Fernández Costas, Manuel

1887 - 1962

Trátase dun dos principais investigadores da historia tudense e tamén, curiosamente, dos mais esquecidos na actualidade.
O seu coñecemento da documentación tanto catedralicia como municipal así como de diversos arquivos privados e o seu rigor como investigador acreditan a Manuel Fernández Valdés Costas (uniu os apelidos paternos no ano 1947, pois ata daquela asinaba como Manuel Fernández Costas) como un dos referentes da investigación histórica sobre da cidade de Tui. Pero hai que salientar que comezou a súa andaina na investigación destacando como un dos principais especialistas, ao longo da segunda e terceira década do século XX, do estudo da arqueoloxía de Galicia, especialmente polas súas achegas arredor das industrias líticas e do mundo castrexo. Naqueles anos a figura de Manuel Fernández Costas era recoñecida como unha das principais autoridades na prehistoria de Galicia.
Manuel Fernández Costas foi membro do Instituto de Estudos Galegos, colaborou en varias oportunidades na revista Nós", foi correspondente da Real Academia Galega, da Asociación de Arqueólogos Portugueses e do Instituto Histórico do Miño, amáis de recibir o título de Cronista Oficial da cidade de Tui, nomeado pola Corporación Municipal que presidía o alcalde Luis Álvarez Rodríguez-Lasso no ano 1958.
Antes da Guerra Civil foi un incansable investigador, como xa indicamos, especialmente da prehistoria e protohistoria de Tui e a súa contorna. Froito das súas pescudas e do seu empuxe foi a creación, en torno a 1933, do Museo de Tui instalado nas dependencias do antigo convento de San Domingos, onde tamén estaba comezando a súa andaina -dende 1934- o Instituto de Segunda Enseñanza tudense. Este Museo acollía os materias que o Grupo Ultreya tudense, que promovía él mesmo, obtivera nas campañas de escavacións arqueolóxicas no castro do Alto dos Cubos ou Cabeza de Francos e noutros xacementos de Tui e o Baixo Miño. Nestas campañas colaboraba tamén Xosé María Álvarez Blázquez, que viña de rematar os seus estudos de Maxisterio, e que sempre tivo a Manuel Fernández Costas como o seu mestre e referente.
A Guerra Civil rachou con todas estas iniciativas que non tiveron continuidade, como foi o caso do Museo de Tui cuxos materiais almacenados nunha casa do barrio de San Domingos foron recuperados en parte por Xosé María Álvarez Blázquez en 1937. Parte destes materiais voltaron ás mans dos seus descubridores e co tempo se entregaron, parte deles, tanto no Museo de Pontevedra como no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo no que colaboraba con intensidade Álvarez Blázquez.
O drama da contenda civil coas súas consecuencias conxeturamos teñen relación co silencio de Manuel Fernández Costas durante mais dunha década en que non realiza publicación algunha. Logo, en torno a 1946, xa non retomará a actividade arqueolóxica senón que achégase á historia local e á investigación en materia etnográfica con interesantes aportacións aínda non superadas.
Tudensia

Ver na liña do tempo
Imagen de Fernández Costas, Manuel

Detalles


Lugar de nacemento Tui, Pontevedra - España
Actividade Prehistoria , Historia , Arqueoloxía , Etnoloxía
Filiación Real Academia Galega , Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento , Instituto Historico do Minho

Presenza na revista


http://gnoss/AA9C26C6-1FF1-474A-B769-8F44ABEB4B76

http://gnoss/6471085A-FE71-4545-A99D-825A04D75E38

http://gnoss/125FA46F-C428-41EF-B8FC-BFD2AC1697D8

http://gnoss/9FCC3DF9-E1A5-47BD-A653-28225EF913DB

http://gnoss/4B84110F-7560-4B5B-8165-1C4FFD402F62

http://gnoss/BCDDCCC5-9704-446C-91E1-9C7F8F317D9D

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Fernández Costas, Manuel

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 35 - 15 novembro 1926
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 64 - 15 abril 1929
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 65 - 15 maio 1929
As industrias líticas d'A Guardia : novas estazóns : (proseguimento)

As industrias líticas d'A Guardia : novas estazóns : (proseguimento)

por Fernández Costas, Manuel

Ano XI Número 65 (1929); p 83-88

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 66 - 15 xuño 1929
As industrias líticas d'A Guardia : novas estazóns : (conclusión)

As industrias líticas d'A Guardia : novas estazóns : (conclusión)

por Fernández Costas, Manuel

Ano XI Número 66 (1929); p 99-103

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XI Num. 69 (15/09/1929)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XII Num. 83 (15/11/1930)
Notas en col do asturiense na bisbarra D' A Guardia : campaña de 1929

Notas en col do asturiense na bisbarra D' A Guardia : campaña de 1929

por Fernández Costas, Manuel

Ano XII Num. 83 (1930); p 212-217