https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720611.xml
J AMOROSAS
1 Dame de beber ribeiro ribeiro de Ridadavia. Dame de beber ribeiro, ribeiro da tua labia.
2 Donde hai piñeiros hai piñas, donde hai piñas hai piñóns, donde hai amores hai celos, donde hai celos hai pasións.
3 Teño de subir, subir, que do alto vexo bén pra mirar os meus amores si me falan con alguén.
4 Amores, meus amoriños, en qué viñestes a dar... Algún día tanto gusto agora tanto pesar.
5 O petillo que se apaga non-o volvas a encender; os amores que deixache non-os volvas a coller.
6 A lúa vai polo aire, o sol pola carretera; meu cariño polo teu sospira na noite enteira.
7 A moza que é bunitiña é non mira pra ninguén, canto mais baixiño mira tantos mais amores ten.
8 Dentro do meu peito teño dous muíños a moer, un moe outro desmoe... asi fai o ben querer.
9 As estrelas miudiñas son as que dan craridá; anque teñas amor firme non lle digas a verdá.
10 O amor cando pretende anda con firme cuidado, despois de facel-a súa fai o papel de olvidado.
11 Eu ben vexo o castiñeiro, tamén lle vexo as candeas... Cando te vexo, Rosiña córreme o sangue das veas.
12 O meu amor dixome onte que me habia de ver hoxe, por agora inda non tarda que ten a pousada lonxe.
13 Teño carta no correo e non sei de quen será.
Si é de Xosé non-a quero, si é de Manuel veña xa.
14 O meu amor é pequeno (8) i-eu tamén son rapariga. namoróume de pequena non m'a de dar mala vida.
15 Fuches o primeiro amor que me enseñache a querer non me enseñes a olvidar que non-o quero aprender. (9)
16 O loureiro raís de ouro bota folliñas de prata... Coller amores non custa olvidalos si que mata.
17 A raís do toxo verde é moi mala de arrincar... Os amoriños primeiros son moi malos de olvidar.
18 Atrévete, queridiño, atrévete venme a ver. As cartas son escusadas para quen non sabe ler.
19 Manuel, Manuchiño, Manuel feito de cera; quen me dera ser o lume que ó meu Manuel derretera.
20 As herbas do campo secan e volven a entenrecer. Tamén os amores marchan pero vólvense a querer.
21 Como queres que che quera nin que che teña afición si outro paxariño voa dentro do meu corazón.
22 Eres alta i-eres baixa, eres asi coma eu quero, eres a millor laranxa que ten o meu laranxerio.
23 Teño un caravel na horta de vintecinco cores, vincecinco puñaladas pra lle dar ós meus amores.
24 Fuches falar mal de min a xunta dos meus amores, fai de conta que botache auga por riba de frores. (10)
25 Fuches falar mal de min a xunto quen me quería todo canto lle contabas todo canto me decía.
26 Fun ó serán a Leirado, din volta por Tortoreos, si non foran os amores non se daban os paseos. (11)
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157206&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720616.xml
48
120 Eu caseime na montana con un home pequeniño, tireille pol-as orellas parecía un macaquiño.
121 O home para ser home ha de ter as pernas tortas, a barriga nas illargas i-unha xoroba nas costas.
122 Manuel fixo unha fonte, púxolle o bico de prata; as mozas non van a ela. Manoel todo se mata. (25)
123 Alá arriba non sei onde había non sei que santo, que rezando non sei qué gañábase non sei canto.
124 Hoxe en día fai un ano que ti me deche un abrazo; tan apretadiño fol que inda me doi o cachazo.
125 Os homiños que hai agora son poucos e valen menos, vai o cento a catro cartos como os xurelos pequenos.
126 Os homiños que hay agora todos feden ó chamusco; durmen na cama sin manta, comen o caldo sin unto.
127 Miña nai por me casar prometeume unha galiña, e despois de me casar dixome que non-a tiña.
128 A tua nai xa llo dixen, a teu pai téñolle medo, a tua nai xa llo dixen miña roxiña do pelo.
129 Sempre m-andas preguntando de que romería veño; veño de Santa Lilaina, de Santa Lilaina veño.
130 O cura vendeu, vendeu, non tiña máis que vender: vendeu o libro da misa borracho para beber.
131 Miña nai por me casar, meu pai por me dar o dote saltaron a pelexar rompéronlle os pés ó pote.
132 —Eu queriame casar, miña nai, non teño roupa. —Cala, miña filla, cala que unha perna tece a outra.
133 As señoritas do pueblo todas moi bonitas son quen m-as dera ver no campo a tirar pol-o legón.
134 Miña nai deume unha tunda co aro de unha peneira: Miña nai teña vergonza que ven a xente da feira.
135 Maruxiña chora, chora, Manoel, que lle fixeche. —Tireille dende a ventana cunha manzán de alcipreste.
136 Os solteiros valen ouro, os casados valen prata, os viudos calderilla i-os vellos folla-de-lata.
137 Meu amor é tartamudo i-ó falar tartamudea e pra decir, que me quer tarda tres horas e media.
138 Eu pasei pol-a tua porta era no mes de Xaneiro, as espigas do canastro eran rachóns de piñeiro.
139 Mozas do corazón santo acudille ó voso cura que caiu do campanario antre as follas da verdura.
140 A miña muller é vella de vella non pode andar, heina de levar ó monte i-heina de deixar quedar.
141 Si ti viras o que eu vin nunha pola de un vimieiro: unha pulga a bater sola nas costas de un zapateiro.
142 Fuches tú, fuches tú, fuches tú, fuches tú a brincar ó palleiro, fuches tú, fuches tú, fuches tú, que inda traes as pallas no cú.
143 Señora María, Señora María, o seu galo canta i-o meu asubía. (26)
144 José vai lavar a perna, José vai lavar o pé, José era pequeniño, José pequeniño é.
145 Como sei que che gusta o arvós con leite, como sei que che gusta convidareite.
XV
MORMURAZÓN
146 Meu coletiño de tela
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720618.xml
é un señor moi honrado que manda chamar ás mozas a media noite no adro.
171 Miña prima ten un galo canta como unha galiña, damo, miña prima, damo damo, miña queridiña.
172 Ó caravel cando nace chámanlle caraveliño tamén os fillos dos cregos chámanlle ó pai señor tío.
173 Tua nai, tua nai ten a fama de levar os amigos pra a cama. E teu pai e teu pai tamén tén de levar ás amigas tamén.
174 E ti telo, telo non-o queres dar e despois de vella halo de salar.
175 Que queiras, que queiras, que queiras que non, ou pol-a ventana ou pol-o balcón.
176 Teu pai non-o ten tua nai non cho dá, de onde che sale do trai-la-la-la.
177 O abade de Pesqueiras ten de fillos un ferrado cando teña unha maquia xa merece un obispado.
XIX QUEIXAS
178 A vida que leva o probe é como a vida do grilo: pol o día muita fame, pola noite muito frío.
179 Quedache de vir ás nove viñeches ás nove e media, ti non sabes que é pecado enganar a unha morena.
180 Separaino, separaino o viño tinto do branco,
a mín xa me separaron de quen eu quería tanto.
XX REFLEISIVO
181 Silva verde, non me prendas mira que non me aseguras, mira que xa levo rotas outras cadeas mais duras.
XXI RONDADORES
182 A carretera de Vigo quen a ha de pasear os carrexóns da sardiña de noite pol-o luar. (30)
183 Esta noite hei de ir alá, rapariga, ten-o certo, o pestillo do portal déixamo quedar aberto.
184 Somos os de Areas, somos, non-o podemos negar, somos os de Areas, somos do partido liberal. (31)
XXX XEOGRÁFICAS
185 Dulce nombre de Jesús, tan altiño se foi pór, dalle o aire, dalle o vento, danlle os raiños do sol. (32)
186 Fuches a Vilagarcía, fuches e non viches nada, non viches beilar o Sol no medio da mar salada. (33)
187 Pontevedra é boa vila dá de beber a quen pasa, a fonte da Ferreria San Bartolomé na praza.
FERMÍN BOUZA BREY E LUIS BREY BOUZA.
—1928—
NOTAS
(1) Cit. por Jaime Cortesão en Cancioneiro popular, Antología precedida dum estudo Crítico, Porto, 1918, páx. 11.
(2) Cancioneiro popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña, Prólogo de T. Bragança e concordancias de A. Machado, Tomos I, II e III, Madrid 1896.
(3) Boletín de la Comisión Prov. de Mon. de Orense Tomo IV, números 30 e seguintes.
(4) Historia de Galicia, Tomo I, páx. 258, da 1.ª edición.
(5) De mi tierra, Madrid, 1888, páx. 151.
(6) Ensaio de un programa pra o estudo da literatura
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572064.xml
Pardo
Óptico Científico
Preguntoiro, 32
San Andrés, 50
Santiago
A Coruña
Casa exclusivamente dedicada a óptica científica
Fotograbado
Si quer que os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Axiña aparecerá
o segundo libro de
COUSAS
por CASTELAO.
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572063.xml
EMINENTE CREAZÓN CENTÍFICA
Milleiros de certificados irrefutabres de Xueces, Fiscales, Xefes do Exército, Inxenieiros, Cregos, etc., etc.
Enfermos ¡ollos! dos ollos PRODI ¡ollos! GALUZ
ENFERMEDADES INTERNAS I-EXTERNAS
PÁRPADOS
Marca rexistrada según as leis
Prepado pol-o Doctor X. Martínez Menéndez
Condecorado coa Cruz do Mérito Militar por servicios profesionaes.
Específico úneco en todo o mundo; que cura radicalmente as enfermedades dos ollos, por graves e crónicas que sexan, con rapidez asombrosa, evitando operazóns quirúrxicas que con tanto fundamento atemorizan ós enfermos. Desaparizón dos dolores e molestias coa sua primeira aplicazón. Eminentemente eficaz nas oftalmias graves e por excelenza as granulosas (granulazóns purulenta e blenorraxia, queratitis, ulcerazóns da córnea; rixas, etc.) As oftalmías orixinarias de enfermedades venéreas cúraas axiña. Maravilloso nas infeczóns postoperatorias. Fai desaparecer as cataratas en período de formación. Destrue microbios, cicatriza, desinfecta e cura para sempre. Non mais remedios arsenicales, mercuriales, nitrato de plata, azul metileno e outros tan temibles usados nas clínicas. As vistas débiles e cansas adeqiren prodixiosa potencia visual. ¡Non mais brétemas! ¡Sempre vista moi crara! ¡Non fracasa endexamais! O 99 por 100 dos enfermos dos ollos cúranse antes de rematar o primeiro frasquiño do específico.
Cura sin quelmar PRODIGALUZ Cura sin irritar
PRODIGALUZ eclipsa para sempre o tratamento pol-os colirios conocidos deica hoxe en todol-os gabinetes oculísticos; colirios que na major parte dos casos non fan máis que empeoraren o mal, irritando órgano tan importante como a mucosa conxuntival. Fai desaparecer o nitrato de plata, causa de verdadeiro terror dos enfermos e de moitas cegueiras. Apliquese nos recén nados sin temor algún.
PRODIGALUZ cura o glaucoma
PRODIGALUZ é completamente inofensivo, e produce xurdios resultados sin causal-a menor molestia ós enfermos. Detén a miopía progresiva. ¡Enfermos dos ollos! Estade seguros que curaredes en brevisimo tempo usando o portentoso específico PRODIGALUZ (Eisixide a firma e marca no precinto da cuberta).—Prezo do frasquiño: 40 pesetas.
Direizón xeneral: Sucesor de E. Cuadrado, M. Martinez Cuadrado.-S. Buenaventura, 7, Madrí
ENVÍOS A TODAL-AS PARTES i! PAGOS POR XIRO POSTAL
¡Eisito infalibre! Sin cocaína, atropina nin ningunhas outras substancias peligrosas como se pode comprobar sometendoo a un minucioso análisis cualitativo
¡ÚNICO NO ORBE! M. MARTÍNEZ CUADRADO, Sucesores de E. Cuadrado. - San Buenaventura, 7, Madri
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720628.xml
AGUAS DE
MONDÁRIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en todal-as
Boticas, Drogueirías
Hotels,
Depósitos d'augas
minerás,
Restaurants e
vagós-camas de
todol-os tres
As mais indicadas en casos
de artitrismo, desnutrizón, diabetes,
obesidades diversas; doenzas do
aparello dixestivo, anemia
e neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente.
MONDÁRIZ - BALNEARIO
a 35 kilómetros de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720626.xml
NÓS, Pubricacións Galegas e Imprenta Real 36-1.º A Cruña.
Si ainda non ten as nosas produccións pídaas axiña e contribuirá ó rexurdir cultural de Galicia.
ESTEDO, por Xosé Lesta Meis. 3'50 pesetas.
HISTORIA SINTÉTICA DE GALICIA, por Ramón Villar Ponte. 5'00
GRABADOS EN LINOLEUM, por Xaime Prada. 2'50
A TOLA DE SOBRÁN, por Farruco Porto Rey. 0'80
TRIPTICO TEATRAL, por Antón Villar Ponte. 3'00
A FIESTRA VALDEIRA, por Rafael Dieste. 2'50
DOCTRINA NAZONALISTA, por Ramón Villar Ponte. 2'50
OS CAMIÑOS DA VIDA (novela en tres partes), por Ramón Otero Pedrayo.
OS SEÑORES DA TERRA (1.ª parte). 2'50
A MAORAZGA (2.ª parte). 2'00
O ESTUDANTE (3.ª parte). 2'50
DE CATRO A CATRO, poemas por Manuel Antonio. 1'50
O PORCO DE PÉ, novela por Vicente Risco. 3'00
MARÍA ROSA, comedia por Gonzalo López Abente. 1'20
CANTIGAS E VERBAS AO AR, poesías de Sigüenza. 2'00
DE MIN PRA VÓS, contos populares por Ricardo Carballal. 1'00
O BUFÓN D'EL REI, drama por Vicente Risco. 0'80
O GALO, poesías de Amado Carballo. 3'00
SEGUNDO LIBRO DE COUSAS, por Castelao. 3'00
A VOLTA DO BERGANTISÁN, por Xesús San Luis Romero. 0'50
ROMANCES GALEGOS, por E. Blanco Amor. 4'00
A LAGARADA, por Ramón Otero Pedrayo. 0'80
PORTUGALE
REVISTA ILUSTRADA BIMESTRAL
DE CULTURA LITERÁRIA, CIENTÍFICA E ARTÍSTICA
Estuda a Terra, o Povo, e a Língua de Portugal
Bibliografía portuguesa e estranjeira
Directores:
AUGUSTO MARTINS, CLAUDIO BASTO & PEDRO VITORINO
Colaboração dos melhores Escritores portugueses
Assinatura anual:
Portugal continental e insular, 15 escudos.
Colónias portuguesas, 25 escudos.
Brasil, 10 pesos 000 réis.
Outros Países, 6 chelíns.
Redacão e Administração:
R. dos Mártires da Liberdade, 178
Pôrto (Portugal).
Edições de MARANUS
Rua dos Mártires da Liberdade, 178
PORTO
Norton de Matos—A Província de Angola 30 esc.
Wenceslau de Morais—Relance da História do Japão 12
Ezequiel de Campos—Política 10
Carlos Parreira—Ex-Votos 10
João T. de Vasconcelos—Memórias dum caçador de elefantes 10
Branca Lopes Martins—Contos para crianças (ilustrado) 8
Cláudio Basto—Foi Eça de Queirós um plagiar? 15
Cláudio Basto—A Linguagem de Camilo 15
Cláudio Basto—O Doutor Diabo 9
Pina de Morais—Ao Parapeto 10
Leonardo Coimbra—O problema da Educação Nacional 2,5
S. Francisco de Assis—Notas sobre a Abstração Científica e o Silogismo 5
Augusto Martins e Marques Teixeira—Tábua de logaritmos (a cinco decimais) 18
Augusto Martins—Elementos de Aritmética (1.ª e 2.ª classes) 10
Augusto Martins—Elementos de Álgebra (3.ª classe) 8
Augusto Martins—Elementos de Álgebra (4.ª e 5.ª classes) 18
Augusto Martins—A Matemática 10
Augusto Martins—Trigonometria plana 10
Augusto Martins—Lição Feminina do Porto 5
Lídia Salgadinha—Caminhantes 8
A. C. Pires de Lima—Cancioneiro Popular de São Tomé 6
Leão Martins—Lá diz o ditado... 3
Visconde de Vila-Moura—Entre Mortos 6
Pidan o catálogo ilustrado
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720622.xml
anda amocando con peticiós de diñeiro yeu xa estou farto de lle mandar; poñalleme esta cartiña:
«Querida muller, como iba escribindo, estou farto de ti, m... m... diña, m... m... diña, m...» Agora, coma, Señor, coma...
(Recollidos en Valdeorras, por M. Folla).
A PANTASMA CASTIGADA
Cóntano, e como o contan asi o digo.
Era d'unha vez no lugar de Pareda e había un mozo que se tiña por valente e de non ter medo a nada. Esto puña de malas pulgas ós mozos do lugar que se sentían pequenos ó lado d'aquel matón, e polo tanto pensaron xogarlle unha mala pasada.
Tiña este mozo, que lle chamaban Odilo, unha moza n-un lugar de fora, e con ela iba parrafear todos os días de descanso alá pol-a caída da tarde, e non volvía hastra moi entrada a noite. De esta ocasión valéronse os mozos do lugar pra xogarlla, o cual fixeron da forma seguinte:
Colleron unha sábana, puxéronlle tres paus pol-a parte d'arriba, meteuse un dentro e con tres faroles e duas linternas que tamén meteron, parecía mesmamente cando estaban acesas que ardía todo aquelo como un fachuco. Os outros tres mozos, pois os da broma eran catro, quedaron con fachos de palla en disposición de encendelos tan pronto como o que faguia de pantasma asubiase.
O camiño que tiña que andar o mozo que entendía por Odilo, era camiño real e cuasi na metá tiña un cruceiro que era o sitio onde se colocaron con tolo o preciso pra lle meter medo.
Pouco tiveron que esperar, pois d'ali ón nadiña ouviron carraspear e o ruído d'unhas botas que aínda ó lexos decían que o dono pisaba recio. Tan pronto chegou ó cruceiro por pouco non se quedou seco ó ver unha pantasma que botaba lume pol-os ollos e en moi pouco estivo o que non collese unha carreira non parase en deica á casa; pero pensouno millor, aínda qu'o tempo e o caso non eran dos pintados, e púxose a fagher a señal da cruz primeiro, arrenegar ó demo despois e terminar logo por se achegar pra lle preguntar o que se lle ofrecía. Nunca tal cousa se lle ocurrira. A pantasma que pra nada contara con semellante estrevemento, pegou a fuxir como on condenado, e moi pouquiño tempo lle levaría chegar á casa, si non houbera quen llo impedise, y ese al-guén non foran as bruxas.
Todo o mundo sabe, e si non-o sabe eiquí estou pra llo decir, que cando é de noite ó escampado, non se pode asubiar, pois d'esa forma chámanse as bruxas, que c'un pente de asedar ó liño, tratan de llo cravar na pel; e tense dado casos de xente que está na sua casa e ver unha luz no monte e asubiar ó punto que pechaba a ventana, e tan pronto como o fixo, quedar ó pente cravado, de tal xeito que se precisaron en mais de unha ocasión tres e catro homes pra arrincalo. Boeno, pois volvendo ó conto d'enantes, tan pronto chegou ó cruceiro o mozo a quen esperaban, asubiou, según quedaran entr'eiles, e pra que che quero, miña nai, moito millor fora que calara; pegaron as bruxas co-il entr'eilas algunhas do lugar, e moi mal lle fora si a Providencia, que sempre vela por nós, non-o salvara. Caíu e levantouse non sei as veces; engarroulle a sábana n-unha silva, que se lle quedou c'un anaco, e por fin despois de moito correr e berrar deu co seu corpo no chau, sin forzas pra seguir; encomendou a sua alma a Dios e deixouse que lle arreasen todo o que quixesen. Ninque decir ten, por que estas bruxas non perdoan, que lle encheron o cú de couces, e non deixaron óso no corpo nin sitio na cabeza sin llo magoar a paus; estorgáronlle un brazo, enchéronlle a boca de terra, e si non-o mataron que llo agradeza á Providencia que como xa dixen non abandona ós seus fillos en trances apurados.
Vós creeredes que xa acabou o conto, pois equivocástesvos, aínda trouxo o seu rabo. Enteirada a Xusticia dos malos tratos que lle deran ó Xosé, o da sábana, comen- zou a indagar e preguntar quen fora e quen non fora os que tal barbaridá cometeran, prenderon ó Odilo, ós tres compañeiros do Xosé, a catro mulleres, que se decía eran bruxas, pra saber, e non souperon sinon
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572068.xml
bárdicas e druídicas veñen na imprensa ilustrada do mundo inteiro, ten coma base o culto das língoas ancestrales, e coma un dos seus órgaos mais importantes e caraite-rísticos, o Gorsedd ou asociación dos bardos, que eisiste en Gales, Cornuall e Bretaña. O Gorsedd provén do antigo Colexio dos Druídas, o cal foi feito desaparecer pol-os imperadores romanos na Galia, mais perpetuouse en Gales, onde tiñan certames poéticos diante de xueces nomeados pol-o Rei, e sobreviveu á introdución do cristianismo, e á persecución d'Eduardos I d'Ingraterra, conquistador de Gales, e tiveron grande influencia social deic'o tempo da Raíña Isabel, conser-vándose despois. No 1900 foi implantada na América, e despois introduciuse o costume d'asistiren repersentacións das outras nacións céltigas á xuntanza anual de cada Gorsedd, e á cerimonia da espada partida, símbolo de unión pancéltica.
En Gales, a Orde reformada dos Bardos din que foi fundada por Merlín en 940, e reformada por Gryffyth ap Conan en 1078. Divídese en tres castes: Druídas, coñecedores das cencias, Bardos ou poetas e Ovates ou músecos; os primeiros levan túnica e manto branco, os bardos azul e os ovates verde. Goberna a corporación un Archi-druida. No tocantes a outras manifestacións d'erguemento nacional en Gales, lembraremos os nosos leitores a parte activa que n-il ten tomado o ministro británico Lloyd George, antusiasta celtista gálés, e a fundación e inauguración do Museu Nacional de Gales (Amgueddfa Genedlaethol Cymru) en Cardiff, que fora relatada no Pueblo Gallego por Plácido R. Castro.
Na Armórica ten a Orde a mesma orgaizazón, e celebra a sua xuntanza anual arredor d'algún moimento megalíteco dos que tan abondo s'atopan n-aquela terra. A derradeira foi por Setembre do ano pasado, no dólmen de Locmariaker, e n-ela recibeuse coma bardo o noso querido amigo Philéas Lebesgue. Tamén é importante o movemento nacional bretón. Órgao d'il é a revista Le Consortium breton, a qual enviou no 1927 unha delegación composta pol-o Visconde de Saisy, e os Sres. Le Berre (bardo Ab Alor), Jaffrennou (bardo Taldir) e Boudard, en misión ás terras insulares céltigas. Esta misión propúñase ademais tres fis práuticos: 1.º Determiñar troques d'ideias e obras antros inteleituás e letrados da Bretaña inglesa, traguelos a se comprenderen e se compenetraren pol-o coñecemento das língoas celta, francesa e inglesa. 2.º Botal-as bases de troques comerciás direitos por mar, importacións, exportacións, antros produtores e frabicantes da península armóricana e os seus colegas de Gales, d'Irlanda e d'Escocia; traballar pra rebaixalas barreiras da alfândega, suprimil-os pasaportes, traguel-o franco e o chelín ó seu curso normal. 3.º Orgaizar un ir e vir turístico contino antrás Illas e o Oeste da Francia; criar eiquí unha Oficifia de relacións interfamiliares que permita trocar os nenos nas vacacións. Apuntámol-o feito pol-a sua cixempraridade.
A relación do viaxe, feita pol-o bardo Abalor, amóstranos os ilustres misionarios bretós percorrendo, vestidos co seu traxe nacional, a Escocia, os Highlands, as Hébridas, Irlanda, Gales, antr'o cordial acollimento que lle fan en todos lados, e amóstranos tamén o vivo qu'está o sentimento céltigo en todas aquelas terras. Afeitos com'estamos pol-a xeografía oficial das cadeiras docentes e dos libros de texto a aquelo do Reino Unido da Gran Bretaña, sen mais especificación, sempre nos sorprende unha miga o enteirármonos de que hai un patriotismo escocés, e de que ise patriotismo sinteno lores, negociantes, militares qu'estiveron na gran guerra, e que visten o kilt gris nacional, tocan a gaita e cantan a Bonny Dundee...
Na Escocia non eisiste hoxe o Gorsedd dende 1748, mais hai moita literatura na lingua céltiga, e hai asociacións, imprensa e xuntanzas chamadas Mod nas que figura toda a aristocracia d'aquela terra.
Tampouco eisiste o Gorsedd na Irlanda; os bardos desapareceron en 1690 co-a batalla de Boyne. En troques hai a Liga Gaélica (Comúnn na Gaedhilge) da qu'a y-alma é ainda hoxe o ilustre filólogo Douglas Hyde, profesor da lingua gaélica na Universidade Nacional de Dublín.
O Gorsedd, que se propón a conservanza da y-alma céltiga, ten por base a lingua, a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720612.xml
44
27 Salgueiro do pé do rio cuberto de flores brancas, ¿como queres que te queira tendo cortejo de tantas?
28 Amores ó lonxe, ó lonxe que preto calquera os ten... Eu tamén os teño lonxe e correspóndenme ben. (12)
29 Arrabeas pol-a peneira, arrabeas por peneirar, arrabeas por ter amores, arrabeas por te casar.
30 Carmela, Carmela, que pena me das, nos campos de Cuba morreuche o rapás. Morreu, morreu, deixalo morrer, para ti Carmela rapaz ha de haber. (13)
31 ¡Ai roxiña, roxiña do pelo, ven conmigo a mallar-o centeo; o centeo, o centeo, a cebada, ai roxiña, miña resalada! (14)
II
ANIMAES E PRANTAS
32 De alá da banda do río ten meu pai un castiñeiro que da castañas no Agosto i-uvas brancas no Xaneiro. (15)
33 O paxaro de Maria anda nas miñas cereixas, come paxariño, come que ei de ver as que me deixas.
34 O carballo do Galleiro ten a folla revirada que lla reviron o vento unha mañá de xiada. (16)
35 Este é o tempo do tróupele, tróupele, este é o tempo de troupelear, este é o tempo de mazal-o liño, este é o tempo do liño mazar.
III
AUSENZAS
36 As mociñas de San Xorxe muito teñen que chorar porque lle marchan os mozos pra o servicio militar. (17)
IV
CANTAR E BEILAR
37 Teño un cento de cantigas todas n-unha saquetiña e cando as quero cantar desátolle a baracina.
38 Si queres que o carro cante móllalle o eixo no río, despois do eixo mollado canta como un asubio.
39 Si queres oir cantar vai a casa de quen cría que queiras ou que non queiras cantas de noite e de dia.
40 Forneliños ten a sona, Forneliños sona ten, Forneliños ten a sona de cantar e beilar ben. (18)
41 Sei cantar e sei beilar, sei tocal-a pandereta... o que se case comigo leva música compreta.
42 —Rosiña, porqué non cantas? —Porque non teño alegria; o que se faga de noite sempre se sabe de día.
43 As rapariguiñas cando van co gando espichan a vara e beilan o tango. E beilan o tango e mail-a muiñeira. As mozas de afora non hai quen as queira.
44 Beilache, beilache, beilache, beilei na casa do cura que eu ben te mirei.
V
CASAMENTO
45 San Antonio de Canedo, casamenteiro das vellas, porque non casas as novas que mal che fixeron elas. (19)
46 Moreniña, por morena téñoche o ollo botado, has de ser miña muller ou non hei de ser casado.
47 Dende a miña casa á túa hai o salto de unha cobra... Inda lle penso chamar á tua nai miña sogra.
48 Eu queriame casar, miña nai non me deixou, agora vou pra o servicio, boa muller me buscou.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720614.xml
46
Non che teño medo, moucho, moucho non che teño medo,
72 Arriba, paudeiro vello, abaixo, manta furada, a onde chegan as mulleres os homes non valen nada.
73 O lameiro heche temido que ten a folla cadrada. Quen se tema que se arrede que eu non me temo de nada.
X
DESCONFIANZA E DÚBIDA
74 Que piñeiriños mais altos, que piñas tan amarelas. As palabras dos homes quen che se fiara de elas.
75 Rosa branca que tiveche para mudar de color. Ou che é señal de morte; ou é señal de outro amor.
76 O anelo que me deche foi no dia do Señor Heme grandiño do dedo e pequeno en amor.
XI
DESDÉNS E DESPRECIOS
77 Non me tires con pedriñas nin con mazáns retalladas, eu non nacín para ti non me sigas as pisadas. (23)
78 Xa comín e xa bebin, xa botei auga no vaso; xa tomei amores novos e de ti non fago caso.
79 Pensache que porque ría que xa me tiñas na man; inda tés que dar mais voltas que dá o muíño en van.
80 Chamácheme trovisquiña, herba que o gando non come, vale mais ser trovisquiña que muller de ruín home. (24)
81 O anelo que me deche heino de pisar cos pés. Antes de casar contigo hei de saber quen ti és.
82 O cura chamoume rosa i-eu tamén lle respondín: —Señor cura, de estas rosas non-as hai no seu xardín.
83 Cálate, vaite calando, cara de Sardiña cruda, que pareces o meu porco cando come a lavadura.
84 Olvidácheme, olvideite, metinche a figa nos ollos, o día que me olvidache xa tomei amores novos.
85 Cando quixen non quixeche, ora queres i-eu non quero, levarás a vida triste que eu ven alegre cha levo.
86 Olvidácheme por probe, i-eu por rico che deixei; vale mais probe con honra que rico de mala ley.
87 Cálate, vaite calando, cara de caracandil, fociño de porco bravo, barriga de tamboril.
88 Décheme unha pera parda toda rillada dos ratos; a quen lle deche os cariños dalle tamén os abrazos.
89 Non faledes mal dos homes que tamén lles quero ben: cortalos e rabandalos e metelos na sartén.
90 Gastas muita fantasia toda a botas de pranta, comes o caldo sin unto, dormes na cama sin manta.
91 Gastas media sobre media, gastas febilla de prata, gastas muito, vales pouco, i-eso heche o que che mata.
92 Malo raio parta ós homes, i-o primeiro sea ó meu: home que non gana a vida para que o quero eu.
93 Chamácheme pera parda, pera parda quero ser, anque caia de madura comer non me has de comer.
94 De Lisboa me mandache un pano de seda branca, mozo bonito e gabacho, c... na tua planta.
95 Asublasme de lonxe como can que anda perdido; eu non son muller de caza que entenda por asobío.
96 Salgueiro prende de pola,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720617.xml
NÓS
hoxe por gala salíu, a xentiña tula, fala i-a miña bulsa o sentiu.
147 Teño unha silva na porta que me pica que me prende; teño unha mala veciña que por diñeiro me vende.
148 Chamácheme moreniña, blanquiña vaite lavar; dices que non teño amores inda chos podo emprestar.
XVI MORTE
149 Eu ben vin estar o moucho enriba de un cacho de uvas; vaite de aí morte negra desamparo das viudas.
150 A subir ó alcipreste cheguei ó medio e cain, o alcipreste é a morte i-eu para morrer nacín.
XVII PÉRDIDAS
151 A subila e a baixala a costiña de Canedo, a subila e a baixala perdín a cinta do pelo. (27)
152 Carballeira de San Xusto, carballeira derramada, naquela carballeiriña perdín a miña navalla.
XVIII PICARESCAS E SATÍRICAS
153 O cura e mais a criada ordenaron de cocer, tiñan a leña no monte e a fariña por moer.
154 No convento de Canedo hai un frade galiñeiro, a metidiña do sol —janda Rosa pra o poleiro!
155 No convento de Canedo hai vintacinco escaleiras, por unha van as casadas por outra van as solteiras.
156 Esta noite e mais a outra e mais a outra pasada abalei unha pereira que nunca fora abalada.
157 Dixolle o crego á criada: —Non precisas confesor que xa te confesarei embaixo do corbertor.
158 O paxaro cando chove mete o rabo na silveira; así fan as boas mozas cando non hai quen-as queira.
159 Como te pille no prado como te pillei mais veces heiche de meter no corpo herba para nove meses.
160 Si foras a Portugal non fales con portugueses que eles prometen e dan semente de nove meses.
161 O cura cando vai fora déixalle dito á criada: —Veña tarde, veña cedo, déitate na miña cama.
162 Para cuñas pau de toxo, para fungueiros carballo, para contentar ás mozas a cabezaíla do carro.
163 O cura vendeu a burra por non lle dar a cebada, agora vai ós enterros a cabalo da criada.
164 Muito miras para min, mucho me chiscas o ollo, son criada de servir non fago caso de todo.
165 Si queres aquí, aquí, si queres alá, alá, si queres na carballeira na carballeira será.
166 O crego e mais a criada foron xuntos ós feixóns; a criada cáenlle as saias, ó crego cáenlle os calzóns.
167 Pica, canteiriño, pica, pica na pedra miuda, pica na muller allea, que outro picará na túa.
168 O señor cura de Xinzo (28) ten de pulgas un ferrado, outras tantas déulle a moza por facerlle un amicaco.
169 Dulce nombre de Jesús que barbas ten aquel home. —Está calada, miña filla, que a morriña todo come.
170 O señor cura de Arnoso (29)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720619.xml
NÓS
popular galega. Lida no Seminario de Estados Galegos, NÓS, número 56.
(7) No país irmán é veciño eidista, que eu coñeza, ademais da antoloxía de Cortésão arriba cit. a do Dr. Claudio Basto publicada na rev. «Lusa» e mais tarde en separata.
(8) Temos como variante:
O meu amor é rapaz
. . . . . . . . . . . . . . . .
hame de dar boa vida.
(9) Igual a outra castelhana da que parece tradución.
(10) En Portugal:
Foste dever mal de min
ao meu amor por desprezo,
desfazeste axente no lame
inda fico mais aceso.
Cortesão, ob. cit. núm. 934.
(11) Leirado e Tortoreos son pobos de esta bisbarra dos concellos de Salvaterra e As Neves.
(12) Parez resposta a outro coñecido:
Non quero zapato baixo
que se me enterre na area;
non quero amores de longe
que os teño na minha aldea.
(13) Variantes da derradeira estrofa:
. . . . . . . . . . . . . . . .
mociño ha de haber.
. . . . . . . . . . . . . . . .
amor ha de haber.
(14) Variante final:
. . . . . . . . . . . . . . . .
ai roxinha, miña namorada!
(15) Semellante a aquel de Padrón que recolle Murga en «Galicia»:
Nosa Señora de Adina
ten un poñeiro no adro,
bota prias en Outubro
cereixas no mes de Maio.
(16) Iste tamén é dos que se adaptan á diversas localidades. Coñécemos o que comeza:
O carballo da Portela etc.
O Galleguiño é un monte preto de Mondariz.
(17) Refire a S. Xurxo de Ribadetra, freguesía do Concelho de Pontareas.
(18) Furneliños é un lugar de Fornelos da Ribeira, Concelho de Salvaterra de Miño. A cantiga é semellante á que trai Ballesteros no Tomo II, núm. 61, op. cit. das Xeográficas.
(19) Canedo é un convento de frades franciscanos no monte da Picaraña, en Pontareas. As variantes adaptadas desta cantiga que coñezo refírense a San Antonio de Amaranto e a S. Andrés de Teixido.
(20) Cancións análogas hainas en Portugal e foron anotadas por Leite de Vasconcellos en Nótulas etnográficas XXI, Cór dos olhos na rev. «Lusa», Ano III, núm. 30, 1919.
(21) Parez resto de unha poesía longa.
(22) Tamén parece anaco de outra.
(23) En Verín recollimos a variante:
. . . . . . . . . . . . . . . .
min con onzas recortadas,
. . . . . . . . . . . . . . . .
nove te quero e non te quero etc.
(24) Variante:
. . . . . . . . . . . . . . . .
chamácheme chovisqueira etc.
(25) En Vilagarcía temos recollido:
O Manoel por ver das mozas
fixo unha fonte de prata,
as mozas non van cara ela
O Manoel todo se mafiá,
que resulta esactamente igual ó recollido en Beira, en Portugal por Pedro Fernández Thommás en Cangoes populares da Beira, páx. 448, Coimbra, 1923, en cula Introdución por Leite de Vasconcellos como «muito vulgar» outra ciseque igual, só que substituíndo o Manoel por San Xoán, páx. XXV.
(26) Témolo ouvido tamén como dito, sin música alguaka.
(27) É cantiga adaptada a moitos puntos, Vide Ballesteros que trai varias semellantes.
(28) Ximó, freguesía na estrada de Porriño a Pontareas.
(29) Arnoso, freguesía na estrada de Poeriño a Pontareas.
(30) En Ballesteros (Tomo II núm. 30 da Xeográfica) aparece adaptado a Sargadelos.
(31) Santa Maria de Arcas, freguesía inmediata a Pontareas.
(32) Dulce nome de Jesus, refírese a unha capela de esta advocación no castro de Troña, en Plas, Mondariz.
Curiosos paralelos de esta cantiga tomos recollido con referencia ós seguintes santuarios:
Nosa Virxe da Lanzada
que tan alta se foi pór
dalle o aire, dalle o vento
dalle o mar pol-o arredor.
(Lanzada, Noalla, Ría de Arousa).
Saco e Arce traí os seguintes:
Miña Virxe de Xurés
que tan alta se foi pór
entre taxos e carqueixas
e carballos arredor.
(Xurés, na raia portuguesa).
Nosa Señora do Faro
tan alta se foi pór
dalle o aire, dalle o vento
dalle o sol todo en redor.
(Faro, unha légoa de Chantada).
Miña Virxen da Peneda
que tan alta se foi pór
entre cotos e penedos
carballos arredor.
(Na raia portuguesa, a dúas légoas de Entrimo).
Santa Maria de Entrimo
tan alta se foi pór
para tocar as campanas
o domingo do Señor.
En todas elas pode ollarse a intrincante adaptación que fixo o pobo á paisaxe, dende a das terras da veiramar hasten as montanhosas.
(33) Variantes en Vilagarcía:
. . . . . . . . . . . . . . . .
miña mazán colorada
. . . . . . . . . . . . . . . .
Non viches beilar o Ret
na illa de Cortegada
adaptación moderna ista derradeira.
(34) Mellor:
San Bartolomeu e a Praza
como trai Ballesteros no tomo I, núm. 33 das xeográficas. Mild e Fontanais recolléana como nós no número 14 do seu De la poesía popular gallega, «Romania», tomo VI, 1877, e Obras Completas, tomo V, 1890.
Xa apareceu A Lagarada por R. Otero Pedrayo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720620.xml
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
O TRASNO
Unha vegada fan dúas mozas de noite para o muíño e alcontraron un neniño pequerrechiño que choraba co frío. Colleron o neno, envolvérono ben levárono consigo para o muíño, e despois de quentárense ó lume, deitáronse e meteron o meniño no meio.
Pol-a mañán, cando espertaron, buscaron o neno por todol-os currunchos mais no atoparon. Somentes dend'a cima do tellado, ouviron:
—Tucurugú, cucurugú
as nenas do muíño quentáronme o cú
Aquil neno era o trasno que lles quixo meter medo. (1)
CONTO
Eran unha vegada dous que viñan vendendo nabiña de nabos pol as aldeias de porta en porta e ó chegaren á soma d'uns carballos, pousaron os sacos e sentáronse a descansar.
Ó pouco rato un d'eles foi en busca d'auga pra beber pois estaba que esligaba co-a sede, e dixolle ó outro que tuvese conta dos sacos namentras voltaba.
Tan pronto como marchou, foi o seu compañeiro e rouboulle catro cuartillo de nabiña. Chegou ó outro e díxolle ó que quedara:
—Agora podes ir ti, que eu che terei conta mentras.
E aproveitando tamén a sua marcha, rouboulle ó que quedara tres cuartillos de nabiña do outro saco.
(1) Iste caso refirese com diversas variantes n-Asturias. Aurelio del Llano, Dy Folklore asturíano, Madrid, 1922, páxs. 62-64, traí tres. Iste caso apóntense alá ó Dianu burión, que semella un persoaxe diferente do trasno. Ó menos, así ó dí ó Sr. del Llano. Eiquí son atopamos grande difreencia. Del Llano identifica, coma nós ó trasno co Kobold xermánico, citando ó Dr. Eugen Mogk, Germanische Religionsgeschichte und Mythologie, Berlin und Leipzig, 1921.
Un home que víu agachado os dous roubos foi hastra él e preguntoulle:
—Ay homiño, d'onde sodes?
—E nós somos de Allares—contestoulle ó que ficara ó pé do carballo.
Destoncias ó home repricoulle:
—Nas condiciós ben vos semellades.
Sácalle outro cuartillo, e quedades iguais. (1)
Recollidos en Oroso (Cruña)
por R. M. L.
OUTRO CONTO
Unha vez era un rapaz pouco intelixente, e mandárono ó muíño con tres tegas de centeo e dixéronlle:
—Fixate ben; das tres tegas ten que che cobrar tres maquías, que non che vaia cobrar de mais.
Entón ó rapaz pra non esquecel-o aviso, foi dicindo pol-o camiño:
—Tres tegas, tres maquías; tres tegas, tres maquías...
Chegou ond'estaba un home sementando grau, ó cal home ao ouvilo dixo: «Este lapón vai dicindo que ogallá recolla soio tres maquías de cada tres tegas de sementes, «vouno mallar». E pegoulle uns paus, e díxolle dispois.
Deiquí adiante vas ir dicindo: «que salla todo».
Asi ó fixo ó neno, e mais adiante atopou c'un arrieiro que estaba tapando un pelexo que lle deitaba ó viño, ó cal arrieiro ao ouvirle dicir, «que salla todo», cheo de coraxe deulle unha gran malla, e dispois díxolle:
—Deiquí adiante, has dicir: «que non salla ningún».
(1) N-iste conto hai que considerar ó que ten d'invectiva contrós naturais ó habitantes d'un lugar. Temos xa unha coletizón considerable de folk-lore d'esta clase, que hemos ir dando pouco e pouco.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572062.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE Real, 36 1.°—A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce númaros, na Peninsua 8'00 pesetas. Fora da Peninsua 8'00 > Númaro solto 0'70 >
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
As catro viuvas, A. GUIMERÁ (Trad. Abel Demo). (Vilas Galegas) Rianxo, por Arturo Noguerol. O Movemento Pan-Celtista, por S. N. Cancioeiro das Ribeiras do Tea, por F. Bouza Brey e L. Brey Bouza. Arquivo Filolóxico i-Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas, POL-A REDAUCIÓN.
Reloxería ZENITH Dicen le Risco
MAQUINAS PARLANTES. DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS Abogado
M. CALVINO - Ourense Santo Domingo, 47-2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720627.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572065.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XI ★ Ourense 15 de Marzal do 1929 ★ Núm. 63
Letras catalanas.
A S C A T R O V I U V A S
LEMBRANZAS
Noite de Viernes Maior, que tristura me deixabas con aquil ronsel de luces e de facer apenadas
A viuva do pescador ten nos ollos o azul da auga; á do muiñeiro, o vento puxo a testa enfariñada;
e marmurio de orazóns como de chuvisca maina; pechando os ollos no leito ja a procisión principiaba!
a viuva do labrego que cór de terra na cara!; a do ferreiro, no peito sinte o balbordo da fragua...!
Catro vinvas, catro son que levan a Imagen Santa: a mais vella oitenta anos, setenta a mais anovada.
Ao cabo de tantos anos aínda ao pé da miña cama nas longas noites do inverno vejo a procisión que pasa.
Camiñan pouquiño a pouco, si unha chora outra lle gana, mais chora aínda a Soedade riba das costas portada.
E, ai!, elas son todo un mundo que de pasar non remata e trunfante vai a dór riba das costas portada.
Ollan pra a terra os sens ollos como buscando onde caian e toupiñando e gemendo as catro vellas a agoantan.
ANGEL GUIMERÁ
(Trad. ABEL DEMO).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572067.xml
NÓS
necesidade das rianxeiras: a de estar n-a casa e n-a rúa ó mesmo tempo pra, sin desatenderen o traballo, velar ós rapaces namentras enredan ó pincho, enredo con que seguramente se preparaban n-outros tempos os bós arpoeiros. De prosperal-o criterio burgués d'una gran parte dos vilegos, inspirado sin dúbida pol-os libros de carpintaría barata, dentro de cincoenta anos non merecerá pena de visitar-a vila; sin embargo, é de xusticia facer presente que os encargados de administrare os intereses do Concello están orientados n-o sentido de milloral-a sin que perda a sua maneira de ser; e xa deu comenzo ó restauramento da sua praza trasladando pr-ela un cruceiro pra reemprazare ó que a incultura letrada sacou d'ela co-aprobanza dos chamados «fillos do pueblo», que, coma en total-as partes, non fan nin deixan facer.
Rianxo é un semilleiro d'artistas no mais outo senso da verba, digano sinon os Castelao, os Dieste y-os Manuel Antonio; non en balde foi o seu fundador un poeta de freba coma Pay Gómez Chariño.
Rianxo foi unha vila puxante namentras os seus escudos pesaron algo n-a sua vida, representando luxo, cultura, vida de sociedade; pero agora está n-un estado de estancamento grandísimo producido pol-a abundancia da pesca n-outro tempo, n-a edade do ouro dos mariñeiros de fai quince ou vinte anos, e pol-a «maldita falla de necesidás» que padece a masa mariñeira; abundancia e falla de necesidás que se refrexan n-iste cantar que n-os días de faxurda lle fai toupar o peito de contento ós mariñeiros cando
o cantan dispois de teren a bordo unhas chiquitas de casol:
«Teño lanchas, teño redes, teño sardiñas n-o mar teño unha mociña bonita quen me manda traballar»
À falla de necesidás y-a abundancia de outro tempo, debe Rianxo a falla d'una masa artesana ilustrada y-a natural imprevisión e socordia dos seus habitantes; e como a habilidade y-a industria dos homes non se inventa nin se aumenta de repente, d'eiqui o que, habendo fuxido a sardiña da ría xa fai anos e esprotado sin tino os criadeiros de marisco, por aquelo de que quen vena atras que arree, atravesa a vila unha crise que mete espanto e que a sua economía estea derrengada namentras lugares mais probes, en canto a fontes de riqueza, com-os da feliz gresía de Taragoña, loiten na vida con ventaxa debido á capacidade de traballo que lle dá a sua falla de medios; a Rianxo pásalle o que ó mozo nugallao de casa rica que de repente s'atopa co-a faltriqueira valcira e non se sinte con forzas pra matal-a preguiza nin pra facerlle frente á vida. Rianxo confía no milagre; mais non ten fé n-o propio esforzo: está a esperar que lle chuvisque. ¡Que lástima de Vila!
ARTURO NOGUEROL
Rianxo, Fevereiro.
O MOVEMENTO PAN-CELTISTA
No meio do actual espertamento das razas e dos povos, que coma reacción vital necesaria—obedecente se cadra á lei dinámica de polaridade que rixe á natureza—en contra do uniformismo asoballante da decadenza europea, destaca c'unha suprema impor-
tanza pra nós, o movemento pan-cellísta, hoxe en plea actividade na Bretaña, Gales, Escocia, Irlanda, agás Galiza.
Iste movemento, que non é cousa nova, nin tampouco descoñecida do gran púbrico, pois as fotografías das festas e cerimonias
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720625.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
**CASA DE LOS LENTES**
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'es de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabelecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Lea vostede
**Os Camiños da Vida**
por R. Otero Pedrayo.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
SANATORIO QUIRÚRGICO DE SAN LORENZO
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, mof cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572066.xml
38 NÓS VILAS GALEGAS
RIANXO
Rianxo según os etimoloxistas da vila ven de río ancho; outros fan-o vir de *ri* e *anxeo*, e din que sinifica surrisa de anxeo; pero ó meu parecer, rianxo sinifica centro de abastecimento, porque en galego rianxo, salvo o millor parecer dos homes de sabencia, é mercancia comestible, trato de abastecimento: «vai n-o rianxo», «anda ó rianxo», son ditos que o confirman e que se oucen todol-os días entr-os que abastecen as prazas; rianxeiro equivale a tratante en cousas de comer y-arder.
Rianxo é unha das pelras que forman o torques con que se adobia a ría d'Arousa; alóngase á veira do mar y-o cocho de Punta Fincheira, com-un bando de gaivotas pousado, do que a capela de San Bartolomeu é a avanzada y-a igrexa de Santa Columba e o corvo vello que está á ventar os enemigos.
Rianxo mira ó mar pol-o Weste e por iste gallo ten as fermosas postas de Sol de que tanto se gaban os rianxeiros de Rianxo: «Vilagarcia non ten estas postas de Sol», dixo un día unha pesca mirando ó ceo e dispón-dose a marchar co-a sua cesta de peixe pol-as corredoiras adiante á busca dos *patacós*. Eu non sei si é sabencia ou estinto; pero o que si podo asegurar é que os vilegos de Rianxo, a ría, as postas de Sol y-a paisaxe, ten-os un pouco tolos: ón Veterinario que veu ó vila a ver si lle conviña o sitio pra tomar posesión do cargo de Inspector de carnes, o que o acompañaba non lle falóu das avinzas co-as sociedades de seguro de gado, nin da posibilidade de organizare a ispección dos porcos; pero en cambio colléuno pol-o brazo y-acenándolle cara Portomouro dixolle: «Fíxese n-ise cadro; dentro de cinco minutos farán falla outros pinceles».
A vila de Rianxo ten tres rúas y-un mercado pol-as mañans, que son pra todal-as vi las com-os tres lados ou os tres vertices ó triángulo; pra que haxa un lugar ou taboaza non fan falla mais que unhas cantas casas c-os tellados fumegando As doce do día y-ó atardecer, unha fonte, unha eira y un cruceiro, pra facer ó pé d'il a trullada ou a pandeirada, pr-unha feligresia ou concello é cesario ademais un forno de cocer pan, unha taberna y-unha igrexa c-o seu adro y o camposanto ó pé: o adro y-o camposanto son o sino aparente da municipalidade; mais pra facer unha vila son necesarias ainda mais cousas: tres rúas, unha praza y-un mercado diario ou semanal, espresión do hinterland comercial.
As rúas da vila de Rianxo ainda teñen pudor urbano, pois non foron aldraxadas pol-os analfabetos con letras póndolle nomes mais ou menos decorativos ou cursis: chámanse: «Calle d'arriba», «Calle d'abaixo» e «Calle do medio». Nomes sinxelos, pero acadados e que espresan moi ben o plan que presidiu a formunza da vila: rúas ó correr e tarreo en costa. A rúa do medio é o espiñazo da vila y-ó seu cabo do Sul érguese a igrexa parroquial; e n-a rúa d'abaixo hai unha casa antiga, de canteiría escura, que pasa deica o medio da calle sostida por tres arcadas, que pousan en dúas pilastras, pra atestiguare o espirito anárquico da raza y-o poder do dono. As rúas están tan ben tiradas que a vila resulta muy agarimosa. Seria de sentir que fose adiante a idea d'algús vilegos que cobizan a formanza d'un prano da vila.
Rianxo foi unha vila importante e con carácter propeo: os seus escudos numerosos responden do seu nobre orixen; as suas fiestas con soportes pra colgar as redes testemuñan a sua puxanza mariñeira d'outro tempo; y-os patís ás portas das casas, que en mal hora foron desfeitos, acusan a primeira
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/11572069.xml
NÓS
literatura e a música. Dase unha gran importancia á música e ó canto. O instrumento característico da raza é a gaita (binioù en bretón, pìbbrog en escocés). Todas as cerimónias druídicas e bárdicas fanse en lingua céltica, e a súa coñecenza é precisa pra ser admitido no Gorsedd. D'estas cerimónias, a máis importante é a xuntanza dos dous anacos de espada do rei Artús. A lenda refire qu'Artús partiuna en dous anacos e profetizou que cando eles se xuntaran, a Céltiga inteira había recobrar o seu esplendor. Na xuntanza do Gorsedd collen os druídas os dous anacos da espada, xúntanos e átanos cunha fita das cores das diferentes bandeiras; é o símbolo da unión das terras céltigas.
Galiza e Portugal áchanse arredadas d'iste movemento pan-celtista principalmente por teren perdido a antiga lingua céltica que con seguranza eiquí se falou e que tantos siñás deixou na toponimia, embora non sexan moitos os que perduran na fala corrente galego-portuguesa. Non por iso deben ficar indiferentes. A vella raza dos fisterres, da que a cultura foi asoballada cando emprincipiaba a agromar polo imperialismo romano, ten agora diante de si un farto porvir de creación e de forza. Quen sabe si non ha ser ela a descubridora dun novo mundo espiritual, a que traia as táboas da nova lei? En todo caso, o mundo da cultura, o mundo das creacións do home, é un mundo de loita, é un campo de batalla onde vence a meirande forza do espírito, onde trunfa a vontade de vivir.
O primeiro e o derradeiro é de cote o querer ser.
S. N.
CANCIOEIRO DAS RIBEIRAS DO TEA
PRESENTADO Ó SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS NO MES DE OUTONO DE 1928
A riqueza da poesía popular galega non foi esprotada senón parcialmente, pois tan só facendo a recolleita por localidades pódese chegar a un coñecemento total n'un momento dado do que a alma do noso pobo a se deitar en cántigas pode dar de sí.
Tendo en conta que en Portugal van recoMidos mais de cuarenta mil cantos segundo os cálculos de Teófilo Braga (1) e considerando ainda mais que das nosas coleizóns mais completas, a de Ballesteros e a de Saco e Arce, a primeira está feita tendo por base principal as canzóns das bisbarras cruñesas sómente (2) e o segundo (3) pol-as ourensanas e poucas localidades mais, comprenderemos axiña a necesidade da recolleita pra compretar a laboura dos sabidos esculcadores.
Dende logo cada rexión xeográfica ten en Galiza as súas cántigas especiais; especialización que depende da variedade de costumes, de cultivos e de traballos; da proisimidade de núcleos urbanos, de santuarios sonados ou de outras devozóns; de sucesos ins-
piradores, en fin, da musa aldeana, con respecto a aqueles que teñen de informar a vida cuotidián de outra rexión; mais existe tamén un sedimento común, o parecer, no pobo galego formado por cántigas vulgarizadas de abondo e que se suben en toda-as aldeias, tal vez pola súa mor antigüidade, tal vez por ter a súa mesma naturalidade poética impresionado a memoria popular que leva á que a copra inzada de inspirada espontaneidade fique sempre na lembranza campesía e alén de istas cántigas comúns existen outras que reunindo as condizóns devanditas, hai, non embargante que facer con elas adaptazóns locais, xeográficas, en consonanza ca peisaxe verbigraza. Ningunha de elas é escruída da coleizón presente xa que ainda as mais coñecidas e vulgares serven pra investigar os motivos de tal querenza por parte do pobo.
Escollimos a rexión das ribeiras do Tea pra encaixar as cántigas presentes xa que elas foron percuradas nas parroquias de Fornelos da Ribeira, Salvaterra de Miño.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720615.xml
NÓS
amenciro de rais;
amores que foches de outros
para mín xa non servís.
97 Miña sogra querme mal
porque me casei co fillo.
Heille de mandar decir
que o garde no bolsillo.
98 Non quero home pequeno,
a miña hame de valer
que me parece na cara
unha escoba de barrer.
99 Quen fala de mín, quen fala,
quen fala de mín quen é.
Será algún zapato vello
que non me serve no pé.
100 O cariño que che teño
e mais o que che hei de ter
cave na casca de un ovo
e mais non-a ha de encher.
101 Traes a gorra de lado
a uso de pleiteante;
si pensas que eres bo mozo
outro che pon o pé diante.
102 Traes o sombreiro gacho,
tráelo gacho gachón,
traes o sombreiro gacho
como calquer maricón.
103 Dixome onte miña sogra
pol-o buraco da porta:
—Métete na tua vida
xa que a miña non che importa.
104 Dicen que chove, que chove...
non chove que aborrafalla;
as mociñas que hai agora
todas feden á borralla.
105 Gastas muita fantasia
co-a tua gorra de lado;
de piollos unha cunca,
de lendias medio ferrado.
106 Nunca fun ó desafio,
nunca fun desafiada,
nunca fun ó desafio
co-a tua cara lavada.
107 Maruxiña que dixeche,
Maruxiña que falache,
si non sabes o camiño
volve por onde pasache.
108 Chamácheme pouca roupa,
si tes muita é teu proveito;
menos teño que quitar
de noite cando me deito.
109 Si me queres de balde
son toda túa
pero pol-o diñeiro
cousa ningunha.
110 Vai lavar, porcona,
vaite lavar, vai, vai...
si non che chega o río
vaite lavar ó mar.
111 Chamácheme moreniña
blanquiña vaite lavar.
Dices que non teño amores
jinda chos podo emprestar.
XII
DESEOS
112 ¡Canta laranxa madura!
¡Canto limón pol-o chan!
¡Canta rapaza bonita,
ningunha na miña man!
113 Heicho de mandar decir,
anque sea pol-as nubes,
que me mandes ese anelo
das tres pedriñas azules.
114 O día que vin ó mundo
tamén naceu o descanso;
quen me quere non-o quero
e quen quero non-alcanzo.
115 Hai que alta vai a Lúa,
mais alto vai o luar,
mais alta vai a fortuna
que Dios ten para me dar.
XIII
GRATITUDE
116 De Lisboa me mandaron
tres peras n-un ramalliño
¡quen será esa persona
que me ten tanto cariño!
117 Miña nai, miña naiciña,
que boa nai teño eu:
vendeu o seu coletiño
para me mercar o meu.
XIV
HUMORÍSTICAS
118 O corazón de unha pulga
quen o puidera guisar;
daba xantar e merenda
e cena para cenar.
119 Arriba coxo que é tarde
busca pousada con día;
os coxos na miña terra
búscana xa ó medio día.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720610.xml
Pesqueiras e Pontareas principalmente, todas emprazadas n-unha zona característica que leva na nosa xeografía económico-rural o calificativo de terras do Condado, de cujos productos o mais singular, que é o viño, vai sempre acompañado nas transazóns agricolas pol-a dita expresión referente ó tido de Salvaterra, vinculado nos Sarmentos da casa do Sobroso. Non pretendemos ter esgotado nin moito menos a seitura de cántigas actualmente cantadas por se tratar de unha longa estensión a indicada pol-o epígrafe. Así, pois, o estar á veira do río Tea, afluente pol-a dereita do río-pai, o sagro Miño, non é outra cousa que unha nota común ós lugares do noso inquérito.
Por outra banda, eiquí non esproramos toda a rica variazón métrica do noso folclore cantado. Sómentes as quadras ou cantos de Alalá como lle chama Murguía (4) ou sexa as cuartetas octosílabas foron as recollidas. As que aparecen na colección que non seguen esta forma métrica é que son, pol-o xeral, os seus estribillos, salvo as que parecen anacos de romance, conforme indicamos nas notas.
Con respecto ás cántigas comuns en toda Galiza, de que xa falamos, temos eiquí a sobradamente coñecida:
*Unha noite no muíño...* (n.º 142)
ou os núms. 38, 60 e 82.
Especial de ista bisbarra é indubitavelmente a 26:
*Fun ó serán a Leirado e volví por Tortoreos...*
e das adaptadas poden citarse a de
*San Antonio de Canedo casamenteiro das vellas...* (n.º 45)
a 151, e millor ainda a 184, cujos paralelos poremos na nota correspondiente.
Aparecen eliminadas as francamente obscenas inda que coidemos que deben recoillerse e pubricarse, non en revista, que pasa por toda-as mans, senón, debidamente comentadas, en lugar aparte pois son tamén fonte leisicográfica e de análisis temperamental e íntemo do pobo, xa que, como falaba Menéndez Pelayo en caso análogo, non se editan certos libros nin se fan certos estudos pra andar por mans de escolantas de conventos. En troques facemos figurar copras baixo o rubro de picarescas que non é posibel, no estado dos estudos folclóricos, ocultalas ó coñecemento dos investigadores e comentaristas etnolóxicos. Son sempre reticenzas sin sentido recto, gala da nosa picardia labrega. Grande é a proporción das que tratan do crego e da ama, «unha de isas facecias vinculadas xa ó fondo común do humorismo popular» asegún comenta doña Emilia Pardo Bazán (5) e pol-o mesmo de ningún xeito desbotables si se quere coñecer ó cadro completo do parnaso do pobo galego.
Pareceunos prudente pra facer doado o eisamen da pequena colección clasificálas e fixémolo atendendo ó contido, asegún tamén ó tiñan feito os devanditos, inda que sen seguilos inteiramente por parecernos excesivo ó número de términos da clasificación. Tivemos en conta as indicazóns sempre mestras de Risco, mais non é facil incruir ningunha das cántigas collidas dentro das impías, nin das de rebeldía que preconiza (6) anque a grande abastanza de cántigas de Desdens e desprezos indica dende logo unha outiveza que di moito a prot da xente de istas terras raianas.
Dempois das cántigas de Desdens e desprezo son as amorosas, as humorísticas e as picarescas as predominantes. Pro considerando que moitas vegadas non é moi posibel topar as diferenzas entre istes dous términos derradeiros, teremos que, fundindo os dous baixo a denominación de humorísticas, serán istas as máis do Cancioneiro, facéndose por tanto boa a observazón que Machado fixera xa ó comentar o Tomo I do de Ballesteros respecto á ser o inxenio dos galegos, revelado pol-a canción popular, «fino, agudo e dado á sátira» en conformidade ca mór cantidade de trovas burlescas.
Por fin faremos notar como n-este pequeno mangado de frescas rosas silvestres hai alguma digna da futura antoloxía da nosa lírica popular que algún día tencionarermos seguindo a Portugal (7). Lembremos agora a n.º 2, a 8, a 16, a 21, a 24 cuio paralelo portugués poremos oportunamente, a 50, a 63, a 112...
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720621.xml
NOS
Volveu o neno a collel-o camiño depilindo: «que non salla ningún, que non salla nin gún», e deu un pastor que andaba por voltar con cinco cabalos que s'entullaron nunha lagorza e que non podían sair. Tras moito traballo saltou un fora precisamente cando chegaba o neno co-a letanía. O pastor ao sentilo, emprendeu a paus no neno hasta quentalo e por último dixolle:
—Agora vas dicir: «donde saltou un, que salte outro, donde saltou un que salte outros».
Iba o neno co-a nova letanía, hasta que tropezou cun que tiña un ollo valeiro. O torto tomou o dito do neno pra si e cego de coraxe mallou n-él hasta deixalo eivado no camiño.
Cando pudo dar pra casa—que ao muíño non pudo chegar—meteuse no leito, pois non se tiña de doores, e fixo propósito de non ir repetindo outra vez os encárregos. (1)
(Recollido en Valdeorras, por Manuel Folla, aluno do Maxisterio)
CONTOS DE BARROSOS (2)
Unha vez iba un barroso pasando por unha ponte que estaba caíndo, levaba medo, e dixo ao pasar:
—Dios é bon e o demo non é malo! Dios é bon e o demo non é malo!
Pra que Deus o protexese e o demo nono tentase. Pero así que terminou de pasalo, dixo:
—C... me nentrambos. (1)
Outra vez estaba outro barroso comendo unha cebola e unha codela de centeo e dixolle outro:
—Ei hom, como te coidas!
E contestoulle o da cebola:
—Eu coidar, coido coido, pero os cartos vanse que é un justo. Inda non fai sete días que cambiei un peso e agora xa teño sóio catro pesetas, dous en realiños e outros poucos cartos mais.
Outra vez eran cinco barrosos que iban xantar e querían gastar pouco, agás un que era mais espréndido, pero non prevaleceu a súa opinión e pidiron catro sardiñas pr'os cinco. Entón o espréndido, que era o mais listo, ao repartilas, dixo:
—Cinco barrosos, catro sardiñas, tocamos a dúas, e eu vou co-as miñas.
E colleu as dúas millores, deixándolle aos outros catro dúas somentes.
Outro barroso quixolle escribir á muller, e como non sabía, foise ond'o seu amo e ditoulle a carta, indicándolle cando iba poñer puntos e comas. O amo por rirse d'él, onde lle mandou poñer punto, coma, púxoo con todas as letras.
Contestáronlle da casa indicándolle que tivese coidado co-a persoa que lle escribía as cartas, pois rianse d'él, e entón, él pra se vingar, volveu ond'o amo e díxolle:
—Señor amo, a miña muller sempre me
(1) Coñeçemos unha variante d'iste conto, ouvida no Castro de Caldelas. Ite era un que preguntou na feira por un home que levaba cal vestido e respondéronlle: «Buscáis e n'acharás». E il foi pol-o camiño chamando: «Buscáis e n'acharás», e atopou un que perdía a bulsa dos cartos, e iste malloullo e o mallado dixolle: «E logo como hei dicir?» Respondeu o da bulsa: «Cada día sete». O parvo foi repetindo «Cada día sete», e atopou un que estaba coa noiva, e pensou que lle decía que cada día sete noivas e basfalle tamén, mandándolle despois dicir: «Que á moite durma co-ela». Seguiu repetindo a nova frase, e atopou un que levaba unha porca, e levou outra palmera, e recibiu a orde de dicir «Que a bocados la coma». Obedecen, mais chegou onde un que estaba tras d'un valado faguendo unha necesida, e cando o viu, que a bocados la coma, mallou-o n-il canto caixo, e despois ordecoulle que dixese: «Que crea e que reverdeza», e foino dicindo ata que deu cun que tiña a sarna, e estibáse rañando coas uñas, e apañou outra mao de paus, ata que cansou e foise pra casa.
Unha anécdota do mesmo asunto, ouvimola referir coma caso histórico. Era unha criada a quen mandaron ir a unha pousada preguntar por un maragato que se chamaba Bonifacio. Ela pra non esquecer-se-lo nome, foi pol-o camiño dicindo: «Bonifacio, Bonifacio, Bonifacio...» Cando iba no meio do camiño, xa se trabucara, e iba dicindo: «Monifate, Monifate, Monifate...» E chegando a pousada, sóio soupo dicir: «El vive eiqui ise... Maragato músico».
(2) Barrosos chaman os canteiros, principalmente os de Pontevedra e Cotovade, os quales pasan por burros e tontos. Nos contos imitan a sua pronunciación con geadas e sibilantes. Son moitismos os contos que se contan d'illes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720623.xml
NÓS
que aquil día andiveran por todo o monte moitas luces, apagándose e encendéndose, preto do Xosé, pero que nada sabían e que pra nada se meteran no asunto.
Dende entón n-aquil pobo todo o mundo se mete na camiña dende as dez da noite—pol-a nova—no vrau e ás oito no inverno, e si algunha vez se xuntan os mozos do conto, non fan sinon pensar no que lles pudo haber pasado aquel día e gracias ás gracias, todo quedou a ben.
(Recollido por Amadeo López Bello.)
SUCEDIDO DE LOBOS
Eu creio, Señor, que iste conto xa lle non merez a pena contalo, pero xa que vostede s'empeña, vou lle cumprir o gusto.
Non sei si vostede saberá que polo tempo do inverno hai o costume de xuntárense n-unha casa calquera do lugar e ali fiase e tamén se mermura, e os domingos os mozos van a outro lugar pra falar cas mozas. Pero vou contarlle o meu conto.
Bran dous mozos que non despreciando, pasaban polos mais ben prantados do pobo de Nocedo e iban cortexar a dúas mozas a Fiestras; así que os domingos nunca viñan haste ben entrada a noite. Aquil día mais que ningún os tales mozos beberan e polo tanto saíron mais contentos que unhas castañolas.
Levaban andado mais de media legua, cando un d'iles que lle chamaban Gerardo díxolle ó outro: «Ti ouviches, Manuel?»—«Que había ouvir, ho!»—«Pero ti non sintiches tocar o lobo as castañetas?»—«Mira, eu si queres que che conte a verdade, pareceume que ti tiráchelle un pouco por as orellas á bota e agora en calquera sitio sintes oubear os lobos...»—«Escoitas?»—«Mal rayo!»—«Son ¡les! Fuxamos, Manuel, antes que se procaten de que estamos eiquis»—«Escoita Gerardo, ti tés un mixto?»—«Eu teño, e logo? Pra que o queres?»—«Mira e non seas burrán; ti non sabes que os lobos téñenlle medo ó lume?»—«E mais tés razón, non me daba de conta, agarda unha miguña que vou alcender un pra ver si se van».
Según contan, tales mozos acabano todos os mixtos e non tendo que fagher, fuxiron á carreira, pois xa estaban preto do lugar.—«Qué faguemos agora, Manuel?»—«Eu que sei, Gerardo! deixar que nos aboquen e encomendarvos a S. Antonio que che é moi abogoso?»—«Ay, miña nai, que me comen! Ay, Manuel sálvame que me esgazan!... E si non, non veñas, pois igual te comen... Fuxe cara a casa e dalle un abrazo á miña nai!... Ay! á miña nai dille que ó seu fillo coméron os lobos, fuxe, Manuel, fuxe, e dille á miña nai...!
Chegado que foi Manuel ó lugar, pegou a dar berros por todas as e en pouco tempo todos tiñan un fachuco na man e unha escopeta e guiados polo mozo foron coller os pedazos do coitado Gerardo. Moito rebuscaron por todos os lados pero nada collera d'il nin un mal anaco das calzas, nin que ó tragara a terra. Xa trataban de coller o camiño do lugar entros berros das mulleres e os xuramentos dos homes, cando sintiron unhos queixidos como si estivieran morrendo.
Naide se estrevia pra chegar ó cadabullo onde tanto xemian. Por fin un dos mais valentes c'un sacho de cristas foi esfaragullando os toxos que tiña ó cadabullo pra ver.
Non quero decirlle o que vin: estaba o coitado do mozo completamente desangrado e ó seu lado tiña un lobo moi apretado, que non refolegaba ó condenado. Morrera, pero levaba compaña, pois antes de chegar ó lugar, ó Gerardo morrera tamén.
Din agora que no penedo pequeno, cando vai morrer algún do lugar, anda alí un lobo branco que ouvea mais qu'os outros.
Recollido por Amadeo López Bello
NOTA.—Estes contos que o recolector nos deu sen indicazón de procedenza, deben ser os dous da Limia, pois no segundo falece mención precisa de Nocedo e Fiestras, do antigo concello de Morallos, hoxe do de Xinzo.
Conto de Guerra
Arte e literatura, por Camilo Díaz.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720613.xml
NÓS
49 Heime de casar c-un vello somente pra rir,
i-eille de poñer a cama
donde non poida subir.
50 Casaime, meus pais, casaime.
namentras son rapariga
que o millo sachado tarde
non da pondón nin espiga.
51 Eu caseime no Araño
ca filla do Arañón;
ela bunita non era,
probe si, honrada non.
52 Non te cases c-un ferreiro
que é moi malo de lavar;
cásate c-un mariñeiro
que ven lavado do mar.
VI
COALIDADES
53 Os ollos brancps son falsos
os negros namoradeiros,
vivan os ollos castaños
por firmes e verdadeiros. (20)
54 Os mociños que hai agora
son moitos e tratan ben;
si estrenan unha chalina
xa non falan con ninguén.
VII
CONSELLOS
55 As sete-estrelas van altas
a lúa metida vai.
Vaite deitar, rapariga,
na cama con tua nai.
56 Non te fies, rapariga,
no pedreiro que ben canta;
é a fariña da pedra
que se lle pon na garganta.
57 Canta, cuco; canta cuco,
na rabiza do arado...
As mulleres antre os homes
hevos gando mal gardado.
58 Canta, rula; canta, rula,
n-aquel souto...
Probiño de aquel que espera
pol-o que está nas mans de outro.
59 Portadore das raiñas,
volta atrás que vas perdido:
esa muller que ahi levas
é casada e ten marido.
60 Téñoche un can de palleiro
que de noite anda aseibado.
Ten cuidado, Maruxiña,
Maruxiña, ten cuidado.
VIII
COSTUMES
61 Primo, primo, primo, primo,
primo aquí, primo acolá;
taberneira, bote un neto
que o meu primo pagará.
62 Rapariguiña do gando,
que herba lle botas ó pelo
—Bótalle unha herba do monte
que lle chaman trementelo.
63 C-un anaco de un petillo
e unha copa de augardente
e un abrazo de unha moza
xa marcha un home contente.
64 Manoel, Manoeliño,
Manuel, cara de rosa,
lévame o gando a beber
a fonte da Ramallosa.
65 Debaixo do lavadouro
donde María lavaba
había unha sementiña
que o seu Manoel apañaba. (21)
66 Teño unha mazán na ucha
que ma deu un carpinteiro;
hai un ano que a teño
inda non perdeu o cheiro.
67 María lavaba,
Xosé estendía,
o neno choraba,
[atura María!] (22)
IX
DESAFÍO
68 Somos os de Areas, somos,
pequeniños como ratos.
O que se meta con nós
leva piñas e sopapos.
69 Ofrecécheme unha tunda,
choqueira de Redondela,
ofrecécheme unha tunda...
agora veño por ela!
70 Si querel-o desafío
co-a punta da tixeira,
si querel-o desafío
ven acá moza solteira.
71 Eu ben vín estar o moucho
enriba de aquel penedo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/33/3354/3354b2f8-f366-47f4-abbe-ad94d1907f7f/115720624.xml
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
A RECEPCIÓN DE VICENTE RISCO NA ACADEMIA GALEGA
O día 23 de Febreiro tivo lugar na Cruña a recepción do noso Direitor na Real Academia Galega.
O acto, que revisteu moita solenidade, celebrouse no gran salón do Circo d'Artesáns, onde xa o novo Académico ten falado algunhas veces ó público cruñés, e pra asistiren a il viñeron d'afora varios membros de aquela Corporación, e outras persoalidades, antre as que lembramos a D. Federico Maciñeira, D. Enrique Peinador, D. Ramón Cabanillas, encarregado de responder ao discurso do Sr. Risco, D. Vicente Riestra, don Gonzalo López Abente, e outros. No salón que enchía un numeroso e escolleito público, destacábanse moitas donas e señoritas e faguiase presente toda a intelectualidade cruñesa e outras distintas persoalidades.
Achábanse no estrado, co Presidente don Eladio Rodríguez González, os Académicos Sres. Carré Aldao, Martínez Morás, Lugris Freire, Cabanillas, del Castillo e Maciñeira. Acompañaron ao Sr. Risco pra darlle entrada os Sres. Lugris e Castillo.
O Sr. Risco leu logo o seu discurso en col do tema Un caso de licantropía, no que tomando coma base a soada causa do home lobo d'Athariz, fai un documentado estudo do mito popular do lobishome e dos casos de delirio lycantrópico, dend'os puntos de vista folklórico, psiquiátrico e metapsíquico, adicando primeiro unha sentida lembranza ao inesquecente escritor e investigador don Francisco Tettamancy, cuyo posto ven ocupar na Academia. O esencial do discurso do noso Direitor, espallado en longas informacións por toda a imprensa de Galiza, é xa hoxe ben coñecido do público da nosa Terra, e ademais, hase publicar integramente moi logo.
Respondéulle o gran poeta Ramón Cabanillas, quen en fermosos párrafos, fixo un cumprido estudo da personalidade literaria e científica do novo académico, de xeito maxistral. Tanto Cabanillas como Risco recibiron ao emprincipiar e ao rematar moitos aplausos e parabéns.
Despois, o Sr. Rodríguez González impuxo a medalla ao novo Académico.
Rematado o brillante acto, foron xantar os membros da douta Corporación e algúns amigos no Restaurant Alfonso, como ousequio aos Académicos forasteiros.
Pro outro día foron tamén agasallados Risco e Cabanillas cun almorzo pol-os seus amigos da Irmandade da Fala, de A Nosa Terra e da Editorial NÓS.
OUTRAS NOTAS DE GALIZA
No número derradeiro demos notiza da Semán Galega que preparan pra celebrar no Porto na próxima primavera valiosos elementos d'aqueía Universidade e mais o Seminario d'Estudos Galegos.
Tamén se prepara unha Semán Portuguesa en Galiza, en cuia organización intrésanse moitos ben coñecidos intelectuais lisboetas, como Antonio Ferro, Alfredo Pedro Guisado, João Antunes, e outros, e a prol da que pon todo o seu valimento o Diario de Notícias de Lisboa. Un pasiño mais d'achegamento fraternal, que NÓS acolle con fonda ledicia.
Temos que salientar a actividade da sociedade compostelán Amigos del Arte qu'agora trata d'organizar en Sant-Iago unha exposición permanente. A cultura non somentes se afianza mais cada día, senón que vai saindo cada día mais da fase esfareitada d'isolados esforzos individuais, e collendo organización, coherenza, estrutura, que tanta falla lle facia. Mais ainda fica camiño por andar.
REVISTAS
TAULA, Valencia.
SUMARIO: La Cátedra de Lluis Vives.—Incorporación i expansión, A. Perucho.—Col-lecció «L'Estel», «Blasco Ibañez i Valencia», «L'espill a trossos».—Del valencia.—L'endecasílabo, Josep M. Bayani.—A Valencia en festa, Joan Maragall.—La novia, Abulha San Ali B. Saad El Jair.—Notes.—Bibliografía.
Imprenta NÓS, Real 36-1.º, A CRUÑA