.
Observacións.—Non se alcontran en nin gún recanto da superficie da acrópole alicerces de casarellas nin outros vestixios de antigas construcións de pedra, non sabéndose tampouco se algúns dos terraprens que determinan as terrazas e a plataforma do cume, presenta revestimentos de cachote.
Na tona da terra recollimos varios roxóns de fundición de ferro e ó desabregar certos eidos atopáronse pedras de muiños de man de forma circular. Ó facer unha escavación na sacristía da eirexa parroquial aparecéu un martelo de pedra seixenta de 279 milímetros de longo, provido de unha garga que o abraza pol o centro e de un burato na cara inferior destinado a afianzar o pau do mangaxe que iría preso na garga c-unha baraza ou cordel (figura 3).
FIGURA 3
Martelo de pedra seixenta do Coto da Vila
A eirexa parroquial, apesares de ser unha obra barroca está ourentada, denunzando iste feito a existencia no mesmo sesego de unha fábrica anterior.
Folk-lore.—O de iste castro ten a particularidade de localizárese en currunchos sina lados con esactitude e que se emprazan pol o xeral nas ladeiras do monte e ainda na mesma beira do rio, sendo posíbel acharmonos en presenza de un fenómeno de traslación topográfica, motivado pol-a necesidade de levar ós mouros a sitios senlleiros e un tanto retirados da habitación dos homes.
Conta Vicente Ximénez, de 15 anos e veciño de Facós.
«N unhas penedas que hai na ladeira do poente do castro e que chaman a Labugueira, vive unha moura e pol a noite ouvese o ruido que fai co tear cando está a tecer».
«Ainda hai poucos anos que apareceu por alí unha grande fantasma branca».
De boca de outros informadores recollimos as lendas que imos trascribir.
«Di a xente que a Vila estivo n-outro tempo cercada de murallas e que era praza moi forte».
«Ó pe do coto, n-uns lameiros que lle chaman a Madanela, dín que se atoparon lumieiras de casas».
«Aseguran outros que houbo alí unha ermida adicada a Santa Madanela, cuia imaxe, xuntamente con outra de San Xohan gárdanse oxe na capela de Sant Yago de Facós».
Pol-a parte de baixo do coto e nun outeiro que lle chaman do Crasto, perto xa do rio hai unha peneda que ten tesouro e onde vive unha moura que vai por veces a asoellar».
«Cerca de iste sitio alcóntrase unha pedra grande que foi unha casa dos mouros».
«Nas penedias que hai onde a ponte Avedela, por baixo do coto, hai unha cidade moura e ainda se sinte falar e tecer dentro».
«N-algunha ocasión ó pasar xente ten saido unha moura que baixa ó rio recolle auga n un caneco e lévalla pra beberen. Logo que beberon vóivese meter deseguida nas penedas».
«Tamén eiquí hai tesouro. Pra buscal o foron tres veciños de Facós e puxeron un barreno, mais non atoparon res».
(Catalogado por Xurxo Lorenzo e Florián López Cuevillas.)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571373.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XV ★ Ourense 15 de Setembro de 1933 ★ Núm. 117
P 0 E M A
Por Aquilino Iglesia Alvariño
Ao mencer lavaban as leiras
os cómaros verdes no río:
—A mañán meniña vaise casar
cun vento aventureiro
que ven da banda do mar.
—Ai que galán o vento aventureiro.
—Nos seus brazos xa morreu unha tardiña namorada.
Enterran-a as carballeiras
no ataúde pequeniño dun cantar
Ao medio día estendían as leiras
os cómaros verdes ao sol.
—I-ela é tan ndviña!
Nos seus ollos inda leva a noite.
E as suas mans tén-as esquecidas
todas cheias de canseiras
e luínas brancas sin acios.
Para o seu ven de noiva,
vendéralle as lóas a renda rizada.
Nos bazares da lua
mercón a seda esluada.
Nos tenderetes da aurora
mercón paniños de sol.
Á tardiña gardaban as leiras
os cómaros verdes na sombra.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571379.xml
NÓS
189
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
Núm. II-O COTO DA XULLEIRA
(Proseguimento)
Emprazamento.—Na provincia de Ourense, alcaldía de Lobeira e parroquia de Santa Cristiña de Montelongo.
O coto da Xulleira non é máis que un espolón, proyectado cara ocidente, polo pequeno macizo montesío, onde se asenta o castro da Coroa que vimos de describir. Alcóntrase polo tanto máis baixo que il e si-
1 á 17 metros de alto, seguindo despois outra terraza xa encostada, visível sobre todo pol-as bandas careadas dende o noroeste ó sul, precipitándose logo as ladeiras do coto, que son moi pinas, e que teñen unha altura de 40 á 70 metros, deica iren morrer á un caminho que da a volta polo pé do castro, achegado á il en todol-os seus lados, agás nos do norte e norleste. Á beira d-iste caminho e polo sul e suloeste, obsérvase unha escavação de dous metros de ancho, que pode ser interpretada como vestixio d-un foso.
Descansaba, sen dúbida a fortaleza do castro da Xulleira na sua especial topografia, ben disposta pola natureza pra resistir un ataque e as defensas habían acumularse no leste e norleste que é por onde o espolón que forma o coto se axunta ó macizo de que depende. Pode vérense ainda n-istes lugares un terraprén medio derrubado de 5 a 17 metros de alto. As outras obras, que coidamos tiveron que eisistir e de xeito particuliu o
tuado á beira do lugar que serve de cabeza á freguesía. A eirexa parroquial, que á pesar de ser moderna, aparece rigurosamente ourentada, áchase construída no lado do leste da plataforma terminal da acrópole, dende a coal divisase polo leste e suleste o castro da Coroa, polo oeste a valgada de Montelongo e o monte das Motas, polo norte a liña de outeiros da divisoria co río Cadós e polo sul e suloeste a cunca do Limia medio e as serras que.a flanquean e fan a raia con Portugal.
Defensas.— Resulta imposible o intentar unha reconstrución aproximada do sistema defensivo d-iste castro en cuio interior érguese, á máis do templo parroquial e de unha casarella, que nos pareceu destinada á palleira, unha colección de valados e de arribadas que o cruzan en varias direicións e que sirven pra separar os eidos en que está dividido o monte.
Non se perciben por ningures restos de parapetos. Na cima da acrópole existe unha área ben aplainada disposta darredor de unha penedía, e que remata n un terraprén de foso, elemento obrigado na arte militar dos castros pra protexer os recintos emprizados en espolóns nos sitios máis doadamente espunáveis, é seguro que desapareceron é edificárense a eirexa parroquial e a aldea que a circunda. É direros ainda en confirmarza do noso suposto que a única porta do adro está aberta na banda do nacente, que oxe como n-outrora é a que ofrece millor entrada.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713722.xml
NÓS
202
desmoronamento; a cama é de musgo e de herbas secas, tendo destintas salidas pra poder escapar cando haxa perigro.
Pra pill-as topias otilizase un trebello, ou un can, porque son un mal pra todal-as leiras e prados, pol-as topeiras que fan nélas.
Pero volvendo o sapo, cóntase que lle disputou o zorro unha carreira; dimpois de discutir un gran cacho, sale o sapo a tod'a me-
cha e cólgase ó sapo o rabo d'il, io chegar o lugar siñalado, revólvese o zorro e di: ti vés hom!, io sapo dille: xa fai un cacha qu'estou eiquí, ganando a aposta.
Ó sapo góstalle andar mainiñamente; porque seica ha espriencia llo dixo. Quixo saltar unha vez un rego apresa pero mancouse na barriga e dixo: «os apuros non són bós», sentenza qu'a aproban hastra os xastres...
ALGUNHAS PRANTAS MEDICINAES QUE S'EMPREAN POR EIQUÍ
I.—A ORTIGA
A ortiga, d'aspero trato, é a máis despreciada de tod'as prantas. Pero non por iso deixan de darlle o seu valor; as ortigas, unha vez desecadas, e tomadas en forma de cocimento, curan as «congestiós» do peito e desembarazan o estómago de materiaes deteñidos moito tempo, dándolles saida principalmente pol-a orina. As raices d'a ortiga son máis eficaces cas mesmas follas, ben s'empreen no vran, cando están verdes, ben sexa cando están secas no inverno. Un cocimento d'istas, pode curar hastra un principio de «hidropesía», ié xeral, libra o orgaismo de malos «jugos». Cando é que se ten a sangue alteirada ou corrumpida seica é un bó remedio comer cocidas ortigas. Tamén s'emprean contra o «reumatismo» coidando de dar un has fregas con ilas no sito donde se padeza a enfermedá. O medo que pode inspirar iste lático, será substituido moi preto co pracer da melloría.
II.—A CASCA DE CARBALLO
A corteza de carballo novo, metida en au ga fervendo unha media hora, dá un cocimento que cura, posto á modo d'emprasto, os henchizés n as papeiras, cando ainda non están moi desarrollás. Tamén s'emprea con moita sona, metendo un pedazo d'un xénero de liño na cazola donde se garda iste cocimento e poñéndo no pescozo, pra cando iste está hinchado.
Os que sofren do «recto» deben tomar baños d'iste covimento, empreándose tamén pra iste ouxeto lavativas d'él, pero que sexá un pouco máis craro. As enfermedás do ct, cúranse da mesma maneira, como tamén os
III.—A MALVA (ALTHOEA ROSEA L.)
A malva é das prantas máis mediciñáes. Empréase con moito éxito, pra dar lavativas ás mulleres dende que dan á luz, pra curalas feridas, pra revental-os furunchos. A infusión da flor da malva, sobre todo a negra, cura as afeuciós da garganta e do peito; as malvas sirven, ademáis, para perparar inhalaciós en vafos, que s'aprican os oídos.
Tamén hai outra cras de malva, chamada malvela, que además de ter as apricaciós da malva, otilízase pros doores de barriga e d'estómago, e pra outras enfermedás, habendo quen as trae apegadas ao peito pra que lles cure o mal do «flato».
IV.—A FRESA
Ainda que hai poucas por eiquí, convén dar unhas verbas á carón d'elas. Hai quen as come con pan no vrau, pra que lles devolva as forzas; curan o mal da pedra coméndoas diariamente en proporciós igoales; tamén se emprean as follas do fresal, cando están secas, meténdoas n-unha cazola que conteña certa cuntidá d'auga fervendo; ao cabo d’uns 15 minutos sácase do lume, obténdose así un líquido puro de fresa; mézcrase c'un p »uco de leite quente e azucre e veleiquí unha bebida moi agradabre, empreada por eiquí. As fresas tamén se recomendan, sobre todo aos conválecentes, que de resultas dunha enfermedade grave, alcóntranse moi débeles, con grande perda de forzas.
AMADEO VARELA RODRÍGUEZ
NOS, Publicacións Galegas e Imprenta, Rúa do Vilar, 15 - Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713711.xml
NÓS
bele que a congostra cercana á Coroa formara parte de algunha entrada, ligada ós fosos por medio de un dispositivo do que non quedan agora restos.
Folk lore.—Non poidemos acadar ningún por terse desprazado quizáis as lén-
das de iste castro ó veciño da Coroa
Bibliografía.—Non ten outra que a men cioada de Díaz Sanjurjo, Op. et loc. cit. no castro da Coroa. (Catalogado por Xurxo Lourenzo e Florentino López Cuevillas).
Número III
O CR A'S TO
Emprazamento.—Na provincia de Ourense, alcaldía de Lobeira e parroquia de Fraga. Ocupa un outeiro, cuias ladeiras caen en parte sobre a corrente do Avedela, e queda situada na costa da serra do Leboreiro, a un
no lugar en que o río deixa de servir de foso natural a acropole, que por iste lado non ten outra proteicion que a que poderia proporcionarlle a penedia que o coroa.
Tratase pol-o tanto de un emprazamento típico en espolón, naturalmente forte no coal é posibele que as defensas artificiaes se reduxesen a empalizadas ou valados lixeiros que non deixaron sinal da sua eisistencia.
Mensuras.—Comprendendo nos dous eixes a terraza e o grupo de penedas mede a plataforma do castro:
Do norte ó sul..... 80 metros.
Do leste ó oeste... 70 metros.
Observacións.—Non se ven por ningures alicerces de casarellas nin alcontramos tam pouco, apesares de unha vagorosa rebu-ca,
cerámicas nin outros obxetos arqueolóxicos, vendose soio en toda a superficie do castro, unha grande cantidade de pedras soltas, procedentes do labor dos canteiros que teñen arrigado cachote e perpiaño na penedia do cume.
Folk-lore.—O de iste castro semella terse trasladado deica uns 70 metros de distancia, augas abaixo do Avedela. Hai alí e a beira mesmo do río unha peneda chamada a Porta do Mouro, onde se localiza unha lenda que
Defensas.—Ocupa unha boa porción da plataforma terminal do outeiro unha estesa pe iedia de pedra de gra que cae sobre de unha terraza aplainada visibele, de xeito principal, nos lados do norte e oeste baixando despois as ladeiras do monte con pendente brusca deica a corrente do Avedela que se cingue ó pe do castro por todal-as bandas, agás na do sul onde unha especie de itsmo faia unión co resto da serra.
Fora da terraza atrás mencionada non se observa ningun vestixio de fortificacion, sendo de notar a ausencia de obras defensivas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713710.xml
sendo de ver que por tal causa se cegaran fosos e achairaran parapetos co obxeto de facilitar o aceso das xentes ó templo.
Mensuras.—Por confundirse nalgúns lugares a terraza esterior cas ladeiras do monte non é doado o precisar medidas. Damos asi e todo como aproximadas as seguintes.
Observacións.—A totalidade do castro áchase coberto por cultivos e por un mato mesto que nos impediron non só a precura de cerámicas e de outros obxetos, senón tamén o comprobarmos a existencia de restos de casas de pedra.
Como denantes dixemos, considera Díaz Sanjurjo ó coto da Xulleira como un posible posto avanzado da Coroa de Santa Cristina, ca coal quedaría unido por un camiño coberto. Disentimos do parecer do antigo e lembrado membro da Comisión de Monumentos de Ourense, pois o camiño á que il se retira só pode considerarse como coberto n'un curto anaco que vai por baixo da Xulleira e n outro trozo pouco máis estenso que se alcontra perto xa da Coroa, anque sen conexión visíbel con ningunha das suas defensas (fig. 2). O restante de tal vieiro non ofrece a menor protección e continua en dirección distinta empalmandose n'il os dous trozos cubertos.
Do norte ó sul..... 83 metros
Do leste ó oeste... 52 metros
Ó noso xuizo trátase pol-o tanto de dous castros independentes, sendo asi e todo posí-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713717.xml
NÓS
protexido a tres ventos pol-as pinas e altas ladeiras que caen sobre o Avedela e a corga afluente, e pol-o curso de aquil río, que lle serve de escelente foso natural.
Mensuras.—Mede a plataforma terminal, que como dixemos ten feitura tendente ó circo
Do norte ó sul . . . . . 65 metros
Do leste ó oeste . . . . 67 metros
Observacións.—Na tona da terra labrada
do recinto central, recollimos abondosos roxóns de fundición de ferro. Asegún nos manifestaron téñense posto ó descoberto no trascurso dos traballos agrícolas, muradelas atuadas, que quizais sexan alicerces de casarellas.
Folk-lore.—Non poidemos acadai ningún.
Bibliografía.—Inédito.
(Catalogada por Xoquín e Xurxo Lorenzo).
Número VI
O CRASTELO
Emprazamento.—Na provincia de Ourense, alcaldía de Lovios e parroquia de San Mamede de Grou.
suleste flanquea o outeiro unha corga de fortes ladeiras por curo fondo decorre a regata de Grou.
Ocupa un outeiro en espolón, perto xa dos lombos terminaes da Cabreira e a uns 900 metros sobre a xorfa do mar. Pol o leste e
A peisaxe que se albisca dende o Crastelo e moi ampria. No norte, norleste, peste e noroeste quedan os debalos da serra da Ca-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571374.xml
184 NÓS
Indice cultural e artístico do Renacimento galego
Cecais por vez primeira a mocedade descoñecida ocupa unha tribúa que consagraron figuras insiñes da nosa cultura. Però eu debo decirvos que ao vir a ela, pra colaborar n-ista xeira de conferencias tan felizmente iniciada non o faigo cun dereito que a erudición e a experencia me houbesen dictado, sínón coa forza do sopro instintivo que respalda o temperamento e a intuición dun mozo universitario da Galicia nova, disposto a deixar ouvir a sua voz trémula, despois das lucubracións sosegadas e fondas dos conferenciantes que por aquí desfiaron. Veño a falarvos dun tema amprísimo, e quero chamarvos a atención e previrvos contra d-algún posible prexuicio: eu non veño eiqui con unha laboura de crítica, sinón con unhos breves comentarios, con un noti cieiro informativo, que me impoñen necesariamente a miña cativa capacidade centífica e a desproporción do tempo en relación coa ampritude do asunto. Eu pretendo desenrolar n ista noite un «Indice cultural e artístico do renacimento galego» e penso que a mesma forza apostólica do Tema, cubrirá a moitedume de deficencias que inevitavelmente terán de se producir ao longo d-ele. Velehí como n-iste filmófono que vai a perfeitamente diferenciadas poden estar xunguidas por unha fatalidade do seu siño histórico, poden constituir un mosaico de pobos vivindo dentro dun Estado armoñoso que en troques, de estrangular sistemáticamente as suas diferencias particulares, as respete e ainda as fomente i estimule. Pro en canto aos probremas da sua cultura, cuia raizame xurde das mais fondas encrucilladas da i alma das razas, xa esta unificación non é posibel. Falar da cultura hespañola dun xeito unitario e ausoluto, sería unha afirmación sin senso nin razoamento. Pero é que xa dende o século XVI cando se fala de literatura hespañola, fálase na realidade de literatura castelán como si a hexemonía e o imperialismo antipático de Castela, ao mesmo tempo que impuña as suas desditadas normas políticas, se houbese apoderado tamén da ialma dos pobos de Iberia. Hespaña no desenrolo da sua vida cultural recababa a adhesión de terras peninsuares que adoitaban como propia a idea hispánica de orixe castelán. Identificatos co ila enriquentaban o seu patrimoño artístico literario dentro d-unha politica de asimilación. Mais sempre, frente á cultura que xurdiu da expansión do núcleo matriz Castela León, ergueronse outras que como a portu-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713723.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empree o
“Jabón Sales de la Toja”, único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571378.xml
188 NÓS
se por eso a eisistencia dun caraiter lírico. E iste é, en xéral, o noso caraiter en todol-os tempos da nosa historia. Por iso n-iste movimento aitual, pesie o seu senso polifacético, predomiña nil e adequire enorme relevancia, debido a aquelas razóns, o sentido artístico puro na sua produción cultural. O outo expoñente de poetas, de pintores, de escultores, de músicos, asi o acredita.
MOVIMENTO LÍRICO
Estamos asistindo a un claro, magnífico movimento revolucionario lírico que nos pon en frente de todul-os camiños da Europa, asinalándonos un posto prominente na gran sinfonía en que se xuntan as voces esprituás e artísticas de todol-os pobos. Ista xornada lírica foi preludiada xa con dúas figuras señeiras, que percorreron roteiros distintos e opostos na leira dos acios da renacencia: Cabanillas, o vicario do bardo Pondal, o enorme e delicado poeta chamado da Raza, voltador tamén dunha época rebelde, pra escribir maravillosas «sagas» basadas en lendas armoricanas que tiveron lexendaria atinxencia no lexendario do noso país. E Noriega Varela apellidado «Poeta da Montaña», cantor das cumes labregas de Mondoñedo, poeta das froles do toxo e das xestas, o lírico da urze e da abedoeira, que sabe dos carreiriños brañegos antre espiñas orballadas, e das noites de luar, e das noites pechas de inverno, e da ledicia do lume beilando na lareira, a ledicia parva e sinxela das fogueiras de San Xoan. Noriega e Cabanillas son os dous grandes poetas que preceden ao gran ciclo xuvenil da poesía galega contemporánea.
Vou intentar analizar dun xéito mui someiro aos principás representantes d-iste ciclo e pra unha maior facilidade agrupareinos en catro grupos, constituídos d unha maneira snbxetiva e cáxeque arbitraria, sin encadramento definitivo de todos iles nos agrupamentos respeitivos, anque poda haber unha aproximación relativa.
Poelus creacionistas non gongorinos, que anteboñen a seleición de matices a seleición de imaxes e veñen dos creacionistas franceses de 1933, de Divotre, de Vildrac, de Jean Cocteau... Podemos considerar antre iles con todo o que tén de relativo este enmarcamento, a: Manuel Antonio, o mariñeiro poeta pra quen o veleiro e o pailebote son semáforos de suxestiós, coñecedor do lengaxe técnico das cousas do mar, sírvelle pra descubrir en ademirábeles metáforas as suas relacións estéticas. Manuel Antonio co seu imcomparable libro de versos «De catro a catro» incorporóu dun xeito definitivo as novas correntes literarias a poesía galega.
Alvaro Cuhqueiro, o poeta mozo, que máis está dando que falar na aitualidade. No espacio dun ano leva xa pubricados tres libros: «Mar ao Norde», «Poemas do sí e non», «Cantiga nova que se chama Riveira», que marcan tres tonos diferentes no seu inusitado temperamento poético. Cunqueiro panrealiza o seu sentimento máis íntimo, e o que parece raro, ás veces casi romántico en todal-as cousas. Na primeira obra amóstrase descravado, xeométrico, en prismas de cristal. Na segunda aparez xa desfeito en todal-as cousas. O prisma rompeuse en vidrios escintilantes. Nas cantigas anda a xogar con espellos rotos, coa luz, a iluminación propia dos cancioeiros, que adequire nil unha soltura, unha beleza e unha axilidade extraordinarias. Escoitade sinón, aquela que dí asín:
No peteiro do luar
nasceu a erba mollada
ai sí
Segouna con vento limpo
a risa nova da i alma
ai non!
(Cutinarase)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/115713721.xml
NÓS
201
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
O CABREIRO
E o encargado de coidar d'a rés (cabras y'ovellas), dar unha persoa que ll'axud'a gardar, e se pasa d'oito centos rixelos, dúas o pirmeiro, chámase costeiro, o segundo, recosteiro.
Cand'hai catro rixelos a mór d'o dia (10 cabezas); cada tres rondas, andas'un día máis; se són dous ou tres rixelos, no máio, non siñifican pr'a garda.
O cabreiro tamén ten direito a tér hastra vinte rixelos seus.
Está tamén n'a obrigación de dormir, compañado d'os mozos) fora d'aldeia, a noite de San Xuán.
Axústase por un ano o día pirmeiro d'abril: A paga que recebe e: 1.º As «Fiarazas» (de condición) constan d'un capote de xerga y'unhas abarcas, ou unhos zocos; ou tamén poide ser un sombreiro d'os que lle din bastardo. En vés do capote, se chegaban esácordo, dabanll' «o guecho», ou sexa, lan pra faguelo.
2.º O estoxo. Certa cantidad en diñéiro que denantes non rubía de cátro centos reás.
Empeza muxir (o leite e pra comer il y'o costeiro) o día tres de Maio (o día de Santa Cruz). Día en que tamén empez'a a sestear: O día 11 de Novembre ten que deixar de muxir.
Cada veciño, aparte de por pr'a soldada o que lle pertefieza, está n'a obrigación de, por cada dez rixelos que mand'o cabreiro, manter un dia, éste y'os cás; y'ademáis man-
A conta d'a res que cada veciño ten léva-se n'un caxato escadrado que se chama talla. Un día (10 cabezas) represéntase por uuha raia que coll'unha cara enteira d'o pau; meia raia, cinco rixelos. N'outra cara d'o pau, anótanse os rixelos qu'ai a mais de días compretos, facendo raias pequenas. Unha raia que day,a volt'o caxato separ'a résdecada viciño.
LAUREANO PRIETO
O QUE SE DÍ D'ALGUS ANIMAES EN MONTERROSO
(Próseguimento)
O mel é que ten máis apricazóns entr'o que produce a abella. Din c'o chupan das frores e que dimpuis ó gomitan o chegar á colmea. Usano pra comer, e dánllelo especialmente ás persoas anémicas; otilizase pra pomadas, qu'aprican as gorxas ós que padecen das anginias; as mozas bótano á faciana porque din que non hai millor crema; untan coil os curtizos porque así seica paran millor as abelas; mezerada con té s'emprea contr'os ca-
tarros; pras negras, a maneira d'engilento; fai madurar os abscesos pequenos d'estómago; mezcrada con auga e fervendo ista mezcra é un vino especial, considerandoa por eiquí os labregos com'a un liquedo milagroso.
VII. - O SAPO
Soilo vou decir dúas ou tres verbas acaron d'iste animal, que goza entr'estas xentes de pouca sona, xa sexa porqu'o teñen com'a moi venenoso, ou porqu'eo consideran nocivo a agricultura. Por eiqui tens'a precaución de non chegarse moito a il, por temore a que lles bote unhos mexos, que son venenosos, e que fan cegar o qu'os reciba, o tempo qu'emborracha os outros animaes; o sapo soilo ten ista arma de defensa.
En certa ocasión unha rá díxolle o sapo: «casar, casar!»; io sapo contestoulle: «io pan, io pan!». Tamén se dí por'eiqui qu'a topia vendeulle os ollos o sapo, pol o rabo, porque dinantes o sapo tiña rabo, ia topia ollos, por iso a topia anda sempre desourientada, facenda sempre buracos o tín-tin pra escapar dos seus enemigos. A casa das topias leñen, a veces, hastra centos de metros, e no sito en donde acampa pra criar e dormir, está feita de terra moi fina, que estendida pol a leira e boa pr'algunhas herbas; o seu lar e sen dúbida unha obra maravilosa, está a profundidá d'un metro, aporsimadamente, io pe d'un canto, ou entras raices d'un arbre, pol-o ouxeto de darlle proteución no vaso de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571376.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
186 NÓS
ménico e a sua posición verdadeiramente creadora na cultura galega. E así a nosa poesia de tanta prestancia lírica pódese dicir que é precursora da castelá en todo canto tén de sentimento e de finura deica antes do Renacimento. Tén tan forte suxestión pra nós, que a sentimos inmorredoira e fundamentalmente temperamental nas xanelas do tempo. En Airas Nunes, en Bernal de Bonabal, en Martín Códax, en Gómez Charino, en Macías de Padrón que morreu de lexendarios amores, como tiña morto, tres séculos denantes, Egas Muñíz.....
A unificación das distintas nacionalidades ibeiras e o predomiño da hexemonía castelá, apaga a lumieira da nosa cultura, afoga a nosa gloriosa lírica, e Galicia perde o mais intresante da sua fisonomía. Iníciase a decadencia. Unha literatura xenreirosa dispara contra de nós todol-os pulos da sua vileza. Entra na nosa terra con ar de imperio e de despotismo, a lingua e a cultura castelán, logrando un relativo trunfo que non conquistou desfacer os derradeiros restos do noso espírito. Nin logrou a entrada en Galicia do gótico, nin do mozárabe, nin do mudéjar. Proba da resistencia da nosa cultura contra as forzas contrarias que a toda hora trataban de esborrallala.
E logo xa nos fins do XVIII e comezos do XIX cando o despertar das enerxías galegas atopou eco naquelas loitas liberadoras, xurde un anovamento romántico nas nosas letras, que volta de novo ao noso idioma nun lengaxe poético, i escribe nil a sua «Alborada» Nicomedes Pastor Díaz, o máis romántico, o romántico por definición da lírica castelá. I empregao o autor de «Recordos da infanza», Añón, capitán da Estadea, que rubía as costas do Porto, falando da patria e do porvir con Faraldo e Romero Ortiz. E usao Aurelio Aguirre que con Pondal ergueu no Banquete de Conxo o seu berro de revolta. E toda «a coral variada dos poetas d-iste século, que sentiron o estralar puidente da silva dos pobos, da étnica adurmiñada, do senso do abrente, epopeíco, sempre esperto na ialma das linguas e das xentes asentadas nas veigas e nas encostas da Europa. Dos poetas que intentan compoñer a figura da Galicia, recriada a potencia que no vinte se volta actualidade, e refacer a sua cultura: latexar de lume occidental eisposto aos ventos do mundo». É daquela cando a poesía galega volve a chamar a atención do orbe, encarnada nas suas tres figuras cumios: Rosalía, Curros e Pondal.
Rosalía de Castro, alma delicada de muller que chora e canta pol os mesmos motivos que cantan os paxaros e se abren as froles. Rosalía a cantora inmortal, era un corazón armoñoso, cheo de resoancias. Rosalía que debutara en Compostela antre un vó de pombas e de folliñas azúes con versos románticos, despois, ao terse axitado a vida do seu espírito nas modas de fora e na reflexión do enxebre, viviu a door da sua raza e viviu a door da sua vida. «Follas Novas», «Cantares gallegos» ainda resoan nos nosos ouvidos, como resoan os versos «de lume do poeta que víu a sua soma errante, na orela do mar, como unha tola baixo do pasmo da noite». «Na frente unha estrela—no bico un cantar».
Curros Enríquez, pol-a contra, apostrofa coa cabeleira axitada por todol-os ventos revolucionarios. Curros dá un matiz de rebeldía á nosa lírica, e fulmina e condena en versos de axis avanzadas. Curros, como denantes Añón e despois Lugris Freire e Cabanillas e Taibo, tunde a tralazo limpo os lombos dos opresores.
Eduardo Pondal é a lira de ferro. O grandioso misántropo que vive frente ao mar na costa brava, cantando as rocas e as olas nun halo de misterio e perpetuidade. Pondal é da raza de aqueles poetas que gardan un ecoar salgado do Atlántico. Todos fillos da grande familia espiritual dos Fisterres, da familia cósmeca i eterna, da única que garda un ollar sinxelo e creador baixo das mais diferentes e compretas culturas. Pondal, poeta atlántico como Leconte de Lisle, que paseando a pé pola Armórica co pintor Theodoro Rousseau, estivo a piques de morrer sorprendido pola marea ao pé da célebre peñedía do Monte Saint Michel. Como Tristán Corbiére, tamén outo e soilo. Como Lois Tierce-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d9/d926/d926f353-506f-4b62-8df0-d946696ee8e2/11571377.xml
NÓS 187
Lín o xefe do movimento literario celto-bretón nos derradeiros anos do XIX, como Theophile Feret, como Le Goffic. E na nosa literatura, denantes Martín Codax, o cantante das «Ondas do Mar de Vigo», e despois, nos nosos días, Manuel Antonio e Blanco Amor. En todos eles, nos ameneiros das súas estrofas, brúa o ár do Atránteco recollido no horizonte misterioso do Océano Oicidental.
E chegamos xa aos preludios do noso tempo. Galicia amostra o espeitáculo multiforme e rico en suxestiós dun renacimento totalista e integral. O movimento escomenzado pol-as Irmandades da Fala atrae sobre todo aos estudantes e aos mozos con devoción literaria e por toda a nosa terra se estende a emoción nacionalista, unha emoción que apreixa integralmente todol-os aspeitos da vida galega. Os espertares nacionás alumearon os diferentes manantiás da nosa vidalidade: a lingua e o estilo, o senso filosófico e o esforzo ledo do traballo, do agro e da mar. Galicia coñece a esencia do seu esprito e faino frolecer en todal-as suas variadas direiciós.
Aparecéu a i-alba d-unha xeneración. Agromaron en abril de sensibilidade tanteos dun tempo cego que aspiraba a atopar a sua luz propia, apalpando mentras cun caxato de inquedanza. E ista xeneración é a que fai posible a gran laboura a realizar, porque son homes da chamada cultura que souperon casarse co ser galego, e tiña que resultar o tipo superior, o verdadeiramente home da cultura.
Vese con craridade, certeiramente a atinada frase de Ortega y Gasset: «Desgraciada a raza que non fai un outo na encrucillada enantes de proseguir a sua foita; que se non fai un probrema da sua propia intimidade; que non sinte a heroica necesidade de xustificar o seu destiño, de emborcar craridás sobre a sua misión na historia; porque ninguén pode orentarse no universo senón a través do diverso da sua raza, xa qua vai acochado n-ela como a pingota de auga na nube viaxeira...»
Todo elo tivo prasmación na práitica, e púbricase A NOSA TERRA, órgao do periodismo novo, donde tantos poetas mozos se deron a coñecer. Logo aparece a revista NOS, revista de cultura que nos honra e prestixia, lida en Francia, en Alemania i en América, que estabrece un grande e comprensivo intertroque espritual antre os nosos irmáns portugueses e irlandeses e que aporta en cada un dos seus números, un tesouro de coñecimientos ao acervo da nosa cultura. Despois aparece «Céltiga» no Ferrol, que acomete por vez primeira a pubricación regular de novelas cortas en galego. «Alborada» en Pontevedra. «Libredón» en Santiago. «Lar» na Cruña, e «Follas Novus» da que soio saiu un número c-unha escolma de versos de Añón. As correntes mais avanzadas da cultura universal, volcan a sua xenerosa inquedanza n ista corrente puxante e varia da mocedade galega de hoxe, e a nosa endocultura dá a colío as suas frolaciós orixinas.
«Somos Europa. Traballamos no cerne da Europa mesma. Do mesmo xeito que os picos dos canteiros picando a pedra celta deron no barroco unha forma ao esprito galego e ao esprito europeo».
Pero asin como o movimento do século XIX se caraiterizou pol-o seu senso lírico anceioso de liberación e somentes se preocupa d-1se soio aspeito da nosa cultura. Agora pol-a contra, seguros xa dos nosos destiños, o esprito nacional maniféstase en toda a sua efeitividade vital. Cultívanse todal as ramas do saber. O nacionalismo galego, que mais que un movimento político é unha xeira de postulados de cultura dá coa sua formula integral. Da poesía pasóu á prosa, meteuse na política, faguéndose carne na literatura, na pintura, na música, na escultura, no ensaio, na filoscfia, no folklore, para chegar incruso a impór novas interpretacións do económico e novos meios de conducta no mundo das finanzas, nas esferas do insiño e no terreo do agrarismo.
Mais como dí Viqueira, «asi como Teixeira de Pascoaes atopóu na i-alma de Portugal como elemento predominante o lirismo, na i alma de Galicia, mais próisima a ila do que se coida, tamén se atopa como principal elemento iste lirismo». O lirismo é un motivo esencial da nosa i-alma. Lirismo é algo máis que fonte de poesía lírica. Afirma