https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720723.xml
NÓS
bre Pinto.—Dóas, por Antón Goy Díaz.—O sentimento nazonalista e o Internacionalismo, por Ramón Villar Ponte.—Academia Gallega. Ingreso de Vicente Risco.—O Carmelo do Cordillo, por Antón Fraguas Fraguas. — Unha galega exemprar. — Follas novas.
BOLETÍN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA, Cruña, 1.º Febrero, 1929.
SUMARIO: El R. P. Celestino García Romero, por Félix Estrada Catoyra.—Ríos gallegos: El Jallas o Esaro, por Heliodoro Gallego Armesto.—El escudo de Ribadeo, por F. Lanza Alvarez.—Memoria acerca de la imprenta y el periodismo en la provincia de Orense, por Eugenio Carré Aldao.—Sección oficial.—Noticias.—Colección de documentos históricos.
PORTVCALE, Porto, núm. 6.
SUMARIO: As Galderias, por Brito Camacho.—Duas palabras sobre metaforismo sinestésico. — Portugués Prático. — Poucu-chinho-Pinguchinho, por Claudio Basto.—As Présas, por Ferreira Soares.—Soneto, por Nunes Claro.—As tinhas na tradición popular y en la literatura portuguesa, por A. Lima Cameiro.—Subsidios para o estudo das consecuencias da analogia em português, por Rodrigo de Sá Nogueira.—Inéditos e autógrafos, por Claudio Basto.—Varia.—In memoriam (Magalhães Lima e H. Sudermann).—Bibliografía.—Novidades.—Bes et Verba.
Janeiro-Fevereiro 1929.
SUMARIO: Cartas de Amor, por J. Leite de Vasconcelos.—Um retrato e uma carta de Ramallo Ortigão, por Claudio Basto.—Dificuldades do Dr. Velasco de Gouveia para ser desembargador da Casa da Suplicação, por Antonio Baião.—Epigrafia Portuguesa, por Pedro Vitorino.—A Lareira, por Ferreira Soares.—A Estação Asturiense de Areosa—Viana-do Castelo, por Abel Viana.—Vasco Fernandes o «Grão-Vasco», por Maximiano Aragão.—Varia: Gotthold Ephaim Lessing, por Providencia Costa.—De uma carta de namoro, por M. Cardoso Martha.—Um retrato do 1.º Conde de Amarante da autoria do celebre pintor espanhol Goya, por Henrique de Campos Ferreira Lima.—Portugués prático, por Claudio Basto.—Nota ao artigo «Cartas de Amor» por J. Leite de Vasconcelos.—In memorian: Julio de Vilhena, por Claudio Basto.—Gente de casa: Joaquin de Vasconcelos, por A. C. Pires de Lima.—Bibliografia, por P. V., A. Supiço de Carvalho e C. B.—Novidades.—Leitões de libros.—Res et Verba.
Anuncia as obras que ten no prelo a Empresa NÓS, as Semanas Galega e Portuguesa e da conta da iniciativa de celebrar o centenario do nacimiento de Rosalía e Murguía—debido, como se sabe, á iniciativa do noso compañeiro A. Villar Ponte—e indica tamén a idea que o Portucale ten de fazer, en tempo oportuno, unha esposizón do Libro Galego.
Nas follas d'anuncio, ten a xentileza que moito agradecemos de inserir os de NÓS, A Nosa Terra e as ediciós de NÓS.
BROTÉRIA, Porto, Janeiro, 1929.
SUMARIO: O trabalho en função da Ideia Religiosa, por Luis Gonzaga Cabral.—Trasmigração e reencarnação, por Raul Machado.—Fronteira portuguesa no sec. XII, por Juiz G. de Azevedo.—A Colecção «Veritas», por Paulo Durão Alves.—Da mecânica relativista à mecânica ondulatória, por Perez del Pulgar.—Causas matrimoniais, por E. Jombart.—Crónica do Movimento Religioso, por E. J.—Revista de Revistas.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redacção.—Efemérides.
Fevereiro 1929.
SUMARIO: Sociólogo e Industrial Católico, por Paulo Durão Alves.—Trasmigração e reencarnação, por Raul Machado.—Fronteira portuguesa no sec. XII, por Luis G. de Azevedo.—A Aviação em 1928, por M. Pizarro de Portocarrero.—A Premiação de Estocolmo, por Paulo Durão Alves.—A obrigação das rubricas, por L. Honoré.—Crónica do Movimento Religioso.—Notas e factos, por Dionel.—Subsidios para o Vocabulário Português, por J. Seratim Gomes.—Revista de revistas.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redacção.—Efemérides.
Março 1929.
SUMARIO: Un Medium na Sorbona, por Raul Machado.—Romance para todos?, por Paulo Durão Alves.—A antiguidade do homem, por Eugenio Jalhay.—Novo sistema do Termo-regulador, por Joaquim Redin.—A margem da Jerarquia?, por J. Creusen.—Subsidios para o Vocabulário Português, por J. Seratim Gomes.—Revista de revistas.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redacção.—Efemérides.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720712.xml
64
Pol-o ano 47 andaba compricado c'os intentos dos montemolinistas que dende Portugal teimaban acender na Galiza a guerra calrista. O 16 de Abril a partida de Romero atacóu e roubóu a aduana de Ponte-Barxas. Por iste «desagradable suceso» o comandante militar d'Ourense salíu pr'a Entrimo; oficiou ó xefe da Guardia Civil pra que c'a sua coluna e a de Padrenda estiveran en Entrimo ás dúas da noite do 23. Poil-o plan combinado en Celanova o día 20 entr'o comandante, os Xefes políticos e o Brigadier Fuentes Pita comandante da línea do centro da fronteira (vixilada en tod'a eistenseón por mor dos preparos dos calristas e pol-as alteracións de Portugal), era entrar en Portugal, cumplindo disposicións do Goberno, pra co par ás partidas. O Comandante militar con catro compañías de Borbón, cincoenta guardias civiles e 18 cabalos, entrou en Portugal pol-os pobos de Pereyras e Merce ás seis da mañán do 23, chegando a Castro-Leboreyro e Alcobazas onde se xuntaron c'a outra coluna mandada pol'o brigadier Fuentes que entrara por S. Gregorio. Non atoparan nada e volveron todos por San Gregorio á tardía deixando ás autoridades portuguesas ó coidado de vixilar. O cabecilla Calixto García non xuntando forzas marchárase ó Porto, namentras os partidarios con Fraga e os dous Tapias adicábanse a roubar nos pobos fronteirizos. De Romero dicíase que acougaba no santuario da Peneda; unha partida de civiles mandada pol-o comandante de Celanova reconecéu ó santuario na mañán do mesmo día sin atopar rastro. As forzas voltaron a vixilar a fronteira.
A favor da inquetude producida pol-os movementos progresistas do 48 as xentes do Romero seguiron campando pol-os seus respectos, apoiados por moita xente de todalas crases. Debeu medrar o prestixio moral do seu xefe d'un modo enorme. O 21 de Abril do 49 ás nove da noite ó mando de dazaoito ou vinte homes sorprendéu ó pobo de Pontedeva collendo a catorce soldados qu'estaban aloxados en diferentes casas: o oficial con sete soldados pechados n'outra casa non s'astreveu a pelexar. Un dos latrofacciosos levaba ó traxe d'un carabineiro asesinado facía poucos días. Romero puxo en libertade os soldados despoixa de grandes ofrecimentos sio seguian, e ó día seguinte, ás once e media da mañá, cairon sobre Portela collendo a sete carabineiros e levándose as fornituras. O comandante militar estránase de que estando en casa forte non se defenderan nin se diran conta das barbas e pelo largos dos facciosos que levaban os uniformes en Pontedeva. O comandante militar desesperábase do escandaloso retardo de las comunicaciones: las columnas llegan a donde acaban de cometerse las fechorías y a la ventura—no hallan tán solo quien les confíe sino quien les indi que ni nada conteste». As sete da mañán do 24, a unha legua de Celanova ond'estaba ó Comandante militar roubaron e feriron ó abade de Poulo e algús veciños. Un paisano negouse a levar ó parte do alcalde. Nos días seguintes operaron tres colunas de tropa e guardia civil en combinación c'outra volante portuguesa que operaba pola raya dende Castro Leboreyro a San Gregorio. Os xefes tiñan recomendación d'aloxarse con toda a forza xunta en casas de boa defensa. Traballaban os espias: a Castro Leboreyro foi un tal Soto que por certo, según un oficio das autoridades españolas ás portuguesas, levaba sombreiro calañés. Por fin nas ações do 3 e 4 de Mayo foi meio desfeita a partida facéndose algús afusilamentos. Mais Romero meteuse en Portugal. Volta ó confidente. No 15 de San Xohan escribe unha outa autoridade da Cruña «aprucbo el ofrecimiento de 4.000 reales hecho al confidente». O 25 de Sant Iago aconsella «que no se desista de la empresa» e que «el consabido (o espía) tenga fé en nuestras promesas». O 3 de Abril do 50 manda que se lle pague unha onza d'ouro cada mes e «no mas porque se duermen ganando tan sin trabajo». Os poucos días foi preso Romero e fixose a estradición sendo levado á Cruña e xuzgado militarmente. As autoridades locais pediron que a execución se fixera en Celanova. Romero, en mula, con boa escolta e acompañado pol-o verdugo, saliu da Cruña na madrugada do 8 de San Xohan: dende Sant Iago levado en litera pois «va mas seguro e se evita el oleaje de gente curiosa». Multipricouse a vixilancia: ó tablado debía estar
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572074.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todolos establecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Lea vostede
Os Camiños da Vida
por R. Otero Pedrayo.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
SANATORIO QUIRÚRGICO DE SAN LORENZO
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572075.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XI ★ Ourense 15 de Abril do 1929 ★ Núm. 64
Romances Mariñeiros da Calima Rianxeira
MAÑAN
Ó ollecer o día
Luce fermoso o luceiro
Com-on foguete botado
Por NOSO SEÑOR DO CEO.
Sona o corno n-a Ribeira
Pregoando peixe no puerto
E pol-o lombo das ondas
Veñen esbarand os xeitos,
Con outas foulas de prata
E ronsels de terciopelo
E velas ben encascadas
E dous riciños de vento
Y-ó timón un mozo novo
Pr'o que o mar non ten sacretos;
Ús traen unha pichada
Y-outros, non sei que milleiros,
De sardiñas e fanecas
E lorchas e mais xurelos.
SOLPÓR
Leva xa os cabalos cansos
E quérilles dar un bafexo:
Treparon moito camiño
Envoltos n-o curuxeiro.
O Solpór, de xionllos, reza
Sobr-as gradas do cruceiro
Y-é o rezo d'amargura
Que l'endulza o pasamento,
Mentral-as sombras da noite
Camiñan mui de lixeiro.
NOITE
Canta a moza pol-a rúa
E n-a praza o mariñeiro,
Faino il pr-afogala pena
Y-ela pra matal-o medo,
Pois si hai mozas bonitas
Das que non queren dar creto,
Tamén n-a escuridade hai,
Meigas, provisos e demos,
Que non pescan á luzada,
Pero fano ó axexo,
Seguros do desgoberno
Do tarabelo do peito.
MEDIODÍA
Por enriba da Barbanza
Cruza o aire un papaventos,
Puxante e metendo estrondo
Com-on cabalo do demo,
Y-o Sol que pola mañán,
Saleu da festa moi cedo,
Para o seu carro de trunfo
Cima da costa do Ceo.
ARTURO NOGUEROL
Rianxo - Febreiro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720719.xml
NÓS
guesa dos cornos do crecente de Marzal. N'hai literatura vidal sin paxaros que aniñen na frouma dos versos ou boten sobr'as prosas un tremor d'azas fuxitivas. Todo Rousseau está na anduriña das «Char melles». Berlin fíxose ibseniano por ollar os ánades do norte—sol da meia noite verde do mar de Nordes Riold, deslumeamento de icebergs—nos lagos do Tiergarten. Entr'as cidades do sul foi a Barcelona de Maragall e Rusiñol a que ofreceu unha rua ós paxaros. Mr. Jacques Delamain pasou moitos días no bosque francés de Gardépée estudando a socioloxía dos Aires. Quizais discípulo de Mr. Tarde, deixa toda sistemática da escola e quer saben «Pourquoi les oiseaux chantent». Mr. Jacques Delamain telegrafía as emigracións dos paxaros aos grandes diarios de Londres. Ouserva como o artista morre c'o espírito de rebaño poil-o pinzón—amigo da montana de Ribas de Sil—soilo canta despois de separarse da banda dos compañeiros. O combate imperial dos machos váise facendo un rito e xa non é sanpuento como n'outro tempo. Prantea sin pre ensiós a dimensión tempo no vivir das tribus azadas. Un fermoso libro pra lér, ós anaquiños, no xardín do pazo. Un libro parente d'os que outro home bó e campesío, Fabre, adicóu ós irmáns inseitos.
POL-O VELLO SOUTO EUROPEO.
Sempre teñen novidade os grandes árbores do pensamento. Hastra ás veces descóbrense nos castiñeiros mais amados follas novos. Pubricáronse n-istes meses algús inéditos. Un, de Goethe. Son páxinas sobr'a natureza nas que según o propio Goethe iniciase—«unha especie de panteísmo que quixera espricar ós fenómenos do Universo pola presenza d'un ser descoñecíbel, au soluto, que se contradí a sí mesmo con humor e cuia actividade podería figurar somentes un xogo a quen fixera d'ela un grave ouxeto de coñecemento». Citaremos somentes tres aforismos.
«No seu cume puxo ó amor. Soilo se deixa achegar polo amor. Pón abismos entre todol os seres e todol os seres quérense xuntar. Isolouno todo pra xuntalo todo. C'uns poucos tragos da copa do amor recompensa as doores d'una vida enteira».
«Ela tróuxome; ela me dirá a saída. Entrégome a ela. Que me garde no seu poder. Ela non condenará a sua obra. Eu non falei d'ela. Non, poil-a verdade e a mentira foron pronunciadas por ela mesma. Pra ela tod'a culpa e tod'a gloria». Goethe referíndose a istas palabras h agora non publicadas di n'unha carta:—«O compremento é a idea
dos dous principios motores da Natureza: polaridade e intensificación, aplicábeles os dous á materia asegún a consideramos baixo o ángulo da sua materialidade ou da sua espiritoalidade. No primeiro caso ela non é mais que atraición e repulsión; no segundo é constante arela car'a outra cousa mais outa. Mais coma a materia non pode eisistir nin obrar sin espírito, coma tampouco o espírito sin a materia, a materia é tamén capaz d'un grado maor d'intensidade e o espírito non deixa d'exercere unha atraición e unha repulsión; paralelamente, aquil soilo pode pensar, pois separou pra xuntar, e xunta dabondo pra de novo poder separar». Outro enorme europeo, Diderot, voltará á moda c'a saida das cartas qu'escribiu á muller amada, Sofía Volland. Axudarán, sin dúbida, a comprender aquil vivir inquedo, sempre curioso e apaixonado e a obra múltiple distante da disciplinada especialidade. Hoxe, o filósofo ideal precisaría chegar ós cento corenta anos—privilexio cicáis soilo reservado a algún turco sensoal—pra establecer ideas xenerales despoixa d'un fondo coñecemento das ciencias—isa Física que tod'o mais saben dúcia e meia d'europeos—A. N. R. F. pubrica unha das cartas: francés sólido e rabelaisiano cando marmura cousas de salón; un grande amor d'home maduro, moita gala d'amizades. Foi a época dos tempos á amizade: redondos, colunata, sentenza platónica. Os homes de letras eran xa un partido. — «Grim é tan desgrazado com'as pedras. Afoga sua door no curazón. Perde a saúde. Váise volvendo ceguño... Chegou ó campo da Briche (cher M.a d'Epinay): con que lediza nos abrazamos. Eu biquei, non teñades celos, si, coma si foran os vosos, eu biquei cen veces istes ollos tan fermosos n'os que eu atopaba dinantes a severidade do ceo, e que aixiña morrerán». Cumpre ler istas cartas paralelamente a algunhas páxinas das «Confesións» unha serán mollada do Abril, na casa, con moitos folgos pra pensar un tempo d'orixes da sensibilidade moderna.
O TRUNFO DA XEOMETRÍA.
Luc Durtain escribe a sua curta novela rusa, Millor, un sufinco pra cisaltar puntos de vista. O héroe, un rico—despoixa purificado pol a revolución—fai a pelerinaxe de Exipto. As pirámides, os obeliscos, etcétera fánlle sentir a presenza do «home moderno, aitivo e lóxico... xa o principio d'ista civilización occidental, tan confiada». A mesma idea de Wörringer: nada de misterio; Exipto os E. E. U. U. da Antiguidade. Mais o deserto sempre foi mal conselleiro. Esquematiza desmasiado. E agora parece
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157207&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720727.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá. No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
UNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720728.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GÁNDARA Y TRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en todal-as Boticas, Drogueirías Hoteles, Depósitos d'augas minerás, Restaurants e vagós-camas de todol-os trés
As mais indicadas en casos de artitrismo, desnutrizón, diabetes, obesidades diversas, doenzas do aparello dixestivo, anemia e neurastenia
Riquísima auga de mesa gaseada naturalmente.
MONDARIZ - BALNEARIO
a 35 kilómetros de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572077.xml
NÓS
todos —berrou a moza, pechando de súpeto a vidreira ond'o sol puxo un lostregueo forte.
O vello mendigo, como bébedo, saloucan te, suando frio, comenzou a se alonxar, sin forzas para falar nin ainda para bostezar. Unhas galiñas que dormitaban na eira cer cana esponxando preguizosas o negro prumaxe, iniciaron un xordo cacareo, ó sentiren o choclear das zocas. Un can tumbado con indolencia de gran señor á soma do pa lleiro e que tiña un óso, limpo e seco, ós seus pés, mirou ó vello con desdén, pechando os ollos novamente. O vello seguía en tanto o seu camiño, cara ás casas próuximas. Unhos rapaces choutadores e agudos como pardaes, que quizabes voltaban da escola, coidándoo bébedo a fé, comenzaron a se bulraren d'el e a se riren. Improróu, emporiso, diante d’outra porta, e outra, e outra... ¡Inútilmente! «Deus o ampare irmán, hai moitos a quen socorrere», escoitou en todas. E inda que taes verbas chegaban ós seus ouvidos, apenas acertou a pensar que Deus podería amparalo si os bós cristianos non o amparaban.
Totalmente famento e rendido, vendo beilar com'unha chama cegadoira a paisaxe verdecente ateigada de sol ante as meniñas dos seus ollos, tordeando cada vez mais e apoiándose con traballo no pau de toxo e nas sebes do camiño, quixo tentar un derradeiro esforzo. Ouvianse moi perto risas e parolas esmorecidas pol-o forte balvordo d'unha fervenza. E avanzóu, atraguido por elas, cáse que a rastras.
Outos biduciros e salgueiros c’os vellos troncos apreixados pol-a hedra, enchian de soma o camiño. A través do mesto follax peneirábanse as brancas paredes d'unha casoupa —derradeira esperanza do mendigo— e escentilavan fúlveas as augas tersas do río nas que a luz solar cabrilleaba cegadora.
O vello ergueu a sua voz, doente e tremelante, n'un supremo esforzo, para domiñal-o rouco marmurio da fervenza que cáseque a carón d'el ruxía con estrondo, debullándose en escumas epilécticas e en fortes gargalladas de cristal.
—¡Un anaquiño de pan para o probe velliño que morre de fame!
A porta da casoupa, que era a casoupa de un belido muiño aldeán, saiu o muiñeiro, un rapaz hercúleo de groso pescozo escoando pingotas de suor, co'a face redonda e verme lla e as roupas do traballo empoeiradas de fariña. Tras él asomáronse en feixe, curidosas, algunhas mozas e vellas.
Ó veren aquel antergo mendigo, porco, dobregado, coberto de farrapos, que s'avalaba grotescamente, coidáronno bébedo, e o muiñeiro, socarrón e verboso, marmulou entr'as gargalladas ceibes das mulleres:
—O demo me leve si ese vello non perca mais da auga que do pan.
—Que non poido co'a fame... que non poido... Non vos riades!— dixo saloucante o mendigo.
Unha das mozas do muiño sintíndose movida a compasión, escramóu con verbas doces:
—Que Diol-o ampare, señor. Hai moitos a quen dare.
E outra moza, garrida e fresca, d'ollos moi churrusqueiros:
—¡Ora o demo! Ese vello ten de servos meigo: Mesmamente parece un sapo.
Estralóu súpeta unha gargallada en tódal-as gorxas; e o muiñeiro, as vellas e as mozas volveron a se adentraren no muiño.
Ficóu só o mendigo: só co'a sua fame, co'a sua miseria e o seu desamparo, sin lle inspirar lástema a ninguén, sin ser creído de naide, sin atopar un cirineo no seu amargurente e horrible calvario.
Saloucante e aparvado, arrastróuse pol-o cespede mol e vizoso deic'a cercana orela do río. Na limpa corrente da auga manseliña, andaban a se refrexaren tremelantes as frondas verdes, os cumios das lenes montanas que pechaban o hourizonte e un anaco de ceo azul.
Chegou entón a se sentir atraguido por toda aquela movilidade cristaiña. Pensou no doce que teria de sel-o acougo no brando seo das augas limpas e frescas, lonxe dos camiños aspros e do sol abafante e cruel. Fallo do agarimo dos homes ¿non podería atopar alí o de Deus que os bos cristianos lle dese xaban por todo socorro? Alí, no anaco de ceo azul que espelleaba no río, algo chamábao con amor. E hasta unha arbre lanzal, refrexada na linfa gurgullante, parecía abalar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720717.xml
NÓS
Tocan as campás, bon Rei e ben tocan de alegria por aquela vosa infanta que para o Ceo camiña.
NOTA.—No mes de San Xoan de 1898 o ilustre Alfredo Brañas recolleitaba materiais pra unha Historia da Literatura Galega que había ter de seis a sete volumes de 400 páxinas cada un, escomenzando pola época céltica. En carta a Marcial Valladares espoñía o seu pensamento, e pedíalle o favorecese to-
mándolle todo canto divese a máis referinte á Ulla. Valladares xa vello de 77 anos, mais traballador de cote e cheo de vountade mandoulle a Alfredo Brañas un feixe de notas, antras que está o Romance que agora se publica e que non sabemos se alda está inédito.
Qué foi de todo o material que Brañas debeu xantar e pra o que se valen dos Párrocos, maestros, etc.?
O Romance foi recolleito dunha labrega de Monide (Silleda) que ainda fai poucos anos morreu. De xeito popular vese a mistura erudita e sobre de toda a influencia eclesiástica tan do noso arte popular.
A. Lousada Diéguez.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
BANQUETE Ó RISCO.
N'Ourense celebrouse un banquete en honra de Vicente Risco pol-o seu ingreso na Academia Galega e a publicación do admirable libro «Metodología de la Historia» que está sendo cada día mais apreciado nos círculos universitarios e intelectuais. Xuntáronse moitos amigos e admiradores do noso Vicente, persoas de todas as opinións e partidos dese xosos de testemuñaren a súa simpatía ó noso Director, e recibíronse gran número de cartas e telegramas. D. Xoaquín Núñez de Couto ofreceu o agasallo elocuentemente. Blanco Amor leu unhas admirables coartillas de fonda emoción e belida forma evocando entr'outras cousas atinadas a influencia fundamental de Vicente Risco nas rutas da mocidade e no rexurdimento de Galiza, e Antonio García uns inxeniosos versos recibidos con aplausos. Risco díu as gracias en verbas sinxelas e sentidas. O comedor do Hotel de Roma sentíu decorrer algunhas horas da incomparábel alegría ourensán.
SEMANA PORTUGUESA EN GALIZA.
Percorreron Galiza, acollidos en todos os lados coa meirande cordialidade e entusiasmo, os enviados do Diario de Noticias de Lisboa, Sres. Antonio Ferro, Alfredo Pedro Guisado, Guerra Pais e Carrera, pra organizar a Semana Portuguesa que se ha facer pra o mes de Setembro que ven.
Antonio Ferro, director da Seizón portuguesa de La Gaceta literaria de Madrid, é un dos máis coñecidos entre os escritores que en Portugal sosteñen o movemento de modernidade literaria e artística, e un dos que levan por novos vieiros o jornalismo portugués. Alfredo Pedro Guisado, galego d'ascendencia é o ben coñecido autor d'un libro de versos na nosa fala: Xente da aldea.
Guerra Pais dirixe a revista Arte Peninsular, publicación ilustrada hispano-portuguesa. Carrera é un galego que hai tempo vive en Lisboa, adicado a empresas de intertroque e espallamento editorial e xornalístico.
Estiveron os distintos viaxeiros en Vigo, Santiago e a Coruña, onde deron interesantísimas conferencias e deixaron constituídos comités pra a organización da Semana Portuguesa, integrados por representantes da imprensa, da intelectualidade, do comercio e do elemento oficial.
De volta, Ferro, Guerra Pais e Carrera estiveron unha hora n'Ourense, onde os directivos de NÓS tiveron o pracer de parolar un pouco co-iles, ofrecéndolles toda a súa antusiástica axuda, e deixando tamén un comité constituído.
Prácemos moito salientar iste feito, e sinalarmos o bo camiño que leva a fermosa idea do Diario de Noticias, a quen NÓS reitera eiquí un garimoso saúdo.
HOMAXE A XAVIER PRADO.
Celebrouse n'Ourense o organizado pol-o Coro «De Ruada»: un xantar con mais de cen asistentes no xardín do Hospital novo, con moito antusiasmo e moitos brindis, cantándose ao final o Himno galego. Manifestouse asina a admiración e cariño que os seus paisanos teñen ao noso benquerido amigo e colaborador.
UN NOVO TRABALLO DE D. MARCELO MACÍAS.
O Boletín de la Real Academia Española correspondiente ó Febreiro deste ano, publica un notable estudo filolóxico do insigne mestre D. Marcelo Macías. Trata d'unha escritura do ano 938 otorgada pol-os condes D. Gutierre e doña Ilduara confirmada pol-o seu fillo San Rosendo e gardado no Arquivo da Catedral d'Ourense. D. Marcelo considere-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572076.xml
O ASILO AZUL
(CONTO)
Para Ramón Otero Pedrayo
O vello mendigo andaba a pedir pol-os camiños. Tiña unha barba longa e albariña e unhas greñas grises e revoltas desbordantes d'un pucho de farrapos; unhos ollos vagariñentos, unhos párpados vermellos, sin palpebras, e un pescozo sarmentoso rematando un fatelo desforme, cheio de remendos porcos e inmundos, cuio estremo inferior eran dúas grandes zocas de onde con grotesca folganza surxían unhas canelas osudas.
¡Cativas foran as derradeiras xornadas! O vello mendigo tiña fame, moita fame... Cubizaba matalo. Abandonando, pois, con gran traballo a soma das arbres apoiado na sua caiada de toxo, pillou pol-a curripa poirenta que vai á aldea. Rastreábanlle os pés no chan con forte chocleteo e os seus farrapos prendíanse nas silveiras, facendo fuxir os pardaes. Briñaba o sol do meiodía no ar azul ateigado de rumores. Era o amplo val, latexante baixo a lumiosidade cegadora, com'a un miragre d'ouro e verdura. E os cumios dos montes no limpo e profundo ceio, parecían arelar, sutilizándose, unha sinxela trasparencia.
A tosca fasquia do vello mendigo, através dos milleiraes e dos prados, lembraba mesmo un tangueiro d'escuretal-os paxaros. A tempo de camiñar, moitas vegadas a sua boca sin dentes, con beizos de miñoca, deitaba un salaio ou un bostezo, e a sua man tremelante, terrosa e enrugada com'a casca da noz, pousándose nas greñas grisáceas da fronte, termaba de arredal-o sol dos ollos vagariñentos para poder fitar o lonxe.
As primeiras casiñas da aldea atopábanse xa perto. Branquexaban entr'a follax da ar-
boreda e dos seus tellados rubía lento e soledene, ó ar diáfano, o fume azul en volutas mestas e graciosas. O cheiro vexetal do campo misturábase c'o cheiro a pan quente.
Diante d'una porta adoviada co'as follas d'una parra que projetaban inquedas randas de luz e sombra nas paredes e no chan, paróuse o vello mendigo. Os sarmentos retorcidos e trepadores como cóbregas, eran irmáns da man que tendeu homildosa para acompañar ista doente salmodia:
—¡Pol-o amor de Deus, un anaquiño de pan para un probe vello que non pode gañalo!...
Era a sua voz tan deble, manseliña e tremelante, que ninguén chegou a escoitala. E volveu por iso a pregar, esforzándose no prego, e petando ó mesmo tempo co'a caiada de toxo na porta.
—¡Un anaquiño de pan para este probe vello que morre de fame!
Do interior da casa c'o agradábel cheiro a cociña, chegóu un ruido de pratos no sobrado. Ó fin, con estrépito, abriuse a vidreira de sobre a parra, e unha moza rexa e coorada, tornando o sol da sua fronte co'a man cheia de luz, asomou o busto trunfal para mirar un momento ó que chamaba.
—¡Ai, señor, Diol-o ampare!
O mendigo ergueu os ollos vagariñentos, de párpados vermellos, para pregar de novo n'un salaio triste saído do seu peito xa sin folgos, avalandose de xeito grotesco e chocalando as zocas:
—¡Un anaquiño de pan que non poido mais! —Diol-o ampare, señor; non se pode dar a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572072.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE Real, 36 1.°—A CRUNA
ABONAMENTO NOTA
Doce númoros, na Península 6'00 pesetas. Fora da Península 8'00 » Númaro solto 0'70 »
Este boletin non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
Romances mariñeiros de calima rianxeira, por ARTURO NOGUEROL. O Asilo azul (conto), por A. VILLAR PONTE. As insculturas do Coto do Corno, por FLORENTINO L. CUEVILLAS. Do século XIX — Un Latrofaccioso, por R. OTERO PEDRAYO. As industrias líticas da Guardia — Novas estazóns, por MANUEL F. COSTAS. Arquivo Filolóxico i-Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas, POL-A REDAUCIÓN.
Reloxería ZENITH Dicente Risco
MAQUINAS PARLANTES. DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS M. CALVIÑO - Ourense
Abogado Santo Domingo, 47-2° Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720716.xml
NÓS
68
de poing de Fontes. Alí contei hastra 30 machados todos grandes i-algúns d-un peso aproisimado de dous kilogramos.
Non seguin mifias investigazéns mais ó Sul. Polo Norte non pasei d'Area Grande, mais un día baixei á beiramar perto de Portucelos—onde o P. Jalhay xa siñalara achádegos (1) —i-atopei algún material cativo. Non poiden seguir buscando porque na estrada estaban á miña espera, i-o sol xa se tiña posto. Abondaba asegurarme que o material lítico seguía por tod-a costa brava. Convén adevertir que eu inda non coñecía o dito traballo do P. Jalhay.
Despois achei pedras lascadas perto de Salcidos. Na estrada do Pasaxe (xa o indicou o Sr. Fontes) (1) hai-nas abondantes ás dúas beiras.
(Continuard).
(1) E. Jalhay.—«A Estacho Asturiense de La Guardia.—Broteria, tomo II, 1928.
(1) Fontes.—Obra e traballo citado.
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
ROMANCE
Érase a filla d-un Rei moi devota de María que tres Rosarios rezaba e todos tres cada día. O primeiro de mañán o segundo tras comida o terceiro pol-a noite cando todos xa dormían. Rezando estaba unha ves chégase a Madre diviña e dille: ¿Qué fás devota? ¿que estás facendo infantiña? —Señora rezo o Rosario da nosa Reina diviña. —Infanta vente conmigo a unha longa romaría —Antes licencia pedir vou a quen lle debo a vida. Marchóuse de sala en sala e de cociña en cociña hasta a cámara mais alta por onde o bon Rei dormía. —Esperte, meu pai, lle dixo que trayo grande noticia pois dentro d-este palacio espera a Reina diviña e quere vaya con ela a unha longa romaría. —Entones os meus palacios pra min soilo sobrarian. —Os probes darllos, señor, En ben llo consellaria.
Por te levar quen te leva vaite con Dios miña filla.
Fóronse ó monte Calvario onde Cristo tal sofrira ond'a cobra asubiaba e a serpente respondía. Ó que chegaron alí dixo a Señora diviña —Infanta aquí pasarás sete anos mais un día; mandareiche por un anxel a fartura que cumprira e por a branquiña pomba moi cobizosa bebida. Así que pasou o tempo volveu a Virxe María e preguntoulle surrindo —¿Como, che foi, miña amiga? —Foime ben, gracias a Dios e á Reina que me sostiña. —Tres estadiños ch'ofrezo de todos a milloría. Se queres o de casada marido tés enseguida. Se queres entrar de monxa convento che busco axiña. Se queres rubir ó ceo aman che dará María. —Casada non quero ser nin en convento acollida. Eu quero rubir ó ceo que non vexo millor vida.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572078.xml
NÓS
60 as suas pontas como braços cariñosos abertos para o recibir.
O sapo humán, abandonando a caiada, posto a esbarar, cú en terra, xa sin vountade e paseniño, pol-a donda ribeira, chegou a tocar co'as grandes zocas na auga que se esfrangullou en gurgulllas cheias de luz, baixo d'elas. Seus ollos, cáseque cegos, non viron mais que sol e verdura. Sigueu esbarando, esbarando... Unha frialdade de vidro rachador tomouulle as pernas, chegándolle logo o ventre, o peito. Sintiu de contado un marmullo xordo nos ouvidos e un bico de neve nas meixelas, unha onda fresca avasallante na gorxa, unha pesadez de chumbo xeado na cabeza, e derradeiramente, unha escuridade mesta cheia de estreliñas azues e un silencio denso e fondo...
Un merlo negro debullou o novelo dos seus trinos pousado nas pontas d'unha sil- veira. Unha limáchega escintilante com'a cebache, rastreando, palpou c'os seus corniños moles a caiada abandonada. Ningunha outra esequia fúnebre teria o probe mendigo.
Entramentras ó son grave da fervenza cantaba o muñeiro unha cantiga leda e pi- carcira que coreaban as mozas faladoras e risoñas, como n'un rito pagán. A campana parroquial deitaba pol-o val lumioso e verde- decente seus doces sons invitando ós bós cristians a rezaren a oración do meiodía. E nos casos de perto, nos vellos camiños e na lonxana reutoral, moitos beizos bisbesulla ban fervorosos: «El pan nuestro de cada día...»
A. VILLAR PONTE
AS INSCULTURAS DO COTO DO CORNO
ANTECEDENTES. — Debemos o coñecemento de istas insculturas ó noso amigo o sabio entomólogo e catedrático do Instituto de Santiago, Dr. Luis Iglesias, que n-unha das suas xeiras centíficas pol-os montes re- dondelanos tivo a fortuna de descubrilas e a curiosidade de deseñalas e medilas cuidadosamente.
A ista circustanza verdadeiramente feliz débese tamén que as ditas insculturas non quedaran inéditas pra sempre, xa que a peneda que as contiña foi, asegún nos participa o Dr. Iglesias esnaquizada recentemente pol-os pedreiros.
Un caso semellante ocorreu hai pouco con algunhas das penedas gravuradas de Mogor e pode ocorrer mañán con outras estazóns do rupestre galego, feitos que nos obrigam a chamar a atenzón das Comisiones de Mo- numentos e demais sociedades arqueolóxicas de Galiza sobre a comenenza de unha aizón encamiñada a pór a coberto, tan intresantes manifestazóns da arte prehistórica, de atentados como o que agora lamentamos.
LOCALIZAZÓN. — Localizábanse istas insculturas n-un outeiro chamado «O Coto do Corno» veciño a un cume onde se asenta un castro coñecido pol-o «Castro do Coto de Negros», todo elo perto do lugar de Pini, na parroquia de Cedeira e bisbarra de Redon- dela.
É a rexión das Rías Baixas singularmente rica en manifestazóns rupestres, que teñen aparecido ata de agora, axuntadas en tres grupos principais: un de iles na ría de Arousa cas estazóns dos Ballotes, Meadelo, Cespón, Puza ancha e Axeitos; outra nas imedazóns de Pontevedra con fatos de gra- vuras na Cacira, Poio, Salcedo, Figueiredo, Combarro e Mogor e que se estende pol-o val do Lerez por Xeve, Tenorio, Sacos e Campo Lameiro e a terceira perto xa do Miño con estazóns en Oia, Vilasuso e Monte de Santa Trega (1). Xeográficamente, as
(1) Vex., pr'as estazóns que se citan n-ista nota a bibliogra- fia seguinte: Barros Sibelo, Antiguedades de Galicia, A Craña, 1873. J. Cabre, El arte rupestre en España, Madrid, 1915. Arte rupestre galego-portugués, Lisboa, 1916. Los grabados rupes- tres de la Torre de Hércules (La Coruña), Revista de Archi- vos, Bibl. y Museos, Xunto, 1915. A. Breuil, Les petroglyphes d'Irlande, Revue Archéologique, XIII, 1921. Breuil e Macalis-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720722.xml
74
loitadores do galequismo ultramariño. Non hai moitos meses tampouco que tivemos a ledicia de comentarmos eiquí mesmo outro libro seu en castelán, *La ruta aventurera*. Había alí verso de varias etapes, e pol-o tanto con difrentes directrizes estéticas, embora animados da mesma y-alma. Os versos galegos d'agora son todos de feitura nova. Feitos cecais co-a lembranza d'Amado Carballo, a quen devotamente adica o libro, son porén outra cousa difrente dos do morto poeta. Siguenza semella unha miga menos lírico (musical) e mais plástico (imaxinista). Johana de Ibarbourou, a delicada poetisa uruguaia, filla de galego e chea do espírito de Rosalía, que puxo ao libro do Siguenza unhas fermosas e atinadas verbas limiares, anticipou o noso xuizo, cando pon: «Para Siguenza, imaxineiro latino, o vento do inverno é un pegureiro; a noite é unha noiva enfeitada de branco; as estrelas nenas que van á escola levadas pol-a lua, anémica institutriz meio parva». É, com'ela di, a humanización e a zooloxización (cecais millor vivificación?) da natureza inteira, principiando pol-o ceo. O que foi de cote toda verdadeira poesía, e o que terá que ser sempre... Pode que se deshumanice a plástica —anque esa deshumanización seña inhuma—mais non ha pasar asina coa lírica. E menos no Siguenza, que é fondamente humano, porque é galego, ou seña, home de humanidade orgánica, ánimeca, vital. O mesmo que dicir poeta. V. R.
HOMENAJE A D. CARMELO DE ECHEGARAY (Miscelánea de estudios referentes al Pais Vasco), San Sebastián, 1928.
Este libro en homaxe ó ilustre vasquista foi preparado pola-a Sociedade d'Estudos Vascos, por acordo da Diputazón de Guipúzcoa, co-a cooperazón das de Alava e Vizcaya. Componse de valiosos escritos, pra dar idea dos quales damos eiquí o sumario:
Serapio de Mugica, *Los Gascones en Guipúzcoa*.—Telesforo de Aranzadi, *Españoles de ingenio y monigotes de superstición*.—Manuel Serrano y Sanz, *Un documento del obispo aragonés D. Antón*.—G. Olphe Galliard, *Les basques du pays de Labourd*.—N. Alonso Cortés, *Esteban de Garibay y el «Compendio Histórico»*.—Fr. José Adriano de Lizarralde, O. F. M., *Valor histórico de la efigie de Ntra. Sra. de Icíar*.—Francesch Carreras y Candi, *Algunos mostres de lengua ibérica en territorio éuskar*.—J. C. de Guerra, *Algo de Heráldico*.—V. Dubarat, J. B. Daranatz, *La mort de Roland á Roncesvaux d'aprés quelques textes légendaires*.—Enrique de Eguren, *Nuevos datos acerca de la Prehistoria en Alava*. *El túmulo de Oiguina*.—Beatrice Quijada Cornish, *A Contribution to the study of the historical novels of Francisco Navarro Villoslada*.—Fr. Zacarías Martínez, O. S. A., *Semblanza de San Francisco Javier*.—J. Miguel de Barandiarán, *Meri, o el genio de las montañas*.—Luis M.ª de Uriarte Lebario, *La vinculación en Oñate*.—P. Miguel Cerezal, *Iglesia de Santa María de Portugalete*.—Florencio Amador Carrandi, *Documento interesante*.—A. Rubió y Lluch, *Conquista de Tebas por Juan de Urbinia*.—Fr. Juan Ruiz de Larrinaga, *La tradición artística de la provincia franciscana de Cantabria*.—Julio Altadill, *De re geographico-historica. Vías y vestigios romanos en Navarra*.—C. C. Uhlenbeck, *Quelques observations sur le mot «ilargi»*.—Arturo Farinelli, *Petrarca e Laura*.—Miguel Artigas, *Notas para la bibliografía del «Examen de Ingenios»*.—Apraiz'tar Odon, *Ensket-Olertiyaren bereizkai bat: Izadivari deya maitasunesko olerki askerak*.—Darío de Arciio, *Algunos pueblos de Castilla que tentan el Fuero de Vizcaya*.—Arturo Campion, *Reyes de Navarra en el destierro*.—H. Gavel, *Note sur le nom basque Cherbero*.—Adolfo Bonilla y San Martín, *Notas sobre dos leyes del Fuero de Navarra en relación con el «Amadis de Gaula»*.—Gregorio de Mújica, *Don Carmelo de Echegaray*.
ENTR'O CLAVO I-A FERRADURA por Antón Goy Díaz, Lugo, 1928.
Pequeno folletinho subtidoado: *Contos e poemas do ferreiro Mocles*, no que alternan a prosa e o verso en misturanza. Son esceas de vida real da aldeia, nas que desfian por diante do leitor tipos coñecidos, sendo todo referido en xeito humorísteco e d'esprimentada sabencia de refrán. Libriño de costumbrista feito na moda do outro século, anque hai n-il un senso de peisaxe que non é d'aquil tempo, senón do noso, e que atira ao autor mais carla nós, coma se vé en *Den Pena da Rapadoira*. De todos modos, o autor escribe ben soltamente e con bon senso. Adiante, pois.
REVISTAS
A NOSA TERRA, 1.º Marzal, 1929.
SUMARIO: *Ao decorrer os días*.—*Con ferreñas e pandeiro*, por Damil.—*A bordo do «Arlanza»*, por Corona González.—*Himno da árbore froital* (trad. de Maragall) por Xosé Iglesias Roura.—*Con sentimento*, por Millo-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720710.xml
Bajo la coal salen dos riscos desiguales, mayor el de la izquierda que el de la derecha, que imitan seguramente los brazos. El cuerpo se delineó por una línea ligeramente curvada de la que parten dos riscos largos, que por su posición y modo de caída quizás puedan interpretarse como las bandas colgantes de un cinto, rematándose más abajo la estilización por dos apéndices curvos que figuran las extremidades inferiores. Desde el tercio superior del cuerpo y pasando por el remate de la izquierda de la banda colgante y por el de la pierna derecha, alcóntrase una figura cinguida por un círculo que presenta incruído precisamente entre los dos apéndices terminales de la misma otro círculo de pequeño diámetro. Sin que lo afirmemos categóricamente creemos posible que el círculo mayor, que parece proteger la estilización humana de la altura del pecho, represente un escudo grande como muchos de los que se usaron en épocas prehistóricas e históricas.
Puede clasificarse esta figura, a pesar de sus singularidades, entre las representaciones humanas de tipo cruciforme, que se alcontran abundantemente representadas en las artes dolménica y rupestre de la Península e de fuera de ella, apareciendo bien en forma de simples cruces, potenciadas por veces, bien con clara indicación de las extremidades posteriores en la anta gallega de Axeitos, en la asturiana de Abamia, en la catalana de Barranc y en las andaluzas de Soto y de Cueva de Menga y en las estaciones rupestres gallegas de la Torre de Hércules, Eira dos Mouros, Vilasuso, Oia y Urliñeira; en las portuguesas de Monte Alto y Sabroso (Guimarães) y Penedas das Gamelas y Talisca (Pavia); en las castellanas de Canchal del Cristo (Batuecas), Castro (Soria), Orrea (Cuenca), Cabezón de la Sal (Santander) y Campilla de Quintanapoio (Burgos) y en la andaluza de Aldeaquemada (Jaén), pudiéndose citar en regiones no peninsulares los cruciformes de alguna de las piedras de la Granja de Vaux (Vendée) y los números de Clounfinlough (Irlanda).
De todas estas estilizaciones las que se paralelizan de un modo más aproximado al del Coto do Corno, son dos que se hallan en la Pena do Polvorín (Torre de Hércules) y que aparecen inscritas por completo dentro de círculos, diferenciándose así y todo de aquella en el potenciado de los brazos y de la cabeza, en la indicación del falo, en ser por completo recto el riesgo que marca el cuerpo y en estar totalmente inscritas dentro de sus respectivos círculos.
La manera de estar representada la cabeza en la figura que nos ocupa, por una coviña alargada tampoco es frecuente, siendo los medios más comunes de representación, un simple potenciado (Torre de Hércules) o un círculo (Eira dos Mouros), viéndose coviñas terminales en algún ejemplar de Vilasuso y en otros gallegos publicados por Obermaier sin indicación de localidad. Como características que personalizan notablemente la estilización del Coto do Corno pueden indicarse, la cativa longitud de los brazos, la curvatura del cuerpo, el probable adorno de cintura y la disposición del círculo que parece protegerla y en el que se incrusta otro círculo mucho más pequeño, siendo en secuencia el último o clasificarla como una variedad nueva dentro del tipo cruciforme.
El círculo simple con coviñas en su interior pertenece a una clase especial de inculturas, muy enjebremente comprende una serie de figuras, círculos, elipsoides, y otras más irregulares que abarcan dentro de su trazo, casi siempre cerrado, hechos de coviñas y que aparecen bien representados en la Caeira (Pontevedra), en la Pena da Forneiriña (Campo Lameiro), en Mondariz, en los Ballotes y el Meadelo (Carril), en Mogor y Salcedo (Pontevedra), en Carnés (Vimianzo) y en el Outeiro das Laxes (Figueirido) y siempre en compañía de combinaciones circulares, de sinos laberínticos y algunas veces de figuras zoomorfas esquemáticas, aunque no por completo estilizadas.
Los óvalos concéntricos, muy característicos también de nuestro rupestre, tienen uno de sus mejores paralelos en los dos círculos concéntricos con círculo radial y coviñas en el interior que se hallan en una de las penedas del grupo de los Ballotes y presentan vivas semejanzas con las figuras más o menos circulares con apéndices caudales de la Laxe da Pena furada, del Lombo da costa, del Outeiro dos Campiños, de Salcedo y de Tenoiro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720720.xml
NÓS
na psicoloxía: tira d'ela eispricacións do mundo. Entre moitas unha fermosa teoría da obra de arte: non é somentes unidade formal sinón unha totalidade de contido no que a vida soilo proporciona fragmentos, pondo ó esprito toda a virtualidade. Teoria parella da esposta por Ramuz nos «Remarques» (4 caderno): o novelista dificil dí que na obra d'arte n'hai dificuldades de natureza, nin de elaboración e preparación. Soilo valen as cousas que viven no esprito do autor. Cand'un autor fala das dificultades vencidas pódese pensar que é un autor que deixou de sélo.
que n'outro tempo, o tempo do Rey Serpente, o deserto d'hoxe era torrón ben amolecido pol-as chuvias, con verdecentes fondas de arboredos e colleitas. Preto do oasis de Kufra os eisproradores estudaron un cocodrilo nilótico, pequeniño e dexenerado, cheo de sabencia e d'un aspeuto tan literario como a Atlantida de Pierre Benoit.
PSICOLOXÍA E METAFÍSICA.
[ste libro «Les puissances de l'abstraction» de F. Paulhau, honra a nova filosofía francesa. Non se contenta con especializar
pódese pensar que é un autor que deixou de sélo,
LIBROS
ELEMENTOS DE METODOLOGÍA DE LA HISTORIA
por Vicente Risco, un volume de 238 páxinas e un epilogo, A Cruña, NÓS 1928
Non somos nós os chamados a facer a crítica do libro derradeiro de Risco. Il soilo, váise abrindo camiño en todol-os círculos culturás interesados nos probremas da Historia; il soilo, ceibe pol-o mundo dí quen é.
Unha grande parte da laboura profesional do autor, e as suas fortes meditacións encol do tema orgaizanse n'iste libro onde n'hai liña que non conteña unha enseñanza. Preciso, enteirado, vigoroso, certeiro, sin entripados de pallabarro nin xeneralizacións inuteis, o libro de Risco podería ser, escrito en alemán un admirable «Grundris» da materia, escrito pol-o Risco, tén, ademais, un sintético desenrolo de moitos probemas que fuxen da sinxeleza do tidoo. O autor non se reduce a escoller e artellar, sinón que recreando a materia préstalle o valor da personalidade esprimentada e orixinal.
Querendo ser un libro d'enseño pr'os estudantes das normales será aixiña un libro de cabeceira pra tod'a caste d'estudiosos. Pois ademais de ensinar con tino, preciseon, modernidade e outa concencea escrupulosa, franquea moitas portas ó pensamento e a investigación. Será por moitos anos un libro cráseco na enseñanza. Os estudantes da Universidade poden confiarse n'il coma n'un mestre seguro. Todol-os leutores atoparán, uns iniceaceón espertadora de vocacións, outros confirmaceón e renovaceón dos seus puntos de vista, todos un amigo e un compañeiro ó que é preciso acodir pois aforra a precura de mil cousas dispersas en outros libros i-en poucas tan completamente tratadas. Non dicimos outra palabra dil pois pra criticalo coma mereze somentes hai un camiño: citar todol-os capidoos e dar unha idea d'eles, cousas que nin quer a modestía do autor nin o consinte o espacio.
O libro limpamente editado por NÓS, con formato e tipo europeio vai procramando por todol-os escapa rates da terra e de fora d'ela a maxistral valor do Risco. Embora á inteleitualidade e pr'o autor unha aperta de todo corazón.
R. O. P.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720711.xml
NÓS
OBSERVAZÓNS. —Dividiu Obermaier as insculturas galegas en dous grupos, un mais antigo en que incrui as estilizazóns humáns do tipo da do Coto do Corno, e outro mais moderno no que crasificou as combinazóns circolares semellantes ás que vimos de estudar. Xeneralmente as representazóns correspondentes a cada un dos grupos aparecen sin misturarse entre si, mais n-algunhas ocasións asócianse na mesma peneda e case poderiamos decir que na mesma composizón. Tal ocorre na Pena Forneiriña, de Campo Lameiro onde se ven estilizazóns humáns rectangulares xuntas con animás esquemáticos; en Mogor e nos Ballotes, onde os sinos en ferradura están á beira e ata formando corpo con combinazóns de circos i-en Oia, n-unha de cuias penedas, figuras do grupo mais moderno óllanse conxuntamente con estilizazóns rectangulares. Un caso análogo ocorre no Coto do Corno co agrupamento do cruciforme cos circos con coviñas, pertencente o primeiro ó tipo mais antigo de insculturas e os segundos ó mais moderno.
Craro está que istas asociazóns, pol-o demais pouco frecuentes, poden apórse a certas sobrevivenzas ou tamén, n-algún caso a coincidenzas fortuítas, mais é inegabre que prantean un novo problema na interpretazón e cronoloxia do noso rupestre, cuias fases sucesivas non se dexergan ainda con crareza, cousa ben espricabre si temos en conta que o seu período de vivenza e de actividade alóngase moito e chega incruso á cultura dos Castros, como o ven amostrar a suástica do Miño insculturada n-unha pedra afrorante do Santa Trega.
FLORENTINO L. CUEVILLAS.
Ourense 2 Xaneiro 1929.
DO SÉCULO XIX
UN LATROFACCIOSO
No mes de Sant Yago do 1849 recibia unha autoridade d'Ourense carta reservada d'un cabaleiro de Celanova. Poucas liñas d'un gran intrés pra unha galería de tipos do século derradeiro. As autoridades militares e civis da Coruña, d'Ourense, de Celanova, perdían o sono cavilando no xeito de pillar ó sonado latrofaccioso Alvarez Romero refuxiado en Portugal. Todo pendía das maquinacións d'un confidente pois outros medios era perdel'o tempo. A carta escrita con certa emoción dí que o famoso espía despoixa de moito andar atopou a Romero n'una casa cerca de Valadares; rexurdiu a antiga amizade e ispiroulle á confianza «que es susceptible de inspirarse al que de todos desconfía». Estaban con Romero trece homes dos que somentes coñecéu a un fogueteiro de Pontedeva: catro d'eles figuraban persoas finas; a un de barba roxa, cadea e reló d'ouro, con catro aneles, trataboa Romero con moito respecto. Tiñan unha égoa e catro bós cabalos; o cabecilla dicía que íl non precisaba de mais faco qu'as suas pernas, e qu'eran pra xente da compañía pouco afeita a camiñar d'a pé. Dixo tamén que facia pouco estivera na Cañiza e que aixiña iría a Celanova pra facer tres mortes; a do alcalde e outros dous señores, un d'eles o qu'escribe a carta. O espía coméu, cenóu e durmíu c'aquila xentiña e o Romero ó se despediren metéu lle na mán 14 reás dicíndolle que en poucos dias tería novas e que lle procurase pólvora e balas. O espía debía ademais de pol-a paga, de obrar pra satisfacer algunha vinganza pois na carta dise «que le tiene ganas» ó Romero.
Pr'a historia d'iste home, d'abondo sabida, non coidamos ocioso, aportar algús datos apoiados en documentos auténticos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720726.xml
NÓS, Pubricacións Galegas e Imprenta
Real 36-1.º
A Cruña.
Si ainda non ten as nosas produccions pídas axiña e contribuirá ó rexurdir cultural de Galicia.
Estebo, por Xosé Lesta Meis.
Historia Sintética de Galicia, por Ramón Villar Ponte.
Grabados en Linoleum, por Xaime Prada.
A Tola de Sobrán, por Farruco Porto Rey.
Tríptico Teatral, por Antón Villar Ponte.
A Fiestra Valdeira, por Rafael Dieste.
Doctrina Nazonalista, por Ramón Villar Ponte.
Os Camiños da Vida (novela en tres partes), por Ramón Otero Pedrayo.
Os Señores da Terra (1.ª parte).
A Maoraza (2.ª parte).
O Estudante (3.ª parte).
De Catro a Catro, poemas por Manuel Antonio.
O Porco de Pé, novela por Vicente Risco.
María Rosa, comedia por Gonzalo López Abente.
Cantigas e Verbas ao Ar, poesías de Sigüenza.
De Min pra Vós, contos populares por Ricardo Carballal.
O Bufón d’el Rei, drama por Vicente Risco.
O Galo, poesías de Amado Carballo.
Segundo Libro de Cousas, por Castelao.
A Volta do Bergantiñan, por Xesús San Luis Romero.
Romances Galegos, por E. Blanco Amor.
A Lagarada, por Ramón Otero Pedrayo.
PORTUCALE
REVISTA ILUSTRADA BIMESTRAL DE CULTURA LITERÁRIA, CIENTÍFICA E ARTÍSTICA
Estuda a Terra, o Povo, e a Língua de Portugal
Bibliografía portuguesa e estrangeira
Directores:
AUGUSTO MARTINS, CLAUDIO BASTO & PEDRO VITORINO
Colaboração dos melhores Escritores portugueses
Assinatura anual:
Portugal continental e insular, 15 escudos.
Colónias portuguesas, 25 escudos.
Brasil, 10 pesos 000 réis.
Outros Países, 6 chelins.
Redação e Administração:
R. dos Mártires da Liberdade, 178
Porto (Portugal).
Edições de MARANUS
Rua dos Mártires da Liberdade, 178
PORTO
Nérion de Matos—A Província de Angola
Wenceslau de Morais—Relance da História do Japão.
Ezequiel de Campos—Política.
Carlos Paredes—Ex-Votos.
João T. de Vasconcelos—Memórias dum caçador de elefantes.
Branca Lopes Martins—Contos para crianças
Cláudio Basto—Fol Eça de Queirós um plagiar?
Cláudio Basto—A Linguagem de Camilo.
O Doutor Diabo.
Pina de Morais—Ao Parapeto.
Leonardo Coimbra—O problema da Educação Nacional.
S. Nogueira de Azevedo—Notas sobre a Abstração Científica e o Stiogismo.
Augusto Martins e Marques Teixeira—Tábua de logaritmos (a cinco decimais).
Augusto Martins—Elementos de Aritmética (1.ª e 2.ª classes).
Elementos de Álgebra (3.ª classe).
Elementos de Álgebra (4.ª e 5.ª classes).
A Matemática.
Trigonometria plana.
Liceu Feminino do Porto.
Lídia Seifilina—Caminhantes.
A. C. Pires de Lima—Cancioneiro Popular de Vila-Real.
Leão Martins—Lá dir o ditado.
Visconde de Vila-Moura—Entre Mortos.
Pidan o catálogo ilustrado
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720718.xml
ra dita escritura «como la más importante de las hoy conocidas en España, para documentar nuestro romance preliterario» estudiando entre os seus vulgarismos os casos de sonorización, os nomes propios (14) rematados en # e as formas de vacilación vocálica tan características do galego. NÓS comprácese en adicar a D. Marcelo seu tributo d'ademiraceón e respeito.
do pintor Vellozo Salgado, e dos nosos amigos o poeta Alfredo Pedro Guisado e o pintor Varela Aldemira.
Artigos de Alejo Carrera, Feliciano Santos; versos de Martínez Salazar, Marqués de Figueroa, Rosalía Castro, Curros Enríquez, Alfredo Pedro Guisado, Ramón Cabanillas; vistas de Santiago e a Cruña.
LETAS D'AFORA
Taine e Maurois
Montesquieu, Voltaire, Chateaubriand descubrieron cada un unha Inglaterra. II. Taine (1861 e 1871) señalaba ousadamente: unha constitución liberal que chama á política total-as personalidades superiores, a forte educación do caráute e unha masa incomparable, de riqueza. A. Maurois sem pre foi curioso da realidade inglesa. Escribiu «Os Silenzos do coronel Brambley» a vida de Shelley, e outros libros criados no trato e na esprencia do esprito británico. No colexio da Trinity de Cambridge o decano bendecía a mesa. Iste decano era sir Joseph Thompson un dos grandes guías da ciencia moderna. A Maurois encantáballe o ritmo antergo e asosegado do vivir, os grandes arboredos centearios, a confianza e a solideza. Agora veu do Surrey e de Londres un pouquichiño tristeiro. Somentes na superficie. Vendéronse moitos pazos antergos pra almacéns, hai greas de folguistas, e unha mocedade que xa dubida do caraute representado por Kipling. A loita pol-o primado económico, a organización dos Dominions, o terceiro partido laborista, son crisis perigosas. Mais tamén é certo que Mac Donald falaba emozoado da saúde de El Rei, que a riqueza está millor repartida e toda a mocedade traballa, que os homes de Estado aínda dispoñen de verdecentes e socegados parques pr'as vacacións, que Kipling dí dos novos anarquizantes: «está ben qu'os mozos s'atopen a sí mesmos». Aínda se pode beber un vasifio de Porto pol-a solideza do xenio inglés.
O MELRO NO POMAR.
O merlo viste fatelo mouro de clere e com'un Renán fuxido do Seminario canta c'as primeiras follateiras novas. Namenc as ponlas seguían indifrentes e núas baixo o sol do Febreiro, o melro andaba a saltiños, esculcando e agardando. Agora na yalba mollada canta a espranza das pereiras frolescidas. Xa o cuco ensaiou seu óboe de Weber nas quebradas fondas e o reiseñol quere embarcar seu canto na barca portu-
NOTAS DE PORTUGAL.
Academia das Sciencias de Lisboa, que iste ano vai celebrar o cumprir século e meio de vida, proponse tamén intensi cal-a sua laboura, continuando as suas edi zóns, antre elas as de Inéditos da Historia Portuguesa, Documentos das Chancelarias reais e dos Portugaliae Monumenta historí ca, elaborando un Diccionario da Lingua Portuguesa e reimprentando as obras do cosmógrafo Pedro Nunes.
Gracias aos esforzos do Dr. Rodrigo de Sá Nogueira, vaise publicar unha revista filolóxica: A lingua portuguesa, de fascículos mensuás de a 32 páxinas pol-o menos.
Libros a sair: Raul Proenca, Para um Evangelho duma Ação idealista no Mundo real; Luis Simões Raposo, Reflexões sobre a Universidade de Evora; João Lúcio de Azevedo, Épocas de Portugal económico; Brito Camacho, Contos; Ladislau Batalha, Contos íntimos; Afonso do Paço, Cartas ds Madrinhas de Guerra; Vieira de Almeida, Bel; Severo Portela, Romances religiosos da Beira; Antonio Sergio, Ensaios (2.º vol.)
Libros novos: Antero de Figueiredo, O Último olhar de Jesus (novela); Visconde de Vila Moura, Entre Mortos (novela).
O Diario de Noticias de Lisboa, que tanta campaña ven facendo a prol da Semán Portuguesa en Gallza, adicou un número estraordinario da sua edizón semanal ilustrada, á colonia galega de Lisbon.
Antre os moitos retratos que trai de personalidades da dita colonia ou de destacados portugueses fillos de galegos, atopamos os
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572073.xml
EMINENTE CREAZÓN CENTÍFICA
Milleiros de certificados irrefutabres de Xueces, Fiscales, Xefes do Exército, Inxeniciros, Cregos, etc., etc.
Enfermos dos ollos! PRODI ¡ollos! GALUZ
ENFERMEDADES INTERNAS I-EXTERNAS
PÁRPADOS
Marca rexistrada según as leis
Prepado pol-o Doctor X. Martínez Menéndez
Condecorado coa Cruz do Mérito Militar por servicios profesionaes.
Específico único en todo o mundo; que cura radicalmente as enfermedades dos ollos, por graves e crónicas que sexan, con rapidez asombrosa, evitando operacións quirúrxicas que con tanto fundamento atemorizan os enfermos. Desaparizón dos dolores e molestias coa sua primeira aplicación. Eminentemente eficaz nas oftalmias graves e por excelencia as granulosas (granulazóns purulenta e blenorraxia, queratitis, ulcerazóns da córnea; rixas, etc.) As oftalmias orixinarias de enfermedades venéreas cúras axina. Maravilloso nas infeccións postoperatorias. Fai desaparecer as cataratas en período de formación. Destrue microbios, cicatriza, desinfecta e cura para sempre. Non mais remedios arsenicales, mercuriais, nitrato de plata, azul metileno e outros tan temibles usados nas clínicas. As vistas débeis e cansadas adquirem prodixiosa potencia visual. ¡Non mais brétemas! ¡Sempre vista moi crara! ¡Non fracasa endexamais! O 99 por 100 dos enfermos dos ollos cúranse antes de rematar o primeiro frasquiño do especifico.
Cura sin quelmar PRODIGALUZ Cura sin irritar
PRODIGALUZ eclipsa para sempre o tratamento pol-os colirios conocidos deica hoxe en todol-os gabinetes oculísticos; colirios que na maior parte dos casos non fan máis que empeoraren o mal, irritando órgano tan importante como a mucosa conxuntival. Fai desaparecer o nitrato de plata, causa de verdadeiro terror dos enfermos e de moitas cegueiras. Aplíquese nos recén nados sin temor algún.
PRODIGALUZ cura o glaucoma
PRODIGALUZ é completamente inofensivo, e produce xurdios resultados sin causal-a menor molestia os enfermos. Detén a miopía progresiva. ¡Enfermos dos ollos! Estade seguros que curaredes en brevísimo tempo usando o portentoso específico PRODIGALUZ (Eisixide a firma e marca no precinto da cuberta).—Prezo do frasquiño: 40 pesetas.
Dirección xeneral: Sucesor de E. Cuadrado, M. Martínez Cuadrado.-S. Buenaventura, 7, Madrí
ENVÍOS A TODAL-AS PARTES :: PAGOS POR XIRO POSTAL
¡Eisito infalibre! Sin cocaína, atropina nin ningunhas outras substancias peligrosas como se pode comprobar sometendoo a un minucioso análisis cualitativo
¡ÚNICO NO ORBE!!
M. MARTÍNEZ CUADRADO, Sucesores de E. Cuadrado. - San Buenaventura, 7, Madrí
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720714.xml
Fig" 1"
Lugar de Soa (Fontes)
Os Muiños (2 Sativay)
Orta Grade
Fadorepto
Cora de Bates
O Aldramayo
Mora
Cafarea de Silva
Sele Campos
Hospital
Escala 1: 41.600
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720713.xml
NÓS disposto o día 12. Poucas veces se víu tanta xente en Celanova; aínda hai vellos qu'a lembran. Romero estivo sereo e forte: según algunhas versións falou arrepentido poñendo seu caso como exemplo, e dixo qu'il roubara de neno unhas agullas e desd'entón foi caendo no vicio. Os gastos da execución rubiron a 1.561 reais. Os feitos de Romero e o roubo das Médulas apaixoaban ó público moito mais que a loita dos partidos políticos. Pra chegar ó coñecemento da historia psicolóxica da nosa Terra compre xuntar todol-os feitos miudos mais eispresivos qu'os acugulados nas historias xenerales.
R. OTERO PEDRAYO.
AS INDUSTRIAS LÍTICAS d'A GUARDIA
NOVAS ESTAZÓNS
por MANUEL F. COSTAS
A Guardia é hastra hoxe, pol-o número das súas estazóns e pol-a cuantía do material lítico que conteñen, o mais importante centro da civilización chamada Asturiense.
Os achádegos de seixos lascados repítense por todas partes i-alcanzan proporzóns insospeitadas.
A primeira estazón foi descoberta pol-o P. Cruz, do Colexo de Jesuitas de Camposancos i-estudada pol-o distinguido arqueólogo portugués Joaquín Fontes en Setembro de 1924 (1).
Está situado no lugar de Sáa, termo d'A Guardia n-unha corredoira que vai da estrada d'A Guardia ó Pasaxe, á estrada de Camposancos. (fig. 1.¹)
O Sr. Fontes considera o utillaxe recollido cheleo acheulense, pol-a sua semellanza co-as pezas d-istes niveis do paleolítico inferior, e supon que algunha tribu viviu ali no cater-nario antigo e seus utensilios foron enterrados nos aluvións do Miño. (2)
Sin atrevernos a sentar afirmacións sobre tal estremo, porque carecemos de autoridade e de competencia, cómpreme, non embargantes, manifestar que os utensilios descrí-
(1) Fontes—Estación paleolítica de Camposancos. Broteria volume I.—Fasc. L.—1925. Traducida ó castelán por J. Domínguez Fontela.—Número 160 do Boletín da Comisión de Monumentos de Ourens, ano 1925.
(2) Fontes—Id. id. páx. 9.
tos pol-o Dr. Fontes óllanse repetidos, en maor ou menor proporzón, en total-as estazóns d'A Guardia, as que hastra agora están calificadas de Asturienses pol-a morfoloxía dos seus tipos.
Isto obriganos a coidar que a estazón de Sáa é unha estazón mais Asturiense, ó ar libre, ou baixo unha moderna capa de terra vexetal, pois de estar nas terrazas do Calernario, como supón o ilustre autor de «O homen fósil en Portugal» había que ademitir dúas civilizazóns separadas pol-o inmenso espazo da edade caternaria, e conservando identidade na sua tipoloxía.
Percisamente ant-as pezas mais abondosas n-ista suposta industria chelense están os coups-de-poing como os representados nas figuras 1, 5 e 9 do citado traballo, verdadeiros machados de man, moi abondosas, á sua vez, na citania do Trega, pois a mais das moitas ali recollidas que se conservan no intresante museu que n'A Guardia ten a nunca ben gabada sociedade «Pro Monte», quedan sin recoller unha gran cantidade d-elas que se poden ver dentro e fora das casotas circulares, nos camiños da citania e inda en logares onde non chegaron as escavazóns.
Isto demostra a sua coexistencia có post-hallstáttico romanizado do Trega, onde, antre outros usos, poido ter o de labrar as pe
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720724.xml
76
LA FIERA LETTERARIA, Milano, ns. 5 a 10, ano V.
INTERESANTÍSIMA pubricazón literaria, un pouco pol-o estilo (cecais principalmente pol-o feitio de diario que ten) de Les Nouvelles litteraires de Paris e de La Gaceta literaria de Madrid, anque mais nacional que calquera das dúas, que ten unha posición relevante no mais adiantado movemento das letras italianas de hoxe en día.
Leendo La fiera letteraria ponse un en comunicación co-esta que xa van chamando a quarta Italia, movimentada e nervosa, na precara ardente de si mesma. Houbo un tempo no que a España inteira estivo pendente da Italia, e lia con afán os homes do rissorgimento. Foi d'aguela cando en Galiza se lían tamén os escritores italianos. Os libros italianos tiñan un posto de honra na biblioteca de Pondal. Despois d'aquelo, a influencia francesa—os románticos, os parnasianos, os naturalistas, o curioso, abigarrado e espréndido fin de siècle, co decadentismo e o simbolismo,—a importazón das literaturas nórdicas, escandinava e rusa, etcétera, desviou a atención da Italia, da que soilo viñan as derradeiras voces de Carducci e a brillante sonería de D'Annunzio. O demais éranos descoñecido (salvo, derradeiramente, os futuristas). Ficaba entre nós algún afeiçoado ás letras italianas, coma o noso compañeiro Antón Lousada Diégues, gran leitor de Foggazzaro, e tradutor en galego d'algús poemas de Leopardi.
Por isto todo, a Italia literaria de hoxe ha ser pr'os mais de nós, unha sorpresa. E con seguranza que pra case todos, ha resultar moito mais dino d'intrés e d'estudo do que s'imaxinaban. Ainda hoxe hai entre nós e ten que haber unha certa desconfianza contra da Italia de hoxe debida ós maus ollos con que se mira o fascismo, o qual, ademais, ollado de lonxe, semella outra cousa moi diferente do que cecais é s'un a olla de perto. O mesmo qu'o comunismo ruso.
Unha boa ollada en col do que hoxe acontez na Italia no terreo do espírito, díceo no número do 17 Febreiro da Fiera o artigo La gioventù de oggi, que remata un inquérito feito no profesorado universitario e das escolas superiores. Conclúe que a mocidade italiana de hoxe posúe: «un mais alto sentimento da dinidade nacional, unha meirande coñecenza da vida e un mais vivo senso realisteco», e si ten menos inquedanza, menos curiosidade intelectual e pol-o tanto escaso gosto pola ciencia pura, a filosofía e a arte—defeitos pol-o demais de toda a mocedade do mundo occidental—tamén en troques está ceibe do escepticismo, do pesimismo, do cosmopolitismo, etc.
NÓS
La Fiera letteraria, ademais dos artigos notáveis que enchen as primeiras páxinas (ten oito), trai sempre seición adicadas ás belas artes, ó teatro, ós libros da semana, ás novedades bibliográficas e mercado d'edizóns antigas, a literaturas estranxeiras, crónica científica, filosófica, etc. Isto todo fai d'ela unha fonte informativa de moito valor.
No número do 24 Marzo e na seición Nord-Sud, e baixo a rúbrica: Un romanzo galego, o Dr. Giacomo Prampolini insere unha garimosa apreciación de O porco de pé, de Vicente Risco, e do Diccionario gallego-castellán, de Leandro Carré.
LE CRI DES PEUPLES.
Os números de Febreiro e Marzal d'ista revista adicada a defender os dereitos inmorredoiros dos pobos e das minoridás nacionais, conténen impresoantes perspectivas, feitos eispresivos, estudos e lembranzas sobre o verdadeiro mapa do mundo disfrazado no mapa político pol-os variados imperialismos. Destácanse entre outros os artigos «Le Réveil de la Flandre» por H. Brugmans, as respostas de Severine, Romain Rolland, Bernard-Shaw, de Monzie, o Dr. Forel, Victor Margueritte, e Mgr. Van Noli antigo presidente do Consello de Albania sobr'a cuestión de Yugoeslavia, «Un mariage de raison» por Ilya Ehrenbourg e... terfamos que citar todol-os artigos e todal-as notas pois todas son intressantes e suxestivas pr'os que sinten a grandeza dos nazonalismos.
SEARA NOVA, número 139.
SUMARIO: Factos e documentos.—O Algarve na «Guía de Portugal» (Cartas a Fernandes Lopes), por Raúl Proença.—O cacau de S. Tomé, por A. Chaves de Almeida.—Dissertação discutida, por J. Santa-Rita.—Monumentos e estátuas da capital, por Paulino Montez.—Um soneto de Tagore, tradução.
Número 140.
SUMARIO: Factos e documentos.—Cartas do Brasil. Um português ilustre, por Sarmento Pimentel.—A Ilha verde e vermelha de Timor, por Alberto Osório de Castro.—«Renascimento musical». Uma conferência no teatro de Ginásio, por Antonio Bastos Guerra.—Caillaux, «cabeça de turco», por David Ferreira.
Imp. NÓS, Real, 36-1.º A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720725.xml
Pardo
Óptico Científico
Preguntoiro, 32
Santiago
San Andrés, 50
A Coruña
Casa exclusivamente dedicada a óptica científica
Fotograbado
Si quer que os seus fotograbados sexan o máis perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Axina aparecerá
o segundo libro de
COUSAS
por CASTELAO.
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720721.xml
NÓS
EL PAZO DE LEBRE, por ALVARO DE LAS CASAS, Madrid, C.ª Ibero-Americana de Publicaciones, 1929.
ALVARO de las Casas é un home d'unha actividade pouco común. Non somentes dirixe con acerto a Biblioteca de Estudios Gallegos, que pubrica a «Compañía ibero-americana de publicaciones», e que ven de sacar o seu terceiro volume, do que no seu día nos ocuparemos, senon que ademais do labor docente, aínda lle queda tempo pra escribir libros que veñen un atrás do outro, con poucos intervalos, e sobre ben variados asuntos. Dos derradeiros, Dos días en Orense e Antología de la lírica gallega, xa teñen coñecencia os lectores de NÓS. Agora é unha novela o que nos oferce: El pazo de Lebre, e non ha tardar moito en sair, na editorial NÓS unha obra de teatro poético: A morte de Lord Staitler.
El pazo de Lebre é unha novela de acción, na que se evoca a vida de Galiza, de España e de Portugal a mediados do século XIX. Relátase n-ela, con gran variedade de esceas e de ambentes, pintados e descritos cunha particular estilizazón o tráxico fado d'un fidalgo galego, Don Fernando de Sotomayor, a quen un drama familiar destai a vida, deica entón adicada á azarosa política da España d'aquil tempo, na que todos eran trunfos pra il, namentras o seu pai, retirado n-un vello pazo da montana d'Ourense, adica seu esforzo a soster o rango e a honra da casa, cujas tradiciós venera con culto de verdadeiro señor.
Ademais desta historia, referida con sobria intensidade, hai na novela de Alvaro de las Casas o interés pintoresco dos viaxes, das esceas, da intervención de moitos personaxes coñecidos da política, das letras e da sociedade d'aquil tempo, o cal todo está tratado n-un estilo familiar e corrente, que fai a novela accesíbel a toda a casta de lectores.
MONIFATES (teatro), FARSADAS (teatro) COXEGAS E MOXETES, por XAVIER PRADO (LAMEIRO), Orense, 1928.
UNHA colección das obras de teatro de Xavier Prado era cousa que todos agardábamos. A demanda delas era grande; onde queira que un agrupamento d'afeizoados á escea quería facer algo de teatro galego, o primeiro que buscaba era de cote unha obra do Lameiro. E as obras do Lameiro, despois de percorreren trunfalmente os teatros de Galiza e moitos d'afora, ficaban inéditas ou circulaban en copias manuscritas. Agora por fin, xa as temos imprentadas en dous volumes de mais de dúascentas páxinas cada un.
O primeiro, Monifates, contén: Almas sinxelas, Tratos, Luís de Castromouro, A retirada de Napoleón, Todo ten goberno, Un home de sorte e O cego d'a Xestosa. No segundo, Farsadas, atopamos: Os trasacordes de Mingos, Soledá, Vida Vilenga, Marta, N-a corredotra, Estebiño e Marzadas. Obras humorísticas, obras satíricas, obras sentimentais, todas elas observadas na realidade da vida, c'un don especial que ten o Lameiro pra ver as cousas qu'il quer observar. As preciosas calidades de realismo, humorismo fino, fonda coñecencia da psicoloxía labrega, da expresión aldeán, da lingua e dos seus recursos, a bondadosa comprensión do pobo, a gracia natural, o doce sentimento que fan do Xavier Prado o noso millor escritor costumbrista d'hoxe en día, áchanse ainda avaliadas, cando escribe pr'o teatro, pol-o ben que se decata das posibilidás actuales da escea galega e o ben que se sabe adaptar a elas. O Lameiro pensa que «non pode haber mais teatro netamente galego que o teatro do agro y-o histórico», cousa que —apesares de seren tamén os camiños que leva o teatro irlandés moderno—pode ser discutida, mais que algo de razón debe ter, probano os éxitos que leva tido, probano o ben que alinou cos gustos do noso público, e sabido é que no teatro, o público é o que manda. Ademais, o Lameiro non lle pide ó teatro galego mais do que hoxe pode realmente dar, e por iso todas-as suas obras son de doada realización na escea.
Cóxegas e Moxetes é unha nova colección de poesías—algunha delas fora xa publicada en NÓS—que fan boa compañía ás de A carón do Lume, do que a segunda edición vai tamén aparecer axiña. O parentesco literario do Lameiro con Lamas Carvaxal é cousa que xa se ten feito notar moitas veces. É inevitábel a lembranza, anque somentes co Carvaxal costumbrista, descritivo. Non acontece igual no puramente lírico e subxetivo; eiquí, o Lamas tiña unha desesperanza, unha tristura de corazón esgazado, que non aparece nos versos do Lameiro, que é mais donda, mais soavemente sentimental. É que o Lamas era un romántico, e o Lameiro non é xa un romántico, senón fundamentalmente, un realista, que ademais desbota espresamente toda moda, todo preciosismo, todo superrealismo. Atense á emoción primeira da natureza e da vida humana, na que sabe atopar tamén a sua tenra dozura. Cóxegas e Moxetes leva un prólogo atinado de José Adrio Menéndez.
CANTIGAS E VERBAS AO AR, por XULIO SIGÜENZA, Cruña, NÓS, 1928.
Os nosos leitores coñecen xa algúns poemas novos de Xulio Sigüenza, unha das intelixenzas mais despertas e un dos mais rexos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/11572079.xml
NÓS
insculturas redondelanas de que agora imos ocuparnos, aparecen como unha prolongazón meridional do grupo pontevedrés i-estábren en certo modo un vencello entre il e as estazóns próisimas á foz do Miño.
DESCRIPZÓNS E PARALELISMOS. —
As figuras insculturadas, eran cinco (véxase a figura) e aparecían n-unha soia peneda. A parte outa da composición ocupábana dous sinos sin interpretazón posibre, un de iles moi imitante ó numeral arábigo 6, e un circo c-unha coviña central e outras seis, ordeadas case simétricamente arredor de a direita ó traspor a liña do óvalo mais esterno.
De todas istas figuras a que ofrece maor intrés e novedade é a estilizazón e compre por elo que nos deteñamos unha miga no seu esame. A cabeza háchase representada por unha coviña de forma alongada, por
ter, A study of the chronology, of bronze age sculpture in Ire- land, P. of the R. Irish Academy, XXXVI, I, 1921. J. F. Gill y Casal, Sobre la identificación de las insculpturas del Monte Mogor con la moneda de Coossos, B. de la R. A. Gallega, nú- mero 108, 1916. Sobre insculpturas rupestres en la provincia de Pontevedra, B. de la R. A. Gallega, números 105 o 106, 1916. Apuntes Arqueológicos, B. de la R. Academia de la Historia, volumen LXVIII, 1916. E. Jalhay, Los grabados rupestres del extremo sudoeste de Galicia, B. C. P. M. de Orense, vol. VIII, número 367, 1926. H. Obermaier, Impresiones de un viaje pre- histórico por Galicia, B. C. P. M. de Orense, vol. VII, números 148 e 149, 1923. Die bronzezeitlichen Felsgravierungen von Nordwestpamien (Galicien), I. P. E. K., 1925. S. Portela Pazos* Insculpturas rupestres, Revista Ultreya, núm. 6, 1919. C. de Mergolina, La necropoli tartésica de Antequera, A. y M. de la S. E. de A. E. y Prehistoria, 1922. R. Sobrino, Insculpturas ga- líticas prerromanas, Revista Ultreya, núms. 5, 6, 7 e 12, 1919. F. Bouza Brey, Una estación de arte rupestre en la Ria de Arousa, separata de *Actas y Memorias* de S. E. de A. E. y Prehistoria, 1925. Luis Pericot, La civilización megalítica cala- hona y la cultura pirenaica, Barcelona, 1925. Ruy de Serpa Pinto, Petroglyfos de Sabroso e arte rupestre en Portugal, revista NÓS, Xaneiro, 1929. Florentino L. Cuevillas, Unha ins- cultura inédita de Tenotro, B. R. A. Gallega, 1926.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4b84/4b84110f-7560-4b5b-8165-1c4ffd402f62/115720715.xml
NÓS
dras, como supón con fundamento o culto prehistoriador guardés D. Xulián López. (1)
Non hai duda que a talla d'istas pedras é moi primitiva e a sua técnica lembra a do cheleo-achenlense, mais ante os feitos non vexo o medio d'armonizar as dúas opinións.
Ó ilustre arqueólogo P. Eugenio Jalhay do Colexo de Camposancos (2) débese o coñecemento d'outra estazón, n-un camiño que leva ó castro de Cividáns, chamado «Sete Camiños»; (fig. 1) e iste mesmo infatigable investigador describíu (3) a máis importante estazón do Asturíense hastra alí coñecida, que foi descoberta na beiramar d'A Guardia, no ‘lugar dos Muíños, pol-o P. Luisier da Compañía de Jesús.
O material lítico suministrado supera, en número de pezas ó da estazón de Ancora, tan maxistralmente estudada pol-o arqueólogo portugués Sr. Serpa Pinto. (4)
O P. Jalhay localiza ista estazón no espazo de costas comprendido antre as puntas de Maxaracas e S. Sebastián, o que lle fai matinar un campamento alí establecido, ou nas veciñanzas, mais nós que recorrimos de vagar os alredores d'A Guardia, verificamos que non se trata d'un depósito, sinón d'un taller que se estende por toda a beiramar hastra onde chegaron nosas pesquisas, pois en todas partes onde hai seixos, hai material lítico.
O home Asturiense viviu, pois, todo ó longo das costas (ó menos das costas hastra hoxe exploradas), alimentándose de peixes e mariscos, édeixou n-elas o rasto do seu paso.
AS NOVAS ESTAZÓNS
Consecoente co-iste criterio e matinando que onde houbese seixos de coarcita tiña de haber utillaxe asturiense, dirixinme este
(1) Julián López—«La citania de Santa Tecla», ano 1927.
(2) P. Eugenio Jalhay—«El Asturiense en Galicia». Número 165 do Boletín da Comisión provincial de Monumentos de Ourens.
(3) Id. id.—«Estación Asturiense de La Guardia». Broteria Fascículo II de 1928.
(4) R. de Serpa Pinto—«O Asturiense en Portugal». Separata do Fascículo I Vol. IV dos «Trabalhos da Sociedade portuguesa de Antropologia e Etnologia».
Os Jesús do Colexo de Camposancos teñen no seu Museo ó redor de 300 pezas procedentes da estazón dos Muíños; no Museo de Pro Monte contei hastra 117; foron recollidos este ano con destino a museos e coleccións particulares unha boa cantidade d'instrumentos, e inda quedan moitos sin recoller, aínda que gran parte d-eles rolados pol-o mar.
vrán á praia de Area Grande, na Guardia' que é un inmenso seixal, e non foron defraudados os meus cálculos.
Alí estaba o mais grande depósito hastra hoxe coñecido de seixos lascados.
Area Grande é unha ensenada situada mais de dous Kms. ó N. d'A Guardia, que forma unha estesa praia, moi frecuentada no verán. A parte mais próxima ó mar é un areal de areas grosas que lle deu nome. A seguir ven unha camada de seixos que se estende todo ó longo da praia c-unha anchura de 4 a 6 metros e un espesor variable.
Ista enorme cantidade de seixos contén un número incalculable de útiles tallados pol-o home, ben que gran parte d-iles están inutilizados ou rolados pol-o continuo movemento do mar.
Non é doado calcular o número de pezas que hai n-ista estazón nin fixar o seu porcentaxe, porque non é tarefa d-un home nin d-un día.
Os útiles, moi variados, consisten en picos, raspadores, fendedores, percutores, poutadores (pesos de rede) e outras pezas de formas indefinidas que parecen mais ben de construción defectuosa.
A mais de ista gran estazón, achamos outras varias en diversos lugares da costa, non siñalados hastra agora, o que fai d'ista bisbarra un grande centro industrial do Asturiense.
As mais importantes son: Fedorento (Véxase pra todas a fig. 1); Matadeiro que se estende dende o Matadeiro hastra a Casa de baños, a seguir da estazón dos Muíños do P. Jalhay. Aldramán con pouco utillaxe; dominan as poutadas pra redes e pra liña. Aquí atopei un interesante raspador discoidal, hoxe no museo de Pro Monte (fig. 13).
Na Ribeira hai algún material, mais moi averiado pol-o mar e pol-as gamelas (barcos sin quilla) que todol-os días retiran do mar os pescadores rolando pol-os pelouros.
A Morea hai poutadas e raspadores.
A Cetdrea de Silva é unha estazón curiosa; apenas aparece outro utillaxe que machados de abano (1) que son os mesmos coups
(1) Colgo que o sabio P. Jalhay chama uil—machados de leque— istos instrumentos, nome que me parez o mais apro-