Lorenzo, Xurxo

1910 - 1934

Foi un investigador e debuxante, irmán do coñecido etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. A causa da morte do pai, o escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez (Tabarra), a finais de 1923, a nai, Joaquina Fernández Barcia, ten que marchar a Arxentina e os irmáns sepáranse para ir vivir Xurxo a Vigo, co avó materno, e Xaquín a Lobeira (Ourense). Xurxo pronto manifesta a súa habilidade no debuxo, así como para tocar diferentes instrumentos musicais. Aínda que comeza a estudar Arquitectura en Madrid, abandonou a carreira e matriculouse en 1931, co seu irmán, en Santiago de Compostela, para estudar Filosofía e Letras. Os dous irmáns involúcranse no movemento galeguista, no que xa participaran en Ourense, e colaboran co Seminario de Estudos Galegos, no que é nomeado Segredario de Actas en 1932. Estas actividades rematan provocando algúns enfrontamentos cos seus profesores, polo que se ven obrigados a pedi-lo traslado a Zaragoza en 1933, onde Xurxo morre ó pouco de chegar, a consecuencia dunha septicemia. A pesar do prematuro da súa morte, escribiu diversos traballos en distintas materias vinculadas con Galicia, como arte, historia, arqueoloxía, etnografía ou epigrafía, que publicou en Nós, no Arquivos do Seminario de Estudos Galegos e outras revistas, só ou en colaboración co seu irmán, con Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza-Brey e outros.

Ver na liña do tempo
Imagen de Lorenzo, Xurxo

Detalles


Lugar de nacemento Ourense - España
Lugar de falecemento Zaragoza - España
Actividade Arte galega , Arqueoloxía , Debuxo , Epigrafía , Historia , Etnoloxía
Filiación Seminario de Estudos Galegos
Ocupación Escritores , Debuxantes

Presenza na revista


http://gnoss/8A16BB96-EBF6-4E39-8040-24333DF374A5

http://gnoss/3AE46F86-B0C9-4430-A7FC-106360A9FBA4

http://gnoss/F5977E82-C578-4621-AD53-8DC2300F5BE2

http://gnoss/4821AEA5-D6CD-4D9C-9A8B-FC5FDFD8952C

http://gnoss/8A16BB96-EBF6-4E39-8040-24333DF374A5

http://gnoss/944C4846-ADC7-4410-91CB-3AB874AC04B3

http://gnoss/D926F353-506F-4B62-8DF0-D946696EE8E2

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Lorenzo, Xurxo

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XIII Número 94 - 15 outubro 1931
A cristianización do Castro de Monterrei

A cristianización do Castro de Monterrei

por Lorenzo, Xurxo

Ano XIII Número 94 (1931); p 188-191

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 115 - 25 xullo 1933
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 116 (15/08/1933)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 117 (15/09/1933)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 118 - 15 outubro 1933
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 124-125 - Abril/Maio 1934
Xogador de ''porca''. Deseño de Xurxo Lorenzo

Xogador de ''porca''. Deseño de Xurxo Lorenzo

por Lorenzo, Xurxo

Ano XVI Número 124 (1934); p 73

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 124-125 - Abril/Maio 1934