Cargando...
Curros Enríquez, Manuel
1851 - 1908Naceu na vila ourensá de Celanova o 15 de setembro de 1851. Con tan só 15 anos, o poeta marcha cara a Madrid, onde acadará o bacharelato e comezará a carreira de Dereito. Durante estes anos na capital, o poeta vaise implicando na vida política do país, defendendo a súa ideoloxía republicana e progresista e levando a cabo unha destacada labor xornalística. En 1877 instálase en Ourense para traballar como funcionario de Facenda, gañando na cidade das Burgas, con "A Virxe d'o Cristal", "O Gueiteiro" e "Unha boda en Einibó", o seu primeiro certame literario. Tres anos máis tarde, en 1880, publica a súa grande obra Aires d'a miña terra, pola que o bispo ourensán decide procesalo e excomungalo. Tras ser cesado do seu posto na administración, abandona Galicia e retorna a Madrid, onde exercerá novamente o xornalismo en diarios como El País ou El Porvenir. Xa fose por causas políticas ou económicas, o poeta emigrou a Cuba en 1894, onde dirixiu La Tierra Gallega e colaborou noutros xornais de recoñecido prestixio. O seu carácter polémico fixo que en 1904 tivese que volver para A Coruña, cidade na que foi longamente eloxiado polos rexionalistas. Pouco tempo despois regresará a Cuba, onde morrerá aos 57 anos de idade.
Detalles
| Lugar de nacemento | Celanova - España |
| Lugar de falecemento | La Habana - Cuba |
| Actividade | Literatura galega |
| Ocupación | Escritores |
Presenza na revista
http://gnoss/74D25057-81B5-4185-9A75-752E59B3B4D6
Artigos
Nel giardino, una notte, seduta
por Curros Enríquez, Manuel, Battelli, Guido
Ano XV Número 119 (1933); p 231