Manteiga, Luis

Foi un escritor galego.
Fillo dunha labrega solteira e dun cura. Estudou no Seminario, que abandonou aos 14 anos. Posuía unha ampla cultura e unha sólida formación literaria adquirida de xeito autodidacta. Era de esquerdas, progresista e simpatizante coa revolución soviética. Foi un gran amigo de Luís Seoane, que o pintou en 1931, e asesorou (xunto a Francisco Lamas) a Federico García Lorca cando compuxo o seu primeiro poema en galego. Foi director de Claridad desde a súa fundación até o 5 de maio de 1934, cando renunciou á dirección logo de pasar polo cárcere da Coruña de marzo a maio por delitos da opinión. Despois abandonou Compostela para instalarse en Ourense, onde recibiu axuda do grupo de Ramón Otero Pedrayo. Colaborou en xornais locais, na revista Nós, en Alento, Guión, Yunque, Resol, A Nosa Terra, Ser e no suplemento do sábado de La Noche, asinando ás veces cos pseudónimos Sergio Ivaguin ou Anibal Quijano. Participou nos mitins da campaña pro-Estatuto de xuño de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 retornou a Compostela e rematou traballando no Hospital Militar de San Caetano desde 1938 até a súa morte.
Galipedia

Imagen de Manteiga, Luis

Detalles


Lugar de nacemento Santiago de Compostela - España
Lugar de falecemento Santiago de Compostela - España
Actividade Literatura
Ocupación Escritores

Presenza na revista


http://gnoss/34F62228-6201-48FC-9F83-885C28342650

http://gnoss/C9EDE011-2A02-4934-A705-3235D7E6E9C0

http://gnoss/1CB07F7C-804E-4E8C-9CC5-8DDC6F4B03EB

http://gnoss/5B37D0C0-2983-4FC5-A4BB-858FF373ACEB

http://gnoss/72A148C4-6A3D-401A-9AD5-272803F56082

http://gnoss/7C1BD2FB-1B1A-414C-9CF6-D42C066CDE55

http://gnoss/7DE12610-DBB6-4DCF-A4A8-8A75CFE0C56A

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Manteiga, Luis

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 121 - 15 xaneiro 1934
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XVI Num. 123 (15/03/1934)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XVI Número 128-129 - Agosto/Setembro 1934
Derrumbamento

Derrumbamento

por Manteiga, Luis

Ano XVI Número 128 (1934); p 132-135

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XVI Num. 130 (15/10/1934)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVI Número 131-132 - Novembro/Decembro 1934
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XVII Num. 133 (15/01/1935)
Retorno á paisaxe : conferencia leída no grupo de Ourense do Partido Galeguista

Retorno á paisaxe : conferencia leída no grupo de Ourense do Partido Galeguista

por Manteiga, Luis

Ano XVII Num. 133 (1935); p 12-19

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 139-144 - Xulio/Nadal 1935