https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157195&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719510.xml
As industrias da parroquia non son doadas de separar do traballo labrego. O igual qu'a vida de trato comercial. Cada un fai o seu viño e dous alquitareiros estilan a boa augardente sacada a fogo, inda se chaman alquitarciros por mais que teñan adoitado o alambique. Son moitos os homes de oficio e forman unha especie de caste qu'inda está comenzando: consecuencia da especialización que tamén vai conquerindo as sinxelas actividades campesías. Pol-o d'hoxe cuaseque todos labouran seus eidos. Os catro ou cinco carpinteiros teñen deixado aquilas estadas que n-outro tempo armaban pra serrar os albres pois vai sendo ista, angueira dos serranchís portugueses. Houbo algún mestre sonado no traballo de carros e pipas. Os albañís (duas compañas e dous ou tres d'afición) trouxeron das Amérecas algunhas modas novas c'o portland e o cemento. Carauterístico d'algús vellos son a boa feitura das masas pr'os cielo-rasos, grande luxo nos coartos, e os dibuxos no encintado das parés (bandas retorneadas, esquemas vexetales e humáns, sistemas de circos, elipses, etc.) coma d'algús carpinteiros os fermosos trazados barrocos, d'un natural barroquismo popular, dos balcós e cancelas. Os oito zapateiros traballan fino na goma demandada pol-a mocidá e xa non hai ninguén que s'adique somentes ó crásico oficio de zoqueiro. A maor porción das pezas de pau adequirense nas tendas. Hai dous ferreiros, un muiñeiro no río do Formigueiro, que somentes moe catro meses do ano, e dous xástres, un d'eles moi gabado na parroquia e nas frequesias da veciñanza. Un cesteiro frabica dende queipiños miudos hastra os culeiros pra vendima qu'hoxe non son tan grandes coma dinantes. E outro home adicase ca sua xente á facer molidos de difrentes grandores con xuncas que as mulleres l'escolman nos lameiros e que vende nas feiras e na Praza Maor d'Ourense, a catro, ou seis reás, nos dous meses anteriores á vendima. Algús anos ténile rubido a ganancia de oitenta e hastra de cen pesos. Todal-as rapazas mi mosas queren ser costureiras d'as de pu tada solta que lles permite por un xornal de catro ou seis reás á molladas facer moitas prendas n'un día (brusas de mozas e rapa ces, chambras, mandís, vestidos enteiros) sin contar as remendalladas. A soila industria artísteca da muller manteñena tres celibatas seródeas tecedoras de fermosas mantas de lá de cóores sinxelos e ornamentación tradicional (bandas, rosas, estilizaciós humáns); xa se contan as vellas de fuso e mazaroca como unha sobrevivenza arqueolóxica que fai rir á mocidá e as cosedoras das mantas de farrapos un tempo máxeza das solainas campesías. Procurase pouquiño liño: Todo o indumento da parroquia ven da tenda (d'Ourense, das vilas e dos comercios postos nos logares estratéxicos das carreteiras). O labrego non figura dárse conta da contradición que poñen os xéneros e feituras d'alma cén na vila da aldea, hoxe levado n'un senso non natural, arbitrario e comicamente tristeiro. Fánse raros hastra os xéneros dos mercados antergos e moito máis os da casa. Desaparecen as saias de picote, os mantós, as chaquetas de felpa, os sombreiros de grandes azas, negros ou bermellos, as fortes almillas dos vellos espostos a se tomar do peito, as femontas decorativas, as capas e demais prendas d'aquil comercio do século dazanove inda adoitado á aldea. Somentes se mántea o uso dos panos da cabeza, en grande parte pol-a imposición da asistencia.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719511.xml
DIBUXO
POR XAIME PRADA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571954.xml
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Vinos finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
SANATORIO QUIRÚRGICO DE SAN LORENZO
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todos los elementos que exigen la terapéutica y la higiene modernas, situado en las afueras de la población, muy cerca del paseo de la Herradura
Teléfono número 195
Para detalles, cualquiera de los Directores o el Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719526.xml
F. ROMAN e SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719519.xml
NÓS
nos a cobra no folklore galego nas formas seguintes.
a) Como nemiga do home.
b) Como habitazón dos espíritos dos mortos.
c) Como obxeto de culto.
d) Na Meiciña popular.
e) Como amuleto pra sair ben de certos negocios.
En col do primeiro aspeito existen o mesmo nas Asturias que na Galiza moitas referenzas. Hai en primeiro lugar dous contos idénticos recollidos un por nós na Serra de Penas Libres (Vilardevós, Verín) e outros por C. Cabal en Covadonga, en que un rapaz pegoreiro que acostuma dar leite a unha pequena serpe, marcha do seu pobo, e cando volta, pasado moito tempo e vai ver o animal alcóntrase con que iste se convertiu n-un mostro grandísimo. Na referencia galega o mostro come o rapaz sen lle decir ren, na asturian dille por toda espricazón istas verbas: *Porqué me deixaste solo?* Asturian é a lenda dos frades comidos por un *culebre* no convento de Santo Domingo de Oviedo e galega a recollida por Garcia de la Riega, á parecer na bisbarra de Pontevedra, relativa ás serpes que atraen os nenos pra comelos e ás mozas pra gozalas. No val de Monterrey dixeronos a nós que as serpes acometen ós homes cando están dormidos, mais que os lagartos os avisan do perigó baténdolle co rabo na face, favor que por certo, non lle otorgan ás mulleres. Nas Asturias en troques o lagarto anunza as serpes e os homes téñeno en pouca estimanza por que é o alcaiote das bruxas.
Nas dúas rexións é crenza moi entorgada que as cobras maman dos peitos das mulleres e da teta das vacas.
A serpe como habitazón dos espíritos dos mortos é un aspeito que se alcontra ó parecer soio na Galiza. Persoalmente non temos acadado ren en col de il mais atopamos abondosas referenzas nos escritores que se teñen ocupado da mitoloxía galega.
Referíndose en xeral As romaxes da nosa terra dí García de la Riega:
*Y por creer también que los tales reptiles son almas de personas que cumplen votos no realizados cuando vivieron, los aldeanos en sus largas expediciones, nunca matan las culebras que encuentran al paso limitándose a apartarse de ellas o espantarlos.* (1)
E Federico Maciñeira, concretando as suas observazóns á romaxe de San Andrés de Teixido, manifesta:
*Por el camino... cuidan de no molestar ni matar reptil alguno de los que encuentran, porqué como queda expuesto al principio son almas en pena que marchan también a cumplir la romaxe!* (2)
Idéntica noticia da Murguía en *Leyendas y tradiciones de Galicia.* (3)
Cumpriria así todo o acrarar se ista crenza avencellase soio ca romaxe ó San Andrés de Teixido ou se por contra estende á outras. Coidamos que a primeira suposta é o mais verosimil por existir a tradición de que o que non vai de vivo a Teixido terá que ir de morto e por localizarse únicamente en tal lugar ista tradición.
O problema do culto da serpe na Galiza, foi abordado por García de la Riega ó discutir as concrusións de D. Xoaquín Costa, en col do emprazamento da Ofiusa de Avieno.
Trouxo pr'o caso aquil erudito pontevedrés datos e argumentos de difrente valor probatorio, falando da Pedra da Serpe, no monte Confurco (Rianxo), de outras penedas que levan o mesmo nome e de vellos romances que contan as loitas que algúns cabaleiros libraban con serpes e dragons, mais o rexo da sua argumentazón acadouno na diplomática e nas tradicion medioevaes que se relacion ca lenda Xacobea, vindo a resumir os seus puntos de vista nas seguintes verbas:
*Del antiguo culto a la serpiente en Galicia consignado en la tradición compostelana del siglo IX, se hace cargo la epístola del papa de San León según el codice Escurialense y la Leyenda Floriacense, ambos de principios del siglo XI, relativas al apóstol Santiago, sepultado por sus discipulos en Libredón (templo de Baco), quienes derribaron el ídolo colosal que en este lugar había*
1. G. de la Riega, op. cit., páx. 156.
2. San Andrés de Teixido, páx. 77.
3. Publicado na *Temporada de Mondariz*, 8 Xullo, 1913.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719517.xml
NOS
o señor mete o diñeiro n-unha ola, acochaa entre certas pedras, faille unha lazada ó adibal e dille:
*O que de aquí che ha sacar tres bicos na boca che ha dar*
(Referenza de Secundino Suárez, de 10 anos, veciño de Vilar, nos Ballotes, Vilagarcía).
Unhas variante foi recollida por Castillo (1) no Castro de Samoedo, (Sada) onde uns xigantes ou mouros poñen unha corda ó redor do pescozo de unha filla sua e despois de darlle moitas riquezas convirten a corda en serpe decindolle no castelán que de cote falan os nosos mouros:
*El que te desencantare nueve besos te ha de dare*.
Lenda semellante existe en Caravia (Asturias), mais ali a corda convírtese en *cuele bre* por meio de conxuros que o encantador lé n-un libro, e o noivo da rapaza chega a libertala, dando morte á besta cando ista durmía. (2)
O mesmo na Galiza, que nas Asturias, que no Minho portugués son moi abondosos os contos de tesouros e de encantamentos en que interveñen as serpes, intervenzóns que poden crasificarse do xeito seguinte:
a) Gardando un tesouro.
b) Gardando a unha persona.
c) Tomando a persoa a figura do animal.
Entre as lendas do tipo a) debe incruirse a acadada por X. Arias Sanjurjo en Santa Cristina de Parada, na que un crego que vai dacabalo, olla ó pasar perto do Mosteiro, unha morea de cousas de eirexa que están asoellar. Colle as que pode, mais a serpe gardiana do soalleiro prendeselle na besta que non solta ata que o crego desbota unha xoia que lle recolle, volvendo despois a correr atrás do crego e trabando as patas do cabalo novamente ata que lle entregou unha nova prenda. De iste xeito o crego soio pode salvar un cáliz que guinda dentro da eirexa berrando. *Toma iso Santa Cristina*.
Tamén hai lendas de ista crás do Castro Morgadán, cuio tesouro está vixiado, asegún testimonio de unha sabia de Allán (Peroxa) por unha cobra que compre desencantar con desconxuras botados por un crego, e dando lle dispois un bico na testa se é que se quer apañar o haber; no Pico Sagro (Compostela) (1) onde unha serpe defende un tesouro e n-outros moitos lugares da nosa terra nos que asegún dí García de la Riega (2) hai tesouros que soio se poden conquerir ca axuda de un corvo que persiga a serpe que os garda. No Minho alcontrámonos conque entre Silvares e San João (Guimarães) xace un dorndo, cheo de riquezas que se non pode acadar porque en canto se chega a il sai unha niñada de serpes. (3)
As consellas do grupo b) alcontrámolas na Galiza, localizadas no Outeiro de Vimieiros (Cartelle, Celanova) sitio onde vive unha moura que se deixa ver na mañán do día de San Xohan sentada en col de unha peneda, mais cando calquer quere chegar a ela unha moitedume de serpes impídeo acometendo ó destemido; nas Asturias na Cova de San Cibrián, no concello de Gozón i-en Caravia, podéndose engader a esta enumerazón os contos a que nos referimos no comenzo de iste capítulo.
As lendas do tipo c) andan quizais mais bastas; hainas na citanía de San Cibrán das Lás (San Amaro, Carballiño) e son moi correntes no Minho e nas Asturias.
Convén notar que os xeitos pra desencan-
(Fig. 33).
1) García de la Riega. *Galicia Antigui*.
2) Loc. cit.
3) Martina Sarmento. *Materias de Archeologia do Concelho de Guimarães*.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719515.xml
NÓS
71
con bós muros as terras destrales. N'outros capidoos d'iste estudo ténse falado das variacións dos coltivos, e do desprazamento das bases do vivir económico.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
(Continuarase.)
LEA VOSTEDE A REVISTA MENSAI NÓS BOLETIN DA CULTURA GALEGA
Administración Real, 36-1.º A Cruña.
PREHISTORIA E FOLKLORE DA BARBANZA
(Proseguimento)
UNHA ESTRANA GRAVURA E O FOLKLORE DA FREGUESÍA DE MACENDA
(véxase no mapa número II).
A PEDRA DO DEMO.—Na freguesia de Macenda i-entre os lugares de Moimenta e Insuachán hai un sitio con fartura de penedos, que comestos pol-a erosión, colleron figuras imitantes á animaes ou á obxetos inanimados facendo un conxunto ó xeito de unha cidade encantada.
Moitos de istes penedos teñen nomes propios que a imaxinazón campesía apricoulles según a sua feitura. Son os mais coñecidos os chamados Outeiro Pinto, Pedra redonda, As casotas, Pedra do Gato, Outeiro de San Xohan, Casotas de arriba, Outeiro do rapo, Laxe do Miradoiro, Outeiro da Bandeira, Outeiro das ventanas, A Cruz de Francisco e A Pedra do Demo.
De todas elas soio atraen a atención do arqueólogo as dúas nomeadas en derradeiro termo. A Cruz de Francisco é chamada asín por tres cruces gravuradas, de uns 50 centímetros, que ten en diversos puntos da sua grande superficie. A Pedra do Demo, presenta insculturados os sinos que reproducimos na figura 32. O riscado é fondo, con siñás de antiguidade e traballado no seu canle como nas insculturas prehistóricas. Chaman así e todo a atención os numeras arabigos que ali aparecen por dúas vegadas, reproducindo con crareza de abonda a cifra 18. Ista circunstanza obriganos a facer con respecto á antiguidade da composición as naturais reservas, e á notar tan soio que figuras que se imitan mais ou menos á de un 8, teñen aparecido entre outros lugares en Miedes (Guadalajara) e foron interpretadas como estilizacións femeninas. A coviña que se olla no outo e na ezquerda da peneda é dende logo artificial e as tres cruces do centro semellanse moito ás agrupadas n-un penedo de Vilasuso (Oia) (figura 33).
Mais apesar de tales imitanzas, voltaremos á insistir nas nossas reservas e advertimos que o mesmo a estensión dos cultos litolátricos na Galiza, que o nome de Pedra do Demo que desina a pena insculturada fan matinar n-unha vella cristianización desfigurada quizais mais adiante.
DOUS RELATOS.—O que conta é Ramón Piñeiro de mais de 80 anos, veciño de Moimenta:
«Cara o norte e perto da Pedra do Demo está a chamada Boca do Castro. Respeitive a ela socedeulle a Xohan Francisco Beira, de Moimenta, que indo no servizo de El Rei, un africano preguntoulle de onde era il.
—Quén me dera a min pór os pes en Boiro, contestou en ouvindo a resposta. Teria diñeiro pra min e pra moitos.
Dispois engadeulle que o sitio de Boiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571952.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN: Roal, 36 1.°—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinás qu'os que foron directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Dos hermos astraes, por JULIO SIGÜENZA.
Prehistoria e Folklore da Barbanza, por FLORENTINO L. CUEVILLAS E F. Bouza Brev.
Problemas de Xeografía Galega, por RAMÓN OTERO PEDRAYO.
Catálogo dos Castros Galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, POL-A REDAUCIÓN.
Reloxería ZENITH
MÁQUINAS PARLANTES, DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS
M. CALVIÑO - Ourense
Vicente Risco
Abogado
Sanlo Domingo, 47-2°
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571953.xml
PARDO
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32
SANTIAGO
San Andrés, 50
A CRUÑA
CASA EXCLUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
X. CALVIÑO DOMÍNGUEZ
ABOGADO-PROCURADOR
CANTÓN PEQUEÑO, 1-(OFICINAS)
Teléfono, 581.
A Cruña.
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convén envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719523.xml
NOS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
UN INÉDITO DE NIETZSCHE: «SOKRATES UND DIE TRAGOEDIE»
A traxedia grega afondiuse con Eurípides; non morre, principalmente, da propia morte ó igual das outras artes suas irmás maiores. Ben fixeron os autores da nova comedia ática honrando a lembranza de Eurípides pois ollaban n'il o criador do seu xénero. Illevou á escena os homes meios e as latricadas de todol-os días cando dinantes no grande drama musical sómentes falaban persoaxes d'outo estilo, fillos dos herois e dos semideuses ou os instantes de suprema eisalteción das almas. Eurípides sentía a traxedia e teimaba seguir o camiño esquileano, mais home de espírito crítico, observou coma a nova burguesía faciase indiferente á immortalidade, ó pasado e ó porvir ideal. Esquilo e Sóphocles non desmontaban o mecanismo psicolóxico; un gran fondo inconsciente que non fala todo e deixa adiviñar mais do que di—grandes momentos patéticos gardando o carácter do dithyrambo dionisíaco—enchía o arte en grande parte istintivo do drama musical grego. Eurípides percibiu a decadencia d'iste drama porque estaba conquistado polo espírito socrático, é dicir: consciente, crítico, razoador, apolíneo. Eurípides é o poeta do racionalismo socrático. Os do seu tempo ben percibiran a relación dos dous homes. A fórmula de Eurípides: «todo ha ser consciente pra ser belo» correspondese á de Sócrates: «soilo é bo o consciente». Os conservadores consideraron ós dous estragadores do pobo e da mocedade. E o oráculo délfico alirmando ser Sócrates o mais sabio dos homes dixo tamén que Eurípides era o seu segundo en sabiduría. Sócrates, fanático da lóxica despreza ó mesmo tempo ó arte e mais ó istinto. Sócrates trastocou a verdadeira xerarquía das cousas: seu demonio sómentes actuaba en senso negativo; n'il a parte do istinto era crítica e sómentes foi creador polo consciente. Tamén Platón, vítima do socratismo, pensaba qu'a traxedia debía ordearse no mesmo plán qu'as artes cosméticas e da cociña. Pra chegar a iste estremo tivo que sacrificar nas aras de Sócrates a sua admirable natureza artística, e defender ó artista filósofo contra o, asegún il, artista inentilixente. Tiña razón Aristófanes cando facía cantar ó coro: «Saúde a quen non vai latricar con Sócrates. Saúde ó que non maldizoa as Musas e non sinte un cego desprezo polo sublime da traxedia» Sócrates non sentía a música, foi o precursor da ciencia que debía nacer na Grecia. E a ciencia e a arte son contrarias. Foi o primeiro gran grego feo: ollos de ce, naris cóncava, boca groso, fala tatexante. Pai da lóxica e destruidor do drama musical que concentraba toda a lús da arte antiga. Mais o socratismo é mais vello que Sócrates; seu elemento propio, a dialéctica, xurde na traxedia cando empeza o predominio do diálogo que inicia a evolución remataba na peza de intriga c'a morte da música esencial ó senso verdadeiro da traxedia. Ista era pesimista, nada no mantanial fondo da piedade: o herói tráxico bótase na desgraza, cego, c'a testa en volta en veos, sin consolo, cheio d'unha nobreza que fire as almas. En troques a dialéctica, procurando a causa e o efecto, negando todo o que non se pode analizar por conceptos, é por natureza, optimista. Desque tal elemento entrou na traxedia produxo unha oposición semellante á da matemática e a música modernas. A dialéctica olla na desgraza un erro de cálculo e cando destroiu á traxedia puido chegar a comedia. As tres espresións Socrátecas: «virtude é saber; sómentes se peca por ignoranza; soilo é feliz o home virtuoso» mataron c'o seu optimismo á traxedia pesimista. Non deixou qu'o diálogo e ó monólogo se fundiran c'a música, e a música afastouse da traxedia procurando na forma d'unha arte absoluta un desenrolo ceibe. Morreu en Eurípides o drama musical cuio cume e froi Esquilo. Morreu pra sempre o drama musical? O Xermano non pode criar outra cousa que a grande ópera, que respeit do drama musical antigo é como o simio acarón do Hércules? Iste é o noso mais grave problema. O Xermano que de tal xeito non'o sinta é que morreu baixo un novo socratismo que non fai mártires, nin fala grego, nin se gaba de saber ré; a Prensa de hoxe.
Estas liñas queren coller as ideas esencials da conferencia que F. Nietzsche fixo no Museu de Basilea nos comezos do 1870. Estivo inédita, aparte d'un pequeno pasaxe haste que Max Ochler, arquiveiro do Nietzsche Archiv diulla a Commerce na que se publicou («cahier XIII») con tradución de I. Paulhan, un dos colaboradores na nova Biblioteca das Ideas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571959.xml
NÓS por mor de unha grande guerra que tiveron cos romanos.»
O Cabanelas, rapaz que xa nos informou encol do Castro de Trelle, refire:
«Na noite de San Xohan, sai no Outeiro de Vimieiros unha moura, que se pón por riba de uns penedos que hai na banda oeste do Castro. En canto se pón n-iles deita no sitio unha fonte, en cuia auga a moura lávase a cara e pentea os seus cabelos.
Ista moura ten encanto, e anque moita xente teña ido velar e a teñalollado sentada toda a noite penteando nos cabelos deica a mañá en que desparece, ninguén pode agarrala, pois sempre que se tén intentado xurden cobras as moreas, que se non botan as persoas, mais que meten moito medo. Semellantes cobras fuxirian si se souper o xeito de desfacer o encanto mais se non sabe i-é grande lástema.
De unha vez uns ingreses non dando tino das cobras quixeron agarrar a moura, i-entón armouse tan grande estrondo, que fuxiron arripiados e non voltaron ó sitio.»
Iste castro ten tamén as suas indispensabels trabes de ouro e de alquitrán.
BIBLIOGRAFÍA.—Inédito. (Catalogado por Alfonso V. Monxardin e Florentino L. Cuevillas.)
Número 111
A RODELIÑA
EMPRAZAMENTO.—Na provincia de Ourense, concello de Cartelle e freguesía de Espiñoso. Costruído no cume de un outeiro cativo e coberto de piñeiros, que se ergue a 600 metros cara ó suloeste do Outeiro de Vimieiros.
DEFENSAS.—Un cume aplainado con lixeiros vestixios de parapeto, un aterro de 8 á 10 metros de outura e restos de un foso que se fai ben patente na banda do leste.
MENSURAS.—De xeito circolar mede:
Do leste ó oeste 40 metros.
Do norte ó sul 34 metros.
OBSERVAZONS.—Os terrapréns paréz que non tiveron muro de contenzón e que o parapeto era soio de terra.
FOLKLORE.—Non se pudo acadar ningún.
BIBLIOGRAFÍA.—Inédito. (Catalogado por Alfonso V. Monxardin e Florentino L. Cuevillas.)
N. da R.—Por non se teren recibido a tempo os grabados correspondentes á iste traballo pubricaránse no proisimo número.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571958.xml
De unha vez un rapaz de Sabucedo, que andaba á gardar o gando, rañou c-un coitelo n-unha peneda que hai no castro. Asin que o fixo púxoselle diante un xigante moi grandisimo, con ollos de boi, que lle contou que na fonte mais perto da cerca había acobilados unha cabra e mais un cabrito de ouro.
O rapaz, aínda que tomou moito medo, contou no lugar o que lle pasara, i-entón foron homes que andiveron á medir, e viron que a tal fonte era unha que deita nas abas do sul e cavaron alí e non se sabe se atoparon algo ou non.
Un home de Pereira de Montes, freguesia raiana ca de Sabucedo refirenos iste caso que a il mesmo lle aconteceu:
«Andaba eu na sega en Castela, n-un lugar unha miga desviado de Madri, que se chama Alcobenda, cando un siñor de alí, home moi rico e dono de moitas terras, preguntoume que de onde era eu, e o responderlle que de perto de Ourense dixome:
—Quén poidera ir alá, por aquiles campos hai un castro que lle chaman de Trelle e n-il atuado moito haber e unha Virxe toda de ouro».
O mesmo informador asegurounos que o castro está oco por dentro e que sendo il neno, había no sitio un burato tan fondo, que as pedras que se lle botaban caian sen que se sentiran bater no cabo.
BIBLIOGRAFÍA.—Inédito.
(Catalogado por Xaime P. Coleman e Florentino L. Cuevillas).
Número II
OUTEIRO DE VIMIEIROS OU DE DONÍZ
EMPRAZAMENTO.—Na provincia de Ourense, concello de Cartelle e freguesia de Espiñoso. Ocupa o cume de un monte de 560 metros de altitude, que se ergue cara o leste e a menos de 1 kilómetro da aldeia de Doníz.
Albiscase dende il a bisbarra rica en castros dos concellos da Merca e Celanova.
DEFENSAS.—O sistema defensivo do Outeiro de Vimieiros é complicado de abondo. Por baixo do recinto central, lixeiramente aplainado, e que conserva en moitos sitios vestixios de parapeto, óllase un aterro moi pino cuio altor vai dos 8 ós 16 metros. Ó pé de il, corre polo oeste e suloeste un soio foso, ben esmorecido as vegadas. No noroeste os fosos dupricanse e ó emprincipiar a banda careada ó leste cadupricanse, seguindo de tal xeito deica ó Sul, onde os tres mais esteriores afástanse do outro, formando un antecastro de 25 metros de longura máisima, morrendo logo alí o mais esterior de todos, e indo os demais a xuntarse co do interior.
De semellante dispositivo, dá unha idea aproximada o croquis que acompaña ista papeleta.
MENSURAS.—De feitura case cadrada mede iste castro:
Do norte ó sul . . . . 156 metros.
Do leste ó oeste . . . 150 metros.
OBSERVAZONS.—Non paréz que o Outeiro de Vimieiros acochara no seu recinto central construzóns de pedra. En troques o aterro que o cingue, estivo sostido por un muro que poidemos ollar ó descoberto en certos sitios onde recentes chuvias abriran un quenlle.
Convén facer resaltar a forma case cadrada do recinto interior, mais que semella así e todo ter recantos arredondados. Coidamos que iste feitío moi pouco abondoso nas construzóns castrexas galegas, foi adoptado pra poder abranguer na área fortificada algunhas penedías prominentes que por ali afroran e que en gran parte coinciden ca liña do parapeto.
No recinto interior apareceron hai pouco tempo algunhas tégulas.
FOLKLORE.—Un home da freguesia de Pereira de Montes cóntanos:
«En tempos o Outeiro de Vimieiros foi cidade de mouros, e de ela foron desbotados».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719525.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabelecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571955.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano X ★ Ourense 15 Abril 1928 ★ Núm. 52
Dos hermos astraes
CABRAS
I
As cabras da Vía Láctea tiraron ao monte hoxe; o cabreiro vai, con sono, meténdose n-a noite.
Mail-o cabrón do loceiro da tarde, com-a decote, berra, encelado e doido, n-a soedade da noite.
II
Berran as estrelas no fondo silenzo. A noite agoira saudades mentras, a neve, caendo,
III
vai orballando nos agros leite d-as cabras do ceo.
Pastoreando loceiros repinicaba na frauta o pastor, —vento mareiro—, bagullas de lus, a lua branca, de mes de Xaneiro.
Repinicaba saudades dos tempos do vrán, i-o inverno, com-unha cunca de leite callón a lua no ceo.
JULIO SIGÜENZA
Montevideo, 1928.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719524.xml
A BIBLIOTECA DA «REVISTA DE OCCIDENTE»
Não é preciso meterse de novo na discussão do meridiano. O millor será que cada terra se rixa pol-a sua hora. Somentes de tal xeito se mantén a armonía cósmica. Mais non se pode esquecer coma todol-os meridianos arelantes procuran un polo, de pensamento; é xusto notar—o comentario agora soilo confirma o sentir dos escollidos—como un feixe de meridianos, da Europa central, pasa por Madrid. Ten sua oficina de lonxitudes na Biblioteca da *Revista de Occidente*. As coordenadas refírense ás diversas filosofías xermánicas. Antigas e novas locen as constelações con lume sempre animador. ¿Que importa qu'algunhas teñan morto namoradas brilhantes seu raio? Entre as xeometrías que dispoñen as craras estrelas talladas en diamantes ceibes, albiscanse nebulosas, mate ria primixenia, sin organizar. Hastra o lume refrexado na curtiza dos astros mortos di pol-o menos a sua malenconia. Pois todo pende en grande parte do ollar que enxerga e, un pouco menos, da perfeución do telescopio. As estrelas como os filósofos endexamais adquirem grosor real apesar dos adiantos da técnica. Son sempre puntos lumiosos, istantes do decorrer d'unha lús imorredoira: o misterio da individualidade. Sempre é boa a compañía d'un filósofo. Ho xe inda mais. Xa estamos cansos de tomar por constelações as luces municipais das cidades na noite, e por nebulosas as rúas alomeadas pol-os dancings. Hai que escolmar ou armonizar entre a escuridade das carballeiras e a esfera do ether.
Inda está por esquirbir a historia da primeira aventura da filosofía alemá na Iberia. O terceiro tomo dos *Heterodoxos* soberbio de mocedade foi desmasiado d'un tempo e do tempo do seu autor. A cerveza que beberan na Xermania os primeiros pensionados—lembremos as tertulias de Sanz del Río—soilo trouxo outros pesadelos á noite española do dazanove. Os pensionados d'agora saben onde beben e van dotando ó castelán d'unha Biblioteca filosófica, quizais única nas falas romances. Teñen o senso da vida e da curiosidade esperta: acarón de Max Scheler chega Brentano. Xa Simmel, Frobenius, Messer, figuran na primeira educación do estudante universitario que non fai moito se mantinha de positivistas e kraussistas remocicados e tiña esquecida a escolástica. Pois sin dúbida un dos maiores pecados contra o Espírito feitos pol-o Liberalismo Español foi a supresión das Facultades de Teoloxía. Imonos curando d'aquila separación entre a filosofía e a vida. Xa de cando en cando a lús d'unha das grandes estrelas decorre longa e seria sobre o stadium dos ensaístas. Xa vai sendo temerario o descobrimento dos mediterráneos como no tempo do 98. Axiña sairá unha tradución da Filosofía da Hestoria, de Hegel. Agardemos que non se demorarán os románticos, e no seu centro a nebulosa, vibradoira de lús moza de Schelling. En Francia baña moitos rapazes na sua espranzada alborada. A *Revista de Occidente* tén de cheo dereito ó seu título.
O CENTEÁRIO DE IBSEN
En moitos centearios a data do dazanove asombra somentes pol-a obriga da lembranza, a data do vinte. O nome de Ibsen endexamais foi esquecido: segue alentandose vasto peito criador impoñendo a meditación apaixonada de fortes realidás envoltas n-un ensoño lonxano de Wiki afeito a navegar pol-os mares onde cruzan pelengrinos os icebergs. Pois en Ibsen hai un grande sopro atrático e unha étnica esprencia de pobo mariñán. Abonda a lembranza da *Dona da mar*. Ibsen viviu en Beugen, vella vila au séntica e sempre tivo moito de capitán de navegación *au large*. Os mariños sempre foron fieis a Ibsen: Nansen dixo que o poema ibseniano *Terfe Vigen* foi o que o sostivo nas longas noites de inquietude na sua primeira expedición polar. Ibsen atópase en todal-as bibriotecas islandesas. Non lembro onde teño lido a chegada d'un barco noruego que levando o nome do autor de *Nora* a un isolado fiord da costa de Chile; un nome pra ligar os fiords do norte e ‘os do Sul. Os homes, entón novos do 98 sentían en Ibsen a paixón millor encarnada en esquirtor, do século dazanove: soupo ferir as realidás com'as augas firen as costas rocosas e criam mornas badías femininas, fondas, azues, com'as almas das mulleres ibsenianas. Tivo que xurdir n-un pobo sin mais tradición literaria que a folklórica pra millor enxergar, cos ollos lavados pol-a lús dos neveiros os problemas morais da Europa. Seu país non-o quixo, mais con certa coquetería de paisano que olla a un fillo prodixio. Il moito lle quería; hastra gardaba a gravidade xermánica, deixábase chamar o Dr. Ibsen e puña fodal-as condecoracións como un Leibniz. É curiosa a sua comparanza con Strindberg; os suecos e daneses ollaron mais pr'o Báltico, o Mediterráneo do Norte.
Suscribase a
“A NOSA TERRA”
Idearium das Irmandades da Fala
Imp. *NÓS*, Real, 36-1.º A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719527.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá. No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabón da Toxa ademais de ser o mellor é un produto galego que nos honra no mundo enteiro
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157195&posicion=12
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719521.xml
NÓS nos, que no hace un año se vió un ejemplo elocuentísimo de ello. Un desgraciado parricida que espió su crimen en el cadalso, entró en la cárcel de Orense, tranquilo casi sonriente... El infeliz traía constantemente bajo el sobaco un huevo de cuya virtud esperaba su salvación; más como no se mudase la camisa temiendo que se le cayera el huevo en cuestión, porque en ese caso el talismán perdía su fuerza, hubo necesidad de obligarle a cambiar de ropa interior. Fué cosa que le contrarió vivamente, apoderándose de él el más grande desaliento cuando al mudarse se le cayó al suelo el huevo milagroso... Es este a distancia de diecinueve siglos un caso parecido al que nos cuenta Plinio de aquel caballero romano que para salir vencedor en una cuestión judicial se proveyó del talismán reputado como el más eficaz para ganar todos los procesos, llamado huevo de serpiente o huevo druídico*.
Compre que ratifiquemos a ausoluta veracidad de iste derradeiro relato de Murguía e que engadamos que o parricida en custión coidaba, asegún nos aseguraron personas que interviron no seu proceso, facer saír do ovo unha cobra ca quentura do seu corpo.
E pra rematar faremos ainda algunhas observazóns que quizais non estean desprovidas de certo intrés e que se refiren á diferente natureza das serpes asturiáns e galegas.
As cobras do folklore do Principado son case de cote unha caste espezal de mostros, os cuélebres, que como logo imos ver, teñen forma e costumes espezaés e por contra as serpes da mitoloxía galega son sinxelamente serpes, por vegadas moi grandeiras, e na maoría dos casos mouros ou mou ras que toman aquil xeito ben pol-a sua vor tade ben pol-a podenza de un feitizo.
No respeilive á vida dos cuélebres astu riáns compre facer notar un chocante paralelismo, consinado xa por C. Cabal.
Referindose a iles dí A. del Llano:
«El Cuelebre es una serpiente alada que custodia tesoros y personajes encantados. Vive en los bosques, en las cuevas y en las fuentes de gran cavidad subterránea».
«Ataca a las personas y a los animales; la escama que le cubre es tan dura que rechaza las balas; únicamente se le puede dar muerte hiriéndole en la garganta».
Cuando es viejo y está muy encascarado, es decir cuando su escama está muy dura y crecida, le prohibe Dios permanecer aquí y se va volando a la mar cuajada, donde viven los Cuélebres que, por ser viejos, han sido expulsados de sus viviendas. En el fondo de este mar hay montones de riquezas, pero los hombres no pueden apoderarse de ellas por causa de la vigilancia de los Cuélebres».
Constantino Cabal en «Los dioses de la vida» precisa unha miga mais, e conta que a mar soterránea onde se refuxian os cuélebres e a que se chama a mar tapada onde hai un imenso viveiro de diamantes que poden así e todo apañarse botando anacos de carne atada con cordas por certos buratos que van dar a aquella mar. Os diamantes apeganse á carne e pra recollelos soio hai que erguer os anacos tendo tino de ceibalos da voracidade vixiante dos cuélebres.
Notou xa o deviíndito etnógrafo a forte semellanza de iste relato co consinado na Segunda Historia de Sinbad o Mariño na que iste refire como caíu n-un val fondo como un puzo, inzado de pencdas de diamante e de diamantes soltos, mais cheo tamén de cobras grandes como palmeiras. E conta despois como os homes botaban dende enriba anacos de cameiro Os que se apegaban os diamantes, anacos que as aves-rocks levaban nas suas poutas á superficie da terra habitabel, sendo recollidas de tal xeito por aquiles minciros de novo xénero.
O parelilismo é tan esaito que fai matinar n-algunha cousa mais que n-unha sinxela coincidenza, sendo ben que lembremos pr'o caso que asegún a crítica dos testos das Alf Laílah Ona Laílah, os viaxes de Simbad foron redaitados denantes do século X e apóndolle ainda algún escritor unha orixe malaia.
A indole somente espositiva que quixemos dar a iste traballo, impidenos alongarnos en novas considerazóns e decir algo en col da estensón e sifilicanza do culto da serpe nos pobos antigos e relazoar as almiñas-ser pes que fan a romaxe á San Andrés de Te xido, con outros espritos de mortos que re-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719518.xml
tar as serpes gardians ou pra voltar á sua figura humán as personas convertidas en serpes son case de cote os mesmos nos tres países. O mais usado é o bico, na testa, nos beizos ou na língua. Por vegadas o bico poetizase e a cobra leva entre os dentes unha fror que compre coller cos beizos (San Cibrán das Lás, e tamén nas Asturias). N-outras ocasións o bico non se precisa e abonda conque o animal bafexe na boca da pessoa que fai o desencanto (Guimaraes, Minho).
Os outros procedimentos son os seguintes:
Por meio de un bolo de pan, que hai que gardar durante un tempo determinado sen decidir ren a ningúen sobor do caso (Asturias) ou dándollo a comer á cobra. (Guimaraes). Iste xeito de desencanto aparez apricado ben veces na Galiza ás mouras que viven nas fontes.
Dándolle de mamar unha muller (Guimaraes).
Ferindoas ata que deiten sangue da testa (Guimaraes).
É iste o mesmo en Portugal que en Galiza, o modo crásico de desenfeitizar ós lobishomes.
Todos istes procedimentos son axudados en ocasións con medallas ou reliquias que leva consigo o que fai o desencanto ou con desconxuros, que nos mais dos casos teñen que ser botados por un crego.
Mais non para eiquí o papel preminente que as cobras desempeñan na mitoloxía popular galega. En primeiro lugar é iste reptil en compaña do lobo os dous únicos animais que gozan de certo prestixio máxico e son tamén case os únicos (hai na Limia a princesa convertida en rá) cuia forma collen as persoas enfeitizadas. O raposo que soa moito no noso folklore é de cote o listo pillabán das fábulas; a águia, a galiña, a cabra son cando aparecen persoaxes de apólogo, e soio a serpe e o lobo precisan de poderes especiais pra contrarrestar a sua podenza.
E ainda o intrés que o rol folklórico da serpe debe inspirarnos aumentase se consideramos as seguintes verbas de Bosch-Gimpera: (1)
«El Periplo (refiresse ó periplo fonte da Ora Marítima de Rufo Festo Avieno) conserva a tradición de que los Saefes y los Cempses no son en Ophiussa (la costa de Portugal) sino una población reciente. Antes vivían alli los Oestrimnios que fueron expulsados por una invasión de serpientes».
E mais adiante:
«Schulten hace notar que el nombre de los Saefes se deja reducir al griego Sepes, o sea al de la serpiente».
E logo:
«Los invasores célticos se llamarian a si mismos con un nombre céltico equivalente a serpiente (caso frecuente entre los pueblos primitivos) el Periplo tradujo dicho nombre al griego, sea que conservase su significación étnica, sea que ya confundiese con etimología popular la tribu con el significado de su nombre».
É ben advertir que Bosch-Gimpera coloca o mesmo os Oestymmios, pobo precelta, que os Saefes no norte de Portugal i en Galiza é asín resulta doado o comprender a indudabel importancia que ten pra nós o determiñar non soio os aspectos que a serpe reviste na nosa mitoloxía popular se non tamén ver de dexergar as imitanzas e diferenzas que presentan ó polos en comparanza cos xeitos peculiares das Asturias, de cuia rexión posuímos, grazas ós traballos de A. del Llano e de C. Cabal, unha forte e ordeada documentación.
A mais dos espostos denantes aparecese-
(1) Ensayo de una reconstrucción... B. de la B. Menéndez Pelaio, R. de Guimaraes, vol. XXI, 1904, páx. 156.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719516.xml
onde estaba ise diñeiro era na Boca do Castro.
Alcóntranse a fartura no folklore galego relatos análogos a iste, en que un individuo, enteirase lonxe da sua aldea do diñeiro que n-ela está acochado, ben pol-o que lle dí un mouro, ben pol-o que lee n-un libro. No castro Morgadán e no do Neixón recollimos xa referenzas de ista crás que teñen ó noso sentir un orixe literario. O libro onde se alcontran as notizas dos haberes acobillados non é outro que o Libro de San Cipriano, que de tanto creto goza en terras de Galiza e de Portugal, sendo de notar que n-iste derradeiro país, do que proveñen moitos dos eisemprares que oxe se conservan no noso e no que ben veces se localiza a inesperada descoberta das notizas de tesouros a que de-
(Fig. 32).—A PEDRA DO DEMO
cia Villaverde, oxe morto e mais á unha irmán, unha galiña de ouro cos seus pitos». (Contado por Benigno García Villaverde, irmán do héroe e de uns 40 anos de idade).
A galiña con pitos, fora de lugar poboado, é sinal de tesouro, e asin aparez consinado na decrarazón de un testigo dos procesos de Vázquez de Orxas (1) e asin nol-o contaron a nós con referenza ó Castriño da Ceca (Castro de Caldelas).
Ora que por vegadas o sinal trasformase xa en tesouro como no caso aitual e ainda en ocasións desempeña un dobre papel coma acontez en Bergantiños, onde unha galiña con pitos de ouro, serve de guieiro pra chegar á un tendal de cousas preciosas.
O ADIBAL-SERPE.—Conta o xa citado Ramón Piñeiro:
«Un señor de Macenda moi rico que tiña un criado quixo viaxar e mandoulle que arregrase todo que ian ir os dous pol-o mun do. No intre o señor foise á horta, atuou o diñeiro, que era moito, e atouno c-un adibal decindo ó mesmo tempo:
Adibal eres, culebrón te has de volver el que de aquí te ha sacar, tres besos te ha [de dar]
Mais o criado ouviuno e cando chegou ó barco que os había de levar, no instante de sair xa pr'o mar e cando todos estaban a bordo, dixo que ágardasen un momentiño que se lle esquecera unha cousa principal.
O barco agardou mais en vista de que non voltaba ergueu ancras e foise co señor só.
O criado entanto marchou ó sitio do tesouro e saleulle un culebrón grandisimo. Tremeu un pouco, mais por fin deulle un bico e o culebrón retorceuse; deulle o segundo e o culebrón apreixouselle ó corpo como si quixera acabar coil; deulle o terceiro e o culebrón convertiuse en adibal. O mozo entón colleu o tesouro e cando o señor voltou atopouse sen ren.
Compre notar en primeiro lugar que iste mesmo conto foinos referido en Bamio (Carril) anque unha miga mais completo. Aqui
1. Andrés Martínez Salazar, Sobre apertura de minas a principios del siglo XVII, B. de la R. A. Gallega números 29 a 30.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719522.xml
NÓS
visten idéntica forma na mitoloxía grego-romana.
Pol-o demais pouca perda é un aprazamento en tal custión xa que esta parte do folklore galego pódese decir que se alcontra aínda no periodo de recollida de materias.
A PEDRA DA CRABA
(véase o número 12 do mapa)
Alcóntrase a pedra de iste nome na freguesia de Cespón, concello de Boiro, perto do mar e uns 50 metros cara ó oeste do cruceiro de Cubleiño. É unha peneda de grá que afrora ó chan horizontalmente e que presenta insculturados dous animais, postos un en col do outro (fig. 34).
O da parte superior que é moito meirande qu'o da inferior, mede de longo 50 centímetros representa á un animal seguramente do xénero capra, os cornos lixeiramente curvados e botados cara atrás.
Pertence ista figura a un tipo pouco abondoso entre as representacións zoomorfas galegas. Emparentado cas do grupo a) da crasificación denantes enunzada, diferénzase así e todo dos cervos dos Ballotes e dos animais de Axeitos na estrema delgadeza do corpo que contrasta co eisaxerado abultamento que no de aquiles se observa. Por outra parte a forma de estar tratadas as patas é tamén distinta; as dianteiras saen angularmente de un mesmo punto do peito namentras nas figuras dos Ballotes e de Axeitos afástanse unha da outra como se buscaran dar unha sensazón de perspectiva. As patas traseiras en troques óllanse interpretadas do modo típico das insculturas do tipo b) esto é continuando sinxelamente as liñas arredadas do lombo e do ventre.
A pesar das suas singularidades non deixa de ter ista figura os seus paralelos na mesma terra arousán podéndose olar nos gru-
pos dos Ballotes e do Meadelo dúas representacións de estilo ben imitante á que nos ocupa. (1)
Compre tamén facer notar o circo incompreto que aparez axuntado a unha das patas traseiras de iste figura e observar a sua imitanza co outro circo incompreto que se olla posto a rente do coarto posterior de un dos cervos da composizón principal dos Ballotes.
O pequeno animal que se atopa insculturado por baixo do anterior, áchase ou incompleto ou moi esmorecido pol-o tempo. Pol-o que de él pode ollarse parez que debe pertencer ó grupo b) da nosa crasificación.
Pertence iste fermoso pazo, situado na freguesía de Lampón, concello de Boiro, a D.ª Mercedes Caamaño, viuda de Sanjurjo, cuio administrador amostrounos os tres devanditos machados barceiros, que forman parte de unha curiosa coleizón de armas.
O primeiro (fig. 35, núm. 1) é de serpentina e presenta no cabo inferior dous estreitamentos pra facilitar o mangaxe.
O segundo (fig. 35, núm. 2) é de fibrolita e de gume case reito.
O terceiro (fig. 35, núm. 3) tamén de fibrolita e unha aixada ben caracterizada pol-a forma do seu gume.
Os tres teñen as caras paralelas i-están polidos coidadosamente. Por istas circuns tanzas e pol-a crás de pedra con que están fabricados, debense crasificar todas istas pezas n-un eneolítico xa adiantado.
Inoranse as condiçóns do seu achádego, sabendose somente que se atoparon na Barbanza.
(1) Vex, F. Bouza Brey Trillo, Una estación de Arte rupestre en las márgenes de la Ria de Arousa, t. a. Das "Actas y Memorias de la S. E. de A. E. y Prehistoria" volume VI, 1971, figuras 13 e 22.
FLORENTINO L. CUEVILLAS E
FERMÍN BOUZA BREY
LEA VOSTEDE A PRIMEIRA PARTE DE
OS CAMIÑOS DA VIDA
NOVELA POR OTERO PEDRAYO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719528.xml
AGUAS DE
MONDÁRIZ
FLUENTES DE GANDARAYTRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en total-as
Boticas, Drogueirías
Hotels,
Depósitos d'augas
minerás,
Restaurants e
vagós-camas de
todol-os trés
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísemo
cand'un quer combater o
Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidádes diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
MONDARIZ-BALNEARIO Áchase á 35 Km. de VIGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571956.xml
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
PUBRICADO POL-A SEIZÓN DE PREHISTORIA
DO «SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS» DE SANT-YAGO
SEIZÓN SEGUNDA
TERRA DE CELANOVA
Queda comprendida ista terra de Celanova no curso meio do río Armoia, entre os outos de Corbillón, que cinguen pol-o oeste a vila de Allariz, e a vizosa valgada de Ramirás, regada pol-o Tuño.
Determiñan iste anaco de cunca, polo norte e facendo a divisoira co río Miño, os Castros de Trelle (600 metros de altitude) e unha ringla de outeiros mais baixos que van pol-a Manchica e pol-a Merca á rematar seguramente en dous cumes ben individualizados, o Outeiro de San Marcos e o Pico de Castrelos. Pol-o leste e sul, o val Arnoian fica afastado do Limia por un forte erguemento, cuyos principaes accidentes son, o Monte do San Cibrao, de 915 metros; o do Furriolo, de 850 e o Monte Grande de Bande que atingue os 1.000 metros.
Dende os puntos mais prominentes da cunca, o terreo baixa en escalóns con debaxos dondos, deica chegar perto do río, onde as costas fanse pinas, apreixando a corrente que escoa n-un leito de grande estreiteza e fragosidade.
Toda ista terra alcóntrase percorrida por infindos regatos, sendo o mais importante o Sorga ou Ribeiro, que nacendo nas abas frías do Monte Grande, vai desaugar na Arnoia, nos termos da freguesia de Barxa.
A banda da direita do val que nos ocupa, atópase formada por estratos cristaiños, habendo nos fondaes algúns aluvións arcillenos e aparecendo moi abondosas as formacións eluviaes de arcillas roxas e marelas misturadas con mica e con seixo miudo.
Na banda da ezquerda, sen fallar os gneis, hai mais fartura de pedra de gra, cuias penedías, dexerganse de preferenza por baixo do San Cibrao e ó sul da vila de Celanova.
Pol-a sua outura meia (500 metros) e polo xeito da sua agricultura, crasificase doadamente ista bisbarra entre as de meia montana, con cultivos de centeo, patacas e millo e con bons prados e lameiros. Soio en algúns lugares baixos e ben espostos á raxeira do sol, precurase a vide con certa intensidade e soio tamén nos outos do Furriolo e do Monte Grande, estese a serra ca sua alfombra de toxos, carpazas e pequenas carballeiras e cas suas searas severas, onde non campan os pendóns do millo.
Na banda da direita, óllanse de preferenza, masas mestas de piñeiros e na da ezquerda andan mais bastos os carballos e os castiñeiros.
En toda a bisbarra, agás nos macizos montesíos, inzase unha poboazón moi densa. Costituena xentes de agradabel aspeito físico e de pequena estatura, entre a que se atopan moitos tipos loiros. O seu caraiter é trouleiro e divertido; son tamén sinxelos e rutinarios e grandes visitadores dos países de alén mar.
Número 1
CASTRO DE TRELLE
EMPRAZAMENTO.—Na provincia de Ourense, concello de Barbadás e freguesía
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/11571957.xml
NOS
de Sobrado do Bispo, Afastado 4 quilómetros de iste derradeiro lugar.
Está construido no cume dominante de un macizo formado por un fato de outeiros, que sen dúbida por estensión, coñecense co nome de Castros de Trelle e que corren por termos dos concellos de Barbadás, Merca, Toen e Cartelle.
A parte baixa de tal macizo, áchase pol-o sul e pol-o ponente, ben precurada de piñeirás, e pol-o norte e nacente, cóbrena as touzas e viñas das freguesías de Moreiras e Sobrado, mais o centro atópase ispido de arbolado e non ten outra vexetazón que as carpazas nos sitios outos e algunha herba e xuncas nos fondos lamazas por onde corren nas invernías pequenos regatos. As abas dos outeiros son de costa lene e os cumes arredondados.
Dende o lugar do emprazamento do castro, a 600 metros por riba da xorfa do mar, ó ollar esparese por unha paisaxe aberta, que colle estesos terreos dos vales do Miño e da Arnoia.
DEFENSAS.—É iste un castro de dous recintos, que se presentan ó xeito de dúas terrazas ovaladas, superpostas e concéntricas, cinguidas pol-os seus respectivos terrapréns, de oito metros de outo o da cima e de seis o de abaixo.
Aparecen os taes terrapréns cobertos de terra e sen ter por fora ningún sinal de muro, mais despois de practicar n-iles un corte de 50 centímetros de fondura, poidemos comprobar que no seu interior existe unha muralla de contenzón; case vertical, feita con cachote pequeno de pedra esquistosa, posta en seco no senso dos estratos, labrado na cara esterior e aparellado con tanto coidado, que forma un paramento ben xuntado e liso. As murallas debian seguir sen dúbida por riba do chan ó xeito de parapeto, mais oxe non quedan de elas outros restos probabels, que os anacos de cachote esparexidos na superficie do castro.
Uns 30 metros por baixo do terraprén inferior, e soio pol-a banda careada ó norleste, vése unha área aplainada, como se ali houbera habido ou se houbera intentado a construción de unha terceira terraza.
MENSURAS.—As mensuras son as seguintes:
Primeiro recinto (Superior)
Do norte ó sul . . . . 112 metros.
Do leste ó oeste . . . 70 metros.
A distancia do primeiro ó segundo recinto é case constante e vai dos 46 ós 50 metros.
OBSERVACIÓNS.—Na área superfizal do castro e mesmo na terra que remeximos ó practicar as lixeiras esporadizóns, atrás mencionadas, non descubrimos ningún alicerce de casa, nin xiquera un testo de xerra, nin de tégula. Non hai tampouco lembranza no país de que teñan aparecido no sitio nin os seus arredores, obxetos arqueolóxicos. Soio na freguesía de Loiro, desviada do castro 3 quilómetros cara ó leste, foi atopado hai tres anos un tubo de barro romano, pertencente ó parecer, a unha condución de auga, tubo que está oxe depositado no Museu da C. de Monumentos de Ourense. Iste dato fai matizar na existencia en Loiro de unha villa, quizais sucesora da acrópolis castrexa nos tempos da domiñanza latina, sendo tamén de notar pra o caso, que a villa de Loiro figura entre as donadas no 5 de Maio de 1133 por Alfonso VII, o Emperador a D. Martiño, bispo de Ourense, pra ampriar ó coto vello da cidade (Florez, España Sagrada, volume, XVII, páx., 86) e asimesmo a construción de unha eirexa, case seguramente en 1110, eirexa que ainda está en pé e serve de parroquial. (E. Marquina, San Martín de Loiro, B. de la C. de Monumentos de Ourense, volume, III, páx., 241 e segs).
FOLKLORE.—Ó noso bon amigo D. Eladio Garza, veciño de Sobrado, debemos esta consella que il ouviu ben veces dos beizos dos vellos.
«No Castro de Trelle hai dúas minas, unha de ouro e outra de alquitrán. O que atopa a mina de ouro faise rico, o que atopa a de alquitrán, se non morre abrasado pol-o seu lume, será pra sempre disgrazado e levará a disgrazas ós seus parentes e achegados.
Un mozote de Sabucedo, freguesía situada ó sul do castro, contanos ó seguinte:
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719514.xml
dos Chaos da parroquia e pol-a veiga d'Albeiros hastra o dito coto do Formigueiro. Os habitantes, d'aquela mouras, fan pol-a estrada pra mercar a carne ó coto onde tiñan o despacho: mail'a tradición non siñala cidade nin tampouco a toponimia. Os paisanos vellos falaban d'haber atopado moitos anacos de ladrillos da dita estrada; mais por sere tarrero moi labourado hoxe non se pode procurar ningún. Certamente houbo un logar en Medelo inda nos medeados do XVIII, da pertenenza da parroquia de Arrabaldo e aquela debeu ser via ben pasaxeira por moitos séculos, hastra que non cambearon os eixes de relación da parroquia. O logar da Eirexa endexamais cambeou inda qu'algunha tradición o siñala un pouquiño mais abaixo, e se fale da primeira pia d'auga aberta n'un penedo desfeito fai moito tempo. Posto á igual distancia dos pobos centrais e domiñantes, Cimadevila e Outeiro, ten ó seu arredor a fonte vella, e a chamada Parra do Caíño onde sempre a múseca bota unha tocata despois da misa da festa; istes sitios teñen un prestixio particular no folklore de bruxas e estadeas, quizais pol-a presenza do adral ou cemiterio e da eirexa, quizais gardando a lonxana lembranza d'un castro ou logar primitivamente sagrado. É sabido como as eirexas foron postas no logar dos antigos santuarios. A parroquia foi sempre da Mitra, por mais que a crus do tímpano da porta principal da eirexa sexa en opinión d'algús, a crus dos Temprarios, os que asegun López Ferreiro tiveron residencia en Amoeiro. Os nomes xeográficos dos logares figuran indicar fundacións ben recuadas. Moita terra de Trasalba pagaba foros ó mosteiro de Oseira, pol-o priorato da Granxa de Sta. Cruz de Arrabaldo. De fixo ó mosteiro construíu as calzadas das que se conservan anacos nas costas e a ponte dos Frades e o nome do río do Formigueiro, falan d'iste dominio de Oseira en grande parte da terra.
No coto do castro, de que temos falado, houbo un castelo que figura na lista dos destroidos pol-os Irmandiños. O camiño, hoxe cuaseque abondoado, que por-ali leva dos Chaos de Amoeiro ó val de Punxín, era nos derradeiros da Edade Meia moi transitado pol-a relación entre as terras de pan c'as do viño especialmente con Ribadavia, e debía dar certa importancia ó castelo. D'il sómentes queda a lembranza no nome de castelo dado tamén ó coto do Castro, e un soterraño aberto no cume. Figura na relación de Boan (mais non na de fixo ben incompleta de Molina) c'as de Cornoces, Liñares e Amoeiro na terra dos Chaos. E non figura na relación de fortalezas existentes ó ano 1603 segundo a relación publicada por Martínez Salazar na revista «Galicia». Os pazos da parroquia foron ergueitos nos séculos XVII e sobretodo no XVIII; entón había moito señorío que se relacionaba c'os seus igoais d'outras terras. O feito mais sinificativo da organización administrativa é que toda a rexión baixa da parroquia era do coto de Arrabaldo e sómentes da Xurisdiución de Amoeiro a porción outa dos Chaos e cotos. D'iste xeito os logares de Soutomanco, Bergueira, Pexes, eran d'Arrabaldo e tamén o de Medelo. As xurisdiucións gardaron o senso xeral das atribucións históricas. A hestórea da parroquia non conta c'a axuda dos libros parroquiais que foron queimados a principios do dazanove. Hastra os derradeiros do século XIX o logar de Fechos era da freiguesía de Arrabaldo. O de Medelo hoxe non existe; debeu quedar despoboado a fins do XVIII pois cando a invasión francesa ocultáronse ali os veciños cas suas facendas e alaxas. Mais no censo de Ensenada contanse as casas e citanse os térmos; un d'eles chamábase do Laranxeiro. Un destacamento francés chegou dende Amoeiro e ocupou por dous días ó pazo de Cimadevila. No século XIX os pazos e por dúas vegadas a reutoral foron atacados por partidas de ladróns; una d'elas a do sonado Estebo da Pobanza. N'outro tempo a parroquia amostraba os fondales inzados de pechas carballeiras onde aniñaban os lobos e atopábanse os ourizos hoxe desaparecidos. Cultivábase ben pouca terra e os veciños vivían en grande nugalla moitos d'eles alimentados c'a fariña que lle daban nos pazos. Tiña sona a fartura de rendas, dezmos e primicias da eirexa; inda conserva a grande bodega e dous disformes cabaceiros. Din que a moestra miuda se gardaba en culeiros na sancristía. Hai lembranza d'un abade que foi coengo na Catedral d'Ourense e cercou
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719513.xml
NOS
A eirexa e as necesidás de carregar feixes. Xa os xéneros calcetados trunfan en toda a liña. A parroquia entrou de cheo a ser un suburbio do comercio ourensán e dos seus refrexos espallados pol-as estradas.
Pol-o que se leva dito compréndese cales son as direuciés do comercio. Na parroquia n'hai tenda; apenas unha taberna tenda mal provista. A maor porción do diñeiro da cisportacion dos froitos (centeo e millo nas feiras e almacés, gando, viño, algunha herba, e pouca madeira) empregase en mercar as cousas percisas. Somentes se mantén en grande parte o mobraxe no que non pende directamente das necesidás da actividade labrega. O franqueamento d'una estrada que cruzando o cerne da parroquia xuntando á de Amoeiro c'a de Vigo e Ourense, faría medrar n-unha proporción insospeitada o rendemento económico d'ista parroquia, grande, de variadas terras, poboada e disposta a seguir os ritmos do vivir moderno.
Os vellos xa non son os chamados pol-as novidás. Aceitanas todas especialmente as que veñen das Amérecas. Mais a situación económica non ten moito que envexar. A maor porción das casas deben diñeiro a réditos. Hai abondo de hipotecas e custiós. O caso é dino de ser un pouco considerado.
N-un tempo pagábanse moitos foros. Eles formaban grande parte do capital dos pazos da parroquia. Había pouca terra ceibe. As grandes rendas eran do señorío de condeses un pouco vagos: de Ribadavia, de Punxín, decían os paisanos referíndose á localidade das tullas. Moitas tiñan seu orixen nos foros de Oseira que tivo moitos n-ista feigresía. Hoxe pódese calcular que se teñen redemido as tres coartas partes. Mais a vida forxou outros costumes non contrapesadas pol-o espírito d'orgaización adoitado ás condiciós xeográficas e sociais. Desfixéronse as institucións petruciaes e comunaes. Todolos fillos casados queren casa de seu, apenas se usan labouras de axuda, desenrólase un forte individualismo de orixen e infruencia cidadán. É dooroso afirmar que xa se vai notando un amolecemento no antergo espírito de traballo que ben guiado e armonizado sería unha salvadora enerxia pr'ó pórvir.
Si perguntades a un labrego enxebre, de Trasalba cal oficio lle chama, responderá, de fixo, que o de canteiro. Todos nacen c'a afición. Dende rapaces acostúmanse a carregar os picos da obra ó ferreiro, e aprenden a cofiecer as difrentes crás da pedra do Rodeiro. Xa quedan poucos cotos por encetar. Tense construído moito perpiaño nos anos derradeiros sobretodo no tempo en que a fartura económica de Cuba se refrexaba nas finanzas da parroquia. Sempre houbo dúas boas compañas de canteiros, chamados tamén pr'as parroquias d'arredor e pr'as casas das carreteiras. E todol-os labregos saben erguer muradellas de forras, ou paredes de laxas pra pechar os eidos que pol-o cemento da poboazón apenas deixan a ermo algúns recunchos da parroquia. Tamén a precisión de criar terra vexetal esnaquizando laxes e penedos axuda á manter a afición ós picos e tiros dos canteiros.
Pra rematar: o vivir necesariamente labrego da parroquia atópase na supreficie orientado d'un xeito crecedeiro car'un senso vilego que non leva ningún remedio ós males sociais da parroquia pois non se cimenta na comprensión das condiciós esenciaes do vivir.
Condiciós hestórecas.
As relacións naturás da parroquia foron sempre c'a ribeira e c'a montaña como n-a quila chaman á rexión dos Chaos. Nos tempos primitivos coma logo na Edade Meia o erguemento penedoso do Rodeiro asexando ós chaos foi aproveitado pol-o seu valor guerreiro. Inda que se non teña estudado metódicamente pódese detremiñar a posición de dous castros: un no propio Rodeiro, outro nos cotos da rexión da Portela por riba do Formigueiro. Sempre debeu ser moi cruzada na como camiño mais descansado pro val do Miño. Nos ermos do Rodeiro téñense sinalado (por Florentino Cuevillas) vestixios de mámoas. A opinión dos irmáns Boán localizando o Medulio no monte do Medelo, ve ciño e do propio sistema topográfico de Trasalba, parés ter somentes un fondamento etimolóxico, de pouco valor. A tradición constante de Trasalba fala d'un camiño que d'os fondales do Medelo, levaba pola rexión
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/9400/9400ace1-30e2-4191-9223-32b287235e83/115719520.xml
y el de la serpiente, situado en el monte Ilicino (así llamado initio, dicen aquellos documentos) hoy Pico Sacro, en la cuenca del río Ulla. Igual referencia a dicho culto hace el acta de fundación del monasterio de San Sebastián de Monsagro (el mismo Ilicino) escrita a principios del siglo X.
Claro está que non é doado dexergar o ronsel de estes cultos no día de oxe, mais a indubidábel preocupación e preferenza que polas serpes amostra o noso folklore fai matinar n-un vello totem trasformado no correr dos séculos e arriostra de algún xeito a hipótesis de Bosch-Gimpera a que atrás nos referimos.
Na Meiciña popular a cobra serve na Galiza, principalmente pra curar a reuma, administrando ós enfermos caldo feito co unto ou ca camisa do animal, ou dando fregas co unto no sitio enfermo. Son moitas as labregas onde se gardan coidadosamente ambas cousas, e moitas vegadas temos ouvido gabar a aizón curativa infalibel e pronta de taes remedios.
A camisa da cobra úsase tamén como profilactica contra o mal de ollo e contra outras moitas doenzas.
Nas Asturias, e según A del Llano, a camisa das serpes empregase preferentemente pra se perservar dos doores de cabeza, levandoa metida no forro do chapeu.
Mais nas terras do Principado os restos de iste reptil teñen a facultade de dar sorte a quen os leva. Sorte no xogo e sorte no traballo asegún reza a copra:
«Pa que seas muy dichosu
esposa mía en la siega
has de llevar siempre al cuello
la camisa de culebra».
Pra ganar no xogo a operazón ten que ser
NÓS
levada con mais tino, perseguindo o animal, pisandolle a cola denantes de matala, arrincándolle a lingüoa e botándoa despois de seca no chapeu do contricante na partida.
É tamén asturiana a consella de que a pedra contra a sua penzoña fórmana elas mesmas, axuntándose varias e babándose. A baba faise logo pedra e cura os efectos das mordedelas.
Relazoada n-algunha cousa con istas consellas, hai outras na nosa terra anque eiqui derivan por mais estranhos vieiros pra situar n-outra crás de negocios.
Trata iste asunto Murguía na sua «Galicia» (1) e de ela copiamos as referenzas seguintes:
«Añadiremos que nuestro amigo y escritor D. Francisco de la Iglesia nos aseguró haber hallado cerca de la Coruña los huevos druídicos de cristal negro. No los hemos examinado, y aun teniéndolos a la vista y siendo reales y efectivos, libráranos el cielo de decir que eran los huevos druídicos formados por la baba de la serpiente, símbolo del universo. Más no se ha de callar que hay entre nosotros una superstición interesante y que a ellos se refiere porque es cuestión de la serpiente y de su huevo mágico. Cree la gente vulgar que, cuando el gallo de siete años pone un huevo, nace del una serpiente. Si en el momento o después que el huevo misterioso da su fruto simbólico, entra en su casa el dueño, si es él el que ve primero a la serpiente recién nacida, no hay para él peligro alguno; al contrario si es ella la que ve, porque entonces es seguro que muere aquel año».
E despois nas Adiciones engade por vía de acrarazón.
«Nuestro distinguido amigo Sr. D. Francisco de la Iglesia, nos advirtió que al hablar del huevo druídico, no dijo haber visto el que tiene por producto la baba de la serpiente, sinó uno de cristal negro, al cual supone se le adjudicarían las mismas virtudes que al angínum. Hecha esta salvedad, añadiremos que la creencia en la virtud del huevo para salir vencedor en los asuntos judiciales es tan viva entre nuestros campesinos.
(1) Barcelona. 1888.