https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571714.xml
Dr. MOSTEIRO Médico Odontólogo Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X A Clínica Dental mais completa de Galicia Cantón Pequeno, 1 (Casa Pastor) - A CRUÑA
LUIS FÁBREGA DROGUERIA E FARMACIA Progreso esquina a Luis Espada OURENSE
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM De mais dura qu'os de pruma a limpa millor Vóndensa an todol-es estabrecimentos de ramo Andrés Perille - OURENSE
Reloxería ZENITH Máquinas parlantes, Discos, Agullas e Accesorios M. Calviño OURENSE A mais económica de Galicia
VINOS RANDULFE de Bodegas Galegas - Finos de Mesa OS PEARES (Ourense)
Sanatorio Quirúrgico Direitores: Manuel Peña Rey Ginecología e Partos José Mosquera Blanco Cirugía geral Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE, LOS GALLEGOS blanco e tinto Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717118.xml
Ch
dos onde o raposo, que era
s O xuez dos animais, propuxéronlle a custion mais el díxolles que xa mellor fallar era pr ir ao lugar os e xa alí mandoulle á cóbrega que se puxese como estaba cando a atopou o cazador e así que ista voltou ar d co d'o penedo mandoulle ao home que se marchase mais este toulle como lle pas —C'un par de galiñas págasme d'abondo — Mañán tráesmas por eiquí que che ei de estar esperando. s O home seguindo o consello da sua muller, en vez de galiñas leboulle o uinte día metidos dentro d'un saco un par de cans como toutizos, Chegou o raposo 6 outro día pero como era moi desconfíado pideulle ao home que lle ensiñ restas dos galos e o home lle enseñou as linguas dos y ate que quedou convencido, ús cando foi abrir o saco e veu sair cás deu en correr, corre que te coerás hastra que” xa canso sentouse nun penedo e ollando pras suas pernas
eston
CISC
r aeda
ise
Minas perniñas miñas pernans si non fora por vos cOmianme os cans
(Recollido en Ne: R. MARTINEZ LOPEZ
relra por
lo 5. de Estudos Galegos.)
Romance
Unha moza qu‘estaba gardando o
ndo d'un se
1 que pensaba en case con ela veuse sorprendida por un zo galan e sosteñe
n iste diálogo:
r "mosa
Ti que fás ahí
—Gardando o gando
estou cu eiquí Rufiniña hermosa
ti vente conmigo
n‘ese monte sola córreche peligro Quen me tal di quen me tal de ou queres que perda a facenda allea Non che digo eso nin tal como eso digoche que veñas a lomal-o fresco A tomal-o fresco non vou nin irei que me dirá meu amo que m'enrredeí Si che di teu amo en que te enrredaches dille que orballaba e que te abrigaches Non conto verdá eu mentir non sei vou gardal-o gando
pa
que o perderei C‘un pecho de prata
eu cho pecharei
o gando Rufiña
eu cho gardarei
—Dios cho pague guapo
que estas ben ufano
con pecho de prata
gardal-o meu gando
Pechos de prata
teño de romper
ña her
por che
—Vaile d'ahí guapo
non me deas pera
que vai vir meu amo
tracl-a merenda Ogallá viñera
ogallá chegara
ogallá soubera
que eu contigo estaba Adiós Rufiña
quédate embora
vou votal-o gando
d'aquel balo fora
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717117.xml
NÓS
ARCHIVO FILOLOXICO E ETNOGRAFICO DE GALIZA
(CONTOS)
O galo e o raposo (1)
No tempo en que falaban os animais, achou unha vez un raposo moi larpeiro a un galo erguido na pola d'un carballo e púxose a parolar c'o él d'iste xeito:
—Bos días nos dé Deus amigo, cómo che vai?
—Ben e a ti?
—Non che oyo ben; porqué non baixas?
—Sei que desconfias? Non sabes que hay unha orde que di que agora nin os gatos poden comer aos ratos, nin os raposos aos galos nin os cas os raposos... baixa home que non che hei de facer nada.
—Xa sei hó; mais agora que me decato non son cans aqueles que veñen pra eiquí?
¡E mais son! dixo o raposo e dicindo esto deu en correr namentras que o galo rindo a gargalladas lle cantaba:
—¡Aaamostralfa oooorde! Aaaamostralfa ooordel...
Recollido en Boiro por R. MARTINEZ LOPEZ do S. de Estudos Galegos.
(1) Coñecemos algunhas variestes d'iste conto. N-unha d'elas, procedente do Castro de Caldelas, cando o galo viu vir correndo os cás, díxolle ó raposo:
—E quen serán aquiles qu'alí veñen correndo?
O raposo qu'sinás monos vira, respoadeu: ase qu'o veñen nolificar (referíndose a orde).
Mais cando notou qu'eran cás, dixo que tiña presa e botou a correr. Cando chegaros as cás, o galo berráballes:
—Escrivanos, notificafilo!... Escrivanos, notificalilo!
O home, a cóbrega e o raposo
Unha vegada iba un home de caza pol-o monte, e atopou c'unha cóbrega debaixo d'un penedo que por moito que se revirichara non podería sair. Só se lle vía a testa.
—Señor home— díxolle a cóbrega — querme quitar este penedo qu'está enrriba de min, que m'esta magoando todo o corpo? Si m'o quita heino de facer feliz.
Entón o home ergueu a pedra e veu como saía unha cóbrega, un mundo longa que lle dixo:
—Agora vouche comer.
—E por qué?— díxolle o cazador todo extranado. (1)
—Porque podo en ti — Contestoulle o diaño da cóbrega — porqué teño mais forza que ti.
—¡Pagasme ben o favor que che fixen!—
—Non foras burro; agora vouche comer.
—Eso si che deixo — díxolle o home que tivo un pensamento — porque eu tamén teño forza.
—Pero teño eu mais que ti —díxolle a cóbrega.
—Pois mira; vamos facer unha cousa: vamos ir en ca-lo señor xuez e que él diga quen ten mais forza e despois peleámonos, estantos?
—Bueno, pois vamos, dixo a cóbrega.
(1) Iste é o tema de fábela na que a cegoña lle tira un óso que se litaltravesara ó lobo na gorxa, e despois o lobo quixos levorar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717124.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571718.xml
antes partía unha perna que se presentare na festa do casamento, e no tocante ao doce, esa nin soñalo; non habería regueifa no xantar da boda.
E aquelo foi xa o último ¿qué mais disgracias poderían vir?
A noticia correu decontado polos rueiros da aldea e uns pofiánse da parte do pai na men» tras que outros defendían a rapaza; as xenreiras parecía que desbordaban, en falsos, discutíase afervoadamente, e somellaba como se unha guerra civil fose á estalar na pacífica aldea.
Asuáronse os parentes, e despois de moitas discusiós nas que interviron vellos e mozos, homes e mulleres, ao cabo convíñeron todos en que era preciso arranxar as cousas para que a debecida regueifa se non esvaíse coma a brétema da mañá.
E foron daquela as conversas dos curmás co noivo, e os paliques das sobriñas co vello, ou as idas á vila das comadres para convencer á tia Catuxa e mais á Leliña.
Pero siñor ¿podía ser aquelo? Despois de facer un ofrecemento, despois que a parroquia toda, e aínda nas da bisbarra, falárase e refelárase da ditosa regueifa que á todos tiña con degoros de lle chantal-os dentes ¿base deixar a xente coas ganas d'ela? ¿E qué decían os ve» ciños? ¿e os que xa andaban maxinando cán» tigas pra disputala?
A regueifa tiña que ire á boda inda que houbera que rachal-a malfadada escritura, inda que...
¡E foi a regueifa! ¿Non había ire se cáseque constituía un caso de dinidade colectiva? E mais algunas das cantarolas fixeron alusión ao conflito, como aquela que decía:
Vaites, regueifa pintada, fixécheste deseare; se cal o outro é teu reparto xa nos podemos marchare.
Ou aqueloutra:
Facede logo o reparto da regueifa debecida; nunca sufriu por regueifas tal degoro unha familia.
Ou ainda:
Cobizar, foi cobizada, mais ao cabo ela chegou; ven frorida e recendente, tamén desgustos custou.
Ás que puxo romale estoutra:
Tamén desgustos custou; esquecede as injusticias; diante a regueifa da boda n'ha d'haber mais que ledicias.
-Ben, pero ¿a rapaza conseguiu algunha mellora? ¿modificouse a escritura? ¿valeulle de algo a intervención dos parentes? preguntará algún curioso.
—Non tal —respondeu— Mais, a rapaza asistiu tamén á boda, comeu un bon anaco da rosca famosa, e despois... despois marchóuse á servir á vila.
LEANDRO CARRÉ.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717121.xml
NÓS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
Carolina Michaelis de Vasconcellos
Morreu Carolina Michaelis de Vasconcellos.
A cultura galaico-lusitana — entidade histórica unha — tivo decote nas suas sabias verbas afirmação e probanza que s'espallaron por todol-os centros da outra mentalidade, aquén e alén dos lindeiros da Romania.
Densa e fermosa obra deixa felta a grande esculcadora das fondas e solerrañas e misteriosas fonte onde se cria e das que xurde a beleza literaria e artística. Obra que é un movimento imorrente, ergueito à glória eterna da nossa cultura.
NÓS toma fondonisema parte no door que por ela sinten a unha Galiza e Portugal.
As sesións do Seminário de Estudos Galegos
A froitosa laboura que ven desenrolando iste xurdio centro universitario compostelán, coñecida xa d'abondo polos nossos leitores, prega a mais fonda atención de todol-os galegos.
Das institucións nadas na quentura do nosso rexurdimento cultural, ningunha tan nova e tan enxebre como esta que veu arrecadar os esforzos denantes arredados da nossa intelectuallidade.
Pol-o seu puto-forte i-ourentado poldo a vella Compostela tornar ao seu carailer de guieira nos veirales da cencia galega.
Na sesión primeira feita n-iste ano pol-o xuntolro devandito, foron elexidos pras vacáncias determinadas pola ausencia do mestre Cotarelo e do Bouza Brey, o Dr. Cabeza de León, t-o Filgueira Valverde, pra os cargos de Presidente e Censor respectivamente.
O Dr. Cabeza de León, devanceiro nas xeiras do galeguismo, home mozo nas arelas e nos coñecimentos, ten unha tan fonda personalidade. l-un tan ben conquerido nome nas nosas letras, e non he mester falar de como diante do Seminário orixinal nos precedentes.
O Filgueira Valverde lense posto en pouco tempo nas ringleiras da nossa esgrevia mocidade, traballando moito e ben por Galiza e pol-o Seminário.
D-iste xeito a xunta direitora do S. E. G. fica composta por istes elementos persistindo como Segredario o dos anos anteriores. Lois Tobio Fernandes outro mozo exemprar, asisado traballador na nosa historia e afervoado galeguista.
Pra o cargo de segredario da seición de informacións e correspondencia que denantes desempeñara o Filgueira Valverde, foi eleito o Martinez López xa coñecido dos nossos leitores por tere colaborado no nosso Archivo filolóxico e etnográfico de Galicia.
O traballo de escomenzo do curso encomendado ao presidente foi un estudo encol dos *Feslexos da Universidade Cor postelá pol-o nascemento del — Rei Luis I* cheo de intrés pra investigación dos nossos costumes na época barroca.
O novo censor ao tomar posesión do seu cargo mentou con loubanza os membros ausentes, adicando garimosas verbas ao recordo do primeiro socio falecido o presidente de honor Dr. Lago González gran galego, santo galego a quen moito debeu o Seminário.
O segredario leeu logo a memoria resumen do curso derradeiro — dando conta dos traballos nel levados a cabo.
Na segunda sesión leeu o novo censor señor Filgueira Valverde o seu estudo anual, encol de *A paisaxe no Canzoeiro da Vaticana*. Trabalho erudito de xeito novo e de grande ensino, que veu abrir un novo vielro as ourentazós do Seminário. Tema do mais outo interés non solo pra a Terra senón lamén pra verificazón da historia do Ideal da paisaxe na teoría de Ruskin.
Na terceira sesión o presidente adicou unhas verbas a lembranza de Florencio Vaamonde 1-o Martinez López disertou encol da industria do salazón na Galiza. Iste traballo amosira ben como o Seminário espalla a sue atividade por hourizontes do meirande interés práctico.
Na sesión cuarta fixo o seu ingreso o director de Lar, Leandro Carré Alvarellos lendo o seu drama *O Engano de ambente cibdadan*, desenrolado na cras meia, de grande exemplaridade e de moi belido estilo.
Na quinta sesión, diante de moilísima concorrência, pronunciou o mestre Cabeza de León unha conferencia eruditisima encol dos perso» naxes galegos no teatro castelán. A forza do estudo asisado da lenda moura de Galiza no exterior manifestouse fondamente nas verbas do Dr. Cabeza. Unha grande cantidade de sal» netes inéditos onde se fai escarnio as mais das
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717112.xml
noa deixaron, nós trougueron, nás colleron ou noas colleron.
Sesto caso. A preposición en redúcese a n diante as palabras que empezan por vocal.
Si antecede o artículo determinante, contrálse co-il sin indicación algunha: no, nas, nos, nas. Exempros: vou no carro, estivo na feira, nin nos fladeiros, nin nas romarías.
Si antecede a calquera outra palabra que empece por vocal, debe empregarse có apóstrofo: hayo faguer n'outro viaxe, non creo n-il.
Séptimo caso. Os nomes, adxetivos, pro» nomes, verbos, advervios, preposiciós, con» xunciós e interxeiciós, no caso de seren proclíticos ante palabra de vocal inicial, non se empregarán nunca con apóstrofo pois éste, que sempre os deforma, pode n'algunha ocasión dificultal-o sentido ou a claridade de aquellas palabras.
Como resume estabreceremos as seguintes concrusiós:
Primeira. Na escritura debe ser tendencia xeral o respetar a integridade das palabras, non empregando o apóstrofo sinon en casos concreta e caracteristicamente definidos.
Segunda. Procede admitir estas contralciós sin apóstrofo:
a) Da preposición de y-o artículo determinante (do, da, dos, das).
b) Das formas pronominás me, che, lle con o, a, os, as lamén pronomes (mo, ma, mos, mas; che, cha, chos, chas; llo, lla, llos, llas).
c) Da preposición elítica co y-o artículo determinante (có, coa=cá, cós, coas=cás).
d) Do adverbio elítico no cós pronomes o, a, os, as (nó, noa=ná, nós, noas=nás).
e) Da preposición en reducida a n diante o artículo determinante (no, na, nos, nas).
Terceira. Procede admitir estas contralciós con apóstrofo:
a) Da preposición con reducida a e y-o artículo indeterminante (c'un, c'unha, c'us, c'unhas).
b) Do adverbio non reducido a n diante os verbos que empezan por vocal n'había, n'estaba).
c) Da preposición en reducida a n diante calquer palabra de vocal inicial que non sexa o artículo determinante (n'un, n'este, n'aquel, n'outro).
Cuarta. Debe admitirse tamén a combinación da preposición elítica co, separada a medio de un guión, y-os pronomes persoás el = il, ela, elo (co-el = co-il, co-ela, co-elo) ou os demostrativos (co-este=co-iste, co-ese=co-ise, co-aquel=co-aquil).
ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571719.xml
A NOSA ORTOGRAFÍA
Sobre o emprego do apóstrofo
ousa mol importante e o tratar de fixar-a ortografía da nosa fala. N'oustante as dificultades que n'elo hai, atrevémonos a dar a nosa opinión, cinguíndonos pol-o de hoxe a un punto con-
creto esometén-
donos ó fallo dos escritores rexionás, ós que toca dicir si vamos ou non por bo camiño.
Hastra o día cada un escribeu como lle veu ás mentes, y-esto non pode ser. É tan arbitra-
ria a nosa ortografía que si fundándonos en testos dos literatos do país quixéramos formar unha escolleita de regras de escritura, sería conto de nunca acabar y-haberia para todol-os gustos.
¿Non se pode poñer mau n'esa anarquia? ¿non se pode reducir esa tan vasta multi-
plicidade de normas gráficas?
Coidamos que sí, y-a tal fin deben ir os esforzos dos que se xuzguen capaces para tratar da custión.
Non se cre o autor de estas liñas unha auto-
ridade na materia, nin moito menos: da o seu parecer como un profano e deixa que os doutos falen, si queren.
Imos tocar hoxe un punto ben interesante: o emprego do apóstrofe, do que tanto se veu e ven abusando entre nos.
Proba de este abuso é que tal sino admiteno inda as palabras seguintes:
1.º A preposición de.
2.º Os pronomes procliticos me, te, se, che, lle.
3.º A palabra que calqueira que sexa a sua función gramatical.
4.º A preposición con ó perdel-o n diante os artigos determinante ou indeterminante e tamén diante os pronomes personás el=il, ela, elo y-os demostrativos.
5.º O Advervio non ó reducirse a n diante os verbos que empezan por vocal e diante os pronomes o, a, os, as.
6.º A preposición en ó reducirse a n diante os artigos, os adxetivos y-os pronomes que empezan por vocal.
7.º Y-en xeneral, as palabras procliticas (nomes, adxelivos, pronomes, verbos, adverbios, preposiciós, conxunciós e interxeiciós formando entidade fonética cá palabra seguin-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717125.xml
Motores & máquinas CELTA Marca Registrada
Suministros industriales — INSTALACIÓN
Gasolina Petróleo, aceites pesados SHELL
Cubiertas - Cámaras - Macizos BERGOUGHAN - MICHELIN
JOSÉ RAMÓN PÉREZ CID
Progreso, 54 e 90 — OURENSE
Fabricación especial de toda sorte de Cristales ópticos
Execución esmerada das recetas dos señores Médicos Oculistas
(MARCA REGISTRADA)
Praza Mayor, 18 - OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de Ourense
Direitor: Don MANUEL POL PIÑEIRO Cirugía
co-a colaboración dos Doutores
D. FRANCISCO JOSÉ RIONEGRO DÍEZ e D. MANUEL BOUZO FERNÁNDEZ
CIRUGÍA PARTOS E DOENZAS DA MULLER
Situado na carretera da Loña, practicase n-a toda crás d'operacións de Cirugía xeral, especialidades, ginecología, etc., etc.
A pensión é de 10 pesetas diarias, inclusa n-ela a mantenza, material de curas e visitas médicas diarias. As operacións e tratamentos, excepto as de traxo anterior.
Hai Gabinete de RAYO X, aparato de DIATERMIA (pra traxos anexitis, etc.) e o material eléctrico preciso pra diagnósticos e tratamentos.
NOTA: Hai de cote material esterilizado pra operación d'urxencia pra os enfermos que non se poden traxer ó Sanatorio
pros e mais pra partos, adentro e fora da cidade.
Pra informes, pódese escribir a calquera dos médicos do estabelecimento.
OURENSE Carretera da Loña Teléfono 179
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717123.xml
NOS
zas que se non esquecen endelamais, y-escritas co feilio lenro e punxente das Cousas do Castelao, posto por caso, pazos nidiamentos galegos y-engebremente humanos, d'un fondo encanto de hoxe e de todol-os días.
O estilo e o verbo, escolleitos e nobres, d'un engebrismo requintado e preciosista, son os que poldéramos chamar da escola do Cotarelo. Un galego de caste erudita, un pouco arbitrario na ortografía, e un estilo que un poidera dicir de densidade mele.
Istes contos, amparados baixo do rubro do Seminario, van adicados ós nenos d'Irlanda: dos nenos enxendrados no medo, nacidos na dór, criados na fame, e n-unha arrautada de suprema piedá, tamén ós fillos dos verduegos da Eirín. Ist'acordo, coma todo o demais do libro, ten un cheiro consolante de fresca e recendente mocedade.
ALMA TRISTE, por Augusto M. Casas
Augusto M. Casas publicou iste seu pirmeiro libro, en castelán. Chega ben mozo á vida das letras, e cecais por esa causa é iste seu pirmeiro libro é un libro de versos. Por esa causa e por ser galego o autor.
Sonetos de feitlo clásico, d'escorreito endecasilabo, e de sentimento romántico e misieco espresado ás voltas con refinamento concelista. Ten achegamentos de ideas contrarias, e sentimentos que ó exagerarse, van dar no seu oposto. Geito de proceder qu'indica moita leitura dos misiecos especialmente.
Andan apesares d'i
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571712.xml
B O L E T I N M E N S U A L d a C U L T U R A G A L E G A
D I R E I T O R L I T E R A R I O
Vicente Risco
D I R E I T O R A R T Í S T I C O
Alfonso R. Castelao
D I R E I C I Ó N E R E D A C I Ó N
Sto. Domingo, 47 - O U R E N S E
A D E M I N I S T R A C I Ó N:
Real, 36 1.º - A C R U Ñ A
A B O N A M E N T O
Doce números, na Península 6 pesetas
Fora da Península 15
Número solto na Península 1
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30
Pagos adiantados
Este boletín non publica mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que, por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
S U M A R I O
Soneto, por ALVARO MARÍA DE LAS CASAS.
A Regueifa, por LEANDRO CARRÉ.
Sobre o emprego do apóstrofo, por ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL.
A Edade do Ferro na Galiza, por FLORENTINO L. CUEVILLAS.
Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas; pola REDACIÓN.
L E A V O S T E D E A N O S A T E R R A I D E A R I U M D A S I R M A N D A D E S
Administración Real, 36 - A Coruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717127.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571717.xml
NÓS
E daquela encomezaron as embaixadas, o intrés de todos por arranxar aquela custión e poñer paz entre os irmás; en tratar de convencer á filla de que debía continuar á carón de seu pai, que todo había de volver ao rego coa axuda de Deus.
Despois de todo, o caso non era novo. E mais, se ben se quer, era natural que os pais da noiva, denantes de entregar a súa filla, tivesen a certidume de que facían un bon casamento; de que nada lle había de faltar á rapaza. ¿Non era ela o seu tesouro? Pois qué menos habían pedir que unha casa para s'ela agasallar, unhas roupas para se cochare na inverno, unha horta para asegurar o caldino, unha eira para tere onde mallar-o trigo, unha vaquiña para ire criando algún cuxo e mais axudaren no labor, e un cochiño para que o touciño mais algún pernil non mancase?
Se o vello non tiña outro tanto para cada un dos seus fillos, o mal era para a que quedaba, mais o noivo había levar todo aquelo que os pais da moza pedían ou endenon o casoiro desfaciase.
E o noivo que estaba tolo pola rapaza pediu tanto, e de tal sorte, que fose por boas, fose por medo que o vello pillou, o caso é que un día pai e fillo fóronse cabo do périto e en catro prumadas arranxouse a escritura onde constaba que o pai vendíalle ao fillo todo canto tiña: casa, roupas, trebellos, gando, horta, eira... átroco de non sei que débedas que o fillo pagáralle.
Cando a filla soupo tal, desfeita nun río de bágoas fuxiu cara á vila, en procura do agarimo da sua tía Catuxa —a que ofrecera aquela regueifa para a boda— disposta a todo con tal de non volver para a casa na que xa non tiña nada de seu, nen nada podía agardar, como, non fose o ter que lle servir de criada á propia cuñada, aquela Parrula, que se facía dona do que en boa lei habería de lle pertencer á ela cando (Deus fixera que tardara moitos anos) o padre morrese.
A rapaza cavilaba que se ao cabo había ter que servir a alguén, mellor era que fose a xentes alleas que lle pagasen os seus servizos. E así marchouse para a vila sen sequer despedirse das suas xentes.
O vello se non decatou da ausencia da sua filla hastra a hora de xantar. Daquela encomezou a chamar por ela a berros, pola casa adiante; e metíase na corte, ou subía ao sobrado, entraba na adega... Despois pola eira, polo quintiero. En valuto, a filla non respondía nen aparecía por ningures.
O fillo iba en San Vicencio, reloucando de ledicia, pra lle dar a boa nova á sua noiva, e mais aos pais, que agardaban a resposta aínda con maor desacougo que a rapaza; que ao cabo á ela gustáballe o mozo e o mozo quería se fose ben coberto de bens ¡cata que demoro!.. mais por eso, inda sen que levara grande cousa, o non había despreciar, que un home lanzal coma aquel seu Xerónimo, e tan paroleiro, non era cousa de o rexeltar.
E o vello atopándose só e sentindo fame, berraba —Ou Lela, Lelaa!— e vendo a inutilidade dos seus berros —Condanada rapaza condenada!— e refungaba coxando na testa sen sabere o que había facer.
Andivo cacheando pola artesa, pola alacena da cociña... e nen cousa atopou que levar á boca.
Non, pois á casa do compadre non iba pedir que lle deran o caldo; para que lle sermonearan, para que lle dixesen: ¿E ti pra que deixaches a rapaza esguia? Vel'ahi tes agora; o rapapaz boa duda ten, que coa sua muller hase d'arranxar, mais ti ¿cómo vas te amañar sen ela? ¿quen che fará o compango? ¿quen che val albendrar? ¿Se o pensaras, Chinto, se o pensaras!— E ben sabía el que aquelo non era xusto, mais, as cousas veñen así, non hai modo de lles fuxir.
E mentras daba voltas pola casa adiante, rosmando e falando só, ameazaba co pau, que lle facia de caxado para tre dunha banda á outra co seu corpachón grasoso e entumecido pola gota.
—¡Se te pillara! ¡Condanada!
Ao cabo non podía máis, e sentouse na pía onde pisaban o toxo da besta á carón da porta, baixo o alpendre, e ali agardou pacientemente os acontecementos.
Pola tardiña chegou a nova. Lela iba na vila; estaba en cas da tía Catuxa, e contáralle todo canto liña pasado. O mais peor foi que a tía Catuxa, que ofrecera ire á boda e levar aquela consabida regueifa grande coma unha roda adornada de froriñas de zucre e ovo, culo ofrecimento chamara tanto a atención na aldea, indinada polo feito da escritura, xurara que
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717119.xml
NÓS
Moi incompreto E distinto do que trae Ballesteros (Cancionero popular gallego t 1.ª pag. 97).
Foi recollido en Senra por R. MARTINEZ LOPEZ do Seminario de Estudos Galegos.
FALAR DOS ANIMAES
O que din os corvos
Caava, caava, caava...
Si queres a pedra,
tíralle a terra
canteiro de m...
(En Tenoiro, Colovade)
Recollido por F. B. B.
Adiviñanza
Dende Sant-lago hastra A Cruña
sen moverse aló chegou.
Se choveu mollouse abondo
senón enxoito quedou. O camiño
(En Sant-lago)
Recollido por F. B. B.
O xogo da raqueta
Sentadas arredor todal-as cativas que xogan, cada unha pon as suas maus estasas co a palma n-os xionllos. Entón unha d'as nenas vai beliscando un por un os cotobelos de cada mau ao tempo que di así:
Dedin, dedin
de repiniquin
cuando el Rev
por aquí pasó
siete aves convidó
solo una que dejó
ni para ti,
ni para mi,
ni para el Rey de Portugal.
Cabezoín, cabezoán
vaite deitar
ao niño d'o can.
Finando de dicir esto, enguruña o cotobelo miñique. E logo repitese o ro-
mance pra cada un dos catro cotobelos longos de cada mau.
Fan así todal-as nenas unha por unha e cando xa todas teñen as maus pe-
chas, póñenas unhas riba das outras al-
ternadamente. Cando a columna está así
feita, pergunta unha nena:
-¿Qué é esta?
-A raqueta (Contestan todas)
-¿Qué hay por dentro?
-Pan valorento.
-¿Qué hay por fora?
-Pan de riola.
-Vamos tocar un pouquiño a zan-
fona.
Entón comienzan todas a movel-os puños imitando coa boca pecha o zoar d'o avesouro e precurando non se rir. A que se ri, panda.
Panda no colo d'a que ten o seu frente e as outras poñenll'as maus n-as costas enguruiñando os cotobelos a ca-
pricho. E moi a prisa dinlle así:
Tincolín, tincolán.
Pol-a vila, vila van
al palacio, la cocina.
¿Cántos dedos tés encima?
Se non atina, repítese outra vez y-outro hastra que atine. Entón érguese y-o xogo volve emprencipiar.
Nota.— Iste xogo é unha variante dos Contos de Pico, pico, mazarico, e Pinto, Pinto, gorgorito. Soilo coñe-
cemos un d'istes últimos, recollido en Castela por D. José María Azpeurritia, onde se nomea a Portugal o dicir:
Pinto, pinto, gorgorito
saca la vaca de veinticinco.
De que lugar
de Portugal.
E a todos os outors, e no que da-
mos hoxe, é común a alusión ao Rey y a Reina.
Recollido en Carino, Condado d'Ortigueira.
por BEN - CHO - SHEY.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717122.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
la Nosa Patria foi copiada e-estudiada por l en Madrid. Xuntos a eles certas obras xa publicadas menores en número e superiores en mérito que gaben aos galegos debense a coñecer moitos datos pra formar a idea que de nos se fivo.
Pol-o demais o Seminario prepara iste ano unha grande e continuada laboura. A intensificación dos traballos bibliográficos, a ordeazón dun catálogo da lingua, a feitura dun vocabulario castelán-galego, a reconstitución galega do Coloci Brancuti, e mais que nada a creación dun Gabinete Antropométrico, dirixido pol-os Drs. Cerdaso e Rovira Carreró, e de dúas seccións de ciencias naturais, bioloxía e análise químico de terreos galegos darannos moito que gabar neste ano.
Tamén colleu o Seminario unha boa abada de novos socios, entre-os que topan a P. Atanasio López, D. Casto Sampedro o coengo Sr. Portela Pazos i-os alumnos da Universidade de Ramos Fernández, Castroviejo y Blanco Cicerón, Lugrís, Lousada e Noia.
Da Biblioteca do Seminario que salu c-unha fermosísima obra de Filgueira Valverde e que seguirá con outras de Castelao, Otero Pedralo, etc. falamos en outro lugar. N-outras sesións foron propostos pra correspondentes Mr. Frankowski e o noso ilustre colaborador Phileas Lebesgue, e pra socios, os Sres. Correa Calderón e Espinosa. Xavier Pardo leeu a sua tradución de La Legende de la Mort dans la Basse Bretagne de Le Braz, e o Dr. Cabeza unhas concruslós sobr'a obra de Bellrán y Róz pide Colón, genovés.
Da dirección da sección de Geoloxía encargouse D. Isidro Parga Pondal. Estanse facendo os traballos preparatorios pra inicial-o Museo Etnográfico, e tamén se tomaron acordos encol do Archivo de Galiza.
En xaneiro terá o Seminario unha sesión de homaxe a D.ª Carolina Michaelis de Vasconcellos.
T. C. F.
LIBROS
IDEARIUM REGIONALISTA. Esquema sintético de la evolución regionalista ibérica, por José García Acuña, Cruña 1925.
En 234 páxinas, pequenas, pero mestas e aproveitadas, cheas de fundamento da erudición histórica e política, ofércenos o Sr. García Acuña o seu pensar focantes ó regionalismo. É un traballo que o autor presentou en 1918 a un Certame que houbo en Santiago co gallo da Semán regionalista, e que publicou despois en folleto en El Noroeste da Cruña. O tradutor de Charles Brun e de Duguit, o repousado e documentado doutrinarista agrario
NÓS
e político, amostra eiquí ben com'esta ó corrente da historia social de España, da que fai unha clara interpretación, e mais das derradeiros solucións do dereito público europeo. Moito hai pra deprender n-iste libriño, aínda prós que, com'o seu prologador, Antón Villar Ponte, e o autor d'esta nota tamén, non estamos conformes con certas concruslós das que o Sr. García Acuña sostén.
O Idearium Regionalista contén unha doutrina do mesmo espírito que a esposta por Brañas en El Regionalismo, embora, a pesar do qu'insiste na concepción do regionalismo coma sentimento, haxa n-iste libro menos apaixonamento que no do gran Precursor. Crar está qu'o de García Acuña é un libro moderno, un libro de hoxe; e ademais que toca somentes o problema político, deixando fora o problema espiritual, que é no quenós, os d'agora, nos fixamos mais afincadamente. Compre ter en conta estas dúas circunstancias. Mais, sen deixarmos de telas presentes, tamén compre dicir que, no tocantes ás reivindicacións galegas e regionalistas en xeral, non adianta unha pasada mais adiante que Brañas. E coma queira qu'o pensamento galeguista andivo n-istes derradeiros anos moito camiño, sobre todo na mocidade, n-iste aspeuto, de García Acuña, val resultar ós ollos dos rapaces d'agora un pouco inautual.
Non por iso deixa de ser útil pra mats do 70 por cen dos leitores galegos, dende logo, pra todos eles, aínda pró outro 30 por cen, pol-o moito que n-il se pode deprender de doutrina política, anque sexa pra fundamentar un criterio moito mais avanzado, pois moitos dos que o facemos, non é co-a sólida documentación do Idearium Regionalista. Despois de todo, n-il trasparez a idea federal, que hoxe val ganando moito creto nas aforas do galeguismo. N-il resulta afirmada con -convencimento, e coma necesidade normativa suprema, a variedade da España, e posio no primeiro termo como suposto preciso pra toda renovación política vital, o problema que tal variedade prantea. E esto aínda é moito pra moita xente.
OS NENOS, por Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, 1925 Edición Lar
Co-iste libro comenzase a Biblioteca do Seminario d'Estudos Galegos. Unha linda plaquette de trinta eito páxinas, c'unha lámina e fermosas iniciás moi modernas de Luís Pintos Fonseca, que teñen unha lonxa imitenza co-as qu'André Derain puxera en L'Enchanteur ponmisant de G. Apollinaire.
Cada unha das quince iniciás principia un conto ou pazo, sen rótulo titular, breves, feitos e sentidos con lembranzas de cando o autor era neno, co-esas fondas impresións primeiri-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717111.xml
NOS
proclítica, á que pode apricárselle o que xa dixemos da preposición de.
Si non está xustificada a elisión do e de que, tampouco ten razón de ser nosseus compostos.
Cuarto caso. - A preposición con altérase formando as seguintes combinacións, que primeiro escribiremos foneticamente, para ver logo, como resultado do esame e comparanza das mesmas, de que xelto convén representalas:
Cô articulo determinante da co, coa=ca, cos, coas=cas.
Cô indeterminante da cun, cunha, cus, cunhas.
Cós pronomes persoais el=il, ela, elo da coél=coil, coéla, coélo.
Cós demostrativos da coéste=coiste, cóese=coise, coaquéi=coaquil.
En total-as combinacións anteditas o que pasa fundamentalmente é que a preposición con perde o n.
Xunta a forma co resultante cós artigos o, a, os, as, outíxose co o=có, co, a=cá, co os=cós, co as=cás.
Débase, pois, escribir có, cá, cós, cás, denotando a condición longa da vocal mediante o acento circunfrexo.
Algús valense do apóstrofo (c'o, c'a, c'os, c'as), pero xuzgamos preferibles as formas con circunfrexo por mais esautas.
Tamén se pode usar coa por ea e coas por cas, que innecesariamente fan molt co-a, co-as.
A preposición elítica co xunta có artigo indeterminante funde o o no u —con que empézan total-as formas de este artigo— debido á proximidade dos referidos sons. O procedente, pois, xa que non se adoulen as formas de contraición que resultan de escribir foneticamente—e non hai razón fundamental en contrario—é que se representen as ditas formas denotando có apóstrofo a perda do o: c'un, c'unha, c'us, c'unhas. Non queremos ser tan reformistas como para chegar a preconizar n'este particular a ortografía fonética, Inda que o poidéramos asimilar á da combinación de co y-o artigo determinante. Por esta vez vámonos cá prá res, en razón, precisamente, de esa mesma unanimidade.
Tratándose dos persoais e dos demostrativos, o elemento co si non se quer deixar inte-
gra a preposición, debe pórse separado, a medio de un guión indicador da perda do n. Non procede a xuntanza dos dous elementos na escritura sin o guión, porque así quedaría dubt-
dosa a pronunciación e leríase que acentara valéndonos de acentos, o que non sería mais ventaxoso que a intercalación de aquél sino. Pol-o lanto, adoutaremos esta ortografía: co-el=co-il, co-ela, co-elo; co-este=co-iste, co-ese=co-ise, co-aquel=coaquil, co-ise resultan mais eufónicas, por efecto da disimilación de voces.
Hai quen emprega o apóstrofo en lugar do guión: pero, a mais de que os que tal fan son os menos, convén non esquecer que o apóstrofo denota elisión de voces e non de conso-
nantes.
Quinto caso. - O adverbio non diante os verbos que empézan por vocal e diante os pro-
nomes o, a, os, as pode perder-o n derradeiro, de xelto parecido ó que socede cá preposi-
ción con.
Ese adverbio non, si non se quer conserva-
lo íntegro, convírtese diante o verbo que empéza por vocal en no— ou en n v. gr.: no-ha-
bla, n'había. É preferible a segunda maneira por mais eufónica.
Diante os indicados pronomes o, a, os, as cabe que o adverbio non quede inalterable se-
guido de guión para indicar-o enlace do n fi-
nal cós pronomes, ou ben que forme contrai-
ción co-iles.
Exempros de cando non permanece inalterabre: non-o viron, non-a deixaron, non-os tru-
gueron, non-as colleron.
Cando non se contrai cós pronomes estamos n'un caso igual ó de có, cá, cós, cás.
Así lemos: no o=nó, no a=ná, no os=nós, no as=nás.
Preferimos, pois, as formas nó, ná, nós, nás, contra as de apóstrofo que algúns usan (n'o, n'a, n'os, n'as), as que, en todo caso, serían proplas mais ben—si foran necesarias, que nó son—para denolar a redución n da preposición en có artigo determinante; y-ad-
mitimos tamén noa e noas analogamente a coa e coas.
Exempros da contraición de non cós pronomes o, a, os, as: nó viron, ná deixaron, ou
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571716.xml
fillo do tío Chinto to do Couto iba casar c'unha moza de San Vicencio, branquiña e miuda, e mais d'un andar lan xeitosiño que lle valera o alcume de «A Parrula». Gusláralle ao mozo, faláronse, tunaron xuntos unhas cantas noites das adicadas ao parrafeo, e por romale un e outro alopáronse tal e cal como para facer xuntolro ante a benzón do señor abade.
Dixéronllo aos pais, e todo parescía ir ben. Xa se fixeran as visitas de ritual entre o pai do mozo, que fora un día de Santiago á cabalo da sua besta locindo a cumprida capa das grande solenidades e cochándose do sol c'un bon paraugas vermello que podía cobrir unha familia enteira. Recibírao o pai da rapaza nacancelada elra, ataviado co seu traje de somonte, no que os belós de prata poñían un aquel de riqueza, e a sua camisa de lino mais fina que unha seda.
Conforme chegou o vello de San Xián, o seu futuro consogro axudouno á descer da besta, porque a gota tíñao cáseque eibado, e convidouno logo c'un xerro de viño da propia colleita que mesmo era un regalo.
Falárase naquela ocasión do que cada un dos rapaces había de levar, e se ben non quedaron do todo d'acordo en certos pormenores que ao tío Chinto parecíanlle moito pidir, e que xa pensaría con vagar, trocdronse noustante os consabidos presentes, e haste sinalarase o día en que podería se celebrar o casamento; mais un acontecemento extraordinario e inesperado veu de súpeto obrigar á que se adlara a cerimonia nupcial.
A irmá do nolvo, Lela do Couto, desapareceu da casa unha mañá.
Cando se soupo a nova, o disgusto foi de billo, e a verdade é que a cousa non era para menos: á mals de que, por consecuencia da fuxida de Lela da casa paterna, falábase de que a tía Caluxa, que ofrecera unha grande regueifa para a boda, volvérase atrás do seu ofrecemento.
Todos os da familia pregoaron fachendosamente pola aldea que a tía Caluxa, rica len-deira que moraba na vila, había mandar unha regueifa grande coma a roda d'un carro para coroar o farturento xantar da boda. Xa se relambían os belzos pensando no doce, e a súpela noticia de que o pan d'ovo e zucre quedaba suspendido deixounos abrayados.
Tiña razón Lela en facer o que fixo, non había dúbida; non estaba ben que delxaran esguia á rapaza entramentres o fillo quedábase coa casa e con todo canto había nela, en brancura, en gando, en trebellos; haste a eira co seu palleiro recén feito e mail-o hórreo onde encomezaban á se acubulare as primeiras espigas do millo da nova colleita.
Non, aquelo non estaba ben; mais por eso, que os demais se viran privados de rillar o pan doce e delxaran de saborear a rosca de zucre e canela que se desfal na boca babosa de pracer, eso era moilo castigo pra non teren culpa algunha.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571713.xml
A importancia da pubricación
L A R
non precisa pregoarse
Vexa vostede calquera dos números pubricados e quedará satisfeito
Todal-as novelas son inéditas e orixinales dos millores escritores galegos.
Se vostede é amante das boas letras debe suscribirse á
L A R
Coste de cada número 30 céntimos
Suscricion a 6 números 1'60
Administración: Real, 36-1.° A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/11571715.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VI ★ Ourense 15 Nadal 1925 ★ Núm. 24
Chorai, choral o pe d'a Dolorosa,
nai sin ventura, esconsolada nai,
chorai por Cristo qu'en pasión gloriosa
morreu por todos nos. ¡Nenas, chorail
Quérote ver a ti tamén chorosa,
miñ'amiguiña por chorar quedai
n-a irexa fria, longa y-espaciosa,
n-as horas tristes en que ninguén hai.
Chora tamén por El, meu amor, chora;
mais o lembrarte d'a subrime hora
en que morreu de Galilea o Rabí,
Acórdate das miñas agonías
n-estas tardes saudosas, mouras, frias,
en qu-a morrer estou, ¡tamén por til
ALVARO MARÍA DE LAS CASAS.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717114.xml
10
parte das doas de vidro ou de barro que s'ata-
pan por certo ben d'abondo na cibdade de San
Ciprián de Lás, e tal suposición na creenza
nos espritos inferiores, n-esta pequena reli-
gião dos elementales robustécese mais ó ver com'a-
cochadiña na sua miudeza, sigue vivindo no
folk-lore da nosa terra, namentral-os deuses
guerreiros, os dos ríos y-os dos montes, tan
lemidos qu'ocasionaban verdadeiros labús
com'o do Limia y-o de Monte Sagrado, fuxi-
ron pra non voltaren, non deixando de si mais
lembranza qu'a morta e reseca qu'atopamos
nas follas d'un texto ou nas letras d'unha
lápida.
IX
A VIDA ECONÓMICA
A Galiza da Edade do Ferro foi, asegún
se tira dos autores gregos e latinos, un país de
metás, de bosques e de gando, y-á velra d'es-
tas principais fontes de riqueza, iniciábastunha
agricultura adicada de preferencia á precura
dos graos e do liño.
Os jacimentos metaliferos do chán galego
son gabados acesamente por case todol-os au-
tores que d'iles s'ocuparon. Asegún Posidonio,
(1) había no país dos Ártabros, grande
fartura d'ouro, estano, prata e promo. Strabon
(2) fala do estano e do promo das Cassitérides.
Alusiés ás minas galegas alcóntrans'en Marcial,
(3) Plinio, (4) Sillo, (5) Claudiano (6) e
Solino (7).
*País feliz, que ten d'abondo froitos e ga-
dos,* chama Strabon (8) á nosa terra. Lembran-
zas da fartura de caza nos seus montes e
de pesca no seu mar, alcóntranse en Marcial.
(9) Plinio (10) Gracio (11) e Justino (12) din
qu'os cabalos galegos eran fortes, de paso
suave e bós trepadores. Qu'as nosas terras
no tempo da conquista romana, estaban co-
bertas de bosque, sabémolo por Orosio, (13)
e que n-isles bosques debía haber moilos ca-
(1) In Strabon III, III, 2.
(2) III, V, 2.
(3) Libro X, epigr. 16.
(4) Libro III, 21.
(5) Libro II.
(6) Gabanza a Serena.
(7) XXIII, 10.
(8) III, III, 5.
(9) Libro X, epigr. 37.
(10) VIII, 67.
(11) SII, 67, por Schulten in Hispania, pág., 64.
(12) XLIV, 5.
(13) VI, 21.
NÓS
ballos e teixos, tírase d'un pasaxe da Geo-
graphica (1) e d'unha alusión de Floro. (2) Os
muifios de mau culo achádego é case costante
en castros e citanlas, amosiran qu'os graos
eran elquí cultivados, y-o párrafo de Plinio
adicado ó liño de Zoela, (3) denuncia a pre-
cura d'esta pranta textil.
O aproveitamento de taes riquezas estaba
com'é natural, en relación co-as sinxelas ne-
cesidás dos povos d'aquil entón. Os minerás
da terra dos Ártabros, (y-é de supor qu'esta
referencia alude principalmente ó ouro) eran
asegún Posidonio, (4) recollidos pol-as mu-
lleres ó seren arrastrados pol-as correntes dos
rios, e lavados despois en guelpos de vimio.
A esprolación do ferro, do cobre e do estano
debia reducirse a apañal-os minerás que se
presentaban a flor de terra, coma di Plinio, (5)
ou á cavar nos filós superficiás, com'asegura
Posidonio, mais sin chegar cecals a prauticar
verdadeiras minas. A precura dos graos nen
era tan intensa que permilira escrulr o pan
feito de fariña de landras de que fala Strabon,
(6) y-o fiado e tecido do liño e da lá, serian
sin dúbida industria caseira e familiar, coma
foron hastra fal pouco nas nosas aldeas.
Mais qu'o pesar da sinxeleza dos seus pro-
cedementos, tiñan os galegos certa habilidade
industrial, dicenol-o felio de que moitos pro-
dutos saídos das suas maus tiveran en Roma
boa acollida. O liño de Zoela, emprincipiaba
a usarse no tempo de Plinio sobre todo pra
traxes de caza, sin dúbida pol-o resistente e
forte do seu fio e de sua erdume; os capas
de lá de Galiza son mencionadas por Marcial;
(7) Trogo Pompeyo (8) gaba as espadas
feitas co noso ferro, y-o Bilbilitano (9)
canta mals d'unha vez no seus epigramas as
copas douradas de Galiza, co que ven confir-
mar a habilidade técnica que Silio (10) atribule
ós cinceladores das armas d'Annibal, referen-
cia qu'anque non leña o valor rigoroso que
llederon algús historiadores regionás, demostra
pol-o menos a sona que nas artes ourivesarias
(1) III, III, 7.
(2) IV—19.
(3) XIX, 11.
(4) In Strabon III, III, 1.
(5) XXIV, 47.
(6) III, III, 7.
(7) Cit. por Murguía, Hist. de Galicia, I, 1, 1 edición.
(8) XIX, 11.
(9) Libro IV, epigr. 39. Libro XIV, 95.
(10) Libro II.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717113.xml
NÓS
A EDADE DO FERRO NA GALIZA
(Proseguimento)
En col dos ritos funerarios, das cerimonias necrolátricas e da religión familiar dos espíritos dos antepasados, que deberon ter en Galiza importancia individávele, carecemos case en ausoluto d'informacións. Os textos, salvo a descrición dos funerais de Viriato, que nos deixou Applano e que dada a incerteza que reina respecto ó lugar onde se celebraron, non pod'aproveltarse a noso caso, nada din sobre este particular, y-en canto á arqueologia, lá dixemos que a nosa terra é escasisema en enterramentos da Edade do Ferro. Murguía lembra asi etodo na sua Historia, (1) un torques e uns frenos de cabalo, alcontrados dí ll n-unhas mámoas. De ser cerlas estas noticias, teriamos un dato relativo á persistencia en Galiza do túmulo hallsfattiano, que d'eisistir, debeu e volucionar mais tarde á tumba plana con estelas ó gelio das que s'erguían nas necrópolis castelás, anqu'habendo antr'elas a diferencia d'apareceren as galegas decoradas ás veces, co-a svástika, co-a roda ou con figuras estelares, y-estar faltas de todo adorno as de Castela. Hai pouco comunicoume o meu amigo Arturo Noguerol, o achádego no Castro de Morgade d'unha sepultura coberta por unha pedra que tiña esculpido un signo cruciforme, Igoa a outros das cítanias portuguesas do Miño, e que non abrigaba mais mobiliario qu'a furna cine-raria, que rompeu o labrego que fixo a descoberta. Teñen tamén asegún Lelte de Vasconcellos (2) caraute funerario, as célebres estaluas dos guerreiros lusitanos, unha das quaes, aparecida na provincia d'Ourense, conservaba ainda a iscripción: Adrono Verofi, qu'ó parecer, é o nome do morto repersentado en efixe, acompañado do seu pai: Adrono Verofi filius (3). Do mesmo caraute funerario gozan pr'o autor das Religiões da Lusitania, as esculturas de pedra que figurando porcos, andan lan vastas na arqueologia do N de Portugal, e ta-ren en Castela, y-alnda na Vas cuio orige e desliño tar.to se ten discutido, e que de ter valor necrolátrico, cecais estean relaclonadas cos porcos bravos culos restos aparecen acompañando os dos Jefes galos da Marne, (1). Pero a mais d'istes cultos dos mortos, a mais da creencia nas divinidás guerreiras pro-teutoras das tribus, e dos deuses das fontes, dos ríos, dos bosques e das montanas, o mun-do religioso dos galegos protohistóricos, debía estar povoado por Infinito número d'espritos inferiores, qu'asegún a sua condición boa ou ruin, precisábase agarimar ou afastar. As doendas persoas e dos gandos, a perda d'unha colleita, y-asira, cousas miudas, o lume do fogar que non s'alcende, o fio de lá ou de liño que se creba no tear ou na roca, eran atribuldos seguramente ó influxo gafante d'aqueles espíritos nemigos do home, que pra prolegerse contra d'eles, valiase de signos profiláuticos, coma eran o triskeles y-o tetraskeles, as svás-tikas y-as figuras cruciformes escullurados en cen pedras dos castros, coma profiláuticos eran asi mesmo, os pentaclos y-os riscos de Salomón que se ven grabados en fusalolas, vasixas, e pesos de tear recollidos en Santa Olaya, (2) e sentido amulélico, acochado na sua forma, na sua materia, na sua coor, ou no seu dibuxo, debían ter todas ou polo menos
(1) El edición t. I.
(2) Religiones da Lusitania, t. III.
(3) C. I. L. 2919.
(1) Estas representacións de porcos debían ter a mais d'un valor necrolátrico (esculturas con inscripción latina e ainda lápides adornadas con porcos en releve. Vex. P. Francisco Manuel Alves. O Castro de Sacões. O Arqueólogo Português, vol. XXII, pag. 817) un valor amulélico, já que se patraihab con frequência, em castros portugueses, e em especial no de Santa Olaya (Vex. Gómez Moreno. La religión de la España V. T. Gemina Ilustrada, B. de la Academia de la Historia, LIV, e assi mesmo P. Fita, Epigrafía Iberica y Griega de Cardeñosa, Avila, Loc. cit. t. LVI, 291).
(2) Santa Rocha; Santa Olaya, Portugalis, t. II. assemps. XXVI, XXVII e XXIX.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717115.xml
NÓS
tiñan os galegos, debendo lembrarnos tamén a lste respeito, coma fai Hubner, de que Mesdamus, (1) o artista que firma as faleras de Lauersfortium, leva un nome que figura ben vezes na epigrafía latina das duas ribeiras do Miño.
Mais já denantes da conquista romana, denantes de qu'a nossa terra entrara no comércio do Império e se vira cruzada de caminhos e penetrada pol-a civilização do Lacio, facíase n-ela um comércio cuja intensidade variaria seguramente, asegún as diferentes vicissitudes por qu'atravesaron os povos com quen tal comércio se realizaba. A iste trato refírese seguramente Avieno (2) ó falar das expedições tartésias ás Illas Oestrimnicas, e mais a miúdo Strabon, (3) que cecals toma de Pytheas algús dos seus dados, ó tratar das Cassitérides. Re» collían n-elas os estrangeiros, en primeiro lugar, o estano y-o promo, e também peles e vasilhas de barro, e deixando no seu canto, oujetos de bronze, sal e viño. Hai que confessar así e todo, que tal comércio, pol-o que fal rela» clón ós oujetos de bronze, non delxou sinal nas nosas estações protohistóricas, onde todo o qu'aparece feito co-aquela aleação ten un caraute ben indígena; pero podemos atribuirle en troques, algús testos d'ánforas e de cerâmicas á roda qu'apareceron nas nas nossas cita» nias e nas portuguesas do Miño. (4)
E pra rematar, farel notar qu'o caraute in» dustrial y-hastra artísteco mais marcado dos galegos da Edade do Ferro, a sua habilidade nas obras metalúrgicas coincide co que Dechelette ouserva respeito dos Galos. Despois de lembrar iste autor a tradição conservada por Plínio relativa ó estabelecimento en Roma, denantes da guerra de Breno, do ferreiro Helvecio Helicon, o que demonstra o apreciados qu'eram dende tempos ben antigos n-aquela cidade, os traballos dos metalúrgicos transalpinos, di: «Les anciens e notamment Cesar, ont été frappés de l'habileté des forgerons gaulois.» E mais adiante, engade: «Au dire de Varron; la colte de mailles était une invention d'origine celtique; or, la fabrication de cette armure exige une grande habileté technique, et
(1) C. L. L. 2520.
(2) Ora Marítima.
(3) III, V, 2.
(4) Vex. Santos Roche. Ob. cit. e Alves Pereira, Cinegética e Arqueológica O Archeológico Portugués. vol., XX, pág. 234.
quand bien meme l'information de l'auteur latin serait inexacte, le seul fait qu'il l'ait accepté démontre que l'adresse des forgerons gaulois, etait alors tenue en haute estime. (1)
X
OS USOS Y-OS COSTUMES
Ó ocuparse o geógrafo d'Amasi (2) dos usos e costumes dos antigos galegos, estabelece diferenças antros que viviam nas ribeiras do Douro, os qu'habitaban as montanhas, y-os moradores das Illas Cassitérides.
Di dos primeiros: «Os que vivem perto da corrente do Douro, têm costumes lacónicos: untam-se duas vezes o corpo, usan vasos cocidos com pedras quentes e lavam-se co-a y-aug a fria; frugalmente comem d'un só alimento e depois engade pol-o que respira ós montanheses: «Beben auga, deitam-se no chão, fan cair longamente o cabelo das mulleres, facen-do ademais qu'a faciana fique velada pol-a milra. Comem sobre todo castrós... Alimentan-se duas partes do ano, coas landras dos carballos secas y-esmagadas, logo, moendas. Fan pan d'esta fariña, y-asi gardana pro resto do ano. Usan tamén cervexa; têm pouco viño y-o que recebem gástano logo cos amigos en ledos banquetes. A mantelga fal antriiles o uso do aceite. Comem sentados en roda, e têm á veira das paredes assentos priste uso. Ó comerem dan os primeiros lugares á edade y-á dinidade; á hora de beberem, levan bailarins que dançam con música de flautas e trompetas, choutando, axoenllándose, e incrinando o corpo reutamente... Usan vasilhas de madeira comos Celtas... Os que vivem no interior das terras, usan de cambios en vez de diñeiro, ou dan anacos de folla de prata. Os condenados á morte bótanos atados dend'Irtos penedos; os fratricidas, sacados fora dos limites, son mortos a cantazos. Fan os casamentos á moda grega Espoñen os enfermos nos camiños, seguindo o vello costume dos Egipcios, pra qu'os aconsellen os que têm esperiencia do seu mal. Hasira Bruto, usaban embarcações de coiro, por mor das lagúas e inundacións, agora certamente úsase pouco d'istes barcos. O seu sal é roxo, per'o moelo faise branco.
(1) Manual, t. II, págs. 550-551.
(2) III, III, 7 e III, V, 2.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717128.xml
Sastrería CRECENTE IRMANS
A MILLOR DE GALICIA
REAL, 28 -1.º
TELÉFONO 180
A CRUÑA
F. ROMÁN E SACO
DROGUERÍA
E FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
AXIRA
APARECERÁ
COUSAS
POR
CASTELAO
LEA VOSTEDE A
NOVELA MENSUAL
LAR
SUSCRIPCIÓN A 6 NÚMEROS 1'60 PESETAS
Administración e imprenta
REAL, 36 1.º
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717126.xml
Púxose á venda o primeiro volume da Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos
OS NENOS
por Xosé Filgueira Valverde,
Pida o seu exemprar a Adeministración de LAR
Real 36 -- 1.º A Cruña
Xa apareceu o primeiro volume da
BIBLIOTECA TEATRAL “LAR”
que comprende a comedia
O Corazón d’un Pedáneo
orixinal de
Leandro Carré Alvarellos
Seguirá A Biblioteca de novelas Galegas, que pubricará grandes novelas orixinales dos millores escritores da nosa Terra
Os suscritores da pubricación de nove-
las curtas LAR terán ventaxas para
a adquisición de estas obras
Imprenta LAR
REAL, 36 1.º - A CRUÑA
TRASMITA OS SEUS
ENCARGOS TIPOGRA-
FICOS A ESTA IMPRENTA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717120.xml
16 Otros variantes:
O de «Dedín, dedín» dícese tamén asina:
Pin, pin,
Zaramaca pin,
cuando el Rey
por aquí pasó
a todas las aves convidó,
solo una que voló
Zape, gache
Vete a esconder
detrás de la puerta
de San Miguel.
Emprégase, ben pra botal-a sorte pros escondites, ben pra marcar o que panda no xogo de Picote la berza. N-iste, panda no colo do que dirixe, e un dos outros, dálle un moxegón no traseiro, e o que dirixe, dicelle:
—Quen te picou?
—A berza — responde o que panda.
—Quien te picó que aparezca.
Érguese e busca ó que o picou. Si o atopa, panda iste; si non, sigue pandando ata qu'o atope.
O dos puños un por riba do outro é outro xogo, que n-Ourense é asina:
Vanse señalando os puños e preguntando:
—Pun puñete,
—Pun puñete.
—Que hai por dentro?
—Pan e formenlo.
—Que hai por fora?
—Pan e miola.
—A miolar, a miolar
E o que ria ha de parar.
E fan coma se dí no anterior.
N-Allariz, ó perguntar por cada un dos puños: «Que é esto?», respóndese:
—Pun puñete; ó chegar ó derradeiro respóndese: Unha uña negra», y-enton ven o de «Que hai por dentro, etc.
O de «Ticotín, ticotán», en Caldelas faguíano dando alternado no lombo do que panda cos cotenos e os cóbedos, rematando por poñer os dedos, e dicindo:
De codín, de codán,
de la cuerda, cordobán,
del Palacio a la cocina,
cuantos dedos hai encima?
De todos iles hai variantes no tomo de Miscelánea da Biblioteca de las tradiciones populares españolas de Machado.
V. R.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717110.xml
6
te) cando van ante vocal, especialmente si ésta é igual á final de aquelas.
Como se ve, variadísimo é o emprego do apóstrofo, dando orixe a unha escritura de práctica moi difícil y-a unha leitura non mais doada.
Compre agora que estudiemos un por un os casos ditos, para si o apóstrofo pode ou non deixar de usarse, atendendo a razóns puramente gramaticais e tamén á mor facilidade tanto para o que escribe como para o que le.
Primeiro caso. — Non coidamos necesario o emprego do apóstrofo cá preposición de.
Esta preposición dou lugar, có artigo determinante, ás contraicións do, da, dos, das, que escribiron, e inda algúns escriben, d'o, d'a, d'os, d'as. ¿Para que este apóstrofo, como non sexa para dificultar-a leitura y-a escritura? Os mais dos autores tiveron xa o bo acordo de suprimilo. Os portugueses non-o empregan. En castelán tampouco se escribe d'el.
Nos demais casos en que a preposición de antepónse a unha vocal, non hai mor dificultade en que aquéla se conserve integra.
Folga a discusión cando a palabra que segue empeza por e. Para os efectos da pronunciación ¿que mais ten escribir hei de estar ali que hei de estar ali?
No tocante ás palabras que empezan por outra vocal que non sexa e, tampouco se precisa o apóstrofo.
Abonde como exemplo o seguinte cantar popular, que damos escrito cá ortografía tradicional:
*Si chove deixa chover,
si orballa deixa orballar,
qu'eu ben sei d'un abriguiño,
onde m'hei d'ir abrigar*.
Poñamos agora os dous derradeiros versos na ortografía que preconizamos, y-observemos que a pronunciación ven a ser-a mesma:
*que eu ben sei de un abriguiño
onde me hel de ir abrigar*.
O e neste caso, coma n'outros semellantes, é ausorvido y-escurecido pol-a vocal da palabra seguinte, debido a mor sinificación que esta palabra ten sempre, faguéndose esto de seu, sin precisión de indicalo na escritura. Y-a mais de ser así ¿acaso non val nada a comeza de conservar enteiras as palabras, en
NÓS
atención á comodidade ortográfica y-á facilidade para o leitor?
Segundo caso. — Canto acabamos de dicir pode aplicarse ós pronomes proclíticos me, te, se, che, lle. Asi pois, escribirase: non me atentes, cando te atope, non se apure, non che ha de valer, non lle andes con voltas.
Por exceición, cando as formas me, che, lle anteceden ós pronomes e, a, os, as, convén escribilas elidindo o e e faguendo unha soila palabra co-istos, asi: mo, ma, mos, mas, cho, cha, chos, chas; llo, lla, llos, llas. Exempros: cando me levou, sempre que llo dixen, nunca chas pideu, xa llo recomendei; colleumo, douchas, mandoullo. Trátase de contraicións análogas ás de preposición y-artigo do, da, dos, das. Probado o innecesario do apóstrofo para éstas ¿a qué conservalo nas outras?
Pero cando as ditas formas me, che, lle, posposias inmediatamente ó verbo, anteceden ós artigos o, a os, as, non deben sofrir elisión. A razón é que os mentados pronomes forman co verbo unha soila palabra, cuya integridade é mester respetar, y-os artigos son palabras distintas que van aparte. Exempros: axustoulle as contas, mandoume o libro.
No seguinte cantar popular — que ten música especial denotada pol-a dislocación do acento na palabra polainá — pode verse un exemplo ben craro do que derradeiramente deixamos estabrecido:
*Asentáchesme a polainiña,
asentáchesme a polainá,
asentáchesma de este lado
que do outro non che estás*.
Terceiro caso. — A palabra que nas suas varias funcións gramaticais veuse usando ordinariamente con apóstrofo, inda que non faltan exemplos do contrario, en especial cando se emprega con sentido interrogativo ou escrámalivo.
Dita palabra que considerada foneticamente pode ser tónica ou átona.
No primeiro caso non debe perder-o e, única vocal onde ha recael-o acento. Suprimir este e sería igual que desfacel-a palabra ou trocar-lle de natureza O correito é escribir: ¿qué hora é?, ¡qué andrómenas tras!, non sei que andaba buscando.
E no segundo caso, ven a reducirse a unha
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a7/a7ce/a7cede1a-0ea9-4963-906a-cf89e7a8e38e/115717116.xml
12
Respeuto dos moradores das Cassitérides, dj, a mais de faguer constar qu'o seu caraule era Incriñado á paz, que vivian do gando, e qu'a mor parte d'iles non tiñan casa e que s'acollian en calquer abri.
Estas informaciós da Geographíica, tan intresantes pol-a cantidade de datos que proporcionan e que son ademais as únecas que temos acerca dos costumes das nosas tribus prerromanas, leñen en troques na sua contra a cha» ta da sua vaguedade. Sollo no referente ós habitantes das ribeiras do Douro, localiza Strabon con exactitude. A maneira de vivir dos montaneses non a refire somentes a Galiza senón tamén a aquiles que confinan co lado septentrional da Hispania: os Calaicos, os Astures, os Cántabros, hastrros Vascós e Pirene, pois todos viven d'un mesmo geilo.
Tal unanimidade nos costumes en gentes que apareceron já coma distintas ós ollos dos Romanos e nas que os arqueólogos modernos ven coma diferentes (os Astures son pra Schulien lígures, os Cántabros, iberos pra Bosch, y-os Vascos pr'iste mesmo autor, o derradeiro resto da raza qu'il chama pirenaica) (1) non se concibe facilmente, podendo presumirse ou que Strabon atribuie ó conjunto de taes povos os costumes d'un soilo, ou qu'avencelléu n-un feixe o que respeito de todos iles sabia; anque pol-o feito d'estar posto iste relato, incruso na descripción da Lusitania, y-a continuación das referencias relativas ós habitantes das ribeiras do Douro, pol-o feito de nomear ós Calaicos denantes dos Astures, Cántabros e Vascós, por mencionar cando fala dos ribeiraos d'aquil rio, y-ocuparse despois dos montaneses, os sacrifizos de vítimas humáns, e pol-o dato relativo ás barcas de colro, qu'atopamos lamén en Avieno (2), podemos enxergar con trazas de certeza qu'a mor parte das referencias sirabonianas fan relación á nosa terra.
Pol-o que toca ás gentes que vivían nas Cassitérides, non pode menos de chocal-o contraste qu'ofrece o seu caraule pacífico co-a alento guerreiro y-o esprito loliador que latexaba no resto de Galiza, mais sen que poidamos dar a iste, ó parecer contrasentido, nin-
(1) Vex. Bosch, Ensayo, pág. 109 e segs.
(2) Ora Marítima.
NOS gunha espricación satisfaitoria. Poderiase cecais sospeitar que Strabon confundiu as nosas terras estanniferas co-as da Armórica ou da Britania, pero tal suposición desfaise ó ver qu'a descripción das Cassitérides incrúyese no libro III da Geographica, e que n-outro lugar do mesmo libro (1), dícese: «Nasce (o estano) nos bárbaros qu habitan na cima da Lusitania, e nas illas Cassitérides; tamén o levan de Britania a Marsella, o que separa de maneira individual os nosos jacimentos dos armoricanos e bretós que alimentaban o mercado Marsellés, sendo iste pasaxe tan termiñante qu'o mesmo Dorotlin (2) decrara qu'as illas Cassitérides n-ill mencionadas estaban na Galiza.
Respeuto ós costumes dos ribeiraos do Douro e dos montaneses, pouco podemos engader ó dito por Strabon. O matrimonio estilo grego, de que tanto partido teñen tirado os nosos helenómanos, pode referirse, ben a certas semellanzas no ceremonial dos casamentos, cousa, probabre, pois já Scymno (3) di qu'os costumes dos Celtas eran imitantes ós dos Gregos, ben a existir en Galiza a monogamia, coma cré Schulten (4). A maneira de comer sentados en roda, a satiución do aceite pol-a manteiga, o uso da cervexa (a celta ou cerla) (5) celtibérica de Plinto y-hastra a intemperancia no bebel-o viño, son cousas que alcontramos repelidas veces en Posidonio (6) e Seymno (7) ó falar dos Galos, habendo outras en troques, com'o uso da mitra que teñen que se atribuir ou a supervivencias dos povos celtas, ou á influencia dos Iberos, cuias mulleres aparecen en varias esculturas, provistas d'aquil tocado. (8)
(3) III, II, I.
(4) Manuel, pág. 176.
(5) Fragmenta, ver., 185.
(6) Hispania pág., 98.
(7) XVIII, 12 e XXII, 82.
(8) In ateneo, IV, 32 e 36.
(9) Fragmenta, vers. 186.
(10) Especialmente nas figuras cerámicas do pobosdo das Serretas (Alcoy).
Cerveza MAHOU
A MILLOR DE ESPAÑA
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157171&posicion=1