Martínez López, Ramón

1907 - 1989

Foi un filólogo e político galego. Como estudante, participou na creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en El Compostelano con artigos en galego e unha serie titulada Lambizos asinada co pseudónimo Xan do Cotón. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 e en Filosofía e Letras pola mesma universidade en 1929, comezou a traballar como profesor de secundaria de latín e lingua e literatura española en Eivisa, Vigo e Lugo. En 1931 estivo entre os fundadores do Partido Galeguista. Gañou en 1933 unha praza de profesor no Instituto español de Lisboa e, posteriormente, conseguiu a praza de profesor de literatura comparada na Universidade de Lisboa. En 1934 recibiu unha bolsa de investigación do goberno francés, e mudouse a París e en 1935 encargouse da organización do Salón do Libro Español. En 1936 doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e accedeu aos postos de agregado cultural nas embaixadas españolas de Portugal e Francia durante a Guerra Civil española, como parte leal ao goberno democrático da Segunda República. Tamén estivo dando clase durante tres meses na Universidade de Alxer e logo loitou na fronte, pero coa derrota republicana marchou ao exilio en Francia, onde estivo nun campo de refuxiados, e logo a Arxentina. Comezou a investigar no instituto filolóxico de Buenos Aires, baixo a dirección de Amado Alonso e en 1940 accede ao departamento de Linguas Románicas da Universidade de Austin, en Texas, onde realizará o seu labor de pescuda e docencia ata a súa xubilación en 1971. En 1950 consegue a cidadanía estadounidense e en 1959 a praza de profesor. Os seus temas de investigación principais foron a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das Cantigas de Santa María, de Afonso X e da General Estoria, do mesmo autor. Traballou tamén outros campos da poesía medieval e contemporánea española (Antonio Machado) e da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoais, entre outros), e publicou distintos estudos e artigos sobre literatura galega, tanto en galego como en inglés. En 1971 regresou a Galicia despois da xubilación, e contribuíu na reorganización do galeguismo. Coa chegada da democracia recuperou as súas acreditacións como profesor de secundaria e foi reposto. Foi elixido académico da Real Academia Galega en 1976 e recibiu a Medalla Castelao en 1984, na data da súa instauración. Galipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Martínez López, Ramón

Detalles


Lugar de nacimiento Boiro, A Coruña - España
Lugar de fallecimiento Pontevedra - España
Actividad Literatura medieval , Literatura española , Literatura galega
Filiación Seminario de Estudos Galegos , Real Academia Galega , Universidade de Lisboa , Partido Galeguista (1931-1950)
Ocupación Profesores universitarios , Políticos

Presencia en la revista


http://gnoss/495CC302-A30B-47EB-9E9D-3FD5A8199156

http://gnoss/BD6ED2FF-BB2B-4C4C-9A77-E00F39B9B22E

http://gnoss/A7CEDE1A-0EA9-4963-906A-CF89E7A8E38E

http://gnoss/3354B2F8-F366-47F4-ABBE-AD94D1907F7F

http://gnoss/C650B579-6340-4522-B123-D64732238E61

http://gnoss/31C81449-FA59-4DAE-AD5A-5686963A6E17

http://gnoss/C909DD41-8F46-486D-9876-E9332C66AB65

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Martínez López, Ramón

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VI Número 21 - 15 setembro 1925
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VI Número 24 - 15 decembro 1925
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 28 - 15 abril 1926
Nota bibliográfica : presentada ao ''Seminario de Estudos Galegos'' na xuntanza  do 6 de febreiro

Nota bibliográfica : presentada ao ''Seminario de Estudos Galegos'' na xuntanza do 6 de febreiro

por Martínez López, Ramón

Ano VIII Número 28 (1926); p 6-7

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 33 - 15 setembro 1926
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VII Número 36 - 15 decembro 1926
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano IX Num. 45 (15/09/1927)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 63 - 15 marzo 1929