https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712616.xml
34
MATTOS, ARMANDO DE.—As ARMAS DA CAPELA DOS COIMBRAS. Edições Apolínio, Gaia, MCMXXXI. 18 páxs. e gravuras, 4.º m.
ATRAE a atenção este opúsculo, pol-a elegância da sua impressão, que tão bem vai co estudo que encerra, porque a ciência heráldica é a ciência suntuária por excelência e reclama uma apresentação cuidada. Na eirexa de S. Xohan do Souto, em Braga, sitúa-se a capela do morgado das Coimbras que é uma joia arquitectónica que mereceu a atenção dos estudiosos. Agora o ilustre heraldista português estuda um ponto sobre o que os eruditos não profundizaram: as armas dos fundadores da capela e a procedência de elas. Deduce das premissas obtidas nas notícias anteriores e nas procedentes de manuscritos da Biblioteca Municipal do Porto que, se bem as armas foram dispostas pelos da família dos Coimbras, sin embargo, esta família não teve armas próprias senão que usou a de seus antepassados do linaje dos Alfonsos ou Facendas. Em resumo, é um estudo digno dos do autor na complicada disciplina a que se dedica com tanta competência.
F. B. B.
REVISTAS
LOGOS, n.º 11.
SUMÁRIO: Arredor do Evanxeo, F. Pazos.—Perigos das extrapolações, Ramón María Aller.—Os estudos nas Universidades Eclesiásticas, M. G. García.—Piedade e Liturgia, D. A. V.—Mosteiros galegos, J. Acuña.—Calólica, R. V.—Bibliografia.
N.º 12.
SUMÁRIO: O Xenesis e as primeiras dispersões dos povos, X. Ferro Couselo.—Normas da Eirexa, M. G. García.—O enterro da Alleluia.—As imagens eidéticas, A. V.—A Misa no Rito Bizantino.—Calólica.
A NOSA TERRA, Novembro, 1931.
TRAI: Ao decorrer os dias.—No ditoso outono, R. Otero Pedrayo.—O momento de Galicia, M. Lugris Freire.—Do momento, Víctor Casas.—Estatuto Galego.—Os complexos raciais em crise, Magariños Negreira.—Canto d Portugal, Avelino Rodríguez Elías.—O inimigo, V. Paz-Andrade.—Duas datas.—Follas novas.—Na Mariña, Eduardo Lence-Santar e Guitián.—O Cabaleiro Ourizo, Florencio M. Delgado Gurriarán.—A
NÓS
Irmandade da Cruña.—O galeguismo en Barcelona.—Faiscas, Amaro de Vilamelle.
BOLETIN DE LA A. GALLEGA, N.º 232, 1.º Junio, 1931.
SUMARIO: La Capilla de Música de la Catedral de Santiago, por Santiago Tafall Abad.—El Convento de Santo Domingo de Betanzos, por Fr. Aureliano Pardo.—Ribadeo en la Guerra de la Independencia, por F. Lanza Alvarez.—Puentedeume y su comarca, por Antonio Couceiro Freijomil.—Sección oficial.
N.º 233, 1.º Agosto, 1931.
SUMARIO: La Capilla de Música de la Catedral de Santiago, por S. Tafall.—El Convento de Santo Domingo de Betanzos, por Fr. A. Pardo.—Puentedeume, por A. Couceiro.—Sección oficial.—Col. de Documentos.
N.º 234, 1.º Setembro, 1931.
SUMARIO: La Capilla de Música de la Catedral de Santiago, por S. Tafall.—El Convento de San Jacinto de Monforte, por Fr. Aureliano Pardo.—Puentedeume, por Antonio Couceiro.—Sección oficial.—Col. de Documentos.
O INSTITUTO (Coimbra), 4.ª serie, vol. 11, n.º 2.
SUMARIO: Diplomacia e Nacionalidade, por Archer de Lima.—A dieta hídrica, por Augusto da Silva Carvalho.—Uma apreciação crítica da Sociedade das Nações.—Subsídios para a história da música em Portugal, por Sousa Viterbo.—Talhinhas e as guerras liberais, por Candida Florinda Ferreira.
Id., 4.ª serie, vol. 11, n.º 3.
SUMARIO: Ensaios de Etnografia, por Jaime Câmara.—Ensaio sobre os latinismos dos «Lusiadas», por C. E. Corrêa da Silva.—De Extremar a Aljubarrota, por A. Botelho da Costa Veiga.—História da Lusitania, por Carlos Augusto da Silva e Oliveira.—A Itália no princípio do século XIII, por Antonio de Mattos Cid.—Uma apreciação crítica da S. das N.—Subsídios para a história da música em Portugal, por Sousa Viterbo.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157126&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712612.xml
Banza das nenas loiras, mais témol-as en troques, que se bulran das pretas. E ainda, nas que gaban ás loiras, contadas fan referencia ó seu pelo:
Meniña do pelo roxo,
cómpreche un peine delgado;
se algún día foras miña
xa terei ise coidado.
Ai, roxiña, roxiña do pelo,
ven comigo mallal-o centeo;
o centeo, o centeo, a cebada,
ai, roxiña, miña namorada.
Paxariño millarengo
que estás na punta do toxo,
toma, lévalle esta carta
ás nenas do pelo roxo.
Roxiña, roxiña do pelo
dame a man pol-a ventana,
mira que si dormes sola
dormirás acompañada.
Á tua nai xa llo dixen,
á teu pai téñolle medo;
á tua nai xa llo dixen,
miña roxiña do pelo.
Algúns son máis espresivos:
Paxariño millarengo
ponte na punta do toxo;
moito gusto á mín me dan
as nenas do pelo roxo.
Somentes temos unha na que se non gaben
ás roxas, e aínda esta sin carácter de
xeralidade:
Quixen unha nena roxa
saleume unha boa galga,
e desde entón non quero
máis amor que a miña gaita.
Mal feito, por suposto; haber probado coas pretas.
E moitas son as cantigas que fan disprecio
das morenas.
NÓS
Un mozo fai bulra de unha moza patenti-
zándolle o seu irreparabel defecto:
Moreniña, moreniña,
vaite lavar ó cachón,
que por moito que te laves
es morena de nazón.
O mesmo que istes outros:
Botei ó corvo ó río,
boteino á blanquear;
o que é negro de nación
mal se pode remediar.
Eres branca como ó pote,
negra como a parrumeira;
se pol-a noite non campas
de día no-hai quen te queira.
E as máis conformes con esto son as mes-
mas mulleres.
Por unha ou por outra razón, elas procuran disculparse coma se fora pouco menos
que de un crime:
Anque che son moreniña
eche do polvo da eira;
verasme para ó domingo
como rosa na roseira.
Chamáchesme moreniña
eche do polvo da eira;
xa me verás pra domingo
como guinda na guindeira.
Déixame ir que vou de presa,
que vou coller a berbena,
que quero lavar a cara
que me chamaron morena.
Déixame pasar que vou
á levar auga serea,
que quero lavar a cara:
dicenme que son morena.
Chamáchesme moreniña,
chamáchesme moreneira,
chamáchesme moreniña,
eche do sol que me queima.
(Continuaráse)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712611.xml
NÓS
ten un cortizo de abellas que por baixo está minado.
Istes nemigos da muller, espresan así o seu valor:
Alabado sea Dios, que xa veu a barateza: os homes á catro pesos, as mulleres á peseta.
Coa fácil volta que ten ista cantiga, non é de estranar que as mulleres contestasen tamén con algo pol-o estilo:
Alabado sea Dios que xa veu a barateza: os homes á catro cartos, as mulleres á peseta.
Compría agora averiguar cal de elas é anterior.
Non obstante, as mismas mulleres recoñécen que ás veces hai algo de razón, pois elas fixeron esta outra:
A castaña saiu podre, mozos de Nigueiroá, a castaña saiu podre... outra boa sairá!
Con esta bótanlle os homes en cara ás mulleres a sua falla de verdade:
Marica, tente dereita que che can os alfileres; as verdades son dos homes, as mentiras das mulleres.
E, o mesmo que da falla de verdade, tamén din algo da sua falsía e disimulo:
Non te fíes nas risiñas de boas mozas solteiras, que risas son moitas veces de desaires compañeiras.
Atópase iste defecto das mulleres espresado n-esta fermosa cantiga:
Todol-os ánxeles teñen un anaco de muller;
o demo tamén foi ánxel, que coidado che hai que térl
E, con todas estas cousas, as coitadas das mulleres non saben que faguer. Así, n-un estado de indecisión, compuxeron aquela:
Se canto, son unha tola, se non canto, unha curuxa, se me lavo, unha profana, se non me lavo, unha sucia.
De íste disprecio consólanse escondendo o seu despeito tras unha falsa conformidade:
Eu bonita non che son, fea non me quer ninguién; coitadiña da bonita que tanto traballo ten.
Outras non saben esconder iste despeito e déixano ver á través das queixas:
Deixácheme por ser fea e tral-a goapa te fuche; non che me pesa, mais sabe que no-hai rosa que non muche.
Anque, como vemos, as opinións non están conformes, é a maioría a que está ó lado das mulleres. É o máis galante e o millor.
Mais á muller tamén se lle eisixen certas calidás físicas, moi interesantes, porque á través de elas podemos, cecais, vislumbrar o tipo da muller da nosa raza que sexa representante de ela.
Atópanse, pol-o pronto, unha gran cantidade de alusións á sua coor.
Anque a coor do pelo está intimamente ligada á da pel, notaremos que eisiste un tipo no que non se corresponden. Así, á certas mulleres de pelo preto, pódemolas considerar como loiras pol-o seu aspecto e constitución.
A este tipo fai referencia ó cantar que di:
Anque son morena, madre, anque son morena, digo, anque son morena, madre, teño a color do trigo.
Atópanse poucas cantigas que fagan ga-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712617.xml
NÓS
Id., 4.ª serie, vol. 11, n.º 4.
SUMÁRIO: A «mercê nova» de Lopo Rodrigues Camelo, por Armando de Mattos.— Un outeiro na Sala das Capelas em 1824, por João Jardim de Vilhena.— Talhinhas, etcétera.— A Itália, etc.— Catálogo dos manuscritos de Simancas respeitantes à História Portuguesa, pelo P. Francisco Manuel Alves.— Alguns aspectos da prosa medieval, por Vitorino Nemésio.— Uma apreciação crítica, etc.— Subsídios para a H. da música, por Sousa Viterbo.
Id., 4.ª serie, vol. 11, n.º 5.
SUMÁRIO: A Itália, etc.— Catálogo dos manuscritos de Simancas.— Alguns aspectos da prosa medieval.— Variações da taxa das albuminas plasmáticas na tuberculose pulmonar, por Mário Simões Trincão.— Bibliografia das inscrições portuguesas do século XII, por J. M. Cordeiro de Sousa.— História da Lusitânia, etc.— Subsídios para a H. da M.— Livros recebidos.
PORTVCALE (Porto), vol. IV, Setembro-Outubro, 1931.
SUMÁRIO: Dr. Mário Barreto, por Jacques Raimundo.— Ossónoba, antiga cidade do Algarve, durante o domínio árabe, por Vitoriano José Cesar.— Inéditos e autógrafos.— História duma boneca do «boulevard», por Carlos Parreira.— Monotipia, por Abel Salazar.— O pintor António Capieira, por Vila Moura.— Notula filológica, por Francisco Torrinha.— Varia.— In memoriam: Mário Barreto, por Cláudio Basto.— Bibliografia.— Novidades.— Vida Académica.— Rest et verba.
BROTÉRIA (Lisboa), Sbro. 1931.
SUMÁRIO: Proteção moral e jurídica à Infância, Serafim Leite.— A causa de S. Roberto Belarmino e os seus contraditores, José Goenaga.— Considerações acerca do ensino elementar da petrografia, R. Candel Vila.— As responsabilidades de Tanger, Domingos Maurício.— Nicolau Nasoni e Luís Chiari, Carlos de Passos.— Notas e factos.— Revista de revistas.— Notas bibliográficas.— Obras recebidas.— Efemérides.
Outubro, 1931.
SUMÁRIO: J. S. Tavares.— A Restauração da Ordem Social, Serafim Leite.— Porque vejo para Lisboa o braço de S. Francisco de
Borgia, Alexandre C. Castelo.— Os padrões do concelho, Luís Chaves.— Eugénica, Riba Leça.— O instinto e a sua finalidade biológica, José Leite de Castro.— D. António Barroso, Serafim Leite.— Subsídios para o Vocabulário Português, J. Serafim Gomes.— Notas e factos.— Revistas.— Notas bibliográficas.— Obras recebidas.— Efemérides.
Novembro, 1931.
SUMÁRIO: J. S. Tavares.— O instinto, etc., J. Leite de Castro.— A antiguidade do Homem, Eugénio Jalhay.— Deveres negativos do clero, E. Jombart.— A crise mundial e a aviação, M. P. de Portocarrero.— Revistas.— Notas bibliográficas.— Obras recebidas.— Efemérides.
Dezembro, 1931.
SUMÁRIO: Concilio Plenário Português, Serafim Leite.— A Associação dos educadores portugueses, Riba Leça.— Influência do anhidrido carbónico livre sobre o índice crioscópico das águas minerais, H. de Carvalho.— Índice crioscópico das soluções de ácido carbónico, H. de Carvalho e P. Leite.— A ortografia da língua portuguesa e o acordo luso brasileiro, Miguel de Oliveira.— Idade média, Luís G. de Azevedo.— Ecos da Exposição Colonial de Paris, U. P. de Portocarrero.— Pelo Brasil, Soares de Azevedo.— Notas e factos, etc.
Janeiro, 1931.
SUMÁRIO: Paulo Durão, O pensamento político religioso do Sr. Azaña.— Serafim Leite, Os morticínios na colonização do Brasil.— Abílio Martins, Porque nos rimos?— Mário Vitor, Os Jesuítas portugueses perante a História.— M. Pizarro Portocarrero, A Alemanha—pesadelo de Europa.— Guy Bardinet, O transformismo de Vialleton.— Charles Lepierre e Abel de Carvalho, Azeite e ollos nas conservas de peixe.— J. Serafim Gomes, Vocabulário português.— Henri Gheou, Portugal resuscitado.— Revistas, etc.
BIBLOS (Coimbra), Maio e Junho, 1931.
SUMÁRIO: José Maria Rodrigues, Mais uma vez a dupla rota de Vasco da Gama em «Os Lusiadas».— Manuel de Paiva Boléo, Orientações da Filologia românica na Alemanha e o Seminário Românico de Hamburgo.— A. G. da Rocha Nadahil, A política de D. Afonso V apreciada em 1460.— P. José dos Santos Motta, Métrica de Camões.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571263.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIV ★ Ourense 15 de Febreiro do 1932 ★ Núm. 98
O MILAGRE DA CONCEICIÓN DA NATUREZA
Un galán iluminado
no sol-pôr sinte morriña,
i-adormécese n-o colo
da enloitada noiva mística.
Os corvos —cregos intrusos—
benzoan a despedida.
Ela, cal a Madre-virxe,
sin pecado concebira,
e paríu axiña a Lúa
toda de branco vestida.
Recíbea o coro de estrelas
co-as suas cancóes lumínicas.
Mais o mozo —protestante—
non deu creto ó que non vira,
i-agarra o fusil do Sol
e fai da noiva unha vítima.
Un galo —bó cornetín—
pregoa o triunfo do día.
E mentras Deus dende o trono,
—como brancas folerpiñas—
guinda frores a mancheas
sober da virxe dormida.
A Estrada, 1932. R. ALFONSO CASTRO-DONO.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712618.xml
36
Julho e Agosto, 1931.
SUMÁRIO: Eugenio de Castro, As capelas sepulcrais da igreja do Carmo, de Coimbra.—Manuel de Paiva Boléo, Orientações da Filologia românica. — Varia. — P. Jose dos Santos Motta, Métrica de Camões.
Setembro e Outubro, 1931.
SUMÁRIO: Dr. Antonio Garcia Ribeiro de Vasconcelos, Carta dirigida ao excelentíssimo Presidente da Comissão Administrativa do Municipio de Oliveira do Hospital, a respeito do escudo heráldico desta vila.— Gago Coutinho, Possibilidade da rota única de Vasco da Gama em «Os Lusiadas».— Impossibilidade de Vasco da Gama ter, de Cabo Verde, navegando sempre para Sul.— E. de Castro, As capelas, etc.— Bibliografia. —P. S. dos S. M., Métrica de Camões.
REVISTA DE GUIMARÃES, Julho-Dezembro, 1931.
SUMÁRIO: Cartas de Martins Sarmento ao Padre Martins Capela.—Pedro Vitorino, Museus, Galerias e Colecções.— Luis de Pina, Sepultura luso-romana da Lapinha (Devesa-Escura).—P. Aloisio Tomás Gonçalves, S. Gualter de Guimarães.—Alberto V. Braga, Montarias.—M. C., A investigação arqueológica em Espanha.—Luis de Pina, O románico no concelho de Guimarães. — Eduardo de Almeida, Regimento de salários e preços de 1522.—Ricardo F. Ribeiro, Novas descobertas arqueológicas na citânia de Briteiros.— O Congresso Internacional de Antropologia Prehistórica.— Francisco Martins, Boletim.—Alberto V. Braga, Balancete.
Janeiro-Junho, 1931.
SUMÁRIO: Cartas de Martins Sarmento.— M. C., A Invest. arqueol. na Espanha.— P. Alberto Gonçalves, O terceiro donatário de Guimarães D. Fernando I. — Augusto C. Pires de Lima, A Leitura, a Educação cívica e a História.—Alberto V. Braga, Curiosidades de Guimarães.—Mario Cardoso, A última descoberta arqueológica na citânia de Briteiros.—Coronel Gaspar Ribeiro Vilas, O Feito de S. Mamede.—Ricardo F. Ribeiro, Uma estação Eneolítica no Monte da Insua. —A. de Magalhães Basto, O nacionalismo Português no tempo dos Filipes.—M. C., Bibliografia sarmentina. — Conferência. — Francisco Martins, Boletim.
NÓS
Julho Setembro, 1931.
SUMÁRIO: Cartas de Martins Sarmento. — Pedro Vitorino, Museus, Galerías e Colecções.—A. C. P. de Lima, A Leitura, etc. —S. de Magalhães Basto, O nacionalismo Português.—Alberto V. Braga, Curiosidades de Guimarães.—P. A. Gonçalves, Os dois mais ilustres alunos do Collegio do Mosteiro da Costa.—Fernando C. Pires de Lima, O Ceroto. —Mario Cardoso, A última descoberta, etc.—Antonio E. Ribeiro da Cunha, O vínculo de Poveiras.—Francisco Martins, Boletim.—A. V. Braga, Balancete.
REVISTA DE CULTURA, Rio de Janeiro, Setembro, 1931.
SUMÁRIO: En torno do accordo orthographico, Dr. Agostinho de Campos.— Mario Barreto e Silva Ramos, P. Thomás Fontes. —Poesia: Amore velha, José de Mesquita.— Subsídios para o estudo da analogia em Português, Dr. R. de Sá Nogueira.—Orthographia portuguesa, Marcello Mario Barreto.— O poeta da «Flor de Neve», José de Mesquita. —Bibliographia.
Outubro, 1931.
SUMÁRIO: Mario Barreto, Dr. Sousa da Silveira.—O poeta da «Flor de Neve», José de Mesquita.—O reinado de Jesus Christo no Trabalho, Dr. Andrade Bezerra.—O culto das imagens, Dom Joaquim D. de Oliveira. —A montanha do Christo, Dr. Fernando Magalhães. — O catholicismo na primeira Constituinte Republicana, Ignacio Tosto.— Um Patriarca, Carlos de Laet.
LA NOSTRA TERRA, Mallorca, Octubre, 1931.
SUMARI: El Problema escolar de Palma.— La llibertat de l'idioma, Joan Pons i Marqués.— Balada (de C. Reyband), Guillem Colom. — Mateu Obrador Bennàsser, Antoni Pons. — Intermedi cinematogràfic (de G. Duhamel), Estanislau Pellicer. — Vapor, Electricitat, Gasolina, Miquel Forteza i Pinya.— Un pages felarietxer a la Creuada valenciano-mallorquina de 1397-1399, Cosme Bauzá.—Associació per la Cultura de Mallorca.— Els llibres.—Les Arts.—Reculls de Fora. Noticiari.
Imprenta NÓS. Hortas, 20. Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712619.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712615.xml
NÓS
O DR. REISEKRONE.
Fai algúns días chegou a Sant-Iago o Doutor Reisekrone, do Romanisches Seminar de Berlín. Segundo é sabido, o Dr. Reisekrone dará por encárrego do Seminario de E. G. un cursillo de introdución á Filoloxía románica prá preparación d'algúns membros d'iste centro na mentada especialidade. Ó mesmo tempo o Dr. Reisekrone dará un curso de Literatura alemá, patrocinado pol-a Universidade.
A importancia d'iste feito non é mester encarecela. Temos urxente necesidade na nosa Terra do cultivo da filoloxía románica prá investigación da nosa lingua. D'outra banda, unha preparación romanística é fundamental en quenes s'adican a certos outros estudos coma o Folk-lore e a Etnografía.
Nos números seguintes daremos conta dos traballos do Dr. Reisekrone no seu cursillo.
Os agrupamentos ULTREYA.
Os rapaces galegos, dos 12 ós 20 anos, estánse orgaizando n-uns agrupamentos tidoados Ultreya, chamados á conquerir posto de honra n-as vanguardas da galeguidade. Cada un d-estes rapaces asiña o seguinte Decálogo:
I Porque amo á Galiza con toda a miña alma, adicareille os meus millores esforzos pra formala eternamente felis.
II Porque a vida está encheita de mágoas, miña mocedade será unha leda canción que ha erguer o esprito de todol-os coitados.
III Porque estou afincado ó chan nativo e endexamáis hei crebar as ligazóns co-a miña xente, manterei sempre aceso o fogo do meu lar.
IV Porque penso no que fun, no que son e no que teño que ser, respetarei ós vellos e pequenos e defendereinos de todo aldraxe e sofrimento.
V Porque quero a eficacia da miña laboura, axudarei os nobres desexos dos meus compañeiros como quixera que me axudasen á min na arela dos meus limpos ensoños.
VI Porque teño de sere home útil á miña Terra, cumprirei todal-as miñas obrigas pra ire facendo a miña histórea de cidadán exemprar.
VII Porque quero limpar a miña axuda de erros, educarei meu esprito no estudo e no traballo.
VIII Porque teño de sere rexo na axuda ós meus irmáns, fortalecerei meu corpo na craridade das augas e no ar das montanas.
IX Porque soño n-un porvir de verdadeira fraternidade, farei por que rente de min
se xunten todol-os rapaces galegos pra que o día de mañán non nos afasten prexuicios de caste.
X Porque quero unha Galiza enteiramente galega en convivio con todal as razas, en fala con todal-as culturas, abrirei meu peito a todol-os homes de boa voluntade e reita intención.
Dirixe esta orgaización o profesor Álvaro de las Casas, do Istituto de Noia.
LIBROS
SERPA PINTO, DR. RUY DE.—NÓTULAS ASTURIENSES III.—Porto, 1931. Sep. dos «Trabalhos da Soc. Port. de Antrop. e Etnol.» 8 páxs. 4.º m.
PROSIGUE o A., distinto arqueólogo, ben coñecido dos estudiosos, dando conta da literatura científica sobre punto de tanto interés e actualidad como a extensión da industria protoneolítica coñecida co nome de «asturiense» que tanto leva investigado en Portugal o Dr. Serpa. Son descritas as investigacións no país veciño, aínda non dadas á publicidade que seipamos, as de Galicia, as de Irlanda e as da África meridional e finaliza ca bibliografía ó día sobre a industria devandita. Merecen especial atención as descobertas de estacións paleolíticas dos arredores de Elvas, polo enxeñeiro Lereno Antúnez, nas que «a revelación de picos tipolóxicamente asturienses parece favorecer a hipótese duma orixe meridional para as industrias ancorense e asturiense». Visitadas estas descobertas polo Dr. Serpa en compañía do P. Alphonse Luisier e do P. Eugenio Jalhay, tiveron a atención nunca ben agradescida de darnos impresións directas no Outono derradeiro tan ilustres homes de ciencia. Ao dito compre engadir as novas de proseguimento das investigacións no Minho entre as que figuran unha estación de tipo paleolítico cujas terrazas ten en estudo o distinto amigo autor das nótulas que se comentan á quen enviamos nosa felicitação.
F. B. B.
FRAGUAS FRAGUAS, ANTON.— O CULTO ÓS MORTOS. NOS, Santiago.
COÑECEN os lectores da rev. o traballo no distinto folklorista pol-a sua publicación n-estas páxs., de onde se tirou a separata que agora saeu á lús. Nada temos, pois que facer senón dar azos ó seu autor pra que prosiga na investigación escomenzada en cujos temas tan ricaz é o noso pobo.
F. B. B.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571268.xml
A MULLER NO CANCIOEIRO GALEGO
Por XAQUÍN LOURENZO FERNANDES
PRA MIÑA NAI
Vivan as mozas galegas; vivan as bonitas mozas e os galás da nosa terra.
Sempre foi a muller, tanto no cancioeiro galego coma nos de outros sitios, a fonte en que con máis frecuencia beberon os vates populares. E a muller, correspondendo a esta devoción, soupo inspirar fermosas cantigas que reflexan en algúns sitios un culto á elas casi idolátrico.
Non sempre son estas cantigas de gabanza; algunhas, feitas por despeito ou misoxenismo, atacan ás mulleres faguendo resaltar as súas condicións máis ruíns.
Eisaminando unhas e outras, podemos vir en coñecemento das condicións da muller que máis agradan en Galiza e que forman pol-o tanto o tipo ideal de galega.
Obsérvase, pol-o pronto, un gran predominio nas cantigas de gabanza, cousa que dí moito en favor da galanteiría dos nosos mozos, así como do pouco que hai criticable nas nosas mulleres.
Por eso os nosos mozos arriscan todo por unha rapaza.
Hai un que non teme espoñel-a vida por vel a sua moza:
Queridiña por te ver
pasei o río á nado
á pique de me perder.
Pasei o mar do Ferrol
ferrolana por te ver;
pasei o mar do Ferrol
a pique de me perder.
Á outros, a seguridade da morte non é capaz de os arredar dos seus amores:
Morrer nos teus brazos, nena,
será morte con regalo
porque é tanto o que che quero
que hastra a morte me allano.
Ahí tés o meu corazón:
podes facelo pedazos,
pero coa condición
que hei de morrer nos teus brazos.
Á máis do corpo, non temen tampouco espoñel-a alma:
Ventana que estás aberta
podías estar pechada;
cantas almas se condenan
por quén n-ela está asomadal
Á esta cantiga parez contestar aquela outra que dí:
Penitencia rigurosa
me deron por querer ben;
si querer ben é pecado
non se salvará ninguén.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571266.xml
ELEXÍAS DE OVIDIO
TRADUCIÓNS CRÁSECAS
(ELEXÍA III DO LIBRO I DOS TRISTES)
Por A. Gómez Ledo
Cando a imaxe tristísima da noite aquela m'acomete, último tempo que na Cibdá pasei; cando recordo a noite das deixadas prendas miñas aínda dos ollos meus as bágoas corren. Xa preto estaba o día no que o César arredarme mandou da estrema Ausonia; nin tempo tiña de m'aviar nin azos. Aparbado eu de todo, na nugalla nin escollín escravos nin vestidos, nin cousa algunha propea pr'on desterro. Non d'outro xeito me varei co golpe coma o que vive sen saber que vive pol-o raio de Xove esnaquizado. Cando, ó fin, a dor mesma aquela nube dos meus ollos raxou, e, ó fin, as forzas voltaron ó meu corpo, xa no instante de partir despedinme dos tristeiros amigos que eran un ou dous [de tantos]. Miña amante muller en forte aperta misturaba co-as miñas, as súas bágoas margurentas, corréndolle cal chuvia pol-as santas meixelas. Miña filla lonxe de mín nas Líbicas ribeiras non podía estar certa do meu fado. Todo arredores s'escoitaban choros e laios de tal forma que era aquelo un verdadeiro funeral. Os homes, as mulleres e os nenos inclusive chorábanme por morto; tan xiquera un caseiro rincón quedou sen pranto. Se fora premitido usar d'exempros grandes nas cousas cativiñas, xuro que era aquelo unha Troia ó ser vencida. Xa dos cás e dos homes o balbordo s'apracara e a lúa iba rexindo os nouturnios cabalos nas outuras: pra ela eu fitando e distinguindo estonces ó Capitolio que s'erguía arrentes, en vao, dos nosos Lares, dixen «¡Numes que as veciñas estanzas habitades, tempos que endexamáis verán meus ollos, deuses que vou deixar á quenes garda a outa cibdade de Quirino... sede saludados por mín d'eiquí pra endiante; e anque serodio por estar ferido abrango ó escudo, escadasí despide iste desterro de calquer xenreira, e ó celeste varón que me castiga dicídelle que errei todo enfuscado, que por crime non tome as miñas culpas, e do xeito que vos xulgades, xulgue, que estando dios amigo, aínda hai espran[zas.»
Tal prego eu dirixín ós deuses; moitos a miña esposa saloucando fixo con verbas dislocadas; e de bruces diante dos Lares, cos cabelos ceibes, tremelicando os beizos, a lareira fría bicou e moitas cousas dixo contra os xordos Penates que de nada habían de valer pro amante esposo.
E a noite xa avanzada non rendía mais espazo d'espera, poil-a Osa ó eixo virado habia do seu carro. ¿Qué l'eu iba á facer? O amor mimoso
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571265.xml
NÓS
Celas e Lorvão, que tão dissolutamente viveram, que motivaram aquela célebre carta (1) de D. João III ao seu embaixador em Roma, Dr. Baltazar de Faria, para, em seu nome, pedir providências ao Santo Padre, a fim de restabelecer os bons costumes nos citados mosteiros, que aquelas donas e os Gomes de Abreu (2) tinham desfeitiado.
D. Fernando, por motivos desconhecidos ainda, passou a viver na Galiza, onde o seu parente duque de Arjona, lhe deu o senhorio da vila de Eça. Do seu domínio fez derivar o apelido que adotou e deixou aos descendentes do seu avariado sangue.
As armas que trouxeram os Eças, por seu progenitor, D. Fernando de Eça, filho do infante D. João, eram as armas dos bastardos da primeira dinastia (3), carregadas
(1) «Corpo diplomático português», V-206-207.
(2) Estes Gomes de Abreu, foram os amantes das referidas abadessas. Eram eles o bispo D. João de Abreu, Pero Gomes de Abreu, sobrinho neto do anterior e senhor de Regalados e Vasco Gomes de Abreu.
(3) Este facto é de notar e para ser reparado por aqueles
do cordão de S. Francisco, em sinal de dó pela morte de D.ª Maria Teles, ou já, possivelmente de Inês de Castro.
Conforme Santos Ferreira (1), que segue o «Livro da Torre do Tombo», são estas armas em campo de prata cinco escudetes azuis postos em cruz, sendo os dos flancos deitados e afrontados ao do centro; cada um dos escudetes carregado de nove (2) besantes de prata, 3, 3 e 3. Um cordão de S. Francisco de púrpura com nós de ouro, passado em cruz, em aspa e em orla, brocante sobre os escudetes, salvo o do meio que lhe fica sobreposto. Por timbre tem uma águia de azul, estendida, armada de ouro, carregada no peito, de cinco besantes de prata, postos em sautor.
que se interessam pela veracidade ou não, do casamento de Pedro I, com a sua amante Inês de Castro. Não só este infante, mas todos os seus irmãos, trouxeram armas de bastardos.
(1) «Armoríal Português» vol. I, pg. 118, n.º 541.
(2) Ocupar-me-ei um dia deste problema do número dos besantes das armas de Portugal.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571264.xml
NOTULAS NOBILIARQUICAS LUSO-GALAICAS
Por Armando de Mattos.
O estudo comparativo da heráldica e genealogia luso-galaica, está ainda por lançar no campo da investigação.
Essa razão me leva, a vir juntar nas páginas desta revista pequenas notas, que serão futuros pontos de partida para mais amplos trabalhos. Assim, nascerá o material preciso para se avaliar dos origens, influências e relações desses estudos em Portugal e Galiza.
I
OS ECAS
Esta família portuguesa, de rial prosápia, tirou o seu apelido de uma vila da Galiza. Esse facto faz com que interesse a sua origem, ao assunto que me proponho subsidiar.
Entre os filhos de D. Pedro I de Portugal, e de Inês de Castro, a feiticeira dama de honor da rainha D.ª Constança, houve um, o infante (1) D. João, que veio a ser concunhado de seu meio irmão o rei Don Fernando, pois que, deixando-se seduzir pela formosura e astúcia de D.ª Maria Teles, viúva de Alvaro Dias de Sousa, mãe de D. Lopo Dias de Sousa —mestre da Ordem de Cristo— e irmã de Leonor Teles (2), com ela casou.
E’ por demais conhecida a política mo-
(1) Este título é um abuso, pois só é próprio dos filhos legítimos.
(2) Filhas de Martim Afonso Telo.
vida por esta rainha intrusa e perversa, contra a sua própria irmã.
Cegamente envenenado pela intriga, o infante D. João, matou a golpes de bulhão, em suposta desafronta e castigo de delação a D.ª Maria Teles, em Coimbra, nos Paços de Sub-Ripas, segundo reza a lenda.
Deste casamento nasceu um filho, D. Fernando, que, sendo criado e educado na maior liberdade e completo abandono, veio a ser homem de costumes pouco sólidos.
Prestava grande culto ao belo sexo, e tanto que dele diz Braamcamp Freira:
«O seu fraco era casar, e com o maior desassombro o fazia, chegando ao ponto de ter três e quatro mulheres vivas. Então, filhos isso era um nunca acabar; quarenta e dois lhe assinam os nobiliários!» (1)
A esse facto se refere um autor do século XVII, dizendo que ele tinha «larga a consciência» (2).
É destes quarenta e dois rebentos, muitos dos quais já secaram e outros nem fruto deram, que procedem os vários ramos dos Eças, que ainda hoje são representados mais ou menos indirectamente. A esta família, pertenciam as amorosas freiras D.ª Breites de Eça, D. Catarina de Eça, D.ª Joana de Eça e D. Felipa de Eça, que foram passando pelos sólios abaciais de
(1) Os «Brasões da Sala de Sintra», I vol. (2.ª edição).— Coimbra 1921—pg. 97.
(2) Vilas —Boas de Sampalo— «Nobiliação Portuguesa»— Lyª., 1676, p. 270.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712610.xml
28
as mociñas de Facós
son a fror das outras todas.
N-algunhas cantigas prescindese da bonitura das mozas. Quérense con certas calidás que n-elas se espoñen:
A agulliña vai cosendo,
a alferga vaina seguindo:
asi fai a boa nena
que do amor se vai rindo.
A moza que é caladiña
e non dí mal de ninguién,
canto máis baixiño mira
cantos máis amores tén.
Non por antipoética, deixa de ter gracia a cantiga que eisixe:
A marrán de tres semanas,
o cabirtiño de un més,
a miniña de quince anos,
o galán de vintetrés.
Nótase, como é lóxico, unha preferenza pol-as artesanas nas nosas aldeias:
Vale máis unha artesana
c-unha saia de percal,
que todal-as señoritas
vestidas de tafetán;
elas son feas
que é un horror
e as artesanas
son como o sol.
Como baila dereitiño,
como baila con primor,
como baila dereitiño
a filla do labrador.
Hai mozos os que non basta unha moza:
queren máis:
Unha rosa na roseira,
unha rosa non é nada;
iremos pol-as roseiras,
collerás unha manada.
Mais de todo hai na viña de El Señor. Non
NÓS
todas han de ser gabanzas; tamén as nosas
mozas teñen quen lles queira mal.
Cada un pol-o seu lado, son moitos os que
lles botan tachas por riba.
Probe concepto de elas tiña quen fixo esta
cantiga:
Unhha nena non é nena,
duas nenas nenas son;
tres nenas queiman a casa,
catro vólvena carbón.
Non era, certamente, de esta opinión, o
que compuxo esta outra:
Moza que estás na ventana
ca punta do pano fora,
a cara non cha vexo
e o pano xa me namora.
Con moita gracia caricaturizan a gana de
casar das mulleres estas dúas cantigas:
Á unha vella moito vella,
más vella que Zaragoza.
tratáronlle o casamento
e a vella volveuse moza.
Á unha vella moito vella,
más vella que o meu chapeu,
tratáronlle o casamento
levantou as maus ó ceu.
Non se ve por ningunha parte no noso
cancioneiro isa tolerancia que moitos dín pra
caída da muller:
Zapato de sola e vira
logo lle cai a biqueira;
gárdate, miña miniña,
da caidiña primeira.
Ó pano fino na tenda
unha mancha lle caeu;
á menos precio se vende
porque o seu valor perdeu.
O que pode sair de unha muller, según o
autor, atópase n-esta cantiga:
O pai que ten unha filla
pensa que ten un reinado:
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712614.xml
NÓS
32
Tomás López que o utilizou pra o seu de Galicia. Estes datos coinciden en informarnos que a carta de Alonso López fixérase por encárrego do erudito Arcebispo Vallejo.
Non era novo o desexo manifesto pol-o Prelado compostelán. Xa pol o 1587, á pouco do seu nomeamento pra a silla de Santlago, o cordobés D. Xán de San Clemente fixera o mesmo cometido «para saber a que parte caía cada distrito hizo hacer un mapa de todo el Arzobispado y lo tenía en su aposento». (1) Isa testimuña de Sanz del Castillo, sospeitoso de parcialidade n-algúns puntos da biografía de San Clemente, non pode agora porse en dúbida, pese á que no espolio do prelado cordobés non figura mención algunha de ningún mapa.
Tres Arcebispos composteláns, asegún as noticias oxe sabidas, coidaron indispensabeles pra o goberno temporal da sua diócese unha carta geográfica. Das dúas mais antigas (San Clemente e Vallejo) non fica rén, somentes a feita baixo os auspicios de Vélez consérvase aínda. Ningún dos devanditos Prelados era galego; á eles conviña mais que á ninguén unha noticia esaita do país. tanto máis, si como facía San Clemente os seus familiares e Provisores eran tamén alleos e pouco coñecedores da nosa terra.
Derradeiramente as noticias da procedencia do mapa da Universidade fallan por completo. Non embargantes pode coidarse doadamentes que algún tempo pertscese ó mosteiro de San Martín cuias relacións cos bieitos e Freiguesía de Poio, son ben notorias.
(1) Sanz del Castillo.—Vida del Excmo. Sr. D. Juan de San Clemente, páx. 23.
SEBASTIÁN GONZÁLEZ.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
O IDIOMA GALEGO: MUNDO ADIANTE:
E canto interesa o movimento cultural da Galicia na hora presente ós sabios, e do caráiter de universalidade que adequire con il o noso idioma, podrá dar lixeira idea a pubricación dos nomes de algunhas persoalidades i-entidades que mos honran como suscritoras da revista NOS.
Sen escolla previa, senón abrindo unha páxina calisquera dos nosos libros de contabilidade topamos, en groriosa mistura, filólogos e etnógrafos, arqueólogos e prehistoriadores, centros de sona inmensa no orden da investigación. Velaiquí a folla aberta como a sorte a deparou:
Raymond Lantier, S. Germain en Laye. Zacarías le Rouzic, Carnac-Morhiban Dr. H. Thomas, Londres.
Prof. François Pospisil, Moravia Xurxo N. Petroff, Leningrado. Direitor do Museu de Gales.
Museo de South Kensingtón, Londres. Phileas Lebesgue, La Neuville.
Karl Winter, Heidelberg.
Prof. W. Meyer Lübke, Bonn. Dotation Carnegie, París. Universidade de Hamburgo.
Le Consortium breton, Carhaix. Dr. Hoffman Krayer, Basilea.
Ravasini Institute, Viena.
P. Kirjusin, Gori-Gorvi.
M. Rodrigues Lapa, Lisboa. Preussische Staatsbibliotek, Berlín, Seara Nova, Lisboa.
Revista de Cultura, Rio de Xaneiro. Miss M. Isobel Munro, Oxford.
S. Davidoff, Moscú.
Direitor da Biblioteca Nacional, Lisboa. La Fiera Letteraria, Milano.
P. Eugenio Jalhay, Lisboa. Leonardo Coimbra, Porto. Facultade de Letras, Coimbra. Prof. Martínez Stª. Olalla. Bonn. Jorge N. Petroff, Leningrado.
Non figuran na ringleira precedente nin moitas das mentalidades peninsuares e do continente americano que se preocupan pol a cultura da nosa terra, nin as máis das entidades europeas que reciben este noso boletín. Tampouco a fortuna quixo traguer senón uns poucos os nomes de tantos sabios portugueses como nos leen nin das asociacións do grande Portugal irmán que como a Soc. de Antropoloxía do Porto, a Soc. Martíns Sarmento, de Guimaráes e a Asoc. dos Arqueólogos de Lisboa tan apreciados son dos nosos investigadores.
Fiquen as liñas precedentes como homeaxe á tan ilustres suscritores.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571262.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571269.xml
NÓS
Todos, en xeral, recoñecen na muller un gran valor:
O paxariño no prado
de todal-as herbas come;
o donaire de unha nena
tres días mantén á un home.
—
C-unha codia de pan quente,
unha sardiña salgada
e un abrazo de unha nena
pasa un home unha somana.
—
Cantar, mociñas, cantar,
si por voso gusto é;
todal-as herbiñas ulen
donde poñedes o pé.
Bó concepto de elas tiñan os que fixeron estas outras cantigas:
As mociñas de San Fins
elas para todo son:
para cantar e bailar
e tirar pol-o ligón.
—
As meniñas son de plata,
heinas de saber dourar;
se ben tocan o pandeiro
millor saben traballar.
—
O que non tén bois nin campo
nin arado nin muller,
non come cando ten fame
nin traballa cando quer.
Non todos son compretamente desinteresados no seu amor ás mulleres. Piden algo á cambio da dote que elas non poidan levar:
A nena cando é bonita,
donairosa é pracenteira,
anque non sea mui rica
nunca falta quén a queira.
—
O carballo que é pequeno
tamén fai pequena sombra;
a rapaza que é bonita
pouquiña dote lle abonda.
Elas mesmas non crén que estíe de máis un sustitutivo da dote:
«Sei tocar e sei bailar,
sei facer o que quixer,
son filla de padres pobres
e de todo é menester.
Craro está que tamén queren a sua compensación:
O zapato quere a media,
a media quere o zapato;
a meniña que é bonita
tamén quer o mozo goapo.
Outras conténtanse con menos, pol-o ben parecer:
Heime de casar iste ano
anque sexa c-un ben probe,
que todo o mundo fai risa
da muller que non ten home.
Hainas tamén que ven craramente a sua misión n-iste mundo:
Debaixo da auga nacen
cousiñas que saben ben;
eu tamén me you criando
para amparo de alguién.
As mesmas mulleres tefien de si a idea de que dan cento e raia á listeza dos homes:
Non te fíes de muller,
anque son muller o digo:
a muller engana ó home
que seña máis entendido.
Dentro de iste concepto xeral da muller, temos o concepto das mociñas de un pobo determiñado:
Cando pases pol-a fonte
ponlle ó botón á camisa,
que as rapaciñas da Ponte
sonche as frores de Galicia.
—
N-esta rua roxen cachos,
seica se romperon olas;
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/11571267.xml
NÓS
da patrea ma cinguía: a derradeira
noite era aquela en Roma que eu pasaba antes d'ir ó desterro. ¡Ah, cantas veces dixen á quen m'urxía: «¿Por qué m'urxes? ¿Non ves pra donde vou e que é o que deixo? ¡Ouh, cantas eu mintín encol do istante da partida e máis téndoo ben sabido! Tres veces o limiar pisei e tantas volvín pr'atral os pés, postos d'acordo en demoral-a marcha co desexo. Dispois de dal-o adiós millentas veces ainda falei de cousas mil: os bicos repartín derradeiros cal se fora á marchar e por veces os mandados mesmos lles dei, querendo equivocarme, o vel as miñas xoias cos meus ollos. ¿Por qué m'hei d'apurar? — dixen—. A Escitia é adonde me mandan e o que deixo é Roma: entramas cousas me disculpan. Vivíndome a muller é cal se morta fora pra sempre, estando eu mesmo vivo, e arrédome do lar, dos familiares membros agarimosos, e d'aquiles compañeiros que amei con fondo amore de irmáns jouh peitos ó meu peito adxuntos! émulos do Teseio ¡Vinde ós brazos xa que agora é posíbe! quen sabe se nunca mais serános premitido e hai que aforrar o tempo que me resta.» Xa non queda un istante; o meu discurso deixo sen romatar e nos meus brazos estreito os que alcontrei de min máis preto. Namentres falo e saloucamos todos n'outo ceo o Luceiro tremeluce pra min estrela malfadada estonces; me sinto escachizado cal se os membros m'arrincaran do corpo ou dividiran. Tal debeu ser a dor de Mecio cando en direución opósita partindo os cabalos vingaron n'il un crime.
D'aquela os meus romperon en saloucos e adoecidos berros, e batían contra os seus peitos nús con maus tristeiras D'aquela a miña esposa pindurada dos meus hombreiros misturou co pranto istas verbas d'anguria: «Naide pode arrincarme de ti; vaiamos xuntos; seguireite ondequeira e no desterro serei do desterrado a amante esposa: xa sei o meu camiño; deica ó cabo do mundo irei; con carga tan cativa ben ha poder a fuxitiva nave. O César mándame exilar da pátrea levado da xenreira; a mín o amore, o amore que pra mín é máis que o César». Tal matinaba e matinara d'antes e a duras penas deuse por vencida. Solo por fin (ben somellaba aquelo un enterro moi probe) esmalloado cos cabelos caíndome revoltos encol da hirta faciana. Entolecida ela da dor, sintíu se lle apagaban os ollos e dixéronme que drento da casa despromouse meia morta. Tan logo coma en sí voltou i-ergueuse do chán, emporcallada a cabeleira do sucio pó, e o corpo arrefecido, chorou por ela e os Penates orfos, e moitas veces invocou o nome do esposo que lle fora arrapiñado. Non saloucara tanto anque ela vira queimar nunha fogueira funeraria o corpo meu ou o da filla. Quixo morrer de vez pra non sentir morrendo, pois que me tér ó lado era imposibre. ¡Viva, e que viva pr'o afastado lonxe xa que os fadol-o queren, e a lembranza d'ela non deixe de aumentar meus azos!
Madrí, setembro 1931.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712613.xml
NÓS
M I S C E L Á N E A
UN MAPA INÉDITO DO ARCEBISPADO DE SANT-IAGO
Na Biblioteca da Universidade de Santiago, e n-unha carpeta sin siñatura, que contén planos e mapas diversos, áchase unha carta geográfica da diócese compostelán, en dibuxo orixinal e non rubrado, que, pol-o seu tipo de letra, poidera datarse como de comenzos do século próisimo pasado.
A sua identificación está dificultada, pol-o mal estado de conservación, xa que desgraciadamente é faltoso de un bó anaco, que abranguería varios arciprestádegos. Non embargantes estrévome a supór, que iste orixinal en papel de gran groso, e mal coidada caligrafía seña un ensaio ou borrador do que en 1826 deliñou o crego de San Salvador de Poio D. Anxel Marín, de cuio mapa, anque bastante raro, coñécense algúns exemprares eisistindo un na mesma carpeta devandita da Biblioteca Universitaria.
As difrencias entre borrador e grabado son ben escasas, e poden escusarse si se toma conta que o pirmeiro é un dibuxo tan provisional, que o aproveitou ó verso d’unha lámina que contiña o plano d’unhas defensas militares, á sabendas cicais, que cas reitificacións sería mester un novo e definitivo dibuxo.
O título do grabado, que falla no orixinal é como segue: Mapa GEOGRÁFICO DE EL ARZOBISPADO DE SANTIAGO. Dividido en treinta y seis arciprestazgos: contiene las Provincias de Santiago, Coruña y parte de las de Betanzos, Lugo y Tui. DEDICADO al Exmo. Sr. Dn. Fr. Rafael de Vélez, Caballero de la Gran Cruz de la Rl. y Dislinguida orden Española de Carlos Tercero de el Consejo de. S. M. su Capellán Mayor, Juez Ordinario de su Rl. Capilla, casa y Corte, Notario Mayor del Reyno de León, Arzobispo de la S. A. M. Y. Ciudad y Arzobispado de Santiago. Pr. Dn. Angel Marín, Cura de San Salvador de Poyo. Año 1825.
Mede 617 mm. outo por 650 longo e ten indicacións de tres escalas: Leguas reás ou de camiños, equivalentes a 8.000 varas casteláns; Leguas geográficas de España, equivalentes 17 1/2 a un grado e valen cada unha 7.672 varas casteláns e leguas de hora de Marina, equivalentes 20 a un grado e a 6.661 2/3 varas casteláns.
A lonxitude oriental está tomada con relación ó Pico de Teide, e con diversos siños atópanse indicacións de Cidade, Vila, Parroquia, Anexo, Lugar, Santuario, Casa Correos principal, Correos subalterna, Castelo, Porto, Ponte Barca, Lindes de Arciprestádego, Provincia e Arzobispado e Mosteiros de Bieitos, Bernardos, Mercedarios Calzados, Ibid. descalzos, Dominicos, Franciscanos menores, Capuchinas, Hermitaños de S. Agustín, Carmelitas descalzos, Franciscanos terciarios, Hospitaes de Enfermos probes, Justinianas e Agustinas recoletas. Engádanse á istas, os itinerarios dos camiños, por certo pouco esactos.
Como nota curiosa que me fixo reafirmar na correspondencia entre o mapa de 1825 e o dibuxo anónimo da Biblioteca Universitaria, teño de asiñalar que pol-a meirande estensión da Diócese Compostelá na direición N. S., obrigou a situal-o W. na parte superior do Mapa e as rías outas da Cruña e Ferrol, háchanse conseguintemente no leste.
Nin o grabado, nin moito menos o seu orixinal aparés citado por Villaamil y Castro no Ensayo de un Catálogo..., onde achamos somentes (n.º 48) á noticia de outro mapa atribuido ó ferrolán D. Xosé Alonso López, do cal mapa, que eu seipa non se coñece exemprar algún, sabéndose da sua eisistencia pol-as noticias de Labrada (1) e de don
(1) Descripción de Galicia, páx. 63,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/31/31b1/31b17947-40ee-48cd-94c4-47df698224b4/115712620.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor. Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES:
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será unha biblioteca galega, mentres non adeqira as obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO