Cargando...
Guimerá, Ángel
1845 - 1924Foi un escritor, poeta e dramaturgo español, un dos máximos expoñentes da Renaixença ou «rexurdimento» das letras catalás a finais do século XIX. Na súa extensa obra uniu unha aparencia romántica cos elementos principais do realismo.
Guimerá era fillo de pai catalán, Agustín Guimerá Fonts, e de nai canaria, Margarita Jorge Castellano. Naceu en Santa Cruz de Tenerife ainda que en decembro de 1853 trasladouse a vivir a Cataluña.
Aínda que Guimerá iniciou a súa carreira literaria na poesía, foi o seu talento como dramaturgo o que lle granxearía fama internacional.
Debido ao éxito dos seus dramas, foi un dos autores máis levados ao cinema a principios do século XX.
Guimerá foi proposto para o Premio Nobel de Literatura repetidamente: por primeira vez en xaneiro de 1906, por individuos da Academia de Boas Letras de Barcelona e a instancia da Academia Sueca, e esa proposta sería renovada todos os anos, sen éxito, ata a morte do autor.
Wikipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | Santa Cruz de Tenerife - España |
| Lugar de falecemento | Barcelona - España |
| Actividade | Literatura |
| Ocupación | Poetas , Escritores , Dramaturgos españois , Políticos |
Presenza na revista
http://gnoss/3354B2F8-F366-47F4-ABBE-AD94D1907F7F