Bouza Brey, Luís

1905 - 1980

Foi un avogado, escritor e político galego.
Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integróuse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía, foi absolto, pero cunha proposta de sanción económica. Houbo de repetirse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites". Estivo preso na Illa de San Simón. Exerceu a avogacía en Vilagarcía. Colaborou en La Noche. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Bouza Brey, Luís

Detalles


Lugar de nacemento Vilagarcía de Arousa, Pontevedra - España
Lugar de falecemento Vilagarcía de Arousa, Pontevedra - España
Actividade Dereito , Política , Xornalismo , Literatura
Filiación Partido Galeguista (1931-1950) , El Pueblo Gallego , Real Academia Galega
Ocupación Avogados , Escritores , Políticos , Xornalistas

Presenza na revista


http://gnoss/3354B2F8-F366-47F4-ABBE-AD94D1907F7F

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Bouza Brey, Luís

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 63 - 15 marzo 1929