https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720313.xml
NÓS
costados dous trazos reitilineos que seguen paralelos ás aristas laterales da ara en cus tión. Non conserva, repetimos, na parte visibre inscripzón nin letra algunha. O frondo altar baixo do que se oculta está cons tituído por un soberbio coiro de Córdoba.
A outra ara forma parte da mesa do altar central. Ten as molduras inferiores soterra das, mais deixando ó descoberto por completo o notabel epígrafe que transcribimos, lamentando que as fallas da pedra impidan que poidan ser lidos totalmente a segunda liña e o nome do adicante.
Mede o conxunto dende o ris do chán 74 centimetros dos que 21 corresponden ás cin-
a b c d e
f g
Fig. 7
co molduras que pol-a parte superior a ador nan. De ancho na banda superior mede 50 cm. e só 40 na mesma dimensión a face onde a inscripzón se labra. Diz asf:
BANDVE
CAL CO
ER A
R VI
V L M
A primeira liña está constituída pol-o nome da divinidade, nome basto na epigrafia romana peninsuar da que conocemos as seguintes inscripzóns portuguesas:
BANDIOILENAICO (Esmolfa, Penalva do Castello.) (1)
BANDVE (Perto de Bragança.) (1)
BANDERAEICVS (Según lectura de Argote, na Ribeira da Pena, eirexa de Sta. Mariña, Villareal.) (2)
BANDIARBARIAICVS (Idanha a Vella, Beira.) (3)
E na Hespaña:
MANDICA DER (Ponferrada.) (4)
BANDVAETOBRICO (Codeseda, Sarreaus, Limia, Ourense.) (5)
BANDIAEAPOLOSEGVS (Nas Brozas, Cáceres.) (6)
BCANTVNAECVS (Ciudad-Rodrigo.) (7)
BANDVE ITVICIESIS (Mezquitilla, Orgaz, Toledo.) (8)
BAN... (Malpartida.) (9)
BMERVASEVCS (Soure.) (10)
ás que temos que engader a que cita Barros Sibelo nas suas «Antigúedades de Galicia» (11) como ollada por él en Bande e perdida dempois sen transcribirse aínda, e a que procedente de Eiras, San Amaro, Ourense ten en estudo o noso querido amigo F. L. Cuevillas a quen debemos ista nova. (12)
A localizazón das lápidas citadas fala ben craro de un deus do Panteón do Occidente peninsuar, de unha divinidade do Olimpo céltico, cuio nome botou fondas reigañas na toponimia de Galiza do que son mostra Bandañeira, Bande (un en Lugo e outro en Ourense), Bandebó, Bandeira (dos que hai
(1) Hübner op. cit. 2198.
(2) Hübner op. cit. 285.
(3) Hübner op. cit. 454.
(4) Hübner op. cit. 569.
(5) Hübner op. cit. 2015 e Vázquez Núñez, «La epigrafía latina en la prov. de Orense», Núm. 11, do «Bol. de la Com. Prov. de Mon. Hist. y Art. de Orense», T. I, Núm. 2, Maio de 1898.
(6) Hübner op. cit. 540.
(7) Hübner op cit. 861.
(8) Hübner op. cit.—A, 179.
(9) Hübner op. cit. 866.
(10) Hübner op. cit. 368.
(11) Ref. de Vázquez Núñez, no lugar ultimamente citado.
(12) Léese certamente, según nos comunica:
BANDVE
E . . . .
An demais letras están moi gastadas, pro con maor detefi mento tal vez sexa posible a completa lectura por parte do noso amigo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720323.xml
A hixiene dos meninos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá. No diario aseo dos nenos empregue o "Jabón Sales de la Toja", único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda, a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenvrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572038.xml
D. XOHAN ANTONIO BRINGAS—DE BENAVENTE Á SANABRIA.
Os viaxeiros chegan á Benavente o día 8 de mes d'outono (10.ª xornada) demorándose-se ali por indecisión sobre o camiño pra seguir descontra Galiza e pol-o estudo da ponte de Castro Gonzalo, hasta qu'o día 11 presentouse o correxidor d'Ourense Don Xohan Antonio Bringas. Nas portas da vila hai unha ponte onde comenza o estudo da carreteira de Galiza, pedida pol-as provincias de Sant-Iago, Ourense e Tuy. É preciso acomodar a ponte pra carruaxes. O logar de Sta. Cristina demanda unha ponte sobre o río Orbigo que soilo é vadeabre catro meses 8 ano pasándose en barca os outros oito cando n'hai que agardar sete ou oito días no tempo das cheas.—Na terra chá dende Santa Cristina a Quirnelas medra un fermoso bosque de encinas e carrascas. A veiga do río Tera crúzase por moitos pontillós, calzadas e pasales. N'outrotempo o Diputado de Galiza D. Vicente Vázquez del Viso propuña levar o camiño pol-a carreteira d'Astorga hasta o logar de Manganeses de la Polvorosa. Mais á Sua Excelencia non lle parece ben a idea. O pobo de Sistrana en bó terreo preto do Río Tera, está composto de casas de tapiales sobre cementos de mam-=osteiría de croyo, trabazón de cal e aréa, e tellado de tellas. Os froitales e hortas dán alegría ós arredores da poboación. Hastra Sta. Marta de Tera segue o país ameno de bosques e muíños, e crima sempre igoal asegún os veciños pois en ningún tempo s'albisca a neve. Sta. Marta de Tera posto n'un outo chao somentes serve de paso á poucos e tristes arrieiros. Na terra abonda o trigo, centeo, liño, gado, e as troitas do Tera. Eiqui comenza a notarse o xenio or-gaizador do Correxidor d'Ourense que dispón unha soberba mesa no probe mesón d'arrieiros. Nos vals afloentes do Tera hai bosques de carballos e amieiros que estreitan o camiño provisto de pontes de pau. Por Camarzana o camiño preto do río está asombrado por bosques frondosos e moitas vegadas impedido pol-as cheas. Considerando o trollo e esterco das canellas de Camarzana,
NÓS
o xefe pensa en guiar a carretera por fora dos pobos. Despois d'una ponte antiga sobre o Rionegro chégase ó pobo d'iste nome; non tan malo como a xente dí pois ten posi-ción vistosa, casas de silex branco e abondo de mantenzas.
Mombuey: 70 veciños, esgrevio paso con precipicios, casas dispostas en altos e baixos, de mampostciria brava con verocos, te-llados de colmo con lousas e atadallos de bimbio, distribución soilo boa pr'o gando sobretodo porcos dos qu'hai d'abondo e moi to trato no mercado onde se trata en liño, cáñamo, legumanzas, gráus, touciño, xamós, gando, panos e bayetas en cantidá que asombra n'un pobo tan pequeno. Ista rexión da provincia de Valladolid ten bós sitios soilo lle faltan camiños. Demostran ista precisión os informes dos Superintendentes de Camiños e Correios Conde de Floridablanca e Príncipe de la Paz nos anos de 1735 e 86—Venta d'arrieiros en Cerdenilla — Asturianos: moita herba, liño e pau casas de mamposteiría con barro e cobertas de pizarra e palla. No pobo agardaban o Correxidor de Sanabria e outra xente de viso, d'eles Don Francisco Xavier González, abade de Requejo, cabaleiro de Calros III. En Asturianos bo xantar (carnes, viño de pasto); soilo faltaban os postres que non s'acostuman na terra. As vegadas veñen os portugueses vendéndoos pol-as portas. Hastra Sanabria pásase por Palacios (terras de liño, pan, centeo, arboredos), Remesar e Otero, xa en terra montesia.
Sanabria: A Puebla está en ademirabre posición sobre unha roca; chán de pizarra con vetas de cuarzo branco; rúas esporentes con escaleiras labradas na pedra e nos ocos pequenos empedreados de croyo; casas de mampostería con silex, croyo, pizarra, cal e areia; portales sobre pés de pau sin labrar sosteñendo as fachadas de táboas de castiñeiro trieiteadas de pizarra, pouca tella e bastante palla; bó castelo; parroquia gótica; unha dúcia de casas importantes; 300 veci-ños; algunha tenda de pán, viño, azcite e vinagre. A xente non pode ser millor mais a agricoltura está deixada pol-a falta de relación. Importantísimo comercio de liño con Portugal; en cada mercado mensual véndese
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720314.xml
catro en Pontevedra e un en Ourense e que é nome que leva unha serra de Tras-os-Montes), Bandexa, Bandelo (dous en Lugo), Bandesusaos, Bandín, Bandoxa, Bandón, Bandomil... e do cal gardan os testos antigos dous brigas a él adicados na terra celta das Galias, Bando-briga e Bondo-briga, na actual Prusia Renana. (1)
O P. Fita comentando o nome de iste deus coida, seguindo n-esto o parecer de Bethan (2) a Bandue como divinidade feminina sinificando deusa sinxelamente fundado, en que «o irlandés e o erse falando de persoas prefixa o sustantivo ban ó masculino pra formar o feminino: banaba (abadesa), banbhard (poetisa), baniarla (condeixa), banrigh (raíña), bandía (deusa)» (3); mais a aparizón da lápida de Bragança co simple
Mais adiante trocou de parecer e calificouno de númen andróxino (Lunus, Luna.) (1)
Murguía cita á Gándara lembrando que iste autor pon en comparanza ó deus ca fonte Bandusia dos Sabinos e co nome xeográfico de Bande, e parece quedarse ca opinión de que se trate do Marte galego, mais incriminándose á darlle caracter feminino tamén ata o punto de ter por presunta representación súa a plancha de cobre que topada en Caldas de Reis representa unha figura de muller en actitude e vestimenta guerreira. (2)
Costa fai equivalente Bando a pugna, furia, violenza e a haeto a guerra ou combate e fala das badhs da mitoloxía irlandesa que eran varias irmáns, deusas, fadas ou feiticeiras, paralelizándoas cas Walkirias xermánicas e, seguindo a Hübner, coida que «un santuario consagrado a Bandua houbo de existir onde agora está o de N. S. de Hedra, Cova da Lúa, parroquia de Sta. Comba» (3) referíndose sin dúbida ó epígrafe trasmontano de Cornelius Ocultus. (4)
Pol-a sua banda Leite de Vasconcellos que n-unha parte dí que Bandue siñifica divino (5) n-outra espresa que a raíz band siñifica ordear, prohibir (6) e derradeiramente (7) cita a Schuchertt (8) que dá as verbas que seguen a Bandua como epítetos tópicos ou étnicos de carácter adxetival en ablativo, agás ilienaico que pode ser unha verba separada.
A segunda liña da lápida parece ser un adxetivo que acompaña ó Bandue, simpático ós epítetos adxetivais cuia serie pode
(1) Rel. de Vázquez Núñez no lugar derradeiramente citado.
(2) Manuel Murguía. —«Galicia» na col. «España y sus monumentos». Barcelona, 1888, páx. 159. Na páx. 154 fala de Bandia «deidade protectora de las aguas termales». Pro onde despreza mais a súa opinión e na «Historia de Galicia» 2.ª edición La Coruña, 1903, páx. 664 e seguintes.
A praza da presente Bandua reprodúcese Murguía tomada na vez de Neira de Mosquera no «Semanario Pintoresco Español» de 10 de Outubre de 1852.
(3) Xaquín Costa. «Mitoloxía y literatura celtibéricas». páxs. 282 e 283, nota 2.
(4) E da Bragança, núm. 288 de Hübner xa citado.
(5) Leite de Vasconcellos. «Religiões da Lusitania» volume II, páx. 66.
(6) Loc. cit. páx. 317.
(7) Loc. cit. Vol. III páxs. 219 e 220.
(8) «Die iberische Deklination».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572036.xml
Un intresante itinerario d'un viaxe á través de Galicia no século XVIII
Debo á bondade do Sr. Ortiz Solís, arquitecto da Diputación Provincial d'Ourense, o coñecemento d'un intresante manuscrito titulado *Itinerario facultativo del viaje a Galicia que el Sr. Conde de Guzmán, del Consejo de S. M. en el de Hacienda, Intendente de exército, Inspector General de Caminos y Canales de Navegación, etc, emprendió este año de 1799 con el motivo de inspeccionar la Carretera que solicitan las tres provincias de Santiago, Orense y Tuy*. No contido do manuscrito separanse naturalmente dúas porcións: unha técnica (estudo do trazado, aproveitamento dos anacos de camiños antigos, pontes, empedreados e demais) e outra da paisaxe e vivir das terras percorridas. Dend'o día 18 de setembro ó 30 de Santos o diario do viaxe garda suxestivas lembranzas d'aquella Hispania, en parte tradicional, en parte mordiscada polo espírito do século do despotismo ilustrado. Sendo cativa a literatura de viaxes por Galicia coidamos que os datos e impresións gardados neste Itinerario non son desmerecentes de ocupar unha miguiña de tempo á atención do Seminario d'Estudos Galegos. E por tratarse d'un testimonio ceibe dos prexudicios qu'entón cobrían o nome e a sona da Galiza, seguirémolo dend'o primeiro día.
AS SETE PRIMEIRAS XORNADAS; DE MADRID A VALLADOLID
Camiñaban de cinco a seis horas e meia. Primeira noite na venta da Trinidad de «regular comodidade» polo que toman notas pro arreglo da pousada. O segundo día xantar na casa de Postas de Navalejo onde toman medidas pra facer unha fonte por ser lugar de moito tránsito. A venta de Peñagudiña «somentes sirve pra arrieiría». No Real Sitio de S. Ildefonso o mesón do «Oso» o da «Aragonesa» ten boa feitura mais cativa comodidade. O camiño á saída de S. Ildefonso parés a avenida d'un parque. Esta escanastrada á casa de postas de Ortigosa e pasáse mala noite na fonda de San Rafael («comedor común mugriento, sucio y asqueroso»; paredes sufincadas en madeiros) pobo importante polo tráfico pois nil apartan os camiños pra Segovia e Valladolid.
En Villacastín onde chegan ás doce do coarto día o camiño forma unha rúa porca de trollo, esterco e palla. S. Cidrián, bó pobo, porca pousada. Da ponte d'Almarza á Martín Muñoz camiño endiañado; soilo queda pol-o meio un sendeiro, o demais comesto pol-a vexetación de cardos silvestres. Martín Muñoz foi boa pobración. A quinta xornada durmen en S. Cristóbal á dazaioito légoas de Madrid; o venteiro soilo s'intresa pol-as cabaleirfas.
En troques dúrmese ben nas habitacións independentes do bo mesón de Olmedo. A
OS VIAXEIROS
En compaña do Sr. Conde viñan o seu segredario D. Xohan Antonio Giranda, o facultativo D. Vicente de Ponte e mais un axuda de cámara de sua excelencia. Debía sere o conselleiro un grave personaxe de moito tino e calcada esprencia posta ó servizo da Católica Maxestade de El Rei D. Carlos IV. Entre S. Vicente e Trafalgar, des
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572032.xml
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157203&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572034.xml
218
de desterro ós pais que non mandaban seus fillos á escola.
Craro que isto, ben mirado, era fomentar, non a instrucción dos nenos, senón a crueldade, o herodismo dos mestres, pois, eiquí como no resto da Europa, as escolas eran, en opinión de Rodolfo Agrícola, prisóns onde se non ouvían mais que golpes e choros, pois a practica común pra correxir ós nenos era o vergallo e a palmeta, pol-o que Lutero pedía que taes lugares—«estabros de Cursos con dous pés»—fosen desfeitos e arrasados.
En Ribadeo, i-é de crer que n’isto non estaba soilo iste pobo, non facía falla chegar o arrasamento que quería o frade da Reforma. Pese ó que digan os autores citados, e os que se non citan, o afán pol-a cultura era moi escaso nos elementos dirixentes, e a maior parte do tempo os pobos estaban sin mestre e non tiñan local pr'a escola. De como andaban as cousas do insino da idea o feito de que en 1564, e decir, ós vintedous anos de haber tido un Bachiler de Gramática, inda descubrían os rexidores que «era de proveito e utilidade pr'a república que n'ela haxa mestres que insinen a ler i-escribir ós mozos», e con iste fin acordaban dar 33 reais á Sancho de Saavedra, que era bd escribano.
Os nenos quedaban eiscruidos do insino, ie pouco que se aledarían d'elo! As nenas, non se diga. A preocupación de que ás mulleres non lles facía falla saber ler era xeneral d'aquela, e inda hoxe, por desgracia, non se acaban de desarregiar das nosas aldeas, onde non é difícil ouvir ós vellos—sobre todo, As vellas:
— ¿Pra qué queren saber de letras as mozas? ¿Pra esquirbir ós mozos? ¡D'abondo teñen co-a lingua!
Soilo os mozos podían adicarse ós estudos en que se adeprenden os saberes, como di o «Código das sete partidas». Así, e non como contan os libros, se ocupaban da ilustración do pobo os nosos Concellos.
Sin embargo, pouco despois do ano últimamente citado, as escolas abrironse de vez, pra grandes e pequenos, tomando o insino unha marcha, senón ascendente, ó menos, recta e, no que sabia, segura.
Desde fins do século XVI, todol-os anos, e sempre no concello aberto do primeiro de Xaneiro, convocado á son de campá, os veciños nomeaban mestre pra escola, ó mesmo tempo que gaiteiro, pregoeiro, veedor das candelas, sancristán, campanilleiro e demais funcionarios púbricos..., todol-os cuaes estaban, en xeneral, millor retribuídos que o escolante, o cual tiña, por chea, cen ou cento cincuenta reais 6 ano, non sabemos si con desconto. Eso sí; dábaselle (pol-o menos acordábase darlle) «boa casa i-en bó sito», e inda ás vegadas se lle engadia un plus de medio real ó mes por cada rapaz desasnado que presentaba.
O século XVIII é trascendental na historia de Ribadeo pol-a importanza que a navegazón e o comercio chegan á adecuirir, impulsados por un fato de homes emprendedores, antr’os que merece sinalarse D. Antonio Raimundo Ibáñez, admirable capitán de industria, como hoxe se diría, asesinado a pedradas pol-as turbas patrióticas, ó estalar a guerra da Independencia.
Emparexado co progreso material ven o do insino, empuxado pol-o mesmo pobo, que ora por adicarse ó navegar, ora pol-as suas relazóns comerciaes dentro do país, sentía viva coma nunca a necesidade de se capacitar pr'a loita.
A iniciativa particular froreceu entón, ó calor d'ese rexurdir eispréndido, en fundacións escolares notabres, sostidas principalmente c'o diñeiro das Indias; e o Concello, pol-a sua parte, non deixaba de acudir co-as suas liberalidades, como d'aquela se decia, á obra rexeneradora, consignando en todol-os presupostos algunhos centos de reais pra axudar ó sostenimento das cátedras de gramática, artes e moral que viñan eispricando dous frades do convento de San Francisco. Cátedras que eran «a obra mais agradabre ós ollos de Deus e útil á vila», según escribía desde Guatemala, en Xunio de 1749, un fillo de Ribadeo, D. Tomás García Amieiro e Vaamonde, quen, ó mesmo tempo que tal decía, mandaba catrocentos «pes 128 cartos» pra que se impuxesen en fincas seguras, destinando os réditos pra «axu-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720315.xml
NÓS
observarse nas transcritas inscripções. Infelizmente non é posible ler senón as letras CAL . . CO fallando dúas que tal vez desen o epiteto xentilicio de CALAICO marcado pol-a L crara na lápida. Non acertamos n-este ponto con outra interpretazón. (1)
As dúas liñas que seguen están formadas pol-o nomen feminino da persoa que adica o moimento, ER . . A que puidera ser BRSIA (2) ou ERATA (3) ou ERARA (4) e mais pol-o cognomen R V e un trazo vertical que pode ser RVFINA (5), RVFIA (6) ou RVFA (7) lembrándonos de que pra Hölder (8) RVFVS é verba celta.
Por fin ven o V (otum) L (ibens) M (érito).
Así é que podemos postular esta lectura e traduzón:
Bandue calaico? Erata? Rufina? v (otum (libens) m (erito) s (olvit)].
Erata? Rufina? [cumpren] de boamente o voto moi debido que lle tiña feito a Bandue calaico?
Pra rematar faremos sempre menzón da pia bautismal, de pedra de gran, monolitica, decorada con arcos de ferradura e da tampa sepulcral deitada na cerca do adro da eirexa, tosca figurazón humana, de ancho rostro e brazos arrombados encol do peito, vestido de roupón floxo que cai en plegues tubulares ó longo da figura e baixo do que asoman os calzados pés, de mais moderna época.
E agardando que a fertuna nos proporcione mais adiante ocasión pra ilustrar documentalmente moimento de tanto interés pra o arte e a arqueoloxía de Galiza ofrecemos ó «Seminario de Estudos Galegos» istas primicias da nosa descoberta facendo presente o noso fondo agradecimento á quenes nos axudaron con tanto celo como liberalidade n-es.
Ara romana do altar central
te empeño, en especial ós Sres. Cura Párroco de San Mamede de Estevesiños, cultísimo amigo, a D. Luís Bouza Trillo, de Vilagarcía de Arousa e destacando mais singularmente ainda ós ilustres arqueólogos D. Manoel Gómez Moreno e D. Caietano de Mergelina que ademais de nos proporcionar as súas ensinanzas de mestres, aínda fixeron sair dos seus ficheiros materiais inéditos e os en Mixós persoalmente adequeridos, modo eixemprar de facer ciencia que perdurará nas nosas lembranzas.
No mes de Outono de 1928.
Fotografías do Dr. Caietano de Mergelina. Dibuxos do Dr. Mergelina e dos autores.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572039.xml
por 300,000 r. de vellón, ou sexan 3,000,000 e meio 6 ano. Ca apertura de estradas medraría o comercio de gando, carnes, escabeches, etc. Os viaxeiros demoraron pol-o mal tempo dend'o 12 6 15 d'Outono, parando en casa d'un Rexidor por ser noxenta a pousada posta á esquerda da entrada da vila.
DE SANABRIA ÁS PORTILLAS
Hastra Requejo mal camiño con reviravoltas e pontillós. Moi feituco o pobo arrodeado d'arbres que cobren as casas deixando soilo ollar a pirámide da eirexa. Está 6 pé da Portilla de Padornelo e ten un crego qu'é un miragre de aitividade e enerxía: estabreceu fábricas de sombreiros, colchas, lenzos, curtidos e fixo un bd anaco de camiño hastra a Portilla. S'houbera moitos cregos d'jste xeito non habería Monarquía como a Hespanhola. Ouvindo as malas novas do camiño desarmouse a silla de posta que foi levada en carros e todos seguiron d'acabalo. O camiño feito pol-o crego de Requejo é d'un coarto de legua entre arboredos. Despois do rio Mosquitas, e do regueiro Carrancho, hai camiño en penedo, arroyadas: dina de lembranza a fermosura do sitio de Camaliñas, de lameiros e arboredos que baixan dos montes da esquerda. Esgrevias costas con anacos destroídos de calzada e moitas carballeiras ó correr. Ponte de Libros, marco dos Bispados de Astorga e Ourense, en peisaxe de fervenza e arboredos. No mais outo da Portilla erguese unha cruz de 10 pés e meio con iscripción gótica do século XIII. O pazo non é tan esgrevio como se dicta. Na baixada está o pobo, de casas grandes e probes; a xente ademirase da silla. Seguindo a baixada descontra Lubián paso do regueiro Pedrayo por un pontillón de madeiras coberto de lousas; lameiros e pasales sobr'un río pequeno que pide boa ponte; a cál é preciso traguela da Asturias ou montes leoneses. Lubián; esparexido entre castiñeiros; 60 veciños; bó término «apenas se conoce aquila ociosidad»; os veciños teñen d'abondo pra vivir fartos, soilo precisan estradas.
AS PORTAS DE GALIZA
O 12 d'Outono saiu o Xefe de Lubián n'un ha liteira «silla apoyada sobre dos machos» que asegura a comodidade de sua Excelenza. Empezase á ouservar o comercio galego; dinantes de Lubián atópanse moitos mercaderes que camiñaban pr'a feira de León. En Lubián dazaoito arrieiros con melruza, cóngrio e outros peixes salgados pr'a terra de Campos de Lubián maragatos con cento cin coenta machos con xéneros pra Zamora e Toro. Hai fartas carballeiras dinantes da ponte de Xoiza sobre o regueiro da Veiga, e preto o santuario de Nosa Senhora da Tuiza, grande, con dúas torres de silleiría que fan «magnificencia» Cruzando oito regueiros ó rubir costas de terras barrentas e pizarrosas chegase o outo da Portilla. Fermoso hourizonte pol-a parte de Galiza.
Dinantes do pobo de Canda (que dá nome a Portilla) unha fonte qu'endexamais medra nin devece. O pobo ten soilo 7 veciños, eirexa probe feita de pouco tempo, moitos lameiros, searas e touzas. Vilavella; mal camiño esporente e perigoso aberto na pedra pol-a ferradura das bestas; vado do regueiro das Hortas; esterco nas rúas, pousada do Ferrador. En Vilavella xuntáselles a silla que se volveu á armar 75 veciños que gaban as suas produciós e esportan 200,000 reás de vellón c'as colleitas da pequena vega.
GUDIÑA E MONTERREI
Pobos de Perciro e Cañizo, camiños lameirentos, estrume pol-as rúas, n'outono istranas con ponlas, e urces («especie de brezo o romero sin olor») botandolles por riba estercos das coadras e casas. Dinantes da Gudiña n'unha praza do camiño a hermida do S. Bernabé preside a feira mensual de moito gando.
Gudiña: 6 pé d'un alto pequeno; bó lugar de 75 veciños, alcalde e Correxidor do Señor da casa de Alba; dúas riolas de casas que fan unha rúa longa con piso de esquilmo; pousadas porcas; repártense pol-as casas do pobo; na do Sr. Correxidor pouca cursidade; é o 19 do outono con chuvia e neboeira.—Camiños barrentos, pontes Navallo e San Lourenzo, regueiros, lameiros e arboredos.
(Rematará no tomo próximo.)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720311.xml
NOS
San Adrián de Tuñón e Goviendes todas elas de tres ousos e tres naves. Agora ben, os ousos das cirexas asturianas son sempre de planta cadrada interior i-esteriormente, cousa que non sucede na eirexa de Mixós.

As únicas eirexas de cabeceira somellante á de Mixós, son edificios mozárabes como a leonesa de San Miguel de Escalada e a de Bobaster. Esta somellanza, que ven a complicar o problema da clasificación da eirexa de Mixós, fai ó paso que este seña un exemplar por demais intresante e raro pol-as suas particularidás.
Cecais o estudo da decorazón de esta eirexa, con ser ela tan probe, poida facilitarnos algún dato que contribuía á pór en claro a época da sua edificazón. Todo o elemento decorativo da eirexa de Mixós redúcese á moldura que serve de imposta ós arcos (fig. 6); esta moldura é de traza netamente asturiana e dáse en moimentos do século IX ou X. Vémola en Goviendes, século IX, (fig. 7, A); en Santullano, século IX (fig. 7, B); en Nora, século X (fig. 7, A i E); en Priesca, século X (fig. 7, A e F) i-en Deva, século X (fig. 7, A e G). (1) As molduras de Santullano (fig. 7, G) e San Tirso de Oviedo, século IX (fig. 7, D), non son mais que unha pequena variante do mesmo motivo, pro as primeiras poden facilmente confundirse co-a nosa. Iste detalle, ó parecer tan insiñificante, é de grande valor pra datar a edificazón, pois en tales minucias decorativas é onde poden precisarse mellor as características de un estilo.
Tampouco o paramento dos muros, de aparello irregular, no que hai pedras de grandores diferentes, misturadas con cachoteria i-as vegadas con algún que outro ladrillo, responde ó xeito dos muros dos edificios visigóticos feitos de sillares regulares. O estar enlucidas as paredes pol-o interior é causa de que se non poida apreciar o despezado que presentan; mais abonda con ollalas por fora pra, dende logo, desbotalas como de consiruzón visigoda.
Resulta, pois, que ó único que poidera facer crer na filiaçón visigótica de ista eirexa é ó trazado dos arcos que, como vimos, dan unha prolongazón de un terzo de radio, pro temos que desbotar tal suposto vista a estrutura e os elementos decorativos. Ade mais, nas eirexas asturianas dánse arcos que teñen asi mesmo prolongazón de un terzo do radio co-a circunstanza de que, canto mais cativos son, mais pechada é a sua curvatura i-en troques os arcos grandes tenden á abrirse que é ó que acontez, precisamente co arco central de Mixós que se retrae i-está peraltado en perto de un quinto do radio.
Por todal-as devancitas circunstancias pómos en dúbida que a eirexa de Santa Maria de Mixós sexa un edificio de época visigótica i-en vista da sua marcada analogía cas eirexas do ciclo asturiano, coidamos estar en presenza de unha basílica de tres naves de este tipo na que hay elementos de mozarabismo.
Insistindo no espresado de que nas eirexas asturianas dánse arcos que teñen tamén
(1) Datos estes debidos á xenerosidade proverbial do mestre Gómez Moreno de cuxo arquivo valioso forman parte, están do inéditos na mauria. As demais consideracións basámolas nos estudos eruditios do mesmo profesor (Eglisias Mozárabes e Excursión a travez del arco de herraduras, en “Cultura Española” (T. III, 1906) así como na “Historia de la Arquitectura Cristiana española en la Edad Media” do ilustre D. Vicente Lampérez.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720310.xml
A EIREXA DE SANTA MARÍA DE MIXÓS E AS SUAS ARAS ROMANAS
TRABALLO PRESENTADO NO SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS POL-OS SOCIOS, SEÑORES:
D. FERMÍN BOUZA BREY, D. MANUEL FONTES CANAL, E D. XOXÉ RAMÓN E FERNANDEZ OXEA
(Proseguimento)
De un ouso son as eirexas de Santa Comba, San Pedro de la Nave, Santa María de Lara ou de Quintanilla de las Viñas e San Miguel de Tarrasa. A de San Xohan de Baños, que aparentemente poidera parecer de tres ousos, probado está que unicamente o central é un ouso propiamente tal, pois os dous as eirexas con tres ousos, que responden á necesidade das tres advocazóns, que a protexen, comienzan á apareceren co arte chamado asturiano. Os templos de esta época teñen casi sempre tres ousos cadrados que como teñen deestar forzosamente na mesma liña pol-o interior da eirexa, solen presentar departamentos laterás caen fora do corpo da eirexa i-están arredados do ouso central n-un espazo cuase igual á sua anchura. Pol-o tanto temos que desbotar a supozión de que a eirexa de Mixós cos seus tres ousos (fig. 5) poida ser visigoda anque a elo nos incrinase o característico trazado dos seus arcos.
6 exterior a liña crebada na que o ouso central sobresae dos dous laterás cando istes son de dimensiós mais cativas que as de aquel. Tal é a disposizón que gardan as eirexas asturianas de San Xohan de Pravia, Santullano, San Miguel de Liño, Val-de-Dios, San Salvador de Priesca, San Pedro de Nora,
Fig. 4.—Trazado dos arcos ousidaes
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720316.xml
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
PUBRICADO POL-A SEIZON DE PREHISTORIA
DO «SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS» DE SANT-YAGO
CONSIDERAZÓNS FOLK-LÓRICAS
Pra meirande eraridade, e tamén uniformidade d'iste Catálogo dos Castros Galegos, iremos eiquí seguindo o mesmo orde que temos seguido no estudo do folk-lore dos da bisbarra de Vilamarin, fascículo primeiro d'iste traballo, pondo por separado as especialidás que s'atopen, que sempre as hai.
OS HABITADORES DOS CASTROS.
Son unha dúcia os castros da parte de Celanova de que temos recollido algún folk-lore. D'esta dúcia, en catro somentes dise d'un xeito terminante que sean cousa de mouros (Outeiro de Vimieiros, Outeiro de San Marcos, Furriolo e Castromao). E ainda algúns d'un hai propiamente notiza de que os mouros sigan vivindo n-il: o Castromao. Mesmamente, istes mouros son da caste especial en col da que xa temos chamado a atenzón: son mouros que comen porco... É o úneco caso da que temos chamado leen da miteca dos mouros. Hai, é certo, unha moura encantada no Outeiro de Vimieiros, mais esta moura, coma pol-o demais case toda-as da sua caste, ten mais de fada nórdica que de devota do Zancarrón. Esta moura do Outeiro de Vimieiros ten o caraute enganoso e fuxidio das ondinas e das serenas, é unha Loreley galega, semella completamente indo-europeia. É, coma houbera dito un ocultista da escola oriental, un maya da noite, coma si fora un engano astral da lua. E por si fora pouco, aparez na noite dos misteiros, na noite sagra de San Xohan. Os seus paralelos atópanse abondo no noso folk-lore, no de Portugal e mais no d'Asturias: é a rana asturián (véxase C. Cabal, La mitología asturiana, Los dioses de la vida, Madrid, 1925, páx. 71 e segs. e Aurelio del Llano, Del folk-lore asturiano, Mitos, supersticiones de costumbres, Madrid, 1922). Cabal estabrece a relación da vana con Diana, deusa que na Edade Meia convirteuse en demo, posto que xa San Martiño Dumiense fala dos qu'adoran as dianas nas devesas («in silvis dianas», De correctione rusticorum, citado por Cabal, lib. cit. páx. 116). A cita de San Martiño Dumiense é proba da existencia do mito na Galiza do seu tempo, e que é o mesmo mito, dio a conservanza do nome n-Asturias. O nome semella eisistir na Galiza en masculino; Cabal cita no seu apoio a Rodríguez López, Supersticiones de Galicia, Madrid, 1910, páx. 173. Eteitivamente, evacuada a cita, atopamos: «Los fantasmas, que en algunos puntos llaman xas, van a los molinos á meterse con la gente á las heredades á robar el fruto y á las cuadras á ordeñar á las vacas». Non temos ningunha outra notiza do emprego d'iste nome. As xanas chámansc eiqui doncelas ou mouras, coma a que nos ocupa.
Os outros casos semellan pertencer á que temos chamado leenda histórica dos mouros. No mesmo Outeiro de Vimieiros dise terminantemente que foron botados dalí pol-os romanos, cos que tiveron grande guerra. A versión non deixa de ser importante pr'a teoría por nós sustentada da identificazón dos mouros cos habitadores pre-romanos da Galiza.
Mais eiqui atopamos outros habitadores que non son mouros: un xigante (Castro de Trelle), tres reis (Outeiro de Pazos) unha témera (Castro de Mourillós), indetermi-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720321.xml
Pardo
Óptico Científico
Preguntoiro, 32
Santiago
Casa exclusivamente dedicada a óptica científica
Fotograbado
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Xa está a venda
O PORCO DE PÉ
(Novela)
por Vicente Risco.
Os pedidos a nosa administración
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720324.xml
“NÓS” recomenda...
O GALO
por † Lois Amado Carballo 3'00 ptas.
Margarida a da sorrissa d'aurora
por Evaristo Correa Calderón 0'50 ptas.
De mín pra vós
por † Ricardo Carballal 1'00 pta.
CONTO DE GUERRA
por Camilo Díaz Baliño 2'00 ptas.
A fiestra valdeira
por Rafael Dieste 2'50 ptas.
ESTEBO
por Xosé Lesta Meis 3'50 ptas.
María Rosa
por Gonzalo López Abente 1'20 ptas.
De Catro a Catro
por Manuel Antonio 1'50 ptas.
Como falan os brañegos
por Antón Noriega Varela 2'00 ptas.
Os Señores da Terra
por Ramón Otero Pedrayo 2'50 ptas.
A Maorazga
por Ramón Otero Pedrayo 2'00 ptas.
O Estudante
por Ramón Otero Pedrayo 2'50 ptas.
Dibuxos en Linoleum
por Xaime Prada 2'50 ptas.
A tola de Sobrán
por Francisco Porto Rey 0'80 ptas.
O Bufón d'El Rei
por Vicente Risco 0'80 ptas.
O porco de pé
por Vicente Risco 3'00 ptas.
Cantigas e verbas ao ar
por Xulio Siglenza 2'00 ptas.
Tríptico Teatral
por Antón Villar Ponte 3'00 ptas.
HISTORIA SINTÉTICA DE GALICIA
por Ramón Villar Ponte 5'00 ptas.
Doctrina Nazonalista
por Ramón Villar Ponte 2'50 ptas.
En breve aparecerá
A LAGARADA
por R. Otero Pedrayo.
(Farsada dramática pra lér)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572037.xml
NÓS
ilustre vila tén trescentos e cincoenta veciños, correxidor e alcalde. Os viaxeiros non dín rén da fermosa peisaxe hestóreca (muros, eirexas, rúas) de Olmedo: faltaba moito pr'o romantismo. Logo por camiño natural (en Olmedo remataba a carretera feita) lameirenta e pol-a rúa desfeita de Valdestillas (soito ten pousada de arriciros) séguese pol-as pontes do Adaja e do Duero. Dinantes d'iste os camiñantes teñen feito carreiros entre bosques de encinas. Despois da ponte estreita un longo piñeiral que chega hasta o Campo Grande.
VALLADOLID.
«Villa por villa—Valladolid en Castilla». Crasifiquemos os datos do «Itinerario».
Terreo dos arredores: chao, enxoito. Permite ir ollando o panorama das construcións que pirámidan na torre da catedral, e proporcionan satisfacción ó espírito.
Edificios: Os millores son os relixiosos (44 conventos, con outras tantas parroquias e outras de diferentes fundacións e estatutos sin contar as ermidas: soilo arredor do Campo Grande hai 22). A terceira parte feita da Catedral, asegún os planos de Herrera, chama a atención; de fixo non seguirán endexamais os traballos. Outra pieza notabre é o convento e eirexa de Dominicos de S. Pablo, de xénero gótico (á dreita do presbiterio capela con sepulcro de mármol e retabro de execución niniamente parada de gusto gótico; sancristía con boas pinturas e esculturas).
O alcázar dos Reis é grande e reparado modernamente en estilo juicioso.
Ruas e casas. A praza pouco menos que a de Madrid con casas (d'elas o Consistorio) coroadas de guardillas. Boa rúa de Santiago. Mesóns. O millor o da Rinconada, por frente da eirexa do S. Bieito.
Esguera. Cruza a vila e por moitas pontes ben conservadas xunta unhas rúas c'as outras.
Obras necesarias. Xuntanza do espolón novo co vello por unha rúa que debe pasar pol-a horta dos Trinitarios que está ó pé do Pisuerga e da que resultará comodidade e ir millor do Campo Grande á Ponte maior.
Ponte: Son dúas xuntadas á un correr pois unha quedou moi estreita: coñece nos arcos uns gotecos, outros de meio punto. Lugar de moito tránsito pr'a terra de Zamora.
RIOSECO E BENAVENTE.
Bó camiño hastra Villanueva debido ós deputados da Sociedade Económica de Valladolid. Un anaco pol-o monte de Torozos. En Mudarra gran fonte de catro canos con superior auga, mala pousada e despois baixada por lagóas hastra Rioseco. Vila de pán, viño e legumanzas. Moito trato e comercio. Todas as rúas teñen soportales o que fai un poco obscura la población. A millor eirexa a chamada do Refugio. Gran arco de entrada pol-o camiño de Valladolid (24 pés de diámetro e 26 de outura contando aletas e impostas). Mesón de los Caballeros: boa entrada, farta mesa, limpas camas, boas coadras pr'o gando. Logo séguese por Villaflechos ó miserabre logar de Villar de Tallares: a mesiña da pousada non erguia do chán dous pés e meio e as tres coartas de longo estaban cobertas de mantel asqueroso. En Villalobos, despois d'un camiño enlamado, soilo s'atopa ó final da longa rúa, a praza onde está o convento de Sta. Clara e unha probe pousada; o Conselleiro durmiu n'un coarto baixo, porco, «sin cama alguna de provecho». Castro Gonzalo, pobo tristelro de xente probe. Despoixa atópase a ponte ca pousada pra arriciría e cobranza do pontazgo. A ponte tan precisa está caducada pois o Consello de Estado non atende ás recramacións do país.
Benavente: 1.500 veciños, bó mercado semanal (todol-os prodoitos da terra especialmente trigo e cebada) rúas estreitas, encostadas, de croyo, sin casas de consideración. Eirexas de S. Francisco, Sto. Domingo, e o Hespidal; alcázar ou pazo, ben deixado, da casa de Alba con xardís, hortas e grande bosque que n'outrora debeu ser famoso; agora está ameazado de destroírse pol-o que o Duque debía volver pol-as nobres ideas dos seus antergos. Benavente debía ser o centro de futuras carreteiras pra Galiza, León e Asturias.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720317.xml
NÓS
dos (Outeiro de Rubiós). Todo isto é merecente de menzón especial; eiquí somentes insistiremos en que **non sempre son mouros** os habitadores dos castros: moitas veces a trasposición da leenda se non verificou, e a leenda ficou mais perto da versión mítica orixinal.
OS TESOUROS.—Hainos en Trelle, Vimieiros, Pazos, Mourillós e Ourille. A versión do que oi falar en lonxanas terras dos haberes acochados no Castro da sua freguesía, repítese no de Trelle. Ren temos qu'engader o dito ó falarmos dos de Vilamarín.
No de Trelle hai que ter en conta dúas formas de presentarse o haber: cabra e cabirto d'ouro e Virxe d'Ouro. As dúas solen ser atopadas en moitos casos. A cabra e o cabirto son os que responden sen dúbida á tradición mais antiga, embora poidérase achar contamiñada coa do Becerro d'Ouro da Biblia, xa que moitas veces o tesouro ten tamén a forma esa. Tocantes á Virxe d'Ouro, debeu ser posta no canto d'outra imaxe, sen dúbida d'un ídolo. É lóxico que nos tesouros dos pagãos s'atopen ídolos de metal precioso; ora, a lenda medieval aponlle tamén ós mouros o teren ídolos: nas historias dos Doce Pares de Francia, fálase d'unha estatua de Mahoma qu'había na torre ond'estiveron Oliveros e outros dous pechados con Floripes, filla do almirante Balán, sitiados pol-as tropas d'iste, das que se defenderon os cristãos guindándolles anacos do ídolo que desfixeran, despois de teren convertido a Floripes. Na Crónica de Turpin fálase do Ídolo de Mafomete tamén de ouro que había en Cádiz (lembranza ceca do tempo de Mel-Kart). Coidamos ser esta a espricazón mais doada.
A TRABE D'OURO.—Voltámola topar, en compaña da d'alquitrán, no Outeiro de Vimieiros; no de Trelle, son dúas minas en lugar de trabes; no de Pazos, o alquitrán preséntase en figura d'un becerro (véxase o dito no parágrafo anterior), que semella ser d'ouro a primeira vista. Remitimonos ó dito no primeiro fascículo d'iste catálogo.
OS GARDIÁS DOS TESOUROS.—No Castro de Mourillós, o tesouro áchase custodiado por unha **témera**.
Perguntado ó informador en col de que caste de cousa era a témera, semella que respondeu que tiña algo así coma corpo de león, e que en resumidas contas, era cousa "que puña medo", un monstro.
Non sabemos arestora cal é a orixe d'esta verba, nin si compre relacioala co latín *timeo*, temer ou *timere*, temeriamente, ou co verbo *temer*, emporcar, emponzoñar. A idea dende logo pódese referir a calquera d'iles.
A témera non é, de total-as maneiras, cousa d'iste mundo. Pódese entreter botándolle un gato negro. Tamén esta é cousa d'abondo repetida n-estas historias: de cote o inxenio humán atopa engados pra vencel-os encantos. Moita parte do contido da maxia consiste n-estas artimañas. É como aquil mortal que pr'entrar vivo nos infernos, ponse unha pelexa de león e leva unha lira, pra qu'o Cancerbeiro pense que é Hércules ou Orfeu. Tamén o Cancerbeiro podíase adormentar cunha torta ou vica que se llofrecía. Mais eiquí é un gato negro, o qual, co murícego, a curuxa, o corvo, o sapo, pertence á goecia ou maxia negra: é das bestas preferidas das bruxas, e o demo colle moitas veces a sua aparencia.
DESENCANTAMENTO DOS TESOUROS.—N-esto atopamos eiquí algunhas cousas intresantes. Temos cinco referenzas de desencantamento ou obtenzón do tesouro: Trelle, dúas no Outeiro de Pazos, Mourillós, e Ourille.
En tres casos, o procedemento é tradicional do desconxuro: un crego que en compaña d'algús homes vai faguer o desencantamento. N-un dos casos, referente ó Outeiro de Pazos, o crego morre o mesmo día en qu'iban principiar os traballos: as forzas ocultas gardadoras do tesouro ferirono enantes de que puxera en xogo o seu poder d'exorcista.
Na outra versión referente ó mesmo Castro, aconsellan que se non diga o nome de Xesús. O demo, pol-o tanto, anda no meio. É esta unha das cousas que mais á miúdo se repiten.
No caso d'Ourille, o crego e os veciños, armados de libro, vela e un cabirto branco cos dentes negros (en certas versións do *Libro de San Cipriano* aconséllase tamén o sa
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720318.xml
NÓS
e nos desconxuros, co pagao do sacrifizo (pagao, anque poida ter tamén forte lembranza xudaica: a lei antiga e a lei nova concorrendo á grande obra máxica).
crifizo do cabirto—eiquí branco, ou seja, limpo coma hostia pacífica, co detalle torto e goético dos dentes negros), van faguel-o desencanto, e semella que conseguiron que s'abrira o subterráneo.
Notaremos a mistura do cristião no crego
(Continuarase)
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
CEN ALCUMES POPULARES
Moitos dos seguintes alcumes, n-un comenzo verdadeiros motes con total-as circunstancias aldraxantes que levan consigo, están hoxe convertidos en nomes pra designar ás persoas; son como cáseque apellidos, e de algún sabemos que xa pasou como tal ó Rexistro. (1)
Hainos que denotan moita antigüidade. Transmitense de pais a fillos acomodándose ó xénero e inda á edade. Por eixemplo, ó vello Caracón deixou unha filla que ainda vive a quen chaman Caracona; os netos do Caracón chámanlle Caracoffios.
Tamén é moi frecuente o emprego de diminutivos e aumentativos, coma Chonón, Choniño, Demón, Demiño, etc. De moi poucos se sabe a orixe, que pol-o demais é do mais arbitrario: unha verba dita en certa ocasión con gracia, ou mal dita, un defeito físico ou moral anque poucas vegadas, un feito soado, algunha semellanza con animais, os oficios (a muller do guardia civil é a sívila), etc. etc.
Veleiquí algúns eixembros das Rías Baixas:
Alsa-o-rabo, Allo, Arnal, Bicha, Bichoco, Bixaira, Bocheira, Bufa, Burateira, Caga-leite, Caga-na-cunca, Caga-na-tella, Calitera, Can-do-cura, Capellana, Caracona, Carandela, Carallón, Carrandán, Carneiro, Carajilla, Carrizo, Carroucho, Carrupeira, Ca-veco, Condesa, Cotrancha, Currutaco, Cal-rin, Champaina, Chineón, Choco, Chono, Chopo, Demo, Do-botiño, Doctora, Fazuda, Fedello, Fino, Gache-gatiño, Galleira, Ganaña, Garameleiro, Gargalla, Grilo, Laber-co, Lastala, Lixeira, Lombo-de-peneira, Manita, Marquesa, Marreiro, Mixiña, Monteira, Morriña, Nazaína, Nostro-Siñoriño, Paco-Ru-o, Palluzo, Paxaxega, Papaina, Pava, Peliños, Peixiña, Perola, Petado, Peida, Pichona, Picona, Pinchela, Pinfoa, Pitoca, Pelexa, Poleira, Porqueira, Primera, Princesa, Prixela, Prásita, Queima-casas, Rata, Raxa
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572035.xml
NÓS
da de manter os Reverendos Pais Maestros que o grande celo e caridade do Cabildo conqueriran pro adeantamento d'esta vila e do seu contorno*.
Pra esa fundazón levantouse, por acordo capitular do ano 1738, unha casa, que se chamou casa de aulas, na praza do Campo, extramuros da vila, n'un solar regalado pr'ouxeto por un veciño xeneroso. As obras fixéronse, en parte, con fondos propios, i-en parte con un préstamo que fixo a Cofradia do Santísimo, á que se lle pagou, anos adante, cos restos da cantidade mandada pol-o Sr. García Amieiro. A construzón da casa de aulas dou orixen a muitas discusiós no seo do Concello, votando en favor d'ela 69 veciños; en contra 3, que non querían estudantes porque facian muitas diabruras; i-en favor da casa, pro en contra do sito elexido, outros 3. Estes últimos opoñíanse a que o colexio se fixese na praza, porque n'ela, pretiño do solar regalado, estaba o lavadeiro do pobo, e n'él decíanse a berros cousas que os estudantes non debían ouvir.
O tempo veu á darlles a razón á estos veciños moralistas. Os poucos anos, o Colexio houbo de ser abandonado por mór dos escándalos das lavandeiras; e as cátedras foron trasladadas a un ricuncho da fábrica, que xa estaba cerrada, mandada facer por Carlos III pra popularizar na bisbarra a industria dos lenzos e das cintas.
E alí morreron pouco despois, faltas do apoio do Concello, que xa escomenzaba á perder o intrés pol-as obras culturaes.
A mais notabre das istituciós particulares d'insino no século XVIII, foi a Obra pia Sierra Pambiey, fundada pol-os irmás don Xacinto e D. Francisco Sierra Pambiey, orixinarios da rexión leonesa, onde istes ape lidos andan aínda vinculados a fundacións escolares, según temos lido n'algún artigo do visitador de escolas D. Lois Bello.
Os señores Sierra, por testamento otorgado o 28 de Setembro de 1713, fundaron, dotándoa con rendas d'abondo, unha «escola de ler, escribir, contar, doutrina, Gramática e demais cencias, como s'estila nos colexios da Compaña de Xesús». Rexiríana dous fillos de San Ignacio, cada un dos cuaes percibiría anualmente cen ducados; e había de estabrecerse na casa-torre que os donantes construíran, en 1701, no sito coñecido por Xibraltar, e que inda eisiste, desiñándose co nome de Cuartel vello, porque de cuartel de milicianos servíu no século derradeiro.
Os xesuitas—sua conta lles tería—non quixeron facerse cárrego do colexio, i-entón os herdeiros dos Sierra Pambiey viñeron a un acordo c'o Concello, quedando iste de patrono da fundazón e de «proteitores» o cura da veciña freguesía de Vilagelán e o pai prior do convento de franciscos, de Ribadeo.
Patrono e proteitores cuidáronse pouco da obra que se lles poñía nas mans; e mentras as casas con cuias rentas se había de soster aquila, iban caindo pouco a pouco, as prazas dos mestres que habían de substituir os discipres de Iñigo de Loiola permanecían desertos anos e anos, chegándose en 1763 a refundilas n'unha soia, que se lle deu vitaliciamente á un crego, apelidado Caloino, o cual había de disfrutar das rendas que quedaban, poucas xa; porque os bés, na sua maioria, pasaran a mans estranas, que nin por xusticia os quixeron devolver.
Ó comenzo do século XIX vendéronse, por mandado do Goberno, as rendas salvas do desastre; i-esta venda, según decía o Concello, anos adiante, ó dar conta das fundacións de índole que había nocondado, «pode decirse que motivou a eistinción d'este estabrecimento, pois quedando reducidos os seus caudais ós 1698 réis dos rédetos, aínda cando estos seian pagados puntualmente, con dificultade se atopará un mestre, ó menos bó, que acepte o insino na cátedra de Latinidade», que era ó que quedara reducida a escola.
FRANCISCO LANZA
Ribadeo, Xaneiro, 1928.
Xa apareceu
CANTIGAS E VERBAS AO AR
Poesias por Xulio Sigüenza
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720319.xml
NÓS da, Ria Retroba, Rondefia, Sousanoca, Serena, Sete-gaiteiros, San-Niño-Dios, Sicho, Serrana, Subiela, Terra, Tixolo, Xosco, Xan-pichas, Xiraldillo, Xixona, Xouba.
Algunhas ouservazóns:
Alsa-o-rabo. A persoa que ten iste alcume tiña un merlo, e sempre lle andaba a decir: "Alza o rabo, alza o rabo"... e quedoulle ise mote.
Arnal. Había un home na Barbanza que tan malo era que d'unha vezada loitou c'un cán arrabeado, e matouno a dentadas. Por medo a coller a rabia foi onda un médico de Sant-Iago á que o tratase, mais o médico díxolle que non lle entrara a rabia do cán, porque inda tiña él mais rabia que o animal. A iste héroe barbanceiro puxéronlle Arnal de mote. Chámanse arnales a unha clás de lagartos e cobras que a xente ten por moi ponzofiosos. Pra sandar das suas mordede-las compre ouvir sete misas en sete irexas distintas. (1)
Can-do-cura chamaban ó único amigo d'un cura impopular.
Choco. Dous rapaces atoparon un ovo de galiña que aínda tiña o pito. Dixo un: "Quen
(1) Temos ouvido dicir que n-unha gran zona, aínda mais especialmente na bisbarra de Chantada, chaman arnal a toda casta de lagartos. Outros din que somente os lagartos grandes.
(1) Os defeitos de pronunciación son ser dos que mais bulra fan a xente: arredeman os tatexos, os que fan r gutural, etc. A pronunciación palatal de s dase moitas veces, e en moitos casos é propia de pobos d'esprito; a xente arredeman sempre. E mais hai moitas pronunciacións moimás de verbas que veñen d'ahi, xabón de sapón, xarda de sarda, xerra de xerra, etc. (Nota de V. R.)
(2) Nótese a influencia das oracións e recitados relixiosos na mente popular.
(Notas de V. R.)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
CULTURA PORTUGUESA.
A fermosa revista Portucale infórmanos da grande intensificación do labor intelectual da Universidade de Coimbra. Menciona os Cursos de Ferias (dos d'iste ano tiñamos nós recibido o programa por certo ilustrado con lindos deseños de D. Diogo, comprendendo cursos de lingua e literatura portuguesa, española, francesa, italiana, inglesa e alemá, historia, xeografía e arte de Portugal, excursiós, etc.); o Instituto Alemão, fundado pr'o intercambio con Alemaña, que pubrica un Boletín e ten unha biblioteca de 6.000 volumes e mais de 90 revistas; a Sala Italiana, cos mesmos elementos; a Sala Francesa, o Instituto Francés que tamén funciona no Porto e en Lisboa; a Sala do Brasil, en organización aínda; o Instituto Indiano, que ha ser un bon núcleo d'estudos orientais; o Instituto de Fonética Experimental que traballa n-un Atlas lingüístico portugués; o Instituto de Estudos Históricos e Filosóficos que posce ricas coleizóns de Esfragística, Numismática, Epigrafía, etc.; a Asociación dos Estudantes de Letras, con biblioteca e cursos de linguas, etcétera.
Anúnciase a publicación de libros dos senhores Ezequiel de Campos, Emmanuel Ribeiro, Visconde de Vila Moura, Tenente Afonso do Paço, Leão Martins, Conde d'Aurora e da Guide Bleu de Portugal e Ilhas, da casa Hachette, debida en parte a Raul Proença.
Compre engader a isto a Esposizón do libro portugués en Madri, que foi un grande
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720320.xml
234
éisito, e o número que l'adicou a *Gaceta literaria*, no qual apareceu un artigo de Correa Calderón en col das relación de Galiza e Portugal que loubou moito a *Seara Nova*.
LIBROS
O DOUTOR DIABO, por Claudio Basto, Porto, Maranus, 1928.
Estrana e sinxela historia, que non é mais despois de todo—a mais da beleza do estilo e da ricura do lingoaxe—qu'unha cura feita por meio da trasmisión por vontade do pulo vital feita por un misteiroso doutor que resulta ser un home cheo de vida e de ledicia, un precursor da verdadeira meiciña. Con asunto tan sinxelo, fixo o gran erudito e elegante escritor, unha fermosa historia. A impresión de Viana do Castelo, cos seus paseios beira da Limia, seus xardís e suas magnolias, está ademais maxistralmente dada. Vivese o engado silencioso anque ridente d'aquela bela cibdade nas primeiras horas da noite.
Ora: danos porventura iste libriño, algo das intimas convicciós do Dr. Claudio Basto? Seria dino de se saber... «A vis medica trix naturae non é uma fantasia»... «Essa fórca esmorece por vezes, fraqueja, apatiza-se,—e a doenga, non raro incompreendida, canta vitoria fácil»... «esta fórca nervosa... irradia fora de nós, por nós condicionada, e é accáo no corpo alheio em que se introduz»... «Ha corpos apenas doentes por inércia, mas que 'albergam, no estado potencial, energia para sobreviver»... É acaso isto o que nos quer ensinar o noso amigo? Pol-a nosa parte, a conformidade é cumprida. V. R.
COMO FALAN OS BRAÑEGOS, por Antón Noriega Varela, Cruña, NÓS, 1928.
O poeta Noriega Varela ofércenos n-iste libro unha intresantisma recolleita de falares do pobo, das que tan precisas se nos fan, e que han ser a base fundamental dos nosos futuros estudos filolóxicos. Hai eiquí ditos, refrás, cántigas, contos, brincadeiras dos nenos, etc., recollidas somentes en vista do seu interés lingúísteco e que constituen unha aportazón de gran valor. Están recollidas todas nas terras de Mondoñedo, na Graña de Vilarente e arredores, onde o señor Noriega exerce o Maxisterio e son mais de mil cixempros que constituen a primeira serie, á que han seguir outras, que agardamos co meirande interés.
Co-iste van 17 volumes pubricados pola-a
Editorial NÓS, cuio esforzo é dino da mór loubanza, xa que ten feito á Galiza o servizo de sacar á luz obras de pirmeira importancia literaria e centifeca que de non ser por ela cecais non houberan surtido á luz. S. N.
EL OBISPADO DE ASTORGA A PRINCIPIOS DEL SIGLO XIX, por Marcelo Macías, Ourense, 1928.
O ilustre mestre pubrica n-iste libro as curiosas notas d'un Catálogo de todos los curalos, sus anexos, Conventos, Santuarios, ríos, lagos y otras particularidades que se comprenden en todos y cada uno de los 25 Arciprestazgos del Obispado de Astorga, manuscrito anónimo do ano 1799 en 43 folios, que ten no seu poder. No prólogo fai a descrición do eixemprar e do seu contido, e traí diversas considerazós en col do tempo en que se fixo e da diócesis d'Astorga. Ven despois a pubricazón das intresan:es notas xeográficas dos 25 arciprestádegos, e por fin as eruditas notas con que o ilustre editor avalora o libro. Dos arciprestádegos d'Astorga, os de Quiroga, Trives e Manzaneda, Robleda e Valdeorras pertencen a Galiza. Ten pol-o tanto pra nós ainda iste interés a derradeira obra do Dr. Macias. Das quince notas ilustrativas que pon, sete refirense a Galiza. S. N.
A EIREXA DE STA. MARÍA DE MIXÓS E AS SUAS ARAS ROMANAS, por F. Bouza Brey, M. Fontes Canal e X. Ramón Fernández Oxea, Cruña, NÓS, 1928.
Contén esta pubricazón do Seminario d'Estudos Galegos, Seizón de Arqueoloxía, o traballo xa coñecido dos nosos lectores, que remata n-iste mesmo númaro. Non hemos pol-o tanto dicir dil ningunha cousa que dos nosos lectores non sexa coñecida.
REVISTAS
No número que ven, esta seizón bibriográfica terá un novo desenvolvemento, vendo dar conta do sumario de todal-as revistas que se reciban e recensión dos artigos qu'ofrezan un intrés especial.
Asimesmo tencionamos precurar ós nosos leitores a mais cumprida informazón do movemento centífeco e literario de Galiza e d'afora.
Imp. NÓS, Real, 36-1.º A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/11572033.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ourense 15 de Nadal de 1928
Ano X
Núm. 60
O insino en Ribadeo desde o século XVI ô XIX
As primeiras notizas que temos encol do insino n'esta vila, son de mediados do século XVI. De denantes de ise tempo nada se sabe (o probabel e que non haxa nada que saber) con respecto a iste asunto, pol-a razón de que os documentos mais antigos que existem no único arquivo local en que pode buscarse, que é o do Concello, datan do ano de gracia de 1536.
Todol-os «libros de puridade» anteriores á ese ano, e moitos de despois, desapareceron da coleición, roídos unhos pol-os ratos; outros, desfeitos pol-a humedade, e os mais, comidos pol-os señores escribanos, que eran peor que os mais afamados roedores, pois chegaban a facer desaparecer de unha vez as actas de dez anos. Certo é que os rexidores afanábanse por recuperal-os, e outiñan cada pouco «censuras» contra os distraídos segredarios; pro as censuras dos tempos aquiles debían impoñer menos respecto que as da agora, e as actas, e as relacións de propios, e os censos e todos cantos papeis desaparecían un día, xa nunca mais se atopaban. C'o que, xa agora, orixináronse na historia da vila lagoas profundas, que soilo se poden atuar con suposicións mais ou menos lóxicas e con contos mais ou menos galanos, que son os materiais que mais empregaron cantos se ocuparon do pasado de Ribadeo, facendo caer en erros tremendos ós que de boa fé seguiron os seus esquirtos. Cita-rei, pra exemplo, o caso do Sr. Otero Pedra-yo, quen, guiándose sin dubida por algún d'eses historiadores de bric-a-brac, traballouse nas páxinas que adica á Ribadeo na sua «Guía de Galicia», según tiven o honor de lle decir por carta particular o notable esquirtor ourensán.
O documento en que por primeira vez se fala de algo relacionado co insino en Ribadeo, e unha conta de propios do ano 1542, na que figura unha partida de quinientos maravedises pro «Bachiler da Gramática».
Quen fose este Bachiler iñórase, como se iñora si facía xa tempo que se adicaba o insino d'aquela cencia, ou si o dito era o primeiro ano que a espricaba. A confianza con que aparez tratado pol-o Concello premite supoñer que non era novo na vila, na que, sin dúbida, disfrutaba d'aquelas consideracións e privilexios que os mestres tiñan na España dos séculos XIV, XV e XVI, e que, ó decir de Ricatostos («Os españoles na Italia»), eran y n'unha época en que, na Francia, os escolantes estaban obrigados a facer de pregociños e n'outras nazóns, a servir de sancristás e de criados dos párrocos.
N'algúns concellos, engade o autor citado, existia nos tempos menzoados o insino obrigatorio; i-entre aquiles estaban os de Galiza, donde, según os historiadores da Pedagoxía, chegou a penarse con tres anos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720322.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
LUIS FÁBREGA De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estableci-
Progreso, esquina a Luis Espada mentos do ramo
OURENSE Andrés Perille - OURENSE
Lea vostede
Os Camiños da Vida
por R. Otero Pedrayo.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS, Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
SANATORIO QUIRÚRGICO DE SAN LORENZO
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen
a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas
da poboazón, moi cerca do pasco da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/de/de32/de32941e-f17d-4d9f-be5b-afd1108f7715/115720312.xml
prolongazón de un terzo do radio citaremos as de Nora e de Priesca que ostentan arcos de ferradura moi semellantes ós de Mixós; en Priesca, ademais, os arcos da cabeceira
fainos afincar mais a nosa sospeita de que Mixós sexa un edifizo do chamado tipo asturiano.
De ser ademitida, pois, a nosa hipótese a igrexa de Sta. María de Mixós quedaría datada entre os fins do s. IX e os comienzos do X.
Entre as sorpresas que nos deparou tan insigne moimento ocupan lugar de preferenza as pinturas muraes e as aras romanas, entre outras antigüidades que diremos.
Sitúanse as primeiras no ouso central, detrás do retablo barroco que o enche, ali á onde non chegou o encalado que o luxa. Á bon seguro que desaparecido este aparecerían as boutas cubertas de representacións relixiosas cuio interés non é preciso remarcar.
Representa a composición o Padre Eterno, barbado, con mouras crenchas mostrando as chagas das escoantes estremidades, sostendo no regazo o Fillo crucificado, e ó seu redor o tetramorfos do que se aprezan sómentes á dereita o touro, representazón de San Lucas, en bermello e negro, e á esquerda o león, símbolo de San Marcos, en ocre.
Descontado o seu innegabre medievalismo, non podemos siñalarlle unha data superior ós séculos XIII e XIV, tal vez con repintados posteriores aínda.
As aras romanas son dúas, como deixamos espresado, ambas de pedra de gran. Unha de elas fica empotrada baixo a mesa vella—a nova é de cabaletes de madeira—do altar do Cristo, que ocupa a capela da banda do Evanxeo e cuia imaxe, tan loubada pol-o P. Yepes ten no altar pintado un letreiro que fala da devozón que Ignacio Rodríguez lle tiña no ano de 1608. Tén esta parede mensuras 70 cm. pra a outura e 39 a o anchor máisimo, presentando nas molduras superiores grabados de festóns en ángulo e no paralelógramo da superficie destinada ó epígrafe, si o tivera, dúas diagonales e nos campos triangulares que elas deixan da banda superior e da inferior dibuxos de dous semicirculos concéntricos e nos dos
Fig. 6.—Molduras, arranque de un arco transversal e arco da izquierda
son peraltados o que xunguido ás semellanzas que presentan as impostas de estas dúas igrexas ca de Sta. María de Mixós e a coincidencia de teren rtes ousos, aínda que os asturianos estean na mesma liña esterior.