Cargando...
Iglesia Alvariño, Aquilino
1909 - 1961Foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas. Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao nono acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en Ferrol, en 1933 instalouse en Santiago de Compostela, onde traballou como corrector de probas para a Editorial Nós e como director do semanario A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista. No verán dese mesmo ano é contratado polo colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa como profesor de latín, en substitución de Xosé Crecente Vega. Nesta vila recibiu clases de inglés do enxeñeiro Charles Lessner. En 1944 rematou a licenciatura de Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1949 aprobou as oposicións como catedrático de latín de Ensino Medio. En 1949 leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, sobre a lingua literaria nos poetas do norte da provincia de Lugo. Traduciu ao galego textos de autores clásicos grecolatinos como Horacio, Teócrito e Tibulo. A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, compartida con autores coma Xosé María Díaz Castro ou Crecente Vega. Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Luís Amado Carballo e do vangardismo de Manuel Antonio. Tamén foi colaborador de A Nosa Terra, fundador da "Renacencia" e militante do Partido Galeguista. Cando estoupou a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo o poemario de signo fascista en castelán "Contra el ángel y la noche". En 1947 aparece "Cómaros Verdes", considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en lingua galega tras a guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a saudade é un tema fundamental, mesturando hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal. Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Abadín, Lugo - España |
| Lugar de falecemento | Santiago de Compostela - España |
| Actividade | Lingua latina , Poesía |
| Filiación | Real Academia Galega , Editorial Galaxia , Partido Galeguista (1931-1950) , Patronato Rosalía de Castro , Nós, pubricacións galegas e imprenta , Seminario Conciliar de Santa Catalina |
| Ocupación | Tradutores , Poetas , Profesores |
Presenza na revista
http://gnoss/7DE12610-DBB6-4DCF-A4A8-8A75CFE0C56A
http://gnoss/C9EDE011-2A02-4934-A705-3235D7E6E9C0
http://gnoss/EAA5549D-0801-4967-8BE2-FB858FE97F2C
http://gnoss/5B37D0C0-2983-4FC5-A4BB-858FF373ACEB
http://gnoss/84BD7DAA-2DA2-411A-9380-4A3F5FAAF3CD
http://gnoss/72A148C4-6A3D-401A-9AD5-272803F56082
http://gnoss/D926F353-506F-4B62-8DF0-D946696EE8E2
http://gnoss/F2E63003-647F-4D70-8A94-C8C8BAFC76C4
http://gnoss/5B37D0C0-2983-4FC5-A4BB-858FF373ACEB
http://gnoss/45D0620F-CAAA-4C30-836B-0A71089811C8
http://gnoss/372EA835-6147-4787-8CBB-EB6053757456
Autor da revista Nós
Persoa relacionada
Organismo relacionado
| Iglesia Alvariño, Aquilino |
|---|
Artigos
Norièga Varèla, poeta da montaña : conferencia pronunciada no ''Centro o. de Cultura'' do Ferrol
por Iglesia Alvariño, Aquilino
Ano XV Num. 110 (1933); p 26-31
Os homes, os feitos, as verbas
por Risco, Vicente, Iglesia Alvariño, Aquilino, Manteiga, Luis, Castro, Adolfo Faria de
Ano XVI Num. 130 (1934); p 156-160