Pardo Villar, Aureliano

1882 - 1957

Foi un frade e escritor galego.
Estudou latín e humanidades en Arzúa e ingresou no convento dominico en setembro de 1898. Cursou os primeiros anos de carreira no convento de San Xoán de Corias (Asturias) e os cinco últimos no convento de Santo Estevo de Salamanca. Foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. Durante a convalecencia foille asignado o convento do Carme de Padrón (1909).
Foi director da Asociación Regional del Santo Rosario (1913) e bibliotecario e sancristán maior no convento de Padrón. Tamén foi socio colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Estudoso da orde dos Predicadores en Galicia, no boletín católico Logos publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo El convento Santo Domingo de Vivero e no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense un artigo sobre o santoral (1937), que deu pé á publicación de Santoral gallego (1941). Colaborou en Faro de Vigo, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia co pseudónimo de León Yebra Oliver. Foi membro da Real Academia Galega (1941).
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Pardo Villar, Aureliano

Detalles


Lugar de nacemento Arzúa, A Coruña - España
Lugar de falecemento Padrón, A Coruña - España
Actividade Historia , Ordes e congregacións relixiosas
Filiación Real Academia Galega , Seminario de Estudos Galegos , Dominicos
Ocupación Historiadores , Relixiosos , Bibliotecarios

Presenza na revista


http://gnoss/C9EDE011-2A02-4934-A705-3235D7E6E9C0

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Pardo Villar, Aureliano

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XVII Num. 133 (15/01/1935)