Cargando...
Vázquez Monjardín-Quirós, Alfonso
1901 - 1960Fillo de Luis Vázquez e Josefina Monjardín. Naceu na Coruña o día 24-07-1901 e morreu no Carballiño o día 07-09-1960.
Traballou en Ourense como procurador e nesta cidade tiña tamén unha axencia de viaxes e xestoría. Foi o primeiro presidente do Colexio de Xestores de Galicia (1953).
Foi socio do Seminario de Estudos Galegos e participa na catalogación dos castros galegos que fai esta institución.
Foi un dos fundadores do Partido Galeguista. Participou nas tertulias do Hotel Roma xunto con xente tan coñecida como Otero Pedraio, Vicente Risco, Xocas, Leuter, Blanco Amor, ....
Casou en 1932 coa carballiñesa Emilia Blanco R. Maneiro. Tiveron cinco fillos (Pepelino, María Emilia, Carmelo, Kika e Alfonso).
Detalles
| Lugar de nacemento | A Coruña - España |
| Lugar de falecemento | O Carballiño, Ourense - España |
| Filiación | Partido Galeguista (1931-1950) , Seminario de Estudos Galegos |
| Ocupación | Procuradores |
Presenza na revista
http://gnoss/9400ACE1-30E2-4191-9223-32B287235E83
Autor da revista Nós
Persoa relacionada
Organismo relacionado
| Vázquez Monjardín-Quirós, Alfonso |
|---|
Artigos
Catálogo dos castros galegos : terra de Celanova
por López Cuevillas, Florentino, Pérez Colemán, Jaime, Vázquez Monjardín-Quirós, Alfonso
Ano X Número 52 (1928); p 62-65