Cargando...
Prada, Xaime
1891 - 1966Amancio Jaime Prada Losada, nado en Vilamartín de Valdeorras o 26 de setembro de 1891 e finado en Madrid o 14 de outubro de 1966, foi un debuxante galego.
De familia fidalga, estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago mais sen chegar a rematalas. Foi profesor de debuxo no instituto de Ferrol e xuíz de paz no seu concello natal. Por volta de 1920 residiu un tempo en Madrid e París estudando pintura. Fíxose coñecido polos seus debuxos coa revista Vida Gallega entre 1919 e 1934, en especial polas súas portadas. Debuxos seus apareceron tamén en La Esfera, Buen Humor, Céltiga, La Zarpa ou Nós. En 1927 a editorial Nós publicoulle o álbum Grabados en linoleum. Viviu en Burgos dende 1922 e ao longo dunha década e alí colaborou coa revista Parábola e publicou o álbum Cartones de Burgos en 1930. Ligado ás Irmandades da Fala e á xeración Nós, a partir de 1933 mudou ideoloxicamente e entrou a militar nas JONS, foi o seu xefe en Valdeorras e integrou o triunvirato provincial. Foi brevemente xefe provincial da Falanxe antes de se establecer definitivamente en Madrid en 1935.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacimiento | Vilamartín de Valdeorras, Ourense - España |
| Lugar de fallecimiento | Madrid - España |
| Actividad | Debuxo |
| Filiación | Irmandades da Fala , Falange Española Tradicionalista y de las J. O. N. S |
| Ocupación | Debuxantes |
Presencia en la revista
http://gnoss/50505453-A167-4D63-A9C4-E45AEF8EE960
http://gnoss/9400ACE1-30E2-4191-9223-32B287235E83
Artículos
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza : recollido en Valdeorras pol-o pintor Xaime Prada
por Prada, Xaime
Ano VIII Número 26 (1926); p 13-15