https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572298.xml
teis e films coma se fan pra condanar a outra, ou máis, fanse pra alcender esta. Non importa que, com'a outra, a guerra social poida s r, e seña de feito nos máis dos casos, horríbel, brutal, louca, calamitosa e sanguinolenta. Esta canonizada polo marxismo, e pol o tanto, nen é inhuma, nen mos truosa, nen injusta, nen ilógica, nen cruel, nen conculca os dereitos, nen ofende os atributos da personalidade humán.
A outra si, porque é a guerra burguesa; esta non, porque é a guerra proletaria. A guerra búrguesa debe ser condanada; a revolución social hai qu'abrirille paso... porque é a Revolución. No seu nome, pódese, sen remordemento, esterminar á todol os burgueses, pódese lanzar masas inteiras de proletarios á ruína e á morte. Sempre se fará obra santa.
Agora ben: dixemos já qu'Alemaña está saturada de marxismo. Ademais, acontez n iste mundo que non s'opoñen endejamáis, non loitan, non rifan unha co-outra duas doutrinas, duas tendenzas, duas conceiciós do mundo, sen que s'infruyan mútuamente, sen que cada unha colla algo da outra. Polo tanto, hoxe en día, non hai mismamente anti-marxista, non hai contra-revolucionario, que non teña un pouco de marxista. E n'Alemaña ten que ser máis.
Ora: o pacifismo non é tampouco un invento marxista. Na esencia, o pacifismo é d'orige cristiá; nos seus verdadeiros termos, foi doutrina da Eireja Católica en todol-os tempos. Mais quen lle deu o ton de falso sentimentalismo humanitario, pseudoromántico —a guerra coma incompatíbel cos nervos alporizados d'una solteira eru dita e histérica— e cosmopolita, foi a pseudo filosofía do século XVIII, e os corazóns sensíbeis comovidos polo bucolismo idílico de J. J. Rousseau. O socialismo ingénuo herdouno d'alí, e o socialismo centifeco de Marx, por frio, antiromántico e sen escrúpulo que seña, non se sinteu con forzas pra desbotalo, porque s'o facia, espúñase ao risco de non semellar unha doutrina humanitaria. É ben que nono fose, mais tiña que parecelo.
De maneira qu'ademais dos marxistas, hai outros moitos pacifistas, n-Alemaña e fora d'ela. E o que nono é, cala, sobre todo s'está soilo, porque somentes en masa —com' os nacionalsocialistas ou os nacionalistas— s'estreven os homes d'agora á manifestaren afeizos guerreiras; s'o fai un só, apóupano. E, despois da barbaridá de 1914-1918, esprícase. Os pacifistas, de todol os xeitos, son moitos máis qu'os bélicos. Facer, non fan nada positivo á prol da paz; non fan máis que fularen contra da guerra, anque probablemente vai acontecer que, s'os chaman, volvan á ela; mais polo instante, coma movemento espiritual, se non pode negar a forza do pacifismo. É unha atmósfera intelectual e sentimental, un estado d'esprito este so e potente.
Pois ben, aínda antros antimarxistas, aínda antros contra-revolucionarios, cando se pensa, se fala ou s'obra en contra da guerra, semella que non se trata máis que da guerra de nacións ou d'Estados; semella que ningún pensa na revolución e nas suas vítimas. Todal as prédicas, todol os plans, todol os proieutos, van contra da outra guerra, aind cando quen pradica, planea ou proieuta seña un contrarrevolucionario. Veleiqui o que me chama á min a atención. El é qu'aceitan a revolución coma cousa justa? Ou é que a consideran inevitábel, e danse por vencidos? Ou que comprenden que a campaña pacifista, endereitada contra a revolución, non habia achar agarimo no pobo nen ros politecos? Ou que non s'estreven a arriscaren a impopularidade d'unha campaña contra da violencia revolucionaria? Eu non sei. Veleiqui o feito.
Ben: o pacifismo non é todo o cosmopolitismo, mais é o seu argumento Aquiles. Non queremos guerra? Pois fora fronteiras, desaparezan Estados e nacións, e formemos a grande fraternidade de todol-os homes.
Cando trunfemos no mundo inteiro —declame un comunista— faremos desaparecer todol-os odios antros homes; unirémonos todos pra facermol-a única guerra: a guerra do home contra da Natureza —Isto si qu'é grave —respondin eu— no afán de Vdes. por botaren abaixo todol os deuses, non respeitan nen tan xiquera ao Gran Fetiche!
E lembreime novamente de Roberte Hugo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722911.xml
NÓS
pol-os xornais d'esquerda, de qu'a mocedade ten que ser necesariamente avanzada e revolucionaria. Quen ise concepto tivera, habiase atopar eiquí c'unha miga de pasmo. Non é que non haxa rapaces comunistas, coma lle gustan aos nosos escritores esquerdistas; hainos, crar'está, e moitismos, mais en ser comunistas non se difrencian dos moitismos vellos comunistas que hai, algús c'unha chea d'anos que non hai quen leve a contu. Tampouco o comunismo foi inventado por ningúo rapaz, senón por homes que viviron e morreron no século pasado. E ademais, os comunistas non son os máis dos mozos; precisamentes, os máis carniterizadamente mozos, os máis opostos ao pensar das geracións anteriores, teñen un geito de pensar que na Hespaña chamarian reaccionario.
En xeral, hai unha mocedade desencantada, práctica, realista, decidida, asisada, afirmativa. Calidades algunhas d'elas pouco simpáticas, das que non ten as culpas. As culpas son dos seus mestres e devanceiros, a quen os mozos viron fracasar, e agora non queren já ser engayolados e iludidos co-as pantesías do século XIX. Estou por asegurar que nen tan xiquera os mozos comunistas cren já nas teorías de Calros Marx; empregan o marxismo com'unha arma de combate contra da sociedade que queren a saltar, sen prestárenlle por adentro asentimento; se co marxismo chegaran ao trunfo, guindarian co-il aixiña ond'os trastos vellos. Hai já na Rusia unha mocedade d'iste geito, que non cré en Marx nen en Lenin nen en ningunha d'esas cousas; mais qu'as utiliza pra vivir e pra medrar no mundo soviético. Máis a maor parte da mocedade alemana, increente nesas quimeras do socialismo, da igualdade, da democracia, etc, propias do século XIX, propias dos vellos, cando se trata d'affirmar, prefire afirmar os valores tradicionás: a Patria, a Raza, o Imperio, o deber militar, ainda Deus. Eu non digo que seña afeito ideolóxicamente contrarrevolucionaria, que leve un programa contrarrevolucionario —embora d'ela teña saido já un programa con moitas partes esenciás contrarrevolucionarias, coma é o do nacionalsocialismo— digo que ten unha disposición espiritual contrarrevolucionaria. Nos mesmos Wandervögel, e n-outras moitas orgaizaicóns, vive já, incoscentemente cecais, a contrarrevolución.
Hai en moitas partes, n-Alemaña incruso, apesar do qu'eiquí se fala dos mozos, unha estrana incapacidade pra comprender aos d'agora. Iles mesmos láyanse d'isto, e iles mesmos no son capaces de se difiñiren; s'o fixeran, cecais já non foran mozos. Cando van dicir o que queren, pérdense en vaguedades. Somentes se saca en limpo qu'os engañaron. E isto si qu'é certo. Non tendes mais que ver com'en Francia e mais na Hespaña os sigue engañando toda sorte de pedagogos.
Todos queren amostrar qu'a mocedade está coiles, porque ás veces os mozos falan coa lingoage d'iles, porqu'ainda non chegou a criar a propia. Falan outros de deportismo e d'outra chea de parvadas, com'a velocidade e demais tópicos futuristas d'avantguerre, querendo co elo inútilmente caracterizar a mocedade actual. Non. A mocedade está de volta d'esas cousas todas, da literatura, da filosofía, do deportismo, do futurismo, da política que lle deprenderon os dómines. A mocedade d'agora éo todo, mais éo d'outro geito que non sospeitan os seus formadores, non sei ainda se pra ben se pra mal. O que sei é que nonos han atormentar istes cachivaches d'ogano que nos están incordiando a nós, os de pouco antes e de despois da guerra. Por iso lles teño enveja. Quen me dera coma iles, con todo o qu'eu sei, e o pasado pasadul
NACIONALISMO
Todo alemán é nacionalista, agás os judeus; mais os judeus, son alemás? O qual equival a dicir: todo alemán é alemán. Será o que sexa e terá as ideas que teña, sempre será alemán. O nacionalismo poderá estar acochado debaixo d'ideoloxías, doutriñas e programas; mais chegamos a unha custión práctica, e d'un xeito ou d'outro, o nacionalismo aparez. Perguntaille pol as débedas da guerra a un casco d'aceiro, a un comunista, a un nacionalsocialista: todos vos responderán igual: non pagar. Perguntaille a un cen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722918.xml
246
chora sin deixar descansar aos que o rodean, cóllese un zapato do pai e dándolle con il nas plantas dos pés dise nove veces:
Douche con iste zapato
i-este zapatón
pra que durmas de noite
e de día non.
Hai que repetilo doce veces.
* * *
Cando un ten un pé aberto, cóllese un pucheiro de barro completamente novo e n-il férvese auga con borralla e bótase n-unha barreña nova, ponse o cazolo boca á baixo derriba da barreña e no cu d'iste unha tixeira en cruz, un peine novo e sin estrear e un carto vello dos que teñen unha cruz. Derriba de todo isto ponse o pé. Si sube a auga ao cazolo, entón é que o pé cura e si non sube é que o pé non está aberto.
* * *
Pra curar os toromelos faise unha casiña con carulos, cartós, pauciños ou con outra cousa que arda, e piántaselle lume e ao arder bérrase, canto máis mellor:
Acudan veciños
que arde a casa dos toromeliños.
* * *
Pra curar o enganido, hay duas maneiras. Cóllese á un rapaz e átase á un pau d'unha cruz que haxa n unha encrucillada de camiños e a primeira persoa que pase dáselle unha machada i-ésta ten que cortar o atadallo sin falar unha palabra.
Outra maneira de curalo é a seguinte: Cóllese unha bica e unha cabaza de viño e vaise á unhas silveiras onde istas fagan un arco. Debaixo d'elas as duas persoas que acompañan ao rapaz teñen que comer e beber a bica i-o viño, sin deixar nada e despois debaixo do arco das silvas un colle ao miniño e dillo ao outro:
Toma.
¿É ti que me das?
Douche á Fulano.
NON O QUERO ENFERMO
TOM-O SANO POL A GRAXIA DE DIOS E DA VIRXEN MARÍA.
FAISE ISTO DOCE VECES SEGUIDAS.
* * *
Maneira de curar a erisipela: Cóllense nove follas de loureiro e pasándo unha cada vez pol a cara, dise:
Nove follas de loureiro
Ursipela, ursipelón.
Vaite d'eiquí
Vaite á los montes Pirineos
Donde non oías galo cantar
Nin boi nin vaca ornear
E ningunha cousa de chiar
Pol-a graxia de Dios
E da Virxen María
Ou dise tamén o seguinte:
Pedro e Paulo foron á Roma
Con Jesucristo encontraron
Pedro y Paulo ¿ónde venis?
Señor venimos de Roma
¿Qué novedad hai en Roma?
Mal d'impola y orsipela
Pues volver allá
Que con esparto y flor de oliva
Se curará
Por la gracia de Dios
Y la Virgen María
* * *
Os flemóns cúranse facendo n iles cruces cun coitelo de aceiro e pau, ao mesmo tempo que se di o que sigue:
Eu son o flemón
Que beixei do coto pra ribeira
A comerche os hosos
E á marcharche a carne
Que te hei de cortar
Con coitelo de aceiro e pau
Heite de botar pras ondas de mar
Donde non oías galiña cacarexar
Nin porco urrar
Recollidas por
CASTOR SÁNCHEZ GARCÍA
NOS, Publicacións Galegas e Imp., Rua do Vilar, 15. Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572299.xml
Benson, e da sua profecía da adoración do home pol-o home.
Crar'está qu'a gente inteligente e culta gárdase moito d'espresarse en termos de atal radicalismo cosmopolita. Mail-o esprito interior que fai preferir esas fórmulas aos ineducados, non deixa de vivir en moita parte da inteleitualidade xermánica da postguerra, principalmente na de sangue israelita, anque s'esprese d'un geito moi diferente. D'un geito semellante ao de Romain Rolland, representante o máis adubado e enluvado d'esa que eu chaméi já n-iste libro, ideoloxía de Hotel Metropol. Moito menos pulido aparezno Mr. Wells, á quen eu chamo o Vicetto da Historia Universal. Romain Rolland envolve refritos do século XVIII en elegancias de gran hotel un pouco anticuadas; Rolland ainda anda por aí retratado co colar da camisa dereito e almidoado ata as orellas. En Wells, á pesar de ser inglés e de que houbera querido ser o barbeiro de Marx, non hai elegancia de ningunha caste; cheira todo il á sudor de sala de mitin.
O argumento Aquiles do cosmopolitismo é o da paz universal e perpétua; mais ter, ten outros: ten o da solidaridade económica mundial, que ata é com'esta o mundo, mais ben semella a solidaridade na ruína.
Mundial! Lémbrome d'un comerciante d'Ourense que se botaba d'erudito porque sabia francés, e que s'enchia o bico co esta verba, tan doada pra unha marca de calce tís, e tan abusada en toda caste d'anuncios comerciais.
Ainda hai o da solidaridade da ciencia, e outros moitos, qu'anque foran valedeiros, non habían servir pr'estabreceren o suposto preciso da necesidade, posibilidade e comenencia d'una unicidade de cultura á regir o mundo. Eu já teño tratado iste punto n-outro libro, e nono vou repetir eiqui.
A mín, todal-as creacións de valor internacional do noso tempo: Sociedade das Nacións, Oficiña Internacional de Traballo, Istituto de Cooperación Intelectual, etc., etc. parécenme novas manifestacións da megalomania, do delirio de grandezas do home occidental moderno, chegado a un punto adiantadisemo de senilidade e de decadencia.
O cosmopolitismo, o internacionalismo, o mundialismo, o universalismo, veleiqui outro aspecto do soño babelico, da bárbara soberbia de Nemrod, costantemente resucitada en precura do dominio imperial sobr'o planeta. Motor e carantoña a un tempo da cobiza do home occidental d'impór o seu rubro, queiran non queiran, a todol-os pobos do mundo, disfraz do imperialismo euramericano, que desexa que toda a terra seña colonia sua, soño delirante do capitalismo, qu'o comunismo marxista herdou e acalenta, Torre de Babel inteleitual, — que non espiritual — política, administrativa e burocrática, pra encher a das máquinas, do standard, do comercio e do creto, esquema maginado pola vontade de potencia, pola soberbia sen freno ergueita de novo contra Deus, pra ser de novo vergoñentamente confundida.
Berlín é berce doado pr'arrolar istes soños. Sorte de capital do Oriente d'Europa — na Friedrichstrasse encomenza o Oriente — vila congestiva e tentacular feita en poucos anos, c'un ritmo americano no crecimento, embebida aínda do imperialismo dos Hohenzollern, c'unha inteleitualidade, na sua mor parte, semita, c'un millón de comunistas, ten elementos de domiñanza d'abondo pra qu'os alemás, vendo chegar eiquí rusos e chinos, hispano americanos e balcánicos, ingleses, indos, árabes, japoneses, turcos, franceses, yankis, portugueses, boers, etc. etc., se sintan capaces de ser donos do mundo e d'orgaizaren o Estado Mundial ao seu geito e en proveito propio. N-isto, cada pobo arela ser il que dea o tón; o mundialismo é unha nova ocasión de rivalidade. A mestizage das culturas, destrutor, esterilizador da persoalidade individual e colectiva, non pode darse mais qu'en pobos inferiores ou en pobos decadentes — recaidos na inferioridade —; polo d'agora, o mundialismo resólvese na invasión de todol-os pobos da terra polo industrialismo euramericano. Os pobos occidentais queren facer á todol-os demáis participantes da sua disgracia, e o mundialismo único que realmente existe é ise imperialismo que vai matando todal-as culturas autóctonas e standardizando a tristeza gris, uniforme, mecanizada, artificial e noxenta, do mundo da grande industria.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572295.xml
NÓS
buzón dos estudosos extranxeiros non tiña chegado á plenitude que dende fins do século goza e por outro lado pechábanse a maor parte dentro do interés inmediato do respectivo estado, resíntense aqueles estudos, aínda nos moitos xuizos hoxe comprobados, d'unha estreitez ou mellor omisión de puntos de vista que agora recoñécense ser os máis fecundos.
Portugal, afora d'outros de menos valimento como o dilixente, aínda que moitas vegadas lixeiro Teófilo Braga, atopou un grande historiador da súa literatura lírica medioeval na Sra. Carolina Michaelis, alemá de nacemento, mais casada co crítico de arte Dr. Xaquín de Vasconcellos, e dende o casamento residente en Portugal ata a súa morte no 1926. Entre as súas obras, des tácase a súa Historia da Literatura Portu guesa ata 1590, no monumental, e por hoxe insustituíbel «Grundriss der Romanischen Philologie» de Gróber, as «Randglossen zum altportugiesischen Litteratur», (1896 98) e sobre todo a súa edizón do Cancioneiro de Ajuda (1904), que alcanzou n-ela un eminentísimo comentarista como ansiariamos pra os da Vaticana e de Colocci-Brancuti. A insigne señora educada no riguroso método científico alemán, que na segunda metade do século pasado ergueu tanto como os demais estudos históricos os de filoloxía románica n-ese país, trouxo pra a península un rexenerador fermento que os estudosos d'eiqui non poderán esquecer endexamáis.
Seguindo este vieiro o Dr. Rodríguez Lapa, ao influxo das investigacións estranxeiras e sobre todo das alemáns, francesas e italianas, que son as máis importantes, decátase axiña na súa obra, que consideramos única no seu xénero na península e que promete ser trascendental á xuzgar polo volume primeiro cheo de erudición e revelador d'unha singular amplitude de espírito. Erudición toda ela de primeira man e con detido e fondo coñecemento dos moitos libros que leu o autor, dilixentísimo ata incorporarse as máis recentes obras peninsulares i-es tranxeiras tocantes á materia, e que algunhas vegadas chega á impedirlle manter un orde craro no pranteamento dos problemas dentro de cada capítulo, que conviría fosen divididos en seazóns. Sen dúbida a natureza quixo volver polos foros da xuventude do douto profesor, que d'outro modo non aparecería na obra, dadas a inmensa lectura e o asisado dos seus numerosos xuizos.
E singular amplitude de espírito, aínda que o xusto degaro de combatir as solucións trabucadas aos moitos problemas que as orixens da poesía lírica fan xurdir e a arela de recenser, as opinións diversas oscureza naturalmente ás veces a exposición histórica e imposibilite unha síntese acabada, en troques aparez sempre craramente o sobrán anceio do autor de dicir a verdade total, servido por unha notábel serenidade de espírito que lle permite ver sa mente o estado actual das cuestións e ata onde cheg a lóxica das rectificacións sucesivas, bela calidade que s'amostra dende o primeiro momento no libro e que se mantén deica ao final.
N-un enxundioso prólogo, modelo de claridade, caracteriza Rodríguez Lapa as varias teorías que en col das orixens da poesía lírica románica se teñen feito. Despois da dos mediolatinistas, que busca a unidade dela na comunidade da lingua e da cultura medioeval, ningunha tan atrainte como a que procura ver na cultura poética e musical dos árabes as orixens das formas trovadorescas e o concepto do amor cortés. Ela despois d'outros foi sostida n-este século, pol-o que a poesía dos trovadores en xeral se refire, principalmente polos alemáns Burdach e Singer, e pol-o que toca á peninsular por D. Gián Ribera con un sotil inxenio e tenaz laboriosidade que lle deparou moita sona en Europa e lle mantén moitos seguidores. Mais ninguén puido probar deica hoxe a súa realidade histórica. Certamente sería temerario rexeitala como falsa, e así o Prof. de Lisboa, despois de lanzar contra ela a refutazón máis dura, non ousa chamala errónea, e se, logo de contradecir a opi nión arbitraria de Jeanroy, que excluía a participazón dos galegos na formazón do lirismo portugués pra fundar este no esprito dos franceses, volve a máis lóxica dos me diolatinistas que xa apuntara Xan de la Encina en 1505 e defenderan Amador de los Rios e Menéndez Pelayo e mais tarde o pro-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722913.xml
NÓS
medrando de día en día, en número, en fuerza y en audacia, que el porvenir del mundo no está en lo que agardan uns e temen outros dos dous bandos en que semella dividido o mundo moderno.
É ainda unha proba de qu'a mocedade non é, com'enantes diciamos, necesariamente revolucionaria ao geito que a quixeran os avanzados hespañoles. Esta mocedade pre-páralle grandes solpresas ás esquerdas, principalmente ás peninsuares, que a julgan por Remarque e por Doeblin, porque son os qu'a íles lles simpatizan, e coma quixeran que foran todos. Mais já se vai vendo qu'o non son.
Eiquí mesmo, a carraxe contra do nacio-nalsocialismo é feroz. Moitos limitanse á censuraren as suas formas epilépticas, sen teren en conta a lei dos opostos, que require que á unha epilepsia teña que responder outra epilepsia, á unha barbarie outra barbarie. O nazionalsocialismo é tan fillo do no-so tempo com'o comunismo slavizado, e ten qu'adoutal-as formas do tempo en que vive. O nazionalsocialismo é alemán, ademáis, e os alemás tenden á eisageración, ao excesivo, á violencia, nativamente.
Con todo, ten d'abondo pra ser bó, con ser a única forza que na Europa de hoxe se pode opór con eficacia ao marxismo.
(Continuaráse)
INDICE CULTURAL E ARTISTICO DO RENACIMENTO GALEGO
Por Francisco F. del Riego
(Remate)
A MUSICA
No século XIX xa, Pondal, Curros e Rosalia cantaran en música lediceira. As verbas voaron baixo da luz milagreira do ceo galego. Foi unha leición de armoñia e de vontade. A nosa lingua encheuse de vida. O ár de resoancias. As almas adecuiron simpatias resoadoras. Uns cantos músicos puxeron en música os versos dos poetas. O que se chamaba música culta estaba representada por Chané, por Montes, por Veiga, por Baldomir. Mais ista música era un arrecendo da música teatral da época. Nos nosos tempos, temos catro nomes soados, que enchen dun novo ár e dun contido novo o lirismo da nosa música. Co Padre Luis Alvarez con Iglesias Vilarelle con Blanco Porto, mañífico direitor da Sinfónica pontevedresa, e con Bal y Gay, autor dun delicadísimo poema sinfónico sobre poemas de Manuel Antonio; os seus roteiros poden ser un futuro belido i-ergueito.
A PROSA
Iste xénero literario é estudado en todol-os seus matices e dimensiós con agarimo e craridade fondas, por ilustres mestres que poñen á gran outura e asumen compridamente a sua representación: O ensaio filosófico, político, literario e científico. A novela, o conto, o teatro, son denominadores que adequiren relevancia no presente decorrer cultural.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572292.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península
6'00 pesetas.
Fora da Península
8'00
Número solto
0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
NEL GIARDINO, UNA NOTTE, SEDUTA Por CURROS ENRÍQUEZ (Trad. Guido Batielli)
DAS ORIGENS DA POESÍA LÍRICA EN PORTUGAL POR M. RODRIGUES LAPA, P. PEDRET CASADO
DA ALEMAÑA, Por VICENTE RISCO
ÍNDICE CULTURAL E ARTÍSTICO DO RENACIMENTO GALEGO, por FRANCISCO F. DEL RIEGO
ARQUIVO FILOLÓXICO I ETNOGRÁFICO DE GALIZA
MPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Santo Domingo, 47-2º Ourense
Vicente Risco
Abogado
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572293.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XV ★ Ourense 15 de Novembre de 1923 ★ Núm. 119
NEL GIARDINO, UNA NOTTE, SEDUTA
Por † MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
(Trad. Guido Battelli).
Nel giardino, una notte, seduta della luna nel pallido albor, una giovine donna piangeva desolata il perduto suo amor.
E vedendo le rondini liete il lor volo alla terra spiegar: «Oh, potessi, esclamava, dolente, oh potessi con voi ritornar!»
E dolente tra'l pianto diceva: «La mia gioia ormai si perdé, moriré senza scorgere gli occhi del mio ben, ch'era tutto per mel»
E volava su l'ale del vento il suo triste pietoso lamente: «Moriró senza piu'vedectel»
Sulla poppa d'un nero vascello che veleggia su l'acque del mar, emigrando per terre d'America ecco un nomo che piange del par.
Ma si perde su l'ale del vento il suo triste pietoso lamento: «Oh potessi con voi ritornar!»
Notti piene d'aromi e di luce, che tristezza serbate d'allor che vedeste una bimba piangente e una nave dell'onde al fragor!
D'un amor celestiale e devoto una tomba doveva restar sovra il colle ove dormono i morti e un cadavere in fondo del mar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722912.xml
240
trista, a un socialdemócrata, a un populista diranvos que haberá que pagar, mais que non é justo.
Partidismo, revolución, o que se queira; por adentro: *Deutschland über alles!*
Antre nós, en Galiza, mirase mal o nacionalismo alemán, por ser imperialista e centralista. Mais compre consider-o caso, pra que se vexa ben que o nacionalismo alemán non pode inspirar nen justificar un nacionalismo hespañol do mesmo xeito. Na Hespaña hai catro nacións, étnica e lingüisticamente diferentes: unha céltiga, outra vasca e dúas ibéricas, anque falando linguas distintas; na Francia acontece o mesmo: hai unha nación céltiga, outra vasca, outra provenzal, outra alemá, etc. Na Alemaña non acontece semellante cousa: Alemaña inteira, con Austria e con diversas minorías nacionais nas terras veciñas, constitúe unha soa nación con unidade étnica e lingüística. Os alemás teñen, pol-o tanto, dereito a confundiren a nación co Estado, porque é co Estado alemán; os hespañoles non teñen dereito a confundiren a nación co Estado castelán, nen os franceses a confundiren a nación co Estado francés. O caso é outro inteiramente, e non pode servir de regra pra os nosos países, mais que d'un xeito inteiramente diferente, ou seña reivindicando un Estado pra cada unha das nacións hespañolas e francesas. Somen tes d'iste xeito habería unha coincidencia real da nación co Estado; d'outro xeito nona haberá endejamáis.
**MILITARISMO**
Todo alemán é militar, aínda que seña pacifista. Non é militar por deber, por educación nen por hábito, senón por nacemento. Instintivamente, camiñan con paso militar, e dende logo, cando se xuntan uns cantos acompañan o paso e vano marcando igual qu'os soldados. Teño ollado algunhas manifestacións comunistas: de cote a formación era tan escorreita e o paso tan rítmico e marcial como o dos antigos granadeiros da Garda. Tan igual e perfecto coma se levaran a banda tocando, diante, anque nona levaran. Porque ademais, o desfilar atrás dunha banda é un dos meirandes engados qu'a vida ten pra os alemáns. Tan militares son, que non xa o Reich, senón cada partido político ten o seu exército: Cascos d'Aceiro, Nacionalsocialistas, Exército roxo. Cada partido ten seu uniforme. Moito se ten falado do militarismo dos alemáns; eu coido que aínda son máis militares que militaristas.
Contra d'isto todo hai oposición, levada especialmente pol os intelectuais da raza xudia. Hai en certos centros un esnobismo pacifista e antinacionalista, máis ou menos temperado. Hai o tipo inelegante e vulgarrón de Remarque, máis tamén hai o tipo refinado e distinto do lindo conde Coudenhove-Kalergi, profeta da Paneuropa, no que a ideoloxía d'Hotel Metropol chega a se vestir d'unha forma case aceptábel. Mais aínda moitos d'istes escritores con pretensións de mundialidade, danse com'alemáns puros, coma verdadeiros representantes do espírito xermánico. Ou sexa, un rabo ainda do nacionalismo indeclinábel dos alemáns.
Os cales con todo, han seguir marcando o paso.
**NAZIONALSOCIALISMO**
Eu resumiría o nazionalsocialismo en tres verbas: *mocedade — clas meía — contrarrevolución.*
A reacción vital da nación alemá, emponzoñada pol-o formato marxista, comesta pol os xudeus, esmagada pol-o capitalismo internacional e pol os vencedores de Versalles e que se quer ceibar pol-a unión e o sacrificio na idea da Patria encarnada no Estado.
N-un programa de reivindicacións económicas que se fan nacionais, asume o sentimento inmorrente da gran raza xermánica, o idealismo do Estado, que ven da filosofía clásica poskantiana, o imperialismo que ven desde Carlomagno deica Guillerme II. Ten a forma ofensiva, algo plebeya, do fascismo, do futurismo, de certos movementos de mocedade; ten un orgulloso desprecio pol-os credos socialrevolucionarios qu'antre nós gozan de tanto respecto; ten certo seguro afinamento en eseucias tradicionais; ten o valor de negar-o porvir ao comunismo.
E coisto ten xa d'abondo pra vir amostrar,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722910.xml
238
SEXUALFRAGE
A abondosa literatura en col do probrema dos sexos non é máis qu'outra das formas da ofensiva que a scciedade oucidental em- prendeu en contra de si mesma, tratando de desfaguer ela mesma os fundamentos en que repousa, n-un delirio d'auto destrución. Xa m'ocupei diste asunto n-iste mesmo escrito.
As máis das veces, libros centifecos de gran estilo, folletos de propaganda, revistas ilustradas ou non, nos que se fala dos sexos, do amor, do casamento, d'un novo conceito da familia, a base, máis ou menos disfraza- damente, de liberdade Pamar, de matrimo- nio de camaradaxe, de disprecio á virginda- de, d'anticonceicionismo, non son máis qu'unha verdadeira pornografía que vive da esprotación económica da libido, da luxuria cerebral de vellos estragados e rapaciños co- bardes que co ises escritos isoladamente se consolan e gobernan. Pornografía que for- nece ricos ingresos a autores e a editores, coma que non hai máis seguro nigocio na li- breria.
Proxenetismo centifeco-literario exercido, mais que co-a complicidade, co-a interven- ción da Universidade e do Protomedicato. Hai médecos qu'exercen esta industria, non somentes na sua forma literaria, senón tá- mén no exercicio profesional: hai doncelas que s'entregan ao varón por prescripción fa- cultativa. A cencia chegóu xá aexercer iste mester qu'imortalizou A Trotacons entos € mais á Celestina. En Berlín, hoxe, Trota- conventos e Celestina campan co-a borla doutoral.
Sinxelamente; o fomento ceatifeco do vi cio, a base de biología e de psiquiatría freu- diana e d-endocrinismo e demais chafalla- das. Que non é outra cousa mais que vicio, iso do amor libre, ao que tenden estas pro- pagandas, máis ou menos direitamente. Non hai, non pode haber amor libre; o que cha- man amor libre non é mais que vicio libre. O amor, por natureza, é servidume; ond'hai liberdade non hai amor. O amor non se pode reducir a un asunto de sexos A virgindade, o casamento, a fidelidade, os fillos, son cousas que requiren alma, que requiren senti- mento, que requiren virtude, que custan es-
forzo e sacrifizo. Istes probes d'esprito, istes cobardes, istes egojstes que compoñen o mundo moderno, non teñen folgos nen arnados pra ningún esforzo, pra ningún sacrifi- zo, Pésalles a moral porque non teñen coraxe pra ela, porque son menos homes qu'os d'enantes; o que queren é aforrar traballos e darlle gusto ao corpiño. E non fallan doutores sen vergonza nen literarios cívicos pra xustificaren a sua larchaneirin, Veleiquí o segredo do probrema sexual.
JUGENDBEWEGUNG
Os alemás d'agora andan moi preocupa- dos tamén co-iste choyo da movedade e máis das geracións. D'eiquí colléu a cousa, crar'es- tá, D. José Ortega Gasset, qu'eiquí de- préu tod'o que sabe. Coma Jiménez Asúa e Marañón foi eiquí onde simpuxeron no xeito d'esprotal-o nigocio do probrema sexual.
Ben. Ser, é cousa ben rara: nas épocas mozas, criaduras, anovadoras, con pulo, con nervo, con ledicia ascensional, da historia, quen tiña importancia eran os vellos: a tra- dición, a esperencia, a madureza; na nosa época decrépita e senil, en troques, quen ten importancia son os mozos. Él son os mozos d'agora difrenres dos d'outros tempos? Él son xiquera os mozos d'agora difrentes dos vellos d'agora? Eu non sei ben. Poidera ser qu'os mozos d'agora foran menos mozos qu'os d'outros tempos. Por mais que n-Ale- maña, os mozos semellan mais mozos que n-outros lados. Será, se cadra, por seren mais colorados e teren mais cara de risa. Poidera ser qu'os mozos d'agora foran mais semellantes gos vellos d'agora do que uns e outros coidan. Eu non sei ben. O que sei é qu'eiquí, pol-a disposición asociativa, siste- mática e ata militar da raza, orgaizanse co- men ningures movementos de mocedade. De mais, se cadra, e difrentes de máis. O que sei é que a ideologia, en xeral, dos mo- zos, non semella ser a que do século pasado herdaron os autores da Costitución de Weim- ar. Esta costitución pasa por ser moi pro- gresiva por vir pretender realizar algús so- ños d'aquil tempo lonxano en que se cría no progreso.
Na Hespaña eisiste o concepto, propagado
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572294.xml
NÓS
DAS ORIGENS DA POESIA LÍRICA EN PORTUGAL POR M. RODRIGUES LAPA
Por P. Pedret Casado
O carísimo pobo irmán de Portugal sofreu como os pobos que constituen o Estado Hespañol, unha decadencia na sua significación internacional, que iniciouse a mediados do século XVI. Mais foi o primeiro dos países peninsulares que loitou por erguerse da sua postraçom e por achegarse á coetánea cultura das principais naçons europeas. Así a literatura portuguesa do século XIX cos nomes gloriosos de Herculano, Antero de Quental, Eça de Queirós..., está máis preto que as outras peninsulares do espírito francés, que naturalmente é ainda hoxe o pobo que máis influe no noso modo de ser. Cicáis ao carácter viaxeiro dos portugueses ocasionado pola condizom xeográfica do país, que foi a base da súa gloriosa historia, débese atribuir unha poderosa razón d'este consolador movimento.
Co-el por dita vaise xuntando o desaparecimento dos receios mútuos entre Portugal e os outros pobos da península que dende fai séculos tanto dano levan feito. Galiza, que ten máis venceios naturais con Portugal que con calquera outra das nacionalidades ibéricas, non s-eximéu d'este arredamento. e s-el foi nefasto pra Hespaña e pra o doce pobo de Camoéns, coidamos que ende, foi tanto como pra nós, O espírito galego, ousamos dicir, que na Hespaña sofreu unha limitazom ao trasvasarse n-unha bela e rica lingua mais non por nós vivida, chegou a sua plenitude nos grandes inxenios portugueses, co cal país xúnguennos ao revés do que con Hespaña á semellanza de carácter e do idioma no que este carácter se plasmou.
Non fica detrás de nós Portugal no anceio de ir achando a enorme montanha de prexuízos que por tanto tempo ocultounos d'eles i-eles de nós. Os seus homes máis representativos teñen unha devozom agarimosa pra Galiza, que nós agradecemos no que val, e os problemas portugueses no seu fundamento histórico son hoxe estudados por eles dende o punto de vista galego-portugués único aceptabre cientificamente.
O profesor Rodrigues Lapa, da Universidade da capital lusitán, é un destes portugueses que co amor ao estudo e ao seu país xuntan un grande e constante amor á Galiza. Froito d'estes amores é a sua contribución á historia da nossa literatura coa edizom de varios vilancicos galegos dos séculos XVI e XVII existentes na Biblioteca Nacional de Lisboa, precedida d'unha sobria i-erudita introduzom do editor, e sobre todo coa obra sua capital «Das origens da poesia lírica em Portugal na Idade Media», cuio primeiro volume saeu do prelo no 1930i-é unha soberba proba da esgrevia cultura, da envexabre laboriosidade, madurez de criterio e precisión de ideas do xoven profesor, como tamén unha mañífica aportazom á historia da literatura galega por ter sido esta a mesma que a de Portugal ata a segunda metade do século XIV.
Os estudos das origens da poesía en lingua romance, pol-as moitas relazons comúns que houbo entre os pobos que formaron a etnarquía cristián durante o medioevo e, no caso da nossa península, pol as que ademais tivemos cos árabes, que ocupaban caseque a metade dela cando xurdian as falas neolatinas, exixen, so pena de cair na parcialidade e na superficialidade, un coñecemento serio da poesía de cada un destes pobos. Por non coñece-la suficientemente non se eximiron destes defeitos os beneméritos traballos na Hespaña do século XIX de Amador de los Rios, Milá y Fontanals, e de Menéndez Pelayo, tan sobresaíntes, especialmente os do derradeiro, mais que, como a contri-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722915.xml
NÓS
243
construción galega atopa coma colofón tres feitos outamente suxerente e de relevancia suma pra nosa laboura. O pulo xermolador de vizoso rexurdimento do Seminario de Estudos Galegos. A fundación dos agrupamentos «Ultreya», debida ao seu maor Alvaro de las Casas, e o rexo balbordo dos universitarios composteláns que teiman abrir todal-as fiestras da nosa vella Escola cara todol-os roteiros do mundo. As posibilidás futuras da nosa terra están aseguradas n-istes tres feitos, que con matiz eminentemente cultural tratan de conservar e acentuar as peculiaridás de Galicia, pra colaborar, coma todol-os pobos, na creación e mantimento dunha cultura universal.
Guillermo Haas, ten dito que «por doquer a Historia europea nos revela un* ha grande creación de cultura que comprende á todol-os seus membros.» Antre ises membros queremos e temos o dereito de estar nós. Veleiquí os nosos anceios de liberación xustificados nas nosas arelas de futuro.
Aló en Sant-Jago, superador do arte románico. En Sant-lago que se ri do sol, da lúa e da iauga.
En Sant-lago, que xurde da terra e na terra zuga forza misteca pra se erguer aos ceos. Albre vivente de lembranzas e xeneracións, aparece de novo o camiño de luces da nosa cultura, que como noutrora o ten de trocar na estrela polipétala en que ha de converxer pol-a lumieira das suas cen estradas todo o máis escolleito da cultura occidental. É a verdadeira lingua da nosa esfera que sai do infindo e vai cara ao infindo, mollada de misterio, tremente frente á pubertade ou frente á morte. É a nova xeración que sabe escoitala con certidume e con conscencia, que se sinte en camiño, no seu propio camiño, ao mesmo tempo que ara en todol-os mares e fadiga en todal-as estradas.
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
LEENDAS E SUPERSTICIÓS D-ARNOYA
Con motivo d'un estudo humorístico que estou facendo en col de «Don Juan», boteime por estos lugares e aldeas de Arnoya á recoller lendas e contos que tivesen relación co Convidado de Pedra. Aprobeitei as que me fixeron falta, e aquí vounas á dar todas, por si fosen de algún intrés pra al-
guen. A primeira contouma Dolores Alonso, e di así: «Pasoulle no Val do Coiñedo. Había lle ali un mozo moi garrido, qu'unha noite convidoulle á cear á catro amigos, e puxéronse de comer e beber como abades; mais ás doce da noite acabóuselles o viño, i-entón dixo un d'illes: —Aver quen é o valente que vay á buscar viño á bodega. Como estaba un pouco lexos da casa, e pra ir á ela había que pasar pol-o camposanto, ninguén se atreveu, pero o que pagaba a cea levantouse e dixo: —Vou eu e convidarei aos que haxa no camposanto. Así o fixo, e cando chegou fronte á igresia, viu un bulto branco que se movía, e dirixíndose á il díxolle: —Si queres cear vente comigo. O bulto non lle respondeu e fl siguiu o seu camiño, mais cando quixo meter a chave na porta, volveu a cabeza e viu o pantasma detrás de sí. Abriu e metéronse dentro os dous. Entón o mozo foi á unha cuba de viño, sacou unha xerra e díxolle á estantiga: —Queres beber? I-a estantiga colleu a xerra e dun trago vaciouna. Sacou outra e perguntoulle: —Queres máis? I-a estantiga fixo o mesmo, e así que bebeu tres ou catro xerras, o mozo dixolle: —Vai beber ao inferno, pantasma do demo. E colleu o camiño da casa coa estantiga detrás. Ao chegar á porta do camposanto o pantasma parouno e dixolle: —Non convides de noite á ninguén porque che de custar caro. Á ti non che pasa nada ago-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722917.xml
NÓS
subían a torre e non atopaban a ninguén. Un home do lugar, disposto á saber quen era o que tocaba, metéuse unha noite na igresia. Cando levaba unha hora alí, viu que se abría unha sepultura, saía d'ela un esquilete e jase a sacristía. O pouco tempo salu revestido coma pra decir misa, vaise a torre e comenza a tocar as campanas. Feito isto baixa iO entrar na igresia comenza a decir: Cheira a vivo a vivo cheira, E ponse a rexistrar todolos rincós e confesionareos, hastra que non atopando a ninguén dirixese o púlpito e da co home alí escondido. Colleo por unha man, levao o altar maor e dille: Dios cho pague por haber vido eiquí, Eu son un cura que estou penando, porque morrín sin decir unha misa que me habían encargado pol-as ánemas do Purgatorio. Vouna decir e tí vas me a axudar a ela. Dito isto ponse a decir a misa, pero cando o que lle axudaba se volvéu de costas o altar pra mudar o libro, víu a igresia cheifa de xente que non cabía máis. Eranlle as ánemas.
* * *
Un mozo de Remuiño faláballe a unha rapaza do San Amaro. Cando a iba a ver pasaba por xunto a igresia que lle collía no camiño e o chegar frente a ela sacaba a gorra e rezaba pol-as anemas, mais un día os mozos do San Amaro, acordaron sairlle o camiño e darlle unha tunda, pra que non volvese por ali a festexar a rapaza. Un día iba a vela, coma tiña por costume tamén rezóu. Cando chegóu a Peixón, onde estaban os mozos esperandoo pra arrearlle, apareceron catro guardias que se puxeron o seu lado. Os mozos o velos botaron a correr. Aqueles guardias eranlle as ánemas que o protexían, porque sempre lle rezaba, pero fl non as víu nin se deu conta do que sucedera.
* * *
Constantino Bangueses, de ochenta e cinco anos pregúntame o seguinte:
¿Vostede non cree nas Xans? Pois pregúntelle o tio Felipe o que lle pasó.
¿E que lle pasó?
Pois que tiña un compadre que iba na pro-
cesión e un día dixolle que si quería vela, que se puxese a xixar pol o ferrollo da porta, así o fixo e veu unha Xan, metéu a man pol-o burato do ferrollo, agarrouno pol-a nariz e tivo ali pegado hastra que tocaron a alba.
Doña Benita Pereira de setenta e cinco anos de edade contoume ista leenda de mouros.
N-ise penedo que hai no medio do río un pouco máis abaixo da primeira ponte, estaba un día unha moura peinando unha rapaza con un peine d'ouro, pasaron por ali unhos segadores i a moura preguntoulles que camiño levaban, como os segadores lle dixeran que iban pra Castilla, a moura dixolles: —Pois eu teño alá unhos parentes e agradecereivos que lle levedes iste regalo. Asi o fixeron os segadores, e cando o entregaron o que o colleu tan pronto lle votou a man, estoupou e quedou esnaquizado. Cando volveron pra Galicia, A familia do que morreu déronlle os segadores unha faixa de seda pra un miniño co encargo de que lla entregasen á moura de Arnoya pra que ista lla puxese o seu fillo, e os que a traian regaláronlle unha madeixa de seda moi pequena dicíndolle que aquela madeixa non se acababa nunca, e que lle encargase moito A sua muller que cando tecese telas que nadie a vise porque se non acabábase no mesmo momento. Chegaron á Arnoya os segadores i-entregáronlle a faixa á moura; ista colleuna e púxolla á unha cerdeira que estaba chea de cereixas, e n-aquel mesmo momento a cerdeira estoupou.
O segador que traía a madeixa entergoulla á sua muller, encargándolle moito que nadie a vise tecer. A muller púxose á facer baras e máis baras de tela i-a madeixa nunca se acababa, mais un día estando na cuciña tecendo entrou unha veciña viuna e de repente acabouse a madeixa.
* * *
Vamos agora coa «terapéutica». Cando un miniño dorme de dia e de noite
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157229&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572296.xml
234
tesor de Norteamérica nado en Suiza Henrique Lang tan benemérito da nosa historia literaria, é coa seguranza e amplitude que dan as moitas investigacións feitas dende entón, sobre todo por Guillerme Meyer, Wechssler e outros estudiosos alemáns engadindo á elas moitas finísimas realizadas por él sobre o lirismo galego-portugués, pol-os estranxeiros non ben coñecido, mais manténdose sempre independente no seu xuizo de calquera autoridade esterna.
A exposición e refutazón dos argumentos da teoría arábiga, así como a mostra da imperfeizón da filolóxica sostida por G. París, que busca no latín vulgar e na poesía popular n-esta lingua común á orixen da poesía románica, e a defensa da tesis dos mediolatinitas, que abarcan os catro primeiros capítulos do libro, son como unha introdución á segunda parte que comprende os restantes capítulos (V-XI). N-estes últimos o autor, baseado no seu singular coñecemento da lírica medioeval galego-portuguesa, desenrola unhas soberbas leizóns de historia da literatura do seu país e do noso apoiándose en centísimos estudos dos xéneros poéticos, da técnica da rima e do folklore i-en sotiles observacións do ambiente social, sobre o cal, afora dos «Foraes», deitan tanta luz ao gran Herculano e ao segurísimo Alberto Sampaio, e ven á soster que a principal orixe da versificación romance, aínda da popular, así como a dos asuntos primeiros dela atópase na poesía litúrxica.
Non é Hespaña país onde abonden os traballos de primeira man en col da historia da literatura e sobre todo da lírica medioeval, cicáis porque esta cras de poesía non tivo en Castela ata o século XIV o inxente valor da galaico portuguesa, da cal deica entón foi serva. Tampouco por desdita é a nosa Terra
NÓS
lugar onde teñan saido á luz moitos concenciosos estudos sobre a nosa historia vernácula i-en particular sobre a rica e bastante descoñecida literatura medioeval.
As investigacións que o laborioso profesor Oviedo Arce tiña feito sobre estas materias e que en gran parte ficaron sen publicar, son das máis importantes que ata aquí se fixeron en Galiza en col desa época groiosa da nosa poesía. Moito está aínda por facer n-ese campo do saber como en tantos outros da nosa historia.
Sometido como está o noso país dende fai séculos á un infuxo cultural en parte estranha i-en todo tiránico, cujos raios chegan esmorecidos á él dende o impodente centro, a Universidade, (por citar só a institución de cultura máis outa), que debía ser galega, non foi e non é máis que un satélite da que, con un significado pra nós ben molesto, hónrase chamando «Central», ou mellor dito, xa que a «Central» como as demás fállalle o sentido de existencia corporativa, serva dos caciques que n aquela mandan. A esterilidade é o feito d'esta servidume. Alégranos por tanto moitísimo que un profesor portugués e de tanta sabencia e laboriosidade como o Dr. Rodrigues Lapa, crente no espírito peninsular, cheo de amor á nosa Terra, do cal fai nova mostra en algunhas cálidas verbas do seu libro, que tanto aloumiña aos poucos que en meio de tan diversas e fortes oposizóns traballan pol-o rexurdir de Galiza e que tan agarimosamente estuda e cita na sua obra os modernos escritores galegos, nos teña dado coa sua fermosa produción unha fonte purísima e abondísima de coñecementos, base necesaria pra o que queira saber seriamente a bela e ricaz literatura do noso medioevo.
Santiago, 1933.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722916.xml
244
ra mismo, porque eu son teu pai. Mais o caso foi qu' rapaz meteuse na cama pra non levantarse máis. Morreu de medo.
Camila Alvarez, do Val de San Vicente, contoume outra semellante á ísta. E sigue: —Eralle un home que sempre que íba á igresia e atopaba un oso no adro, dáballe unha patada. Un dia viu unha caliveira e levantou o pe, diulle co fl e saíu rodando a caliveira; entón ísta revirouse cara pr-o home i-éste moi valente dixolle: —Inda te reviras? Mais á noite, cando estaba ceando apresentóuselle a caliveira derriba da mesa i o home dixolle: —Si queres cear ahi tes prato. —Quen ven cear comigo ao cementerio eres ti —dixolle a pantasma, e arramplou co fl.
Si o eixe da lenda de «Don Juan» é o convite á unha cea á un morto, ou a contrafigura que o representa» según di Said Armesto, lístas léndas non poden ser máis «donjuanescas», pro iste non é lugar de falar d'isto e limitareime á dar as léndas sin quitar nin poñer unha palabra á como as oía, anque teñan defeutos de redaución.
Outra lénda oída á citada Dolores Alonso, e que ten certa relación coa do enterro de «Don Juan» é a seguinte: Unha vez íbanlle pra igresia un mozo e unha moza cen todo o acompañamento á se casar, e ao chegar á metade do camiño atopáronse cun xoven que había sido noivo d'ela, e que estivera en amores con moitas rapazas do pueblo. O mozo, que os miraba, dirixindose á que se iba á casar, dixo: Ela é boa moza pero... Ao oir isto o noivo, comprendendo que aquil «pero» tiña moito rabo, deu media volta e foise pra casa, deixando prantada á moza e á todo o acompañamento. A probe da rapaza morreu de vergonza e disgusto, e como vostede sabe n-outros tempos enterraban dentro da igresia, alí a levaron e deixárona no medio d'ela dentro da caixón, pra facerlle os funerales ao día seguinte.
O mozo causante d'aquela desgracia remordéndolle a concencia polo que había feito, foise á confesar e o cura púxolle de penitencia que acompañase na igresia toda a noite á morta. Alá se foi e cando aínda non tivera tempo de sentarse a difunta levantouse e dixolle:
Pol-a tua lengua malvada
non estou agora ben casada
Non acabara de dicir isto, cando no altar maior apareceu un cura decindo misa cón duas monxas ao lado. —Mira —dixolle a difunta— aquel crego e aquelas dúas monxas, eran os fillos que eu había de tér. A misa de difuntos que di o crego é pola tua alma, pois antes de dous días veraste coma min. E aos dous días morreu.
Don Juan Reibelo, perito agrícola, descríbeme a Procesión das Xans da seguinte maneira: —Ista, ao contrario da Santa Compaña, está formada pol as fantasmas de individuos vivos, que van en dúas filas e levan un ataud. Canto máis perto vaia cada un dos que a forman do dito ataud, máis pronto morre, podendo tardar os que van máis lexos, tres ou catro anos. O que a atopa vea, pero non-a sinte, i-o encontro casi sempre é nos cruces dos camiños onde hai costume de parar cos difuntos, pra que os cregos lle canten responsos. Si o que a tropeza é amigo dos que van na procesión, iste non fai mais que levalo pol-o ár á outra parte, que eiquí sole ser ó coto de Novelle, pero si é enemigo, danlle unha gran tunda e arrástiano por entras silveiras.
Son poucas as persoas que van á procesión das Xans. Necesitanse pra elo unha das dúas condiciéns seguintes: co padriño do que a ve rezase mal o credo cando o bautizaron ou que o cura trocase os Santos Oleos confundindo os da estrema unción cos do bautismo. Isto pode evitarse bautizándose de novo.
A muller que me contou a leenda do convite tamén lle oin a seguinte, que a daba coma todo que me decía, coma rigurosamente historeca. N-un pueblo ben preto de aqui sentíanselle tocar as campanas to as noites sin que a xente soupese quen tocaba, pois
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722914.xml
242 NÓS
Vicente Risco é un home multitudinario que o atopamos en todol os camiños da nosa cultura. Eu quero soio destacar eiquí a sua novela «O Porco de pés», que é unha cousa dabondo extrana na literatura aitual. Dila zuga un humorismo racial, paisano que moitas vegadas non está nas cousas que trata, que soio eisiste antre o autor e o leitor. Ollar sinón aquel xeito de cansalo con ringleiras enormes de nomes inintelixibels e que lle fai rematar ríndose. Risco é tamén, sobre todo, ademáis de teorizador do nacionalismo galego, un folklorista insiñe con marcada base centífica.
Otero Pedrayo é o creador da nosa moderna prosa. Guinda pol-a borda da sua nao senlleira os derradeiros lastres de plebeísmo que impedían dignificarse ao noso idioma. Otero Pedrayo logréu a maior parte das parcelas da nosa cultura, destacándose en todas. Fixo novela, e creou conto i-ensaio, chegando á prenitude n-istes dous derradeiros, e todos saben que é hoxe un dos primeiros xeógrafos da Penínsua, que sinte con paixón cada palmo de terra que estuda. Otero Pedrayo, finalmente, pódese dicir que está encarado con todas as roitas máis novas da cultura aitual.
Castelao, como prosista, aparécesenos con un fino humorismo de fonda raigaña galega, como o que da vida ás suas xeniás caricaturas, na orixinalísima i-extrana historia macabra «Un ollo de vidro». E como un gran crítico de arte nas impresións dun viaxe de estudo por Europa, pubricados co título «Do meu diario» en varios números da revista «Nós».
Xohán Vicente Viqueira, gran esprito galego i-europeo, estudou en Universidás alemás e francesas i adicou toda a sua vida ás ciencias filosóficas nas que sobresaíu dun xeito inusitado. A sua concencia formada antre as congostras da Terra e perlilada coas novas correntes da Europa que il tiña percorrido, era a concencia dun home preocupado por dar un valor de cultura universal ao movimento nacionalista galego. No libro «Ensayos e poesías» pubricado por un fato de amigos despois da sua morte, xúntanse conferencias e artigos encol de custiós pedagóxicas e artísticas, fragmentos e bosquejos de traballos, que responden aos seus anceios de liberacións ás suas grandes dotes centíficas e culturás.
Rafael Dieste en «Os Arquivos do Trasno» exhibe unha coleición de contos orixinás, que pol-a sua intensidade, pol-a sua emoción human e pol-a sua finura estética poden figurar á beira de calquer antoloxía. E na «Fiestra Valdeira» comedia en tres lances, destácase, sobre todo, o primor de lengaxe e a finura de expresión como remate d-unha cálida sensación do ambiente en que se desenrolan as esceas e o vigor psicolóxico dos persoaxes. É unha sensación vivaz do real, animada e robustecida pol-o arte. Dieste co ista obra criou, sin ser deica agora continuado, a verdadeira e única obra de teatro en Galicia.
Euxenío Montes en «Estética da Muiñeira». Correa Calderón na sua novela «Conceición singela do ceo» e Armando Cotarelo e Quintanilla en varias novelas e obras de teatro, contribuien tamén ao engrandecimento das nosas letras.
Alvaro de las Casas e Filgueira Valverde, considerados por mín dun xeito nidiamente subxectivo, como os mellores prosistas contemporáneos galegos, cultivan tamén todol-os eidos culturás. Eu tan soio citaréi como obras acabadas de entrambos: o «Pancho de Rabade» e «Os nenos», respectivamente.
Na prosa centífica: Florentino L. Cuevillas, considerado como o pai dos estudos prehistóricos galegos, Sebastián González, Xesús Carro e Bouza Brey ensaistas de prehistoria e arqueoloxía.
Na química e na historia natural: Parga Pondal e Luis Iglesias. E despois os redactores e colaboradores do Boletín eclesiástico «Logos», editado no mosteiro de Poio, e no que se estudan diversos e varius temas de carácter centífico.
Derradeiramente, direivos que iste movemento de reivindicación cultural e de re-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722919.xml
Os pobos son grandes pol-a cultura.
Mercade Libros Galegos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/115722920.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todos os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posíbeis, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24- Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqúira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/74/74d2/74d25057-81b5-4185-9a75-752e59b3b4d6/11572297.xml
NÓS
D A L E M A Ñ A
VI. IDEIAS DE BERLÍN
Por VICENTE Risco
(Proseguimento)
COSMOPOLITISMO
Eu recoñezo moitas cousas. Eu recoñezo qu'a clase obreira débelle moito ao marxismo, na orde material. Recoñezo que, desagradamente, é certo qu'endexamáis houberan obtido as imensas milloras que levan ganado, senón s'houberan ergueito en rebeldía, e que pra unirense e orgaizaren a sua rebeldía, o marxismo aportoulles unha doutrina e unha bandeira, embora esta bandeira leve a cor da vinganza e do sangue. Mais, compensan estas ventaxes a perda da fé no sobrenatural, a perda da ledicia de vivir, a perda da paz da y-alma, e máis aínda: os perigos qu'os ameazan pra o día de mañá, s'é que chega a trunfar o marxismo? Compensar o gran desengano futuro?
O materialismo marxista encomenza á ja preocupar aos alemás. Louban o esforzo filosófico de Husserl e Max Scheler porque din que se non son eles, o marxismo houbera acabado con toda a filosofía. Nos mesmos socialistas iniciase unha recuada. Semella que Marx chegou á cansar aos millores. Nos meios superiores e máis inteligentes e cultos do socialismo, disgusta já e pon medo o materialismo crecente. Quérselle dar ao socialismo un senso idealista. Pra elo, moitos padrican a volta a Lasalle. Outros, coma o profesor berlinés Max Dessoir —a Universidade de Berlin non conta máis que con dúas figuras filosóficas d'outura: Romano Guardini, da Faculdade de Teologia Católica, e o judeu Max Bessoir, socialista— precuran un camiño nas investigacións metapsíquicas.
Mais isto todo indica a quebra, a descomposición do marxismo. As millores inteligencias encomenzan á se sintiren defraudadas por il, e vanse arredando paseniña e incoscentemente. Namentras, sigue vivindo nas masas aluciñadas e desesperadas.
O marxismo é cosmopolita —trabalhadores de todol-os países, ajuntaivos— e ten que ser cosmopolita, ao ser materialista: «ubi bene, ibi patria». O marxismo é pacifista, e ten que ser pacifista ao ser revolucionario. A guerra é un estorbo pra a revolución mundial.
O pacifismo marxista quer acabar coa guerra antre nacións, ou antre Estados, pra substituíla coa guerra antre as clases. Vai contra da guerra esterior, porqu'o qu'il quer é a guerra civil. Non quer que haxa odios de raza, odios nacionais, etc.; quer somente odio de clase. Proclama a fraternidade universal... dos traballadores e o aniquilamento dos burgueses. Pra o odio de clase, non debe haber fronteiras. Co qual vimos parar, por outro camiño e con outro fundamento, a antiga distinción burguesa qu'os teólogos e juristas facian antre guerra justa e guerra injusta. Somentes qu'eiquí a guerra injusta é a guerra antre pobos, antre nacións, anti'Estados, a guerra esterior. Esta guerra é inhumana e mostruosa, é injusta, ilógica e cruel, sanguinolenta, conculcadora de todol-os dereitos, ofensora de todol-os atributos da divinidade e da personalidade humana. Contra d'ela bótanse discursos, fánse manifestacións, xúntanse congresos, escríbense libros, deséñanse carteis e fílmanse fitas de cinema. E todo é pouco pra pintar-lhes seus horrores, as suas brutalidades as suas loucuras, as calamidades que lle fan compañía, os regos de sangue que deixa.
A guerra social, a guerra de clases, é en troques a guerra justa. Mais ainda: é a guerra santa do novo Islam. Compre padricala, propagala, suscitala, erguela. Tantes discursos, manifestacións, congresos, libros, carteis...