https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157131&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713111.xml
CASTELAO E A GALIZA
Por RODRIGUES LAPA.
Con ocasión do homaxe rendido en Lugo o noso director artístico o Ilustre Prof. Rodrigues Lapa publicou no número 209 da «Seara Nova» o interesante traballo que nos honramos en reproducir á continuación:
No dia 20 do mês passado, entre um bando de galeguistas de Orense, fui assistir a Lugo á homenagem da Galiza ao seu grande artista Alfonso Rodríguez Castelao. Este, acompañado dos colegas deputados Soarez Picalho e Otero Pedrayo, viera de Madrid, de propósito, sofrer a consagração. Fomos esperá-lo a uma encruzilhada, onde se deveria formar o cortéjo, que entraria em Lugo. Vicente Risco ou Anxel Casal, já não sei bem, apresenta-me o herói do dia: um homem alto, vestido de luto, portador de óculos, por trás dos quais espreitam uns olhos extraordinários, húmidos de ternura: uma simplicidade e uma simpatia comunicativas e um entusiasmo viril de galego ao dizer-me convictíssimo: —Galiza começa a renascer!
Despois de tirarmos um grupo fotográfico, com cara de riso, receitada por Castelao, abalámos para Lugo, entre nuvens sufocadoras de poeira, que nunca mastiguei de tão bom grado. Havia na cidade uma animação desusada, embora o gentio lucense, conhecidamente fleumático, não saudasse ruidosamente a caravana. A primeira cerimónia oficial foi a recepção no Palácio Municipal, onde se entregou ao artista, em meio de estrepitosos aplausos, um álbum artístico. Castelao, comovido, diz umas quantas coisas a agradecer. Soarez Picalho remata com três vivas-atroadores.
Seguiu-se o banquete no vasto comedor do hotel Mendez Nuñez. Encheu-se de centenas de convivas. Tive a fortuna de ficar sentado próximo de Castelao, que com um companheiro de antiga boémia fala singela e saudosamente da fome de outros tempos. Um homem encantador, sem artifício nem pose, que se senta naquela mesa ritual, como se estivesse na sua casa de jantar. A meio do almoço irrompe na sala um coro galego. Não sei que tem a gaita que me revolve todas as fibras da minha sensibilidade: aquele aturuxo, sorte de clamor guerreiro, alegre e irónico, não consegue, muito ao contrário, distrair a minha comoção, que me vai, a meu pesar, molhando os olhos. Castelao diz-me: É moi ledo, non é? Respondo-lhe: Pra min é moi triste. E logo ele: Pra min tamén.
Começam os discursos. O dr. Cadarso, reitor da Universidade de Santiago. Otero Pedrayo, Soarez Picalho, Paz Andrade saúdam com elegância Castelao. Estou pasmado; parece-me estar em Portugal; porque tudo aquilo é puro lirismo, que flui, ligeiro e fácil da boca untuosa de Pedrayo, forte e retumbante do negro vozeirão de Picalho. Afirmações de fervoroso galeguismo. Castelao agradece. Tem a sedução das palavras simples, pitorescas, que vão direitinhas ao coração. Quando se diz, imitando Ortega y Gasset, um galego quimicamente puro, todo dedicado à causa da Galiza autónoma, uma tempestade de aplausos abafa-lhe as palavras. Há lágrimas em muitos olhos. Acaba o banquete. E eu, que tencionava apenas ser naquela festa um espectador atento, venho derreado das emoções da famosa jornada.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571314.xml
ENCOL DO ELEMENTO ANIMAL NA PAISAXE
Por R. Orero Pedrayo.
Confeso me non podere afastar da suxestión do tema da Paisaxe. Considero ser il de valor esencial non somentes pra a interpretación xeográfica sinón pra a psicolóxica das culturas. Si d'unha maneira compreta teimara n-istas páxinas abranguer a teoría da paisaxe xeográfica daría como primeira parte o basamento filosófico do problema. Mais iso ficará pra outro estudo. Polo de hoxe heime demarcar no espacio siñalado polo tídoo: o elemento animal na paisaxe, sin faguer distincións entre o valor e siñificanza que os animais xogan en relación ca xeoloxía e a flora, ca bóveda celeste e a atmósfera, cos homes e as obras dos homes.
Dende logo un espírito suxeito por demáis ás costumes estabrecidas poderá pensar ser a función dos animais de inferior categoría. Pois na evolución do sentimento da paisaxe, no sentimento e no coñecemento primeiro xogou a vexetación o meirande papel, despois a roca, o chan. Deixemos polo de logo a consideración do home e as suas obras. Na paisaxe natural o primeiro en operar sobre a sinxela visión e sobre a concencia alongada na memoria e refresiva arredor dos datos da eisprencia, é sin dúbida, a vexetación, o «tapis vivente» que dixo Ratzel apegado por razón elementar da vida ó chan, o fondo das manifestacións da vida humana, a coor e a figura das paisaxes. Acontece naturalmente isto no decorrer da cultura histórica, e na formación da cultura individual, os primeiros paisaxistas nas letras ou na pintura fixéronse no mundo vexetal como os nenos e os homes de sinxela educación lembran somentes o tón vexetal dos hourizontes que lles fán impresión. Os poetas dos cancioneiros sinten a presenza dos albres e das pradeiras. Os nenos e os labregos falan de bosques, de gándras, de desertos. O elemento xeolóxico fica ausente. Todo o máis siñifica en conxunto a presenza de algo estrano, terrible, descoñecido. Si valen algo as formas do terreo é polo manto vexetal que as reviste. Eisí o anacoreta Bruno de Colonia o fundador da Cartuxa dí n-unha sonada epístola a un amigo seu gabándolle a lediza da soedade: —«Iste chao entre montes, istes verdecentes lameiros, istes pastos de froles— os vales recollidos fresqueiros d'augas e fontes». É ben sabida a función dos pre románticos descobrindo o valor das montañas. Hai encol d'isto toda unha literatura cuia lembranza non podemos seguir eiquí. Abonda con siñalar como a paisaxe no seu elemento xeolóxico vai sendo estimada deica ó punto que hoxe incruso o nomeamento científico das rocas ou das formas evolutivas dos montes, figura como eispresión elocuente do ser d'unha paisaxe.
O elemento animal fica o máis esquencido de todol-os que nas diferentes combinacións integran a paisaxe. O máis fuxitivo. O apenas siñalado. E non porque os animais non sexan tema custante das meditacións. Na literatura teñen de antigo unha función simbólica. Eles refrexan ou acompañan representacións moraes i-estéticas: a pomba, a águia, o león, as abenzas, as serpentes, os castores. Amigos ou nemigos do home gardan no mundo das artes, n-un longo decorrere, seu carácter mitolóxico, unha lembranza do tempo edénico ou totémico, no que eran condición esencial do vivir dos homes. Mais como compoñentes da paisaxe apenas se teñen estudado. A razón é ben
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571317.xml
NÓS
silencio do sol, sempre se ouve un zunido animal. Cada tempo de cada día, de cada sazón disfroita da sua particular eispresión sonora.
Mais volvendo ó noso tema xurden os inseitos. Infindos, misturados ca coor da vexe tación, compretan e defiñen os caraiteres físicos da paisaxe, amostran un perfeito aco modamento á temperatura, á nebulosidade, á humidade con máis perfeición que outras especies animaes. Lémbrese a paisaxe lagoenta da Limia coberta de nubens de mos quitos, os saltamontes dos lameiros, os abellóns das viñas e das hedras do outono. A coor verdecente da nosa vexetación impoñéndose nos inseitos dos bosques e dos la meiros fánnos pouco apreciabres na masa das follas. As formigas modifican en pequena máis siñificativa escala un elemento de tanta importancia na paisaxe como é o chán. As difrentes castes de orugas dan outra forma ás follas dos albres. O imperio da vexetación coltivada non dá licencia pra que toda unha paisaxe defiñase pol-a presenza d’unha tribu de inseitos como acontez ca langosta nos campos da Iberia enxoita. Mais n unha apreciación fina da paisaxe non podería fallar a coor, o movemento, e zunido dos inseitos aínda dominados e condicionados pol-o rexo medeo vexetal.
Dos inseitos pasemos ós paxaros. Eles son propios de cada sazón do ano. Cas suas emigracións, presencias e ausencias, e seus cantos perfilan e desenvolven aquiles caraiteres da paisaxe ou d’un momento da paisaxe que n-un primeiro ollar cecais non señan percibidos. Os paxaros, como os inseitos e os peixes son elementos leviáns mais tamén sintetizadores d’un instante da paisaxe, e xa sabemos como somentes adaitada á dimensión tempo pódese concebir a paisaxe como verdadeiramente eispresiva do cosmos. O cuco afonda as primeiras follateiras primadeiraes. Como paxaro illado non figura na paisaxe prástica, a mais sentida e estudada, sin que ela esgote o concepto e ser da paisaxe. En troques as bandadas de aviós ou anduriñas, as parexas de pegas no inverno nas touticeiras e nos ermos, os voos de perdices nas encostas de pinica, as pombas e as chochas, os vichelocregos, e os estornifids, con
161
sere algúns d’èles illados ou aparexados acompasanse con certos momentos da longa vida dos bosques como tamén as rulas, os melros e os malvises. O día de xuntanza das anduriñas pra o seu pelerinaxe anual, ou o outo pasar das aves dos lagos, sinalan istantes críticos na paisaxe cósmica. Mais achegados ó concepto corrente son outras castes como as aves mariñas xa siñaladas e os corvos que na Galicia poboan de mouros voos rexións xeográficamente ben detremifiadas da costa ou do interior. Eles compretan a erma visión das terras de Xallas ou das chás de Villalba, e Pondal tratounos no seu verso rexo i-espresivo na propia siñificancia de paisaxe.
VI
Agora consideremos un anaquifio os animaes que viven en crara sociedá cos homes. Pois tamén os outros son no estaxe ritoal, modificados pol-a vecindade dos homes. Os animaes domésticos ademiten unha gradación de tipos. Algúns, en rebaños, son elemento esencial de algunhas paisaxes.
En primeiro térmo os cabalos. Todos coñecemos as rexións da Galicia percorridas pol-as greas de facos. As da Groba, Barbanza, Corda, etc. Eiquí mirase un efecto de terras roídas pol-o dente dos animaes. Igoal cas abenzas. Istes dous grupos dan outro coor á paisaxe. Son prodoitores do ermo con tanta intensidade cecais coma as augas encovadas no chan, non permeabre, ou a calidade da terra, ou os ventos. As greas galoupando, os facos dispostos en grupos caraiterizan certas paisaxes de brava serra. Como que calquer xeneralización estesa de montana ou val háse acompasare ca presenza e os efectos d’aquilas tropas d’animaes.
A Galicia verdadeiramente labrega gobérnase co gado vacuno. Mouro ou marelo. Calquer paisaxe traballado de veiga se non comprende sin as vacas e os bois. Os artistas da catedral de Amiens esculpiron en releves eispresivos ós bois homildes, carregadores do material, que figueron posibre a obra. No mesmo senso eles acompañan e acompasan o traballo labrego. As suas pisadas, como as das abenzas axudan á darlle a sua fisiugnomia ós camiños, ós eidos, ós la-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713123.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empree o
“Jabón Sales de la Toja”, único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713115.xml
NÓS
169
DA A L E M A Ñ A
III. BERLÍN
Por VICENTE Risco
(Proscguimento)
Outro con sala propia é Emil Nolde. É bonita unha natureza morta c'un sol marelo, unha cabra de porcelán verde e branca e froles bermellas. Tamén m'intresou a Lua sobre Marschland: unha peisage de ceo nubrado negro, violado e verde, c'unha meia lua verde sobr'a terra verde escura e casas negras alumeadas de roxo. Outro con dalias e girasoles, as Masken, as Nubes d'outono en Friesland e un muiño de vento, son cadros fermosos d'un pintor artista. Mais no testeiro da sala hai un gran polípteco con esceas da vida de Cristo que é un hórrido, me trasparente e cegadora, que é un acerto indubidábel, un achádego que non vín realizado ata d'agora por ningún pintor.
E vin os soados cabalos azúes e os tres corzos de Franz Marc; e a Komposition I de Kandinsky; e un Zuavo de Van Gogh; e cinco cousas de Picasso: a Familia d'Arlequín, cubista, Gente de circo, non cubista, unha máscara e unha cabeza de muller horribeles e un fermoso retrato de señora en azul; e unha natureza morta de Juan Grís, e outra de George Bracque, e outra cousa de Metzinger, e unha preciosa cabeza en latón de Rudolf Belling, e moitas máis cousas nas qu'está dando as boqueadas a pintura.
Rematarei c'un cadro que por todol-os conceitos coido simbólico: o Blumenfresser, o devorador de froles de Klee. É un cadriño pequeno onde sobre fondo negro com'unha pizarra da escola, está estilizada con rayiñas moi finas brancas e bermellas, unha sorte de besta que se non sabe ben s'é zorro ou porco, antr'un macizo de froles. Semella un bordado en tea. Ollando adispacio pra il, lembreime do consello de non botar margaritas ós porcos, e ocurriuseme pensar qu'o Blumenfresser é o noso tempo, a nosa sociedade, o filisteu pra quen tanto teñen as froles com'as berzas, que tanta estima lle dá ao polípteco de Nolde com'a Cea de Leonardo, e que pol-o tanto é ben merecente de que lle metan esa pegota do cubismo, inventada pra il.
Esquema de «Affchen» de Franz Max (National Galerie)
espantoso cartel de cego con corpos marelos sombrexados de verde tan mal feitos de propósito, c'un Cristo crucificado marelo canario no meio, que m'encheu d'escándalo e de remordemento. Aquela era unha blasfemia pintada —ademáis de ser un mamarracho sen perdón— e cáseque fixen propósito de me confesar de telo visto. E máis unha das pezas do polípteco é moi boa: a que repersenta a Resurreizón. A figura meio indecisa, tratada ao modo do Greco do Cristo resurreito aparez antr'unha luz coor de lu-
KAISER-FRIEDRICH MUSEUM
Pra os galegos, hai no Kaiser-Friedrich-Museum un cadro que todos queren, que todos deben, que todos precuran ver: a Aldou-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713110.xml
164
les i-escorrentar con fúnebres laios o noiturno viandante o pé dos esborrallados castelos grises que dormen baixo a lúa.
Robert Burns ía de camiñar pol-a beira do lago. Era unha noite de crúa invernía, unha de esas noites nas que o vento pasa, antre as ponlas espidas das arbres pantasmás, desenrolando a súa arisca serpentina de oubeos. As estrelas relocían de esguello, con sinistra luz. O poeta marchaba, sofrindo no rostro contraído a infinda labazada do vento, apoiado na súa rústica binguela. Veuno. Estaba no meio do lago, a pairar encol das augas mortas, todo á espreita, co seu recendo de enxofre, o ollo cruel aceso roxamente. Era coma un feixe de xuncos na xerfa vagarosa. A alma céltiga do poeta sintéu a súa presenza con primitivo horror. A binguela tremóu na súa man, a súa cabeleira erguéuse como touza de silvas cando o vello morcego rebelde, cun témero bruído, alzóuse do meio das augas, tendendo as mouras e chifrantes aas.
Robert Burns lembraba o seu encontro. Contóunolo cantándo. Moitos poetas viron o demo. Milton, que, cegos os ollos á luz, como a alma á tentación, á debilidade, á torpeza, ollóuno nos días primixenios da crea-
ción, como o mal esencial e metafísico, con ollada teolóxica de puritano; Lermontof, que o sorprendéu, infindamente canso, belo de aceda beleza, esculcando nas estepas, nun desolado vo, unha criatura á quen amar, fadigado do odio; Baudelaire, que o cantóu como o señor dos perdidos, emperador dos canallas e os desgraciados, alixeirador das pernas do bébedo á quen siguen os cans, que da ós criminás, no cadarso, a serea ollada que confunde ás moitedumes; Carducci, crásico e revolucionario, que o gabóu como o Pan helénico e a personificación da dúbida metódica, coroándoo cas rosas de Anacreonte e vestíndoo ca casaca de Rousseau. Burns veuno cos ollos da Celtia, nunha visión folklórica na que se unen o Luzbel bíblico e o espírito malévolo que tolle os brazos dos guerreiros e trabuca o agoiro do druída. E por eso, lembrando a súa aventura con il, recoñeceuno como un compatriota, recoñeceulle algo de familiar e de simpático. E dialoga con il como cun bribón perigoso e coñecido, esperando que non consiga atrapalo, garimosamente. «Ah vello Nick, se quixeras refresionar i enmendarte! Sufro o pensar na negra caverna infernal, oh pé fendido, tamén por amor teu. Non só por temor, nen por compaixón ós condenados, senón tamén por compaixón á ti, vello Cornudo.»
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157131&posicion=18
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713113.xml
NÓS
desfecha uma pergunta deveras impertinente: —E os da banda d'alá, são mais estranxeiros que os de Madrí? O homem coça na cabeça, espantado da pergunta — os rapazes são o diabo! — e Castelao comenta, entre parênteses: (Non se soupo o que lhe responderam o velho). A ironia é magistral e o mistério ainda a torna mais apetitosa, mas, ou muito nos enganamos, ou o velho teria simplesmente respondido ao mocinho que não. Nem poderia responder outra coisa: porque um português de verdade não tem o direito nem o dever de sentir-se na Galiza moralmente um estrangeiro; politicamente, sim. O certo é que a simples existência deste desenho tornaria perfeitamente legítima a presença dum português na homenagem a Castelao, que não era, longe disso, como se propalou na festa de Lugo, uma representação estrangeira.
Há uma Galiza vista de fora, verdejante, abundosa e idílica, a terra que o forasteiro encantado percorre distraídamente em 15 dias, e uma Galiza vista por dentro, de vilórias derramadas e de pequenas choças, fora das vias de comunicação fácil, onde o lume se extingue nas lareiras e o milho falta por vezes nas tulhas e nos hórreos. A tributação incomportável, a que não pode resistir a pequena propriedade, que mal se basta a si própria, a emigração forçada ou aventureira e o regresso do emigrante mais pobre de que nunca e a opressão desvirtuadora do tradicional cacique, são as chagas do país, que Castelao revolve com lápis heroico e firme. Nunca ninguém tratou o problema económico e social da Galiza com mais patética precisão do que o artista. Os quadros são inesquecíveis, perseguem-nos como espectros. O desenho 13, um dos mais extraordinários do álbum, representa os escravos do fisco: homens e mulheres cavam furiosamente a terra; as mulheres, com os canelos de fora das botifarras, curvas sobre o chão, parecem quererem lá jazer para sempre; os homens, de face contraída e famélica, endireitam-se penosamente, enxada em punho, num gesto de dor e raiva; as mãos teem uma crispação impressionantíssima; o fundo escuro agranda o dramático das atitudes. Em 4, o velho labrego, junto dum cruzeiro rural,
com a lanterninha pendente, remói, torvo e sem esperança, a sua grande desgraça: —Déu seu filho para Cuba e o seu neto para Melilla: mais agora non ten cartos para pagar os trabucos. Quedará sen chouza.
A fome é negra e má conselheira; mas a velha canga da servidão, a ternura e o fundo religioso da raça conseguem evitar, de momento, soluções desesperadas. O desenho 33 bem o mostra: dois campesinos, à porta dum dessas vetustíssimas igrejas românicas, de que está povoada a Galiza, segredam-se na penumbra: —Na cadea dan de comer; pero teríamos de fazer algum mal para irmos à cadea.
O remédio é sair da terra, em bando (En Galiza non se pide nada, emigra-se, des. 32), e ir curtir em terras distantes a longa saudade dos prados, das carvalheiras e das corredoiras familiares. O instinto emigratório tornou-se uma fatalidade da raça. A irmã mais velha, a acalentar o irmãozinho no berço, pensa chorosa, (des. 24): —E meu irmancinho terá de sair da terra para ganha lo pan! É sina a que não se pode fugir: um belo dia, o neto, feito homem, resolve partir, libertar-se. O velho pai agarra-o, tenta demovê-lo (des. 8): —E para que qués largar a terra? Non temos pan no forno? Mas o rapaz, que tem no peito uma arela, que nem mesmo ele entende, teima, desprende-se e abala. Quási sempre para voltar, porque deixou raízes profundas na terra (des. 25); mas, muitas vezes regressa apenas para morrer. Castelao encontrou para essa nostalgia uma expressão comovedora, definitiva: o americano vem morrer à sua casinha, ao seu lar; no leito de agonizante, murmura para a velha mãe, estátua de dór, enxuta de lágrimas, (des. 30): —Eu non quería morrer alá, sabe, minha nai?
Todos os matizes psicológicos dessa inquietude do emigrante, que nós tão bem sentimos, porque a temos cá dentro, em Portugal, devastadora como na Galiza, se encontram representados no álbum de Castelao. O final, pungente e macabro, era de esperar: um esqueleto, em cima dum enxerga: à porta, uma mulher quebrada de soluços. (des. 22).
Outro flagelo da Galiza era e continua
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713121.xml
NÓS
86 Unha vella moi ben vella, máis vella que Zaragoza, tratáronlle o casamento, de vella volvéuse moza.
87 O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, esí fai a boa moza cando non hai quen a queira.
88 Este pandeiro qu eu toco é de pelica de ovella; aínda onte comeu herba, oxe toca que rabea.
89 De ónde vés Marica? —Veño de coser. —Non digas mentiras que vés de aprender.
90 Maruxiña do Portelo: á tua nai xa llo dixen, á teu pai téñolle medo.
91 Xa non che digo máis nada, piteiro de garza fina, ollos de gata arrasada.
92 O meu amor vai na guerra, Dios o libre d'unha bala para que volva á esta terra para cumprir a palabra.
93 As de alá de enriba cando van co gando espetan a vara e bailan o tango.
94 Anque son espichagatos aínda podo parecer; da auga de onde tí bebes tamén eu podo beber.
95 Teño moitas que botar; aínda teño un saco cheo, outro para desatar.
96 Chamásteme pouca roupa, si n-ha teño meu proveito: teño menos que quitar a noite cando me deito.
97 Chamásteme pera verde, eu á tí mazán podrida; a pera verde se come, a mazán podre se tira.
98 Cara de sartén sin rabo. Si non foran os adornos non valías un ochavo.
99 Manoeliño si te vas déixame unha cousa tua, déixame a tua navalla para cortar a verdura.
100 Algún día por te ver abrín portas e ventanas, agora por non te ver todal-as teño pechadas.
101 Para boas mozas Noia, para feas Redondela, e pra beatas e falsas Santiago de Compostela.
102 Miña nai casai ás fillas non-as deixe envellecer, que non son herbas da horta pra volver á enverdecer.
103 A tua nai non-o ten, o teu pai non cho da, e de dónde che ven, do trailarala.
104 Secan as herbas no campo e volven á enverdecer, fan com-os amores vellos cando se volven á ver.
105 O cura chamóume Rosa eu tamén lle respondín: destas rosas señor cura non-as hai no seu xardín.
106 Todos son os mesmos homes cando empezan por un bico, e soio é custión de nomes chámense Xohán ou Perico.
107 Maruxa ten boas pernas que llas vin no corredor;
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571315.xml
NÓS
doada de entendere: non máis que o seu poder de locomoción. Os animaes ambulan. E como na paisaxe procurase un fondo quieto, os animaes solo figuran como elemento adxetivo, pasaxeiro, e cuase sempre encarnando ideas ou sentimentos moraes como os rebaños de bois mouros nos cadros da campia román de Claudio o Lorenés, ou o pasar das bandadas de aves palustres na literatura noruega, ou as teorías de mulas n un ermo e lumioso paisaxe castelán na cerámica de Zuloaga, ou nas páxinas de Barrés. N iste traballo queremos incorporare o mundo animal na paisaxe galega, somentes como un ensaio cheo de dubidacións, privado do carácter sistemático que debera ter. Mais dinantes compre faguer outras dúas consideracións limiares.
II
A primeira, condición da segunda, relazóase con toda a traxedia esencial da historia dos homes: a loita d'eles cas especies animaes. N un longo tempo —na Prehistoria— os animaes bulían no mundo máis que os homes. Eran fonte de vida, eran ameaza de morte. Entramas esenciaes. Por iso a arte cuaternaria representaas d'un xeito incomparabre colléndoos no movemento e na tensión da loita e da carreira. Igoal volume tefien nas primeiras culturas sedentarias, mais eiquí os animaes fican domeados, son amigos, compañeiros e fonte de riqueza máis que nemigos. Asina os peixes que ordeados en fiadas poboan as augas nos releves asirios ou as representacións das tumbas e dos tempos exipcios. O animal domeado polo home, a área das especies nemigas redocida de día en día; isto siñifica outra interpretación do mundo.
III
Acontecen as xeiras do trunfo primeiramente nas zonas temperás, nos fogares da cultura. N-éles o animal fica domesticado ou inofensivo. En troques nas zonas de colonización garda en grande parte a sua primeira importancia prehistórica. Compárese a función das especies animaes no Brasil e na Europa, por exempro. D'eiquí que nos países eisóticos os animaes señan considerados como elemento esencial da paisaxe xeográfica. Abonda lembrare uns poucos exemplos.
Na descoberta das novas terras cando elas adecuiren representación e cibdadanía literaria pensemos en dous grandes paisaxistas: Chateaubriand e Darwin. O primeiro descubrindo literariamente un río americano das florestas, calquer afloente do Mesehacebé ou do Ohio pón en primeiro lugar, como tón no esquema da paisaxe, o traballo dos castores cas suas vivendas e os seus diques e canlizacións. Darwin pra nos dar unha impresión da Pampa fai galoupar nas suas páxinas ou dormir na fonda soedá da noite as greas de facos ceibes. Isto xa non sería posibre na Europa. Calquer paisaxe africán da zona quente por elementar que sexa fai aparecere os niños das termitas, como n'un aspeito dos estreitos malaios figuran os niños das anduriñas. E ningunha especie animal chega á ter na paisaxe centifica a importancia dos pólipos aínda que máis na función que poidéramos chamar xeolóxica ou xeo-poéitica que na propiamente vivente. Dende logo os animaes inferiores e asociados ocupan meirande logar que os superiores e ceibes. Un lión apenas será elemento decorativo namentras uns paludes da terra quente será incomprendido sin a presenza das nubens de inseitos.
IV
A nosa paisaxe galega por ser das millor e máis fundamentes humanizadas por unha vella cultura figuraria privada do elemento animal ou pol o menos redocido-íste á unha domesticidade compreta. Os dous tipos ou formas, ceibes ou caseños, dos animaes son indispensabres pra a integración da nosa paisaxe. N-un estudo compreto poderíamos seguire algún dos dous métodos seguintes: por crases de animaes ou por fondos de paisaxe, estudando o papel dos inseitos, dos paxaros, das abenzas e dos peixes, ou procurando en cada fondo de chao, de veiga, de montana, de bosque, mar ou costa os axentes animaes predomiñantes. Outro ca-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713117.xml
NOS
Despóis, a maestría, na Coroación da Virge (n.º 762) hai abaixo tres anjiños, nenos, coma todol-os de Rubens, alumeados cunha estrana e fermosisema combinación de luz antre nubes, con lampos de luz craros sobr’un craro rosa gris, d’efeito verdadeiramente mágico. Na Diana e Sátiros (número 762C), hai un cadelo pintado véndose através da y-auga que cai n-unha fonte, que é algo que solprende de geito inesquecente. Na Conversión de San Paulos está conse guida unha gigantomaquia d’outro mundo espréndidamente super-humán. Na Andrómeda ajuntóu todal as suavidades da pel feminina; consiguéu coa coor unha beleza táctil.
Rubens encerra moitos máis segredos do que poidera parecer. Compre seguilo estudando.
A carón de Rubens, Rembrandt sinala o outro polo do barroco: a cara interior. Veleiqui unha bóa sintese: O Home do helmo dourado. A facinna, chea d’alma, do home, mergullada na sombra, non modelada, senón feita con luces máis e menos escuras, semella que n-ela, Rembrandt non pintóu a y-alma por meio da forma corporal, senón a y-alma directamente, e que da expresión resultou a forma corporal, sabia e alteirosa tristeira arcana, vestida d’unha aparencia de carne austera e distinta. Cantas cousas sabe, e con que nobre obediencia ao sino leva iste home ise helmo, porque ten que ser asina, conservando baixo do seu peso o albitrio de matinar caladamente pra contra sí, sen descubrir-o seu pensamento! O helmo, o esprendor frío e nobre do metal é pra comentado pol-os técnicos. O fondo, a sombra misteriosa do pardo de taller, é pra comentado por Spengler.
E a outra cousa.
ZEUGNISS
Toda a historia da artilleiría e armas de fogo, dend’o século XIV deica ó día de hoxe: bombardas do tempo de Maximiliano e pezas inmensismas da Grande Guerra; as culebrinas e os falconetes, os morteiros e os cañones de decorado barroco; as culebrinas de mán, os mosquetes, os arcabuces, os fu-
171
sís, as escopetas, as armas de tiro rápido, as ametralladoras. Lanzas, alabardas, partesanas, bisarmas, machetes, bayonetas. Machados e mazas d’armes; arcos e ballestas; mocas ferradas e jabalinas; espadas: d’unha banda, a espada dereita, europeu-cristiáa, quencomenza na d’antenas, e logo colle a cruz: hainas eiquí dend’os séculos VIII e IX, e veñen logo os mandobles, as espadas-longas, as espadas de cazoleta, mais ou menos decorada, tipo alemán, tipo milanés, tipo toledán, as de gavilás retortos, as de garda mán, as de lucimento, os espadís de cerimonia... Da outra banda, a espada torta sudoriental, meridional-islámica, que comenza na falcata; hai eiqui numerosos tipos orientais e sables modernos.
As cotas de malla e as armaduras, dend’o século XIV: arneses da Casa dos Hohenzollern, dos Margraves de Brandeburgo, moi fermosos; a do soado Kurfiirst Federico Guillerme von Hohenzollern, primeiro fundador da grandeza da Prusia, o príncipe que máis lembranza deixóu en Berlín.
Despoixas, hai unha chea de vitrinas con milleiras d’uniformes d’opereta, algús comestos da traza. E ainda hai outra cousa máis preciosa: moitas vitrinas cheas de monicreques pequeniños uniformados e armados, de todol-os tempos, nos que s’espalla toda a pantesia militar da raza. Son lindismos, e da gana de roubalos. Hai tamén modeliños de cañones pequerrechos, hai o demo.
O máis fermoso son as armas orientais, das que hai pezas de verdadeira riqueza: ouro, prata, marfín, nácre, esmalte, pedras preciosas, laca, cristal, damasquinado, madeira, etc., ornan estas espadas, cimitarras e puñais que son verdadeiras obras d’arte, que debera dar gusto ferir e ser ferido coelas. Armas que deberan estar reservadas pra o regicidio, pra o crime d’amores, pra o combate á morte dos príncipes e cabaleiros capaces de grandes odios, pr’as grandes crueldades d’un Aureng Zeb ou d’un Nadir Schah. As máis ricas son as da India e as da illa de Java. Os Kris javaneses, cos seus estoxos de metal, de filigrana incrustada de pedras, de marfín e madeira tallada, de madeiras raras puídas; cos seus pequenos puños de madeira, de marfín, de nácre, de cris-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713119.xml
NÓS
- rre Benoit, e de Froebenius. N ésta, sí creio. América si qu'está longe, vivindo ainda os seus restos tan preto de nós. Quetzalcoatl e Witzliputzli son deuses atlantes. Mayas e Incas eran razas atlantes, da auténtica Atlantida platónico-teosófica, co-a sua Cibdade das Portas d'Ouro e co-a sua catástrofe, e con todo. Renuncio á enxergar istes símbolos, á soletrar esta língua de formas estranhas, solagadas nos séculos.
No segundo andar yoltamos ao noso mundo, na África de Froebenius. Enantes da India, África tívome enmeigado moito tempo, cand'ainda a arte negra non era moda, cand'os africanos eran singelamente: os salvages. Soños de mocedade, no meu tempo d'introversión rigurosa, qu'agora tan raramente podo trager á min. África foi unha das etapas da miña peregrinage espiritual, é unha das terras das que teño lembranza sen ter estado n ela o meu corpo.
África medra na consideración cada vez qu'un precura un novo achegamento á ela Vese medrar en fondura, en riqueza, en complicación, ainda en refinamento. Cada día teñen máis significado as esculturas de Kamerun, com'iste home encoiro c'un pau, da mesma terra, que semella parente do egipcio Cheik-el-Beled, e iste fetiche estilita, sentado no cabo d'una columna torta pol-a que ruben e baixan os lagartos e as sabandixas, istes bronzes de Benín; istas estátuas congolesas, com'a do príncipe Baluba, que semella un cabaleiro medieval, co seu helmo, espada —a espada dereita, europeocristiáa— e adarga, a sua barbiña de tres rabos e o seu sabelo egipcio; as máscaras d'Angola e os tambores pr'acompañaren as danzas cheas de misteiro e d'engado, qu'arrolan o espírito, pois os negros cecais son os que máis saben da magia, do feitizo da danza, e tamén d'outros feitizos e segredos, de tal xeito qu'eiquí, inda que nono sexa, todo semella arseal mágico, trebellos de bruxería, e parés qu'en cada oujeto dos qu'eiqui hai, hai pechada unha forza estranha, que se pode comunicar s'un lles toca, e que fai pasar con respecto por onda iles. E n-efeito, hai niles plasmada, encantada, unha y-alma moi antiga, unha alma antiga vivente, e non morta com'as d'outros seus. Eiquí todo vibra e vive e fala n-unha lingua muda, mais que se sinte direitamente nos nervos.
Despois, na Oceanía, já lle volvemos pillar o carís á Atlántida. Polinesia aínda é do noso mundo, do mesmo senso en qu'o poden ser a India ou a China; mais conforme un vai car'ao leste ou cara ao sul, o noso mundo vaise perdendo. Hawai e a illa de Páscoa já son da Atlántida, ou cecais de máis longe. Veleiquí a vestimenta real de Hawai co seu longo manto tecido de prumas. Está posto n-unha estátua-maniquí, que leva un gorro con crista com'un casco romano. Esta mesma réplica do casco romano pon esta figura n-un afastamento prodixoso e incalculábel.
E por fin, veleiquí están os australians, os probes australians, homes primitivos que queiran que non, cos seus boomerangs e todo o seu material, que serve pra todal-as espicadeiras dos etnólogos, cando queren falar de cóma vivían os primeiros homes. Veleiquí os Aranta, os Dieri e demás fósiles da socioloxía, cimentos indispensábeles da ciencia de Wundt, de Durkheim e de Levy-Bruhl, comprobantes indiferentes de todal-as hipóteses prehistóricas, económicas ou xurídicas. Eiquí compre comoverse un pouco, porque nos achamos diante dos vermes do corpo doutriñal apodrecido de Johan Jacobe Rousseau, que se n-unha illa do Tiergarten ten a súa eisaltación, eiquí, n-esta sala ten o seu detrimento.
Hai ainda outro museo etnográfico (Museum für Völkerkunde II) n-outro edificio da Prinz Albrechtstr. que comunica co primeiro por unha galería. Cand'entrei n-esta nova parte, había istalada abaixo unha exposición d'arte antiga da Georgia, organizada pol a Sociedade alemá pra o estudo da Europa Oriental, e máis do Comisariado d'Educación popular da República Socialista de Georgia. Os bolcheviquis amostran moi fonchos está arte da que están secando as fontes. Había alí:
Fotografías e deseños d'eirejas e mosteiros georgiáns, dend'o século IV deica ó XVIII. Importante consignar eiqui que n-unha das eirejas do mosteiro de Nekressi, do século IV, hai dous arcos de ferradura ligeira-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713120.xml
NÓS
174
mente apuntados; e tamén se nota o mesmo arco, esta vez sen apuntamento, na planta d'unha capela d’outra eireja do mesmo mos-
ha d'elas, hai dous demiños tan chistosos, que non puiden por menos de copialos.
Fermosismos panos bordados e ouro e sé- das, d'un gusto serio e rico. Predomiñan as figuras en ouro e prata, e sedas páledas sobre fondo mouro. Son do século XVI deica ó XIX. O fermoso enterro de Cristo da raíña María de Mingrelia, ten o corpo de Noso Señor, chorado pol-as santas mulleres e gardado por dous anjos, no centro; enriba o Cristo trunfante levado por anjos e flanquexado de pares de rodas aadas, e abaixo novas rodas aadas, as mulleres diante do Sepulcro no que se senta un anjo, e a garda do sepulcro; nas esquinas, as figuras do Tetramorfo, e unha orla de follas e entrelazos.
Soberbios iconos de prata repuxada e sobredourada de finísimo e artísteco feitío, singularmente a cruz de Kazchi, do século XI, chea de images e d'esceas.
Miniaturas de manuscritos, mais paréntas das d'Oucidente, co motivo dos animais afrontados, adosados ou entrambilicados que d'aló viñeron.
Había un deseño d'un interior de casa rural, co-as trabes talladas con motivos semellantes aos dos nosos mobles e jugos: a cruz, a rosácea de seis follas, os triángulos encaixados ou opostos, etc; e pedras de construcións eclesiásticas con entrelazos, grecas e palmetas imitantes ás do chamado estilo asturián.
Diaños de Georgia (Exposición do Museum für Völkerkunde)
teiro, datada dos séculos VI ou VII, e máis n-outra do século VI de Gawasi, que é de cruz grega.
Reproducción en papel de pinturas murais, do século X ao XVIII, con figuras de reis e raíñas, santos e anjos, bispos e presbiteros, todos de tipo perfeitamente bizantino. N-un-
(Continuaráse)
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
PRA UN CANZONEIRO DE NOIA
83 A golondrina no monte de total-as herbas come; o cariño d'una nena tres días mantén á un home.
84 O cura cando vai fora leva a criada na burra, na primeira carballeira dalle unha sacudidura.
85 Eu queríame casar, miña nai dime que é cedo; ela como está casada non sabe as ganas que teño.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713122.xml
NOS
176
non vin pernas como elas
na filla dun labrador.
108 En Ferrol hai boas mozas,
en Noia é a frol delas,
en pasando por Santiago
clavixas para cancelas.
109 Teño un amor que me cela,
outro que me dá diñeiro,
110 Xa me dixo teu pai
que te saque á bailar,
pero como non sei
non te podo chamar.
Recollidas por
ALVARO DE LAS CASAS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
O GALEGUISMO NA ARXENTINA
Á ringleira de entidades patrióticas que aló andan á realizar unha inxente laboura de esaltación da Terra, temos hoxe que engadir o «Centro Corunés», onde ven de celebrarse unha xeira de conferencias encol de Galicia. Débese esta orientación galeguista ó noso colaborador e poeta Emilio Pita, que tamén interveu no ciclo tratando do «Panorama del Renacimiento Gallego». Estudo meditado que lle valeu moitas emboras, ás que engadimos a nosa.
UN NOVO DRAMA GALEGO
No teatro «Jofre», de Ferrol, estrenouse derradeiramente un drama en verso, tidoado «Brétemas», orixinal do poeta galego Nicolás García Pereira.
Ista nova obra do autor de «A Custureira» e «Nó de Saloucos», mereceu do púbrico ferrolán unha garimosa acollida, pol-a que felicitamos cordialmente ó señor García Pereira.
BROTÉRIA, Agosto-Setembro, 1932.
Insere un traballo en col de Fol-klore religioso, de Luis Chaves. Vai estudando o autor os diferentes puntos do Credo na literatura popular, ou sexa nas Cantigas e n-algunhas oracións en verso criadas polo pobo. Hai antr'elas, cousas sumamente curiosas e dinas d'estudo.
REVISTA DE CULTURA, Rio de Janeiro; Julho, 1932.
Antenor Nascentes dá un anaco do seu Dicionario Etimológico no prelo, sobre Etimología de «Igreja», ‘do gr. ekklēsia polo lat. ecclesia) e estuda as opinións encontradas de Leite de Vasconcelos e G. Viana por unha banda, e João Ribeiro pol-a outra, en col da evolución fonética d'esta verba e das formas eireja e igreja. Coidan os primeiros que o i inicial da igreja ven por contracción do ei —inicial de eireja; o segundo pensa que o ei— inicial é posterior e formouse por influencia regresiva da segunda sílaba. Non se registra a forma corrente galega etrexa.
LA NOSTRA TERRA, Mallorca, Juny, 1932.
Trai un artigo de Conrad Doménec, mestre nacional, en col de El bilingüismo d l'Escola. Propon o plan seguinte: a) dos 6 aos 8 anos, o ensino ha ser totalmente na lingua materna; b) dos 8 aos 10, en lingua materna tamén, mais incluíndo nos programas escolares vocabularios casteláns; c) dos 10 aos 12, en lingua materna, reforzando os vocabularios e estudando a Gramática castelá, con exercicios combinados das dúas linguas e con conversas bilingües; d) dos 12 aos 14, totalmente en castelán, e perfeizoando a Gramática da lingua materna.
PUBRICACIÓS RECIBIDAS
A nosa Terra, Dia de Galiza, 1932.
Logos, boletín católico mensual, Pontevedra, n.º 18.
Broteria, Lisboa, Agosto e Setembro, 1932.
Portucale, Porto, Janeiro-Fevereiro, 1932.
O Instituto, Coimbra, 4.ª serie, volume 12.º, número 5.
A Águia, Porto, Maio-Julho, 1932.
Revista de Guimarães, Guimarães, Janeiro-Junho, 1932.
Seara Nova, deica o número 311.
Pensamento, Órgão do Instituto de Cultura Socialista, Porto, Maio, 1932.
Arquivo Histórico de Madeira, Funchal, Junho, 1931.
Revista de Cultura, Rio de Janeiro, Julho, 1932.
Biblos, Coimbra, Novembro e Dezembro, 1931.
Eusko-Ikaskuntadren Deia, San Sebastián, 4.º trimestre.
La Nostra Terra, Mallorca, Juny i Juliol, 1932.
De, Carcassona, Novembre-Decembre, 1931.
An Oaled, Carhaix, Cornouaille, 3.º Trimestre, 1932.
Boletín de la Sociedad Castellonense de Cultura, Julio-Agosto, 1932.
El Mati, Barcelona.
Esplai (suplemento de El Mati), Barcelona.
Euskadi, Bilbao.
Vanguardia Gallega, Lugo.
Galicia, Buenos Aires.
Correo de Galicia, Buenos Aires.
Breiz Atao, Rennes, 21, Aout, 1932.
La Bretagne Federale, Rennes, Aout, 1932.
War Zae.
Sociedad de Fomento de Porriño y su Distrito, Boletín Oficial, Buenos Aires.
Céltiga, Buenos Aires.
Acción Gallega, Buenos Aires.
Ahora, Madrid.
Estampa, Madrid.
Imprenta NOS, Hortas, 20. Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571312.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce númaros, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Númaro solto 0'70
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
CORAZÓN Ó VENTO, por AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
ENCOL DO ELEMENTO ANIMAL NA PAISAXE, por RAMÓN OTERO PEDRAYO
ROBER BURNS E O DIAÑO, por R. CARBALLO CALERO
CASTELAO E A GALIZA, por RODRIGUES LAPA
DA ALEMÁN, por VICENTE RISCO (proseguimento)
ARQUIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS, pol-a REDAICIÓN
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda cras de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encargos
Hortas, 20 SANTIAGO
Santo Domingo, 47.2º OURENSE
Vicente Risco
Abogado
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713116.xml
ración dos Reis de Van der Goes, que estivo na eireja da Compañía de Monforte de Lemos. Todos lembramos ben a farta propaganda que se lle fixo á iste cadro en toda a imprensa hespañola cando foi que se soupo qu'iba marchar pr'Alemaña. Ninguén tiña reparado n'il, e de súpeto fixose popular. Todos os filisteus á unha, emprincipiando pol os jornalistas de Madri e de Galiza, deron en ceibar layos pol-a sua perda; os máis d'iles, lev'o demo se lles importaba nemigalla, mais sintian a obriga de s'ajuntaren ao coro das pranxideiras, pol-o andacio, por botar por ela e por unha chea de cousas máis qu'arestora non son do caso. Se cadra, os verdadeiros, os engebres amantes da arte foron os únecos que sofriron en silenzo.
Endejamáis vin eu ise cadro. Hai moitos anos, pol-o tempo aquil do pleito que se moveu arredor d'il, cando as hostes de Paiva Couceiro s'orgaizaban en Galiza pra restauraren a monarquía portuguesa, fumos un serán pra Monforte, en compaña do escritor Alfredo de Mesquita, d'aquela Cónsul de Portugal en Ourense, e non acadamos vel-o cadro. Despois, non se me presentou outra proporción, e marchou sen eu velo. Agora, tampouco o puiden ver. As salas por ond'anda o soado Van der Goes, achábanse en reparación, e a entrada verboten.
Non hai posibilidade de pór eiquí unha guía, así seña ao meu xeito, das inacabábeles coleccións do Kaiser-Friedrich-Museum. Habería que salientar dúas cousas: os primitivos e os barrocos. D'uns e outros hai fartura. Non quero falar dos primitivos, e non é por cair na reprobanza dos eruditos historiadores da arte, doutos en cronoloxía, paleografía e diplomática; non é por non saber os documentos en que tal pintor aparez en tal era, coma testemuña no contrato d'arrendamento d'un eido qu'o mosteiro de tal arrenda a Fulano de Cual, etc., etc. É pol-o outro. En Galiza, o millor comentarista dos primitivos é Castelao, o qu'il non fora capás de tirar en limpo de calquera d'iles, nono había conseguir eu. Castelao é cecais o único pintor de hoxe que pode ser un primitivo cando queira, e qu'o ten sido algunhas veces. Digo primitivo, e non pasticheur. Ten o grito d'ollar d'iles, e ainda a y-alma d'iles.
Dos barrocos é outro cantar. Por eixempro, ao Castelao non lle apraz Rubens. E Rubens é algo formidábelemente grande. Do Kaiser-Friedrich-Museum apuntei os cadros seguintes: Virxe co neno, Andrómeda, Santa Cecilia, San Sebastián, Cristo neno e San Johán, Sátiros, Neptuno e Anfitrite, A Madanela, Resurreición de Lázaro, Coroación da Virxe, Diana e Sátiros, Conversión de San Paolos.
Ben. Póis Rubens é toda a pompa e toda a ledicia do barroco. Non ten, se cadra, dramatismo, tragedia, conflito, misterio. Non pode ter d'iso, porque é un pintor triunfal. A sua arte, dona de todol-os recursos, pod'acometer realizacións imensas d'un xeito seguro.
O Blumenfresser
e satisfeito, cando o sol do Renacimiento chegou ao meio do ceo. Compracido, o seu espírito mergúllase en nubes douradas e ceos lumiosos, en arquiteturas ricas e cesáreas e frondas de quentes verduras outonizas, en sedas e veludos, damascos e brocados, en sonrosadas carnes tépedas e moles e en abondosas cabeleiras lucentes. É unha pintura solar, de meio día no signo do león, á deitar ouro ás manchas riba do mundo en festa, con soberán prodigalidade, fastuoso sol roubado á Venecia. Do Tiziano, veñen os esprendores loiros e rosados das suas mulleres; de Miguel Anxelo o titanismo atlético dos seus homes. A obra de Rubens é unha imensa alegoría da y alma do barroco chegada á sua máisima expansión.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571316.xml
160
miño, cecais máis suxestivo, sería a combinación dos siñalados en varios cadros de hourizontes. Considerando as dúas maneiras como os animaes infruen na paisaxe: por si e pol a sua operación. As abenzas dan coor a un coto, as abenzas modifican a vexetación do mesmo coto. Tampouco se pode esquencere un feito que abrangue tamén e máis craramente, a vexetación: son as mudanzas de sazóns. Do mesmo xeito que as agromadas e os outonos cambean biolóxica e estéticamente a paisaxe n-outro grado a mesma paisaxe pode ser variada pol-a presenza de difrentes castes d’animaes pola sua maor ou menor dependencia da paisaxe n-un istante preciso do eterno deveñir do anaco material da natureza, encoadrado nun hourizonte e ispirador da visión da paisaxe.
V
Consideremos primeiro as paisaxes mariñas. Elas forman a orla atránteca e vidal da Galicia. En todas elas é indispensabre a aituación dos animaes máis ou menos dependentes do grande Océano salgado. Os rebaños d'un Proteo cuaseque infindo enchen as paisaxes mariñeiras da Galicia, e chegan en moitos casos á seren causa de modificación do elemento xeolóxico da paisaxe. A praia, en canto se afastase a mar, aparece poboada de mariscos. Eles dan unha coor, unha vida, as areas da praia, cangrexos, e navallas, e ameixas, e seus esqueletos son elemento indispensabre da vida d'aquila paisaxe. Os percebes recobren penedas enteiras, danlle unha coor e unha tona. Pénsese na praia da Lanzada ou nos Aguilloes que dan seu nome á unha punta veciña ó cabo Ortegal. Os goltins e os arroaces choutan nas augas. E non d'un xeito calquera, sinón obedecendo ás leises vastas e fondas cinguidas co vivir natural da mar e do aire, ca vida enteira, cósmicapranetaria, da terra. Do mesmo xeito os agrupamentos brancos ou negros das gaivotas e dos corvos fan na zona mariñán un índice de relacións, variabres asegún o tempo e a sazón, alemáis da sua contribución ó tipo estético da paisaxe. A mesma mar fora
NÓS
ou preto da costa non se presenta paisaxe unánime e simpre máis que ós homes privados da comprensiva comunión ca natureza. Os naturalistas, os poetas, os mariñeiros saben moi ben distinguire gamas enteiras de paisaxe na supreficie movente das ondas. Resultan da fondura, do ceo, do tempo, do sol, do vento. Eiquí non nos intresa. Mais as grandes masas migradoiras de peixe ¿non son pros mariñáns tan eispresivas na paisaxe da mar como poden sélo a agromada vexetal ou o galoupar das greas de cabalos nos da terra?
Da nosa paisaxe teñen cuase desaparecido os animaes salvaxes. Queremos dicir eiquí o concepto acostumado de feras. Mais tampouco d'un xeito completo. En calquera grande serra galega o lobo no inverno e no vráu participa na fisiognomía da paisaxe. Na noite do inverno os seus ouveos enchen a soedade. Por qué? Por razóns cinguidas con toda a historia da nosa Terra. A historia longo drama das loitas do home ca natureza, non é completo trunfo n algunhas outas e bravas comarcas. Onde non chega a agricultura d'un xeito suficientemente calcado, na irta montana, aínda o lobo manda. Da o seu tón a paisaxe.
Mais son outras especies as que millor e con meirande área e forza integran na composición dos hourizontes. Primeiramente as infindas tribus dos inseitos. Adoitadas pol as coñecidas tendencias do istinto e pol-a defensa mimética á coor e facies vexetal, caraiterizan cada paisaxe. Non soilo pol-a coor ou o trabalio. Tamén por outra causa que pra sentire dinámicamente a paisaxe se non debe esquencer: pol-o canto. A paisaxe non pode ser como no cadro, muda. A paisaxe esprésase en sonoridade. En diversas sonoridás asegún as sazóns acompasada n-isto ó ritmo íntimo do Universo. Poderíamos estabrecer n iste respecto a seguinte sinxela proposición. A sonoridade mecánica manda na paisaxe inverniza: romor de vento, de choiva. A sonoridade vital enche dende a primadeira ó outono a paisaxe. Cantar do moucho, do reiseñor, do sapo, vibración de élitros, croar das ráns. A sonoridade animal enche moitas paisaxes. Fixándose e ficando calados un istante, aínda no mediodía baixo o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713124.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
Dr mais dura qu'os de pluma e limpan millor.
Vendense en todo os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
De los Profesores
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu os seus fotograbados sexan o máis perfecto posíbel, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqúira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571319.xml
aridez do touro. Mais as néboas nordesías embázanlle o corazón de xeito que os seus naturás instintos demoníacos poséeno con máis violencia que na nosa terra. Todo o que eiquí se conta de il de sinistro, de mao, acaesce ali engadido. Voa ate os cimiterios, a cabeza do exército das meigas, e renova con elas a súa liga, encol dos corpos desoterrados. A cabalo sobro a erba de Sant-lago, paira encol das uces e as rocas esgrevias, abraiando os corazóns dos nenos que xogan nos lameiros froridos. Cando os xios disolven os cúgulos da neve e aboia a codia resoante do lazo, entón os espritos da auga, pol a súa orde, esbaran no río e atraguen os viaxeiros noiturnos. E decote as súas lumiñas, enganando ó camiñante bébedo, asulágano pra se non máis erguer en calqueira pantano lamoso. Cando os sortilexios dos francmasóns o invocan, unha galiña ou un gato deben deter a súa ira: se non, o máis novo dos cofrades será botado axiña ó inferno. Este vello Cornudo, Satanás, Nick, pé fendido ou calqueira que sexa o nome que lle conveña, —como o endreza Burns— As vegadas, como un león ruxente, cerca a presa en todo burato ou recanto; ou ben, voando encol do trebón, descobre os campadarios das eirexas, ou furando no peito humán se oculta n-él sen ser visto.
Burns lembra os contos da súa aboa, pru dente e honrada dona. O empardecer chamábaa pra que fixera as súas oracións. Entón ela ten ouvido ó diaño dar tumbos detrás do muro ou fungar pasando trais os sabugueiros con murmurio arripiante. A boa vella decía ó seu neto, acomodado no colo da infanza, que Satán gustaba de errar por soitarios va-
E a vida era eisí cando o poeta veu ó diaño. O diaño en Escocia é, como en Galicia, amigo das trasnadas. Rouba a manteiga ás donas; fai que a vaca agarimada pol-os seus ubérrimos tetos, troque a súa fartura pola
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713112.xml
Senti-a como se fósse galego. Um meu companheiro de camioneta, vendo-me silencioso, ruminando o meu sonho interior, compreende-me e diz-me melancolicamente esta maravilhosa cousa: —Andamos desviados. Assim é, irmão galego, andamos estúpida e incompreensivelmente separados, nós, que tão bem nos entendemos e tanta falta fazemos uns aos outros!
Foi na afastada e risonha vila da Estrada, que tive a súbida revelação do génio artístico de Castelao. Bouza-Brey, moço admirável, galeguista intransigente, mostrou-me o famoso álbum «Nós». Fiquei abalado; o simbolismo forte de alguns desenhos, o realismo pungentíssimo doutros, a ternura inefável de uns poucos, fazem desse álbum o verdadeiro poema da Galiza sofredora, a história trágica da terra assobalhada. As lendas, escritas num galego fremente, de delicioso humorismo às vezes, completam o quadro, cujo sentido profundo nem sempre é fácil de perceber.
Pouquíssimos leitores da «Seara Nova» conhecerão o álbum, publicado o ano passado e já esgotado ou em vias de esgotar-se. No propósito de lhes dar uma ideia da obra, se é possível à pena reproduzir o que traça o pincel, começarei por reproduzir o prólogo magistral, aportuguesando-lhe a ortografia; verdadeira joia literária, nele se definem as intenções do álbum:
«Este álbum de dibuxos foi composto ant'os anos dezasseis e dezaoito, cando Galiza s'erperguizaba dun longo sono. Con este meio cento de dibuxos intentei desacougar a todo-los licenciados da Universidade (amas de cria do caciquismo), a todo-los homes que viviam do favor oficial... As intenções eram nobres e o pessimismo aparente. Certo que a tristura destes dibuxos queima com'a raxeira do sol que passa por uma lupa; mais eu non quixen canta-la ledicia das nossas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas angurias do decotio labrego e marinheiro. Alguns espíritos sensíveis, que choram co'a melancolia dos tangos e dos fados, atopáron desmedida esta door das minhas estampas; outros espíritos inertes olharam pouco patriotismo no afã de ser verdadeiro. Con todo eu sigo coidando que o pes-
simismo pode ser libertador cando desperta carraxes e cobizas duma vida mais limpa. Cicais hoxe atacasse as nossas mágoas c'un humor menos acedo; mais ninguen pode negar-me que as velhas inxusticias siguen en pé: velai porque me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada em toda-las cidades e vilas da Galiza e sirveu de pretexto para «conferências» que influíram no actual resurgimento da galeguidade. E co'as chatas que ten eu gardo-lhe lei e quero esponhêla de novo ó xuicio de todos».
O espírito de Castelao é, devia ser, por força, estruturalmente anti-castelhanista, já que é ao homem da meseta, como se diz por lá, que se atribui a miséria e a servidão ancestral da Galiza e, mais ainda, uma incompreensão obstinada do génio galego, profundamente delicado e humano. Essa franca hostilidade, que lhe valeu há pouco insultos soezes duma folha de Madrid, ora se desfaz em puro humor, como nos desenhos 3 e 34, ora rebenta em explosões de rebeldia, 17, 44. Em 3, um campónio, de vasto chapeirão, contempla um cartaz anunciador de tourada em Santiago e diz, cocando o queixo, com uma expressão de ironia indefinível: —Que lástema de bois! Em 34, um tocador de gaita diz, escarninho, para um garoto: Para tocala gatita compren mais folgos que para tocala guitarra. É a exaltação do psiquismo galego, sério, profundo, lírico, frente à mórbida ligeireza do andaluz.
Desta incompatibilidade fortemente sentida nascem naturalmente atitudes de guerra. Em 17, o apelo à luta é evidente: um lenhador, entre dois pinheiros, apoiado pesadamente ao machado, parece meditar: —E que o seu braço somente sirva para guindar albres!... Em 44, um peregrino, deitado em terra, adormeceu, de bórco, segurando o cajado e a cabaca; o pássaro da morte espreita, em cima déle. A legenda tem a estridência dum toque de clarim: — Ergue-te, pelengrin, que o puxaro da morte está en riba de ti! Como en Irlanda, érgue-te e anda!
Ainda neste sentido de humor anti-castelhano, há um desenho, que tem para nós, portugueses, significado muito especial, o n.º 39: um velhote da fronteira, à beira do Minho, conversa com um cachopo, que lhe
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571318.xml
162
meiros e os montes. E n-iste punto chega o istante de considerare o problema paisaxístico do animal illado. A cousa poderá figurar pouco xeográfica pois n-ista cencia son básicas a proporción e o volume, e de fixo, polo menos no marco da metódica ad usum calquera feito xeográfico debe ter un corpo de espazo d'abondo grande pra ser considerado como tal. Mais nós eiquí tampouco podémonos evadire do estilo da paisaxe. Pois hai unha estilística da paisaxe, cuio acento e tema, pode moi ben ser detreminado pola presenza d'un animal illado. E non de calquera nin en calquera momento da paisaxe sentida e mirada dinámicamente. Do mesmo xeito unha nuben vagorosa soila no ceo concede estilo eloquentemente xeográfica á unha hora d'un día d'una sazón, por exemplo á unha do vrán cando se anunciar mudanza de tempo, e unha soila nuben siñifica no ceo, e sobre os montes e as terras, ou sobre da mar o acento e a urxencia e fisiognomía da hora xeográfica. Fai poucos días miréi unha grande e deserta gándra nas terras de Frades, chao apenas ondeado, vestido de vexetación baixa na que sentiase a presenza das greas de abenza aínda que se non mirara unha soila cabeza. No ar vibraba quieto un fermoso miñato, a presenza do paxaro afirmaba a expresión da pai-
NÓS
saxe, era un centro de esfera silenciosa, vivificaba n-un senso de loita a fisiognomía de certa paisaxe, en certa hora. Na Limia lagoenta son espresivos dos aspeitos e funcións esenciales da terra limiá, os rebaños de mouro gado. Mais ás veces un soilo animal, deitado ou pastando, nos lameiros agoirentos, demarcados por sebes de terra inzadas de verdes salgueiros ou retortos carballizos, abonda pra suxerir a tónica da paisaxe e todol-os máis caracteres que no decorrer universal o enteiran.
De igual maneira, illados ou máis expresivamente en conxuntos os animais domésticos son verba expresiva no linguaxe da natureza mirada coma paisaxe. Voos de pombas nas hortas, vichelocregos nos pomares, libélulas nas tontes, galiñas nos curros, a donicela fuxitiva ou os abesouros nas hedras d'un muro (un soilo muro c'un anaco pequeno de terra e ceo pode enteirar unha paisaxe), as tioupeiras n-un lameiro ou nabeira. Sin teimar a precisión de leises ou relacións categóricas que soilo o progreso da ciencia e da estética da paisaxe poderá estabrecere, pudemos rematare ca afirmación de como os animais vidalizan en diferente grado as paisaxes e son expresión necesaria e acentuadora da sua fisiognomia e verbo no seu estilo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/115713114.xml
a ser o caciquismo, sociedade constituida em hierarquia feudal, que vai desde o tendeiro usurário da aldeia até ao influente de Madrid. Fim da sociedade: exploração total do camponês. Castelao focou o mariola e as suas malas artes em três soberbos desenhos. Em 18, o cacique, vestido de fraque, fumando cigarro de luxo, diz, com um sorriso de concupiscência no lábio grosso: —A tua filha já será uma moça, eh? A atitude de indignação humilde do pobre labrego perante o alma-danada, que lhe levou os cartos e lhe quer levar também a honra, é das mais soberbas criações de Castelao. Só vista.
O expoliado sofre a sua dor, em silêncio; quando muito chora; mas se fosse um irmão labrego o causador do mal, arrancar-lhe-ia o coração. Compreende-se que, impotente para a ação pessoal, directa, o camponês deseje que venha um raio providencial que parta o maldito e acabe com a sua miséria. É o espírito do desenho 27: um labrego facúdo comunica, pesaroso, a outro: —Xá sabes que aquilo que tinha o cacique não era cancer...
De todo este sudário de opressões e de injustiças resulta a amargura inenarrável do ancião em camisa (ainda lha deixaram!) de mãos postas diante do Cristo do cruzeiro (des. 19): —Non me fan xusticia, Senhor! E resulta uma dor geral, profunda e contida, que inspirou a Castelao uma das suas mais puras criações (des. 28): pai e filho dormem, sentados, criança com os braços pendentes, arrimado ao pai, que se apoia no grosseiro guarda-chuva. A rubrica vale o desenho: —Non sonhan mais que cando durmen! A impressão de incrível desalento que nos suscita o desenho é tão amarga, que justifica a ironia dum outro (o des. 48): o Demónio, mirando a terra com uma lupa, diz, sardónico: —E este é o mundo que fixo Deus?
Mas nem tudo felizmente é amargura e desespero no álbum de Castelao. Sente-se nele a predilecção amantíssima dos nenos, dos meninos galegos, que, no justo dizer dalgúem, são os mais lindos do mundo. E é consolador verificar que os nenos que Castelao pintou há 14 anos são hoje, homens
NÓS
de vinte e pico e constituem —admirável mocidade— o maior esteio do galeguismo. A obra do grande artista tem pois frutificado. Honra lhe seja.
O desenho que constitui um cúmulo de graça e de ironia infantil é o n.º 23: duas pequenas, figurinhas encantadoras, uma de lenço, outra descoberta, de trança em bico sobre as costas, numa postura de abandono graciosíssima, falam do rei, ao pé dum tronco de videira. Eis a substância do seu diálogo: —Qué comerá o rei? —Comerá... comerá... zucre. Em 20, há mais ternura e mais humanidade: irmão e irmã, de luto ainda: conversam sobre o padrastro. Diz ele para ela com um arzinho triste de homem: —Por isso se papai vivesse, não lhe gustaria que mamai casasse com outro. Emfim, no desenho 16, um rapazinho de mau génio diz, capacitado, para o companheiro, esta coisa tremenda: —O que sinto eu é que alguém que maltratar a minha nai morra denantes que eu chegue a home.
Aí teem um resumo, forçosamente grosseiro, do maravilhoso álbum. Faltou apenas mencionar um desenho (n.º 36), que poderíamos incluir na secção de tipos populares e que é dum realismo surpreendente e faz lembrar cenas de Dickens e Daudet: a mulher chora diante do cadáver do marido, a boca torcida de pranto e diz, com um supremo consolo e um supremo orgulho: —Ai meu hominho, e que bonito vais co traxe das romerias. À porta, a turba dos vizinhos que vem ver, uns sérios e compungidos, outros indiferentes ou mesmo sorridentes; a cabeça espantada dum garoto fura por entre as saias das mulheres.
Posto isto, digam-me se não está sendo duma grande urgência a realização duma Semana Galega em Portugal (Porto e Lisboa), projectada há tempos, mas malograda por não sei que desgraça, que sempre persegue estas puras manifestações do espírito. Com uma Semana Portuguesa em Santiago de Compostela, feita com decência e bom gosto, estaria dado o primeiro passo para o necessário, indispensável entendimento entre os dois povos. Que isto se realize quanto antes; a ocasião não pode ser melhor.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/f2/f2e6/f2e63003-647f-4d70-8a94-c8c8bafc76c4/11571313.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ourense 15 de Setembro do 1932
Núm. 105
Ano XIV
CORAZÓN Ó VENTO
POR AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO.
TIRÉI ó vento, sangrando,
un día o meu corazón.
—Quedóu-se a hora tembrando
coma unha flor d'emoción.—
Entr'as suas doces mausiñas
colléu-no a noite serena.
—Sobre das fontes sequiñas
choraba a lúa a sua pena.—
Para a estrela máis noviña,
fixo do meu corazon
unha cuna pequeniña,
entr'as ás dunha canción.
Miña doce señardade
abalaba-a demansiño,
n-unha léne vaguedade
feita de seda e d'armiño.
C'unha voz moi consumida
cantaba un triste cantar:
¡Ai doce estrela belida,
a aurora quér-te matar!
Durme, estreliña isolada,
¡meu aiaiái, xoia miña!
¡Ai, que xa ven a alborada
chuchar a miña estreliña!
Pasóu asi a noite enteira
á par do meu corazón.
—Com'a rosa na roseira,
foi-se murchando a canción—
...Por fin, entr'os seus braciños,
morréu a estreliña nova.
Aos hombros, catro versiños
leváron-a para á coba.
Á mañán, inda, perdidas,
andaban á divagar
sombras de canciós doridas
que quedaran de cantar...