López Bello, Amadeo

1904 - 1936

Amadeo López Bello, nado en Carballeda de Avia o 13 de decembro de 1903 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Mestre en Beiro (Carballeda de Avia). Participación en mitins no rural acompañando a Felisindo Álvarez Xesteira en diferentes intervencións en parroquias do Carballiño. Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e foi redactor de Escuela de Trabajo. Tamén colaborou na revista Nós onde publicou dúas lendas recollidas por el. En 1933 asistiu a un Congreso internacional contra a guerra e pola paz en Santander.
O 4 de abril de 1934 casa con Concepción Vieitez Figueiredo. Foi detido en Ourense con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 acusado de presidir un comité comunista. Foi paseado con Julio González Alvárez e Silvio Torres Díaz en Poza das Ras, na parroquia de Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936.
A súa biografía serviu de inspiración para o personaxe "Pinguiña" do libro A taberna do Galo de Celso Emilio Ferreiro.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de López Bello, Amadeo

Detalles


Lugar de nacemento Carballeda de Avia, Ourense - España
Lugar de falecemento Ourille, Verea, Ourense - España
Actividade Política , Ensino
Ocupación Profesores , Políticos

Presenza na revista


http://gnoss/3354B2F8-F366-47F4-ABBE-AD94D1907F7F

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

López Bello, Amadeo

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 63 - 15 marzo 1929