https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722613.xml
NOS donas e cabaleiros, a segunda, 1335, chegou soja e descoñecida, acolléndose nos espitales e pousadas de pelengrinos coma unha probe pedichenta. En col d-ista derradeira romaxe debiu xurdir a lenda do seu acougo no espital que se dí habia entón na rua qu'oxe chamamos da Raiña. E poño «que se dí», xa que nos fallan enteiramente probas documentaes do dito espital na Edade Media.
O testemoyo mais antergo que puiden atopar sobr” iste espital achase nas Memorias do cardeal Jeromo del Hoyo (1610 1611), onde se di: «Esta es una casilla pequena donde se acojen ciertas mugeres pobres. En este hospital hay nuebe camas; dicen tiene una carga de centeno de renta, Prouee los pobres que mueren en el hospital el cardenal Bermúdez por su dignidad». (Fol. 152 v.)
No ano 1571 fixera outra visita 6s espitales de Sant-Yago o Arcebispo D, Cristóbal de Valtodano, pro n-ela non se di ren d-il. (Arch, Arzobispal).
En ningures atopamos a mais pequena refréncia a iste logar de benfeitura, O mesmo Sr. Villamil e Castro no fondo estudo que baixo otidoo Reseña histórica de los estable cimientos de beneficencia que hubo en Galí cia durante la Edad Media, y de la erección del Gran Hospital Redi de Santiago fundado por los Reyes Católicos, pubricou en Galicia Histórica, pra nada fala diste espital,
Cando dispoñía istas linas pra imprensa, tiven ainda a fertana d-atopar, no mesmo Tumbo C, fo). 210, outra carta de 25 de maio de 1169, na que Guillermo Peres fai venda ó coengo Diego Ordóñez do quinón que tiña nunha casa da rua de «Fonte Regina».—A rua da Raiña —non colliu, d-aquela, o seu no me de Santa Sabela de Portugal. En cal outro feito teremos de achar o seu orixen? Ben poidera ser en D.* Urraca que tantas vegadas veu a Santiago, Mais isto non e senón unha sospeita,
O mesmo dí D. Bernardo Barreiro na sua «Guia histórica, artistica... de Santiugo», 1n-
145
cruída no «Programa» das festas do Apóstol pra 1889, p. 27.
En col o nome da rua do Franco vemos, da mesma maneira, en fondo desacordo os autores. Pr-os siñores Moreno Astray £El nacion, 1, 154) iste nome foille doado coma homaxe a Fonseca, chamado pol-a sua generosidade o Franco. Mais isto e por enteiro falso, xa que tal nome atópase cuase catro sigros denantes de Fonseca,
Vimos xa como s'atopa nomeada no de vandito estromento de venda do 12 de Junio de 12
En «Galicia Históricas Colección Diplomáfica, 219, 21, 222, foi xa pubricado o testamento do cardeal de Sant-Yago, D. Lourenzo Domingues, feito no ano 1276 e n-o que se nomean varias vegadas a tua de fonte de franco, o mesmo qu'as ruas de Ortís e Preguntoiro.
No nomeado Tumbo C tiven fai pouco a fertuna d-atopar dous documentos dos anos 1189 e 1194 nos coaes dóase a dita rua o símpre nome de Franco (Fols, 254y 255y e 190 respeitivamente)
Cecais se poidera dir que a rua do Franco fol en tempos vellos o logar onde pousaban as xentes orixinaes de Francen.
Pro non podo comprender coma 6 siñor Carré y Aldao Il-escapou a falla hestórica de que a dita rua sexa a vella via Francí, na do Calixtino (Geografía del Reino de Galicia. Coruña, 1.11, 942). A vía £rancigena é, pouco mais ou menos, a rua de San Pedro, dos nosos días.
Istas notas, se non botan moita lus sobr'o verdadeiro orixen das dúas enxebres ruas compostelans, cojdo eu que desfán pra sempre as léndas qu'en col de elas viñan domiñando na tradicion do pobo e que vimos de ver como s’achaban moi lonxe da verdade. Sant-Yago, maio-1933.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572265.xml
NÓS
illa de Madagascar ou o curso do Ganxes, ou tantas cousas que se teñen de estudar na-
mentras se iñora nosa propia Terra. Si pol-os carreiros e congostras por onde nós fumos
conquerimos deixar o ledo recordo da nosa xuventude, sempre cobizosa de falas; si nos
labregos e nos mariñas que topamos no roteiro fica por algún tempo a impresión agarimosa
dos cinco estudantes que nos chegamos a eles humildosos e fraternos, nosa xeira
atinxiu total as suas cobizas. Que sexa esi pol-o ben da Patria.
ALVARO DE LAS CASAS
Catro ultreyas, alumnos do Istituto, saímos na compaña de D. Alvaro o día 25 As catro
da serán nunha camioneta que levaba xente da feira pra Rianxo. Baixamos en Moimenta
perto das cinco. Descansamos un pouco e perparamos pra facer a ascensión a monta-
ña. Tem o incerto. O termómetro sinala 15 grados e o altimetro 220 metros.
Por unha costa moi pendente chegamos ás 6,15 á caseta da repobración forestal, na
caída N. de Coto Cativo. O termómetro oito grados e o altimetro 320 metros. Acougamos
bra. O mar roxía aos nosos pés, nunha profundidade inmensa. O altimetro na alambrada
sinalaba 560 metros.
Por medo a que a noite se viñese encima baixamos en liña recta seguindonos pola
brúxola co-a enfilación de Nebra. Foi a costa mais terribre que baixei na miña vida.
Caimos todos varias veces, pois baixábamos aos rolos, peor que unha parede. Tres ou
catro veces pasamos medo de andar perdidos. Aquél demo de costa non tiña fin e no-
sas pernas xa non tiñan conta de nós. Ollamos a un home, berrámoslle e con él fumos
a pillar o camiño dun regato por onde pasamos, xa de noite, seguindo hastra dar no lugar de Resua, onde pedimos pousada. Un home acompañounos hastra a taberna de Nebra, onde algúns co-
nocían a D. Alvaro. Eiquí ceamos la-
tas de sardiñas, pan e viño. Tiñamos moita fame e comimos moitisimo. Logo enchimos as colchonetas con palla e deitamonos a durmir. Serían as once.
O día 26 espertámonos ás oito. Des-
aunamos café con leite, pagamos por todo 11,50 ptas., fumos a ollar a irexa e collimos o camiño. O taberneiro ain-
da nos acompañou hastra o regato. Pa-
samos o lugar de Castrallón, e logo o lugar da Terrona. De eiquí veu un rapaciño con nós pra guiarnos. Fumos pol-o Campo da Coviña, onde descansamos, e onde o rapaz se despediu de nós. Logo subimos ao Enxa, que noso altimetro tasou en 440 metros, baixamos a Montemuiño, cruzamos a carreteira da Madanela e fumos a Baroña onde xantamos moi ben na casa do señor abade D. Manoel Garcia Alvarez que nos convidou con moita xentileza. Logo (eran as tres) fumos á carreteira do Son, que cruzamos, e a visitar o Castro que fai días desco-
briron e que nos gostou moito.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572262.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE ADEMINISTRACIÓN: SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas. Fora da Península 8'00 > Númaro solto 0'70 >
Este boletín non publicará mais orixinais que os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
CANZÓN VII, por E. BLANCO AMOR ULTREYA, —3.ª XEIRA.— BARBANZA NOTAS PR O ESTUDO DA TOPONIMIA COMPOSTELAN, por LINO GOMEZ CANEDO FALAN OS DE RIBADEO, por FRANCISCO LANZA ARQUIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS” Facturas - Estados - Libros - Revistas e toda crás de traballos tipográficos Trasmitanos os seus encárregos Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Vicente Risco Abogado Santo Domingo, 47-2.º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722627.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empree o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desen-
rolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722628.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Vendense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convenle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722620.xml
152 Probe:
Com'as ánimas. as arañas. os das portas. as ratas.
Tolo:
Mais tolo qu'unha cabra. qu'una esporta. qu'una esporta de grilos.
Vello:
Vello com'andar á pe. com'a potra d'Adán. com'a punta da Cruz. com'o penedo do Galo. com'os camiños.
Xordo:
Xordo com'un arado. com'un croio. com'unha pedra. com'unha tapia.
MODISMOS
Abrir o ollo. A cantos manten a fariña. o pan de maíz. Acusar as corenta. (1) Afeitar sin navalla. en seco. Afloxar a bolsa. Afogarse en pouca auga. Agachar as orellas. Agarrarse como unha lapa (lapa, arneirón). Amén (Todos te f... i-eu tamén). Andar ás apalpadelas. Andar (á un) co-a cara. co-a mosca na orella. detrás da orella.
Andar con contos. pes de plomo (á un) cos dentes. en pes de lá. ó rabo d'un. pol-as portas. Ano de corenta. Anoitecer e non amencer. Apampar coma vaca do Treixo. Apretar as clavixas. Arder nun candil. ¡Ard'o eixe! ou: ¡Ardell'o eixel Arrendar a ganancia. ¡Así agardasen as lebres! As mil e quinentas. A tal hora ch'amenza. Axustar as contas.
Baixar as orellas. o lombo. Botalo todo á rodar. Botar a i-alma ás costas. ás espaldas. leña ó lume. o ollo (á algo). o pe diante d'algún. sapos e culebras. Botarse á bartola. a dormir. a pedir. Botar un cachamarín ó mar. unha mau, ou: unha manía. Buscar unha agulla n'un palleiro.
Caer a sopa na m... no mel. do burro embaixo. na conta. os anillos. Caerse de sono. Cagarlle á un no morral. Cargar ó demo no camin. Caldo de ladrois. Cando a rá crie (ou teña) pelos. María pariu á Fernando. mexen as galiñas. Cantar as corenta. Cargar ó carro. ¡Cata, cata! ¡Cat'oral!
(1) Referenza ó xogo do tate.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157226&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722622.xml
Meter os fuciños... palla, pol-os ollos. Meu dito, meu feito. Mirar contr'o o goberno. Mollado coma un pito. Mollar a palabra. a palleta. Morra o conto (tamén se di: Morra o conto, que o conto non enche). Morre do mal do boi (reventado; ós folgazáns díselles: Non, ti non has de morrer do mal do boi).
Nacer de pe (ter sorte, ser afortunado). Naceu! dise xeneralmente do que se salva d'un perigo). Non casarse con naide. Non coller en si (de fachenda, de satisfacción...). Non dar unha sede d auga. Non digas qu esa vella e non coceu. Non e dixome-dioxme nin pataqueiradas. Non facer carreira d'un. Non f... a un o pan de picos. Non pelar na primeira auga. Non reparar en pelos. Non se chega a él, ou a ela. Dise con relación as cousas que resultan caras de preci o. Non se para (co frio, co mal tempo, etc). Non tar pra festas. ter atadeiro. donde caerse morto; goberno. pelos na lengua. ter volta, ou volta de folla. valer farrapo de gaita. val un o que come.
Ofrecéuse (cadrou, preparonse así). ¡Oh, Dios, con quen eu me casei! Ou es bruxo ou o demo cho dixo (dise cando un acerta algo que parecía difícil que se soupese). Pedir casa cuberta. Pinga a m... (dise xeneralmente das mulleres porcas, desaseadas) Pingar o moco.
Pintar o que non é. Poñer o carro diante dos bois (anticiparse os acontecementos). Poño por caso. Por un pelo d unha vella (por nada, por una insignificanza). Poucas son as malas fadas. Que ché medre (dise a modo de despedida cariñosa). Queixarse de vicio. Quentar as orellas. Que se ll' ha facer. Quitar unha cousa da boca. do medio. Quitarlle a un as moas. a pelexa.
Revolver as papas (falar de cousas que deben calarse, que tan mellor esquecidas). Revolver as tripas (decindo cousas desagradables). Roupa de comer ben (a dos domingos).
Saber de que pé coxea un. un con que bois ara. Salir a cocha capada. Salta, cego, qu hai un rego. Santa Lilaida pariu por un dedo, serache verdade, pero eu non o creo. Ser de bon arregro. contento. de pedazo (eispréndido, caritativo). lobos d unha camada. mais coñecido qu a ruda. mui burro pr alcalde. mui valente no prato. trigo limpo. un cadramón. unha argana. unha malva. unha xógara. un xorxín. unha e carne (dun). un toxo bravo. ¡Si houbese que limpar como hai vento! ¡Si non fose pol-o que él Subir o poleiro (lograrse ese nenín non subirá o poleiro*).
(Continuarase)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572263.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XV ★ Ourense 15 de Xunio de 1933 ★ Núm. 114
CANZÓN VII
Ausenzas escadeiradas
e a rodar meu corazón.
¡Lémbranme, luas douradas!
ay amor.—
Berces do luar confuso
loiros vals, finos perdons;
mans que nin d' ollar m' acuso.
ay amor.—
Sementei mares ousados
co-as silandeiras canzóns.
—Aza e frol i-cu mergullados—
ay amor.—
Señardás no vento chian,
ceibadas de min che son,
que acouganzas me fastían
ay amor.—
Valeirade de saudades
iste peirao da paixon,
espranzas que navegades
ay amor.—
1933. E. BLANCO AMOR.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722624.xml
156
ciós. Os cás que teñen dúas ou tres pezcunas nas pernas d'atrás, seica non adoecen. A pelexa dos cás grandes serve pra facer loxos. A lingoa do can considérana como moi manciñeira, pois toda ferida que sexa lambida poril cura moi preto. Cando un can ou bea é señal de que venta morte no lugar, habendo a caron disto moitos contos.
V.—O LOBO
Moita borralla de verbas, corren a carón de este animal, refrexando todas elas a ferocidade de iste bó de lobo. Paresce ser que Deus lle don libertade de comer a todos aquiles animaes máis pequenos en forza a il, deixando somentes d'eles a «perna» ía parte das dreitas: isto é fixo. A xente pregunta ¿porqué razón e ais{? Soilo se sabe que non deixa mais anaco co da parte dreita, porque ou no lle sabe tan bén, ou, como opinan outros, é un artigo que Deus lle impuxo a iste animal, porque a parte dreita representa á Deus; a izquerda é do demo.
Cóntase que un home de Vilarfonxe criou un lobo creendo qu'era un can. Foi un dia ó muiño coel, e como o can lle estorbase dixolle: —cea d'eiqui can, etiroulle un cadullo; salta o can (d'entrañas de lobo) e descuartizó o seu dono, deixando dil a perna io brazo dreito.
Pra facer fuxir ó lobo e bó procedimento encender unha cerilla, ou tirar cun balado. Vinda de tocar da festa de S. Miguel de Coence un gaiteiro de Salgueiros chamado «O Gomeás», aparesceulle un lobo n'unha carballeira. O lobo escomenzou a oubuar según costume, e como non lle ofan os seus compañeiros, colleuse o camiño e foi chamal-os persoalmente pra comer o bó do gai: tciro. Namentras iste engatuñouse por un carballo enriba, io chegaren os lobos, non'o toparon. Os lobos mataron o compañeiro que lles levou o recado e n'estes intres sona a gaita do gaiteiro e fuxiron coma ralos os lobos. Baixouse o gaiteiro e non parou de tocal-a gaita hastra qu'entrou na sua casa. Según conta apañouse un medo fantásteco que ainda lle fai tembrar o curazón o recordal o.
NÓS
VI.—A ABELLA
Inda qu'esta pordución non sexa unha das máis intresantes d'ista comarca, están bastante adiantados por eiquí os nosos labregos, na maneira d'exprotar industréa de tanto lucro como é a da Apicultura, graceas ó crego d'Argozón, D. Benigno Ledo, que dimpois de moitos traballos, logrou (ainda que non sexa moi satisfactoriamente) que s'imprantase o movilismo nas colmeas.
Como quedan, emporiso, algús peisanos que siguen ainda c'os curtizos, ou sexa á colmea primitiva, non deixaréi d'endicar, as suas costumes o par que exprique as regras porque se rixen os do «movilismo».
O aspeuto qulofrecen as albarizas é moi pracenteiro, seña do sistema que se queira. Vamos a vesitar primeiro unha «movilista»: están os panales en posición vertical e metidos n'unhos cadros que poden seren mirados cando millore lle praza ó apicultor, son istes en número de 10 ou 14 según os sistemas; xeralmente non os deixan enxamiar os nosos homes, pra que logo dean máis mel, pero si sale algún inxamio, métese n'unha colmea, canto máis antes millor, o contrario dos do sistema antigo que deixan ista operazón hastra postura do Sol, por crér que non s'alborotan tanto os inseutos, non sendo o primeiro caso co bon do labrego por seguir co rilleiro tan erróneo, se queda sin enxamio.
A estraución do mel fana nos meses d'Agosto e setiembre, verificando ista operazón os do movilismo, con estrautores e volvendo logo a poñerlles a cera valeira pra que a enchan de novo; ios do sistema antigo, esprimindo a cera que lles deixa o mel e que logo derreten pra vender ou pra facer velas ou figuras que imitan animaes, ou distintas partes do noso corpo, pra ofrecerlle algunha d'istas partes, ó santo cos curou de tal ou coal enfermedá.
Emprean todos, pra emboarrchal-as abelas, e librarse eisí dos seus picotazos o fume d'un trapo c'arde, nun afumador, se é dos movilistas, e unha chocolateira de barro sé dos outros, lalgúns (os que teñen pesetas) ús goantes de goma pra maior seguridade. Pofien tamén, unhas carantoñas d'alambre pra
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722619.xml
NÓS
has de prender a cadela,
que non fai se non ladrar.
52 Si teu pai non-o ten
e tua nai non cho da
¿él de ónde che ven
o la-la-la-lá?
53 Tate quieto, Feliciano,
non me rompal-o refaixo;
se queres que rompa logo
métell'a mau por debaixo.
54 Teño lanchas, teño redes,
teño sardiña no mare,
teño unha moza bonita,
xa non quero traballare.
55 Tiro-liro, miña gaita;
tiro-liro ¿qué che falta? (1)
56 Unha noite me colleron
n'unha fiada de lan;
unha noite me colleron,
outra non me collerán.
57 Unha noite no muiño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira,
esa si qu'é fariñada.
(Ou muiñada).
58 Vente vindo, vente vindo,
vente vindo, vente andando,
e por non perdel-o tempo,
coll'a roca e ven fiando.
59 Virxen de Vilaselán
jonde fuche aparecida!
À mesma beira do mar.
ó pe d'unha fonte fría.
60 Virxen de Vilaselán,
danos o vento na popa,
que somos de Porcillán
e témol-a vela rota.
61 Salta, Pedro, do balado
tíroche unha pedra,
fágoche un furado,
tel-o calzón roto,
véseche o mingallo.
COMPARANZAS
Burro:
Mais burro que un arado.
Conocido:
Mais conocido qu'a ruda.
Delgado:
Delgado como un espárrago.
como un espeto.
como un fideo.
como unha lombriz.
Gordo:
Gordo com'o bacalau pol-o rabo.
como un bocoi.
como un bochelo.
Listo:
Listo como unha ardilla.
como unha ave que lle chaman o sapo
como unha centella.
como unha pólvora.
como un raio.
como un reguilete.
Mouro:
Mouro com'o cu do pote.
com'o cu da sartén.
com'o demo.
como un cazón.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722614.xml
FALAN OS DE RIBADEO
(NOTAS FOLKLÓRICAS E LEISICO-GRÁFICAS
RECOLLIDAS N-ISTA VILA)
Por Francisco Lanza.
ADIVIÑANZAS
¿QUÉ SERÁ PR'ADIVIÑAR?...
Cando sal da casa vai calada;
cando chega o monte, salta e brama.
A brosa.
Cando vai pr-ó monte, vai retorta;
cando ven, ven estirada.
A corda do feixe
Cando van pr-ó monte, miran pra casa;
cando van pra casa, miran pr-ó monte.
Os cornos da cabra.
Catro saltamontes,
catro correfontes,
dous turulurús,
y-un dalle-dalle.
Os pes, a ubre, os cornos y-o rabo da vaca.
D'entre duas penas feroces
sal un home dando voces.
O p...
Detrás de unha porta,
meter e sacar e dar de barriga;
adiviña, adiviña,
que non é picardia.
Tecer.
Folas fai, mar non é;
espiñas ten, pescado non é.
O trigo nas terras.
Gordo lo teño,
mais o quixera,
e que entre as pernas
no me coupera.
O cabalo.
Picos pra diante,
ollos pra detrás;
burro, son tiseiras,
¿non adiviñarás?
Sante e Santiso,
Ove y a Veiga
Tol e Piñeira
Ribadeu e Vilaselán
¿catilos lugares serán?
Oito
Unhas señorita mui aseñorada,
chea de remendos, sin unha puntada.
A galiña.
Unhas señorita mui aseñorada,
sempre ta na casa e sempre ta mollada.
A lengua.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572269.xml
NÓS
Na primeira xornada, ou sexa o día 25, non ollamos nada de prehistoria.
O día 26 fumos pol-o Enxa onde todol os labregos din que hai unha cidade de mouros. Eu penso que si eiquí se escavase aparecería algo. Semella un castro con dúas defensas e plataforma moi grande con pedras que lle fan unha defensa natural.
Pol-a serán fumos a ollar a citania de Baroña, descoberta pol-o carabineiro D. Pablo Díaz que nol-a mostrou. É un señor de moita cultura que leva traballando n-ela dende xoves santo. Este señor ten unha colección moi boa de moedas e moitas antiguedades.
O castro está nunha península (nos mapas cujo ismo chámase punta do Castro) e unha anela de bronce, tres machados neolíticos, dous muiños de man de roda e unha enormidá de cerámica, casi toda decorada, pro ningunha policromada. A decoración que domiña son bultiños como garabanzos e incisións como espiña de peixe. Esta casa aberta ten cinco metros de diámetro. O día que se abran todas con certeza que han aparecer moitas cousas.
O día 27 non ollamos nada de prehistoria.
O día 28 ollamos perto de Riveira o castro chamado Monte da Cidade que teñen moi ben estudado Bouza-Brey e Cuevillas no seu libro *Prehistoria e folklore de Barbanza*. Ollamos moi ben a mamoa de que falan e gostounos moito, moito mais que o castro onde non ollamos nada.
Logo fumos ao dolmen de Axeitos que é a cousa mais bunita que ollei na miña vida. Está tan ben que parez que foi feito onte. Reparamos na inscultura de que se fala na obra galega citada e comprobamos a esactitude de todo menos a orientación do dolmen que asegún a nosa brúxula ten a porta ourientada ao Este e non ao N. E. como está no libro. A rectificación nol val a pena.
Aiquí fixemos unha foto estupenda, o millor que se pode facer, e compria pois nunca foi ben retratado.
Esto foi o que ollamos de prehistoria.
Xosé Fernández García
Saimos de Noia collendo o val do río San Francisco e partindo da súa confruencia co Traba onde forma unhas marismas moi fermosas, entre xunqueiras. O paisaxe por aiquí e moi belo: piñeirais, terras de traballos e as casas espalladas dos lugares da freiguesía de Tállara.
Logo encoménzase a partir de Sobreviñas a subir unha costa moi pina que vai collendo a estribación O. de Confurco hastra chegar a Moimenta, punto da divisoria onde nace o San Francisco que para en Noia e o río de Goyán que vai parar á ensenada do Cabo da Cruz. Xa é terra montanesa, moi desarbolada e pouco poboada; soio se alvistan os lugares de Cures alá no fondo e a bastante longura. Moimenta é un lugar de unhos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722626.xml
do a noticia da sua morte veu ferirnos cruelmente.
Lanzal de corpo, bôo de corazón, sabio e asisado como un vello, intelixente coma o que mais, nobre coma un paladín de outros tempos, era Serpa Pinto coma os vellos loitadores, seguidor fiel e practicante activo da relixión dos seus pais. Eu que coma il son católico, que xunta de il deitei as miñas preces na Sé de Porto, pido dende eiqui aos crentes que me lean unha oración pol-a alma do mozo ilustre e crente que acaba de morrer nos brazos do Señor.
F. L. C.
LIBROS
L'ART PORTUGAIS DE L'ÉPOQUE DES GRANDES DÉCOUVERTES AU XX SIÈCLE (Paris, 1931). Reseña d'una gran exposición d'arte portugués.
Depois d'un prefacio do ilustre Direitor do Museu Nacional d'Arte Antigo, Excelentíssimo Sr. José de Figueiredo, o descobridor das táboas de Nuno Gonçalves, trata de: A Arte en Portugal dend'o tempo das grandes descobertas ao século XV; A Pintura; A Tapiceria, A Ourivesaria; A Cerámica; Manuscritos, libros imprentados e con miniaturas, portulanas; Mobles, bordados, etc.; Pezas orientais d'influência portuguesa, e Estampas. Vai descrebindo e historiando as peças principais, com gran erudición e senso crítico. No final trai 24 láminas nas qu'aparecen obras pictóricas de Nuno Gonçalves e a sua escola, Gregorio Lopez e a sua, Cristovão de Figueiredo, Sanches Coelho, Frei Carlos, Cristovão de Morais, Domingos Barbosa, Sequeira, Miguel Angelo Lupi e Columbano, tapices de Nuno Gonçalves, o frontispício d'un dos libros de Leitura Nova, do tempo de D. Manuel I, e a Custodia de Belem, de Gil Vicente. Constitui o livro unha boa reseña da Arte portuguesa mobiliar, dende os começos do Renascimento a começos do nosso século, com informação abundosa, condensada e elegantemente escrita.
REVISTAS
BRETAÑA EN PORTUGAL E NAS AÇORES
En An Oaled, 2.º trimestre 1933, publica Suzanne Leusse unha nota da que tiramos o seguinte: «Enton Pascoaes—o gran poeta e colaborador nosso Teixeira de Pascoaes—
amostrandome a serra do Marão que dend'a sua bibliotecá viase ao longe, espricoume qu'os Celtas, istalados outrora en toda esta terra, non se misturaron endejamais cos invasores. Ademais, un dos seus irmãos, o soado cazador d'alifantes João Teixeira de Vasconcelos, levoume a unha aldeia situada n'una ramificação do Marão, a 800 metros d'altitude. Meu pasmo foi grande cando m'atopei de súpeto antre paisanos cos tipos e as costumes de Bretaña, no meio d'una chea de moimentos que adoitamos ter por céltigos. Ainda tiven outra solpresa d'iste geito que me conmoveu fondamente. Tendo feito un cruceiro á Madeira e Açores, na crenza qu'estas illas repesentaban os restos d'una auténtica Atlántida, volvin atopar-a Bretaña en pleo Océano...» «mais estaba ben longe de matinar que na maravillosa illa de San Miguel, iba atopar unha rexión chamada Bretaña, aldeias de nome francés, tipos bretós e... a nosa pronunciación».
BOLETIM DE FILOLOGIA
(Centro de Estudos filológicos, (Lisboa) 1932, vol. I, fasc. 2.
SUMARIO: F. Rebelo Gonçalves, A fala do Velho do Restelo.—Aspectos clássicos deste episódio camoniano.—Abílio Roseira, Vida do cativo monge confesso.—Miscelânea.—Libros e Revistas.—Vida do Centro.—Regulamento do C. E. F. da Junta de Educação Nacional.
SCHWEIZERISCHES ARCHIV FUR VOLKSKUNDE
Basileia, 1932 33.
NOS 3 ns. recibidos: Le roi est mort-vive le roi! P. Geiger.—Remèdes populaires fribourgeois contre les verrues, P. Aebischer.—Aus dem rätischen Volksleben, Simon Leonhard Lötscher.—Ursprüngliches von der Zigeuner, H. Baumgartner.—Le diable, son nom, son aspect et ses manifestations, d'après des procédures de sorcellerie du Pays de Vaud aux XVIe et XVIIe siècles, P. Aebischer.—Misellen.—Bücheranzeigen.
BOLETIN DEL CENTRO DE INVESTIGACIONES HISTORICAS, Guayaquil-Ecuador, 1932.
Grosso volume de copioso sumario. Antr'outros traballos; inserta un genealógico e heráldico: Los Nóvoas, por Alejandro Gangotena Carbo, no que se dá notícia das derivanzas ecuatorianas d'aquela ilustre castimonia galega, con reseña de diversos persoaxes pertencentes a ela.
NÓS, Publicacións Galegas e Imprenta, Rúa do Vilar, 15
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722615.xml
NOS
Unha vella con un dente chama a toda a xente.
A campá,
Vamos pra cama
a facer o que Dios manda; xuntar pelo con pelo,
e deixar o bule-bule no medio.
Dios manda dormir; pra esto hay que xuntar os pelos das pestañas, deixando o ollo, que é o bule-bule, no medio.
Tres medias moscas e mosca e media
¿cantas moscas son?
A gracia déesta adiviñanza consiste en decila mui de presa, de modo que o preguntado non se decate de primeira intención da inocencia da pergunta.
ALCUMES
Anotamos únicamente algunos dos máis antigos e coñecidos:
Albardeira, Arrufado, Asturao, Avelaifa.
Cabeciña d'ouro, Calzada, Campoxurado, Cangado, Caralinda, Carambela, Carboeiro, Carduxas, Carneasada, Carretona, Carreta-o-sono, Casaquilla, Caseiro, Chicaro, Corada, Cochobravo, Corremuito, Cosco, Costelo, Crego, Croco, Cucagado, Cuco, Curiña, Cholendro, Choupin, Chourizo, Chousego, Chouzado, Chuchademos, Cristos.
Da carrilana, Da galla, Da moca, De anxelín, Da pega, Da ucha, De xepe, Do lombo, Do loro, do mesón, Do molín, Do secretario, Dos pinos.
Escaleira, Escamero, Escandona, Espín.
Fagosta, Fanego, Farro, Farolera, Ferradoras, Ferragusa, Fillón, Fondón, Forcada.
Gallimandra, Garrocho, Gato, Grilo, Guildeiros.
Lambón.
Merlo, Mexón, Mi-Antoño, Milmañas, Mingos, Minguín, Monxardiña, Monxo, Morteira.
Nenanova.
Pataca, Pataqueiro, Páxaro, Paxelo, Pazpallar, Peruxo, Perrochico, Pichoco, Pillabán, Pito, Putavella.
Rangalleira, Raposeira, Raxado, Reculta, Regueiro, Ruanova, Rulo.
Santallón, Santos, Seria, Soberbio, Soletilla, Sombreirón, Tereso, Teresón, Tirabeque, Treixo, Trincadura, Tripoira, Turco, Xastrillo, Xenxarrín, Xuco, Zacurro, Zoco, Zoqueiro.
Nota. —Seguindo unha división establecida por J. J. Nunes n-un artigo (Apelidos e Alcumes) que ten citado algunhas veces Vicente Risco, poderíanse clasificar os alcumes anotados mais arriba, da seguinte maneira.
Que teñen orixe en semellanzas con animais: Cochobravo, Pega, Loro, Farro, Gato, Grilo, Pazpallar, Pito, Rulo, etc.
Que teñen orixe en ouxetos ós que os alcumados tiñan afeizón: Carneasada, Corada, Chourizo, Perrochico, Sombreirón, Zoco.
Que teñen orixe en qualidades físicas e morais dos alcumados: Arrufado, Caralinda, Carreta-o-sono, Corremuito, Cucagado, Do lombo, Fillón, Lambón, Mexón, Milmañas, Pillabán, Seria, Soberbio, Turco (que quer decir: malo aspro, duro de corazón), etcétera.
Que teñen orixe en circunstancias da vida da persoa alcumada: Albardeira, Cabeciña d'ouro (chamáballe así a un home muy rico), Carboeiro, Carretona, Caseiro, Crego (porque era mui amigo de ir a irexa), Curiña (porque houbera un na familia) Da carrilana, Do mesón, Do secretario, Farolera, Ferradoras, Pataqueiro (porque un ano de fame repartiu patacas entre os probes), Trincadura (porque foi capitán de unha embarcación de esta crase), Xastrillo, Zoqueiro, etcétera.
CANTARES
1 A miña muller morreume y-enterréila no palleiro; deixeille os brazos defora pra que tocase o pandeiro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572266.xml
O Castro está a unha altura de vinte me, tros.
Volvimos á reitoral e continuamos hastra a carreteira da Madanela. Hastra eiquí acompañóunos o simpático Sr. Abade. Logo, sube que sube, continuamos pol-a carreteira con tempo frío. Termómetro nove grados.
Anoitecendo chegamos a Pousacarros onde ceamos ovos fritos, caldo, pan e viño. Durmimos en camas e desaunamos café con leite; cobráronnos por todo dez pesetas.
Espertamos ás nove; chovia á mares e non se vía nada. Quedar non podía ser, volver do Son era máis lonxe que seguir, pedir un auto era longo e a costa da carreteira perigrosa e decidimos animar á D. Álvaro e se guir. Veu con nós un guía e botámonos ao monte.
Pasamos o río Sieira e apandamos co-a terrible costa dos Forcados. Logo chegou o altímetro á 500 metros. Pasamos os Forcados número 1 (600 metros) e alá pol-a unha e media chegamos á Santa Cruz de Lesón. Dimoslle ao guía cinco pesetas, que non queria coller, pois parecfalle moito. Esta xornada fixémola sempre chovendo á cántaros, como no día peor do inverno. Nunha casa de Santa Cruz fixéronnos lume, enxoitámonos e descansamos. Logo fumos, máis adiante, á taberna, onde comemos ovos fritos, pan e viño. Cobráronnos 6,50 pesetas.
Seguimos á Puebla, onde tomamos café e ollamos unha balea moi grande que acababan de encontrar os mariñeiros e que xa quería comprar un de Vilagarcía en 5.000 pesetas.
Seguimos por Palmeira á Riveira, onde chegamos ás sete. Ceamos n-unha fonda moi boa e dormimos en cama e ao día seguinte desaunamos café con leite. Cobráronnos por todo 21'50 pesetas. Eiquí fumos ao cine e estivemos moi convidados por todos. Quedamos moi contentos.
Saimos ás nove ben pasadas da mañán ao día seguinte, e pol-o Río de Pedrin, que outros chaman de Pepe Sevilla, fumos ao monte da cibdá, á 180 metros de outura. Din que é un castro moi interesante, pro nós non lle vimos nada de particular. O que nos gustou moito é a mámoa, da que se fala no libro de Cuevillas, libro que nos leeu D. Álvaro e está escrito en galego.
Logo fumos pol a carreteira de Corrubedo á ollar o estupendo dolmen de Axeitos, que está moi ben conservado. O paisaxe que o rodea é do millor da nosa Terra.
Logo fumos á xantar á unha taberna de Bretal, ovos fritos e unha lata de sardiñas, pan resésego e viño; costounos todo 4'60 pesetas.
Despois fumos á Corrubedo, onde chegamos contra as seis da tarde. Aquelo foi un tumulto. A xente tomounos por titiriteiros e os rapaces corrían por centos detrás de nós; en ningunha casa nos querían dar pousada e xa estábamos decididos á voltar á pé á Riveira. Por fin topamos un café e alá quedamos.
Despois de descansar e na compaña do maestro, fumos á ollar o faro, onde estivemos máis de tres horas, vendo o libro diario, os partes metereolóxicos, etc. Tamén vimos como o encendían, que é cousa moi curiosa e da que un non se decata ven hastra que a vé. O torreiro, que se chama D. Antonio P. Díaz, portouse con nós como un pai: expricounos todo e mostrounos a Revista de Faros, onde reproducen un artigo de D. Álvaro con moitas gabanzas.
Xa con ben noite, e choviscando, voltamos ao pobo. Ceamos unha boa empanada de sardiñas con viño moi bó; xa nos tiñan as colchonetas cheas de palla, así que axiña nos fumos a deitar pra madrugar. Cobráronnos por todo dez pesetas. O maestro señor Villanueva convidounos á café.
Tardamos moito en dormir, pois estivemos moito tempo conversando. Este Corrubedo é un sitio de moitos naufraxios e que pon moito medo. Aiqui se perderon o «Salvador», o «Palermo», o «Marletón», o «Don Pedro», o «Connisbug» e outros moitos grandes trasatlánticos. O Antelo estaba sempre facendo chistes e non nos deixaba dormir. Aquelo foi unha festa. Cando nos dormimos eran máis das dúas.
Ao día seguinte erguimonos ás cinco e saímos en auto de liña pra Riveira, e dende aiqui tamén pol-a liña á Noia. O auto dos cinco veunos á costar 25 pesetas.
Chegamos á Noia ás nove da mañan, moi
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722611.xml
NÓS
sempre barrancas fondísima; a carreteira serpentea un precipicio de película. Salvamos as cumes de Boaseca e caímos, semellaba que caímos, no buraco de Pousacarros, na ribeira do Sieira. Viñamos de salvar cumes ermas e inhospitas e aqui voltamos a ollar verdor, terras de traballo e xente, sobre todo xente, pois esta excursión parez que a estamos facendo por un deserto. Dende a saida de Nebra non voltamos a ollar gando bravo.
Pousacarros é un lugar de catro veciños, de primeira impresión miserabre: aqui non hai nin un lavabo pra se lavar, nin pantrigo, nin tenda, nin nada. As casas semellan cobas e a xente parez que vive en misturanza con gando. Mais segundo din é un lugar moi rico e non hai veciño que non teña aforrados en ouro cinco mil pesos. Non gastan en todo o ano un patacón, aforran todo e o gando bravo producelles moito pol-as puchas que venden nas feiras de Noia e a Puebla. Aqui ollamos por primeira vez gando cabrio aínda que pouco. As catro familias semellan dunha tristura moi grande e parez que nos teñen medo. Estrana que vivindo así e nesta lonxania vistan pouco tipicamente e falen un galego adulterado que parez o das vilas.
Na mañá seguinte subimos por Pedras Negras aos Eorcados número Un ollando xa gando bravo pro moi pouco e non tan fero como o que tiñamos visto hasta agora.
Pasamos a penichán dos Forcados que era un diluvio, enterrando os pés nun verdadeiro fangal. O mesmo paisaxe que ollamos sempre no Barbanza: pedras, monte baixo, falta total de arbres e vacas bravas; aqui ollamos tamén unha manada de eguas do monte, desas que semellan sin dong e andan a brincar de un sitio pra outro como micos.
O val do río Barbanza en troques é admirable, de pendentes agudas, todas arboladas de piñeiros novos, embocando a ensenada da Puebla. Xantamos en Santa Cruz de Lesón despedíndonos do Barbanza, pois dende aqui a paisaxe xe é totalmente diferente.
O macizo central por onde andivemos queda dito que ten un aspecto de gran unidade, dominando sempre a sua formación granítica, descarnada pol-os ventos, sin vexetación. Os pineirales chegan hasta alturas de unhos dous centos metros e dende aqui xa non se avista un arbre; eu penso que será polo gando bravo que acaba con todo.
Da Puebla a Ribeira fumos costeando nunha carreteira que parez a rúa dunha cidade, toda chea de casas a un lado e a outro. De Ribeira fumos ao monte da Cidade dende onde se olla toda a ría de Arousa é boa parte da de Noia, e a costa galega dende Finisterre hasta Cíes, con todo detalle.
Dende a falda da Cidade hasta Corrubedo por Artes e Salmón vai un sempre entre casas, por terra chan, e casi a nivel do mar. Quero dicir que no pé da Cidade e na vertente S. S. W. ollase a lagoa do Carragal con moito folklore, xa recollido.
En Corrubedo conven anotar as dunas que se amontoan no ismo e que na marusía chegan a pechar a carreteira. Corrubedo, cos seus 2.000 habitantes, é tan probe que soamente se mantén do mar pois a terra é unha pedreira que non dá nada nin ten conca pra coller dous carros de balocas. O pobo é branco como unha pomba e fai unha impresión inesquecibre. Mais de noite impón moito, tan escuro e sempre co zoar do vento e o balbordo medoñento do mar. D. Alvaro dixonos un verso de Bouza-Brey que está moi ben:
O faro de Corrubedo con seu ollar largasio ai, amor, púxome medo.
FRANCISCO CASTRO LORENZO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722616.xml
A muller de Roque Troque anda bailando na eira; Roque Troque ta mirando casi-a muller se peneira.
A muller do tiu Mateu, Xerónimo meu, ten unha xoroba, que lla fixo o tio Mateu, Xerónimo meu, co rabo da escoba.
Anda, Maripepa, remend'o refaixo, que o tes rachado por riba e por baixo; anda, Maripepa, remenda a mantilla, que a tes rachada por baixo e por riba.
¡Ay, por eso, canta y-auga mala debe haber no mar! ¡Cantos bichos feos viamos pasar! ¡Ay, casi corrían; parecían corzos, daban voltas unhos por derriba de outros! Un dos nosos compañeiros deu no barco un tropezón e por nada cai ó mare e o traga un tiburón. Daba medo velos facer a istrución; vimos setecentos dentro de un melón; e cando miramos pro fondo do mar vimolos bailando dentro de un dedal. ¡Desgraciados de nosoutros, nós que vamos a facer; pra mercar xugos pr'ás vacas nos tivemos que vender, vinteún ferrados de pan de centeo e mais un porquiño que tiña o Valego; si nos descuidamos vendemos tamén ocho conejitos que tenía Forés.
Aló enriba, non sei dónde, había non sei qué santo; rezándolle non sei qué, ganábase non sei canto.
Apaga o candil, Marica, chus-chus, apaga o candil, que da muita luz.
A raíz do toxo verde é mui mala de arrincar; os amoriños primeiros sonche malos d'olvidar.
Arriba, pandeiro torto, arriba, manta mollada, que donde tamos os homes, as nenas non valen nada. (1)
Arrimeime, arrimeime, funme arrimando, A criada do cura, cominile o caldo. (2)
As mozas da Pontenova dicen que non beben viño, e debaixo do mantelo traen o xarro escondido.
A subila i-a baixala a costa de Ribadeu, A subila i-a baixala perdin a cinta do pelo. (Ou: perdin o que n'era meu).
Bailache, bailache, bailache. —Bailei. —Na horta do cura, qu'eu ben te mirei.
(1) Variante: Que es donde estamos as nenas os homes non valen nada.
(2) Este cantar, recollido por Pérez Ballesteros, ten unha se-guida parte que di:
Agarrei a caxola —rompille'o mange, e por eso a criada— quedou chorando.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722621.xml
NOS
Comer a enclavadura d'un barco. (Ser de bon dente, de muita andorga).
Comer (á un) os ollos, do pote grande, com'un descosido.
Contas das vellas.
Cortar un saio.
Costar ferro e fariña.
Cu de ferro.
Cu sin asento.
Chegou Pedro cego (o sono, díselles ós nenos cando empesan á toquear.)
Cheira qu'apesta.
Chove ás caldeiradas, na Veiga.
Chuparlle (á un) os osos, ou os ollos.
Dar (á un) a mau.
co-a porta nos fuciños.
mala espinha (ou: mala espiñoada).
pra peras.
Darse á chola.
Dar sebo ás pernas (ou: ás canelas).
un aire.
un cart'o pregoeiro.
xenio.
Decir cantas son cinco.
(algo) co-a boca pequena.
mil bés.
mil pestes.
Deixarse de contos.
Dereito com'un fuso.
Desamasa, que cae o forno.
Desnudar un santo pra vestir outro.
Destetar ós nenos.
Día de garabullos.
Digo eu, e non digo misa...
Dios pregunte por tí.
¡É muito conto!
¿En qué quedamos: na peseta ou nos cinco rás?
Entrar na danza.
Erguers'os couces.
Esquencerse d'alientar (morrer).
Facer (á un) a cama, ou a camada.
a cruz.
a figa.
Facer a rosca do galo.
as contas da vella.
com'o ano bisesto, que promete e non da.
da boca cu (volvers'atrás, faltar á palabra dada).
o caldo gordo.
por facer.
Falta o rabo por desollar.
Ferver á cachón.
Fresco coma unha leituga.
Gracias á Dios, i-alabado, que xa tou do outro lado. (1)
Haber as do demo.
barro a mau (ter recursos, dispoñer de monetario)
un desencravo (ocurrir un gran disgusto; berrar e chorar mucho.) (2)
¡Haiche que barrer!
que ver!
Has de ver.
Hasta maio, que son os días grandes.
Ir co conto.
de Herodes á Pilatos.
Irse de copas.
Irse os ollos tras de algo.
¡Isca d'ahil!
Levantar cabeza (repoñerse d'un disgusto, d'unha perda, etc.).
Levar ferro a Vizcaia.
Limpate, que sudas.
¡Isca d'ahil! (3)
Listo como unha ave que lle chaman o sapo.
Mangar o cazo.
Medrar com'o pollo na cinza.
(1) É dito derivado dun conto popular de buscadores de tesouros que, despois de pasar grandes traballos no desentallamento de unha pedra que cobre un grande haber, tópanse con que a laxe ten a frase gravurada.
(2) Alude á cerimonia da Eirexa Católica no Xoves Santo.
(3) O mesmo que ¡Isca de ahil!. Xa foi empregado por Rosalia:
¡Isca de ahil, galiña maldita...!
("Cantares Galegos")
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722610.xml
142
vintecinco veciños, probe, con casas en pranta arredondeada algunhas d'elas.
Encomenzamos a subir a costa de Fontefría entre carpazas e toxos baixos, sin ollar unha casa e cruzándonos con duceas de vacas bravas, que algunhas impuñan respeto, pois semellaban touros das corridas. Denantes era aiquí onde se viñan a buscar os touros prás famosas corridas de Noia de que fala o poeta Labarta. Dende a cume, erma e desamparada, ollase un paisaxe impoñente, toda a ría de Arousa na sua beleza sin par; os pobos branquiños da beiramar parez que se collen co-a man. Por aiquí vaise a Lidón, lugar de dúas casas moi típico que inspirou un conto precioso a Romero Blanco.
Deseguida entramos nos arames da repobración forestal, que cruzamos de Leste a Oeste. Ainda está nos comen zos e os pineiriños nin se ollan apenas: están enterrados en pozas e levantan apenas unha coarta.
Logo chegamos á caseta dos guardas: probe, sinxela e moi simpática. D. Alvaro di que lle gostaria vivir aiquí, pro é un sitio medoñento, sin árboles, nin xente, nin cousa viva que se olle: semella estar un soio no mundo.
Cruzamos unha chaira longa, sempre pol-a repobración, hastra dar cos outros arames. Aiquí encomenza unha pendente bárbara, dun desnivel incalculabre: semella caer a pico sobre o mar, sobre a costa da Aguicira. Arrodeanos unha natureza esquiva, agria, de serra brava, pro olláse un val fondo e verdecente, con poucas casas pro cun arbolado precioso que parez dende esta outura sinalar o curso dun río.
Baixamos esta costa a pico, aos rolos, caéndonos e rañándonos nos toxos; parez que andamos nunha espedición en país de lobos. Hastra dar co carreiro, casi ao fin da costa, non ollamos en toda a seran dende Moimenta nin un lugar, nin unha casa, nin un arbre; vacas bravas (nesta ladeira moitas mais que na de Moimenta), toxales, penedas (na cume do Diraite altas como castelos) e corvos. Esto parez un paisaxe de maldicións.
Choutamos por unhos pasales o regato de Queiro, xa con noite, baixo amenciros ro
NOS
mánticos, e voltamos a subir un pouquiño hastra o lugar de Resua. Dende aiquí fomos á irexa de Nebra e rente dela, nunha taberna, pasamos a noite.
Nebra é un lugar moi fermoso na vista do mar, un pouco no alto, con terras moi ricas de laboura adicadas a liño, millo e baloc. Ollánse moitos frutales. Está no pé do Diraite (outros din Iroite) pro dende aiqui non se mella cuan outo está o monte e que costa espantosa tivemos que descer.
Camiñamos pol-o lugar de Castrallón enfiando a cume do Enxa. Dende esta montana óllanse as terras de Son e Portosín, por tos moi probes. Por aiqui xa non hai gando bravo pro as penedías son maores. Fora do recuncho de Nebra óllase que estas aldeas
Fortificación do castro de Baroha
son moi probes pois toda a costa O, do Enxa é unha pedreira que non pode dar nada. Olláse moi ben a entrada da ría de Noia, o Monte Louro e a entrada de Corcubión; percibese como rompe o mar nos centos de baixos tan peligrosos como abondan por estes acantilados.
En Montemuiño volta a aparecer poboación que semella aproveitar un recunchiño aproveitabre, voltan as penedas e chegamos a Baroha, perto da carreteira e casi a nivel do mar. É unha aldea probe pol-o que parez pro moi limpa e axeitada.
Deiquí subimos pol-a carreteira á longa costa pra a Madalena, entre negros piñeirates (dende Noia non ollaramos un piñeiral con excepción do pequenísimo de Castrallón). Paisaxe moi acidentado, bordeando
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572264.xml
ULTREYA
3.ª xeira BARBANZA 1933
Fai tempo que os rapaces da I Liña (Noia) matinanban faguer unha longa eiscursión, a pé, cumes enriba, a fortalecer o corpo no ár das montanas e a educar o espírito no estudo e coñecemento do cha nativo; unha volta pol-a cámina tal como fan todas as organizacións mozas da nova Europa; unha xeira a decorrer un recanto da patria, tal como as ten sinalado o consello reitor de ULTREYA.
Escollimos a catro rapaces alumnos do Instituto: Xohan Freire Antelo, Francisco Castro Lorenzo, Xohan Nieto Túñez e Xosé Fernández García. Esta xeira cumpría dobre finalidade: movilizar aos ultreyas mostrando co-a realidade o fáciles que son de faguer eiscursións deste tipo, e acometer o intento drento do ámbito do Instituto noiés, coma un novo tipo de estudos. De conquistar nosos fins —penséi—a primeira Liña tera aberto un vieiro no que traballar atinxindo a máisima eficacia e, en tempos a vir, poderá botarse a coñecer o curso do Tambre, as serras de Mazaricos, a bisbarra do Xallas, a ría Muros-Noia na sua totalidade, etc.; e o noso Instituto, que tantos ensaios leva feitos e sempre coreados pol-o éisito, poderá maxinar pra cursos sucesivos un tipo de eiscursión escolar económico, útil e sempre proveitoso.
Propuxen que o fito da eiscursión fose o coñecemento do Barbanza, haste agora pode decirse que inédito na bibliografía feita eiscepción do estupendo catálogo prehistórico-folklórico de Cuevillas e Bouza-Brey publicado pol o Seminario de Estudos Galegos. Desenvolvido meu deseo, meus alumnos os ultreyas devanditos poderán coñecer unha peninsua decorrida nos seus eixes fundamentais e unha zona prehistórica de probada valorización, a máis de observar de visu tipos de poboazón, froras de montana, labouras de agro, freiguesias aínda no cerne do seu desenvolvemento, etc. A eiscursión remataríase estudando un faro, ese mito enmeigado dos faros —altar dos máis insiñes martiroloxios— que os nosos alumnos saben de leituras de aula pro que ninguén viu de perto, no seu funcionamento, organización e traballos.
Fíxose a xeira e ides ollar no relatorio dos rapaces a impresión que neles fica. Penso que conquerimos nosas arelas. Folga dicir, é craro, que en todo instante puxo por nós a ledicia de botarnos enteiramente no colo materno da Natureza, de zugar directamente seus xugos virxinaes —inesquecibre leición de vida— e de ligar en nobre e patrioteica conversa a nosa pequena cultura de homes que encomenzan a adeprender co-a vella e controlada sabencia dos vellos pobos enraizados nun doroso ensino de séculos.
Xa en nós ficará pra sempre a lembranza inmorredoira das paisaxes, das falas dos labregos, das cancións dos mariñáns, de todo este pequeno mundo que se atinxe co-a man e que non por pequena é menos interesante: pra nós ben mais interesante por certo que a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572267.xml
NÓS
contentos e satisfeitos, dando por rematada a excursión.
Xohan Nieto Tusez
Saimos de Noia na serán do día de San Marcos, unha feira das máis importantes que hai na nosa vila; de n-ela moito diñeiro e proba d-ésto son as seguintes anotacións: o concello recaudou por arbitrios 103 pesetas; un comercio, nin dos millores nin dos peores, vendeu 500 pesetas; unha tenda de comestibles vendeu 200 pesetas, e unha fonda, d-esas como hai moitas, dou de xantar a 900 persoas. Sin embargo compre decir que este ano non alcanzou a feira a importancia de outros anos, posto que non chegou a competir co-as festas do Patrón, cando n-outros tempos tivo tanto ou máis valor.
En este día vese en Noia xente moi diferente á nós pol-as súas costumes e pol-o xeito de vestir e de falar: mentres que unhas mulleres visten mantón con freco longo propio da banda de Esteiro e Muros, outras tráenno de alfombra con córes charramusqueiros, como as de Rianxo. Os lugares máis concurridos da feira son: a Angustia onde é costume mercar os potes e toda crás de pucheiros de Buño, lotes de cebola e leitugas e os afamados cestos de corres, noutras terras chamados bimbios; o campo de San Francisco cos seus árboles anosos, baixo a sombra dos que se venden as balocas novas que xa temos n-este tempo e as vellas que se mercan pra sementar, o ceboliño de San Cosme e outras cousas de horta; o campo da feira onde se fan as carreiras de cabalos, véndosen-elas cousas tan paveras como as carreiras dos mozos da vila nos cabalos dos probes labregos que, coidando que ll-os van á mercar, déixanos pasear hastra que cansos póñenlle ao cabalo calquer defecto; á beira da estrada de Muros, onde hai postos de arreos, timoeiros, xugos e trallas. Costume moi chocante é que no paredón da cárcel puxéronse, como facían antigamente, as mozas que veñen pra se alquilar de criadas, todas en ringleira, mostrando os callos das mans. O máis bonito é ollar a Porta da Vila, onde se poñen os postos da quincalla, os pandeireiros, os follalateiros, as mulleres de San Cosme que venden os sombreiros de palla, os charlatáns, etc.
En Moimenta baixamos do auto. Moimenta é unha pequena aldea de unhas vintecinco casas, na que soio topamos tres mulleres, unha d elas moi lingoeteira, que parou á falar con nós e á bromear dicindo que tamos ás pandeiradas de Nebra, terra, segundo nos dixo, de mozas ruís. Estas mulleres vestían de escuro, ao xeito da vila, pro con sombreiro de palla, como as noivezas.
Subimos pol a repobración á darmir en Nebra, onde a xente nos tomou por puneiros. Ao chegar escoitamos unha pandeirada que se facia nun pendello veciño; son as afamadas pandeiradas de Nebra que teñen soña por todo o arredor. Este lugar de Ne bra é famoso pol-as mortes que fixo a Guardia civil alá pol-o ano 1916, cando foi dos consumos. Ainda o recorda toda a xente.
Na mañá seguinte saímos pol-o Eaxa camiño de Montemuiño, na compaña d-un cativo que nos serviu de guía. Na saída do lo gar matamos unha escansa que é un bicho semellante á unha cobra pequena, que segundo di a xente, pica os martes e os viernes, facendo moito mal. Cando pasa ésto hai que ir axiña a un regato e lavar ben a picada cun seixo branco. Fora d-estes días a escansa non aparece nunca e cando aparece non pica.
En Montemuiño ollamos un cruceiro cun farol cheo de óleo, que tiña no peto das áni
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722618.xml
a criada cai d'espaldas i-o cura cai de fuciños.
32 O meu fillo Pepe, como é tan agudo, tomab'as medidas con un garabullo.
33 O meu fillo Pepe, como é tan atroz, comeu unha ola de papas d'arroz.
34 O meu fillo Pepe fix'unha levita, no medio d'aspalda plantoulle unha cinta.
35 O meu fillo Pepe fix'un pantalón; no medio do cú plantoull'un botón.
36 O rio, cando vai cheo, leva castaños e follas; tamén debera levar as lenguas mormuradoras.
37 O señor cura non baila porque tiene la corona; baile, señor cura, baile, que Dios todol-o perdona.
38 Os solteiros valen ouro, os casados valen plata; os viudos, caldeirilla; os vellos, folla de lata.
39 Pica, canteiriño, pica, pica na pedra miuda; pica na muller allea, qu'outro picará na tua.
40 Pol-o mar abaixo vai unha tixela chea de chourizos; ¡quen me dera n'ela!
41 Por andar de parranda ¡como me vexo!: con as pernas arrastro com'un cangrexo.
42 Quedache de vir ás nove, viñeches ás nov'e media; esas non che son palabras pra unha neniña solteira.
43 Quixen facer un cigarro por non perdel-o costume, y-atopemeime que non tiña tabaco, papel nin lume.
44 Santa Cruz está n'un alto e Ribadeu no baixiño, y-a beira da carretera está a Virxen do Camiño.
45 Santo que tas no cainzo: bota castañas embaixo, bota d'esas meirandinas, qu'as pequenas non me baixo.
46 Sei un nido de paxaro aló no monte da xesta; se me das co nido, nena, se me das co nido hai festa.
47 Sempre m'andas preguntando de que romaria veño; veño de Santa Lilaina, de Santa Lilaina veño. ¡Ou... de Santa Lilaina chego!
48 Señor vigilante: déixenos pasar, que somos de Rinlo e vamos pro mar.
49 Señora Marica, corrourcouecou, ramo de loureiro, corrourcouecou, que debaixo das sayas, corrourcouecou, ten o tabaqueiro, corrourcouecou.
50 Se queres qu'o carro cante móllalle o eixe no río, e despois de ben mollado canta com'un asubío.
51 Se queres que vaia e veña, mociña, ó teu lugar,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/11572268.xml
140
mas moitas cadelas ou carochas que tamén lle chaman eisi.
Fumos xantar á Baroña, na casa do abade, que nos convidou moi regaladamente. Baroña aínda que está pertiño do mar é un pobo labrego onde toda a xente anda á traballar nas terras. Eiquí hai unha escola particular.
Despois de xantar fumos ao Castro, onde están facendo escavacións. Había por ali moita xente dos lugares veciños; aquelo é unha romería, pois todos pensan que vai aparecer unha mina de ouro. Á nós tomáronos por enxenheiros e andaban un pouco escamados véndonos rebulir d'unha parte pra outra. Preguntamos á algunhas mulleres pol-o choio do Castro e nos dixeron que esta fora unha cidade dos mouros que ainda viñan pol-as noites dos sábados á cantar e á troulear; que aiquí había dúas minas, unha de ouro e outra de veneno e que o que dis con esta morría. Ao ismo da península chámanlle lugar das campas e din que ali hai enterrada moita xente.
Fumos durmir á Pousacarros, na ribeira do Sieira. É un lugar de catro veciños que viven como os máis pobres do mundo, que segundo soupemos son moi ricos, pois o que menos ten na casa aforrados máis de cinco mil pesos. Son a casa do Paulino, a do Felipe, a do Xoseiño e a do Manoel. Soio ven o viño e o pan trigo o día da festa da Madalena, que é moi sonada. Son de caraiter moi tristeiro e calado. A casa onde nós paramos semellaba na entrada a coba d'unha bruxa; arriba no piso era algo millor. As xentes que nos diron pousada semellan ser moi boas e honradas. O home da casa di que é astrónomo e que sabe moitas matemáticas; sabe o nome de todas as estrelas, o sitio onde están, as horas que marcan e outras moitas cousas.
Na mañá seguinte saímos á subir os Forcados en compaña d'un guía, pois chovía e había un neboeiro que non deixaba ollar nada. Pasamos vendo a capela de Santa Madalena, onde se fai a gran festa: á ela veñen todos os que teñen feridas, e logo deixan pendurados nas silveiras os lenzos co-a sangue pra que queden á secar nos aires da Santa.
Pol-o camiño foinos contando o guía (que é neto do Felipe) que todo o Barbanza está cheo de casas dos mouros.
Chegamos á xantar á Santa Cruz de Lesón, na taberna; pro denantes paramos n'unha casa onde pedimos caridade de fogo pra enxoitarnos, pois íamos mollados como pitos. Santa Cruz xa está na estrada e semella un arrabal d'unha vila.
Logo fumos á Puebla e despois á Riveira, onde durmimos.
Na mañá seguinte fumos á ollar o monte da Cidade e logo á muiñeira do San Alberto, onde topamos dous homes que nos levaron á Axeitos. Era un labrego do país e outro que tiña andado de emigrante por Norteamérica. Dixeronnos que o país non era moi rico pois a familia de mais capital en algunhas legoas ao redor non pasaría dos vinte mil pesos.
Entramos en Corrubedo por antre duceas de rapaces que corrian tras de nós como si fósemos xitanos ou titiriteiros. Corrimos oito ou nove casas, fondas e cafés sin que nos quixesen dar pousada, iso confundíndonos con maleantes. Por fin topamos albergue no café dunha señora moi simpática que nos diu de cear unha boa empanada de sardiñas. Eu penso que esta señora nos acolleu por que chegou por ali de casualidade o maestro do Pósito Sr. Villanueva que é amigo de don Alvaro e ao ver que eramos xente coñecida seguro que perdeu o medo.
Estudamos detidamente o faro, deitámonos e á mañá seguinte regresamos a Noia no auto de liña, chegando a nosa vila ás nove da mañá.
Xoan Freire Antelo
Saindo de Noia, a un kilómetro e como a cen metros da carreteira, deixamos o dólmen de Coba da Moura que non nos detuvemos á ollar por ser coñecido de todos. Os do Istituto temos ido a él moitas veces e na aula de Historia temos de él unha linda maqueta que tixo D. Alvaro. É un dólmen moi bunito pro que lle faltan as pedras da cobertura.
Baixamos en Moimenta e non nos chegamos a ollar as mamoas de Cures que cita o Seminario de Estudos Galegos, por estar fora do noso derrotciro e perder nelo moito tempo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722623.xml
NÓS
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
O QUE SE DÍ D'ALGÚS ANIMAES NO AUNTAMENTO DE MONTERROSO (LUGO)
(Proseguimento)
nas tripas do mesmo porco ben limpas, ou noutras mercadas na «tienda»; estes son os chourizos de mellor calidade, pero tamen'os hai de cebola, ou sexa de «choíre»; e morcillas feitas de dulce, arroz, pasas, i-outras especes. Póñense no fumeiro todos, uns no «sarillo», outros en varas e cisi están unhos 15 días. Transe pra casa e escoménzase a comer pouco a pouco, hastra chegar a lús ou martes d'Antroido en que non se lles regra. Dimpois de sacal-os chourizos do fumeiro, lévanse pra cociña as demáis partes do porco: xamós, touciños, lacós, etc., en donde están cerca d'un mes e logo pra lacena levando a mesma sorte c'os chourizos.
PARTES MEDECINAES DO PORCO. —A fel serve pra curar os furunchos; as pezcuñas cando se sacan do animal teñen a propiedade de curar os dóres de moclas, o unto é aparte do porco que máis apricacións ten: algús cómeno crú; fai moi bo caldo; cura os catarros, mez crado con viño; con sopas é bo pra curar a diarrea; mesturado con asentes e fregándolle coil a barriga ós que padecen das «lombrices» cúraos d'iste mal; si unha vaca «en moita tós basta envolvere un pouco n'unha berza e darllo eisi pra que a sane logo moi preto. O unto i-a grasa son o único aceite da aldea, utilizándose pra todos os alimentos.
(25-12-32), cando o criado do crego d'ista vila se disponía a tocal-as campanas pra «misa de cedo», atopóuse c'un d'eles co estrangulou a dentadas, inoculándolle a dolencia. Dimpois de facer outras disgraceas atoparon ó bó do can moi cerca do pobo en onde van parare todol-os cas doentes. Chámase o santo abogoso d'iste mal Santoutelo, i-o pobo en onde s'alcontra Cumbraos. Paresce ser que todol-os cás doentes van all, iasí parece ser, pois eu xa teño oubido isto a moitas persoas de Cumbraos.
Noutros tempos, moito dinantes que Pasteur descubrise o suero anti-doéntico, Santoutelo era moi visitado, sendo Carbíra o centro d'istes, pelerinaxes, pero dend'hai poucos anos iste carrilleiro foi deposto pol-o que con moito gosto axudaron a facer os feligreses de Cumbraos. Na actualidade os mordidos lévanse directamente a Lugo.
Isto das doencias e sin dúbida unha das consecuencias do crime eiquí imperante. Moita auga, aire, xeada... e eiquí o panorama n'istes días de inverno.
Pero volvendo o rego —como decía o meu veciño Antón de Xingal—, prégase moito a iste santo —sobre todo no inverno, pois no verán non hai naide que se recorde d'il—, co soilo ouxeto de que libre os da casa de iste mal; do rezo encárganse as mulleres.
Cando é qu'un can doente morde a unha persoa un dos medios pra coñecer si lle pegou a enfermidade, e poñer á persoa ouxeto d'ensaio a carón d'unha fonte pra que mire nas augas que terán que brilar com'a un espello, e si é que vea cabeza d'un can, é sinal infalibre de que xa está doente, no caso de que nona vexa, a persoa seguirá normalmente.
N'esto das doencias hai, dendo logo, esceu-
IV.—«O CAN»
E o animal consagrado, n'istas terras, a caza, deporte prauticado por gran número de persoas. Tamen'os hai do palleiro: escóllense pra garda da casa, e tense a percauzón de buscal-o de gran talla e ferós. Nestes días de xeada acouga no celebro d'istas xentes unha grande aversión os cas, debido a que estan adoecendo a centos, aínda antonte
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722617.xml
NOS
14 Cantan os galos; é día, meu amor, érguet'e vaite. —¿Cómo m'hei d'ir, queridiña, cómo m'hei d'ir e deixarte?
15 Chamácheme pouca roupa: si tes muita, teu porveito; teño menos que sacare á noite, cando me deito.
16 Debaixo da miña cama téñoch'un nido de lebre, e ti debaixo da tua tel-o demo que te leve.
17 Esta noite hei d'ir aló, neniña, non teñas medo; déixam'a porta pechada c'unha palla de centeo.
18 Est'ech'o son da mariña, est'echo son mariñán, est'echo son da mariña, qu'asi o canta meu irmáp.
19 Eu pedinllo á unha rapaza, qu'era do val de Viveiro; eu pedinllo no camiño i-ela deumo no carreiro.
20 Heiche de dar, chis-chis, héiche de dar, chis-chas; heiche de dar, xa m'entendes, heiche de dar, xa verás.
21 Heiche de tocal-as conchas, miña carrapucheiriña, heiche de tocal-as conchas n'aquela corredoiriña. (Ou: ó son da miña gaitiña).
22 Homes e mulleres, rapaces e todo, vide vel-o dote- que me deu meu sogro: unha manta vella c'un remendo roxo, unha cabra cega c'un cabrito coxo;
23 ¡ai, ai, ai! deume un pote vello, ¡ai, ai, ai! todo ta furado, ¡ai, ai, ai! verque pol-o fondo, ¡ai, ai, ai! coma un condanado.
24 Maruxiña, Maruxiña, a do refaixo marelo, si t'atopo no camiño non ch'a de valer «non quero».
25 Nena que tas na ventana cas puntas do pano fora, recólleas para dentro, que o pano no me namora.
26 Non quero zapato baixo, que se m'enterra na area; non quero amores de lonxe, que os teño na miña aldea.
27 Non te cases con ferreiro, que ten mucho que lavare; cásate con mariñeiro, que ven lavado do mare.
28 O amor da costureira era papel e mollouse; agora, costureiriña, o teu amor acabouse.
29 O crego, cando vai fora, déixalle dito á criada: —Nena, se non veño logo, déitate na miña cama.
30 O cura da miña aldea ten a levita rachada, que a rachou unha noite xogando co-a criada.
31 O cura chamoume rosa, eu tamén lle respondín: d'estas rosas, señor cura, non-as hai no seu xardín.
32 O cura e mail-a criada xogan os tibiriquiños;
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722612.xml
NOTAS PR-0 ESTUDO DA TOPONIMIA COMPOSTELAN
AS RUAS DO FRANCO E DA RAÍÑA
Por Lino Gómez-Canedo.
CALQUERA que coñeza un pouco a sifificazón de Sant-Yago no desenrolo da nosa hestoria pode supór qué cheo d-intrés ten d'estare o capidoo adicado á vella cidade no estudo, aínda por facer, da nosa toponimia. Por se poideran chegar a ser de algunha utilidade, cando alguén s'apoña ao traballo dito, quero publicar hoxe unhas pequenas notas que teño recollidas en col a duas vellas ruas composteláns: a Raiña e o Franco.
Unhas créncia moi espallada no pobo coida que á rua de Sant-Yago chamada da Raiña venlle seu nome de ter topado hospedaxe n-o espital qu' hoúbo en tempos n-a dita rua Santa Sabela raiña de Portugal. Recollen ista tradición as Guías, antr elas a mais detida, xa que non decote a millor informada, dos Sres. Fernández Sánchez y Freire Barreiro (Santiago. Jerusatén, Roma. Diario de una peregrinación, t. I, p. 168; Santiago, 1880).
No vol. IV, 1889, pp. 193-96, 201-4; 209-14, de Galicia Diplomática, D. Bernardo Barreiro adicou un longo estudo a desfacelos moitos anacronismos que s'atopan na obra de Neira de Mosquera, La Marquesa de Camba. N-il achans'istas verbas, que son boa proba do confusionismo espallado en col d-a custión: «Por lo que toca a la rua del Raiño (así a chamaba Neira) jamás llevó ese nombre, sino el de Rainha, tal como suena en portugués, y no en gallego que sería Reíña, diminutivo de Reina. Este nome es originario de la tradición que existe de que en el hospital y capilla que había sobre la fuente del Franco, (y la capilla recibe culto actualmente) residió durante algunas temporadas en diversos años la reina de Portugal Santa Isabel que hacía a Compostela visitas muy frecuentes a causa de que en su época los portugueses se habían anexionado y trataban de conservar y adquirir la mayor parte de la Galicia meridional. Esto es lo más razonable respecto a la etimología del nombre de esta calle. La hospedería-hospital debió tener por outra parte, mucha importancia, comodidad y rentas en el tiempo de las visitas regias a que nos referimos».
Mais iste sentir do pobo atópase en desacordo certo coa verdade. Uns achádegos casuaes veñen a confirma-lo enteiramente. Folleando, logo vai facer un ano, no Tumbo C do Arquivo da Catedral de Sant-Yago, topei, cando m'achaba ben lonxe de pensa-lo, un estromento no qué Maria Peres é o seu home e seus irmáns fai venda a Martin Peláez d'unha casa en «Fonte Regine, sita inter alliam domum quae fui Martini, et ex alie parte congustram qua itur ad villare et ad Fonte Franci...» A carta de venda foi feita o 12 de Junio de 1235. (Fol. CXXV v.)
Catro anos despois, Auroana Peres, irmán de María, confirma ista venda que xa denantes suscribira (Fol. CXXIV v.)
Non faria falla mais pra por de manifesto a falsedade da tradición sabelíana. Os romaxes da Santa a Sant-Yago foron feitos un século despois, a primeira vezada ven no ano 1326 con moita e brilante compaña de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9b/9b40/9b40d31b-bb74-4134-9ada-060c252d2b63/115722625.xml
NÓS
que les torne da cara; en resume, andan con moitas precaucións pra librarse do aguillón.
Tefen As abellas, por ciqui, por bichos moi bós pra toda crás de prantas, favorecendo eisi a fecundia das prantas, e pol-o tanto, aumentando os prodoitos agricos. Tómanas por imitazón no traballo e orgaización nas casas, chamándolles, os que eiqui se dedican a vaganza «sangas», inseutos que tefen por moi comedores e que non valen de nada si se esceptua a fecundazón das reinas ou maestras.
Dos prodoitos das abellas usan a cera, culia expricazón xa fixen; o propolen qu'é unha sustancia que se paresce á resina, pero máis branda e de mellor olfate, usándoo pra cortaduras e para aromatizal-os coartos nos días de festa, len xeral, pra todal as feridas que percisen desinfección; seica a carretan os inseutos nas pernas d'atrás.
AMADEO VARELA RODRÍGUEZ
(Continuaráse)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
Cando toda a sua vida moza era espranza e esplendor auroral, morreu en Porto o enxeñeiro e profesor da Universidade, Rui de Serpa Pinto.
Coneciamolo de hai cinco anos. Foran primeiro unhas cartas serias, asisadas e medidas, que nos fixeron supor un home xa andado mestre da sua técnica e do seu cerebro. Foi despois, durante un viaxe de estudo pol-o norte de Portugal feito na compaña do Bouza Brei, a sorpresa de encontrarnos na estación de São Bento e un Serpa Pinto case neno, no froescer vital dos vinteun anos.
Belos días os que co-il pasamos ollando con curiosidade e con amor museus e coleições. Belos días nas ruas do Porto, na praia de Leça, na Sociedade Martins Sarmento entre as ruínas da Citania e de Sabroso, días inesquecibeles que nos ensinaron a amar con mais forza ó irman Portugal e que nos diron a coñecer a sabencia, a simpatía, o entusiasmo e o talento inapreciabel de un dos seus fillos mais destacados.
E dende entón ligamos entre nós unha amistade que soio a morte rompeu, e na comunión case diaria de pensamentos, no troque continuo de impresións e no recibo frecuente de traballos e de folletos tamos vendo como os horizontes científicos de Serpa Pinto ampliábanse cada momento. Tendo mostras de a sua actividade redobrada e teimosa, que sen descoidar a sua formación profesional e as suas tarefas docentes, ia avanzando por terreos diversos e descubría primeiro o asturense de Ancora, coleccionaba logo a bibliografía existente encol de ista industria, sistematizaba os petroglifos portugueses, esculcaba o material do Castro de Terrosa, estudaba as fibulas do Museu de Bragança, reunia e ordeaba n-un catálogo a inxente labor do ilustre Mendes Corrêa, facía escavacións, tomaba parte activa e brillante nos congresos internacionais de Porto e de Londres e colaboraba nos traballos da Comisión do Mapa do Imperio Romano.
E todo elo sen cumprir apenas os 25 anos, simultaneando a investigación ca cátedra e co despacho do enxeniceiro. Parecía que o Rui, que viñera ó mundo con bagaxe pra unha longa vida, tiña presa de valeirar siquera algo do seu stock admirabel de posibilidades.
Foi a nosa man, a do Bouza Brei e a miña, a que levou a Serpa Pinto a colaborar n-esta revista e a tomar parte na labor do Seminario de Estudos Galegos. Non se escondia á sua perspicacia a identidade cultural do norte de Portugal ca Galicia e sabía ben que un estudo etnográfico ou folklórico emprendido en calquera das beiras do Miño, non podería ser compretado nen comprendido se non se miraban co igual amor e con igual atención as dúas bandas do río.
Por eso, tanto coma os arqueólogos e estudosos portugueses, tanto coma os seus compañeiros da incomparabel escola que alenta en Porto, animada pol-o xenio de Mendes Correa, temos dereito os galegos de chamar a Serpa Pinto, o noso Rui. Tanto coma eles temos a pena de choralo, tanto coma eles temos que lamentar a sua perda irreparabel.
Serpa Pinto era xa un arqueólogo formado enteiramente nas disciplinas protohistóricas, mais había n-il tamén un notabel romanista e de seguro un xeólogo e un paleontólogo.
Cara a xeoloxía galega, tan necesitada de un home especializado chamáramos nós a atención do Rui, que parecía adiar o noso convite agardando a entrar no campo do traballo con todal-as armas empuñadas. E nós fiados na sua mocedade sán e dinámica agardábamos sen desacougos e sen presas, can-