https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157144&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714417.xml
NÓS
pícaro a rirse das mesmas cousas que nos poñamos enriba pra trazarnos camiños, pra enfiarnos en doutriñas, porque a nosa doutriña é todo e o noso camiño a rosa dos ventos nun espazo relativista sin infindo no que todo volve a si mesmo. Si ollades atrás veredes que imos acadando as cousas que nos veñen de fora, pro de tal xeito que as faguemos nosas, i-é que temos todo en nós, é que nós somos o todo, e todo nos avae, e todo pode ser noso. E rídevos si queredes do alcume do panteísmo que anda a argallar dende sempre ao derredor da nosa testa como unha ameaza de defiñición, pro av faguelo, non esquenzades que o que de verdade se sabe rir, empeza por faguelo de si mesmo; e nós, non saberemos moitas cousas, pro rir, rir detrás dos ollos como se ri cando se morde ca risa, eso sabémolo faguer, e ben. I é así, encerrade o vapor nunha caldeira e será forza, pro non lle abrades a espita e todo brincará esnaquizado porque él naceu pra ser nube i-é alí nas mans invisibres do vento, onde il é prenamente nube, pompa, fantasía, beleza de soño. Nós somos tamén fume, soño, curva, voluta e arquivolta, o sí e o non, movimento constante na aparente quietude, movimento centrífugo que sale de si mesmo disparado en todal as direicións e volve ó mesmo centro; río e montaña, ceu e terra, carballo e castiñeiro, si e non. Moitas cousas se teñen pousado enriba de nós, con propósito de moldear a nosa vida, e todas ficaron ao fin moldeadas, por eso nós seguimos sendo nós.
Eu penso que todo o noso onte, esa data longa de séculos íntegros e diversos, está fondamente informada e feita pobo, senso vivo da paisaxe, que é á vez razón e forma de todo obrar humán. Porque eu non vos estou a falar da paisaxe, c'un senso puramente contemplativo. Eu sei que hai moitas xentes que non ollaron nunca un corruncho encantado, que non serían capaces de deixar que o tempo correra sobre d’eles, namentras daban as suas costas á terra quente, co isa aparente quietude pasiva, que é en verdade fonda laboura do esprito; xentes que din coma Sócrates que non van ao campo porque ningunha cousa lles pode enseñar a natureza, e que despois e tamén cecáis como él,
non saben máis que o que a mesma nature za lles enseña, que o que as cousas nos están a marmurar nas orellas, nos ollos e na i alma, nos intres enfiados de nosa vida toda. Para min a paisaxe é marco i-espello, é forma e ser, é o eu e o todo, o deus e o home, a cousa e a esenza. Pro cando eu falo do re torno á paisaxe, cando quero que todos nos volvamos a él, impórtame pouco que os ollos seipan ver, con tal de que os espritos vibren con ese ritmo íntegro e puro de totalidade, que sal de aí, do cerne das cousas. As verbas son sempre un pouco ríxidas e non dan en si mesmas os sensos máis sutís das ideas, hai que ollar dentro d'elas, como hai que ollar detrás das cousas pra poder comprender ben. Non debedes de esquencer que eu odio furiosamente, si é que eu poido odiar, que o dubido, a eses perfectos fillos de pobo que se chaman amantes do campo e que utilizan o repouso enfeitizado das seráns do vran, para comer máis porcamente que de cote, ou pra uns fins inda menos xustificados, en nome de unha ademiración da natureza que endexamáis serán capaces de sentir; a ese como a todol-os fariseismos do arte, da relixión, da cencia, da educación, habería que apurrarlle unha manada de cáns doentes. O meu amor á paisaxe, ese retorno á terra, á natureza, ó esprito fino da natureza, que eu pregoo, e sinto, e busco, é mais ben un símbolo, un senso total de comprender a vida, de sentila, de faguela, é unha
“maneira fina e sutil de valorar as cousas pol-o que en realidade son, pol o que teñen dentro de si mesmas, non pol o que representan e supoñen con relación a nós, ou ás outras cousas. É un ir amando igualmente a todalas cousas miudas e grosas, é irse amando a un mesmo tan soio como a unha cousa máis, entre todal-as cousas, como a un anaco que é da obra magna de Deus in‘findo que é o todo, e que non troca o seu senso xa seña a natureza en si, e por si, xa seña a obra dunha idea, ou dunha vontade inconoscibre. Si as cousas máis sinxelas que interfiren a nosa vida, vin poñendo nela a sua impronta, non haberá que devir que si a sua vida se asenta nun coucepto á vez tan sinxelo, e simpre, incomprensibre como este do que vos estou a falur, terá un senso e un-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571449.xml
NOS
as couselas, cos zócalos i-estípites ben pintados e dourados, pras novas imaxes de San Elesbáan e Santa Ifixenia, que se cadra viñeron de Sant-lago, e custaron cento sesenta reás a do santo e cento vinte a da santa, con máis vintecatro do carrexo.
Asemade fundironse no Couto de Oínes unha campá e unha campaíña, ou esquilón pra servizo da irmandade, que custaron mil e cincoenta reás. O esquilón, qu'estaba detrás da porta da capela, tocábase aínda cando eu era neno, pra chamal-a xente á misa, despois do derradeiro toque da torre, o que se puña o crego no altare nos días santos.
A cruz procesoeira, de sasenta onzas de prata, coa imaxe do Carme no reverso, mercárona os cofrades na data do 1790 por dous mil cento quince reás.
O que chegou o ano 1798, achábase roinosa a capela do Carme, e destonces tivo de edificar outra dende os cimentos a irmandade, que encarregou da obra ao mestre carpinteiro Bartolomeu Vieites. Findadal as obras, houbo que refacel-a imaxe das procesións, pagando cento coarenta reás pol-o arranxo, no 1830; e o dunoutro ano cobrou o pintor Pedro Alonso outros cinco centos por retocal-o retabro.
No decorrer do ano 1834 chegou a vila un fato de soldados, que viñan pra escorrentar as gavelas de fauciosos que, co gallo de loitare por D. Carlos, traían abraiada a xente da bisbarra coas suas xeiras a cotío abondosas en desmandos e asoballamentos; e por non teren bo acomodo nas casas da veciñanza, acobexáronse os máis deles na eirexa, entramentras non findaba a obra da casa grande da Pastoriza, onde tiveron após doado aloxamento. Perante iste acaecimento que somellaba unha profanazón do Templo de Deus, a irmandade do Carme, quezáis alporizada, ordeou de trasladar o seu retabro pra dapexada capela da Madanela, encarregando da mudanza ao carpinteiro Xoán Sexto. Parés que aínda remaescía alí o retabro na data do 1841, pois tiveron entón os cofrades o seu adoitado cabido anal na devandita capela.
IRMANDADES DOUTRORÁ
Na eirexa de Arzúa, que garda fondas lembranzas pra quen estas liñas escribe, pois nela abreu os ollos da i-alma á lus da divina graza, e no seu altare maor votou a sua primeira misa nunha festa do Rosario qu'endexamais esquencerá, houbo en tempos seis irmandades pra sosteren o culto divino e mail-a piedade cristiá.
A do Santísimo Sacramento, que foi establecida no altare maor, sendo cura D. Estebo Goiraldez de Caamaño na data do 1687, e inda tiña folgos na do 1742, sen que saibamos de certo cando finou.
A das Ánimas, instituída no altare coladeiral de San Pedro, sendo cura o mesmo don Estebo na data do 1692, que aínda perduraba pol-os anos de 1830, pero tivo de morrere moi axiña.
A do Rosario, que na data do 1752 achábase esmorecida, e rexurdeu con nova vida na do 1888, istalándose no altare da Virxe das Dóres, que fora da cofradeiría das Animas, e ten arastora vida ben xurdia.
A do Carme que inda perdura e valse ven, tivo comenzo na data do 1748 con licencia do xeral da Orde carmelitá frei Diego de San Rafael, sendo cura D. Xosé Ponte Lousada, e con altare de seu onde tamén se veneraban as imaxes de San Antón Abade e San Antoño de Padua, que daquela ficaban sen pintare.
A do Crero, en xuntanza coa do Carme, foi instituída na mesma data do 1748, pra obrigas e sufraxios mútuos dos cregos, e depereceu xa ben chegada pra finare a primeira metade do século XIX.
A Terceira Orde do Carme, fundada na data do 1752 pol-o cura Ponte Lousada coa licencia do provincial dos Carmelitas frei Xoán Bautista Gallego, e afincada cáseque escrusivamente na irmandade do Crero.
Coidamos que ha sere dabondo intresante un traballiño máis amplo encol destas irmandades, e facemos mentes de o tecere coa axuda de Deus, ó que teñamos máis vagar.
MOIMENTOS: MOSTEIRO E CAPELA DA MADANELA
Descontra da capela maor da eirexa parroquial, non máis duns vinte pasos, arrentes do camiño vello francés de perelinaxe a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571442.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce númaros, na Peninsua 8'00 pesetas.
Fora da Peninsua 8'00 >
Númaro solto 0'70 >
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
VERBAS, por LOIS V. F. PIMENTEL.
NOTAS EN COL DA VILA DE ARZÚA, por Fr. AURELIANO PARDO VILLAR.
EU I-O MEU CORAZÓN, por ANXEL FOLE.
RETORNO A PAISAXE, por LUIS MANTEIGA.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2.º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571446.xml
4
dade. Non rexurde, endemal, por ningures o guieiro axeitado da loita, que avencellando a todol-os homes esgrevios da vila nun cin guido feixe, poida soerguela i-espertala do sono en que xaz esmorecida, esporeando a milloranza dos cultivos da terra i-a escolma das castas do gado e das árbores froitales, facendo sementeiras e prantios de arboredo nos anacos de monte baldío, e arrequentando o desenrolo téinico das industrias queixeiras e manteigueira, que poideran moi ben enchere de cartos as uchas labregas da bisbarra arzuá se os donos delas teimaran de se axeitar aos novos procedementos de fabricazón, según o veñen facendo os labregos doutras terras de alén con tan benditoso éisito, que abofellas é pra meter a xente en cobiza e bezala a poñer aixiña as mans no choio.
ARTISTAS DE SONA
Emporiso, inda que se non atopen na vila industrias nen obradoiros que ofrezan intrés, non imos a supór que seña por falla de homes agudos e ben asisados pra calquer estudo ou pra calquera empresa; nin que se non den nela artistas isolados moi xeitosos. Lémbrome ben do señor Andrés Vásques, mais coñecido pol-o alcume de Carragoto que lle viña do nome da aldea da sua nacencia na freiguesía de Cardeiro, un carpinteiriño miudo do corpo dos meus tempos mozos, que posto a tornear facía milagres no buxo. Ora facía pezas pra os crarinetes, ora gaitas galegas tan feituquiñas que daba xenio velas e inda máis ouvirllas tocar, pois repini caba no punteiro que semellaba un feitizo. A sona do gaiteiro arzuao, despois de conquerir a nosa terra, avantou monte adentro das Asturias, onde se crían osos moi feros e unha casta de homes a galleiros e fachen dosos tal que non hai outro no mundo. O que cheguei a esa terra brava e tristeira (xa val desto moito tempo) contoume un meu compañeiro asturián da Pola de Somieu, que nas romaxes de aquela toleirona mocidade soaban docemente as gaitas feitas na vila de Arzúa. Eran as gaitas grilleiras saídas das mans enfeitizadas do señor Andrés de Carragoto, que tamén fixo moitas pras Améri-
NÓS
cas. E, que trompos de buxo tan repinicados torneaban ele e o seu fillo Xesús pra os rapaces, cando viña o tempo de xogarmos ás quilladas! O Xesús, que herdou o arte e mail a sona do pai, inda que a sua especialidade e construír carrozas de automóveis, fai tamén gaitas moi feitiñas pra Galicia, Asturias e América, e ten carrego de fornecere delas ón meirande armacén de instrumentos musicais da Cruña. Nunha longa conversa que tiven co-ele no seu obradoiro, amostroume dúas que tiña feitas (a prezo de oito pesos, cumpridas de todal-as pezas de madeira de buxo) e dixome que fai tres crás de gaitas, en si bemol pra tocaren senlleiras, en dó pra armonizaren con frautas e crarinetes, e grilleiras que son máis pequeneiras i-escrusivas cuasemente do país asturián.
Outro carpinteiro había daquela na vila, que tiña man de santo pra labrare os retabros: era o señor Fernán da Barreira, a quen meu pai por vegadas deprendíalle leicións de dibuxo o que andaba a traballar nunha obra da nosa casa, por mor de que il poidera millor se aproveitar da sua abelencia. Vinlle facer dous retabros grego-románs moi feitiños pra Eirexa de Maroxo, A imitanza do da capela do Pazo dos meus tíos de Vilar de Ferreiros, onde lle fixen compaña namentras él andaba as voltas coas medidas e trazaba nun papeliño a pranta do retabro; e despois labrou outros dous da mesma feitura pra eirexa de Pantiñobre.
Do mesmo xeito, fago arastora lembranza do reloxeiro D. Xosé Taboada Santos que pousaba na aldea de Pregontoño, preto da vila de Arzúa, i escomenzou facendo pola sua man o torno e máis ferramentas do oficio, e do de armeiro que tamén lle levaba idea. Taboada de Pregontoño (home abastado qu'endexamáis deixou de vestir o traxe típico do país) traballaba con moito arte, e pódese ollar ainda no obradoiro que ten na vila o seu fillo D. Xosé María, un relós grande de pesas e campaíña con todal-as pezas feitas por ele, e unha esfera moi orixinal de nogucira a xeito da celeste, con baixo-releves do sol, a lua e as estrelas. Traballou, endemais, na construción do relós púbrico do axuntamento de Arzúa. O seu devandito
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714410.xml
Compostela, óllase o senlleiro moimento histórico-artístico que garda esta vila dentro do seu recinto: é a Capela da Madanela, eirexa que foi do antigo mosteiro dos frades agostiños, e moimento cuáseque arroinado do arte románico-oxival, hoxe adicado a outros mesteres ben alleos aos do culto divino, despois de habere servido no século derradeiro pra cárcere, matadoiro, alfolín, corte das mulas dos arrieiros, palleira, leñeira, e que sei eu cantas cousas máis...
A data da fundazón deste mosteiro vén do século XIV, no intre de 1344 a 1351, que foi cando o arcebispo compostelán Don Pedro otorgou a sua licencia aos frades agostiños de Santa Madanela de Sarria pra poderen edificar outro mosteiro da mesma advocación na vila de Arzúa, ca obriga de acorrer e dare albergamento aos pelengrís que ían a Sant Iago. Cativo tiña de sere o edifizo conventual se no grandor emparellaba coa sua eirexa, á que millor lle aquece o nome de capela que levou arreo desque eu acordo.
A comunidade dos frades agostiños de Arzúa ademiteu a reforma, deixando de sere craustral pra se chamare de ouservancia, no pontificado do papa Pío V (1566 1572).
O que mediou o primeiro tercio do século XVII, sendo prior frei Francisco Villagutiérrez, colleron cara a Compostela os devanditos frades arzuaos, senón todos os máis deles, desleixando o seu convento pra istaláronse no vello mosteiro de San Pedro de Afora, abandonado pol-os monxes bieitos que noutrora tiveran n'él acougo, en tempos da reforma de fins do século XV e começos do XVI, e despois nunha casa fronteira da ermida de Nosa Señora da Cerca, cando tencionaba de lles doar esta ermida o vigairo xeral da Diócesi frei Fernán de Vera, frade da mesma Orde agostiñá e bispo de Buxía, o cual fixolles doazón dela na data do 13 de Agosto de 1617. Ali, preto da Ermida edificaron un convento de nova pratita nos solares que lles deran o Concello e mail o Cabildo composteláns. Do mosteiro de Arzúa, que inda tiña por vigairo e prior na data do 15 de febreiro de 1692 o P. Matias da Ribeira, (un dos fundadores da cofradeiría das Animas da mesma vila) e no decorrer do tempo ficou esborrallado, xa se non atopa
NOS ergueita nen soia unha pedra para testemuñar da sua existencia, decindo: aquí foi.
Descasi, a capela remaesceu desde entón aberta ao culto, baixo da xurisdizón do mosteiro compostelán da Cerca, probablemente ata que fono desbotados todol-os frades dos conventos da Hespaña no malfado ano de 1835, pois no 1828 vémola inda mentada coa de San Salvador antre as capelas da parroquia de Arzúa, e coadunada ao devandito Mosteiro. E, pol-o quiñonciño que lle tocar pode nos eidos do arte, non ten máis de notabre por de fora que unha velida portada románica, i-uuha fiestra da mesma orde arquiteitónica na capela maor, con mais a sinxela cruz de pedra sobre do Aguus Dei no remate da cativa espadana, cun brazo esnaquizado. Por dentro tense de ademirar nela o seu arco trunfal con molduras, de outa e moi lanzal oxiva, e as basas ou arrincamentos da bouta desi gótica i-estrelada, do qu-é mal xa derrubada, que inda amostran a sua garrideza nos augos devanceiros da capela, tras do arco, e son as pezas senlleiras que poden servir de guiamento pra xulgare da importancia da obra, que sen dúbida tivo de ser feita no século XVI. O altare mor era todo de pedra ben labrada, do mesmo xeito que as imaxes, e liase nél unha data do ano 1572, según nos dixo o devandito D. Xose M.ª Taboada, a quen temos de agradecer algunhas das novas debulladas neste artigo.
A beira da fiestra denantes nomeada sobresai unha laxa de pedra co ista lénda, que que vén a descubrir os nomes dos que fixeron a capela mór: «ESTA CAPILLA FIZO/ FRAI VERTOLAME DE TAIDE/ I FRAI PEDRO DA SOMUZAS/ I FRAI VERTOLAME LEMA/ DOX CARTAS DE PAN DE REN/ TA PARA SIEMPRE JAMAS/ PARA QUEL PRIOR I FLAIRES; QVE DELLA FUEREN LE DIJAN II MISAS». (1)
SARTEGOS E PIAS FUN DACIÓS DA CAPELA:-
Nas paredes da nave, lindeiros do arco trunfal, ábrense outos dous arcos lisos e re-
(1) Neste traslado e nos seguintes están desfeltas as abreviaturas e as xuntanzas das letras que se achan na escritura orixinal.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714424.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714419.xml
NOS
de embebedamento, é o arelar de pícaro que quer ser home, e mal guieiro pra os ollos novos. Houbo un tempo en min, en que todol-os paraísos estaban definidos nos artigos dun programa e todol os logros supeditados a un esforzo de vontade, a un querer botal-a man; todo era sinxelo e fácil, o mundo estaba nas mans irresponsables. Hoxe digovos que pouco pode sair de nós, e orballo miudo será a colleita que fagamos si o noso hourizonte non ten escondido un novo mundo, si o programa non é mais que un rosario máis ou menus longo de realidides políticas si pra berrar a nosa verdade non faguemos máis que erguernos no noso fisterra, pretendendo chantar nos limieiros unha muralla de separacións que encerre somentes o que se pode chamar unha caste, e non unha especie. Eu entendo que o noso xurdir si ben non pode volverse de costas aos feitos políticos e sobre todo sociais que moven a roda do mundo, posto que somos homes, e vivimos no día, e hai arelas inmediatas que non hai razón, nin porqué, para que señan desbotadas, eu coido que a pesar d'eso, o noso xurdir si ha de ser algo fondo, vivo e trascendente, ha de pensar sobre todo, no que é esenza primordial do home, nas suas arelas sutís, ideaes, no que hai no home de superhome, ou sio preferides, de deus; no que sobarda a vida sinxela dos corpos, i-éen fin de contas razón e ser de todal as cousas que realmente son. Eu coido que a nosa renacenza debe ser fondamente un movimento cultural, no senso máis ríxido e outo desta verba que se presta, mais que outras, a interpretacións tortas e falsas, pro que todus sabemos como a temos que tomar, cando queremos ser honrados con nosco e cos máis.
Hai un xeito artístico que pol-a sua mañitude, non deixa pervivira individualidade do creador, é a arquitectura. Todos conoce mos A vez a Cervantes e 0 Quixote, a Goethe e o Fausto, o cadro e o pintor, pro ninguén sabe máis que du catedral e da pirámide, e do castelo, e da capela. Pois ben, dun xeito así ha ser a nosa laboura, temos que traballar un pouco limpos de xustificado egoísmo, pensando só en quea obra xurda e quede ahí, chantada no mundo, xa para sempre, ese sempre relativo, que non saberemos
17 nunca a onde pode chegar. Eu víñenvos decindo n'este falar sin senso, sin ritmo, máis do que é da conta, pra que seña tolerable, como o retorno 4 natureza me parece o reencontro co noso verdadeiro ser. E quérovos decir agora, que limpando ben os ollos de to lol-os espellismos que poideran manchar a crara visión que fai falla soster para non andar a dartumbos no ar, vixilando este xuicio que por ser intresado poidera facilmente ser falso, penso que entre nós, con tres homes con guións precisos, i-esvaidamente, cuasi que sin concencia, como é preciso que seña cando as cousas están a naceren todos nós, está xa perfilado este novo senso da vida á vez pagan e místeco, que vai a ser, sinon se creba en xuventude, o noso porvir. E non é unha cousa isolada e caprichosa que nasce asi como así na libre concencia dún home, sinon que ven dende o primeiro alvor d'esta renacenza, e no fondo ainda, ven da outa realidade dos séculos pasados, en que nós éramos totalmente nós, dándonos así, a cuasi seguranza de que non andamos descamiñados. É ben sabido que a nosa renacenza ven de aqueles tempos de valvorto en que o romantismo andaba a berrar no mundo a súa verdade enfaramallada e nidia; i é mais, que é o romantismo o que sabe sempre tornar os ollos 4 natureza para atopar a sua verdade e lavar nela os ollos cansos de fórmulas e marcos. Puis ben, eiquí non imos faguer nin valoración, nin -xuicio do que se leva feito, inda que non sería laboura valdeira a pesar das cousas que xa se teñen dito, e dus que se andan a decir, pro a grandes olladas podedes ver xurdir a paisaxe, como símbolo e ser, nas verbas rexas dos precursores, nas verbas cálidas dos romántecos, nas verbas máis seréas e firmes
re verdadeiras dos homes de onte, que son inda de huxe e serán de sempre, pois que son eles os que primeiramente asentan cousas definitivas. para chegar a esa nidia cristaización dus homes de hoxe que xa non son porque morreron denantes de que chegase a hora, pro que deixaron un ronsel estrelecido polo que poideron camiñar estes homes de hoxe que por ser tan mozos son sin dúbidas os homes de mañán por sie pol-a sua obra. Os homes aderredor dos que, si todo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714412.xml
NOS
EU I-O MEU CORAZÓN
ELEXÍA, AO XEITO ROMÁNTEGO
Por ANXEL FOLE.
Dixome o meu corazón:
—¿Por qué téimas espertar a miña adormentada door? ¿Por qué queres furgar na antiga ferida?
Pro eu non ouvía ao meu corazón... Ardía espréndida e serca a noite de maio. E unha tola ilusión nascéume na testa. Sempre o corazón e a testa non fixeron máis que rifar ao longo da miña vida. Entón, quixen revivir o pasado nos seus intres máis recendentes, na sua máis árdiga plenitude. Qu'o río do tempo recuase ás suas fontes. Que no outono da miña vida frolecese a primaveira, que un vello amor agromase na i-alma.
Foi asím:
Sentín a saudade dunha época ledoenta da miña vida, como unha punxente lediza no fondal da i-alma. Endexamáis atinei a eispresar isas circias emocións —tres ou catro no decorrer dunha vida— en que a máis aceda door se mestura á máis fonda lediza! Toda unha época da nosa vida se debroca, súpetamente, na memoria. ¿Sabedes bén o qué iso é? Paresce como si somentes vivísemos pra aquil intre de entranabel emoción. ¡Aquil anaco da nosa vida ennobrécese na lembranza, semellando máis feiticeiro qu'a mesma lediza relembrada! O remañente da vida fica arredado, como cousa tristenta, valdeira, murcha; sen quentura, sen luz, nin senso.
Poucas noites ademirei tan belidas como aquila. Todal-as cousas semellaban esmoerse no seu mesmo feitizo. Ardía o ceo ancho e prefundo, acugulado de estrelas albeigantes, verdecentes e bermellas. Ísias latexaban como miudos corazóns; aquilas, de unha albura mesta e fulxente, tremelaban árdigamente, como serafíns ó redor do trono de Deus. Había roxas foguciradas nas encostas dos montes. Dos bosques, callados de pechas somas. Cinxía un vento levián, recendente, que alongaba o seu manselino rosmido pol-as searas. Iste doce asubío da valga trashumante do vento mesturábase ao canto chá do río que unxía a noite de relixiosa fervor. Cada senso era, tamén, un río de fermosuras que tivese a sua foz na miña i alma...
Axiña fitei, dende un outeiro, a aldeia nativa. Había festa. Os foguetes
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714421.xml
NOS
tornemos á paisaxe, mellor, xa que dela non temos saído, vivamos nela, dun xeito total e consciente. O guieiro está trazado. Si é que aínda somos nós, jadiante cara a nós mesmos, cara o infindo!
Por primeira vez e dunha forma nidea e total, a paisaxe é marco e ser da nosa vida, por primeira vez a paisaxe é forma de expresión de total-as cousas que son nervio e vida do noso’ser como corresponde a un pobo que como Galicia é denantes que todo, campo, paisaxe.
E nada máis.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
A ARTE POPULAR FLAMENGA E O MUSEO D'ANTUERPIA (AMBERES)
O movemento folklorista encomenzou nos países walon e flamengo, que constituen o Reino de Bélxica, pouco mais menos cando o noso. Emprencipiou co as revistas *Volkskunde*, fundada en 1888 por Pol de Mont, e *Ons Volksleven* (a nosa vida popular), de J. B. Vervliet e J. Cornelissen, en 1889.
Pubricáronse contos populares (Victor de Neyere), jogos de rapaces (Alphonse de Cock), estudos dialetais (J. Cornelissen), dereito consuetudinario (Edmond de Bruyn), etc.
O poeta simbolista Max Elskamp, coñecido por todas as antoloxías e revistas da fin de século, foi o fundador do *Conservatoire de la Tradition populaire*, e mais do Museu d'Antuerpia (Amberes) (1904) que criou co-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714415.xml
NÓS
cer que rexurdir. E sendo esto así, aquél outo pregoar do Waldo Franck pol-as longas terras de América, pódenos servir doadamente pra nós. Buscádevos, decía o home do norte, somos aínda pícaros a nacer, somos aínda todo espranza e anceio, e todal as cousas son sorpresa pra os nosos ollos inxenuos; buscádevos, somentes cando un se coñece ben, sabe o que quer; e somentes cando se sabe o que se ouer, se pode acadar o que se precisa. E ben, nós somos agora tamén pícaros a nacer, ou a acordar, pícaros con ducias de séculos enriba das costas, pro ¿qué mais ten?, xa dixemos que tanto val non saber como ter esquencido, e temos que buscarnos para saber ben o que somos, e poder saber o que queremos, o que nos é preciso, o que temos que acadar. O ter unha historia, inda que sexa perdida nas brétemas do tempo e do sono, non debe ser nunca un marco, e si un espello, un breviario de lembranzas, un guieiro pra este ollar introspectivo que teimamos faguer.
Dende o alviscar d'esta aurora de renacencia nosa, cecais se andivo un pouco fora dos camiños acertados. Pro esto que ha de ser razón pra modificalos, non pode ser reparo, xa que toda cousa que comenza non fai mais que siñalar os hourizontes co isa ollada cuasi que cega do vidente que se adianta ao que vai vir, e que naturalmente, ten que estar ateigado de erros e de espazos valdeiros. N-aquela noite orballada de emocións de diada do Sant-lago, ali na inquietude mística e claustral da praza da Quinta, entre a lubarada das verbas acesas do mitin das arengas Aquilino Iglesia Alvariño deixou ouvir a sua verdade de poeta. «Galicia foi, cando tiña nas máns camiños abertos que sulcaban o mundo, e levaban o cerne do seu ser, agora perdéronse os camiños e hai que buscalos de novo, si se quer andar: non é camiñando a cegas como se pode chegar ao noso ser e ao ser das cousas, non é andando as palpadas como se pode ir cara adiante, é tendo camiños firmes, brancos camiños nosos». Ahitendes como as voces máis outas se engaden nun mesmo anceio, a través de todal as difrenzas.
Pois ben, de ese valvorto, xustificadamente desmañado do comenzo, van xurdindo as agullas sutis das ideas xa precisas, e mais logo, os firmes cimentos das obras definitivas. Ollai ben, o tempo e o obrar, van destilando impiadosamente en todal-as labouras; cecais aquelo que nun intre emocionado semella montaña, non é dempois mais que frangulla, pro todo é preciso, é amontando areas, como se fan os desertos. Un pobo en pe é unha cultura a vivir, e unha cultura aséntase primeiramente nas manifestacións do arte, a mais viva voz da i-alma dos homes. E de todal-as artes, é sin dúbida a primeira, aínda que non seña a que mais perviva, a arte das verbas, a poesía, a literatura. Ollai ben o curto caudal das nosas obras, e veredes como esas liñas que no comenzo non se sabe ren a onde se dirixen, van confluindo lentamente hasta chegar a un vértice que é xa inicio franco e firme do camiño a seguir, e que ao meu ver está trazado xa nun paralelismo, co que se sigueu noutrora, cando nós eramos integramente nós. Desperdiguémonos un pouco para acercarnos ás cousas. Si me tendes concedido que o meu berro é xusto, que a Galicia é denantes que todo, campo, paisaxe, tamén me concederedes que nós, c’un senso tan desemellante, e que de tal xeito se desprende do que estamos a falar que non fai falla matinar n-él, podemos faguer noso aquel berro que se ouveu na Engadina, «Sede fillos da terra»; e concederedesme máis ainda, que berrando ou non, querendo ou non, decatándonos ou non, este berro está no cerne do noso ser, i-é él o que informa todo o que é verdadeiramente noso, o que nos chega a nós mesmos, o que nos mergula da i alma. E si esto é así, o que temos que faguer é levalo por diante como bandeira e guía, e definición.
Imos dar unha volta pol-a terra, meternos un chisco entre as cousas todas, pra supor o que solo se pode percibir na roda do tempo longo, porque non se entrega ningún corazón no pirmeiro intre, e sí no aquecimento da convivencia. Ollai como todo está feito, como a nosa i-alma non lle pode poñer máis cousas a eses cumpos atcigudos de ser. Ollai cumo todo é por si mesmo con plenitude de totalidade, comu todol-os anceios, e todol-os degaros, e tod il-as ledicias e todal-as esenzas que nós levamos no esprito, están a alen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571443.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XVII * Ourense Xaneiro de 1935 * Núm. 133
V E R B A S
Por Lois V. F. Pimentel
Paxaro, non é nada,
non, non ten azas
«O neno dixo:
—Ollei un paxaro.
E fuxironnos as máns
aos albres.
Unhha morea de cristal.
diante do muiño.
A soma mollada da soleira,
debaixo dos albres,
O espazo aceso de verde.
«O neno dixo:
—Enriba canta un merlo.
I-o ar trocouse en flauta.
Pomba: verba
sen prumax, fria.
«O neno dixo:
—Teño unha pomba:
E as máns puxéronse mornas, ocas
fixéronse niños.
Sobor da cibdade
pinga unha fina choiva.
«O neno dixo:
—Iste orballo.
E sobor do noso corazón
comenzou a chover docemente.
Xaneiro, 1935.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714423.xml
Dr. Amancio Caamaño
SANATORIO QUIRÚRXICO
Pontevedra
axiña aparecerá
Jer
semanario gallego de izquierdas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571445.xml
NÓS
Gárdase tamén na vila de Arzúa, máis nidia que noutros pobos galegos do mesmo ser, a tradición dos costumes, das cántigas, e dos bailes da nosa terra. Soan avau pol-os ars do pobo e da campía os alalás e as tonadas enxebremente galegas; e se non albisca nél o feito noxento de se agarrar as parellas pra beilaren a muiñeira, facendo ridículos además, como diría o noso poeta Labarta (1). Mesmo me dan vascas de noxo cando vexo ás mozas e mozos da miña vila de Moranza beilare aldraxar deste xeito o noso baile crásico. ¡Desleigados!...
CULTURA. TRABALLO. POLÍTICA. CIDADANÍA
Noutrora, cando eu andaba a estudar na escola púbrica de D. Xoan Varela Ponte, a quen Deus perdoe, pousaba na vila outro mestre filántropo que deprendía gratis et amore o latín e as humanidades a cantos rapaces querían adicárese ao estudo dunha carreira; era o boticario D. Andrés Nuñes Casal, home agudo e ben sabido qu'estudara dúas carreiras, e chamáballe máis o ensino que a mistura de xaropes pra compór as meiciñas; despois encarregouse desta cras d'ensino meu irmán maor Eduardo, estudante abofé espilido e de moita sabencia, que adeprendera unha carreira coas millores notas e unha beca a mérito, e andaba a findar outra de camiño que nos ensinaba a un fato d'estudantes as asinaturas de todol-os cursos do Istituto, da Normal, ou dos catro primeiros do Seminario, qu'ele tiña ben sabidas. Após, un creguiño moi bó que se chamaba D. Agostiño Pardo Fandiño, deprendía de valde aos estudantes do latín. Agora, do qu'é mal, non hai máis centros d'ensino que as catro escolas dos nenos; e se algús rapaces queren adeprendere o que lles compre pra seguiren dispois unha carreira, teñen dese arranxar cun dos escolantes, pra que lles esprique as leicións que millor acán a sua tención.
Por outra banda, se non ven alí sociedade de cultura, ou de adivertimento, nen industrias merescentes diste nome, nin grandes obradoiros con moita xente a traballar; e por ende, tampouco hai xuntanzas de obreiros pra perderen o tempo e mail-os cartos en folgas e revoltas que lles non trán ren de proveito, enas que a conta de moitos parviños medran máis de catro lampantis.
A vida do pobo decorre mainamente antre a laboura adoitada dos agros, a cura do gado, o traballar dos oficios, o remexere das tendas, o trafego e mail-os choios das feiras que renden pan e mantenza pra moitos dos veciños, o bulir dos axentes da curia pra engaiolar aos preiteantes e lles zugar os cartiños, o latricar e o matinar dos persoeiros, e dos logreiros, de todol-os bandos políticos pra termar dunha política maniña e noxenta, que no decorrer de máis de cincoenta longos anos mantivo a iste malfadado pobu mergullado no atraso e na incultura, sen lle precurar endexamais milloras de valimento, nin sequer ter azos pra facere unha légoa inda non ven cumprida de camiño real que moito de falla se vota dende Brandeso a Ponte Sanxusto, pra pór a vila en comunicación directa coas das Cruces, Lalín, o Carballiño, e mail-a cidade d'Ourense, e a bisharra do Ribeiro; unha política, que vai pra cinco ou seis anos que ten parado o relós do pobo por falla dunha presa de cartos pra poñelo a andar, e que olla, bacaceira, como o edificio do axuntamento vaise convertindo paseniñamente nun muíño vello, con vidros e vidreiras feitos cachizas, e cunha cara luxada e negra coma un chamizo. (1)
Os malpocados dos arzuaos, do mesmo xeito que os máis dos vilegos da nosa terra, son manseliños e atúrano todo cunha pacencia que somella abofé coa dos bois xunguidos a turrar do arado, e non teñen folgos pra se arriscaren a desbotar de un puloo andacio do caciquismo, mal xeral i-endémico que apouviga i escraviza aos pobos incultos, e chegaron asomade a sere persoas gobernándose de seu e honradamente, cal compre a un pobo ceibe e conscente da sua dini-
(1) Verbas de Enrique Labarta no seu lindo poema A festa da Patrona de Tabcirón, facendo muía do agarradino, que d'aquela escomenzaban a beilar os mozos do seu pobo.
(1) Tecidas estas liñas, chegou deica mín a boa nova de que ía sere un feito a subasta dos tres quilómetros e piquos que fican alnda sen facere na devandita estrada. Embora pra vila de Arzúa se porclma teñen comprimento as avelas de moitos anos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571444.xml
NOTAS EN COL DA VILA DE ARZÚA
Por Fr. AURELIANO PARDO VILLAR
XEITO DO POBO E DA XENTE
A vila de Arzúa asentada nunha outa planicie, de ar purísimo e lonxanos hourizontes, cal raíña dunha bisbarra feiticeira, toda inzada de carballeiras, piñeirales, soutos de castiñeiros, e outras crases de arboredo, que abeiran os farturentos labramios e as pradeiras vizosas e avantan pol-as lombas montesías, é un pobo de xeito homildoso, coas suas casiñas brancas espalladas coma un bando de pombas arredor das estradas que baixan dende Lugo a Compostela e de Boimorto a Brandeso, cruzando o seu chao de Leste a Oeste e do Norte ao Sur; un pobo que sen decatárese é rexamente democrático; un pobo, en derradeira, tal como compre ás ideas e anceios de igualdade que arastora latexan por todol-os recantos.
Non se atopan nesta vila castelos, nin pazos, nin casas brasonadas con escudos da nobreza, inda que abondan na bisbarra dúas légoas á redonda; nin percorren as suas ruas señores e señoras de aboenza, como non veñan de fora. A xente que decote buliga por prazas e ruas, son artesáns de todol os oficios, tendeiros de máis ou menos categoría ou comerciantes si se quer, labregos e gandeiros, agás dos empregados da curia e do concello ou do goberno, e pouco máis de media dúcea de homes de carreira, que abranxeron un tíduo na Universidade ou noutra escola, pra ganaren a vida dun xeito que coidan señorial.
Nin abondan antre os arzuaos os homes abastados que contan os pesos por milleiros no seu bulso. Os mais deles teñen de traba- llar a cotío nas suas angueiras, pra comeren o pan con honradeza. Porén, se non alcontra na vila moita xente ricás, tampouco se ven pol-a contra homes e mulleres esfameados arrastrando os osos nus coma esqueletes pol-os currunchos do pobo; pois se hai probeza nalgús lares, non ten asento neles a miseria que fai decote seu mouro niño noutras vilas da terra de baixo e nos pobos costeiros.
Endebén, se a xente de Arzúa non ten moito aquel de señorío, conserva en troques unha tradición relixiosa ben fonda, tal que se non atopa outra en ningures. Sin votar moito por ela pódese dicir i-el é ben certo, que dos homes nados na vila non haberá quizás un soio que arrenegue da Eirexa, nen fuxa da misa domingueira, nin se avergonce de ire cortexando aos Santos nas procisións das festas do pobo, nen somelle de se axionllare cunha perna sola pra adourar ao Noso Señor somentes no intre da consagrazón da misa, según adoitan de o facere os doutras vilas qu'eu ben sei, senon que saben cuase todos eles pórse en xionllos coma Deus manda, o máis do tempo que perdura o santo sacreficio, por mor de ouvilo con devozón e reverencia. E se isto fan os homes, non hai pra que decire ren do devoto femenino seiso. Mais... se non pode mesmamente negare que ruan polo pobo catro desleigados que non fan conta das crénzas relixiosas que mamaron co leite no berce; pero son xente de achego, coitadiños que viñeron de fora pra viviren dun soldo nos empregos do concello ou do goberno; e como dín alí, unha mosca non fai vrao.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714418.xml
16
ha ourentazón profundamente caraiterística, e todo o que saia das nosas máns, ha de ser en certo xeito, somentes noso. E si ademais, queiramos ou non, somos fillos daquel ámbito en que nos movemos dende o comenzo, e as nosas reaicións, están condicionadas pol-o marco en que se desenrolan, e nós temos nascido nunha terra que está a pregoar sempre a pregoar en voz outa e diversa o misterio fondo do seu ser, que é troco constante, sair de sí mesmo cara as cousas novas e descoñecidas, ser, en creación sin termo, forzosamente, si queremos ser nós, temos que desbotar todo estatismo e camiñar sin descanso por todol-os camiños.
Pro agora anda o mundo a viver unhas horas atoladas de crisis e anguria que non sabemos ben a onde van a levar aos homes, eu coido que a ningures, porque ao fin os homes volverán a ser. Tense chantado no mundo unha civilización puramente de cibdade. A cibdade é pura mecánica, fría rixidez de liñas rectas e cristaes poliédricos, esquemática xeometría sin curva, deshumanizada voráxine, caos de loucuras sin repouso, todo eso no que ten o seu desenrolo a ispida vida da natureza inorgánica, i-é asento natural dos nosos pés de seres humáns, pro que non cabe no aquecimento vivo da nosa i-alma que é todo, e sempre, vida a tremer, e anceio sin vieiro.
Eu tiven sempre un anceio tolo de ter nas máns froles verdes, de ter unha roseira de rosas cór de esmeralda, esas rosas que ninguén tivo, pro non puiden atopalas nunca, non hai froles verdes, ninguén sabe a razón, inda que os homes de cencia dén moitas razóns. Son misterios cos que se atopa una cada intre; e asi é esta cousa terrible que chegou a sel-a vida nas mans dos homes, que ninguén sabe por qué, inda que se den milleiros de razóns, se fixo ispida, ciuel, inhumán, abafante, ao revés do que a vida é, do que debe ser. Todal-as angurias infindas do home nacen, creio eu, dese inferno medoño que é a cibdade que se empeñou por obra dos mesmos homes descastados, en rillar nas vidas humás, cos seus dentes famentos de dragón sádico, esnaquizando a morna ledicia da vida contradictoria, e cruel e garimosa, tan fondamente humá. E nós que re-
NOS
nacemos nesta hora en que todo está a tremer con boqueadas de agonía, nós que renacemos sendo nós, os de onte, os de sempre, temos que fuxir dese falso sorrir da cibdade que é símbolo; temos que emboscarnos nesa nosa concencia fina e calada de homes cousas, que somos, afundirnos nesa riqueza quente da paisaxe na que alapea o noso ser máis outo; temos que volver á terra, que é o mesmo que volver a Deus, e ser nós, un pouco isolados, un pouco bárbaros, para ese criterio amaneirado das xentes das cibdades, pro ser integramente, pra nós e pra o todo, con toda a riqueza das nosas esenzas inmortais, que son as que nos conservaron vivos a través das edades, e dos sonos longos, coma mortes, dos séculos sin verbas. Ser fillos da terra, estar voltos de costas a esa vida falsa e noxenta da cibdade, viver no meio dos campos, non quer decir renunciar a cousa algunha, quer decir, limparse de carcomas e miserias; quer decir viver d’acordo coa natureza máis fonda do noso ser; quer decir ter unha outa visión dos destiños da humanidade e de nós mesmos; quer decir que cecáis temos en nós, como esenza pirmeira e alento do noso esprito, o que nun tempo non lonxano será sin dúbidas a salvazón, descanso e nova vida, para todol-os homes do mundo xa que temos chegado a unha outura tan abafante, tan caótica e antihumá que o home terá que rebelarse contra todalas discipriñas, e marcos, e ateigamentos centífecos e legaes que xurdiron da sua mesma obra. E fartos de si mesmo, e da sua loucura, rachar todo, botar ao mar o que non serve para viver, e volver fondumente a natureza, onde a vida está limpa, en ofreza constante; e si non deixarse morrer no estrondo final dunha loucura sin termo. Cando por enriba do mundo se estende o ecoar dun apocalipsis que os homes non ouven aínda, pro que sinten xa nas suas carnes estremecidas de doores e angurias, acorda en nós a concencia de todol-os séculos e florecennos nas máns os primeiros hourizontes.
Pra que poidamos aproveitar ben para nós, e pra o mundo esta renacenza, temos que limparnos ben os ollos, para non trabucar o senso das cousas que están a brotar no cerne da i alma. Toda primaveira ten algo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714422.xml
20
as suas coleizós particulares, moi ricas en objetos d'arte popular, que se foron enrequentando dentón, deica permitiu en 1914 unha exposición d'images populares.
O interés da gente espertouse, e en 1916 houbo unha exposición xeral da vida popular, e logo novas exposiciós en Deurne, Tumhout e Gheel.
Agora, Victor de Neyere, o editor dos contos populares flamengos, publicou *L'art populaire flamand*, un libro verdadeiramente bó, e ben presentado: texto con grabados e láminas, moitas en coores, comprendendo mobiliar, traballos en coiro, cerámica, vidreiría, escultura, pintura, grabado, bordados encaixes, etc.
E unha obra que honra ao seu actor e ao Museu d'Antuerpia que tan boas cousas soupo ajuntar e salvar.
AS CONFERENCIAS DO GRUPO GALEGUISTA D'OURENSE.
Son merecentes de mención as actividades culturais do Grupo Galeguista d'Ourense. Xa o ano pasado realizou un interesante curso de conferencias ás qu'invitou non somentes ás personalidades da agrupación política a que pertence, senón a conferenciantes de diversas significacións que poideran tratar temas comentes pr'a cultura galega.
No presente curso, de 1934-35, levanse da do alí as seguintes:
Don Ramón Otero Pedrayo, sobre *Orixes da Galiza contemporánea*.
Don Florentino L. Cuevillas, en col de o escenario da aparición do home.
Don Vicente Risco, que tratou de *A Leenda do San Graal*.
Don Aquilino Iglesia Alvariño, sobre *Os camiños dos homes e os camiños de Deus*.
Don Luis Iglesias, sobre *La vida social de las hormigas*.
Don Modesto López Teixeiro, sobre *Ensaio de tipoloxía da poboación galega*.
Don Ramón Otero Pedrayo, en col de O P. Feixóo e o P. Sarmento.
Don Luis Manteiga, sobre *A volta á paisaxe*.
LIBROS
TRIANGULO ISÓSCELES. — Poemas — por Francisco de Fientosa — Imp. Torrent. Madrid.-1934.
Xa vai a man que iste simpático libriño — cinco ducias de páxelas limpas, con clarieiras coidadiñas e fitadas de números, que revelan o esmero namoricado do seu ordeamento — está agardando por istas liñas, isolado sobre a riña mesa. O tidoo arbitrario, descartado pol-o segredo íntimo deste libro, pol-a inxeleza sentimental dos seus poemas, encabrifollados, móles, nos que se anda a retorcer unha doce paixón de adolescencia — dinos mui pouco e despistanos. E, sobor todo, non lle dá ben a istes poemas. Revelanos, con todo, — sempre acontece o mesmo cos tidoos — a actitud crítica do autor frente a sua sua obra.
Niste caso, certa desconfianza no propio valer e un empeño en taparse con xeitos ailvos superpóstos. Isto é cousa boa nun rapaz que empéza. Sin ise descontento é imposible toda evolución.
Isto é Francisco de Fientosa. Un poeta auténtico, pol-a limpeza da voz, pol-a gracia das mans e a lédicia dos ollos. Un poeta que leva drento da sua i-alma a Galicia do outo rio Miño, galán e moceiro, inda que se lle sobrepoñan visións de mariñas en terra, estilo Alberti, e camiños de lúas bandoleiras de Lorca, e veña eisprimida isa eséncia étnica, pol a educación do autor fóra da nósa Terra, no castelán precioso e axustado da Residencia de Estudiantes. Deixa, así como así, as fendas precisas para dar folganza ao seu propio ser, que se lle escapa gozosamente. A imaxe en lúa e auga da Ponte de Outeiro ten finura, gracia e quentura de fogar. En novos poemas que prepara, xa vai camiñando do seu reencontro, no que o esperamos, folgadamente esperanzados pol a grata leitura de *Triángulo isósceles*.
A.I.A.
REVISTAS
ALENTO, n.º 5, Santos 1934.
SUMARIO: Editorial (sugestións pra a moceidade galega). *Nacionalismo galego III os objetivos*, por V. Risco. *Valorización política da lingua*, por A. das Casas. *Crisis da Democracia?*, por Xoán Brañas. *Da nosa propia contemprazón*, por L. Manteiga.
N.º 6, Nadal 1934.
SUMARIO: Editorial. *Conceito e sentimento da Patria nos Evanxeos*, por A. das Casas. *Nacionalismo galego*, por V. Risco. *Os camiños dos homes e os camiños de Deus*, por Aquilino Iglesia Alvariño. *Consifas de bon galego*, por Lois Ulloa. *Cróneca de Valenza*, por R. Moroder.
Imp. NOS, Rúa do Vilar, 15, Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714414.xml
RETORNO Á PAISAXE
CONFERENCIA LEÍDA NO GRUPO DE OURENSE DO PARTIDO GALEGUISTA
Por Luís MANTEIGA
Señoras e señores:
Alguén, non sei moito quén, quizaves eu mesmo, fixo que eu brincase hoxe a esta tribuna onde de cote se fala seriamente de outas cousas, pra que vos fale un pouco das cousas sinxelas de que eu poido falar. Sendo esta a primeira vez que a miña voz se ergue diante de xente que ven a ouvir habédesme de perdoar este acoramento de afogado, que é ao mesmo tempo vergoña e dúbida
Ollando arredor de min coas máns abertas pra acadar un tema, topeime como sempre dende hai unha longa tempada, rodeado de terras e monte, e cousas vivas, tan irmás miñas, tan docemente quentes, tan iguales a min, que coido que non vos vou a falar mais que de min mesmo. Pro non vos asustedes, inda que así seña, falarcivos doadamente de ese eu que está máis aló dos nomes, e das cousas, i-é por tanto meu e voso, de todos e de ninguén.
Hai algún tempo, xa, camiñaba eu pol o mundo moi desacougado, coa i-alma d'abondo enfebrecida por ese anceio impreciso que ás veces nos engule i-é a presenza inda invisible d'unha verdade que vai ser fundamental pro asento da nosa vida vindeira, lejto da totalidade que é preciso ter para atoparse ántre as cousas e pra que as cousas señan por sí dentro e fora d'un. Era un d'eses intres que non se poden reseñar, agudo como unha door, cando por enriba de todo, e de min, no vidro vivo do ceo brilou esta lenda xa sabida i esquencida por todol-os homes e
que pra min foi revelación: na paixase está o Todo. E de súpeto decateime de que nos versos osiánicos, e nos líricos antigos, e no Byron i en todos os que nas diferentes edades dos homes supoñen unha eisaltazón romanteca, esto é, un non caber dentro d'un mesmo, un non abondar o propio ser, sintindose cixe e centro de todo, se atopaba vivo este retorno á natureza, xa se mira n'ela a man d'un deus, xa se vive panteísticamente un deus en cada cousa, ou un anaco da emoción total. Dende entón, andiven, como unha rosa aberta, a bebel os ventos de todal-as cousas, i a ser unha cousa máis entre elas. Esto, craro está, a ninguén lle pode interesar, pro é que este camiñar meu entregado ás cousas, foime poñendo nas mans e na i-alma esta outra verdade indubitable, Galicia é, denantes que todo, campo, paisaxe. E como nós somos galegos, e andamos no tremer dunha nova renascenza, eu coido que de este desacougo e luz, dun home isolado, que pode non ser ren pro que é galego, quizaves poida sair, se non un camiño, si un horizonte.
Cando un pobo sinte ese desacougo vital que o fai degoirar por cousas que ten dentro de si, e non atopa no medio en que se move; cando xurde ese pulo dos feitos diferenciaes en que se asentaron sempre as culturas no seu senso mais vivo e individual, é indudable que este pobo ten algo que decir e que faguer. l-eu penso, neste senso amplio e xeral, no que estamos a falar, que é igual na-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714413.xml
NÓS esgazaban o ár. Na sua luz guía levaban a rexouba da festa. Ao guindar o seu abrente no ceo, as somas escomenzaban a danzar demoentas.
Denantes de entrar na aldeia, gorecinme no cáligo de unha soma.
Relembrei.
Sabela tiña os ollos azúes e sereos, grandes e tristeiros. Aquiles ollos aloumiñaban total-as cousas e de todas ficaban un pouco lonxanas. Sempre amei isos ollos craros, dondos e limpos que endexamáis cobizan eisixirnos ren e que, en troques, nos perdoan todo. Aínda nas máis puras e inxeles ledizas gardan unha nobre e sotil señardade. A cotío fixen comparanza diles á música de Mozart... ¡Nasceron pra ollar e laiárense da door infinda do mundo!
¿E aquila voz tépeda e maina que esgazaba o ár docemente, como arrolo de unha pomba?... ¡Aquila voz, aloumiño do senso, lediza do espírito, chave do corazón!
¿E aquil mólido ademán, que abría o seu quente voo esparexendo ao seu redor un arume de i-alma lene e inxel?
¿Qué sería de Sabela? ¿Ficaría aínda no lugar? ¿Morrería? ¿Casariase?,...
Un coro espallou na noite a sua armoniosa cramor. Mozos e mozas entorgaban unha rexoubante canción.
¿Verdade que unha das máis fermosas cousas que se poidan gostar na vida é ouvir un coro campesío nunha tépeda noite de primavera?... Unha voz baruda creba o silencio. Axiña lle siguen as voces limpas, aguzadas, das mozas. Logo, xúntanse a elas as voces rexas, variles dos mozos. E así as voces achegadas, agreadas, ecoantes, fan resoar a noite co-a sua ampla cramor... ¡I-unha breixante emoción xurde da i-alma, lenturando o mundo!...
Entrei no lugar. Arrechegueime á sua casa. Albisquei o recadro alumeado dunha fiestra. ¡Aquela fiestra era a mesma fiestra nosa! Ollei drento... Unha nena de seis ou sete anos estaba no meio do ban, manxando unha lambetada. A luz dunha lámpara baíalle na faciana. E... ¡uns ollos azúes, grandes, sereos, na faciana infantil! ¡Eran os mesmos ollos de Sabela!...
Unha bomba de tébregas estoupoume nos miolos.
De contado saín do lugar. O coro seguía a cantar. A musegal ventolada alporiou a flama da miña door.
E na noite silandeira ouvín a voz do meu corazón:
—¿Por qué teimaches espertar a miña adormentada door? ¿Por qué quixeches furgar na antiga ferida?
—¡Cala, meu corazón, vello amigo fraderno. cala!...
Ardía a noite de maio espréndida e serea... A paz de Deus abenzoaba as cousas...
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571447.xml
[?]
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714420.xml
18
sigue o seu camiño de ascensión que se inicia, i-é anceio e degaro de todos nós, moveráse o noso pobo con pulo vitalmente novo, con senso preciso de quente humanidade salvada e ideal.
Vouvos citar tres nomes, pro quero que aos ouvir, pensedes somentes no que teñen de imaxe, da idea que trato de desenrolar entre vós, e que non tomedes as citas nin como louvanza pros nomes, nin siquera coma crítica das obras, posto que eu non viñen eiquí pra falar de ninguén, e sí de todos e de todo.
Estos nomes son Manoel Colmeiro, Xosé Eiroa, e Aquilino Iglesia Alvariño, un pintor, un escultor e un poeta. Tres xeitos de cantar a terra, tres formas de retornar á paisaxe, tres maneiras de andar á precura do noso esprito, e do esprito das cousas. Denantes do Colmeiro non tiña habido pintura galega; o gris das nosas brétemas, a luz tamizada do noso ceo, a gama quente da nosa paisaxe, esa nosa estremecida maneira de ser e de vivir, andaba polos campos ofrecéndose aos ollos limpos, sin que ningunha man lle dese forma estática nunha obra de arte pictórica. Denantes de Eiroa, este home que está a loitar coa morte sin que ninguén o abrace, nin seipa d'él, sin que as suas mans ciclópeas poideran amasar a carne dura das pedras, co-ise acariñar de lume da creación, somentes no século XII un home que era Deus, e do que ninguén sabe tampouco, o mestre Mateo, soupo faguer rir a pedra dos nosos montes, pensando neles e nun ceu ideal, e tamén nun inferno igualmente ideal. Denantes do Aquilino, as cousas humildes dos campos e das montañas, as cousas sutís das noites, e dos luares, e da soedade enfeitizada da paisaxe, e os degaros intindos da nosa ánima sempre a tremer entre a presenza das cousas, e do todo, non tiña verbas na nosa lingua. Coores e luces, formas e masas, verbas e músicas, están faguendo a nosa i-alma, xa feita nas somas de si mesma, con nidia preci-ión xenial. Estas realizacións precisas, que sendoas outamente, son somentes rebrilar d'espranzas, preludio de auroras vindeiras, e limieiro do mañán, eu sinto que ten xa unha irradiación xeral, que cecáis non seña outra cousa que o
apontar do anceio descoñecido de todol-os homes, como casi que sempre é o nacemento dun arte, que sendo alento de todol os homes, e só nidio e preciso na i alma do artista que está por enriba das horas, das cousas, e até dos homes. Eu sinto que este retorno inda impreciso á natureza, e unha tendenza da xeración que pode ser á vez marco e defiñición d'ela. E como ao mesmo tempo sinto en min mesmo que só ese camiño nos pode salvar das angurias da época tola e doorida en que nós tocou vivir; que só na natureza poderemos atopar o contraveneno desa intoxicazón de cidade da que estamos a morrer, é ao mesmo tempo ainda sinto tamén que n'ese retorno á natureza no seu senso máis requintado é onde nos poderemos atopar co cerne do noso ser; e máis ainda, como somentes si as labouras están de acordo pleno coa natureza máis íntima e pura dos homes que as realizan poden chegar a ter valor eterno e trascendente, é por esto que eu penso que o primeiro paso fondo pra a nosa salvazón definitiva, é dar voltas por todol os costados a esta cousa viva para depurala do que poida ainda ter de falso ou confuso, i enxergarse logo no corpo dondo d'este obrar, pra que todo adequira a densidade e forteza que nos compre, pra que nela poida descansar o noso degaro, e á vez o noso porvir, esto é todo o que nós somos xa de feito, e ainda en potencia.
Limpade de anécdotas, imperfeições, i-escuridades todo este andar á roda das cousas, un pouco con ollos cegos e pasos dubidosos, que foi este meu parolar impreciso. Limpade, insistovos, o que haxa de persoal e subxetivo nesta cita de tres nomes pra que vos quede somentes na concencia o fío enmarafiado dunha idea, que poderá ser escura e imprecisa, pro que non xulgo arbitraria. Ollade neses tres nomes, tres fitos innomiñados, mellor ainda, un só fito que é xa ao meu ver o núcleo dunha célula viva, que si medra o ritmo do noso desexo, axiña será órgano fundamental. Témolo nas mans, só de nós depende que esto chegue, e a ninguén poderemos culpar do seu fracaso. Como sempre, os profetas traen os camiños nas mans i estendennos diante de nós. Si de verdade queremos ser, si non estamos mortos,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/11571448.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
6
dista obra tivo de lle dar máis altor ao retabro a devandita irmandade, de cuas uchas saeu o máis do prezo de todal-as obras. O retabro que ten arastora esta capela, adicado ao Apóstolo Sant Iago, padroeiro da vila, é grego-román e de boa traza.
No decurso do ano 1753 foi edificada a nova sancristía, cuia caixonada fixo despois (en 1831) o mestre Antón Codesido. No 1755 foi construída a torre antiga dende o arrincamento dos arcos hastra o cume. Cumpridos dous anos desta obra, houbo que facer o arco da fiestra da sancristía, pra seguranza da torre que ameazaba de se esborrallare co rompimento do cargadeiro que denantes tiña man da parede. Todas estas obras pagounas de por metade a cofradeiría do Carme.
O retabro da Nosa Señora do Rosario, grego roman e o millor da eirexa, que denantes de 1888 fora da Virxe das Dóres, foi labrado na data de 1779. Pintouno e deulle máis altor no ano de 1792 o escultor de Fao, Xosé Erosa, i-entón fixo tamén as imaxes da Nosa Señora das Dóres, San Francisco, Santa Catarina e Santa Bárbara, todas catro de moi boa man, pra pór nele por conta da irmandade das Ánimas, cobrando pol-o seu traballo tres mil cento vintedous reás. Vené ranse ainda nas suas couselas do retabro as dúas postreiras efixes, pro a do Santo de Asís seica despareceu, e dí a xente que co gallo de a refacere levouna un artista moi soado da nosa terra, o cual certou de refacela e demudala de xeito que non parés a mesma doutrora nin ten comparanza co ela. ¡Vaiche boa!... A da Virxe das Dóres ten agora altar de seu, grego-román e sinxeliño, feito pol-o devandito señor Andrés de Carragoto arredor do ano de 1890, e pintado despois por un artista de Compostela á conta do boticario D. Pastor García Varela. O de San Xosé é barroco, e se denantes valía pouco, dende que derradeiramente foi refeito non val ren. A imaxe nova da Conceición e o seu tró foron labrados no obradoiro do entallador compostelán Santiago Mata, na data do 1907 e do 1918 ó respectivo, por conta da irmandade das Fillas de María, ali estabrecida dende o día 28 de agosto do ano 1874.
Na data de 1791 contratou o mestre Bastián Branco por novecentos reás a obra dos
NÓS
tres arcos de mamposteria abertos na parede medianeira ca sacristía e da capela maor.
Arredor do ano de 1824 os condanados dos Constitucionaes destruíron a torre antiga, sita no muro de cabeceira da sancristía, estragando tamén as campás; i-entón houbo d'erguer a nova torre no fronte do edifizo, e mail a parede da faciana que terma dela, o lembrado mestre Santos Verea. As novas campás fundeunas Xaquín de Caxigal, unha na data susodita, que lle custou, tres mil douscentos seis reás a cofradeiría do Carme, e parece sere unha das que penduran pol o dagora na torre, outra na de 1829 pol-a que pagou trescentos ducados a mesma irmandade, e a terceira ó dun outro ano, que foi axustada eu tres mil setecentos oito reás. Outra máis grande foi construída na date dé 1850, e debeuna partir un raio, según teño ouvido sendo neno, cando se fixeron as dúas de Orazo no satenta e nove.
A CAPELA DO CARME
Ten a eirexa, rente da parede esquerda da nave, a capela do Carme, que se comunica co ela por un arco románico de pouco altor. Esta capela foi edificada pol as irmandades do Carme e do Crero, na data de 1752, sendo cura D. Xosé Ponte e Lousada, que lle botou a beizón e adicouna ao culto no día 16 de Xullo, festa padroeira, do ano seguinte. Tiña no fronte un escudo do Carme, debaixo da espadana onde penduraba o sino da irmandade; pero todo isto desapareceu cando se refixo o edificio no deperecer do século XVIII. O retabro, barroco, e mail-a imaxe do Carme, devanceiros da capela, foron pintados na data de 1751 por conta da irmandade. O que se erguía o edifizo, labrábase tamén unha imaxe da Virxe, de vestido, coas suas andias pras procisiós; e despois as efixes de San Alberte Carmelitán e San Franco de Sena, que se puxeron nas suas couselas dentrámal as bandas da imaxe da Nosa Señora, e foron pintadas e douradas após, no 1759, por conta do cura Ponte Lousada.
Acaronciño mesmo da capela, ergueu a irmandade do Carme a sua sancristía, parella con da eirexa e feita ensembra co ela no 1753.
Na data de 1759 engadironlle, ao retabró
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714416.xml
14
tar mansa e soberanamente na plenitude da paisaxe. Ollai como todo ten razón, como non falta ren, como as cousas alentan satis feitas sin esperar mais. E a pesar d'eso a paisaxe precisa do home, cuasi que tanto coma o home precisa d'ela. Non é esa precisión idealista dunha conciencia que percibe, e sin a que a cousa non é, non é que lle faga falla este alento máis outo que só parecemos ter os homes, non é que lle falle un anaco ás cousas, non. Vese ben que a paisaxe seguirá sendo inda que nós pechemos os ollos; que todo o que nós somos, vida, quentura, alento, está xa no cerne de si mesma con fartura sin tasa; que o que podemos ter de anacos da terra é tan miudo que a sua anulación non rompería a enteireza do conxunto. É algo que non pode verse, algo indefinible, coma o ar pra a rosa, coma a luz pra a i-auga. Non olledes con ollos cegos e cansos de turistas, non olledes con afáns minuciosos de especialista, non, ollai con plenitude abarcando o conxunto, atravesando os corpos, e sorprendendo o misterio das somas, e o alento dos rumores; ollai co espírito posto en trance de comprensión e adorazón á vez coma ollades a Deus, só así se pode ver.
Entón toparedes que cada curruncho, cada anaco, cada cousa, ten en sí a mesma realidade, a mesma vida que alenta i-enche o Todo. Tanto ten que miredes as terras ermas, coma os montes despidos por todal as friaxes, coma os vals mais quentes, e as ribeiras mais húmedas, todo é o mesmo, todo é un. Eu non sei ben o que serán as outras terras, pra os outros homes, nin o que son no fondo pra min mesmo. Pro sei ben que cando no cerne do meu espírito se ergue o valvorto de un caos, unha tempestade desas en que todo se revolve con saloucos de acabamentos e ameazas de cegueiras ausolutas, cando na conciencia se ergue unha dúbida ou unha negazón d'esas que pechan todal as portas e o afunden a un nunha foca medoña, ninguen fai descer sobre de min o orballo da tranquilidade, da comprensión, e do aquecemento vivo, que é a espranza, coma unha paisaxe aberta cara as montañas, ou sentada á beira do mar. I esto que podedes dicir que non é mais que enfouzamento subxetivo, suxestión de cousas soñadas, eu
NÓS
vouno vendo en todol-os homes da Galicia, decátense ou non, i-é, pra min a razón, o ser, desa cousa esvaída, indefinible e inmortal que chamamos saudade, ou señardá. I está craro, ou nós somos todos un pobo de enfeiti zados que camiña no ar, ou algo ten a pai saxe que rixe a nosa vida, e ainda o alén da nosa vida. Pro enfeitizados ou non, nós sentimonos ben co noso ser, e si algo buscamos non é precisamente liberarnos d'el, senón afundirnos mais en nós mesmos, pra atoparnos máis quentes, máis vivos, máis nós. Non, eiqui a terra non afoga nin deixa que o ho me ande nela perdido, coma unha cousa miuda; eiquí o ceo é unha cousa máis da paisaxe, unha cousa que non pecha o home entre dos infindos coma na estepa, ou no mar; eiquí o ceo é unha cousa máis da paisaxe; eiquí o home é por si mesmo, i-é de tal xeito, que sentindo a grandeza da totalidade, véndoa diante de sí, inmensa, infinda, inasequible, síntea nas mans, igual a si mesmo, quente, integrante e integrada. E hai ainda máis, hai este estar a vivir sin repouso, trocándose sempre sin deixar de ser, sentíndose tan vivo que o infindo no tempo, non terá espazo para todal-as formas i-estados que poideran chegar a xurdir deste lume interior que non se esgota nunca. Hai esta fame, insatisfeita sempre, de cousas novas, este non abondar nunca o que se ten, este anceio misterioso de outra cousa, desacougo de deuses que sinten, inda que non seipan, que a sua vida é inesgotabel, no tempo i-en sí. ¿E non vos decatades do que esto é, ter o infindo nas mans, saber que non habará fin, que nunca chegará ese estado morto do estatismo, sabendo á vez que non é posible que se realice todo o que é potencia dentro de nós e dentro das cousas, e a arelan porque todo chegue a frolecer, xa que xa sabe que só no Todo está o ser? ¿Sabedes o qué é estar ollando eternamente o infindo en todol-os sensos, e tel-o nas mans, e que elas non poidan acadar o que está mais aló da longura dus brazos?
Pódese argallar canto se queira, escolas, tendenzas, relixións, partidos, crases, estados, aló no fundo de nós mesmos si queredes máis aló da nosa concencia, si queredes no cerne dela, haberá sempre un diañiño
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c9/c9ed/c9ede011-2a02-4934-a705-3235d7e6e9c0/115714411.xml
NOS
baixados que conteñen dous sarteges con estatua deitada. O da banda do Evanxeo é dun cabaleiro loitador, cun escudo brasonado no fronte do sartego, e máis este bifafe: «AQVI IAZ ALONSO MONIZ/ ESCUDERO SENOR DEL/ PALACIO DE BRATES QVE/ FIZO E EDIFICO ESTA/ CAPILLA I LE DIO E DOIO TO/ DO LO QVE EN TUMBO LE QUEDASE ASE7VA».
O sobredito escudeiro Alfonso Monís era veciño da cidade de Compostela, pero adoitaba de morar na vila de Arzúa dentro da sua casa e torre grande dos Azulexos, das que xa non queda nin borralla pra relembranza; e por unha escritura outorgada na data do 5 de Nadal do ano de 1557, e sinada do escribán da mesma vila Francisco Carneiro, fundou na capela nova de San Antón, que xa tiña ele construída cabo da capela maor pol-a banda do Evanxeo, tres misas por semana, o lús á honra do devandito Santo, a quinta feira pol-as ánimas do purgatorio, e o sábado en reverencia da Virxe Nosa Señora, cun responso i-auga bieita sobre da sua sepultura e doutras achegadas ao altar da capela, doando cento coarenta reas de prata e duas libras de cera en cada un ano pra seguranza do cumprimento desta obriga. (1)
De camiño estabreceu o padroadego da nova capela, fundando unha misa cantada con vésporas solenes na festa de San Antón e dotando o altar de libro miseiro, candieiros, crocefixo, vinaxeiras, campaiña, un cális de prata na sua cór e outro dourado, dous ornamentos un dos dias festeiros e outro pra dial, e máis paramentos que mester son pra o arranxamento do altar e o servizo da capela. E por mor de conservare millor o retabro e fornecer de todo paramento seu altar, deixou e pinorou o Pazo de San Pedro de Brantes d'onde el descía co padroado desta freiguesia e do seu anexo San Xoán de Mercurín e as duas cargas de pan centeo que por ende lle viñan, i-a devandita sua casa e torre dos Azulexos ensembra de outros moitos bés.
(1) Garda este documento de fundación no seu arquivo o don Xosé M. Taboada, e agás del se non conserva máis recordo da capela (o meu ver simple altar e retabro) de S. Antón.
O sartego da outra banda é tamén dun cabaleiro armado, cunha lenda que dí ansi: «SEPVLTVRA DEL HONRADO IVAN/ GOIRALDEZ E DE VERTOLOME GOI/ RALDEZ SCVDERO SV HIJO E DE/ CATALINA/ GOMEZ SV MVJER SENO/RES DE LA/ CASA DE MAGULAN I SIS».
A casa ou pazo de Magulán, que foi do ducado de Gor, sita na freiguesia de San Pedro de Lema, anexo agora da de Santiago de Arzúa i en tempos matrís según tradición dos vedraños non vimos pol-o de agora confirmada nos papéis, xa fai ben tempo que desapareceu. Un señor dela, que pode sere moi ben o sosodito Bartolomeu, edificou a capela maor da eirexa da mesma freiguesía, como se ve nunha láxa de pedra que ten de fora esta capela, cun letreiro antre dous escudos de armas a pregoar desta guisa: «ESTA CAPILLA HIZO HACER/ EL S BARTHOLOME GOIRAL/ DEZ ECUDERO PATROM/ DESTA IGLESIA X A. D. M. Q LIS».
Compre que denantes de sair da capela votemos unha ollada ás duas pias de auga bieita que deixamos a par da porta d'entrada, moi ben ciceladinas, e merescentes de atención.
O Concello da vila quiso derrubar ista capela no decurso do ano 1892, co gallo d'acharese roinosa, teimando de o facere hastra que o Arcebispo de Sant Iago puxo fin e remate ao preito coa reparazón indispensabre do desleixado cdifizo, que doutro xeito tiña de sere presto unha desfeita.
A Capela da Madanela millor estaría adicada ao culto divino, se os arzuaos tivesen intres en conservar e refacer o único moimento histórico-artistico que fica na vila, ben merescentes dunha ollada caridosa das autoridades e dos homes dalgún valimento de Arzúa, pra poñelo de xcito que poida sere visitado pol-os viaxeiros que fun parada na vila, e pol-a xente forasteira que decote pousa nela en precura do saude nas tempada primadeiral e vranceira, pois en ningures se atopa sitio máis doado e san pra desbotar axiña toda cras de doenzas e sandar en pouco tempo como neste meu querido pobo.