Fernández Del Riego, Francisco

1913 - 2010

Continuador do ideario do Grupo Nós, foi un dos fundadores do galeguismo progresista do século XX cuxas funcións sobordaron as de político, escritor, editor ou tamén crítico da literatura. Foi membro da Real Academia Galega e o seu presidente. comezou a estudar Dereito na Universidade de Madrid. No ano seguinte regresou á capital galega, onde continuou cos seus estudos e encetou os de Filosofía e Letras. Nese momento entrou en contacto coa vida cultural e política: fíxose activista da FUE, participou en diversos mitins e revoltas universitarias ao tempo que comezou a colaborar no Seminario de Estudos Galegos e no Comité de Cooperación Intelectual. Frecuentou tamén a editorial Nós, de Ánxel Casal, e colaborou en A Nosa Terra, Ser ou El Pueblo Gallego. Chegado 1934, participou na constitución de Galeusca, formando parte do seu Consello Galego, a carón de Otero Pedrayo, Plácido Castro, Fernando Calvet e Rezola. En vésperas do estoupido da Guerra Civil e mentres preparaba a súa tese de doutoramento, exerceu como profesor axudante de Dereito e desenvolveu unha intensa campaña en favor do Estatuto de Autonomía como militante do Partido Galeguista. A Guerra Civil española provocou a súa inhabilitación na docencia. En 1939, ao remate da guerra, volveu a Galicia fuxindo de Santiago, onde era demasiado coñecido, e instalouse en Vigo, que se convertería na súa residencia definitiva. Traballando primeiro no Colexio Mezquita e despois no Colexio Labor, participou, na clandestinidade, en intentos de reorganización do galeguismo. O seu traballo en favor da supervivencia da cultura galega non se ve diminuído polas decisións ditatoriais do réxime franquista e en outubro de 1949 saca á luz, con Xaime Illa Couto, o Suplemento del Sábado do xornal La Noche, que rescataba o mellor dunha intelectualidade galega silenciada. En 1950 celebrouse en Santiago de Compostela a asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Presidida por Otero Pedrayo, contou coa participación de personalidades senlleiras do galeguismo coma Manuel Gómez Román, secretario do Partido Galeguista e tres persoas que orientaron o rumbo da editorial desde o comezo: Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Ramón Piñeiro. No ano 1951 comezou a publicación da Colección Grial, da que Del Riego foi co-director, con Ramón Piñeiro, e que rematou no ano seguinte, dada a ferocidade da censura española. Ingresou na Real Academia Galega e por iniciativa súa, a Academia decidiu celebrar o 17 de maio de cada ano, a partir de 1963, o Día das Letras Galegas, conmemorando que nese ano se cumpría o centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Como gran dinamizador da corporación, acadou a súa presidencia en novembro de 1997; posto que desempeñou durante catro anos. Pero aquel ano 1963 foi o momento, tamén, da constitución da Fundación Penzol coa súa magna biblioteca, da que Del Riego foi director, e da aparición do primeiro número da revista Grial, que el co-dirixiu, xunto con Ramón Piñeiro, nos vinte e cinco primeiros anos de existencia. O seu ciclópeo traballo no seo da literatura e cultura galegas veuse recoñecido con numerosos galardóns. No ano 1995, Fernández del Riego doou á cidade de Vigo a súa colección bibliográfica, un importante arquivo integrado por documentos; unha colección de arte plástica con obras de pintores e escultores coetáneos e un nutrido epistolario de figuras representativas da cultura galega contemporánea. Esta doazón constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego, establecida na Casa Galega da Cultura, en Vigo. Foi un destacado orador e conferenciante que participou en numerosos libros de autoría colectiva, en congresos e simposios. Ademais, responsabilizouse de numerosos limiares e foi articulista en distintas publicacións e xornais. Real Academia Galega

Ver na liña do tempo
Imagen de Fernández Del Riego, Francisco

Detalles


Lugar de nacemento Vilanova de Lourenzá, Lugo - España
Lugar de falecemento Vigo - España
Actividade Política , Ensino , Crítica literaria , Edición , Literatura
Filiación Real Academia Galega , Partido Galeguista (1931-1950) , Galicia , Consello da Cultura Galega , Seminario de Estudos Galegos , Patronato Rosalía de Castro , Editorial Galaxia , Federación de Mocedades Galeguistas
Ocupación Políticos , Profesores , Críticos , Editores , Escritores

Presenza na revista


http://gnoss/74D25057-81B5-4185-9A75-752E59B3B4D6

http://gnoss/7DE12610-DBB6-4DCF-A4A8-8A75CFE0C56A

http://gnoss/D926F353-506F-4B62-8DF0-D946696EE8E2

http://gnoss/392E71A3-A67A-488F-B080-B1D7016DC348

http://gnoss/944C4846-ADC7-4410-91CB-3AB874AC04B3

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Fernández del Riego, Francisco

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 117 (15/09/1933)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 118 - 15 outubro 1933
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 119 - 15 novembro 1933
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 135 - 15 marzo 1935
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 139-144 - Xulio/Nadal 1935
Esprito político e forma cultural da nova Galicia : notas pra unha xuventude nacionalista nosa

Esprito político e forma cultural da nova Galicia : notas pra unha xuventude nacionalista nosa

por Fernández del Riego, Francisco

Ano XVII Número 139 (1935); p 145-153