Prada, Xaime

1891 - 1966

Amancio Jaime Prada Losada, nado en Vilamartín de Valdeorras o 26 de setembro de 1891 e finado en Madrid o 14 de outubro de 1966, foi un debuxante galego.
De familia fidalga, estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago mais sen chegar a rematalas. Foi profesor de debuxo no instituto de Ferrol e xuíz de paz no seu concello natal. Por volta de 1920 residiu un tempo en Madrid e París estudando pintura. Fíxose coñecido polos seus debuxos coa revista Vida Gallega entre 1919 e 1934, en especial polas súas portadas. Debuxos seus apareceron tamén en La Esfera, Buen Humor, Céltiga, La Zarpa ou Nós. En 1927 a editorial Nós publicoulle o álbum Grabados en linoleum. Viviu en Burgos dende 1922 e ao longo dunha década e alí colaborou coa revista Parábola e publicou o álbum Cartones de Burgos en 1930. Ligado ás Irmandades da Fala e á xeración Nós, a partir de 1933 mudou ideoloxicamente e entrou a militar nas JONS, foi o seu xefe en Valdeorras e integrou o triunvirato provincial. Foi brevemente xefe provincial da Falanxe antes de se establecer definitivamente en Madrid en 1935.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Prada, Xaime

Detalles


Lugar de nacemento Vilamartín de Valdeorras, Ourense - España
Lugar de falecemento Madrid - España
Actividade Debuxo
Filiación Irmandades da Fala , Falange Española Tradicionalista y de las J. O. N. S
Ocupación Debuxantes

Presenza na revista


http://gnoss/50505453-A167-4D63-A9C4-E45AEF8EE960

http://gnoss/9400ACE1-30E2-4191-9223-32B287235E83

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Prada, Xaime

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 26 - 15 febreiro 1926
Archivo filolóxico e etnográfico  de Galiza : recollido en Valdeorras pol-o pintor Xaime Prada

Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza : recollido en Valdeorras pol-o pintor Xaime Prada

por Prada, Xaime

Ano VIII Número 26 (1926); p 13-15

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 52 - 15 abril 1928
Dibuxo por Xaime Prada

Dibuxo por Xaime Prada

por Prada, Xaime

Ano X Número 52 (1928); p 67