Cargando...
Gómez Canedo, Lino
1908 - 1990Foi un sacerdote católico galego.
Fillo de labregos, vestiu o hábito franciscano no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas) en agosto de 1923 e máis tarde estudou filosofía no convento da Nosa Señora de Vistahermosa (Ourense) e teoloxía no convento de San Francisco do Val de Deus de Santiago de Compostela, onde profesou o 25 de xuño de 1929 e foi ordenado sacerdote en xuño de 1931.
Desde a súa época de estudante naceu nel a vocación de historiador, disciplina na que entraría baixo a orientación de frei Atanasio López Fernández. En 1933 viaxou para estudar en Roma onde se licenciou en Historia Eclesiástica en 1937, o que lle serviu para se incorporar á Academia Americana da Historia, con sede en Washington, onde traballou durante varias décadas.
O padre Gómez Canedo foi un incansable home de letras e de palabras conferenciantes que, ao compás dos seus quefaceres clericais, empregou toda a súa vida para furgar neses cartafoles eclesiástico-historiográficos que hoxe se atopan repartidos polas diversas bibliotecas e institucións culturais da nosa xeografía e as dos continentes americano e asiático, deixando un legado histórico de gran valor documental.
Galipedia
Detalles
| Lugar de nacemento | A Laracha, A Coruña - España |
| Lugar de falecemento | Cidade de México - México |
| Filiación | Real Academia Galega , Franciscanos |
| Ocupación | Escritores , Sacerdotes , Historiadores |
Presenza na revista
http://gnoss/81D28CE3-4F21-426C-9D13-CCCBC23A5115
http://gnoss/9B40D31B-BB74-4134-9ADA-060C252D2B63
Artigos
Os homes, os feitos, as verbas
por López Cuevillas, Florentino, Risco, Vicente, Otero Pedrayo, Ramón, Gómez Canedo, Lino
Ano XV Número 109 (1933); p 13-20
Notas pr-o estudo da toponimia compostelán : as rúas do Franco e da Raíña
Ano XV Número 114 (1933); p 144-145