https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719416.xml
54
a pia dos mouros do de Baínte; e provavelmente, o camiño por baixo de terra do das Fontelas e o tesouro do do Piñeiro. Efectivamente, embora non ben acrarado iste punto, semella pol-o ton especial con que se refiren estes contos, que estas cousas son restos abandonados pol-os antigos habitantes que agora xa non están no sitio.
Por outra banda, nos tres primeiros casos, aparecen ó mesmo tempo: no de Marcelle, unha familia que vive suterrancamente, e surte ás veces pra iren á feira; no Morgadán, unha moura coxa encantada; no de Baínte, unha que sai a asoellar o ouro.
As leendas non difrenzan os mouros históricos (non os realmente históricos, senón os que se presentan como históricos), dos mouros encantados. No noso traballo: *Da mitoloxía popular galega, Os mouros encantados*, publicado nos números 43 e 45 de NÓS, pódese ver como os mouros históricos vinéronse pór no canto das verdadeiras poboacións prehistóricas da Galiza, verificándose o que Raul Rosiéres chama *lei das trasposicións*, asegún a qual, esquecido un héroe—que n-iste caso é o pobo dos castros, os celtas—os seus feitos—n-iste caso, o erguemento dos castros—apóñenselle a outro héroe que vive millor na memoria popular—e n-iste caso ise novo héroe son os mouros.
Tocante ós mouros encantados, no mesmo traballo pódense ver os seus paralelos co-as razas míticas das terras europeias: Elfen, Korrigan, Kobolds, Ogres, Gnomos, Fadas, Xigantes, Enanos, etc., e a súa posibel identificación cos nosos mitos pre-cristiáns. En toda Europa, os deuses e os espíritos desbotados pol-o cristianismo, vanse acochar nos sitios desertos e abandonados, nos bosques, nos penedos, nas ruínas, nos moimentos antigos—ou millor dito, persisten nos seus antigos lugares de culto abandonados dos homes, e toman un caraute demoníaco que favorez a súa identificación co-as razas odiadas. Veleiqui fica o sinal de ises deuses ou espíritos esquencidos, na cobra encantada do Castro de Morgade, e nos xigantes de ouro de nove pés de outo do mesmo castro.
As leendas non difrenzan os mouros históricos dos mouros encantados; mais o intérprete das leendas ten que distinguir moi ben os ús dos outros: as suas orixes, ó noso ver, son diversas. No primeiro caso trátase de unha deformazón histórica; no segundo, de unha lembranza mítica.
**OS TESOUROS.**—Hai tesouros acochados nos castros de Baínte, Frameán, Morgade, Piñeiro, Santa Adega, Madanela e Río.
As leendas de tesouros andan vastas pol-o mundo. A historia conservounos as dos de Cresos de Lydia, de Osymandias de Exipto, do Templo de Xerusalén, dos Incas do Perú, etc., e a literatura outros moitos, dende os das Mil e Unha Noites, ata o do Conde de Montecristo. Tesouros verdadeiros foron desatados pol-os arqueólogos: sirvan de exemplo as tumbas de Micenas, as croas votivas de Guarrazar, as xoias de Javea, etc. Asi e todo, poucas terras haberá no mundo onde haxa tantas leendas de tesouros como en Asturias, Galiza e Portugal. Da sua importancia certifican a tradición oral, o *Libro de San Cypriano* e o privilexio de Vázquez de Orxas. Sábese que a sona do ouro galego ven xa dos antigos (Posidonio, Estrabón, Plinio, Silio Itálico, Xustino). Xustino conservounos a leenda do *Mons Sacer*, todo cheo de ouro. E non é todo discurridura n-estas historias: os romanos sacaron moito ouro de Galiza, e a maiores aínda podemos citar os tesouros prehistóricos achados en Melide, a Gudiña, Riotorto, a Recadieira, Castro de Masma, Castro Recouso, e os tantos torques, brazais e outras pezas áureas catalogadas por exemplo na *Edade do Ferro na Galiza*, de Cuevillas, e debidas as mais a achádegos de casualidade. Foi isto, pois, certamente un país de tesouros.
Tocantes á atribución dos haberes acochados ós mouros, no noso citado traballo pódese ver como aparece xa no século XII na *Crónica de Turpin*, e volve logo no suposto pergamiño de Don Gutierre de Altamira que reproduz o *Libro de San Cypriano*, pergamiño que cecais foi o prototipo das *Gacepas* ou *Gacetas* d'Asturias. Non temos atopado eiquí, deica agora, as taces gacepas; os nosos informantes refírense en troques a miudo ó *Libro de San Cypriano* ou *Ciprianillo*.
O que acontece moitas veces é que algún do lugar ouviu falar en lonxanas terras do gran tesouro ou haber que hai en
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157194&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719424.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAYTRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en total-as Boticas, Drogueirías Hoteles, Depósitos d'augas minerás, Restaurants e vagós-camas de todol-os tres
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísemo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa gaseada naturalmente
MONDARIZ-BALNEARIO Áchase á 35 Km. de VIGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571947.xml
NÓS
Iste xénero de costruzón funeraria en cista é, o parecer pouco frecuente na Galiza, onde ata de agora non se teñen sinalado outros cisemprares que os de Vilacampa e Recaré, pubricados por Villaamil y Castro (1) e quizais a «arca o sepultura con losas piza rrefilas» das Pontes de García Rodríguez (2) onde apareceron dous machados de pedra polida.
Mámoa núm. 2.—A 24 metros da anterior. Ten 14 metros de diámetro.
Mámoa núm. 3.—Case o pé da anterior e de 10 metros de diámetro.
Ningunha de ista dúas derradeiras mámoas foi aberta por alcontrarse moi esborralladas e remexidas.
GRUPO DA MÁMOA CAVADA.—Está situado a 300 metros cara o suleste da anterior e compoñeno dous túmulos afastados entre si 60 metros.
Mámoa núm. 1.—De 20 metros de diámetro. Contén no seu interior todal-as pedras da cámara, que son sete, i-está faltosa da tampa. Dispoñense aquelas pedras do xeito representado na figura 26.
Ollase craramente a lousa da cabeceira, a, de 90 centímetros de ancho, e a carón de ela
a porta, ourentada pra o leste e flanqueada pol-os esteios b e c. As dúas chantas d e e que debían imbrincarse na da cabeceira atopanse desprazadas do seu primitivo lugar e botadas cara atrás.
Crasificase doadamente iste megalito entre os de cámara sinxela e chantas imbrincadas tan abondosos na Galiza. Anque de grandor cativo, o seu diámetro maor non pasa do metro e mejo, identificase moi ben pol-a sua feitura ca anta de Axeitos.
Mámoa núm. 2.—Ten a morea túmular moi esborrallada e dentro de ela conserva aínda tres chantas do dólmen, dúas de 1'05 metros de ancho e a terceira unha miga mais pequena (fig. 27). As tres aparecen es petadas no chan.
As dúas antas foron esproradas sen que renderan ningún moblario.
GRUPO DE PORTO TRAVÉS.—A 400 metros cara o oeste da Pedra da Xesta. Formano dúas mámoas de 10 e de 26 metros de diámetro respeitivamente, afastadas 100 metros unha da outra. Na mais grandeira, ollanse tres pedras meio deitadas que deberon pertencer a cámara dolménica.
Non se fixo esprorazón en ningunha das mámoas de iste grupo.
GRUPO DA ARCA DA BARBANZA.—A 600 metros aprosimadamente da anterior cara o sul, e formado por dúas mámoas, unha de elas moi pequena, compretamente esborrallada e sen siñás visibels do dólmen e a outra, afastada 30 metros cara o leste da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719422.xml
PARDO
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32
SANTIAGO
San Andrés, 50
A CRUÑA
CASA EXCLUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan
millor. Véndese en todol-os estableci-
mentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
F. ROMAN e SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
OURENSE
Teléfono 28
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis,
e exclusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18.
OURENSE.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719419.xml
NOS
Hespaña de hoxe. Despois d'unha introdución sobr'a paisaxe totalizada (chan, ceo, mar, xente, historia) da Galiza e das suas diferencias dentro da Península; despois de lembrar o tempo dos Precursores, especialmente as dúas máisimas figuras de Rosalía e Pondal, estudou o movemento rexionalista qu'encomenza co-a fundación das Irmandades da Fala, ata chegar ó movemento cultural de hoxe, enxergado entre outras formas, «d través del ventanal gigantesco de NOS» e do Seminario d'Estudos Galegos. Falou da nosa arte: Asorey e Bonome, Llorens e Corral, etc. da nosa literatura e do noso movemento centifeco: Risco, Cuevillas, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde; da nosa contribución característica ás letras casteláns: Valle-Inclán, Fernández Flórez; do gran Cabanillas, verbo da raza; de todo canto entre nós representa un valor dino de ser ostentado.
Ó dar o parabén ó ilustre Profesor vallisoletano, verdadeiro amigo de Galiza, o boletín NÓS —onde moito s'estima, quer e admira ó Dr. Martínez Santa Olalla—agradez, non somentes as garimosas verbas que tivo a ben adicarlle, senón o xeneroso servizo feito á cultura galega divulgando os seus valores, co-a sua sabencia e autoridade, onde iles poden ser coñecidos e apreciados. NÓS presenta ademais iste feito á gratitude de todol-os bós galegos, e chámalles a atención cara á sua importancia e sinificación, pois elo indica dúas cousas: primeira, o valor intrínseco do noso labor cultural, posto que os doutos decátanse d'il; e segunda, qu'a nosa renacencia vai collendo estado no mundo.
O BILINGÜISMO NA PEDAGOXÍA
O Bureau d'Education de Xinebra prepara un Congreso Internacional pra tratar do enseño dos pobos bilingües. (Seica non contou o Bureau co voto en contra de Don Torcuato Luca de Tena). O asunto está debatendo moito nas publicacións pedagóxicas, e eiquí temos leido un ben pensado artigo de Lourenzo Luzariaga, no que, apricando o conto á Hespaña, aboga porqu'o enseño primario se faga na lingua materna dos rapaces, ou seña, nas terras de fala propia, na lingua rexional, tineco xeito de que se poida aproveitar o valor pedagóxico da lingua materna, e de dar ó enseño verdadeira eficacia.
En col d'este tema levou noso director Vicente Risco ó Congreso Pedagóxico que houbo hai dous anos na Coruña, un traballo que por causas alleas á sua vontade renunciou a presentar, e que se publicou despois n-un boletín profesional.
Complácenos moito, pol-o tanto, o vermos pranteado o problema na Hespaña por persoas en quen se non pode sospeitar ningún intrés de caraute rexionalista, e qu'o fan dend'un punto de vista puramente pedagóxico, pra que se vexa que se non trata d'un escrusivismo que nós queiramos soster. E satisfainos tamén qu'o problema se prantee internacionalmente, pra que se vexa qu'os nosos problemas non son problemas de campanario, senón que abrangueu un caraute universal.
Tocantes ós argumentos en contra quialguén quixera tirar dos estudos de G. de Reynold en col do bilingüismo na Suiza, non son apricabres ó noso caso, pois alí trátase de linguas d'estrutura moi diversa (francés e alemán, alemán e italiano) e na Hespaña (quitando o caso do vasco) de linguas neolatinas d'estreito parentesco e pol-o tanto non tan alleas unhas ás outras coma pra levaren ó confusionismo. Mais si así e todo se temera o confusionismo, d'aquela, sendo consecuentes, non habería mais remedio senón darlle a preferenza á lingua materna, fose a que fose.
O CONGRESO MUNICIPALISTA RURAL
No «Pueblo Gallego» de Vigo iniciouse a idea de xuntar un Congreso municipalista do «rús» e veñen publicándose no mesmo xornal opinións referintes a elo. A Liga Agraria da provincia de Lugo, que preside o Sr. López Otero, móstrase conforme. A Confederación Rexional, coidamos que ta mén. A «Irmandade da Fala» o mesmo. E o mesmo as persoalidades mais saintes do galeguismo. Logo o Congreso ten ambente, inda que compre facerlle mais ainda.
Non hay dúbida de que é perciso chegar á orgaización do noso rús de xeito que poidan xurdiren n'él a cibdadanía e o progreso material parellos. Isa orgaización terá que arrincar do recoñecemento da persoalidade integral da parroquia. A parroquia é algo tan vivo na Galiza que mais non pode selo, pesi-a canto se fixo deica agora por esmorecela.
Recoñecida a parroquia, considerándoa como núcleo de municipalidade, onde o espontaneismo poida ter iniciativas, axitadas as realidades da comarca, falta estudar o acoplamento d'elas, por series de semellanza, a un orgaismo intermcio, libre de peso parasitario, que afluya a unha única e grande institución político-administrativa rexional, pensando dende logo en supirmire de raiz as autuaes e absurdas Diputacións de provincia. A tarefa non é doada, mais tampouco imposible. Para chegarmos a con-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719410.xml
48 NÓS
Xosé Rei Brión de 60 anos, veciño de No- ceda (Cures) dinos o seguinte.
*As arcas teñen todas a porta ó Nacente do Sol, porque os que vivian n-elas eran irmáns dos mouros e adourabam ó Sol.
Notese tamén que o erguemento dos dól- mens non se apon ós mouros, se non á unha caste de xente, irmandados co-iles por co- muns crenzas heliolátricas. É iste un caso ben raro no folklore galego onde a denomí- nanza *mouros* acocha seguramente moitas entidaes históricas e míticas de orixe difren- te, sen que se deixe dexergar entre elas nin- gunha distinzón de nome.
A similitude sinalada ten sen dúbida o seu fundamento na ourentazón xeral das portas das antas e no modo ritual de rezo e de co- locazón dos cadáveres entre os mahometa- nos, voltando sempre a face pra Meca, e compre perguntarse se a tal similitude non sería unha das causas que axudaron a que no esprito popular se confundiran pobos e crenzas ben distintos e ben distantes.
****
A indispensabel notiza de tesouros alcón trase consinada nos seguintes versos:
*Entre Brañiñas e Brañas de Prados hai os haberes de sete reinados*.
E n-ista outra variante.
*De Mazaricos a Braña de Prados hai os haberes de sete reinados*.
FLORENTINO L. CUEVILLAS E FERMÍN BOUZA BREY
(Continúarse)
PROBREMAS DE XEOGRAFÍA GALEGA
NOTAS EN COL DAS FORMAS DE POBOAZÓN LABREGA
(Proseguimento)
Vida Económica
Trasalba é unha parroquia sinxelamente labrega; está lonxe dos camiños e non sabe beilar a peseta como os garabaneses nas fei- ras. As soílas formas de actividade econó- mica alleas ó traballo da terra son a emigra- ción e o negocio do sárrio. Iste antigo no país, comprende dúas compañias de homes que van ás terras de viño de Castela, Nava- rra e Aragón e as vegadas tamén á veira- mar de Pontevedra pr'adicarse ó traballo d'arrincar o sarrio das cubas entra a venda do viño e a nova vendima, anguci, can- sa pois é perciso adotar posturas violentas no interior das vasixas e traballar fininho con coi-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719411.xml
NÓS telos e azadiñas aproposito, pra non mancar as madeiras, sempre en bodegas fondas como cobas e á mercede das variacións do precio da mercancía. Os sarreantes de Trasalba veñen de pais á fillos e coñecen tan ben com'as corredoiras da parroquia grandes rexiños das ribeiras do Ebro na Rioxa e no propio cerne de Aragón e Navarra, de Valladolid, Zamora, Burgos (Aranda, Roa), e menos ó sul do Guadarrama (Madrid e Toledo). Teñen un xefe que s'encárrega de falar c'os donos das bodegas e de procurar mercado pros sacos de sarrio. As ganancias en bós anos non son cativas. Algús homes teñen volto despois d'unha campaña de catro meses con oito ou dez mil reás. Cuáse que sempre deixan o traballo ús días pra vir a celebrar as festas da parroquia o San Antonio e San Pedro, iste o patrón, que se fan nos derradeiros do Agosto. Haro e Aranda son os centros onde mais se demoran e algús trasalbenses durmen nos seus cemiterios. Á sega en Castela ninguén vai, fai unha chea d'anos e soilo falan dela os vellos que ian camiñando e durmían ás vegadas baixo os soportais da Praza Maor de Madrid.
Os caracteres da emigración americana son os xenerales da Galicia interior e pouco nos deteremos n'ela. De poucos anos a esta parte medra a emigración das mulleres non sendo raro que casadas de pouco, deixen os homes ó frente da casa pra ir ganar a vida de criadas en Cuba, Bós Aires ou os Estados Unidos. Tamén aumenta o número dos que non volven e soilo s'acordan da casa pra virse a coidar nos seus días derradeiros. Poucos son os homes de cuarenta anos que non teñan cruzado a mar maisd'unha vegada. Das nove familias antergas e labregas do lugar de Cimadevila somentes unha non ten mandado xente a América. Nunha casa os pais vellos teñen alá dúas fillas, tres fillos e catro netos, o pai ten ido a Bós Aires nove veces e dúas a nai. A ilusión de todos é ceibarse do traballo do campo e por un negocio. Xeneralmente andan de dependentes de tabernas, repartidores de produtos alimenticios, mozos de carga e almacén etc. E moi considerado o que chega a ser capataz d'una obra (vía do tren, por ex.) e moitos perfeccionáronse nos seus oficios (albañiles). No tempo das valías do zucre chegou moito diñeiro de Cuba, redimironse moitas cargas, ergueronse algunhas casas sobretodo no Outeiro, Fondo de Vila e Fechos, e compuxéronse as mais d'elas. Tamén mercaron terreos grandes pr'a pequena propiedade do país que se pagaban por seis, oito e hastra dez mil pesetas. Mais non se sabe de ningún capital forte e en troques as quebras dos Bancos d'alá e d'eiqui refrexaronse fortemente na economía da parroquia. O diñeiro non abonda mais circola moito en forma de préstamos hastra o punto que se poden contar as casas que non deban cadela.
Os produtos da terra participan de ribeira e de montana. A rexión dos Chaos e cotos e moito menos os fondales, son terras de herdade adicadas ó centeo. Todol-os logares o precuran, pois anque non s'atope preto dos das campás abaixo sobretodo da Bergueira e Soutomanco os veciños teñen eidos de herdade nos térmos d'outros pobos. Sementase pol-o xeneral na primeira quincena do outono e seiturase nos principios do San Xohan. A mais da preparación da terra demanda traballos de abica e monda das herbas ruis e as vegadas cando as invernías veñen desmasiado quentes o centeo pónse vizoso e hai que regalo pol-a metade. É un froito que como din os peisanos pasa moitas noites fora; o millor procurase nas herdades dos chaos onde rinde valentes colleitas, mais tamén pol-a densidade da poboazón, hai moitos eidos de centeo que debían andar á monte, pois non pagan o traballo que dán. Moitos foron criados esnaquizando e rompendo laxes e sempre n'eles andan separando as pedras que van ó camiño mais próximo. O tempo da seitura é de grande balbordo por ser das poucas angueiras que indase fan a guichada ou sexa por axuda. Logo at se en mollos que se dispoñen en serras ou en maragoutos e se contan por dicemas; calculase que cada unha renda dous ferrados e meio nos anos ordinarios, pol-a medida propia do centeo que é a pequena. As mallas fanse no Sant-Iago e no Agosto. Ó pouco tempo da seitura cando o grao e a palla se consideran ben enxoitos cargase pr'as eiras onde se fan as medas crásicas. N'outro tempo era unha arte especial a feitura dos carros.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719418.xml
damos agardar qu'a xente os distinga en cada caso. O desconxuro pode servir sinxelamente pra desencantar: pra que o tesouro se manifeste na súa verdadeira forma. En todo caso, o exhorcismo reviste xa unha forma especificamente cristián, anque pódese achar posto no canto de un procedemento de mais antiga orixe.
O da cobra repítese tamén moito no noso folk-lore. Aparez a cobra xa coma gardiana do tesouro, xa coma forma que reveste unha dona encantada. De unha e de outra, hemos atopar ben paralelos n-outros fascículos d'iste Catálogo. O beixala pra desfacer o encanto é tamén corrente, anque ten a variante de terlle que tirar cos dentes un carabel que leva no bico, coma na citania de San Cibrao das Lás. O desencantador ten que vencer o medo e o noxo que lle causa a cobra; é o sacrifizo que lle val a recompensa.
A RAPAZA COMIDA POL-OS MOUROS.—Atopamos iste tema repetido dúas veces na bisbarra de Vilamarín: nos castros de Frameán e da Madanela. As dúas, a rapaza sofre por castigo e por vinganza. Coido que co-isto compre relacionar o de:
—Aquí me huele a carne de cristianillo vivo dos castros de Santa Ádega e Marcelle. Novamente terémonos que referir ó traballo citado, Os mouros encantados, onde siñalamos a relación dos mouros cos ogros, fundada n-estas lendas. Como ali indicamos, hai outras variantes en que os mouros castigan os cristiáns que se relacionan co-iles, principalmente, cando revelan o segredo das suas relacións.
Os mouros encantados teñen case sempre o duplo caraute de proteitores invisíbeis e de antropófagos.
O SACRIFIZO DOS BOIS.—Cousa curiosa e que se non atopa tan espallada, é a lenda das dúas rapazas que de un xeito cáxee que ritual, sacrifican os bois no castro de Marcelle. Hai eiquí unha lembranza dos sacrifizos relixiosos dos pagãos? Poderíamolo determinar si a lenda nos fornecera mais detalles, e sería d'aquela a prova mais terminante da confusión dos mouros con razas máis antigas.
E si en realidade tratárase d'un sacrifizo relixioso, como? semella o mais probábel, compre ter en conta o feito de seren mulleres as que o realizan—precisamente o seren mulleres as que matan os bois, non adoptando facelo na lenda nin no costume da terra, é o que mais fai sospeitar que se trate d'un sacrifizo relixioso—e este feito non pode por menos de nos traguér á memoria canto se ten dito e escrito encol das druidesas das sacerdotisas céltigas da illa de Sen, d'outras sacerdotisas nórdicas, e do seu posíbel avencellamento co-as modernas bruxas, sabias, feiticeiras, meigas, etc.
Pode ser que todo-os puntos que levamos tocado do folk-lore castrexo do val de Vilamarín, sexa iste o que meirande importancia teña. É dende logo o que abre diante de nós mais longas perspectivas, fornecéndonos ceais o fio pra unha teoría xeral, cuio esbozo nin é propio facer eiquí, nin o dado abonda tampouco pra fundamentalala anque fora de xeito hipotético. Mais non quita que mais adiante, novas confirmacións nos veñan dar ocasión de darlle desenrolo.
(FIN)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
GALIZA NA ALEMÁÑA
Na Universidade de Bonn, onde é Profesor, deu o noso ilustre amigo Dr. Xulio Martínez Santa Olalla unha conferencia en col da renacencia galega, na que puxo en releve diante do público culto d'aquela cidade alemá e do seu elemento universitario, a importancia do noso movemento.
Fondo coñecedor da nosa literatura, da que soupo asimilárese as esencias, e amante da nosa Terra, que percorreu con curiosidade de artista e d'home de ciencia, o Sr. Martínez Santa Olalla desenvolveu unha visión sintética de Galiza, das suas espranzas e probremas, da sua renacencia cultural, e do sinificado d'esta renacencia no seu cadro natural da vida do país e no cadro total da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719420.xml
crusións froititeras o que se percisa é atender primeiro ás realidades da vida campesiña e mariñeira da Galiza que ó escribido nos libros encol de orgaización municipal. Hai que escismar na realidade, esculcar no carácter dos nosos aldeáns, non perder dos ollos nin as cousas folk-lóricas, nin os ten cionamentos tradicionais, nin os bos costumes antergos, nin as crases de traballo e riqueza de cada sua comarca, para dar co'as millores fórmulas estruturadoras da vida municipal galega, que en troques de violentaren a espontaneidade da raza lle premitan desenvolvérese ceibamente.
Fáigase, pois, embora o Congreso, que hoxe parécenos moi necesario. Pro que n'él, antes que abogados e eruditos das lexislacións escritas, pesen os homes prácticos no coñecemento do país, en quenes ningún prexuicio puxo aínda teas d'araña anubradoras da crara visión da realidade. Que todo se projete, sobre un fondo domiño do meio aldeán galego, como cousa nova n'un país virxe de orgaizacións políticas e administrativas, tal que si se tratara d'unha terra recén descuberta que houbese que incorporar á civilización europea pol-o esporamento lóxico das suas posibilidades certas de vida.
Este é o camiño a seguir. Indo por outros, perderiamonos na esterilidade.
NOVA APORTACIÓN Á LÍRICA GALEGA
Emilio Mosteiro, aínda que nacido en Madrid, é un galego cortado a pico. Fillo de galegos, os nosos lourizontes devandaron as suas olladas mais agudas e sostidas.
No libro «Ancla» —libro d'adolescente, coñecido de toda mocidade de Galicia— ferven as escumas do noso mar e cambian sutiles saúdos os faros galegos.
Hoxe escomenza Emilio Mosteiro a súa peregrinaxe pol-a lingua dos seus maiores. Ó dal-a notiza, sentimos a íntima seguranza de que-a nosa lírica —tan cativa e avelloucada!—s'ha d'estremecer con arelas de virxe ó sentir'a apreixa da man moza d'este poeta.
OUTEIRO ESPASANDÍN.
EXPOSICIÓN DE SANTIAGO BONOME
No derradeiro mes de Xaneiro celebrouse no Salón Vilches de Madrid unha exposición das obras do escultor compostelán Santiago Bonome.
Nesta exposición figuraban varias obras quexa se habían esposto n-algúnha ocasión, e había outras, as mais, que pol-o aquel de presentalas por vez primeira á pública admiración, dan a coñecer o xeito novo que Bonome lle imprime ás súas tallas.
O xoven escultor afastándose, ou millor dito, alternando coas suas tallas enxebres nas que tan ben atinou a expresar os sentimentos de dolor i-ausencia, iniciase n-un senso mais decorativo qu'il coida mais universal. Mais isto non quer dicir que o noso escultor abandoe por completo o que n-il hai de racial e que cecais sexa superior á sua vontade.
Tal se bota de ver nas tres millores obras desta exposición que levan os nomes de «Salomé», «Trono infantil» e «Cariátide». A primeira sobre todo, de tan difícil interpretación polo sobado do tema, está resolto con verdadeira orixinalidade; a súa actitud, expresión que o artista atinou a darlle fan d'ela a millor obra das que até o d'agora teñen saído das súas mans.
A exposición foi un gran éxito de público e de crítica pol-o que felicitamos a Bonome desexándolle novos trunfos.
ACTOS GALEGUISTAS NA CRUÑA. HOMENAXE A CURROS
Como decote, comprindo o seu voto anual o «Circo d'Artesanos» da Cruña, fixo procesión cívica ó cimiterio para honorar a Curros Enríquez, e ós mais ilustres galeguistas que ali repousan, na data lembrativa da morte do vate celanovés. Na procesión figuraban representantes do concello e de todol-os orgaismos culturais e artísticos da Cruña. O Segredario do Circo d'Artesanos, leu unhas cuartillas en nome d'is'a Sociedade ó pé da tumba de Curros, falou elocuente patrioticamente Otero Pedrayo, en representación da Irmandade da Fala, do concello de Celanova e d'outras entidades. E pechou o aito, con outro discurso, o alcalde da Cruña, trás o que cantaron feixes de nenos o hino galego.
O vispera, organizada pola Universidade Popular, d'acordo co'a Irmandade da Fala, dou unha conferencia sobre Curros Enríquez, o noso irmán Ramón Otero Pedrayo. Presidiron o acto, un membro do Concello, o presidente da Academia Galega, o do «Circo», o d'Estudios Gallegos, o da Irmandade, o do Instituto de Segundo Enseño, e o da Universidade Popular.
Fixou unha presentación maxistral describindo admiravelmente a personalidade de Ramón Otero Pedrayo o noso irmán Antón Villar Ponte. Logo Otero Pedrayo estudou a Curros e o ambiente social do seu tempo de xeito concenzudo. Distingue a provincia administrativa d'hoxe da de an-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571948.xml
46
anterior, que é a conhecida co nome de Arca da Barbanza—É esta sen ningunha dúbida a anta meirande non soio da Barbanza senón tamén de toda Galiza, e pol-a sua feitura unha das mais intresantes.
Asentase n-unha valgadiña, perto do lugar chamado «Campo dos Cregos» e non lonxe do Coto da Amoreira. Conserva restos ben patentes do túmulo, e no meio de iles xurde o megalito, que conserva a totalidade das suas pedras, anque moi maquiadas as mais delas (fig. 28).
Ten a Arca da Barbanza, cámara e corredor. A primeira fórmana once chantas de ancho moi variable, de 2 metros a 70 centímetros, cinguen unha área de 4 metros de longo por 3'20 de ancho. O esteio da cabeceira, aparez deitado cara o interior da cámara e os da banda direita moito mais maquiados que os da esquerda. O corredor feito con catro lousas ten 2'68 metros de longo por 1 de outo e 85 centímetros de ancho.
O conxunto da anta, estaba coberto por tres tampas que corresponden; unha b, a cámara e dúas c e d ó corredor. A primeira óllase derrubada cara a direita e apoiando un dos seus cantos no chán. As dúas cobertas do corredor, atopanse unha case in situ e a outra deitada no chán, perto da porta que está ourentada pra o suleste.
A outura da cámara é de 260 metros.
Se pomos en comparanza a longura total de iste megalito, perto dos 7 metros, cas enumeradas ó falar da anta de Argalo, xurde nidiamente ante os ollos a desproporción das suas mensuras co grandor mais cativo dos outros dólmens galegos, mais sen que por elo se acuse na feitura da Arca da Barbanza ningunha tendencia evolutiva cara a galería coberta.
En efecto, a anta que nos ocupa, non sinala na sua estrutura ren que a aparte do tipo das de corredor algo desenvolvido. Iste e mais a cámara teñen unha outura e un ancho ben diferente, e soio no xeito de estar colocados os esteios da banda da esquerda, parecese albiscar certa tendencia a confundirse os dous elementos, arringlirandose na mesma liña.
O interior do megalito, alcóntrase case valero de terra, por cuia razón prescindimos de facer ningún traballo esporatorio. Esaminamos en troques afincadamente to dal-as pedras en precura de algunha inscultura con resultado por completo negativo, a pesar do coal non arriscamos encol de iste extremo un parecer definitivo, pol-as rui condizóns de luz, o aparecer de un día de nevoeira, en que fixemos o eisame.
MÁMOA DO OUTEIRO REDONDO DA BRAÑA DE PRADOS.—Situase a un medio quilómetro cara o leste da Arca da Barbanza. Recebe o seu nome por alcontrarse perto de un penedo que é desinado de aquil xeito.
Ten 25 metros de diámetro e acocha no seu interior un dólmen faltoso da tampa e cas pedras restantes moi maquiadas. Componse de once esteios, cuio ancho varía de 1 metro a 40 centímetros e cuia posición primitiva non resulta doado determinar. Pol-o seu número poderiase matinar se formaban
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719417.xml
NOS
tal castro ou en tal mámoa ou en tal fonte. Asi, o Calote de Casares ouviu falar en Portugal dos dous xigantes de ouro do castro de Morgade, e un mozo de Morgade, pri-sociero de Abd-el-Krim, ouvíu ós mouros da preciosa silla do Rei, acochada no mesmo castro.
A TRABE DOURO.—O coñecido e tan espallado tema da trabe de ouro, en compa-ñía, crar'está, da de alquitrán, aparez eiquí somentes nos castros de Morgade e Santa Adega. Nos dous hai tres trabes: a terceira é de prata no Morgadán e de fogo no de Santa Adega. Non podemos hoxe escrare-cel-o probrema de por qué o ouro se presenta na forma de unha trabe.
O aparecer a de alquitrán a carón da de ouro repersenta o perigo de manexar forzas descoñecidas, que sempre siñalan as leen-das. A máxia teórica esprica de diversos xeitos iste perigo, o qual relaciónase a un tempo, por unha banda, c'unha conceición dualista do ultramundo, e pol-a outra, co-a inten-zón moralizadora ou pedagóxica da leenda. Coido que non hai que desbotar o rol didáctico das leendas, ben demostrado pol-a literatura medieval.
OS XIGANTES D'OURO.—Os do Castro Morgadán teñen mais d'un paralelo: do Cou-to de Louredo, perto de Mugares (concello de Toén) refiren que no Ciprianillo está escrito que cavando alí hase atopar a capela do San Ciprián, e na porta dous xigantes con mazas, e cando entra un, baixan as mazas e mátano, e desfaise todo en ouro. Por iso, o que ó queira lograr, ten que facer entrar dediante un cadeliño ou calquer outra cousa viva (véxase revista NOS, núm. 5, Arquivo filol. e etnog. de Galiza).
O OURO SACADO A ASOELLAR.—Tamén é tema de moito espallamento, e ató-pámolo eiquí no Castro de Bainte. Semella coma si o ouro tivera necesidale de que o puxeran de cando en cando á luz do sol, como si atuado perdera cecais as suas pro-piedades. Él haberá n-isto a idea d'unha relazón entre o ouro e o sol?
Lembremos dous feitos: a astroloxía xudiciaria estabreceu dende tempo inmemorial a correspondenza entre o sol e o ouro; o astro domiña o metal; o metal pertence ó astro. A alquimia veu estabrecer entre os dous certa identidade de natureza: o ouro é unha sorte de condensazón da luz solar. A orixe de estas ideas semella ben antiga.
DESENCANTAMENTO DOS TESOUROS.—No castro de Bainte semella que depen-de de atinar co-a resposta que un debe dar á moura. Tamén iste tema se atopa a miúdo (Véxase por eixempro: Prehistoria galega. O Neixón, por Cuevillas e Bouza Brey, no Bol. da R. Acad. Galega).
Lembra o enigma da Esfinxe, os que se propoñen pra obter a man da filla de un rei, etc. E nótese que xeralmente, na máxia realiza o que atina coa verba, pérdese o que a trabuca. En realidade, cada situazón da vida non nos propón un enigma co que com-pre atinar? Non vai descamiñada a sabencia do pobo, e novamente teremos que lembrar o caraute educativo que tiveron e teñen as leendas: forman parte dos recursos pedagóxicos espontáneos. En parte; o Oriente ainda educa con eixempros e parábolas, non somentes ós nenos, senón ós adultos. As obras filosóficas dos chinos están escritas de ise xeito, e non imos xa ó Panchatantra e ó Hitopadesa. Pois ben: eiquí atopamos castigada a cobiza do que pide o ouro ós fer-rados.
No Morgadán ofércense dúas soluciós: 1.º desencantar unha moura coxa, ron din como; 2.ª botar os exhorcismos, cavar ata atopar a cobra, e beixala na testa. O dos exhorcismos ten relazón co Libro de San Cypriano, onde hai unha orazón pra desen-cantamento de tesouros, e un circo máxico que compre riscar no chao, no que s'escribe a verba cabalisteca Agla (acróstico de adhab gabor leolam Adonai: soles poderoso e eterno, Señor), moi empregada pol-os mouros na Edade Meia, e d'uso corrente antr'os ca-balistas europeos no século XVI, época á que semella que compre atribuír aquil grimorio. O exhorcismo pode ter por finalida-de: ou botar fora ou paralizar ós donos do tesouro pra poderllo coller—ou pra limpar o tesouro da forxa máxica pernizosa que poidera ter. Non temos logrado aínda qu'os nosos informadores nos acrarasen iste estre-mo. Mais coido que compre distinguir ben o exhorcismo do desconxuro, embora non poi-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719421.xml
NOS
tano. Ten unha xurdia comparanza entra persoalidade de Curros e a de Pondal. Di que se pon se pode tratar da Edade Media esquenceadoa Santiago. En ningures sefalou deica agora por ninguén do autor de *Aires da miña terra* como Ramón Otero Pedrayo. Iste, que ten unha verba galega perci sa e elegante, ó servizo d'una grande cul tura, foi gabadisimo ó remate da sua conterencia.
Seguidamente agasallárono cun xantar moitos elementos representativos da cultura cruñesa que tiveron para a d'Ourense, lem branzas garimosas.
LIBROS
GRABADOS EN LINOLEUM, por Xaime Prada, NÓS, 1927.
Xaime Prada, artista galego ben coñecido coma caricaturista e dibuxante, e que domiña a difizle técnica do linoleum, oferce ó público coma mostra da sua arte iste fermoso álbum, moi ben editado por NÓS, contendo dazavito grabados en col de temas da terra, tratados con emoción e dramatismo, e glosados por dazaoito escritores das primeiras fir mas galegas do noso tempo.
Libro d'arte verdadeiramente interesante, tivo unha boa acollida na imprensa e na crítica, com'era merecente. Xaime Prada é un artista traballador e de vontade, que sinte fondamente a súa arte, debendo figurar principalmente antr'os artistas d'espresión e de tendencia literaria—sabido é que Xaime Prada é tamén escritor—tendencia que hoxe moitos combaten sin vencela. Xaime Prada manexa diferentes procedementos artísticos, e ten traballado moito n-iste do linoleum. Ora, ó linoleum, tendo coma ten pol-a mesma natureza mol de mais da materia, unha dureza característica qu'o fai pouco doado pra finuras e matices, non todol-os grabados de Prada están igualmente logrados. Hainos como Castiñeiro, verdadeiramente atinados e felices, e outros en que o artista soupo aproveitar as mesmas dificultás da materia pra tirarlle o efecto requerido pol-a compo sición, com'acontece en Pobo. Agás ises dous, os que nos parecen mais dinos de nota son o Cruceiro (especialmente, os arbres), o Trono, co-a nube A que lle deu un gran rele ve de protagonista, o Peirao Romántico, do que podemos ouservar o mesmo que do Pobo, e os Mariñeiros, as millores figuras humanas do álbum.
TRINITARIAS (poesias) por R. Carballo Calero, Ferrol, 1918.
Iste poeta mozo oferce un nutrido libro de poemas de mocedade, de vena abondosa e longo folgo lírico. Suxetivismos, intimidades, confesións, poemas d'amor, madrigales, romantismos, o arcaico de nantronte, a peisaxe chegando ó poeta desfeita en sentimentos mais qu'en imaxes, mocedade natural e verdadeira, non contrafeita, mais íntima que sportiva e pol-o tanto tanto pesimista d'ise pesimismo inicial da mocedade cando é sensitiva e de verdadeira natureza poética, moito verbo—cecais habitude do soliloquio que, naturalmente, n-un poeta mozo, é dooroso que fique inédito—ningunha presun ción, tidoos sinxelos, ningunha pretensión de sorprender ó leutor. Tod'esto atopamos n-iste libro, e todas elas son virtudes. Crar'está que hai pecados tamén...
Prologa iste libro un poeta, hoxe calado, N. García Pereira, do que lembramos un libro: *Nó de saloucos e bágoas*, precisamente comentado aló nos primeiros números de NÓS. Con millor coñecencia do espírito do poeta, García Pereira trata en catro páxinas d'esprical-o seu segredo, e insiste sobr'o pesimismo de Carballo Calero. Cousa natural.
X. Calviño Domínguez
Abogado-Procurador
CANTÓN PEQUENO, 1-(OFICINAS)
TELÉFONO. 351 A CRUÑA
Imp. NÓS, Real, 36-1.º A CRUÑA
FOTOGRABADO
Si ten intrés en que os seus fotograbados sexan os mais perfectos posíbeis, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547
MADRID
Este nome xa é por sí unha garantía, pois son os talleres mais modernos e organizados para realizar na sua máxima perfeición toda crás de fotograbados en cinc, cobre; tricomias, cuatromias, etc... O seu servizo e extra-rápido. As suas obras son perfeitisimas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571943.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano X * Ourense 15 Marzal 1928 * Núm. 51
ALALÁS DO MAR
A ENRIQUE F. SENDÓN.
1
O coro das prayas canta.
Bótase o faro a nadar
co teu relembro á deriva
e o degaro n-alta mar.
A ría ten nos seus beizos
a escuma do meu cantar.
2
O faro de Corrubedo
dirixe e leva o compás
ó cortexo das tuas verbas
e ás vagas da pleamar.
3
Voan pra vir ó naufraxio
do teu adeus derradeiro
todas as fiestras do porto
collidas na man do vento:
4
Hoxe tan soio o desfile
dos teus relembros en cross,
probe piloto do taxi
ou torreiro d-un farol.
EMILIO MOSTEIRO.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719412.xml
disponiéndose las diezmas trenzadas n'unha longa cargación a manera de trabe que chegaba hastra á cabeza da xugada. Hoxe a xente, menos coidadosa, deixa o pan no cido hastra a víspera ou o mesmo día da malla que se fai cuáseque totalmente con máquina. Cuáseque todol-os logares teñen eiras de propiedá comunal sempre preto das xuntanzas dos camiños gardándose dende longos anos o sitio de cada familia ou xente pra facer a meda. As causas da trasformación da antiga malla son varias; a mais importante o outo precio dos homes e mais que nada a eisixenza de dous xantares bos e caros e viño sin tasa ás vegadas dificuldoso de procurar no cerne do vrán. Eran sonados os malladores dos logares centrales que se dispuñan en equipos de oito, dez, doce e hastra mais e facían ouvir nas parroquias veciñas o estrondar dos mallos e aquiles berros: «Mulleres a eira, e viño en coeiras» e longas aturuxadas. Era preciso barrer a eira dinantes do primeiro cirado c'unha xesta negra roubada, e mulleres moi acostumadas a ter a sabán preto dos malladores pra que non se perdese o grao que choutaba, e logo pra dispór os coaños. Hoxe a máquina despacha en poucos días todal-as mallas da parroquia e ven sempre en compaña da aventadora, operación que antes facían as mulleres de guichada soilo pol-a merenda. Cada vezada se come menos pan de centeo inda que fai algús anos cuáseque todol-os logares teñen forno comunal con obrigación pra cada veciño de quentalo un día determinado da semana. Coltivase moito pr'os porcos, dinantes pr'o foro (inda se pagan algús) e moito pol-a palla pra cama e mantenza do gando que rillando n'il nas longas noites aforra a herba seca escasa na parroquia. A medida do centeo é o ferrado chamado de Amociro ou pequeno por oposición ó acostumado pr'ó millo: dividese en seis coartales ou en vintecatro copelos, e ten o valor de 1979 litros acugulado e 15'83, raso. Algunhas ventas paganse por outra medida mais pequena que se chama ferredo de Avila mais xa cuáseque non se usa. N'outro tempo rubian os ribeirans a mercar o centeo e baixaban os da bocaribeira en procura do viño. Hoxe inda se garda o primeiro comer-
NÓS cio e tamén se vende nas feiras e en algús estabelecimentos das carreteiras e na Ponte de Ourense. Algús veciños coltivan o trigo (Fechos, Fondo de Vila) en pequena cantidá e tamén hai algús anacos adicados a cebada. A prodoición total de centeo da parroquia andará pol-as novecentas ou mil fanegas.
Medra o coltivo do millo en dúas formas; de nabeira e de herdade alternando n'ista en dous xeitos; de revoltiza e folla. O de revoltiza sementase en canto se ergue o pan e recollese pol-os principios ou meiados do outono. C'a sua arada competente e en anos de chuvia no vrán aproveitase pol-a espiga; os mais serve somentes pr'o gando, pois non da sinón carronchos, espigas pequenas e mal criadas. Mais moitas terras de centeo non son doadas pra il. O de folla sementase no Maio despois de que a terra descansou dende que se recolleu o centeo ou sexa todo o inverno, e serviu pra comareiro da facen da. O millo de herdade pra ser bó require reguiñas do ceo pol-o menos cada mes. Do contrario alapease e ponse como din os paisanos «c'as mans dreitas». As verdadeiras terras de millo son as nabeiras de rega que abondan nas encostas e nas quebradas especialmente no térmo de Soutomanco, nas Lamas, por baixo d'Outeiro, na Bergueira etcétera e son de todo descoñecidas nos caos inda que n'istes haxa algús pozos que secan ben cedo. Nas nabeiras sácase a auga pol-os bimbastros dos pozos guiandose por carreiros; algunhas teñen pozos e tanques que permiten a rega corrente. O traballo da rega é dos mais penosos do agro en Trasalba. Por mais compre vixilar moito as tioupeiras que deitaban os puzos, furan nos caneiros e deixan ó descoberto as raíces do millo. O de rega valente e tropical, basto e outo como o home mais grande é moi admirado e forma o orgulo dos veciños das campás abaixo. Co millo botanse pintos, redondos, duros e verdes con decoracións brancas n'outrotempo iñorados na parroquia, cabazos, colombros e algunhas sandías e cidras. O millo empézase a curtar no principio do Setembre nos anos enxoitos reservándose o de rega pra o Outono. As escascas son angueira de axuda e en moitas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719415.xml
NOS
presa de cosco do xergón. Somentes hai lameiros na quebrada do Formigueiro, na veiga de Albeiros, e nas terras das campás abaixo e na rigueira de Montesnal e Medelo, mais todos pequenos e non ben coidados. Por ista escaseza aproveitanse nas nabeiras as veigas dos regos da auga e procúrase retardar a caba das viñas pra que colla corpo a avea. Os mais dos lameiros son de herba seca e péchanse nos derradeiros d'Abril; a herba ségase no Sant Iago ou no Agosto con gadañeiros de oficio as mais vegadas, que veñen adicados ó seu oficio todo ó vrán pois xa vai esmorecendo o costume de facel-o con fouciños por greas de mulleres. O millor lameiro d'herba verde da parroquia está no leito do rego da Bergueira no logar de Pexes. Din que a fouce esquencida pérdese en un día pol-a medra da herba.
O gando todo mar de boa caste inda que pouco atendido, está moi espallado ent'os veciños sin qu'haxa casas fortes de peisanos con moita fazenda. O que tén gando de séu considérase rico. É moi corrente o igoal que nas terras o contrato de medias ou aparceiría. N'as terras os caseiros pagan o diezmo e no gando os donos levantan o pé. Nos porcos a parte do amo é xenéramente o tercio. Os de Trasalba privados da feira que se fazia no campo do Outeiro o día 6 de cada mes, acoden As do Carballiño, S. Amaro, Maside, Barbantes, Cea, Bouzas, 21, Orense, e fan a môr concurrencia na de Amoeiro. Fai poucos anos había moitos e bós exemprares da raza de Cartelle. As boas xugadas de bois son difíciles de manter e non serven pr'os ruis camiños da parroquia. Teñen sona os anos ó igual qu'os da terra de Amoeiro. Fai algúns anos recastouse grande parte da abenza con carneiros de raza churra vidos da terra de Burgos. Faltan montes comunás en moitos pobos; sementes os teñen bós os que participan da rexión dos cotos mais apenas dan un pouco de estrume e ningunha leña.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
(Continuaíse.)
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
PUBRICADO POL-A SEIZÓN DE PREHISTORIA DO *SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS* DE SANT-YAGO
CONSIDERAZONS FILOLOXICAS
As leendas localizadas nos castros constituen un dos capítulos mais importantes do noso folk-lore. O teren un soporte material fai que sexan máis persistentes que outras, e a gran abundanza de fortificazós e poboados prehistóricos que s'atopan na nosa terra e o feito de os peisanos asimilaren a iles moitas vegadas os pernedos de feitío estrano ou as obras modernas, coma castelos, eirexas, fontes, etc., ten dado a certos temas un notable espallamento. Iremos vendo os puntos mais importantes que atopamos no folklore castexo do val de Vilamarín.
OS HABITADORES DOS CASTROS. Son eiquí escrusivamente os mouros, os quales aparecen mencionados terminantemente en nove dos once castros catalogados con esceizón dos das Fontelas e Piñeiro, dos que pol-o demais hai pouco recolleitado. En sete d'iles, ademais, aparecen os mouros vivindo aínda. No Morgadán fálase de mouras encantadas. No da Martiña fálase d'iles con carácter histórico: estiveron n-il 200 anos. En realidade, un ensame atento logo descobre en cada caso circunstancias que veñen revelar a interferenza da leenda histórica que atribui a fundazón do moimento ós mouros, e a leenda mítica dos habitantes encantados do lugar.
A primeira forma de leenda, responden: a aira que tiñan os mouros no Castro de Marcelle; a silla do Rei Mouro do Morgadán;
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719423.xml
A hixiene dos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empree o
“Jabón Sales de la Toja”, único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabón da Toxa
ademais de ser o mellor é un producto galego que nos honra no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571946.xml
44
Mede 15 metros de diámetro por 2 de outo. Contiña no seu interior catro chantas da anta, cuio ancho varia entre 50 e 85 centímetros (fig. 24). Están de seguro istas chantas unha miga maquiadas dos seus asentos, mais do seu cativo grandor e da posizón que oxe ocupan, tírase que o dólmen de que formaban parte era pequeno ata o punto de non atinguir o seu diámetro maisimo mais que un metro.
(Fig. 24).—MÁMOA DO ARMADOIRO
Ista mámoa foi escavada sen que alcontráramos outra cousa que uns carbons.
MÁMOA DA POZA DA LAGOA.—A 150 metros, cara o sul da anterior. Mede 22 metros de diámetro e ollase moi remexida, sen que aparezan restos da anta.
GRUPO DA PEDRA DA XESTA.—A 150 metros cara o suleste da anterior. Consta de tres mámoas.
Mámoa núm. 1.—Aparez moi derramada e ca morea tumular moi baixa. Despois de escavada ollamos no seu interior a curiosa cámara da figura 25. As pedras a e b, pousadas de canto, forman a cabeceira e axuntanse angularmente. As c e d, continúan pol-as dúas bandas, i-están asimesmo pousadas de canto. A lousa e, indudabelmente maquiada, ollase ergueita a meias e facendo co chan un ángulo agudo. As f e g, están deitadas e son sen dúbida a f continuación da c e a g da e.
Recostruida de iste xeito a cámara en custión alcontramonos cun megalito de tres metros de longo por un de ancho e noventa centímetros de outo, formado por sete pedras pousadas no senso da maior lonxitude, correspondendo tal feitura á das cistas megalíticas, mais sen incruirse por completo no seu xeito tipolóxico mais corrente. En efecto e o normal n-ista crás de sepulturas, que a cabeceira estea constituída por unha soa pedra (Odemira, Quinta da Agua Branca e imensa maoría das cistas catalás e vascas) e cando escepzoalmente está formada por varias, ollanse colocadas en liña reita.
Así e todo atopamos en Cataluña unha cista, á de Sarri, Nores, cuia cabeceira ten tres laxas, dispostas angularmente (1) e achamos tamén en Portugal, na rexión de Pavia, catro sepulturas situadas respeitivamente nas herdades dos Antoes, de Entreguas, de San Miguel e da Madre de Deus (2).
(Fig. 25).—MÁMOA NÚM. 1 DA PEDRA DA XESTA
con cabeceiras iguais a da Pedra da Xesta e ainda de grandor total moi semellante, tendo que crasificar en secuencia o sepulcro que nos ocupa entre as cistas megalíticas, anque dentro de unha variedade non abondosa.
(1) Vex., Lluís Pericót, «La Civilización megalítica Catalana y la Cultura Pirenaica», Barcelona, 1925, lám. II, núm. 4.
(2) Virgilio Correia, El Neolítico de Pavia, Memoria número 27 de la C. de Investigaciones P. y P. Madrid, 1921, páxina 10, fig. 6.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571942.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47 — OURENSE
ADEMINISTRACIÓN: Real, 36 1.º — A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n'eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
Alalás do Mar, por Emilio Mosteiro.
Ensaios de Fisognomonía - (Francisco Añón), por Vicente Risco.
Prehistoria e Folklore da Barbanza, por Florentino L. Cuevillas e F. Bouza Brey.
Problemas de Xeografía Galega, por Ramón Otero Pedrayo.
Catálogo dos Castros Galegos, da Sección de Prehistoria do S. E. G.
Os homes, os feitos, as verbas, pola Redacción.
Reloxería ZENITH
MÁQUINAS PARLANTES. DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS
M. CALVIÑO - Ourense
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719414.xml
mais albres no capídoo da vexetación, representan unha riqueza abondosa sin chegar á fartura d'outras terras mais agoirentas e fondas. Pr'a venda perxudica a esgrevia calidade dos camiños, e asi andan moi procuradas as boas trabes de carballo ou de castiñeiro. Un feito novo é o inzamento dos piñeirales inda pol-os chans mais penedosos. Fai sesenta anos non se coñecian na parroquia; proceden dos que se prantaron na ribeira de Punxin e d'alí foron conque-
rindo as masas de roca subxacente da maor porción, non fai un chán tan rico como o d'outras terras. Isto vese doadamente na producion do estrume tan necesario pr'as terras. O toxo non chega as pechas formacións d'outras parroquias, pol-o que se procura con ansia e pásase ben inda que o mi-llor remedio sería deixar a bravo moitas leiras de centeo onde canta o arado en to-dol-os regos, e tamén desinzar as xestas que aproveitando as malas sazóns e as rozas fei-
rindo as dúas bocaribeiras qu'alí baixan. En toda a parroquia non rube de tres o núma-ro de eucaliptos. As oliveiras teñen morto fai moitos anos; dinantes habiaas ó largo dos muros d'algunhas fincas con boa espo-sición e as aceitonas servian pra parva dos homes n'algús pazos.
A enxoiteza é un dos caracteres noxentos pra parroquia de Trasalba que en relación c'a pequena grosura da tona de humus que
tas nas primaveiras, van cobrindo os mon-tes. Outro nemico é o fento que pol-o frío nin é doado pra cama das coadras. Outra pranta noxenta é a carpaza, nemiga dos cháns de souto.
Pol-as ditas causas Trasalba non é rica en herbas. É unha das traxedias dos vráns en-xoitos e inda nos invernos n'os que a xiada queima. Non é raro o caso da muller que s'ergue pol-a noite pra lle dar á vacola unh
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571944.xml
ENSAIOS DE PHISIOGNOMONÍA
FRANCISCO AÑON
Iste estudo, com'o qu'adicamos á Saco é Arce, está feito por un retrato: o retratomais popularizado do Poeta dos Himnos, feito en dibuxo e reproducido d'abondo en libros, revistas e xornaes, retrato ben mais coñecido da xente que non os versos xa pouco lidos d'Añón. Anque hoxe, co intrés qu'encomenza a espertar o romantismo, non quita que volvan ser traguidos á actualidade.
Foi a personalidade interna de Francisco Añón superior ou inferior á sua obra de poeta? D'un xeito xeral, a obra d'un escritor non é mais qu'aquela parte da sua vida interior qu'o escritor atinou a espresar. Un home calquera que poidera chegar a espresar, a dicir toda a sua vida interior, sería o maior escritor do mundo. No Ulysses semella que se quer dicir todo, e ata certo punto, tamén no Portrait. Mais estas son obras do noso tempo. No tempo d'Añón, o escritor non dicia mais qu'aquelo que consideraba dino de ser comunicado ós demais. Estaba nunha moito meirande dependenza do público do qu'está o escritor de hoxe, e non daba mais qu'unha escolma do seu mundo interior, o que se consideraba importante ou interesante, contrariamente ó parecer de Ibsen. Por outra beira, eso de dicir todo anque pareza paradoxa, nono pode facer mais qu'un introvertido, coma Joyce ou coma Proust; mais Añón era pol-a contra, un extravertido, com'imos ver. Por todas estas razóns, un estudo fisiognómico d'un escritor do tempo d'Añón podería dar que nos amostrara un home inteiramente diferente do que revelan os seus escritos.
Veleiquí temos ésa caracterizada e forte testa romántica de Francisco Añón, que logo veremos que non tiña nada de forte... Imos ver n-il o reverso de Saco e Arce.
A fronte outa, botada pra atrás, o narís
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/115719413.xml
NOS sepárase o cosco pr'os colchós. Moitas vegadas e dificultoso o secalo (en campiños o pé dos cabaceiros, nas eiras, en laxes e penedos, nos balcós). Despois do millo sementase a ferraia nas nabciras ou os nabos ou o mais acostumado a mistura dos dous froitos. Unha boa nabeira da algús cortes de ferraia; parte dela enxoitase pra gardala e algunhas vegadas cando se presenta moi ben deixase pra centeo. Acostumase pr'o millo a medida de Maside ferrado de 17'82 ou 22'28 litros asegún sexa raso c'o rebolo ou acugulado. Ten sona no mercado, que é o mesmo do centeo, o millo pecho e dourado da parroquia. En canto se escasca a palla dispónese en maragoutos nos eidos ou gárdase nas barras das coadras pra vianda do gando. A produción quizais supere a do centeo. N'outrotempo aparte dos logares das campás abaixo unha casa era rica con grau pra todo o ano; hoxe todos procuran o viño d'un modo crecedeiro.
Pódese calcular a produción en 1.500 moios (o moio de oito olas de 34 coartillos ou sexan 18'24 litros; chámase ola acabazada a que leva dous netos mais e adoitábase n'algunhas rendas sobretodo nas de viño branco). Todol-os logares procuran cepa; atópanse siñás novas hastra na rexión dos chaos en canto hai un abrigo ou esposición favorábel. N'outrotempo todol-os camiños das campanas abaixo estaban sombreados por outas parras e tamén algún dos outros logares pois neles a cepa resiste e rende moito sin mais traballos que poda e arxona. Hoxe somentes se gardan nas ruas d'algús logares (Outeiro) e son todos de cepa antiga, sobretodo de caíño, fresqueiro e acedo que dá agulla ó viño. Algús fanas de cepa americana diant'as casas con bó resultado. Tamén dinantes cuáseque todal-as viñas eran de parricholas baixas. Hoxe a cepa vella ten morto dende o comenzo do século e todal-as viñas son de mencia, garnacha, tinto da sorra, alicante e outras crás moitas d'elas inxeridas en patrós do pais (caíño, brencellao, carnote, castellano). As campanas abaixo é terra ribeirán singolarmente os fondales da Fareixa. As viñas inzanse entre os petoutos das encostas e agatuñan por todol-os lados. Prantanse de catro e de cinco
coartas e apesares da división da propiedade hai labregos que collen cincoenta e sasenta moios. Gracias á laboura da cepa volve a ser colonizado o fondal do Medelo que n'outrora tivo logares, foi abandonado e coberto de monte e bosque onde teñen partidas cuase todol-os veciños da parroquia, e agora pol-o abrigado do sitio que continua as boas terras do Val de Santa Cruz (A Cuqueira), cobrese de boas viñas. O viño das campás arriba e inda de gran parte das de abaixo, é un pouco chilrán e fresqueiro, bó os mais anos pra beber no vrán. Hoxe o viño é un coltivo de primeira necesidá pro paisano inda que da moito traballo e require angucira todol-os meses do ano, por regra xeneral faise a poda no Xaneiro, e logo as mais operacións recuan un pouco con respecto á verdadeira ribeira. Mail-a vendima endexamais pasa do 15 de Outono inda que veña tempo de sol e moitos anos o branco recóllese sin madurar nos sitios outos. N'outrotempo a cepa vella debeu estar tan espallada ou mais que a nova hoxe. O viño véndese a arrieiros de Cea, Tamallancos etcétera, que o veñen buscar en bestas ou desque a produción vai medrando os arrieiros e pipeiros de carro das carreteiras. Poucas bodegas están nas mesmas casas, sinón lonxe ó pé das viñas. Todo o logar do Quintairo é de bodegas onde se garda e fai o viño e se teñen tertulias mentras hai pinga. Algús pra ir a casa precisan andar tres quilómetros. Moitas bodegas do Quintairo e d'outros logares (Penouzós), foron n'outrora casas de habitación.
As millores terras de horta están ó pé dos logares esmiuzados en pequenas partidas pois ningún herdeiro quer compensación n'outro terreo. A castaña inda é colleita de valía mais xa non se secan. Todol-os logares menos Cimadevila teñen soutos no terreo comunal e algús castiñeiros son de moitos donos. Vellos, acaracochados nas terras, espallados, manteñense mais novos e dreitos nas quebradas afondidas (Formigueiro) lonxanas dos ribeiros do Barbantiño e do Miño pol-as que se van facendo raros. Inda hai soutos de coarenta castiñeiros vellos, e agora xa os peisanos se preocupan de procuralos novos. Xa temos tratado dos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571949.xml
NÓS
unha anta, con cámara de sete chantas e corredor de catro, mais nin a sua outura que é moi semellante, nin a sua colocazón actual autorizan de abondo ista hipotesis. Poderían as pedras a, b, c e d (fig. 29) representar os restos de tal corredor, mais alcontrariamonos c-unha ourentazón rara da entrada que se carearia pra o ponente e con que a carón seu non aparecería cabaceira, que resulta imprescindibel pra repartir lóxicamente as sete chantas da cámara.
Deixaremos pol-o tanto ista custión pra fixarnos n-unha curiosa particularidade de un dos esteios de ista anta. No sinalado na (fig. 30) aparez un burato semicircular praticado na banda superior da lousa. Son frecuentes na Francia e tamén na Siri, na India e n-outros países, os monumentos megalíticos que presentan furadas por un burato circular alguma das suas lousas. En Portugal existe asimesmo un exemplo de iste xénero, situado na Serra da Ossa (Alentejo) e ainda na Galiza coidouse dexergar as trazas do mesmo fenómeno en dous esteios de dúas antas da bisbarra de Laxe (1), mais en todos istes casos o burato óllase no fondo da lousa e non na cima coma na Braña de Prados.
E posibel así e todo, qu'a fura en custión, que viría abrirse por baixo mesmo da tampa do dólmen, fora aberta, obedecendo o mesmo orde de ideas, introduzón de obxetos funerarios ou saída dos espíritos dos mortos, que presidíu a apertura de buracos análogos n-outras rexións dolménicas da Europa e da Asia.
GRUPO DA CHAN DE SABUCEDA.—Fórmano seis mámoas, moi derramadas que se situan o leste do Outeiro Redondo. A mais inteiriza de todas elas conserva tres pedras da cámara, espetada unha fundamental e deitadas as outras dúas sobor do chán. Mede ista mámoa (fig. 31) 16 metros de diámetro i-está arrodeada por un circo de pedras chantadas que sobresaen da terra cousa de 1 decímetro. Ista proteizón da base da morea túmular e corrente en Cataluña i-en outros lugares. Na Galiza non se olla moi abondosa, podéndose rexistrar non embargantes unha mámoa do Monte das Motas, de Lobeira que está cinguida por un verdadeiro valado. N-outras estazóns galegas os circos de pedras arrodean a área onde se erguen varios túmulos como ocorre nas Pontes de García Rodríguez.
(Fig. 30).—ESTEO ABURATADO DA MÁMOA DO OUTEIRO REDONDO DA BRAÑA DE PRADOS
FOLKLORE DAS MÁMOAS DE CURES.—A semellanza do que ocorre co dólmen de Axeitos, os contos relativos as estas necrópoles da freguesía de Cures son poucos e pouco intresantes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/53/5380/5380136f-8f93-4dc3-869e-83c59dd0880d/11571945.xml
NÓS timismo e pesimismo, d'iniciativa e pasividade; un ciclotímico.
Condanadas a morte iban as ilusións qu'enchían aquiles ollos e aquela fronte manifesta...
A de Verlaine...
O tramo meio da face, que corresponde orgánicamente ó peito e metafisecamente ó mundo intermeio ou vital—a vida (curazón e aparato respiratorio) ten o seu principal asento no peito—ten un desenrolo especial que amostra un espírito inquedo, aventureiro, soñador, utopista: gran diámetro bicigomático, pómulos marcados. Oferce á observación, n-iste retrato, caracteres ben dinos d'estudo: tres liñas paralelas descendentes de cada lado da face, que parten do ángulo interno dos ollos, d'enriba das aletas do nariz, e dos ángulos dos beizos, e que sucan profundamente as fazulas, marcando os regos da disgracia, do home estragado e traballado pola vida, esclerosado, vencido e tristeiro. A carón d'istes tres regueiros das bágoas, pouco fai o nariz audaz, cortado na punta, cheo d'acometividade e de grandes ideas; pouco fan ises ollos craros e francos, un pouco saídos pra fora; cheos de confianza e lealdade, que nol-o amostran ademais com'un estravertido, un home dado á vida de relazón e con preocupacións d'orde social preferentes. Cando surtiu á vida Francisco Añón, era xa un vencido, era xa un home entregado ó fado.
Probe Añón! Era todo espírito. O tramo inferior da face, onde s'amostran os apetitos materiais, está n-il caxequiatrofiado. Ten unha queixada forte, mais retirada e coma posta en derradeiro termo, recollida, dominada, escurecida pola fronte, polo nariz, polos pómulos.
O bico, que se non pode apreciar n-iste retrato, adiviñase sorridente por debaixo do gran bigote de triunfal xovialidade, igual qu'os ollos qu'ainda queren rir en contra dos sucos de tristura que n-iles começan. Denuncian istes caracteres un humorismo confiado e san, verdadeira bonhomie, en contraste remarcábel cos plegues preocupados e doorosos do entrecello.
Probe Añón! Non é a sua unha traxedia interior com'a de Saco e Arce, home de firme vontade que se vencía, que s'ollaba a sí mesmo. Non: Añón amóstranos unha sorte de semi-infantilidade sostida moitos anos contra vento e mareia qu'ó fin o venceu. Era un inxenuo; era feble d'alma. Deixábase levar no trebón da vida; era capás de grandes pulos, mais cansaba logo; se non conformaba con soñar o seu soño, e queríao atopar na realidade da vida, e tampouco era forte pra conformar a vida—ó menos a sua vida—ó que era o seu soño. Romantismo dinámico. E, crar'está...
qui m'emporte ça e lá pareille á la feuille morte...
que diríamos xuntando a inspiración d'Elices
VICENTE RISCO
PREHISTORIA E FOLKLORE DA BARBANZA
(Proseguimento)
Mámoa núm. 2.—Afastada 10 metros da Casota do Páramo. Ten 6 metros de diámetro, está moi derramada e non se ollan n-ela pedras do dólmen.
Mámoa núm. 3.—A 25 metros cara ó oeste da anterior. Ten 17 metros de diámetro e non conserva restos visibels da cámara.
MÁMOA DO ARMADOIRO.—Situada a 200 metros cara ó sueste, da Casota do Páramo e no cume de un pequeno outeiro.