https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712811.xml
NÓS
pertescente a Compañía da Cruz de Florencia, no que se lee: «Este libro é de contratos restaurado no ano 1577.»
Restauráronse 42 folios dos 61 que ten pol-o procedimento do descarnamento, ainda hoxe usado.
O seu eisamen detido, móstranos que a sua restauración foi feita co libro en uso, como explicable, atendendo á calidade do libro.
Non somentes n-esta época se restauraba, posteriormente no 1731 queimada no Brittish Museum, a pequena pero preciosa biblioteca Cattoniana, donación de Sir Roberto Catton, no que había existentes 958 manuscritos preciosos, desapareceron completamente 114, deteriorándose algúns sobremaneira en número de 98. Os pergameos foron conservados por longo tempo. (1)
En 1815, H. Davy, falando da investigación dos papiros de Herculano, escribía o seguinte: «Os meus primeiros experimentos feitos en Inglaterra sobre fragmentos de papiro, induxéronme á creer na grande colaboración que a Química pode prestar pra a axuda da obra do desenvolvimento dos manuscritos».
Podíamos seguir eisí relatando un sinnúmero de ensayos feitos, algúns infroituosos, outros de mediano resultado, e os máis de positivo éisito, que serviron todos eles pra edificación e formación de esta pequena rama dos arquivos, que detén e corta o paso á forte e demoledora acción do tempo n-estes materiais.
Nos traballos de restauración de que fixen antes mención, é preciso facer notar que somentes era unha restauración que contivera os progresos de alteración, putrefaición e descomposición dos documentos e demáis materiais; eses 98 manuscritos foron completamente exfoliados e restaurados (2).
Xa veremos máis tarde o verdadeiro traballo de restauración d-unha maneira detida e compreta.
Falei no principio da contribución que no
(1) The Collectet Worsk-VI. páx. 161.
(2) Guareschi I Cillo=Osservazioni ed sperienze sul ricupero e restauro del Codichi dannegiati dall'incendio della Biblioteca Nazionale di Torino.—Memoria 1.ª da «Accad. Reale delle Scienze di Torino. 1903-1904.—Memorie. Serie II-54-pág. 424.
mero se restauraron en boas condicións, fixo dar un grande paso na obtención de procedimentos que xurdiron na constante e activa laboura n-eles feita.
Seguiremos un pouco lixeiramente a historia do desenrolo nos diversos países, por consideralo interesante, engadindo á todo o que vai dito a laboura de Cristóforo Mari-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571282.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE ADEMINISTRACIÓN: Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas. Fora da Península 8'00 > Número solto 0'70 >
Este boletín non publicará mais orixíns qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
Ó VIR A PRIMADEIRA, por R. CARBALLO CALERO. LEMBRANZA DE GOETHE: A RONDA DOS AMIGOS, por R. OTERO PEDRAYO. UNHAS LIÑAS HISTÓRICAS: O EPÍLOGO DA TRAXEDIA MINDONIENSE, por R. VILLAR PONTE NÓTULAS EPIGRÁFICAS: O MESTRE MARTIÑO, por F. BOUZA BREY. NOTAS ENCOL DA LABOURA DE RESTAURACIÓN DE DOCUMENTOS, por ALFONSO VÁZQUEZ. DA ALEMAÑA, por V. RISCO, (proseguimento). A MULLER NO CANCIOEIRO GALEGO, por XAQUÍN LOURENZO FERNÁNDEZ, (remate). ARQUIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA. OS HOMES, OS FEITOS E AS VERBAS.
IMPRENTA “NOS” Facturas - Estados - Libros - Revistas e toda crás de traballos tipográficos Trasmitanos os seus encárregos Hortas, 20 SANTIAGO
Vicente Risco Abogado Sanio Domingo, 47-2 Ourense
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157128&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712820.xml
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
O XOGO DO S. XULIÁN
Ainda fai poucos anos era usado pol-os rapaces da beiramar, este curioso xogo, cuio sinificado fol-klórico parez abranguer tempos vellos, traendo en sí fondos arrescendos de primitivismo.
Pra xogalo formábase unha rolda con un número indeterminado de rapaces sentados no chán e cada un dos cales empuñaba unha pedra. N-un momento dado escomenzabase á cantar acompañándose de golpes no chán ca pedra, dados por frente do compaňeiro da dereita, tantas veces e nas sílabas que van sinaladas ca puntuación, e no remate cambeábanse as pedras respeitivas e voltábase á escomenzar repetindo a mesma cántiga tantas veces como fora acordado. Todo esto pol-o menos no que toca as ribeiras de Vigo que foi onde nol-o atopamos.—Xurxo LOURENZO.
As escaldas do meu fe - rro San Xulian e-ro e-ro
67 Agora que ven o novo casamentos que ha de haber: hase de casar a fame con as ganas de comer.
68 Albariza, carrasqueira; Ousoño; montaña brava; hei de ir casar ó Couto, pasal-a ponte de Traba.
69 As rapazas pol-a traza o que queren ben se vé: moitos bicos e agarimos encontrando quen llos dé.
70 Montelouro, Montelouro, monte de tan boa altura onde todo mariñeiro vai tomar a dereitura.
71 Xa aturuxan as mociñas reloucando de pracer, si queredes maridiños non hai tempo que perder.
72 Ó pasar as illas d-Ons acordácheme meniña; despois das illas pasadas foi como si non che vira.
73 O vento que che levou meniña para Marín, o vento que che levou púdome levar a mín.
74 Si mo deches non mo deres, eu pedir non cho pedín, déchesllo á quen quixeches, quéresmo cobrar á mín.
PRA UN CANZONEIRO DE NOIA
64 A ponte parece vila si non foran os carballos que hai pol-a parte de enriba.
65 Si vas ó mar á pescar e non pescas, non te queixes, por que xa dice o refrán: canto mais burro máis peixes.
66 Íbamos para Lousame á cargar o mineral.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712817.xml
NÓS
Olvidei a pai e nai'
e a toda a parentela,
pero non podo olvidar
a un fillo de nai allea.
Teño un amor celosiño,
non me deixa abrir-os ollos,
como a él o quero ben
coida que é asi a todos.
E saben corresponder a quen ben con elas se porta, como a autora de esta famosa cantiga:
Eu téñote que querer
e téñote que amar tamén,
porque comigo tiveche
partida de home de bén.
Porque a muller sabe o que vale un querer fondo e honrado, ise querer que non causa ledicia, senon door, un door que vale cen veces máis que as maores alegrías. Iste é o amor tal como o comprenden as nosas mociñas:
Teño un amor que me cela,
outro que me dá diñeiro,
outro que me desengaña:
iste é o máis verdadeiro.
Un mozo achacou n-unha cantiga un defecto a muller do que a nosa carez en absoluto, como ó demonstra o feito de non haber cantigas que fagan referencia a il fora de esta:
Catro cousas hai no mundo
que son as máis testarudas:
as cabras e as ovellas
e as mulleres e as mulas.
Temos tres variantes de unha cantiga na que se contén o concepto que as mulleres teñen dos homes:
Non me fales mal dos homes
que lles quero moito bén:
salalos, salpementalos
e botálos na sartén.
Non faledes mal dos homes
que eu tamén lles quero bén:
quen mos dera ver a todos
n-unha pipa de alquitrén.
Iste concepto que teñen dos homes, non é obstáculo pra que os queiran. Unha rapariga sinceira, fixo esta cantiga:
Meu rapás doume un consello,
non sei si me enganaría,
porque os homes sempre enganan,
mais eu con él casaría.
Referentes ó trato das fillas coa nai, pouco coñecemos. Temos dúas nas que a filla se presenta de distinto modo. N-unhas parez non lle dar importancia ó que diga a nai:
Miña nai cando me reñe
peta co pé no sobrado:
ela dí que non quer xenro
e eu xa llo teño buscado.
Miña nai chama por mín
dende o alto da portela:
pensa que me leva o aire
e o aire a mín non me leva.
N-outra manifestase en toda a sua tenreza
o amor da filla pol-a nai:
Miña nai, miña naíña,
miña nai do corazón,
nunca lle contei mentira,
nunca lla contarei, non.
Ó falar das cantigas referentes ó pai, faremos algunhas refreisións sobre isto.
Moi interesantes son as cantigas galegas
que fan referencia ó amor entre os irmáns.
Son istas cantigas raras n-outros cancioneiros, mais no noso non fallan.
Catro temos nos que parecerían máis adoitadas si se lles puxese no canto do irmán a un namorado.
Velas aiquí:
Para un irmán que teño,
para un irmán solteiro,
para un irmán que teño
levanmo de mariñeiro.
Para un irmán que teño
solteiriño e por casar,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712812.xml
62
no, o restaurar o famoso Rexistro Angioni do Arquivo do Estado de Nápoles (1).
Os pasos decisivos estaban dados, pero isoladamente i-en diferentes países iba desenrolándose unha laboura que pra ben das bibliotecas de todal-as nacións, era mester unificar dictando normas, e dando á conocer procedimentos, métodos, etc., que fixera, avanzar máis afincadamente e con paso máis seguro e firme interesando á todos aqueles países n-esta loita mundial que se entabla entre a natureza e os gardadores de antiguedades.
Comprendendoo así, en Xaneiro e Febreiro de 1898 escribe o por entón Padre Francesco Erhle, da Compañía de Xesús, máis tarde, con acertada e merecida xusticia, elevado ó Cardenalato, como premio á sua fonda laboura arquivística; unha admirable memoria no Centralblatt für Bibliothe Ksuwesen de Hastwig (Leipzig), traducida dispois na Bibliotheque de L'Ecole des Chartes, na Rivista des Bibliotheques e degli Archivi, e na Revue des Bibliotheques, tidoada: Della conservazione e del restauro dei manoscritti antichi, na coal memoria, ademais de pedir consello ás grandes persoalidades que se atopaban ó frente dos arquivos, queixábase da inacción de algúns xefes, que empregaban medios inadecuados, reactivos nos manuscritos, abogando por unha xuntanza internacional, na que xuntos cambiarían impresións e discutirían puntos tan principaes como son os asuntos á tratar de tanta consecuencia como a preservación e investigación dos medios eficaces pro restauro dos manuscritos.
Como consecuencia de este chamamento, tivo lugar a Conferencia de San Gallo, en Suiza, na que como resultado eficiente e inmediato, conseguiuse espertar e avivar a curiosidade e o esprito investigador, por vieiros novos de aición, nun campo aínda virxen e sin cultivar.
O Comité permanente, constituído na dita Conferencia, quedou integrado pol-os representantes dos meirandes centros bibliográficos de Europa; Harnack de Berlín; Fejertaki de Budapest; De Vries, Leida; Amont de París; e o P. Erhle, propulsor da dita Conferencia por Roma e Karaballk de Viena (1).
Este avivamento e curiosidade de que facía mención denantes foi acentuada pol-o xa citado e desgraciado accidente do incendio da Biblioteca Nacional de Turin, na noite do 22 de Febreiro de 1904.
A magnitude do desastre, o haberse escomenzado n-unha das salas depositarias dos máis preciosos manuscritos puxo de loito e cubreu da meirande amargura á todol-os homes amantes do estudo e da investigación.

pol-a enorme pérdida que pra eles e pra todo o mundo intelectual supuña a perda dos numerosos manuscritos preciadísimos en todol os ordes. A primeira impresión de espanto e pesimismo, serviu pra que tratando de sobreporse á tal catástrofe, se apuxesen todos á decidida laboura de conseguir no posibre arrebatar da destrucción e desaparición aqueles materiaes que non de todo habían sido consumidos pol-o lume. Prescindiremos eiquí das causas que produciron tal sinistro, e as condicións do local.
(1) S. Erhle: «Della conferenza Internacionale di San Gallo in 1898. Riv. delle Bibliot. ed delle Arch. Ano XX. páx. 118. nota.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712815.xml
NÓS
En realidade, a afeición d'esta xente á andar en porrancha é cousa que moitas veces chega á ofender á un. Eu n-esta materia non son timorato; á mín tanto me tén. O feito en sí d'andar encoiro non me parez pecado tan grave. Ora, o que representa, os pensamentos derradeiros propulsores d'esta moda e os motivos con qu'a xustifican son os que me parecen mal. Porque é unha das manifestacións do materialismo, do culto ao corpo e do disprecio da i-alma; unha das manifestacións de rebeldía contra de todol os fundamentos da cultura; unha conquista da barbarie ascendente canonizada pola cencia; unha forma asañada de tripar e de cuspir na tradición e na herencia dos nosos maores. En fin, que coma feito, pode pasar; coma síntoma é abominábel.
Logo, que o faga unha rapaza linda, vamos; pero que o faga aquil señor gordo, barrigón, feo, calvo e de lentes qu'andaba en taparrabos leendo n un libriño pequenecho! Qu'o faga ise rapaz langrán de dentes de cabalo! Qu'o faga esta señora de naris com'unha cereixa e d'ollos papudos!
Crar'está qu'isto non deixa de ser unha praya cursi, ond'as burguesiñas de Berlín arremedan as photos das prayas de moda que lles proporcionan a *Illustrierte Zeitung* e o *Welt Spiegel*. Vése perfeitamente que non hai tono, qu'estamos n un pequeno mundo, limitadiño e mimetisteco, onde se quer e non se pode surtir da vulgaridade.
É certo qu'isto en ningures pode ser elegante, anque seña moda, e anqu'o fagan os elegantes. S'istes o fan, será unha proba de qu'a elegancia e a distinción vanse perdendo. Efeitivamente: isto é a licencia, e o contrario da licencia é o que precisamente constitúe a elegancia. O home e a muller elegantes teñen a vida moito máis limitada, moito máis complicada, moito máis envarada e suxeita por regras e preceitos qu'o común da xente. O elegante ténse que violentar costantemente, precisa un costante *self-control*. O elegante non pode facer en cada caso o que lle peta, que é o que permite a licencia. A posición do elegante é, en certo modo unha posición ascética. A elegancia é un exercicio de *yoga*. Distinguido é aquil que cumpre todas esas regras, todos ises preceitos e exercicios, sen que se lle note a violencia, d'un xeito natural e coma se fora respondendo aos seus istintos e impulsos máis intensos. A licencia, pol a contra, creba todos ises preceitos e regras fundados na consideración aos demais e na estima d'un mesmo.
A mín que non me digan: fágao quen o faga, o pasear antr'a xente coma sua nai o paríu, o sentarse na mesa d'un café en traxe de baño, en pijama ou albornoz, poderá ser moda, máis non é propio de xente ben criada nen de xente de principios. É un proceder porco, groseiro e desconsiderado.
DAS KREUZ - UNSER SIEG
O domingo, 29 do mes de San Johán, festa de San Pedro e San Paulos, ás catro horas do serán, no grande Stadion de Grunewald, capaz pra mais de 70.000 almas, e cheiño de todo que non collía unha agulla, tiveron os católicos da Marka, a sua 28.ª grande juntanza, presidida pol-o Nuncio da S. S. Monseñor César Orsenigo, Arcebispo de Ptolemaida, e máis pol-o Bispo de Berlín, Dr. Christian Schreiber, grande orador e ilustre colega meu nos estudos de Folklore.
O lema da festa era o qu'encabeza estas liñas: *Das Kreuz unser Sieg*: a Cruz é a nosa vitoria.
*Das Kreuz unser Sieg*... Isto, qué sinifica? Que venceremos coa Cruz— *In hoc signo vinces*? Qu'a nosa vitoria vai ser a Cruz, ou seña, o sacrifizo e o martirio? Qu'a vitoria da Eirexa está na persecución, en ser vencida?
Imos ver: estou pasando unha crise, non direi de misticismo, mais d'eisaltación relixiosa. Cecais reacción contra da impiedade. Lembro qu'o Castelao pasou unha semellante en Francia, asegún dicía. É isto a loucura da Cruz? Se fora a loucura da Cruz, ches garíamos á ser santos. E non é ise o noso deber, coma cristiãos? E que efecto faría? que éisito teria hoxe un gran santo? Digo un santo social, un santo con obra esterna. qu'o qu'é santos contemplativos, cantos non ha haber no mundo, quen pode sabelo? O certo é que non semella o noso un gran tem-
(Continuará).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712810.xml
NOTAS ENCOL DA LABOURA DE RESTAURACIÓN DE DOCUMENTOS
Por ALFONSO VÁZQUEZ
0 inaugurar o S. de E. G. o seu laboratorio de restauración, queremos pubricar denantes unhas notas que consideramos de intrés que sirvan coma un avance i-explicación dos traballos que son mester pra o desenrolo das actividades de restauración.
A restauración e conservación de documentos, rama nova na Bibliografía, adquiriu n-estos derradeiros anos un incremento e desenrolo que no que vai do século afincouse con toda a categoría e importancia que lle corresponde, debido á intensidade con que n-ela se traballa, intensidade motivada algunhas veces por acontecementos infaustos, e outras por ledos motivos de notables achádegos.
Os primeiros son, entre outros, o desgraciadísimo incendio que na Biblioteca Nacional di Torino, tivo lugar á principios do século, que ocasionou a perda de riquísimos códices e manuscritos, incendio que pola súa importancia, deu azo ós bibliómanos e restauradores pra emprender, saindo do mesmo punto, traballos de fonda laboura, que deron éxito positivo ás novas instalacións de bibliotecas, e a laboura penosa de atopar procedimentos definivos pra arrincar da ruina e desaparición das nosas bibliotecas e arquivos as riquísimas coleccións de manuscritos e documentos tan básicos pra a historia de todol os países.
«Patoloxía Bibliográfica» adquiriu afincadísima importancia «desde o momento que se consideren os manuscritos seres vivos no mundo das bibliotecas públicas e privadas.
Os remedios patolóxico-bibliográficos deben porse en práctica o máis axiña posible pra matar «ese bacilo devorador de canto nos teña legado a antigüidade, impidindo a desaparición de ises preciosos manuscritos, códices, documentos e autógrafos, algúns dos que son o único resto que de algúns homes nos queda como única siñal do seu paso por esta vida. Así falaba e escribía o xefe da Biblioteca Médico Laurenciana e da Ricardiana de Florencia.
Os traballos da restauración non son completamente novos de agora, pois xa no século XVI atopouse un códice membranáceo
Esta nova Rama da Bibliografía, que como dice Guido Tiaggi (1), debera chamarse
(1) «Della conservazione dei manoscritti antichi. Riv. delle Bibl. e degli Arch: XXVIII-1917, pag. 97.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571284.xml
LEMBRANZA DE GOETHE
A RONDA DOS AMIGOS
Por R. OTERO PEDRAYO
Dous mediodías demarcan os oitenta e tres anos da vida de Goethe, perihelio e afelio da semiórbita astral do que foi comparado c'un astro olímpico, (a outra suposta mitade da curva ¿que hipérbolas ou parábolas imposibres de calcular nas esferas do alem-mundo?). O mediodía do 28 Agosto 1749, nacemento cas badeladas das doce sempre labregas: «mittags mit sem Glockenschlage» o mediodía do 22 Marzal 1832 cas derradeiras verbas arelantes, «fáusticas», simbólecas: «Offnet doch dea nesterladen, damit mechr Lichte hreinkomme!» dinantes do doce pasamento. Francfort e Weimar. O val xa renano e a montaña ar- bolada, traballada, cheta de humanidade da Xermania. No enorme cicro de vida decorren dous tempos romorosamente precipitados como as augas bíblicas, un que se desfai, o barroco, outro, alborada xerminal, augas novas: o romántico XVIII e XIX. Todal-as grandes ou siñificativas figuras da Europa cruzan un momento seus fogos propios na costelación goethiana das centileantes estrelas seréas nas que latexa doorosamente unha máis pequena, a da noite wertheriana, e cutra a mais belida brila como Helena e se fai viola misteca ca penitenza de Margarida.
O mesmo Goethe siñala o punto critico: a canonada de Longwy, o día de Walmy, a Revolución. O 20 de Septembre do 1795: «unha nova época comenza na historia universal».
Dinantes a nenez, os brilantes anos de estudos en Leizig e Estrasburgo, os viaxes alpinos e alemáns, a chamada reveladora da Italia, os grandes amores. «Werther», «Egmout», «Torcuato Tasso», «Ifigenia» van pol-o mundo, tráxicos, suxerentes. Nos lfeders cantan na selya de Xermania. Internamente van pousando os moimentos da épica burguesa de «Hermann e Dorotea», Guillermo Meister e o Dr. Fausto crianse, prasmanse no laboratorio creador e a Natureza entra no esprito de Goethe ca maxia das coores, o misterio casto e terribre da vexetación, a pechada concencia das pedras.
Neno, Goethe, mirou o teatro francés co gallo da Guerra dos Sete Anos. Unha guerra que fui vinte anos se non podía entendere, hoxe si, despois da Grande Guerra. Mirou a coroación de un emperador do Sacro Romano Imperio no Francfort prestixioso: medievo e barroco, non tan afastados coma figuran ser. O neno sabe os versos do «Messias» de Klopstok, dibuxa, «fabula» ledamente asegún o esprito herdado da nai. Todo isto é pouco: no vrau do 1763, o rapaz de catorce anos asiste á un concerto: o executante é Wolfgang Amadeu Mozart.
En Leizig tres grandes impresiós: a morte de Winckelman, a «Dramaturxía hamburguesa» de Lessing e as obras de Shakespeare. Esborrallamento das «Unidás Dramátecas», de Voltaire. Mais en Strasburgo hai un estudante xenial, pietista, e calado: Herder. Il sabe aduviñar a vida de froresta dos pobos e istromenta temas da sinfonía da Historia universal.
D'un lado Ossián, Homero, a Bíblia, tamén Spinoza, do outro a preocupación do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571287.xml
NÓS
Cela nas circunstanzas alevosas que tan cofiecidas son, a sua filla Constanza ergueu bandeira de rebelión pra vingal-a inxustiza cometida có seu pai, tencionando cicais renovare a fogueira emancipadora que o Mariscal alimentou có seu xesto viril i-ergueito antre tanto que a traizón non puxo remate ao esforzo patriótico i-heroico do consagrado pol-o martirio como campeón das liberdades galegas.
Pra millor levare adiante os seus plans merecedores da louba quente dos galegos sen lixo, Constanza de Castro e o seu home, dimpois de ceibare o arriscado berro vindicatorio, viñeron á se fortificaren no castelo de Vilaxuán —por outros chamado Caldosapo, Caldeloba ou Galdafoba— no concello de Cospeito, dimpois de teren requerido e abranguido o concurso de moitos dos abnegados e bariles loitadores que, dirixidos por Pardo de Cela, souperan desafiaren e teren á raia o poder dos monarcas de Castela. Chegado o cofiecimento da nova rebelión á ouvidos dos Reis Católicos, foi nomeado D. Diego López de Haro pra que con forzas axeitadas, baixo o seu mando e dirección, termase de apagare a xurdida lumeira que os débedos do Mariscal, inxustamente degolado na praza de Mondoñedo, novamente alcenderan có fin de vingaren os incalificábeis feitos consumados nas persoas de seres á eles tan achegados.
Sen perda de tempo i en cumprimento das órdens recibidas, Diego López de Haro encamiñouse cós seus en procuro do castelo que servía de refuxio aos rebeldes. Estabrecido estreito cerco pol-as forzas de Castela, os sitiados souperon defendérense con valentía, faguendo que o sitio se fose alongando, sen deixare que as forzas sitiadoras poidesen antreollaren probabilidades de un éisito doado e inmediato.
Fernán Arias e a sua dona, souperon defenderen rexa e obstinadamente, con valor e firmeza que superan á toda gabanza, aquel baluarte en que se tiñan acobillado os derradeiros defensores das liberdades galegas. Mais, como decote, a mala fada que casi incesantemente se deixou sentire no desenrolo de todol-os feitos galegos —Oh negra sombra que cantou Rosalia!— se deixou sentire tamén n-iste episodio. Apodrecida a auga do alxibe eisistente no castelo e que os defensores d’el tanto necesitaban pr’atendere ás suas necesidades, eles emporiso, atentos somente a se non rendiren, seguiron utilizándoa, o que determifiou que, paseniño, fosen caendo rendidos por unha doenza mortal que fixo que Fernán Arias, tamén malado de importanza e comprendendo a imposibilidade de toda defensa, tivera que rendirese nas millores condicións, axiña aceptadas pol-o sitiador canso de unha loita á que se lle non ollaba tan próisimo fin.
Leisi de iste xeito disgrazado, pro moi honroso, veu á tere remate definitivo aquel movimento emancipador que regou abundoso, con sangue de herois, a terra galega, e que ainda hoxe nos fai agardare, aos que arelamos a Galiza prena e grande, o día xúrdio en que se cumprirán as verbas que dín que sojo cando hai tumbas hai resurrección, ou sexa o día trunfal en que a estrela milagreira lucirá novamente na bouta celeste onde o ronsel lumioso da Galaxia asifiala decote ás xeneracións a eisistencia da Galiza inmorrente i-eterna.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712824.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu’os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen
a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas
da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqüira as
obras editadas por
NÓS
PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571289.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
1 NÓS
Non descofiecemos a apricación do dictado de Mestre os homes con carreira literaria e non sempre servindo pra desifiar un artista; mais, no caso presente, unha lápida emprazada n-un moimento románico, dificultosamente pódese referir á outro que ó autor da obra.
Agora ben, Quen fose este Mestre Martiño é problema de solución pouco doada. Os mestres das fermosísimas producións do románico galego, iñóranse na maioría e inda dos que acadaron posto ontre os inmorrentes, como o Mestre Mateo, pouco se sabe da sua vida. Do noso mellor moimento antigo, a Basílica Compostelana, apenas si sabemos os patronímicos dos mestres Roberto e Bernaldo, o mirabilis magister do Calistino (1) relación aumentada recentemente pol-a descoberta do mestre Estevo, magistro operis Sancti Iacobi, asegún consta dos documentos da antiga Catedral de Pamplona (2). De outras eirexas da Galicia, coñécemos ó Miguel Pérez, da fermosa de Cambre (3), ó mestre Xohán da de Seixón (4) e tal vez o Apimio da de Ourazo (5), revelados todos estes nomes pol-a epigrafía. Do Mestre Raimundo, presunto coautor da Eirexa de Lugo, téñense referenzas imprecisas que o fan natural de Monforte. E así outros poucos que poderían ser citados, pertéscentes máis ben á séculos posteriores.
De un mestre Martiño do século XIV, nos principios, fala Ceán (6), máis Murguía dá á entender que nos papés do P. Sobreira, de
(1) López Ferreiro, «Historia de la S. A. M. Iglesia de Compostela». Tomo III, páx. 37 e sgts.
(2) J. M. Lacarra.-«La Catedral románica de Pamplona. Nuevos documentos» in «Archivo Esp. de Arte y Arqueología» núm. 19, 1981.
(3) Vid, principalmente, A. del Castillo; «Santa Maria de Cambre» in NOS núm. 31, 1926. O distinto autor supón a intervención de tres mestres na obra de Cambre: Michael Petri-Petrus e Rodericus.
(4) Villaamil y Castro; «Iglesias Gallegas de la E. M.», páxina 256, que o toma de novas de Cornide na Academia da Historia.
(5) F. Bouza-Brey: «Epigrafes medioevaes da Eirexa de Ourazo», in Bol. de la R. Acad. Gall. núm 221.
(6) Citado por Villaamil, op. cit. páx. 237; a inscripción é de un Martín Paria, do ano 1816, que foi topada na eirexa de San Fiz de Solovio, en Compostela.
59
onde foi tomada a inscripción en que consta tal Mestre non aparez o nome de Martiño (1).
Entende López Ferreiro que un documento do ano 1217 do Tombo C do Arquivo Catedralicio compostelán que fala de un domnus Matheus debe aludir ainda ó grorioso Mestre de iste nome e n-ese caso compre salientar que entre os subscritentes figura un don Martiño, que quezáis fose un artista que usase tal tratamento como era costume na burguesia compostelana de por aquel tempo (2).
Ademais hai o suposto mestre Xohán Evanxelista do Portico da Groria da Eirexa de Ourense e quizais da mesma Catedral (3).
ANTEFIXA DE S. MIGUEL
DE SARANDÓN
Da obra de dito artista nada resta, como non sexa outro epígrafe que, emprazado tamén no exterior da eirexa de Sarandón e formando parte, como o anteriormente descrito do paramento da parede do sul, situado por debaixo do primeiro, reza: PETRU-RA. Non sei á que pódese referir, pois semella estar completa a lenda xa que a rodea unha liña á xeito de borde todo ó redor.
E dende logo a cruz do ousio que se topa n-un ángulo do campo santo que arrodea ó moimento parroquial é ó único resto artístico verdadeiramente. Reproducímola no grabado adxunto pra que comprete estas lembranzas de inesquencibres horas transcurridas no inmediato pazo de Ximonde que garda curioso tesouro de vellas pedras que algún día daremos á coñecer.
(1) Murguía dí que somente se lé, F. Paris, ca data citada, mais non Martiño. («El arte en Santiago durante el siglo XVIII...» páx. 26, nota segunda».)
(2) Ferreiro; «El pórtico de la Gloria», páx. 141 e 142, da segunda edición, 1893,
(3) Martínez Sueiro.-«El autor del Pórtico del Paraíso» Bol, C. M. Orense. T. V. núm. 111, 1916,. páx. 247,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712821.xml
NÓS
71
75 Eres alto com'un piño, delgado com'un chantón, quen ch'ha de querer a tí cara de gato ladrón?
76 Si eu fora cazador e tivera unha escopeta, cazaría unha perdiz d'esas que gastan peineta.
77 A castaña no ourizo quixo reir e estralou, caíu do castaño embaixo, mira que tumbo levou
78 Compañeira de algún tempo, tírateme xa de diante; unha negra coma ti nin siquera vela diante.
79 Eu de Noia non me vou, como m-hei de ir de Noia terriña que me crioul
80 Eu pasei por Vilariño, por Vilariño cantando; as nenas de Vilariño quedan no río lavando.
81 Asobía que fai vento; tamén eu asobiaba cando era do teu tempo
82 Somos de Santa Cristina, pequeninos como ratos, o que se meta con nós leva unha man de sopapos.
Recollidas por ALVARO DE LAS CASAS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
CONFERENCIA DE FILGUEIRA VALVERDE
ORGAIZADA pol-a Asociación de Estudantes de Filosofía e Letras, e n-unha aula da Universidade, deu fai días unha conferencia encol dos Tópicos da sátira antigalega no século XVIII, o noso colaborador Filgueira Valverde.
O tema xa tratado en varias ocasións, encruso pol-o mesmo conferenciante, vestíu agora galas de novidade pol o seu xeito non corrente de ordeación, e pol-a riqueza do material, en gran parte inédito, que proporcionou a búsqueda nas coleicións de manuscritos Osuna e Gayangos da Biblioteca Nacional de Madrid.
A lenda antigalega do XVIII, estaba n-un intre de decadencia, despois da época clásica, pra literatura castelán, do século XVII culos vieiros neste senso siguense entón especialmente pol-o P. Butrón, bó sucesor de Góngora no tópico antigaleguista.
Filgueira Valverde espricou cómo, e porque naceu a nosa lenda negra, e as causas que deciden a sua desaparición cuáseque absoluta a partir do Renacemento galego. No que entón Galicia escomenzaba á recoller a sua esencia, esquencida no intento de plaxiar o esprito castelán. Era por esto mesmo, polo que o plaxiado reacionou en contra do imitador, despreciable e noxento ó desbotarse así mesmo.
A nosa embora ó conferenciante e Asociación de Filosofía e Letras.
UNIVERSITARIOS.—Revista de la F. U. E. de Santiago. Marzal do 1932, núm. 1.
SUMARIO: «Presentación», de Redacción; «Evolución de la Facultad de Ciencias», por Mariano Zurimendi; «La representación escolar en los claustros», de Redacción; «Importancia de la asignatura», por Álvaro Calvo Alfageme; «Sobre la escuela única», por C. M. B.; «Apunte de feria», por Seoane; «Vieiros pra o estudo da Galicia», por Xurxo Lourenzo; «La exposición de Carlos Maside», por Carlos Martínez Barbeito; «A Maruxa Abad pol-os seus bucles mortos», versos de R. Carballo Calero; «Obras escogidas de la literatura universal».
NÓS, sempre atento á todo o que sinifica esforzo cultural na nosa terra, non pode menos de emborar á F. U. E. galega, ó sacar á lús este primeiro número da súa revista, na que temos de aplaudir, ademais da área de superación que sinifica, o haber recollido nas súas páxinas a lingua galega, proba patente dos novos vieiros por que camiñan as actividades dos nosos universitarios. Mais esta cordialidade con que temos de recibila,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712818.xml
63 para un irmán que teño levanmo de militar.
Meu irmau anda en Castilla. anda na Torre de Touro; cando te volverei ver, miña peroliña de ouro?
Ahora que veu a leva de levar os homes todos. se me levan meu irmau levanme a vista dos ollos.
Chegamos agora a un feito que chama moito a nosa atención: a pouca frecuencia con que aparez o pai na cantiga galega.
Das poucas en que o vemos, raras son as que se bulran de il:
Tua nai, tua nai, ten a sona de borracha, pelexa, porcona; e teu pai, e teu pai tamén tén de borracho, pelexo, tamén.
Algunhas non son máis que variantes de cantigas referentes á nai:
Pasei pol-a tua porta boteille a man ó ferrollo: o galopín de teu pai meteume un pau por un ollo.
Agora que me vai dando o pelo pol-a cintura, xa pode saber meu pai que agora xa non son sua.
N-algunha, mais que do pai, falase mal das fillas:
As mociñas de Padroso cando van ó fiadeiro collen ó pai pol-as barbas: «arre pra aiquí, meu carneiro».
E ainda aquelas en que se non bulran do pai, son raras:
Chora meu pai que se mata que non ten senon a mín.
NÓS cale, meu padre da alma, que para morrer nacín.
Vemos aiquí unha cousa típica na sociedade familiar galega: o respeito ó pai. Ben pode ser por lle non dar importancia á autoridade do pai, ou ben porque o respeito que se lle ten impide que o seu nome sexa incruido nas cantigas.
O caraiter esencialmente patriarcal da familia galega, inerínanos á pensar o derradeiro.
Debemos observar tamén que o pai non intervén na vida amorosa das suas fillas deica que se casan. Namentras, é a nai a que as garda e as aconsella, cousa lóxica, dada a igoaldade de seiso. E como o cancioeiro está todo calcado no amor de mozas e mozos, de aiquí que somentes se faga n-il referencia á aguiles á quenes atañe direitamente.
En compensación, a nai figura moitas vegadas n-il. Non sempre con loubanza, mais case sempre con respeto.
Nas cantigas que se refiren escrusivamente á nai, fálase de elas con gran cariño.
A moza sempre é nena ante a sua nai. Ve n-ela de cotío o seu achego e un conselleiro leal:
Morreume miña naíña, levouna Noso Señor; quero voar e non podo, levoume a ala millor.
Miña nai, miña naiciña, coma miña nai ningunha, que me quenta a cariña co calorciño da sua.
Miña nai, miña naiciña, que boa nai teño eu: vendeu o seu coletiño para me mercar o meu.
E, finalmente, o amor da nai inspirou esta tenra cantiga, unha das máis fermosas do noso cancioeiro:
Miña nai como é moi probe e non ten pan que me dare,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712813.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571283.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIV ★ Ourense 15 de Abril do 1932 ★ Núm. 100
Ó VIR A PRIMADEIRA
R. CARBALLO CALERO
Ó vir a primadeira, inda fremosa e virxe malia o seu abandono nos brazos dos poetas que con ela xaceron no leito das súas liras —femia do amor venal, que se horizontaliza pol-a moeda gastada de un soneto de laudo— teu abrigo de peles, funda da espada espida, pelica da serpente do teu corpo vizoso, teu abrigo de peles, que no inverno cinxía o teu corpo con quentes apertas masculinas, esgotado do gozo, morto de poseerte en esforzo cotío, esbaróu dos teus fros e deixóu, esmaecido, de estudar, areloso a leda orografía do teu corpo granado.
Agora as tenues sedas, agora os brazos nus, as gasas pregoeiras de doces xeometrías, os dous anos do seo choutando en liberdade, o escote descobrindo a roita da delicia.
Húmeda i esprendente como péxego mondo Descobertas as fontes de mil gracias ocultas. Reveladas as causas de mil ritmos segredos.
Deita acedo recendo o ronsel do teu paso. Mesto e morno recendo que pesa na cabeza como a mitra dourada do tolo hierofante que, bébedo, preside eróticos misterios.
Como proa de dorna ergues poeira de escuma. Foula do muiño louco no que Eros é aceeiro. Gárdate, si é que podes, do incendio que provocas; O requebro e a ollada, no arco do desexo, enfían a súa punta cara á túa carne rosa. Pecha os muslos. Acesas, van as verbas dos mozos tan cangadas de polen que poden fecundarte. Furta o corpo, si podes. Van os ollos xinófagos dos vellos, como un cáncer, debullándoche os peitos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712823.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712814.xml
NÓS
D A A L E M A Ñ A
III. BERLÍN
Por VICENTE RISCO
(Proseguimento)
WANNSEE
O primeiro día que fun ó Wannsee, foi o día da Ascensión (Himmelfahrt). Fumos ó Canedo, ó Tobío e máis eu, ó Stadtbahn. Os três iban cheíños de todo, car'ao campo.
O Wannsee ven ser a praya de moda dos que non poden ir á Sevinemünde ou á outra. Inteiramente burguesa.
O Wannsee é un precioso lago, moi esteso e longo, arrodeado de prayas e fermosas arboredas, e cheo de balandros de velas brancas que semellan de joguete. Homes e mulleres andan á centos bañándose na i-auga, remando nos barquiños d'aluguer, deitados ó sol, tostando a pelica, na area ou na herba, ou deitados á sombra, ou jogando con balós com'os nenos, todo, crar'está, en traxe de baño, qu'as veces redúcese á un taparrabos sumarisemo.
Os homes non teñen pelos no corpo; son pelados e tersos coma rapazas. As mulleres, hainas ben gordas, amostrando todal-as suas manteigas sen medo á pareceren mal. Por mais qu'agora, seica están de moda as gordas, ou polo menos ó tipo falsch schlank. De todolos xeitos, de corpo, o mesmo as gordas qu'as flacas, todas están ben, todas son ben feitas e soltas e graciosas; o pior son as caras, que moitas veces son de can. E mais eiqui son tan abondosas d'amores, tan tenras de curazón, que por feas que señan, cortéxanas coma se foran bonitas. O amor eiqui é omnipotente, galga por riba de todol-os valados, socias, morais ou estéticos; nen tan siquera unha cara fea o detén. As parexas arrólanse diante da xente, sen disimulo ningún. Deitada na her-
ba, había unha muller fea, meio envolta no albornoz; acrequeñado onda ela, o seu home —noivo, esposo, amante, amigo— rañáball'a testa coma se ll'estivera catando os piollos. N-outro lado estaban outros, il e máis ela en traxe de baño, sentados no chao, apegadiños un ó outro; il tíñalle botado o brazo por atrás, e abrazábaa contra sí. Outros dous andaban n-unha barca, e remaba ela. Non era feia. Gorda, moi loira, bón tipo; mais tiña a pelexa tan bermella do sol, que semellaba en carne viva, e ademáis tan brilante e lustrosa, que botaba pra trás. Outras póñense coor de canela ou de chiculate escuro.
De tanto bañarse a xente, a i-auga ponse basta e grasenta, e tén esas irisacións e ises cambeantes dos charcos onde cai aceite dos automóveis. Os qu'atravesan en barca ó Wannsee aseguran qu'a certa distancia da Veira, a i-auga cambea inteiramente de coor. Din que todo arredor do lago hai unha longa banda de porcallada humán.
Os balandros, as barcas de remo e máis as motoras andan á centos e centos. De cando en cando pasa a motora dos sanitarios, co-a sua bandeiriña coa cruz bermella, qu'anda atendendo a calquera aicidente que poida ocurrir.
Hai moitas máis playas no Wannsee. Eslivemos outra vez n outra ond'hai un gran café-restaurant-conditorei, c'unha gran rotonda de mesas, arrodeada d'unha columnata, e sobre d'ela unha terraza que domiña o lago. Sentados nas mesas ou paseando debaixo da columnata, andan os homes e mulleres vestidos ou en pijama, ou en albornoz, ou en traxe de baño ou en taparrabos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571285.xml
NÓS
profesor de Koenigberg, Kant. O suizo Lavater, Burger, o romántico Jacobi, música vienesa de Mozart e a pequena Viena de Weimar onde Goethe é demiurgo con aparenzas curtensãs de xoven deus. Do outro os viaxes: aquila improvisación na cume d'un monte ou n-un lago («canta o espírito sobor das augas» en Thun). O descubrimento do hoso intermaxilar, os estudos botánicos, outro xeito que en Rousseau, con Herder («O orixen das prantas é a creación máis maravillosa do mundo») co Teatro, e o viaxe de Italia. Seguindo a chamada do Sul, guiado pol as augas dos Alpes, Venecia, o carnaval romano, o palazo Rondanini, as tumbas da Vía Appia, aquil meditar c'un grande sombreiro mistraliano sobre a peluca dazaoitesca, sentado n-un mármor esculturado na campía violenta e morta, comesta de malaria e lembranza.
Despois de Walmy, morto Werther, en camiño a teoría das coores, outro ciclo de madureza creadora. Schiller. O xigante fermoso, heroi xermánico, un Arminius ferido de morte, o rivés de Mozart, o lirismo poderosamente angusteado. A Grecia renovada ca paixón. O coro de filósofos mantén tensa a eterna conversa trascendental. Evoquemos algúns instantes.
Amizade con Humboldt e Wolf, o filólogo que morre en Delfos d'unha insolación cecais por ter negado a divinidade solar de Apolo.
Johán Paulos Richter, chega como unha tromenta, co ceo escuro, estranho, a expresión dubidosa, a ironía gótica das sombras.
No mesmo ano Goethe estuda a inmersión de Mercurio no sol e a «Crítica da razón pura». Kopernico morrera co door de non mirar endexamais a Mercurio por culpa das brétemas do Visla. O «Sistema de Filosofía natural» de Schelling chegaba máis preto de Goethe que o razonamento de Kant.
Grande door repetido en dous anos: morre Herder e morre Schiller.
Pouco estrondo fai o se derrubar do Santo Imperio. Napoleón manda na Alemaña. Goethe visita o campo de batalla de Yena.
É un aliado de Francia. Compensación pra París da felicitación de Voltaire a Federico II de Prusia polo trunfo sobre os franceses en Rosbach. Visita de Napoleón. Campaña nacionalista do 1813 inspirada por Fichte que fai do seu «Ego» un imperativo pátrio. Goethe non sentía a Prusia como tampouco Hoffmann, sentía Berlín. Goethe renano —na xuntura entre o mundo herciniano e o mundo alpino— sentíase superior como encarnación d'una Europa que logo ninguén (nin Renán, apesares da «Relixión da Europa») tivo na man.
No meio das guerras do Imperio un naturalista, J. G. Lenz inventa o símbolo mineral de Goethe, é «goethita» unha caste de rubí de fogo ardente e socegado. E conta que o bautizador era o mais terrible enemigo dos vulcanistas. As veces Goethe atópase como Mad. Stäel co estranho Zacarías Werner, tamén báltico —como Keyserling— o futuro Frai Werner capuchino en Roma, despois de intentare o drama de Lutero e aquil meirande «24 de Febreiro».
No 1811 e no 12 Goethe fala con Beethoven e no derradeiro ano sabe olímpicamente a nova de Waterloo.
Logo van morrendo os vellos e chegan os novos, Wieland e Fichte simbolizan co seu pasamento o fin das impresións xuvenís e da madureza forte. Mais Goethe coñece a Schopenhauer, a muller amada por Litz e nai de Cosima Wagner, conversa con María Paulova sobre a Fantasía como cuarta faculdade —cuarta dimensión— do espírito. Chegan á Europa os mármores do Partenón arrincados por Lord Elgin, e Goethe lé Stendhal, recibe a un americano do Norte, Bancroft que fai historia d'un país novo, ten nos xardíns británicos unha pranta brasileira, a Goethea, chega a oda de Manzoni á morte de Napoleón, estrenan o «Ceibe cazador» de Werth. Tempos novos, Goethe é vello no 22: setenta e tres anos. Ainda lle restan dez pra faguer á simbiosis de Helena e Margarida.
N-eles a «Missa solemnis» de Beethoven e o fulgor de Byron que pasa. A gloria de Walter Scott, un concerto de Paganini, a visita do poeta polonés Wickiewicz, unha tromba de cousas novas: o Hernani, o Ro-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712819.xml
NÓS
éncheme a cara de bicos e despois rompe a chorare.
* * *
Intentemos agora, co material que levamos eisaminado, faguer unha lixeira sembranza da nosa muller.
O que primeiro sai á vista é a sua cór: a moza galega debe ser loira. Non é preciso que teña loiro o cabelo: bástalle tel-o tipo. A cara, redonda e colorada, anque tamén pode tel-a branca; os ollos, castaños ou cecais tamén azús.
Non debe ser alta, antes ben, prefírese baixa e non precisamente delgadas; supóñense donairosas, cousas máis difíciles de conseguir pra elas que prás que son delgadas e altas.
Como xa dixemos, a capacidade amatoria das mozas galegas alarma incruso ós mesmos galáns que valeiran o seu inxenio en cantigas que critican ésto. En efeuto, esta costume chega á tér as proporcións de unha verdadeira selección natural. Ó lado de ésto, en compensación, vemos na nosa muller unha gran constancia cando chega á querer firmemente e o seu amor é correspondido. Entón deixa os seus devaneos e entrégase de cheo á querer ben con toda a sua fogosidade.
Ten, coma todas, a nosa muller, un pouco de vanidade.
Vémol-a tamén como boa filla; anque ás vegadas pareza dar de lado ós mandados da nai, ésta é querida e respetada por ela. Ante o pai, non manifesta tanto cariño, senon temor.
Grande é o amor das nosas mociñas ós irmáns: máis que tales, tomaríamolos por namoradas nas cantigas.
Finalmente, como nai, vémol-a aparecer disposta á se sacrificar pol os fillos, sendo seu agarimo nos momentos difízles da vida.
* * *
Pra faguer istas liñas, valémonos de varios cancioeiros pubricados deica oxe e de algúns inéditos, que detallamos á continuación:
J. Pérez Ballesteros: Cancionero popular gallego, 1884.
Boletín de la R. Academia gallega. En varios núms.: De folklore: Canciones populares de Galicia.
J. A. Saco y Arce: Literatura popular de Galicia. Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense. En varios núms.
F. Bouza Brey: Cantigas populares da Arousa. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. T. III. 1929.
F. Bouza Brey e L. Brey Bouza: Cancioeiro das ribeiras do Teo. NOS, núm. 63. 15-III-1929.
A. Cotarelo Valledor: Cancioeiro da Agulla. NOS, núms. 82 e segs. 15-X-1930.
F. L. Cuevillas e X. Lourenzo: Vila de Calvos de Randin. Seminario de Estudos Galegos, 1930.
Antón Fraguas: Do folklore de Armeses-Listanco. NOS, núm. 96. 15-XII-1931.
Cancioeiro da Mahía, recollido por Don Luis Tobío Campos. Inédito.
Cancioeiro de Loureiro, recollido por Antón Fraguas. Inédito.
Cancioeiro de Belle, recollido por Florentino L. Cuevillas, V. Hermida e X. Lourenzo. Inédito.
Cancioeiro de Lobeira, recollido por Xurxo e Xaquín Lourenzo. Inédito.
Sant-Iago, 29-I-932.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712816.xml
NÓS
A MULLER NO CANCIOEIRO GALEGO
Por Xaquín Lourenzo Fernandes
(Remate)
Verdade é que somentes esta cantiga lles bota en cara tal defecto, a mais de outra, onde, con moita grazia, se lles achaca o mesmo:
Ti estás na túa camiña
mui arroupada e mais quente,
e eu estou á túa porta
batindo dente con dente.
Non obstante, non debe de ser un defecto corrente, pois non se fala casi de il.
Mais xa que elas non son ingratas, queren que se lles corresponda ben. O espírito vingativo áchase n-elas pronto a se manifestar en canto lles den motivos. Anque no fondo do seu corazón sintan un desengano, saben ocultalo e corresponder co mesmo porte que usaron con elas:
Olvidácheme, olvideite,
metínche a figa nos ollos,
que cando ti me olvidache
xa tiña eu amores novos.
Quixecheme, ben te quixen,
olvidacheme, olvideite,
non che quedo a deber nada;
se cho debía, pagueiche.
Se me queres, querereite,
non me querendo, no-hai nada;
olvidar, olvidareite;
amor con amor se paga.
Andivecheste alabando
que te quería e te quero;
tamén pódeste alabar
que te quixen e te deixo.
Mais están dispostas a depoñer a súa actitude cando se portan ben con elas:
Se soupera que ti dabas
pasadiñas por me ver,
tamén che eu dera palabra
de outros amores non ter.
Candeleiro de tres luces
non derretal-o metal;
si ti me tiveras lei
eu che sería leal.
E nada de esto priva que cando queren
ben sexan capaces de ter constancia.
Véxase, sinón:
Fun ó prado á segar herba
e seguei cardos tan solo;
acerqueime a unha meniña
e dixome: teño dono.
Olvidarte a ti por outro
non cabe eso no meu peito;
olvidar a outro por ti,
eso fareino mui presto.
Veñen xa as noites escuras:
que as durma quen ten sono,
que eu as pasarei velando
coa ausencia do meu dono.
Iste seu comportamento non é somentes
por un deber de correspondencia; é tamén
porque saben sentir fondamente e obran de
acordo con iste sentir:
Eu non sei o que me deches
que non te podo olvidar;
de día no pensamento
e de noite no soñar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571286.xml
Cela,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/115712822.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/d6/d6a5/d6a58a71-9bf7-41d4-86ad-519b39ae6816/11571288.xml
Nótulas epigráficas: O MESTRE MARTIÑO
F. Bouza-Brey
De non se acodir con tempo os restos das eirexas románicas desfeitas pol-a moda ou a necesidade (que son tantas e tantas na nosa Terra) esparexidos pol-os adros das parroquias ou guindados nas veciñanzas das casas rectoraes, perderáse un bó feixe de novas arqueolóxicas, portadoras moitas de elas de epígrafes escrarecedores ou consistentes outras en mostras artísticas das arquitecturas do medievo, revestidas de interés pra un país en que acadaron certos estilos, desenrolo xenial, por groria súa.
Dos nosos apuntes, estraemos agora un epígrafe curioso e outros restos, únicos subsistentes da antiga eirexa de San Miguel de Sarandón nas terras da Ulla, fuxidos de aqueles estragos e ós da intemperie, esborralladora das inscripcións. Ollámolos no vrán do ano derradeiro in situ, con ocasión da visita feita á aquela fermosa parroquia ribeirana.
A lápida contendo o epígrafe que seguidamente damos, mede corenta e un centímetros de longo por vintetrés de ancho e está dividido por catro liñas transversales que deixan entre sí tres franxas nas que se desenrola a inscripción:
+ M A G I T E R
M A G N I F C I
M A R T I N K 2
As letras pertecen ó século XII ou ó XIII, incrinándonos pol-o primeiro visto o arcais-
mo de algunhas, como as A fallas de travesaños e a N, cuio trazo transversal non chega, ós estremos dos outros, como acaece na inscripción de S. Xurxo de Moeche, do ano 1099 (1). A sua lectura non ofrece dificuldade na primeira e terceira liña, mais a segunda é dificultosa no medio, podéndose conxeturar:
MAGI(S)TER
MAGNIFICI?
MARTINUS
ou sexa: O magnífico mestre Martiño.
¿Qué crás de inscripción é? Dubidamos que se trate de un epígrafe funerario por canto carez de todo o aspecto de tal e das fórmulas conseguintes así como das datas características en moimentos do xénero, parescéndonos máis ben, caso de toparse completo, como coidamos pol-o encaixe das palabras no bloco e o traballo de éste perfectamente encuadrado, unha inscripción consagratoria pra colocar n-un moimento ó tempo que perpetuaba o nome do artista e facía o mesmo unha ofrenda do seu arte á divindade. Asegún o dito, o Mestre Martiño sería o factor da obra da eirexa de Sarandón e o epígrafe podería lérse:
(OPUS). MAGI(S)TER (por magistri),
MAGNIFICI MARTINUS (por Martini).
Ou sexa:
Obra do magnífico Mestre Martiño.
(1) Citamos somentes esta inscripción por ser tamén consagratoria de unha eirexa rural; mais as características do noso epígrafe topámulas xa en lápidas do s. IX ou X, como a de Churio, que presenta iguais as UU (vide: Boletín de la Academia Gallega núm. 192), as da Eirexa Compostelana, nos capitéis e capela central do ousio (García Romero: «De re epigraphica». Bol. R. Acad. Gall. núm. 169; Castillo: «Inscripciones Inéditas de la Catedral de Santiago» In Bol. R. Acad. Gall. número 180) e outras do sec. XII, que teñen as NN semellantes.