Cargando...
Lanza Álvarez, Francisco
1892 - 1951Naceu en Ove, Ribadeo, vila na que cursou os seus estudos, na que viviu ata 1931 e á que dedicou as súas máis estimables atencións históricas. Aquí fundou e dirixiu diversos xornais na segunda década do século, o máis importante, en 1919, o semanario "La Comarca", onde desenvolveu unha vocación xornalística que mostraba un profundo espírito liberal e un fino humorismo en todos os seus comentarios sobre a vida política e social da localidade.
Na década de 1920 preparou unha obra sobre a historia de Ribadeo que o converteu nun auténtico cronista da vila e das súas máis ilustres habitantes, aos que dedicou o capítulo final da análise histórica.
Conseguiu publicala en Madrid grazas ao apoio dos seus amigos Carlos e Amando Súarez Couto, a quen está dedicado o libro e que colaboraron nas ilustracións.
Foi sobre todo un autodidacta, un xornalista vocacional que colaborou no Faro de Vigo e en El Sol.
As súas apetencias intelectuais dirixíronse cara aos estudos históricos; integrouse en 1927 como membro do Seminario de Estudos Galegos e escribiu varios artigos para a revista Nós e o Boletín da Real Academia Galega.
Emigrou a Arxentina en 1931, precisamente polos mesmos días en que desaparecía en España a Monarquía de Alfonso XIII, o que non deixa de ser estraño nun personaxe que simpatizaba coas ideas republicanas.
Na súa nova patria seguiu colaborando en revistas e xornais bonaerenses, e alí morreu en xaneiro de 1951.
O patriarca do nacionalismo galego, Antón Villar Ponte, escribiu un prólogo para a primeira edición da súa obra histórica "Ribadeo antigo", que se converteu nun panegírico do autor. Desde 1971 unha agrupación cultural ribadense leva o seu nome.
Antonio Prado Gómez (Real Academia de la Historia)
Detalles
| Lugar de nacemento | Ove, Ribadeo, Lugo - España |
| Lugar de falecemento | Bos Aires - Arxentina |
| Actividade | Historia , Xornalismo |
| Filiación | Seminario de Estudos Galegos , Faro de Vigo |
| Ocupación | Xornalistas , Historiadores |
Presenza na revista
http://gnoss/944C4846-ADC7-4410-91CB-3AB874AC04B3
http://gnoss/DE32941E-F17D-4D9F-BE5B-AFD1108F7715
http://gnoss/56FE2EC2-5127-412B-977F-B42AF7575CED
http://gnoss/9B40D31B-BB74-4134-9ADA-060C252D2B63
http://gnoss/3AE46F86-B0C9-4430-A7FC-106360A9FBA4
Artigos
O insino en Ribadeo desde o século XVI ô XIX
Ano X Número 60 (1928); p 217-219
O insino en Ribadeo desde o século XVI ô XIX : (proseguimento)
Ano XI Número 61 (1929); p 4-6
Falan os de Ribadeo : (notas folk-lóricas e leisico-gráficas recollidas n-ista vila)
Ano XV Número 114 (1933); p 146-154
Falan os de Ribadeo : notas folklóricas e leisico-gráficas recollidas n-ista vila : (conclusión)
Ano XV Número 118 (1933); p 207-211