Prieto Rodríguez, Laureano

Laureano Prieto Rodríguez, nado en Carracedo da Serra (A Gudiña) o 9 de setembro de 1907 e finado en Ourense o 23 de xullo de 1977, foi un mestre que se especializou na etnografía galega, particularmente a relacionada coa comarca de Viana (Ourense).
Fillo de Manuel Prieto e Adelina Rodríguez, estudou as primeiras letras co párroco de Carracedo para continuar despois os estudos en Viana e Verín e o bacharelato no instituto de Ourense. Emigrou a Cuba, onde xa estaban traballando o seu pai e máis o seu irmán Enrique, aínda que regresou pronto a Galicia para estudar Maxisterio. Alí foi onde coñeceu a Vicente Risco, con quen comezou a interesarse polos costumes e tradicións galegas. Foi mestre en Bembibre (Viana), en Pentes (A Gudiña) e na propia Gudiña. Pasou logo a ser mestre de Oleiros (Silleda) para regresar a Ourense, onde se xubilou. Casou dúas veces, con Elena e con Carmen, e tivo unha filla, María Elena.
Á par do seu traballo como mestre dedicouse á investigación etnográfica e recollida de léxico e tradicións propias da Gudiña e Viana, publicando numerosos traballos en distintas revistas especializadas, como o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense ou o Boletín Avriense, tanto galegas como portuguesas. Igualmente colaborou intensamente con Risco, Cuevillas, Taboada Chivite, Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo. Formou parte do grupo Marcelo Macías, creado por Ferro Couselo en 1970.

Tamén colaborou con distintas institucións, como por exemplo o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Participou, con Ferro Couselo, nas escavacións do Castro de Santa Ádega (en Vilamarín, Ourense), en 1963.
Galipedia

Imagen de Prieto Rodríguez, Laureano

Detalles


Lugar de nacemento Carracedo da Serra, A Gudiña, Ourense - España
Lugar de falecemento Ourense - España
Actividade Etnoloxía , Ensino
Ocupación Profesores

Presenza na revista


http://gnoss/D926F353-506F-4B62-8DF0-D946696EE8E2

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Prieto Rodríguez, Laureano

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 117 (15/09/1933)