Cargando...
Carvalho Calero, Ricardo
1910 - 1990Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.
Nado no Ferrol Vello nunha familia acomodada, Ricardo Carballo Calero puido realizar os estudos primarios e medios na súa cidade natal e, unha vez aprobado o bacharelato na Coruña, trasladarse con dezaseis anos a Santiago de Compostela para estudar Dereito, ben que a súa vocación o inclinaba máis ben para Filosofía e Letras.Alí desenvolveu unha intensa actividade intelectual e política: entrou axiña en contacto co galeguismo artellado arredor do Seminario de Estudos Galegos, do que chegou a ser secretario, e mantivo unha estreita relación cos seus principais persoeiros.
Destacado líder dun movemento estudantil moi activo contra a Ditadura de Primo de Rivera, após a proclamación da IIª República participou na fundación do Partido Galeguista (1931), nas mobilizacións a prol da galeguización da Universidade e no proceso de redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia (1931-1932).
Rematada a carreira de Dereito, instálase en Ferrol como administrativo municipal e casa cunha compañeira de estudos, Ignacia Ramos (1933). Pero, dando preferencia á súa auténtica vocación, decide rematar os estudos de Filosofía e Letras (que cursa "por libre") e unha vez acadado o título (1936), prepara oposicións para ingresar na carreira docente.
Con esta finalidade, trasládase a mediados de 1936 a Madrid, onde o sorprende o golpe militar. Alistado nas milicias republicanas, loitou na defensa da capital, posteriormente obtivo en Valencia o grao de tenente e foi trasladado a Andalucía, onde o sorprendeu a fin da contenda (1939). Apresado polas forzas franquistas e acusado de «separatista», é condenado a 12 anos de prisión. Despois de cumprir dous anos de cárcere en Xaén, foi posto en liberdade provisoria pero inhabilitado para acceder a empregos públicos, polo que se viu obrigado a sobrevivir penosamente na súa cidade natal, traballando no ensino privado.
O ano de 1950 marca un antes e un despois na súa biografía. Nesa data trasladou a súa residencia a Lugo para dirixir o Colexio Fingoi, fundado polo empresario galeguista Antonio Fernández, que constituíu un viveiro de innovación educativa no medio do escurantista panorama do franquismo.
Aquel mesmo ano de 1950 fundábase a Editorial Galaxia, un proxecto que agrupou o galeguismo resistente no exilio interior, presidido por Otero Pedrayo e capitaneado por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, que foi fundamental na continuidade e revitalización da cultura galega, e no cal Carballo se comprometeu intensamente desde o primeiro momento.
En 1954 doutorouse en Madrid cunha tese que no ano seguinte iría ao prelo baixo o título Aportaciones a la literatura contemporánea, ao mesmo tempo que Galaxia publica a versión (previa e máis reducida) en galego desa obra, titulada Sete poetas galegos, en que estuda a obra de Rosalía, Pondal, Curros, Noriega Varela, Cabanillas, Amado Carballo e Manuel Antonio. Carballo conságrase así como o principal estudoso das letras galegas, poñendo os alicerces da que será a súa contribución capital, publicada nas dúas décadas seguintes.
A inicios do curso 1965-66 a Universidade de Santiago de Compostela única en Galicia ata 1990 comeza a ofrecer materias de lingua e literatura galegas na Facultade de Filosofía e Letras, que quedan a cargo de don Ricardo. Ao tempo, levantada a inhabilitación que pesaba sobre el desde 1939, aproba as oposicións para o ensino medio e comeza a dar clases no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, onde tamén foi profesora a súa dona. Sete anos máis tarde, en 1972, convértese no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC, xa con dedicación exclusiva á universidade.
Nesta etapa, Carballo Calero é un dos persoeiros máis significados de Galaxia: é, realmente, o filólogo do que el mesmo denominou "grupo Galaxia", ben que como escritor se consideraba membro da "xeración do Seminario".
A súa posición no campo cultural galego comezaría a cambiar na segunda metade da década dos setenta e mudaría notablemente na última década da súa vida.
Discrepante co rumbo da política galega e en franco desacordo coa política lingüística da Autonomía, reivindica a súa independencia e manifesta as súas punxentes críticas de xeito tenaz e contundente. É neste período cando comeza a asinar a súa obra como Carvalho Calero. RAG
Detalles
| Lugar de nacemento | Ferrol - España |
| Lugar de falecemento | Santiago de Compostela - España |
| Filiación | Partido Galeguista (1931-1950) , Real Academia Galega , Universidade de Santiago de Compostela , Seminario de Estudos Galegos , Galicia |
| Ocupación | Políticos , Profesores universitarios , Escritores |
Presenza na revista
http://gnoss/45D0620F-CAAA-4C30-836B-0A71089811C8
http://gnoss/F2E63003-647F-4D70-8A94-C8C8BAFC76C4
http://gnoss/1CB07F7C-804E-4E8C-9CC5-8DDC6F4B03EB
http://gnoss/6951CEC3-CF25-4F58-A940-D7A5D0768EC2
http://gnoss/7C1BD2FB-1B1A-414C-9CF6-D42C066CDE55
http://gnoss/944C4846-ADC7-4410-91CB-3AB874AC04B3
http://gnoss/7B60C471-48BE-4FD0-AAEA-B81FF764431A
http://gnoss/A0C109C2-3780-4CF6-92A6-1D57D9EF8920
http://gnoss/D6A58A71-9BF7-41D4-86AD-519B39AE6816
http://gnoss/3053DA8E-36E9-4DD2-BD01-D98A40146751
http://gnoss/4821AEA5-D6CD-4D9C-9A8B-FC5FDFD8952C
http://gnoss/5B37D0C0-2983-4FC5-A4BB-858FF373ACEB
http://gnoss/18633F56-9B77-4F95-A978-7E110B8BC5DF
http://gnoss/AFC7BCE6-3874-4F60-885D-EB6B73C488D2
http://gnoss/56FE2EC2-5127-412B-977F-B42AF7575CED
http://gnoss/34F62228-6201-48FC-9F83-885C28342650
http://gnoss/6951CEC3-CF25-4F58-A940-D7A5D0768EC2
http://gnoss/E8782134-9E5D-49FC-9809-F3FAF7CEC43D
http://gnoss/944C4846-ADC7-4410-91CB-3AB874AC04B3
http://gnoss/372EA835-6147-4787-8CBB-EB6053757456
http://gnoss/37D65690-85CB-4C08-A6A2-C4DD08704A7E
http://gnoss/20470402-07F3-4246-8EA0-F795F5D71A9C
http://gnoss/25A14402-FD5F-4F9D-ADF0-0FA5B25AC3E7
http://gnoss/A270DFBB-427C-4264-9A87-14226D57A375
http://gnoss/6915BE09-5109-4766-B4E7-AB45A8711EE2
Artigos
Ollada encol da poesía lírica galega contemporánea : (leición do Ciclo de Cultura Galega orgaizada pol-os alumnos da ... )
Ano XIII Num. 87 (1931); p 52-59
Os homes, os feitos, as verbas
por Risco, Vicente, Bouza-Brey, Fermín, Carvalho Calero, Ricardo
Ano XIV Número 102 (1932); p 110-112
Os homes, os feitos, as verbas
por Cunqueiro, Álvaro, Carvalho Calero, Ricardo
Ano XIV Num. 106 (1932); p 196
Balance e inventario da nosa literatura
Ano XIV Num. 108 (1932); p 222-223
Os homes, os feitos, as verbas
por Cunqueiro, Álvaro, Carvalho Calero, Ricardo
Ano XV Num. 111 (1933); p 55-56
Grorias e perigos da poesía de Bouza Brey
Ano XVI Num. 130 (1934); p 146-147
Os homes, os feitos, as verbas
por Casas, Augusto, Carvalho Calero, Ricardo
Ano XVII Número 136 (1935); p 76-80