Cargando...
Pericot, Luis
1899 - 1978Luis Pericot García (Xirona, 2 de setembro de 1899-Barcelona, 12 de outubro de 1978) foi un historiador e arqueólogo español, especialista en prehistoria.
Formado na Universidade de Barcelona, tivo por mentor a Pedro Bosch Gimpera.
En 1918-1919 trasladouse a Madrid, para realizar os cursos de doutoramento na Universidade Central; entrou en contacto con Manuel Gómez-Moreno e o grupo de historiadores e arqueólogos do Centro de Estudos Históricos.
Un dos primeiros traballos de envergadura de Luís Pericot foi un estudo sobre os dolmens/dólmenes e o megalitismo publicado en 1925 co título "La civilización megalítica catalana y la cultura pirenaica", publicación mediante a que accedeu á cátedra de Historia Antiga e Media da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta época colaborou con Florentino López Cuevillas, o máis destacado prehistoriador de Galicia, escavando a citania de Troña, en Ponteareas, provincia de Pontevedra.
En 1927, ao terminar a súa etapa en Galicia, pasou a ocupar a cátedra de Historia Moderna e Contemporánea de España na Universidade de Valencia, aínda que seguiu coas súas investigacións no campo da Prehistoria.
En 1933, trasládase a Barcelona, onde ata a data de xubilación desempeñaría catro cátedras con nomenclatura distinta (Etnoloxía en 1933, Historia Moderna e Contemporánea de España en 1934, Historia Antiga e Media en 1943 e Prehistoria en 1954).
Wikipedia
Detalles
| Lugar de nacimiento | Xirona - España |
| Lugar de fallecimiento | Barcelona - España |
| Actividad | Etnoloxía , Prehistoria |
| Filiación | Real Academia Galega , Universidade de Santiago de Compostela , Universidad de Valencia , Real Academia de la Historia , Real Academia de Buenas Letras de Barcelona |
| Ocupación | Historiadores , Escritores , Arqueólogos , Profesores |
Presencia en la revista
http://gnoss/9158E194-7BF1-4FE9-B41B-1A5C54991B65
Artículos
Catálogo dos castros galegos : A Terra do Carballiño
por López Cuevillas, Florentino, Risco, Vicente, Ramón e Fernández Oxea, Xosé, Pericot, Luis, González García-Paz, Sebastián, González Salgado, Eleuterio, Amoeiro, A., Castro, Bernardo, Losada Filgueira, Joaquín
Ano XI Número 68 (1929); p 133-137