Cargando...
Ross, Marvin Chauncey
1904 - 1977Historiador da arte e conservador de museo, Marvin Chauncey Ross era un experto en arte bizantina, medieval, francesa e rusa. Nacido en Morisches, Nova York, o 21 de novembro de 1904, estudou na Universidade de Harvard. Tamén estudou na Universidade de Nova York, na Universidade de Berlín, e no Centro de Estudios Históricos en Madrid. Traballou brevemente na Universidade de Pittsburgh e no Museo de Brooklyn antes de se unir á Galería de Arte Walters (hoxe Museo de Arte Walters) en Baltimore, Maryland en 1934.
En 1942, Ross alistouse no Corpo de Marines dos EUA. Máis tarde combatería no Pacífico, en Nova Zelandia e as Illas Salomón. En febreiro de 1944 foi transferido á Sección de Monumentos, Belas Artes e Aquivos das Forzas Aliadas en Londres como asesor. Ross utilizou o seu extenso coñecemento de organización e procedemento militar para coordinar plans para operacións de rescate de monumentos antes da invasión de Normandía así como en preparación para a postguerra. Alén de deberes administrativos en sede central, forneceu instrucións e información aos "Monuments Men" sobre o campo.
Monuments Men Foundation
Detalles
| Lugar de nacemento | Moriches, Nova York - Estados Unidos de América |
| Actividade | Arte rusa , Arte medieval , Arte francesa , Arte bizantina , Patrimonio cultural , Guerra mundial, 1939-1945 |
| Filiación | Centro de Estudios Históricos (1910-1939) |
| Ocupación | Militares , Museólogos |
Presenza na revista
http://gnoss/29EC0109-EA33-4F12-A5E8-82DE1D86905E
http://gnoss/1D1501CF-3121-4728-9400-58735F49F52A
http://gnoss/72A148C4-6A3D-401A-9AD5-272803F56082
Artigos
O esmalte cloisonné da crús de Allaríz / por Marvin Chauncey Ross ; [viñeta de XL]
por Lorenzo Fernández, Xaquín, Ross, Marvin Chauncey
Ano XV Número 112 (1933); p 58-59