Cargando...
González Salgado, Eleuterio
1899 - 1977Eleuterio González Salgado, coñecido como Leuter, nado en Ourense o 18 de abril de 1899 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1977, foi un mestre e destacado político galeguista. Foi alumno destacado de Vicente Risco na Escola Normal e, pronto, o seu amigo e colaborador.
Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nazonalista Republicán de Ourense e estivo na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista como secretario. A súa militancia levouno a ocupar os cargos de concelleiro no concello de Ourense (1931) e deputado provincial, onde formou parte da Comisión Xestora desta institución. Como deputado provincial foi membro activo do Comité proferrocarril Zamora-A Coruña, cofundador da Caixa de Aforros de Ourense (1933) e presidente da Cruz Vermella (1935-36). Foi membro da redacción da revista Nós, e colaborador en A Nosa Terra, La Zarpa e Heraldo de Galicia, entre outras publicacións, así coma na emisión galega na BBC.
Foi mestre nos colexios de Quereño (Rubiá) León XIII e Concepción Arenal (estes dous na capital ourensá) entre outros. Polo seu labor educativo e divulgador do idioma e cultura de Francia, o ministerio de educación nacional dese país concedeulle o 14 de xullo de 1936 o Diploma de Oficial da Academia de Francia e a correspondente condecoración.
Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 viuse obrigado a abandonar a política. En 1938 foi obrigado a marchar a Vilamarín, onde impartiu clases até 1945, cunha breve paréntese en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Nese ano abandonou o ensino para traballar na empresa de transportes por ferrocarril TRANSFESA.
Tempo despois reincorporouse ao ensino, e xubilouse a mediados da década de 1960.
Participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), mais morreu a véspera da legalización deste partido.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacimiento | Ourense - España |
| Lugar de fallecimiento | Ourense - España |
| Actividad | Castros , Ensino , Política |
| Filiación | Ourense Concello , Seminario de Estudos Galegos , Irmandades da Fala , Editorial Galaxia , Colegio Casa-Pensión León XIII (Ourense) , Partido Galeguista (1931-1950) , Caixa de Aforros Provincial de Ourense |
| Ocupación | Políticos , Profesores |
Presencia en la revista
http://gnoss/9158E194-7BF1-4FE9-B41B-1A5C54991B65
http://gnoss/BAE8991E-122A-4D2E-85D7-B0A3ADAAFA56
http://gnoss/AF1E8FB6-5CB2-431C-80E3-E0D9660EFF4E
http://gnoss/A84D9773-0034-4049-9891-6DB07DAADD9D
http://gnoss/A7CEDE1A-0EA9-4963-906A-CF89E7A8E38E
Artículos
Os homes, os feitos, as verbas
por Núñez Búa, Xosé, González Salgado, Eleuterio
Ano VI Número 24 (1925); p 17-20
Catálogo dos Castros Galegos
por López Cuevillas, Florentino, Risco, Vicente, Noguerol Buján, Arturo, González Salgado, Eleuterio, Suárez, Arturo
Ano IX Num. 46 (1927); p 18-24
Catálogo dos Castros Galegos
por López Cuevillas, Florentino, Risco, Vicente, Otero Pedrayo, Ramón, González Salgado, Eleuterio, Amoeiro, A.
Ano X Número 50 (1928); p 29-36
Catálogo dos Castros Galegos
por López Cuevillas, Florentino, Casas, Álvaro de las, González Salgado, Eleuterio
Ano X Número 54 (1928); p 114-117
Catálogo dos castros galegos : A Terra do Carballiño
por López Cuevillas, Florentino, Risco, Vicente, Ramón e Fernández Oxea, Xosé, Pericot, Luis, González García-Paz, Sebastián, González Salgado, Eleuterio, Amoeiro, A., Castro, Bernardo, Losada Filgueira, Joaquín
Ano XI Número 68 (1929); p 133-137