https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157163&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716316.xml
12
matou, asegun o panexirista da casa de Saavedra, o fundador d'esta, novo San Xurxo, tirando logo co-a porta e máis co templo, que ficaron solagados na lagoa (caso qu'esta leenda e a de San Xurxo non sexan unha mesma).
A esta leenda, tan conecida e familiar pra Cervantes S avedra, coma pr'o señor da torre de Saavedra e coto d'Eiriz, Saadra e Bolaño, é a quen se refire o do coiro de serpe, e máis o da porta e o templo que desfixo Sanson, e cecais non sexa o Boliche outra cousa qu'o apelido Bolaño pouco desfigurado.
De se non referir a Saavedra Bolaño, aludirá probabremente a Don Pedro Vz. de Losada, da casa de Santa Cruz de Bolo, curmao do Cardenal, do que fixo Cervantes o Boliche, ou Ós Quirogas de Villoria, que señóreaban a mór parte da terra do Bolo (hoxe partido xudicial de Viana do Bolo) parentes cercanos seus.
Non sei quen poda ser aludido co titulo de príncipe da Nova Vizcaya, Timonel de Carcajona; somentes no caso de que Car«casona fose Carcasia (Padrón) poderiamos sospeitar s'aludise a Antonio Garcia de Saavedra, “Nieto de García de lousada e quiroga y María García de Saavedra" señores da casa de Lantaño, ainda cando pareceme moi dudosa esta hipotese. Creio mais probabre refirase a un persoaxe compretamente estraño a Galiza.
Quen foi a princesa Miulina?
Xa temos indicado qu'o Cardenal era oriundo da casa-pazo de Quinta de Lor, asegun os seus biografos. Pois ben, Don Antonio Losada Somoza e Quiroga era n-aquiles tempos, Señor do coto de Villarmeau (no Bolo) e do pazo do Lor, parente do Cardenal; tivo un fillo chamado Franeisco Antonio Losada de Villarmeau e unha filla, Leonor Losada Somoza, que casou con Xan Arias, da casa de Masid, no val de Lemos.
Foi a princesa Miulina, en cuio nome aludeu 6 da casa de Villar meau?
Daria lugar a sua estancia en Toledo a algunha rifa na que tomaran parte os bandos dos pretendentes?
Somentes unha lixeira sospeita, sen base segura, podemos apuntar 6 caso.
A circunstancia de chamarlle filla do duque Alfeniquen do Algarbe, que sen duda foi Fernan darias, senor do Castellar edo Viso, Alfaqueque mayor de Castela, alcalde mayor de Utrera; con dereito de cobrar 1o ducados por cada mouro que se rescata, ‘ue estivo en Lepanto, descendente por Doña Leonor Martel da casa real de Francia, fainos tamen sospeitar que aluda a unha filla d'iste.
E que relación pode ter o alcalde mayor d'Utrera, oriundo de Francia e Alfaqueque de Castela (Alfeniquen del Algarbe) co Pierres Papin, “señor de las Baronias de Utrique (Utrera)? Dificile, senon imposibre é desentrañar esto sen hovos datos qu'o escrarezcan algo.
Ou o Pierres Papin do Quixote teria o seu orixen en Pierres Paian, irmaus de sangue dos reis de Hungria, que viñeron a Castela no tempo d'Alfonso VI, de quen se tiñan por descendentes os Fonsecas e os Coutiños? (Nobiliario de Piferrer, pax. 459), Niste caso facile seria atopar na pequena corte do Cardenal, 6 Pierres Papin aludido.
Foron no anemo de Cervantes, dúas persoalidades distintas, a fermosa filla de Pentapolin o do arremangado brazo, e a princesa Miulina, filla do duque Alfeniquen de Algarbe?
A que chamar a esta Miulina, de Miau, que tan ben cadraba á filla de Losada Somoza, señor do pazo de Lor e de Villameau, e a que revolver e misturar a Pierres Papin co Saavedra, Alfaqueque mayor de Castela e alcalde de Utrera?
Moito queda por acrarar, mais abondame a mostrar o rastro que se debe seguir
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571636.xml
MANOEL MURGUÍA
STE nome musical e cheo de lembranzas ten pra nós un outro simbolismo. Cando xurdiu nos tempos románticos o primeiro abrente da liberdade de Galiza, Murguía recolleuno na sua y-alma moza, e despois imortalizouno nos Precursores. Cando nos anos mornos, longos e tristeiros da segunda metade do século XIX, Galiza esvaiase na uniformidade artificial da vida hespañola, foi Murguía quen sosteñeu a concencia eterna da Raza e da Terra. Soupo ouvir o salayo dos piñeiras nativos, a vos calada da Tradición, abriu o peito á esperanza, non se domeou diante de doentes xenreiras, Patriarca caxeque lexendario do Pobo Galego no camiño da sua nova Era.
Cando escribindo Hestórea, fixo tanto com' os polítecos e os guerreiros no rexurdemento do pobo italiano. Agustin Thierry espertou o amore dos franceses car' os galos e os francos primitivos. D' esta familia d' hestoriadores románticos e dinámicos foi Murguía. N-unha época de difizle información, chea de dificultás pr'o investigadore, soupo atopar pol-o menos as grandes vibracións da vida primitiva de Galiza, conservadas na Tradición e na Leenda; sintiu a irmandade das Familias Céltigas aniñadas nas beiras do Atlántico; percorreu coma pudo os cons escondidos da nosa Terra, tendo por rara xuntanza, o talento analítico do erudito, e o sentimento sintético do escritor que vé a Paisaxe, a Raza e o devalar do Tempo.
Foi moi combatido, con toda cláis d'armas, e por moi diferentes pulos; mais xa na vellez, o lampo da sua vida sinxela e recollida d' ardente traballador, de grande lírico en prosa, envolviao n-unha dinidade que por ninguén lle podía ser disputada. O saber, a delor, a vellez, endexamais s-axuntaron orredor d' unha testa tan venerabel.
Pr' os que traballamos pol-o rexurdir da Terra Galega, as púxinas de Murguía, van xuntas ós espertares da nosa primeira mocedade. Aquela prosa un pouco antiga dos Precursores de Galicia dos Trovadores, do Arte en Santiago, ten n-istes días un ledo sabor, aínda fora do seu valor científico. Que ben soupo sentir-a sonata malencónica dos seráns de chuvia outoniza, a vida mitolóxica das vendimas, a aitude dos nosos abós ollando con alma lírica a movente longura do mar!
Murguía viviu na sua y-alma e nos seus escritos a Epopeia da Raza Galega, en lembranza do que foi, e en prefiguración do que ha ser; foi o Derradeiro Precursor, e na sua vellez, tivo, coma Moisés, o consolo d' albiscal-a Terra Prometida.
As campás da Coruña, aínda non hai moitos anos que choraron a morte de Pondal; o mesmo pranto fan hoxe por Murguía. O Hestoriador e mais o Poeta ben poden ir un a caron do outro na sagrada comunión dos Bardos; iles encarnan, na historia e na leenda, a y-alma épica da nosa Raza.
A door que Galiza sinte pol-a morte do Mestre, sintea NÓS d' un xeito fondo e punxente.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716331.xml
XASTRERÍA
Freire Huici & Cª
(S. en C.)
REAL, Z E 9, t.º--A CRUÑA
BANCO DE VIGO
FUNDADO EN 1900
CASA CENTRAL, VIGO.—Sucursales o agencias en Carrasco, Pontevedra, Santiago, Villagarcia, Mondoñedo, Meira, Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Chantada, La Estrada, Marín, Ribadavia, Verín.
Tiene Axentes y Corresponsales en el Reino y Extranjero, especialmente en las Américas.
Realiza toda clase de operaciones de Banca y Bolsa en general. Admite cuentas corrientes y depósitos por los que abona los intereses siguientes:
Cuentas corrientes a la vista. 2 1/2 %
Depósitos a 1 mes plazo. 2 1/2 %
Depósitos a 3 meses plazo. 3 %
Depósitos a 6 meses plazo. 3 1/2 %
Depósitos a 12 meses plazo. 4 %
En caja de ahorros de 10.000 pts. 3 1/2 %
AGRICULTORES
ESTERCADE CON
NITRATO
DE CHILE
AXENCIA REXIONAL EN VIGO:
Ernesto Cádiz Vargas
Avenida Montero Ríos, 14
DELEGACIÓN EN MADRID:
Juan Gavilán
Almirante, 19
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716332.xml
ARTURO NOGUEROL
ABOGADO
P. Feixóo, 12
OURENSE
APARATOS Y DISCOS
« GRAMOPHONE »
RELOXERÍA
MIGUEL CALVIÑO
OURENSE
Merquen: PLUMEIROS DE RAFIA “PERILLE,”
OS DE MAIS DURA, OS QUE MILLOR LIMPAM,
OS MAIS ECONÓMICOS
GUIA PROFESIONAL
LUIS GALLEGO
PROCURADOR
Luis Espada
Ourense
Ramón Varela
ABOGADO
Luis Espada
Ourense
Aurelio A. Belvís
MÉDECO
Progreso
Ourense
OSORIO
ABOGADO
Luis Espada
Ourense
ADOLFO ESPINO
ABOGADO
Vigo
José Sabucedo
ABOGADO
Progreso
Ourense
Francisco J. Risnegro
MÉDECO
Luis Espada
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716329.xml
NOS
ten todo o que quer un dicir dicindo que ten «bo curazón». N-istes contos —oservemos de caminho, que Galiza ten dado mais ben contistas que non novelistas— hai esa gran piedade pr'as vidas homildes, e pr'as suas traxedias internas. E mais tamén hai unha forte fantasía, unha maxinación a se revelare non somentes na fabulación, na inventiva das historias, senón aínda na maneira de contalas, e de faguelas vivir, que o fai de mau de mestre: hai contos, coma «La quiebra de la casa Roris», nas qu'o xeito dos vellos naturalistas áchase superado por unha simplificación perfeita, sen perder nin migalla da fonda realidade que mesmo s'apalpa. A tenda de Doña Miñoca, é un eixemplo: o autor métenola pol-os ollos. En «Soma», outro conto dos millores do libro, hai a sensación do canto dos potes na cociña; na estranha historia «En el claro del bosque», di cousas sobre dos homes que dormen e sobre da vila dormente, que s'achan perto da gloriosa tradición poenana. En todol-os contos, a coñecencia da psicoloxía humana amostran o home doado pra novelista en grande, coma sen dúbida o é o autor de «Ha entrado un ladrón» e de «Volvoreta».
No Wenceslao Fernández Flórez amóstranse as calidades da Raza galega d'un xeito brilante, e isto é o modo de que l'atopen certo aire de familia con algús escritores portugueses. Somos nós e non os alleos quen millor os podemos diferenciar. Hai no Wenceslao non sei qué de nórdico, infundido no seu forte temperamento persoal: outro carácter de raza, a individualidade....
La obra lírica de Fernando Maristany por Alfonso Maseras.
Tamén Cataluña ten escritores qu'escriben en castelán com' Eduardo Marquina. Non sabemos se iste terá escrito algunha cousa en catalán. O que é Fernando Maristany non escribe mais que na lingua de Castela... Elo non é cousa mala mais que si temos en conta que no caso d'il, coma no dos nosos, é sempre un desleigamento, e nas circunstancias de hoxe un pouco pior, porque é un homeaxe á lingua que por circunstancias históricas, é a nemiga natural no caso Maristany, coma no dos nosos, da lingua propia. En outro caso, e mirado dende certo punto de vista, o escribir en lingua allea, hastra pode ser un mereto, coma nos casos de José María de Heredia, Jean Moréas e Stuart Merrill; mais é quistes vivían e escribían fora da sua patria, e faciñaban na lingua do país no que vivían o que varía moito...
Do libriño d'Alfonso Maseras, vimos a sacar en limpo que na y-aima de Maristany —poeta suxelivista, un pouco misteco, eminentemente lírico, no senso d'individualismo que esta verba sole levar— hai un sentimento de revolta contra do seu medio nacional e aínda contra do seu medio familiar de comercio d'algodóns; sentimento que von a confesar o poeta, anque farto vagamente, nas liñas autobiográficas das poxinas 20-22.
Alfonso Maseras, despois d'unha teorización xeneral sobre'a poesía lírica, vai recollendo no libro o que de Maristany se ten dito adentro é fora da Península por Camille Pitollet, Teixeira de Pascones, José Gálvez, Diez-Canedo, J. M. Castellví, Rafael Altamira, Mirabent, Vilaplana, V. Díez de Tejada, etc., etc. Maristany, que dirixe a Editorial Cervantes de Barcelona, e ten feito traducións ó castelán de poetas franceses, ingleses, portugueses, alemás e italianos, via tamen os seus poemas traducidos a varias linguas. Un dos que traduciu ó castelán, foi Teixeira de Pascones, que lle puxo un prólogo ó seu libro En el Azul, o mais loubado dos libros do Maristany, ond'o seu temperamento lírico, d'un lirismo delicado e confidencial, d'unha emoción un pouco intelectual, coma a califica o autor de Hderibal, o que aínda sentindo que Maristany non sexa un poeta d'espresión catalana, non deixa atopar n'il as características da sua terra.
Boletín de la Real Academia Gallega, 1-1-1923.
Trai: Astronomía popular española: Un bronce antiguo con la representación de las Pléyades, encontrado en Monte Pindo, Galicia, por Roberto Lehmann Nitsche.— Sepulturas antropoides, por Angel del
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716312.xml
PAPELETAS CERVANTINAS A O MARXE DE GALIZA
Persoas que figuran na aventura dos carneiros (Cap. XVIII da pirmeira parte do Quixote).
A uns cantos milleiros chega xa o número de comentarios, notas críticas, observacións e dos estudos que se teñen feito do Quixote por cervantófilos cordoveses, sevillans, manchegos, valisoletans, vascos, aragoneses, catalás, madrileños, ingleses, alemás, franceses, italianos e americans.
Somentes Galiza sigue silenciosa, coma si Don Quixote fose a persoificación da y-alma de Castela e Cervantes de pura raza e psicoloxía andaluza, tendo roubado a aquil pobo a grazia toda e a donosura do seu estilo incomparabre.
Non, o mais insigne dos Saavedras, dos Cervantes e dos Pimentel Sotomayor, e acollido á amparanza do gran Conde de Lemus, de Sarria, de Villalba e de Pontedeume, Don Pedro Fernández de Castro, non somentes ostentou apelidos pura e netamente galaicos, senón que o seu espírito e a sua psicoloxía era da nossa raza; e noso, mais que castelán, foi o meirande dos cabaleiros andantes; o que serviu coma pedra de toque pra flaxelar os homes da corrompida e desgraciada sociedade do seu tempo, tan somellante por disgracia a nosa. Don Quixote foi a persoificación da protesta da y-alma máis grande e xenerosa da España do seu tempo.
Quitando o Padre Sarmiento e unha ducia escasa máis d'escritores rexionaes, cantos dos nosos paisanos fixeron un labor que poida compararse, non xa co dos escritores ingleses, alemás, italianos ou madrileños, senón co dos cordoveses ou sevillans e ainda co dos catalás?
Endexamais Galiza contou c'unha pléyade tan brilante d'escritores com'a que oxe é orgullo da nosa terra: periodistas, novelistas, dramaturgos, poetas líricos, dende Rey Soto ó incomparabre Valle-Inclán.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716314.xml
la sin par Miulina, hija del duque Alfaniquen del Algarbe; el otro... el otro que... trae las armas de los veros azules es el poderoso duque de Nervia, Espartafilardo del Bosque, que trae por empresa en el escudo una esparraguerra.....
O Sr. Rodriguez Marín, n-unha das suas numerosisimas papeletas cervantinas (pax 78 do devandito tomo 2.) di: "Comienza aquí la enumeración de una cafila de personajes no tan fantásticos como algunos piensan; pues, a lo que sin pecar de visionario puede colegirse, envuelven alusiones a otros sujetos de carne y hueso, a quien Cervantes conoció, o de quienes tuvo noticia" (1). D. Aureliano Fernández Guerra... acentuando algunas conjeturas... probó a descubrirlos y revelarlos."
*También yo —engade o Sr. Rodriguez Marín— éche mi cuarto a espadas en esto de inquirir y conjeturar y pendiente de los últimos retoques... tengo un folleto que intitataleré Timonel de Carcajona y Espartafilardo del Bosque. Disquisiciones histórico literarias."
Descubriu o Sr. Rodriguez Marín que "el otro..... que trae las armas como nieve blancas y el escudo blanco y sin empresa alguna, es un caballero novel de nación francés, llamado Pierres Papin, señor de las baronias de Utrique", fué un francés de ese nombre, que tenía tienda de naipes en Sevilla, en el último tercio del siglo XVI"
Valla pol-o que valera, e ainda cando o estrevemento de se lanzar a escrarecer (hipoteticamente crar'esta) un pasaxe do Quixote, constituya una verdadeira ousadia, en quen carece de toda base pra tal empresa, coma o uneco que co-elo se pode
1) Navarro Ledesma na sua Vida del Ingenioso hidalgo Don Miguel de Cervantes Saavedra, indica a idea de qu'os nomes dos guerreiros d'Alifanfarrón e Pentapolin, serían alcumes que se daban por burla nos braços da picaresca de Sevilla.—N. da D.
perder é o papel e máis o tempo, imos enxergar unha micocolembica e alifanfarrón ca opinión sobre de quen por algús indicios pensamos que podan ser dous ou tres dos persoaxes-carneiros citados por Don Quixote.
Aquil valeroso Laurcalco, que traí no escudo un león coroado, señor da Ponte de Prata, moi ben poidera ser un dos moitos Balboas que viñeron a Toledo a s'acolleren baixo da fecunda e benfeitora sombra do seu parente o Eminentísimo Señor Cardenal, pois teñen com'escudo un león sobre ondas, e o nome de Laurcalco podería ser en alusión ó val do Lor, en Quiroga, e n-esta hipótese, fácil había ser darmos co auténtico Balboa a quen se referiu Cervantes. O da Ponte de Prata ven compricar e facer máis difícil a solución, por canto pódense apricar a máis d'una familia.
Canto ó gran duque de Quirocia, ó temilo Micocolembo, a cousa é moi clara; por canto o nome de Quirocia é o de Quiroga lixeirísimamente desfigurado. E ainda cando non foi endexamais conde nin duque de Quiroga, por moito máis o terian na sua pequena corte ó gran Cardenal, Presidente do Consello de Castela, privado de Felipe II e arcebispo de Toledo, Don Gaspar Quiroga (anos 1577 ó 1594); e si tampouco se chamou Micocolembo, algún teria dado á familia de Cervantes ou á da sua credula muller, qu'o fixera acredor a figurar na cafila borreguil de persoaxes que Don Quixote sacou á vergonza pública.
Chamouse en vida Don Rodrigo Losada Quiroga Ribadeneira; foi fillo de Don Xan Quiroga Losada, xeneral en socorro de Chile (morto en 1575), señor da casa de Carballedo e capela de San Xoan (na eirexa do Hospital de Quiroga, da Orde de San Xoan de Xerusalem); pai de Don Xan de Losada Escobar, capitán na Italia, e sobriño ou primo segundo da Sua Eminenza
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716317.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
NOS
13
pra se non estraviar, en escritura tan intencionalmente escurecida pol-o seu propio autor.
que estas investigaciós deben ser máis obra coleitiva que non producto do esforzo individual.
Quen sepa máis ou teña outros datos que modifiquen, corrixan os conecidos, vu siñalen novos vieiros, qne os espoñan,
Xaquin Arias Sanxurxo.
Monforte de Lemos, 4-1-1923.
SEICION ARQUEOLOXICA
redor do fervente galeguismo d-Anton Losada Diegues, Profesor d-o Istituto de Pontevedra, formouse J n-aquela cidade unha Xuntanza d-Estudos n-a que traballa un fato de rapaces cheos do mais grande amor ú Terra, domiñando a eidea d-axudar á degarada formación da historea de Galiza.
y-unha pedra abaladoira, Desperta a curiosidade o lugar pra un detido estudo: ali preto tiñase atopado xa un machadiño de bronce.
Na mesma parroquia, mais enriba do lugar do Rañadoiro, no Chan das Cruces, presentase Ó estado unha intresantisima estación. N-un outeiriño ollando o Chan aparecen en tres grandes luxas dibuxos rupestres a eito, de caracteristica galega, Preto, un dolmen indudabel y-unha pedra abaladoira. E craro que n-unha mais detida observación toparianse materiaes d-estudo abondo.
Co-a súa grande e froitosa esperencia e co-a xenerosidade dos seus fondisimos conocimentos n-a arqueoloxia galega don Casto Sampedro, Presidente da comisión arqueolóxica de Pontevedra, dou quentura a este novo movimento Y que tamén leva a súa axuda artisteca sempre varil y-enxebre Alfonso R. Castelao,
Na parroquia de Domayo, n-a Cidade (1) de Montealegre vironse Kjokkenmocddings, n-os qne s-atoparon moitos anacos de cerámica, algús ornamentados, 0305, istrumentos neolíticos, muiños de man, etc. Trátase d-unha froitosa esta» ción arqueolóxica, n-a que eisisten vivendas circulares, manifestación megalíticas, mostras d-insculturas rupestres e penedos con fossettez, Diante tal requeza é perciso un traballo metédeco y-un estudo feito de vagar. En NOS sairán de cote comentarios ás descubertas feitas. Pol-o d-hoxe somentes pódese adiantar qu-unha vés mais alópase demostrada a hirmandade ausoluta da prehistoria galega e do Norte de Portugal.
C-o sinxelo propósito de ollar e comprobar exemprares do orixinal arte rupestre galego (1) comentado xa por Cabré, Gomez Moreno y-Obermaier fixo a nova Xuntanza de Pontevedra escursiós que nos seus comenzos deron mais froito do que s-agardaba.
Esta nota non pode ser ainda un estudo, qu-o seu tempo sairá, senon mais ben un index e pequena impresión.
Na parroquia de Ponte-Sampayo, onde chaman o monte da Crús, estudiáror pedras riscadas, un dubidoso eromlech,
(1) Os mois d-estes exemprares, anque algús xa eran conecidos Ó tempo da sahida da Historia de Galicia de Murguía (1865) foron dados por don Casto Sampedro co-a colaboración do inesquecibre e xenial artista Enrique Campo. Ramón Sobrino, Direitor do Istituto de Pontevedra, en repetidas e froitosss esploraciós fixo unha fermosa colleita de novos exemprares. D-uns y-outros aproveilaron Cabré e H. Obermaier.
Anton Iglesias Vilarelle. Octavio Pintos Lois.
(1) Nome en Galiza que val o mesmo que Cltania ou Cividade en Porlugal, no senso arqueolóxico.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571637.xml
DO MEU DIARIO
Dend'o mes de Nosa Señora ó mes de todul-os Santos, en Alemaña.
A noite pechada, chego á Colonia. A Estación cheir' a fume de tabaco inglés. Tendo algo preciso que perguntar voume cara un señor uniformado, intento falarlle y-o señor, dispois de medirme a ollo, virame as costas. Debaixo d' unha luz saco da fultrigueira o meu «Manual de conversa», repaso a frase alemá e coa man no chapeu soletreo a frase diante d'un segundo señor uniformado e cando l'amostraba, c'un dedo riba do Manual, a frase alemá, reparei, encorado, que o señor xa tiña viradal-as costas... ¡Colonia estaba tomada pol-os ingleses!
A gran Catedral ten as 'outas puntas espetadas no azul prusión da noite.
Pra poder durmir baixo teito tiven que encamiñarme a «Lodging departamento». Agardando a vez ensarillei amizade c'un millonario sudamericán. O millonario e máis eu fomos destinados a durmir n' unha miserabel porteria. No da Egalité pr'os alleos os ingleses son infusibles ó soplete e inatacables pol-os ácidos. En non sendo inglés ¿qué máis ten ser millonario ou probe?
Dispois de ademiral-a Cat:dral pillei o tren de Berlin. Unha noite de viaxe na que sentín ben fortemente a ledicia de fuxir car'o Norte. E ó rompel-o dia entramos na capital de Prusia.
En Paris unha ducia de obreiros poden borrar en dous días todol-os letreiros de Liberté, Fraternité, Egalité, o que val tanto coma borral-o cuño da República. En Berlin non hay manera de borral-o cuño do Emperador. As estatuas, os Museos, os Pazos, as farolas.... tolos son moimentos imperiales. Sería necesario machacar Berlin coma quen machaca unha moeda.
Diante do «Kaiser Friedrich Museum» cavilei que o lema de Liberté, Fraternité, Egalité é mesmamente axeilado pra por no dintel da porta d'un cimiterio. Pero tamén cavilei no ben que lle acueria a todas istas grandezas o letreiriño francés, estampado con esas letras que ten a ver ha frágil nos caixons fauturados en pequena...
Cando a unha muller lle poñemos moitos adornos —plumas no sombreiro, brilantes nas orellas, coores no traxe— ista
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716326.xml
ARCHIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA
XV. Meiciña popular
Medios de levantar-a espíñela en Layosa (Chantada)
Danlle ó doente fregas, dend'a muñeca hastr'o cóbado, agarrai dedo por dedo, c'unha máu e co-a outra fregan o brazo moi agustiño e apretando moito na forma indicada; despois fanlle subir os brazos ó mais arriba que poida haste que os xunte enriba da cabeza e despois baixanlos haste estiralos ben; logo dóblanlos ond'o peito e co-as maus postas na cara, abrézano por atrás agarrando por riba dos cóbados e levántano (poñendo na espalda pra esto unha especie de molido, ou almohada) haste que se sinten estralar as vértebras, séntano con moito coidado e asi ten qu'estar varias horas e despois pra que non volva a cair fanlle meiciñas unhos e outros non. As principais son: Comer un ovo con incenso.—Outra: Comer tres ovos con mel.— Outra: O dia de San Xoan, comer con mel dous ourizos qu'estén nacendo nos castiñeiros.
Remedio contra a sarna, no mesmo Layosa:
Cúrase envolquillándose en coiro no orballo da mañá de San Xoan.
C. XI
Conto de bruxas.
10.—Un mozo tiña unha noiva que era bruxa, e mais tiña un compadre casado que lle morrían os fillos todos. Unha vez foi falar co-a moza, e ela deulle escusa, e il a preguntar e ela a responder, ó fin ela confesou, confesou qu'era que l'iba matar o fillo ó compadre. Entón, o mozo entrou cand'a ela na casa, ela entrou e untouse n'un cacho, e dixo:
—Co-a axuda de Deus e de Santa Mariña, rubamos por esta escaramalleiriña. Unha hora pra ir e outra hora pra vir!
Il deixouna marchar, e despois untou-se tamén, solo que dixo:
Media hora pra ir e media pra vir!
De maneira que chegou antes qu'a ela á casa do compadre, e foi, e ó chegar, púxose ó pé da porta pechada. Ela tiña qu'entrar pol-o burato da chave, e ela entraba en forma d'unha mosca. Il sacou un alfiler e pinchou á mosca, e desapareceron os dous, e volveron ond'o cacho onde s'untaran, mais il chegou primeiro. E ela viña moi enferma da pinchadura.
E d'aquela, romperon as relacións.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716334.xml
F. ROMÁN E SAGO
DROGUERIA
E FARMACIA
PEREIRA, 19. TELÉFONO, 28.
OURENSE
Disponible
RIO MIÑO Rei dos Viños Galegos
EXPORTACIONS A TODAS PARTES DO MUNDO
Uzal, Compañía Limitada VIGO
IMPRENTA DE J. POZA GOBAS Pontevedra
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716327.xml
NOS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
OS LIBROS DE «CÉLTIGA»
A Y-alma de Mingos, por Francisca Herrera Garrido.
A ilustre autora de Néceda deu no número 8 de Céltiga unha novelinha aldeã, unha história d'amores sentimental e tristeira, coa doce tenrura que esta escritora pon de cote na suas produções, anque de fabulação xa sinxela de mais.
Coma en Néceda, a autora fai eiqui amostranza d'un estilo repousado, espresivo, o mais axitado pra falar do que ela fala, e unha riqueza de verbas tan varia, que pon no cabo un glosario, pra que todos a poidan interpretar ben. Non deixa de estar ben qu'os autores que coidan da lingoa dean a coñecer da xente os arcaísmos, provincialismos, verbas dos oficios, ou tecnicismos, e demais espresións vivas ou esquecidas que coñecen e qu'empregan. Elo faria moito ben pr'enrequentir-mol-a nosa lingua.
Raza e Terra, versos de Eladio Rodríguez González.
Veleiqui outro autor que tamén podia faguer moito n-ista labore. O ilustre Segredario da Academia, ten en preparación un dicionario galego-castelán e outro castelán-galego que han render á nosa cultura un servizo ben sinalado, mais compre qu'os dea logo á estampa. Ben o amostra n-iste libriño de versos rexos, sans e campesios qu'agora, e com'anticipación d'un volume que titulará Oracións campesiñas, nos da no número 9 de Céltiga o poeta ribeirao.
Unha ducia de poemas que principian c'un canto hímnico: As novas rutas, que nos lembran os feitos n-outros tempos, no abrente romántico do noso espermento, anque recollan as novas ideas difusas do atlantismo e aporten a recolleita d'outro símbolo do que nos hemos reconhecer moi obrigados deudores: o Santo Xubileu.
Todol-os outros poemas están dentro da tradición dos Precursores. Antriles achamos o precioso Orballeíras, e outros novos ou vellos cheos do recendo da campia leda, verde e mollada: asi A Vendima, ond'o poeta puxo total-as suas saudades do Ribeiro d'Avia. Ten tamén versos de loita de rebeldia, coma Xan Labrego, Vía Crucis, O Camino. Don Eladio ten un pulo de mozo, e de mozo ten tamén a sensibilidade.
Physis y Psyquis, por Roberto Nóvoa Santos.
O Dr. Nóvoa Santos é un ilustre home de ciencia galego que ten unha gran vocación pol-a filosofía e unha verdadeira intuição filosófica. Xa outra vez tivemos ocasión de comentar unha obra sua d'esta chás: o seu soado discurso El problema del Mundo interior. Hai n-aquil, coma n-iste libro, non temos medo de decilo, o esbozamento d'un novo positivismo, d'un positivismo trascendente, poideramos dicir. Xa compre qu'os médicos volvan ó campo da filosofía e da literatura, xa qu'o idealismo de Marburgo traguido a España, non produciu mais que retórica.
Na sabia obra qu'agora examinamos, trata os mais intresantes problemas da bioloxia e da psicoloxía, sendo dinas de nota moitas das suas concrusións. No cap. I trata da organización engráfica dos animais, o engrama ven a sel-o sinal que na organización deixa a escitación d'un órgano receptor. O autor considera o suxeto e mais o ouxeto coma formando unha unidade, ou dous aspectos d'un sistema pechado. N-iste sistema circula a enerxía engráfica, modalidade especial da enerxía, qu'o orgaismo asimila e disimila, conservando a faculdade de reproducir un engrama, sen nova escitación (memoria). Sendo os puntos receitores inestensos, a noción d'espazo ven de seren escitados a un tempo moitos puntos qu'estean algo arredados us de outros, e a de tempo, de seren escitados os
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716318.xml
A PINTURA GALEGA
O SEGUNDO SALÓN FERROLÁN
ENTRE as manifestacións de conxunto celebradas pol-os pintores e dibuxantes galegos no ano 1922, compre siñalar, pol-a sua importancia, a exposición que estivo aberta no Ferrol o derradeiro mes de Setembro.
Uns cantos entusiastas amigos do Arte, dirixidos pra detalles de execución por un arquitecto e un pintor profesional, organizaron iste certame, contando pra elu c'o amplio salón do “Círculo Mercantil”, e coa certidume de seren axudados pol-a vila enteira.
Foi pensamento dos orgaizadores donarelle ao II Salón Ferrolán toda a trascendencia posible, relacionándoo pol-o seu espírito co'as exposicións de arte galega comprendidas no ciclo que encumenza no 1912 e que tende a facilitar o desenrolo e independencia estética da nosa pintura. Por esta razón, ademais de terse perseguido insistentementes o concurso dos principais mestres galegos, púxose especial intrés en faguer resaltar os valores novos i-en estimular as novas vocacións, acollendo a obra de todos aqueles artistas que, pol-o seu temperamento pictórico, fixeran persentir felices e renovadoras arelas no seu labor do porvir.
Chegaron a xuntárense 130 obras, e a instalación que se lles fixo foi moi luxosa e afiuzada, rompendo con tradicionaes preceutos e seguindo en moito as tendencias manifestadas en recentes exhibicións de cadros, postos do xeito razonado e audaz que pode caracterizar hoxe no día os métodos de un Breuhaus. Claro está que, diante de ista novidade, si eisi pode chamarese, non fallou o divertido e inevitable lamento de algún que outro “filisteo”; emporiso, a persentación do II Salón ferrolán reputouse en xeneral como un acerto e un exempro. O local achábase dividido en varias seucións pra xuntar en cada unha de elas a obra de cada un dos artistas que con-
curriron con un núcleo de cadros relativamente grande. D'iste xeito, o labor dos pintores ollábase arredadamente, sin os incomenentes que ocasiona a misturanza e vecindade de produción de artistas diferentes. As seucións tapizáronse con ricas e fermosas teas e adornáronse con froles a eito. Compretaban a suntuosidade do conxunto antigos mobles galegos e xurdias pezas de cerámica, nosa tamén na suá mór parte.
Os medios pra chegar a unha realización tan notable foron proporcionados pol-o Auntamento i-especialmente pol-o comercio ferrolán que deu unha nota de cultura, de desentrés e de entusiasmo verdadeiramente dina de lembranza. Expresase ben o aprauso espontáneo que algúns xornaes dos centros artísticos da península adicaron a ista singular colaboración, siñalándoa como un trunfo do espírito moderno.
Outra das notas simpáticas do período preparatorio da exposición, dérona os cartés artísticos qne a anunciaron e que, seguindo o costume local, exhibironse nos escaparates dos comercios. Istes cartés foron moitos e moi bós. Pintáronnos a señorita María Cabo, os Sres. Abelenda, Carmelo e Valentín Castro e o neno Xaime Deus. E intresante consiñare que moitas de istas obras achábanse compostas con elementos inspirados na frora galega: as simbólicas e lanzales estilizacións do toxo estabreceron cicais n'elas, por pirmeira vez, un prestixio e unhas posibilidades que han tere rexa confirmación no porvir.
Analizar unha manifestación artística como a do II Salón ferrolán é un labor ateigado de dificultades, porque non abonda ponderar o valor esencial de cada cadro, sinon que é méster estimar coidadosamente o que a obra mais modesta aporta a ex-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716328.xml
24
mesmos pontos sucesivamente deixando passar tempo antre cada dúas escitación. Asi como cada especie animal ten a sua albúmina difrente, tamén ten a sua constitución engráfica especifica, e do mesmo xeito, hai unha especificidade das pre nas dos difrentes sistemas eórgaos, e unha especificidade engráfica, que fai a receitividade de cada órgao dos sensos pra os esciluntes lumiosos, sonoros, ele.
No cap. I] estuda a asimetria funcional do sistema nervioso, coma sino de difren— ciación, e len cousas curiosas tratando das causas do predominio do hemisferio esquerdo, qu'esprica d'un xeito casual por médeo das series excepciones, e dos manichos, que Stier considera supervivencia d'una especie «homes que desupareceu.
No cap. Il trata da intelixencia € da concencia. Considera esta com'unha función relacional, que se dá no sexeto-0uxoto. E a intelixencia é un istrumento suplente, qu'intervén somentes cando fallan outros istrumentos d'a adautación, unha cousa verdadeiramente secundaria na vida. No cap. IV ocúpase da espresión e da sión, studa os fenómenos psiquecos ua refrexos, dando as ideas coma modelos internas d'aición. Estuda o lingonxe, os simbolos, ete., e a intervención da censura inhibitoria e trasformadora.
Pol-o derradeiro, no cap. V fala da Metapsiqui tratando d’espricar pol-a fisioloxía moitos dos fenómenos comprobados do ocultismo. Iste capitulo foi o que mais chamou a atención da xente, coma non podia por menos de pasar. Di o doctor Novoa Santos que tendo que quedar no campo da fisioloxía, e tendo istes fendmenos que ter unha finalidade, non se lles pode atopar outra espricación que dandoos como tradución da arela de supervivencia, da tendenza do orgaismo a vivir fora do espazo e do tempo que lle foran marcados.
o Flores do frio, por Claudio Basto.
O ilustre direitor da Luse, e eminente filólogo e folklorista Dr. Claudio Basto, ¢ tamen un gran literato, un delicado prosista, Home que ten un fondo conecimento das belezas antigas que s'atopan nos vellos libros e na eterna fantesía popular, deixase tamén conquerir pol-as belezas modernas. Flores do frio non parez a obra d'un erudito metido en lucubraciós d'esas que parecen pesadas e disgustantes a aquiles que teñen os eruditos por homes sen gusto e sen sentimentalidade, Mais se cadra, son ¡les os que saben zugar os me doces meles na vella e na nova beleza, veleiqui lemos ó Dr, Claudio Basto amostrándonos o seu gosto esquisilo,
i Flores do frio é unha coleición de prosas escritas fai tempo e agora recollidas, Te to sabore de modernismo non d'agore, analise psicolóxica intema, humorismo romántico, maxinación bizarre. Todos istes encantos len o libro que comprende trece prosas —sen contar a Aber— turi—a derradeira, a que fai o númaro da morte, adicada 6 falecimento d'un ilustre amigo e confrade: Jono da Rocha. Duas WVestas prosas son recordos de Galiza, lembranzas persones, impresiós episódi-
cas, non de tipismo.
No seío da Virgem-Ma».
O Dr, Clandio Basto mándanos taménu esta coleición d'artizos d'il mesmo, da Dra, Carolina Michaelis de Vasconcellos e de J. Leite de Vasconcellos, referentes á cantiga populur portuguesa e galega:
No sejo da Virgem-Me incarnou divinha gre entrou e saiu por ela como o sol pela vidr
A orixe d'esta belisema imaxe atópase asegún o Dr, Claudio Basto, n-un testo de Pedro Lombardo: eSol pe vitrum, nec frangitur aut violatur; = irgo pefeo nec malata fuit», citado por Ir. berto Knoll, Inst. theologiae the oret seu Dogmat o-polamicae, Auguslae Tanrinorum, 1888, vol, 1, pax, 445,
o Tragedias de la vida vulgar, por Wenceslao Fernández Florez.
O autor, no prólego, protesta de que no conceuto da xente il teña que ser por forza humorista, e mais do qu'a xente en Hespaña sole supor que é un humorista;
e di qu'unha condición moi principal no verdadeiro humorista é a tenrura, II tena,.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571633.xml
SERANTES E COMPAÑÍA
FARIÑAS E COLONIÁS
Ponte Mayor y-Ourense
XULIO GARCÍA PÉREZ
MÉDEGO CIRUXANO
Detrama toda clase de óseos partidos e desegobamados e fai operacoss quirúrxicas
VOTA O "RAYO X."
TELÉFONO 324
¡Patriotas galegos!
PEDIDE O VIÑO TOSTADO
LÓPEZ VALEIRAS
SANATORIO QUIRÚRXICO D'OURENSE
Dirixido por DON MANOEL POL PIÑEIRO
CO' A COPERANZA DOS DOUTORES
Don Francisco José Klonegro :-: Don Manoel Bouzo Fernández
Iste estabrecemento está situado na carretera da Lonia, e conta con un completo
gabinete de RAYOS X.
LÓPEZ E RUIZ
Depósito de madeiras de todas
clases pra cons-
trución e carpin-
teria en xeneral.
Telegramas e telefonemas
LÓPEZ RUIZ
Avenida de Buenos Aires, 31
(lado do Asilo de Ancianos desamparados)
OURENSE
Postes e travesns
pra camiños de
ferro. Serrería
mecánica e fabri-
cación de toda
clase de caixería.
Códice A. B. C. 5.ª edición
TELÉFONO 198
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716322.xml
18
ferrolán Genaro Pérez Villaamil, o gran pintor de paisaxes románticas. Dimpois, dende o rexionalista Fierros ao aristocrático e cosmopolita Vaamonde, todos sentiron a tentación de donar algunha versión pictórica da terra nativa. Polo que se refire a época presente, ela veu formarse un gran núcleo de paisaxistas que trataron todos temas do país. Nas exposicións galegas de Belas Artes é a obra d'istes artistas a que mais se discute e apaixoa, concedéndoselle tal trascendencia que se fai coidar que nas resolucións e interpretacións da paisaxe se ven considerindo vinculado o verdadeiramentes importante da pintura galega.
Soio pol-os mandados da Terra pode explicarse a formación d'iste grupo. Os artistas que o compoñen van todos ao mesmo fin, aínda que con procedimentos e concepcións absolutamente diversas e persoais. D'eiqui a grande vitalidade que caracteriza hoxe no día a pintura galega de paisaxe, vitalidade que fai concebil-a seguranza de que, dentro de moi pouco tempo, chegará a producirse con unha forza que a fará ser apreciada universalmente.
E en van que se discutan as razóns e os fundamentos d'ista tendencia. Ela é un feito, e ben xurdamente manifestouse no II Salón ferrolán.
Fallaban n'iste Salón as representacións dos elementos por decilo eisí crasicos no noso arte da paisaxe. En troques axuntábanse en seis grandes seucións as obras dos loitadores novos mais fortes e inquedantes, de aqueles dos que o labor, lobrado ou discutido hoxe no día, encerra en si o xermolo de renovacións e fala de posibilidades. Caseque todos eles con personalidade afirmada rexamente en outras exhibicións; algún, enteiramente novel.
Entre os primeiros e de mais forte prestixio, compre citar a Carlos Sobrino Buhigas, que mandou a ista exposición tres acuarelas tituladas: "Casa do Fidalgo", "Un patín" e "Cementerio de Noya".
O termo "acuarelas" non convén realmente sinon como aproximación, a obras feitas con procedimentos peculiarísimos de Carlos Sobrino e que se arredan abondo do tipo tradicional da acuarela moi fluida, na que o papel intervén non só como soporte sinon tamén como colaborador importante. A orixinalidade e acerto do pro-
cedimento contribuie a aumentar o carácter esencialmente moderno d'istas pinturas, nas que se coidou moito de dar a forma unha expresión crara i-enérxica e a coor intensidade fonda contida en entonacións non moi outas i-estabrecidas c'o evidente propósito de interpretar con xusteza o tipo medio da lus galega.
Os temas son todos inspirados nas vellas e enxebres construcións arquiteutónicas da nosa Terra, evocadas con fondo e sutil sentimento da poesía das cousas pintorescas e antergas.
Sobrino leva realizada xa unha longa riola de producións semellantes, que, transportadas a estampa —e son moi doadas pra elo— constituirían unha publicación de imenso intrés.
Ao rente das acuarelas de Carlos Sobrino expuxéronse no Salón ferrolán as rexas augafortes de Castro Gil, que iste ano foron recompensadas na Exposición Nacional de Belas Artes. Eran cinco, tituladas "Igrexa de Mazoucos", "A ermida", "Dexenerados", "Tempestade" e "Ribeiras do Manzanares", parte d'elas inspiradas en motivos da paisaxe galega.
A importante siñificación que Castro Gil ten adequerida, como grabador, no arte contemporáneo hespañol, é ben coñecida. Representa o espírito innovador nos procedimentos e conceitos e as suas obras acusan unha nota de fantasía e de grandia que deu orixe a que sexan comparadas a miudo coas suxestivas augafortes do inglés Brangwyn. As suas son de unha execución amples, doada, bela e moi sintética; mais, cando lle compre pra expresar mais integramente as suas sensacións, sabe acollerse aos complicados e finos recursos do grabado crásico que domina a perfeución. Se non produce como un concenzudo dibuxante de aspeutos superficiais da natureza; é un expresionista, e o seu arte se complaz en suxerir fortes sensacións de paisaxes de ensono e de misterio. Ese non sei qué de indefinible, mistura de sobrenatural e de realidade, de medo, de abandono, de silencio, que moitas veces nos sobrecolle como unha alucinación cando trascorremos certos arredados paraxes da montana galega, endexamais foron evocados con tanta intensidade como en algunhas augafortes de Castro Gil. Eu iñoro si isto é premeditado ou si resulta da irresis-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571635.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA, ORGHO DA SOCIDADE “NOS,”
Ano IV Ourense 1 de fevereiro de 1923 Núm. 16
† MURGUÍA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716313.xml
NOS
Mais xusto é que xa que os artistas do lenguaxe desertan de tan patriótica labor, nos botemos a ela os últimos, os desconecidos e anónimos soldados de fia, os que non temos titulo nin autoridade ningunha pra emprendermos un labor d'esta clás; xa que non temos que ganar nada nin nome que perder; pra ver si co eixempro espertamol-a atención dos distraidos poetas, dramaturgos, novelistas e periodistas, e faguemos que sigan o nobre eixempro dos escritores d’outras rexiós.
Esto é o que nos levou a esborrancharmos unhas cantas papeletas cervantinas, que xa nos daríamos por satisfeitos chegasen en númaro, xa que en calidade é imposibre, á milésima parte das que o doutisimo direitor da Bibrioteca Nacional don Francisco Rodriguez Marin levaba feitas cando iniciou a pubricación anotada e comentada da sua edición do Quixote.
Venan outros correxindo e emendando os nosos erros e escrarecendo non somentes a letra senon o verdadeiro sentido da obra imortal; a enrequental-o imenso tesouro legado pol-os vellos cervantofilos.
Cap. XVIII da pirmeira parte do Quixote: “Donde se cuentan las razones que pasó Sancho Panza con su señor Don Quijote, con otras aventuras dignas de ser contadas.” (tomo 2.º da edición anotada por D. Francisco Rodríguez Marín, Madrid, 1917).
Refirese esta papeleta somentes os persoaxes que Don Quixote creeu ver na aventura dos carneiros:
“En estos coloquios —di Cervantes— iban Don Quijote y su escudero, cuando vió Don Quijote que por el camino que iban venía hacia ellos una grande y espesa polvoreda, y en viéndola, se volvió a Sancho y le dijo:
“—Este es el día ¡oh Sancho!... etc.”
“—Señor, pues ¿qué hemos de hacer nosotros?
“—¿Qué? —dijo Don Quijote— Favorecer y ayudar a los menesterosos y desvalidos. Y has de saber, Sancho, que este que viene por nuestro frente le conduce y guía el gran emperador Alifanfarrón, señor de la gran isla Trapobana; este otro que a mis espaldas marcha es el de su enemigo el rey de los garamantas, Pentapolin del arremangado brazo, porque siempre entra en las batallas con el brazo derecho desnudo.
“—Pués porque se quieren mal?.....
“—Quiérense mal —respondió Don Quijote— porque este Alifanfarrón..... y está enamorado de la hija de Pentapolin, que es una muy hermosa y además agraciada señora y es cristiana. ...
“.....viendo en su imaginación lo que no veía ni había, con voz levantada comenzó a decir:
“—Aquel caballero que alli ves de las armas jaldes, que trae en el escudo un león coronado, rendido a los piés de una doncella, es el valeroso Laurcalco, señor de la Puente de Plata; el otro de las armas de las flores de oro, que trae en el escudo tres coronas de plata en campo azul, es el temido Micocolembo, gran duque de Quirocia; el otro de los miembros giganteos, que está a su derecha mano, es el nunca medroso Brandabarbaran de Boliche, señor de las tres Arabias, que viene armado de aquel cuero de serpiente, y tiene por escudo una puerta, que según es fama, es una de las del templo que derribó Sanson, cuando con su muerte se vengó de sus enemigos. Pero vuelve los ojos a esta otra parte, y verás delante..... al siempre vencedor y jamás vencido Timonel de Carcajona, príncipe de la Nueva Vizcaya, que viene con las armas partidas a cuarteles... y trae en el escudo un gato de oro... con una letra que dice: Miau, que es el principio del nombre de su dama, que..... es
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716311.xml
NOS
7
lecer. Na beira das lagoas a xente, en coiro, esgraxea ó sol, derretendo as suas manteigas. Anda, anda... e chego a Potsdam e fártome de fitar Pazos, parques e xardins de encantamento e andando, din c'un camino negro, enloitado adrede, que me leva á capela onde apodrece a finada muller do Kaiser. I-entrei n'aquel Pazo das ledicias que Federico chamou «Sans souci» e mirei unha galeiría de pinturas, onde locen sobrantes de Rubens, dous cadros do luterano Cranach e un xurdiño holandés que agacha o seu valor na escuridade d'un curruncho. Foi o día da miña vida que vin máis cousas; derreado de cansazo guindei co corpo no leito, durmin e tiven un soño: Eu tiña un chaleque de fantasía, unha gran leontina de dúble e paseábame no «carro dos parvos».
O meu pousadeiro é un gran tipo. Batendo co-a man na testa cóntame que quixera saber moito, moito; pero non as cousas que saben os demáis senon cousas que ninguén soupese. —Eu—di il— collo un libro grande de filosofía e anque non-o entendo atopo placer en lel-o todo enteiro. ¡Que país!
Un prusiano pensa que un home do Luxemburgo, poño por caso de miudeza é menos que un alemán, pol-a sinxela razón de que o Luxemburgo é moito máis pequeno que o seu Imperio. Pensan coma pode pensar un castelán. Tamén n' unha relación de mortos, clasificados por profesión calquera pode ollar que morren máis labregos que Bispos mais compre decatarse que un Bispo está tan perto da morte coma calquera labrego. Non; un home do Luxemburgo é tanto coma un home da Alemaña e aínda máis pol-a probabilidade de non morrer na guerra...
Pol-as obras de arte novo que levo mirado pode decirse que na Alemaña, como na Francia, iniciouse unha volta ó academismo, co-a diferencia que vai antre Hans Von Marées e Ingres. O academismo, dispois de todo, é un bó remate da corrente artística nascida contr'o naturalismo. Como agora todo corre tanto, eu agardo que dispois d'un pouco de academismo voltaremos a Natureza, co centro director do arte máis alá da retina.
As miñas notas —que son moitas— en col dos Museus de Berlin non podo arriscarme á publical-as. Calarei por medo a desbocarme. Pra poder discurrir compre coñecer ben a sinificación xusta d'una chea de verbas e tal cousa é allea ó meu negociado... ¿Qué que decir realismo, naturalismo, cerismo, visualismo, simbolismo, idealismo, espiritualismo, etc.? Cando istas verbas sexan esquecidas ou ben coñecida a su sinificación, poderei eisplicarme...
Hoxe fun ó Consulado de Baviera en Berlin pra solicitar permiso de residencia en Munich. ¿Qué vos parece, centralistas idiotas?
Deixo Berlin sen migalla de sentimento. Non levo na memoria nin malas nin boas lembranzas.
Castelao.
(A seguir).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716320.xml
16
recente, i-expresa pensamentos semellantes en moito aos que evidentementes provocan a expansión do arte galego contemporáneo.
Sin habérense axuntado no II Salón ferrolán obras de tantos autores e tendencias como nas derradeiras grandes exposicións galegas, pode emporiso decirese d'il que tivo unha siñificación tan intensa como aqueles, e, si cadra, mais percisa. As obras expostas agora no Ferrol pertenecían excrusivamente a tres xéneros: o retrato, a paisaxe e o dibuxo imaxinativo. A mór parte de ista producción desenroláqase en dondos acordes de coor e sojo n'algún caso illado chegaba a estridencia. En moitos dos cadros manifestábase unha tendencia—acaso instintiva—a suxerir sensacións de misterio e de ensono. En conxunto, todo iste arte, dando mais atención ao pensamento que a forma, cantando n'unha escala cromática xeneralmentes baixa e desencartándose cáseque decote n' unha téunica concenzuda, arredabase abondo do esprito de craridade latino e acusaba enérxicamente o temperamento de un pobo do norte.
Moitas das carauterísticas que finamos de citar como comúns a cáseque todal-as obras da exposición, evidenciábanse categóricamentes nos tres cadros de Alvarez de Sotomayor instalados no posto de honor do Salón. Eran istes: “Retrato do pintor Helsoy”, “Mullerinas” (obra que o autor regalou ao pobo ferrolán) e “Nai e filla”.
O pirmeiro, pintado no 1909, é moi conecido pol-os trunfos que con él outivo o mestre galego en varias exposicións extranxeiras. Hoxe dita pintura pertence ao Museu de Chile. Os outros dous cadros foron feitos recentementes.
Nada mais oportuno que a comparanza d'istas tres obras, realizadas en épocas tan distintas, pra convencerse de que no arte de Sotomayor foi nidio decote o esprito da raza nórdica. A criteca hespañola debeu de enxerguelo eisi ao asiñar as obras de Sotomayor certa aboenza co'as dos retratistas crásicos ingreses, infruencia un tanto jstrana e soio espricabre pol-o mandado imperativo do temperamento, porque So-
tomayor formouse pictóricamente en Madrid i-en Roma. Tal infruencia, ademáis, se non refire dende logo a procedimentos, sinón a espritual elegancia e au poético misterio que xurde dos seus retratos, levando a imaxinación a un mundo de vagas e inefabres ideas, dixéramos que musicaes, evocadas pol-o acorde crómático, cáseque-decote en tono menor; e, como unha indefinible lus, inquedante no fondo de iste misterio, a psicoloxía do individuo retratado expresada con rexa fondura.
Eisi socede c'o retrato de Helsoy. Si n'algún tempo chegase por un milagre a sere esquencido o nome do seu autor, se lle non ocurriría a ninguén referilo aa pintura hespañola da época en que os fulgores da paleta de un Sorolla refrexábanse pouco ou moito nas obras de todol-os seus eolegas da peninsua.
Moitas persoas, pouco impostas da carreira artistica de Sotomayor, xusgaron, ao contemprar no Salón ferrolán os cadros “Mullerinas” e “Nai e filla”, que nos anos que trascorreron dende que pintou o “Retrato de Helsoy” operáranse grandes troques no pensamento que rixe a obra do mestre. Sotomayor nada fundamental tivo que reutificar no seu arte, porque iste áchase afincado en principios sólidos e responde sinceiramente ao seu temperamento. Acentuou, si, moito, a su perferencia pol-os temas galegos, e digo acentuou, porque xa denantes de rgog Sotomayor tiña pintado ademirables caros reproducindo tipos de aldeans galegos. Agora, nos derradeiros anos, sobor da base das frescas coores dos nosos traxes tradicionaes e carauterísticos, orquestou maravillosos acordes de coor pra acompañar o seu canto aa pura e sinxela raza galega, saudada todol-os anos por él n'unha decote renovada e aidente pelengriñación aas terras de Bergantiños.
E a ista grande riola de producións inspiradas en xenuinos motivos galegos aa que pertecen os citados cadros “Mulleriñas” e “Nai e filla”. Mais que cadros de costumes, son verdadeiros retratos de labregas, sendo n'eles, o mesmo que no retrato de Helsoy, o rasgo domiñante, a fonda intencion psicolóxica e unha misteriosa musicalidade. Como execución, istas tres obras, singularmentes o “Retrato de Helsoy”, xustifican o xigantesco prestixo do mestre galego.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716319.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
NOS
posicións que, como a do Ferrol, poden cali-
ficárense de constituintes. Non hai que
istranal-a verba: dende o momento en que
o espírito da raza xuntou en divisa as dúas
palabras pintura galega, todol-os nosos ar-
tistas interesáronse mais ou menos por un
ideal que se presentaba acugulado de cousas
novas e misteriosas. Nos primeiros tempos
houbo, naturalmente, a indecisión
que impoen de cote os camiños desconecidos, pero moi axina os éxitos de alguns
artistas e, por riba de todo, os das grandes
exposicións coleutivas de arte galego, fixeron
redoblál-o esforzo dos afiuzados e
axuntaron ao movimento aos retraguidos. Hoxe no dia pódese afirmare que, dos pintores
nados na Galicia, son poucos os que
non arelan que o seu arte sexa xenuinamente
galego.
Ben mirado, elo quer dicir simpremente,
que o que istes artistas desexan é ex-
presar de un xeito persoal e ceibe de pre-
xuicios e de influencias istranas, un feixe
de cousas que non foron tratadas deica
agora pictóricamente ou o foron con pouca
fondura. O papel que en todo isto repre-
senta a idea nazonalista é de reclamal-a
téunica e a atención dos artistas pra un
tesouro estético cáseque intiuto n’iste as-
pecto, que o pintor ollaba denantes con cer-
ta nugalla, debido xeneralmentes a que
camiñaba no mundo do arte cosmopolita
un pouco desourientado antre contradito-
rias rachas de modalidades caprichosas e
pouco consistentes.
Aos azos renovadores axúntanse o
sentimento da diñidade e a orgulleza da
raza n’un romántico e tentador desexo de
faguer xurdir con forza unha arte coma a
da pintura un pobo que, deica agora, non
poidera manifestalo de un xeito craro e
potente. Cicais non sexa doado pra unha
soia xeneración abranguer a realización
completa d’ista obra trascendental. Os
elementos vanse axuntando traballosamen-
tes, sobreven, ademais, a dura loita co’as
infruecias alleas que perduran nas ima-
xinacións e impiden afondar doadamente
na esencia das nosas cousas: os momentos
de agora son, reialmentes, pra os artistas
galegos, momentos de turreada emulação.
A iste periodo de axuntamento de forzas,
de elaboración de unha nova estética, de
rebusca de modalidades características da
ialma de unha raza e de un pais, é, por
conseguinte, ao que hai que referir ista
exposición de que nos estamos ocupando,
asi coma todal-as outras de arte galego
posteriores ao 1912.
Con abraiantes teorias, en nome da es-
tética moderna, vense combatindo rexamen-
te a tendencia nazonalista no arte. Mais
os feitos encárganse de defendela, pois si
ben é certo que unánimementes se procla-
ma o fondo común e universal das Artes
non-o é menos que endexamais puxeron os
pobos tanta enerxía en patentizar o carau-
ter propio e inconfundible das suas. Séxanos
permitido copiar, a xeito de mostra de
coma se ven enfocando o asunto, os se-
guintes falacios tomados do Catálogo da
Exposición de Arte Ruso (París 1921): De-
ica hoxe—esquirbe Mauricio Paleologue— o
púbrico francés non tivera ocasión de asistir
a unha manifestación tan característica. Nas
numerosas exposicións rusas que se suce-
deron en Paris dende 1906 as obras achabanse
moi misturadas. A mor parte das teas, aínda
as mais interesantes, deixaban adiviñar a
disciplina ou a fascinación de unha escola
extranxeira. Istas teas firmábanas certamen-
te nomes rusos, mais a inspiración pirmeira,
a escolleita dos motivos, o orde da compo-
sición, a rebusca das armoñías, a orques-
tación das coores, en unha verba, todol-os pro-
cedimentos de factura e aínda o espírito íntemo
da obra, levaban a marca extranxeira.
Hoxe, visitando a exposición que se abriu
n’istes días, exprimentase pol-o contrario a
sorpresa e a ilusión de achárese un de sócato
transportado en prena Rusia, porque todos
ises cadros son esencialmente rusos pol-a
persoalidade inteira do pintor, pol-a sua
visión dos seres e das cousas, pol-o seu sen-
timento do coorido, pol-o acento do dibuxo,
pol-a sua interpretación de paisaxes e faci-
anas, i-en fin, por todo o que a raza, o atavi-
smo, a terra natal, a relixión, a costume, a
historia, imprimen de específico e de fondo
no temperamento de un artista.
Mais a ilusión non fire sómentes os nosos
ollos e o noso espírito: chega tamen ao cura-
zón. I-é que, en efecto, un pensamento que con-
move, un sentimento de grande elevación presi-
diron iste certame. Os organizadores quixe-
ron probarlle ao mundo inteiro que a Rusia
está decote chea de vida e que os seus fillos
dispersos manteñen piedosamente a sua ima-
xen santa no fondo da sua i-alma...
O testimoño e ben prestixioso e ben
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157163&posicion=21
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716330.xml
26
Castillo.—Los Canónigos de Santiago, por Pablo Pérez Constanti.—De Folk-lore: Cantares populares.—Sección oficial.—Colección de Documentos Históricos.
Rexurdimento, órgao da I. N. G. Xaneiro 1923.
Trai: O problema da grande vila, por Vicente Risco.—Gabanzas do enxebre, por Jaime Quintanilla.—Madrid xusgado por un galego culto, por B. Calderón.—Das Supersticiós, por R. Novoa Santos.—Na Bretema, por Gonzalo López Abente.—Caricatura de Vicente Risco, por Alvaro Cebreiro.—Cántiga Nova, por E. Correa Calderón.—De «O Mariscal».—A Autonomía de Galiza.
A Aguía, Porto Novembre, 1922.
Trai: Cultura e Natura, por Vicente Risco.—Fumo do Lar, por Angelo Casar.—Diálogo Antigo, por Alfredo Brochado.—Paisagem, por Teixeira de Pascoaes.—Santa Eponima, por Raul Brandão.—A Universidade Popular do Porto, por Leonardo Coimbra.—Notas e comentarios, por A. Martins.—Um Livro pitoresco, por L. Cardim.—Carta do Brasil, por Alvaro Pinto.—Bibliografia, por A. de M.
Horizonte, Madrid, 15 Dbre. 1922.
Trai: Poesia (La Flor más Alta), por Juan Ramon Jimenez.—25 F., por P. Marjan.—Primavera, por Gerardo Diego.—Paisaje humilde, por J. Rivas Panedas.—Los Poemas de la Tierra Gallega, por Eugenio Montes.—Clasicismo, por José Bergamín.—Ramonismo, por Ramón Gómez de la Serna.—Dos Poemas, por Pedro Garfias.—El viento, por Raul Carranca.—Un Prólogo, por Manuel Abril.—Auto, por P. D. La Rochelle.—Poemas, por R. Alberte.—Crítica.
Revista Parlamentaria de Cuba, Noviembre 1922.
Trai: Nuestra falta de preparación política, por Dr. Raul de Cárdenas.—La Claridad de las Leyes, por el Presidente del
T. S. de Justicia.—Legislación deportiva necesaria, por J. Litzer.—Pan-Americanismo.—Asuntos internacionales.—Sesiones de las Cámaras.—Memorandum Cubano Mensual.—Variedades.—Anécdotas.
A Nosa Terra, Cruña, 15 Xaneiro, 1923.
Trai: A Santidade da Lingua, por L. Peña Novo.—Perdem o tempo, por Asieu medre.—Nova entidade nacionalista.—A provisión da Mitra de Santiago.—Unha conferencia.—Un gran mitin en Laracha.—En Santa Cruz do Porto.—Regionalismo práctico.—Sociedades artísticas galegas.—De Camariñas a Ponte do Porto, por Lois Fernández Gómez.
Boletín de la Comisión de Monumentos, Ourense.
Trai: Biografía de Colón escrita por un genovés en vida del inmortal navegante, por Marcelo Macías.
La Douce France, Paris, Decembre, 1922.
Trai: La Gaule et les Gaulois, por André Lebey.—Le crépuscule des dieux, por François Bidet.—Poèmes, por Abel Léger.—Le Theatre, por Jean Lebédet.—L'exposition d'art decoratif de Munich, por Marie Dormoy.—Au Salon d'Automne, por E. de Thuber.—Congrés de la Fédération Régionaliste Française.—Comptes-Rendus et Nouvelles.—Gravures de Daniel de Monfreid e Joseph Bernard.
Porto Académico, Porto 29-1-1923.
Trai: Carnaval de Estudantes.—Escárneo da caveira, por T. Santos Mota.—Motivo do meu viver, por Palida Figueira.—Ida e volta Porto-Madrid.—Os Teatros.—Folhas ao Vento, por J. de Novais Cruz.—Problemas, por A. Farinas.—O Adeus duma Noiva, por Santos Nobre.—Carta, por Ferreira dos Santos.—Sport, por Canto Moniz.—Da nossa Arcada, etc.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716315.xml
NOS
o Cardenal Quirog. D'esta familia é sucesor direito na autualidade, o conde de Gavia e marqués de Mudela, Don Francisco Losada de las Ribas, senador e xentil home da S. M.
O Cardenal Don Gaspar de Quiroga naceu en Madrigal no ano 1513, mais o seu pai foi da casa do Pacio, de Quintá de Lor (en Quiroga) e o seu abó, Don Alvaro de Quiroga, foi comendador do Incio (da Orde de San Xoan) na cuia eirexa conservase o seu sepulcro, con fermosa estatua sepulcral, mandada facer polo seu agradecido neto. Era parente do conde de Lemos, coma se pode ver na Crónica del Gran Cardenal Pedro G. de Mendoza (pax 287, cap. 14 e seguintes) de Pedro de Salazar.
Don Gaspar de Quiroga, arcebispo de Toledo no ano de 1577, Cardenal, Presidente do Consello de Castela, privado de Felipe II, morreu o día 15 de Santos de 1594. Mandou qu'o enterraran en Madrigal. O seu corpo foi a esta vila “acompañado de unas 1.500 personas, parientes, deudos, y criados. Tuvo gran casa de criados con hábitos de todas las órdenes militares.”
Veleiqui d'onde sairon os carneiros da aventura na que Don Quixote creeu ver persoaxes.
Foi o Cardenal de rostro alegre e o cabelo e barba rubios e moi composto, ou sexa que tiña os caracteres propios da raza sueva, á que pertencia Cervantes.
Engade ó seu biógrafo: “que era del linaje de los Valcárcel y Balboa, y que le oyeron decir que no le enterrasen en sagrado si fundase mayorazgo.”
E si non os máis achegados, qu'o foron sen duda os Quirogas, Losadas, Saavedras, Ulloas, etc. pol-o menos deberon estar en maoria a carón d'il, os Balboas e Valcárceles, como o proba a aventura de que nos ocupamos.
Que outro probabremente, que un Valcárcel, habia ser o duque de Nervia, que traí “por empresa una esparraguera.” O escudo dos Valcárceles, formado por cinco estacas, produz ise efecto, sendo farto felis a comparanza cervantesca; e canto ó de Nervia, poderá ser alusión a Navia (de Suarna) qwos Valcárceles señoreaban? E a lixeira cebra, será polo Cebreiro? terra dos Valcárceles que linda co concello de Cervantes.
Ainda qu'o Cardenal non fundou mayorazgo con doblós seus fun louno o seu sobriño, o referido Rodrigo Losada Quiroga, asegun refire o Padre Gán lara en Armas y triunfos de Galicia (páx. 235) onde di: “Casa de Carballedo, de los Quirogas capilla de San Juan Bautista; fund mayorazgo de dicha casa, capilla y hicienda... y el Cardenal Quiroga... siendo Arzobispo de Toledo izo poner algunos estuidartes de los hombres insignes de este apellido bendiciéndolas él y embió su capelo para que se pusiese conellos en dicha capilla reconociéndose por descendiente de aquella casa, mandando 20 ducados para reparos de la capilla (consta del testamento de D. Rodrigo de Quiroga)”.
Consérvanse na capela, da que pretendeu facer o Cardenal algo imitante ó panteo do Escorial, pr'os do seu linaxe, moitos sepulcros e lousas sepulcraes cos escudos dos linaxes do Cardenal e n-ela figuran os d'algús dos que Cervantes imortalizou no seu libro.
E o endexamais medroso Brandabarabán de Boliche...” que viene armado de aquel cuero de serpiente y tiene por escudo una puerta que según es fama es una de las del templo que derribó Sansón...
Asegun unha antiga leenda relixiosa, probabremente da época visigoda, que logo recolleran pra o seu nobiliario os Saavedras, en terra de Saavedra (nas lagoas de Santa Cristina) había un templo pagao, de que a porta achábase gardada por unha grande e espantosa serpe aqne
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716324.xml
20
térpretes mais afertunados da nosa paisaxe. "Sol nos prados" é unha pintura forte i-espontaneamente orixinal, que reverte musicalidade, tenrura de coor e sentimento decorativo. A impresión que se exprimenta contemplandoa é que nos hachamos diante de unha cousa moi pura, moi sinxela, moi bela e moi galega, mais de un aspecto de Galicia deica agora persentido e non expresado. Á min dixéronme que non pinta os seus cadros do natural, mais ainda que eles sexan imaxinados, como se pertende, n'un fayado de Madrid, dan unha sensación de realidade infinitamente superior a moitas obras de outros pintores copiadas directamente da natureza. Por riba de todo, expresa a limpida atmósfera con tal verdade e poesía que cando se lle quer buscar un termo de comparanza con algo xa visto, non sei por qué se lembran —co'as reservas e salvedades conseguintes— as transparentes versións do espazo que, en obras tamen compostas, deu tan maravillosamente o glorioso Claudio de Lorena.
Si con ser Domínguez Tenreiro moi novo pol-a sua edade e pol-o seu arte nos fai pensar en algo moi crásico, non socede o mesmo c'o novel e afiuzado pintor ferrolán Carmelo F. González.
As obras d'iste nos falan principalmente de fondos desacougos actuaes. Perto de trinta paisaxes ao oleo persentou n'ista exposición, pirmeira aa que concurriu Carmelo, e elas tiveron a virtude de apaixear ao público e aa crítica.
Dende logo, o seu arte non é o de un pintor xa formado, como o da mioría dos seus compañeiros de exposición, mais é tal a suma de condicións pictóricas que revela nas suas obras, amostran istas un afiuzamento e un entusiasmo tan grande, están tan ateigadas de imaxinación e de esprito, e, en unha verba, manifestan aspectos tan inagardados, que se exprica perfeutamente o grande intrés que espertaron.
Eran paisaxes dos ridentes arredores do Ferrol, ollados ao través de un exaltado temperamento lírico, pintados con mau segura, arrumbando decididamente moras de coor, decote vibrante, decote cantando en tono outo. Os títulos "Bárbara sinfonía en roxo", "Cúpulas de Ouro", "O bosque embruxado", "Impresión do serán", con-
veñen xustamente ao carauter d'istas obras prenas de xuventude e que diriamos consagradas aos poemas da coor si o dibuxante non aparescese rexo i-expresivo nas gallardas fasquias de "Os indómitos pinos" e de "Os rumorosos".
Non sería compreta nin xusta ista reseña si non citásemos tres óleos, estudios do "Interior da Igrexa das Capuchinas da Cruña" pintado con bela téunica i-exquisita sensibilidade pol-a Srta. Maria Corredoira, eisi como o seu outro cadro, oleo tamén, "Prazuela de Santa Bárbara", obra de un refinado sentimento romántico.
Concurriron ademáis con paisaxes e mariñas ao segundo Salón ferrolán, Vicente Díaz, Rodríguez Veiras e José Alejandro de la Guardia, todos ou cáseque to.los de motivos galegos.
Finalmente, o Comité orgaizador da exposición autorizou aos nenos Jesús Ramón Macías e Jaime Deus pra que trouguesen obras ao Salón. Ramón Macías exltibiu sinxelos e agarimosos estudios do campo galego, feitos ao oleo con fortes empastes. Xaime Deus expuxo unha pequena acuarela que fai persentir o seu grande temperamento de pintor. A presenza das obras d'istes rapaciños na exposición ferrolán foi coma un símbolo que dixese canto agarda e confía no porvir a nosa pintura de paisaxe.
E si consideiramos ao Segundo Salón ferrolán como un interesante libro imaxinándonos que cada unha das suas páxinas áchase graciosamente ilustrada pol-as obras de un dos nosos pintores, terlamos necesariamente que pórlle de ex-libris o manifico e conecido dibuxo "Meu retrato espiritual" con que o arte do grande simbolista galego Manoel Buxados fixo auto de presenza na exposición, afirmando as cualidades creadoras i-excelsamentes imaxinativas da Raza.
Todo na nosa pintura é novo; todo deberáselle ao traballo dos de agora. Non é eisí pra os nosos escultores, pois pra cles hai tradición. Nas horas de dúbida e desalento, non teñen mais que iren a Santiago e axionllárense homildementes, como fai moitos séculos se axionllou o mestre Mateo. Dende a Groria, onde resprandece con
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571638.xml
4
muller adequire un valor persoal que non teria vestida con sinxeleza. Velahi o caso do uniforme. A razón de que a muller concorde tanto co militar débese a que os dous teñen o mesmo esprito; por io:a muller d'un sabio enténdese tan ben cun teniente. En Prusia non é asi. Eu ollei nas cabezas rapadas a punta de casco guerreiro que Bagaria lles pintaba nas súas caricaturas xermanófobas. Os militares de onte reventan nos traxes civiles de hoxe e siguen sendo militares anque non teñan uniforme. O uniforme seri necesa—rio en Hespaña, pono por caso; eiqui non fai falla pra nada.
O arte noco ten en Berlin unha aplicación consagrada xa no cartel anunciador, e istes afiches en ringleira abrouxan com'os mozos de Hotel na porta d'unha Estación.
Nun cabaret alumeado mornamente hay homes e mulleres que beberon múis da conta. Rompe a tocal-a orquestra e as parellas aicidentaes de namorados lamén rompen a cantar un fermoso tied; é o sentimentalismo que o viño fai nuscer nos peilos fortes. Cantan moi ben e bailan moi mal.
A Sala dos Van der Goes no Museu «Kaiser Friedrich» podía chamarse ben a Sala das vergonzas hispanas, pois todas cantas xoyas hay alí proceden do pais de Don Quixote e foron vendidas con menos honra e menos proveito do que se venderon as Carolinas. O cadro que representa a Adoración dos Reises, que viveu moitos anos ihorado en Monforte, é agora orgulo diste Museu; tameno é a Adoración dos pastores que malvendeu certo príncipe hespañol vai pra vinte anos... Triste é que perdésemos unha das mellores obras do místico pintor de leenda; mais eu acabo de saber que xa non está valdeira a parede do Mosteiro galego onde tanto tempo estivo pendurada. Don Guillermo mandou faguer unha boa copia
e regalouna a Monforte pra que Don Alfonso non botase de menos tal obra de arte nos seus dominios.
O Panoptiken é un Museu tráxico. A estoria d'un criminal arrepia máis que ún cartel de cegos cheo de sangue. As figuras de cera están moi destragadas e son máis impresionantes. 1.º Un ladrón abre unha caixa de ferro e unha cama revollada hay un home asesinado con medeo corpo no chao e unha perna despida que a luz da linterna proyeuta na parede encaleada. 2.º O ladrón abre unha sepultura y-está no trafego de cortar c'un coitelo os dedos d' unha difunta pra roubarile as sorlixas. 3.º O criminal arma unha na taberna: mortos, sangue, viño..... ea policia na porta. 4.º O criminal, collido xa, declara diante d'unha victima: un cadavre en coiro, riba d'unha mesa de mármore. 5.º O xuicio na Audencia (eiqui as figuras teñen a tiña pelada). 6.º A derradeira noite do criminal que ten de ollar por un buraquiño (o condenado está triste e ten a coor da cera). 7.º O criminal xa ten a cabeza pousada no cepo e ben amarrada por unha correa; o verdugo, vestido de etiqueta, co nariz rompido por algún inimigo, c'un brazo xa valdeiro de serrín ergue o machado... Dispois de visital-o Panoptiken compro ir a Catedral protestante, onde un concerto de orgao (todo música de Bach) limpará o meu esprito.
Os hespañoza en Berlin enséñanlle a decir porcalladas en castelán ás camareiras e logo rinse moito. Eu tamen me rio pr'o meu chaleque galego.
O mundo celebrou con danzas o remate da guerra. As danzas non sinifican a celebración da pas; son a consecuencia da guerra, a continuación na bestalidade. Un esprito futurista non atopará elementos d'esperanza en nada que sexa acollido con agarimo por unha loira que danza c'un negro. E compre decir que hay un arte novo equivalente ó jazz-band, un
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716310.xml
6
marse pintor. O «puro trascendente» de Kandinsky non pode intresarme máis que isas obras que fan os rapaces esmagando cabezas de moscas na doblés d'un papel. Frank Marc xa é outro cantar; iste artista, morto na guerra, era o máis xurdio representante da fraución sudalemana e o máis outo artista do Espresionismo; o seu cadro representando catro cabalos e un cachiño do arco da vella é a mellor obra nova que levo fitado: todo parece de vidro trasparente tintado de azul e alumeado pos detris. Dispois poden mencionarse a Otto Müller, Erich Heckel e Kirchner, Paul Seehaus e Lyonet Feininger, co-as suas concomitancias cubistas, e Oscar Kokoschka esmagando macarróns cooreados riba d'un lenzo...
Lémbrome d'aquil emperador da China que mandou queimar todol-os libros pra que a Estoria escomenzase co seu reinado; mais os letrados xuntáronse no bosque e deprenderon de memoria os libros, asegurando d'iste xeito a tradición oral. Tamén moitos alemás, com'os letrados da China, andan deprendendo, ás agachadas do mundo, algo máis que libros, pra poder continuar-a sua tradición.
Nin que decir ten que topei con médicos que veñen deprendendo técnica. Os condenados saben moito, moito. Están tan afeitos á mirar microbios que chega un á pensar que os viron e que existen de certo. Están tan afeitos á ollar polo microscopio que non poden falar d'un cancro sen chamarlle «bonito caso». Os condenados saben moito, moito. ¿Qué estás doente? Pois sácanche cantas cousas poidan do teu corpo, lévanas ó laboratorio e dispois xa saben de que mal sofres. Con todo, estes namorados do experimento semellan unha carta amorosa escrita á máquina. Eu desexaría cabo de min un vello médico, simpático, que fixera rir á miña nai e á miña dona cando sofrisen ó pé do meu leito. Eu teño presentimentos de que ha matarme un sabio.
¿Sabedes como lle chaman ós omnibus que rodan pol-as ruas, cheos de estranxeiros que veñen visitar Berlín? Pois chámanlle o «carro dos parvos».
Da caricatura moderna non hay nada nos Museos e cométese unha inxusticia. Certo que os grandes caricaturistas alemás crearon o Simplicissimus e non seria ben consagrar oficialmente un ataque ás institucións políticas e sociais que aínda reinan hoxe. Con todo a caricatura enxendrou o moderno arte do anuncio co-as suas simplificacións eispresivas e as suas sintesis de coor. Do arte do anuncio e do decorativo sintético, nascido do humorismo, xurdiron os pais do Espresionismo. Todos sabemos que o arte xaponés ó chegar á Europa desdoblouse nas dúas calidades que ten, e o decorativo influíu na pintura e o eispresico criou a moderna caricatura. Istas dúas calidades viviron arredadas e ó xuntárense aparece o que agora chaman Espresionismo. Dispois de todo non haberá humorismo no arte novo da Francia nin da Italia; pero eiquí hain-o. A caricatura é un arte espresionista e a caricatura (non a tradución abreviada das cousas senón a interpretación arbitraria das eispresions das cousas) é un arte amparado pol-a teoría do Espresionismo. O que pasa é que a caricatura quer ser un arte grande e rilou co anecdótico, mercou pinceles e lenzos e agora fai cadros de Museu... Con todo ninguén poderá convencerme de que unha libra de lan pesa máis que unha libra de plomo.
O gran Pazo do Kaiser Guillermo está pechado agardando a volta do dono. Amorosamente ábreno alguhas veces pra que se ventile.
Pasei o domingo en Grunewald fartíndome de Natureza. Nas espesuras do bosque sintense risas e bicos; é que a mocedá de Berlín xoga ós paxaros nos días de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716325.xml
NOS
2
lus perpétua e única, él diralles verdades que lles revelarán os segredos en que se asenta a grandeza do Arte, fundamentos mais maravillosos que os da mística cidade do Apocalipsis.
De Agustín López Mirás —que denantes traballou nas portas de San Francisco o Grande, de Madrid, e de Mirás fillo, os dous composteláns, os dous bós escultores, como o declararon as catro obras que presentaron na exposición ferrolán, pódese dicir, que, ollando o seu labor se decata un ben da sua devoción ao glorioso Santo dos Croques.
Que Mateo os goberne e alumee, que ben pode, e non soio a eles, sinon a todos cantos se axuntan hoxe, poñendo as suas almas e actividades no ideal que frorece en cousas de tan bon xeito como foi o finado Segundo Salón Ferrolán de Pintura Galega, do ano de graza de mil novecentos vintedous.
Bello Piñeiro.
Porto do Seixo, Outono 1922.
AS NOSAS PUBRICACIÓS
O Boletín NÓS, que leva no seu programa construtivo da cultura galega o empeño especial de faguer «un estudo piedoso e devoto, cheo de sinceridade, de todol-os valores galegos, dos nosos calores tradicionais, e mais dos valores novos», vai emprender agora unha obra de verdadeira utilidade, coa que conta faguer un servizo bó a cantos s'interesen pola Historia de Galiza. Tal ha ser a pubricación, que principará no número que ven, de total-as FONTES ORIXINAES PR'A HESTORIA DE GALIZA das que sairán catro páxinas, fora de texto, en cada número, co-as que se poderá formar colección aparte, ademais de que, tiraranse, polo menos, 510 eixemprares mais, pra faguer co-iles colección que sairá en libro.
Pra esta obra, deu alento e axuda o eminente patricio galego Don Manoel Portela Valladares, quen d'iste xeito quixo contribuir á renacencia da cultura enxe-
bre, dando a Galiza unha obra que porá nas maus dos qu'estudan, un soberbio instrumento de traballo, atorrándolles o d'andaren buscando n-unha chea de pubricacións espalladas, perdidas moitas d'elas, e qu'agora atoparán xuntas e dereitamente utilizabres.
N-esta pubricación, que principará no número que ven, co-as Fontes da Historia Antiga, escomenzando pol-os textos dos escritores clásicos que s'ocuparon da nossa Terra, colaborarán os señores:
DON RAMON OTERO PEDRAYO,
Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto d'Ourense.
DON FLORENTINO LOPEZ CUEVILLAS,
Director da Sección Arqueolóxica de «NOS», e
DON VICENTE RISCO,
Profesor de Historia na Escola Normal d'Escola-
ntes d'Ourense.
Cantos queiran coñecer ben o pasado de Galiza, deben ter a nossa colección de FONTES ORIXINAES
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571639.xml
NOS
arte da coor pol-a coor, da música pol-a danza; un arte que se comprende moi ben dispois de botar a bordo un litro de champán. O degoiro d'un arte novo faime amar cantas obras sorprenden o meu espírito e axiña me fartan e quedo engullado coma un rapaz que se atracou de tarta. A ledicia de sacal-os pés dos zapatos novos que mercamos hoxe pra metel-os nos zapatos usados que levabamos onte, é perdoando a comparanza, a ledicia de sair do arte novo pra meterme no arte cello.
No «Kronprinze-Palais» está arrombado o Museu de arte novo. Monet, Pissarro e Sisley, recollendo impresións de Natureza co-a intención posta no espectador da obra; Seurat, o técnico, e Signac, o adoquinador, van preparando os nosos ollos. Catro Salas de Van Gogh e alguns cadros de Paul Gauguin sirven de ponte pra entrarmos de cheo nas salas do Espresionismo. Ó entrar recibin unha mascada nos ollos, dispois mirei e comprendin... Certo é que foron preparándome pra entrar no Espresionismo; mais tamén é certo que, ó desandal-o andado, foron preparándome pra sair á rua. Camiño do restaurant merco un xornal que trai unha caricatura representando un pintor espresionista que pensa diante d’unha paisaxe: —Eu debo estar doente. ¿Pois non vexo que a herba é cerde?...
Non hay obra que non poida ter a sua xustificación teórica e o Espresionismo ven sendo un esforzo defendido por outro esforzo. Ten tanto de invención a obra como ten a teoría. A obra non está limpa; mais a teoría ten alguns inxertos semitas. Na xerga estética de hoxe os pasatístas alcúmanse naturistas e os futuristas, chamados espresionistas, teñen por lema de guerra iste berro absurdo: ¡Lonxe da Natureza! Mais eu non lles dou creto: os alemás non poden fuxir da Natureza, coma os italianos non poden fuxir da Esto-
ria, coma eu non poderei endexamáis fuxir de min mesmo.
As supersticios centíficas do século XIX non puderon esmagar a preestórica necesidade metafísica de Xermania e a vella alma do Gótico trunfa de todol-os racionalismos e materialismos que a tiñan aferrollada. O Espresionismo é unha reaución cicais saludabel contra do Tecnicismo e siñifica unha volta ós tempos medioevaes. O instinto de espresión responde ó despertar en Alemaña dos sentimentos relixiosos e non rifa de todo co Impresionismo xa que o colle coma instrumento de representación pictórica, enoblencendo-o pol-a volta ó espírito do gótico. Dous artistas foron o cumio do Impresionismo e representando o remate das derradeiras posibilidades do arte visualista, representan tamén o empezo da renovación artística. Foron: Cézanne, devanceiro dos cubistas, e Van Gogh, devanceiro dos espresionistas.
Onde primeiramenie se sinteu a necesidade de espresal-o sentimento foi en Dresde, pol-o esforzo de Pechstein, y-en Munich, pol-o esforzo de Kandinsky. A teoría tivo que estirarse en vaguedades filosóficas pra poder unificar c’unha mesma xustificación as dúas tendencias. Por iso unha chea de pintores ensayistas de calquera sitio do mundo, que sacan obras da sua cabeza com’as arañas o fio do cú, empezan a chamarse espresionistas... ¡Canté!
No «Konprinzen-Palais» puden ollar das mellores obras espresionistas. Max Pechstein, ademirabel de coor, semella sere fillo de Gauguin e neto de Van Gogh; como sabe pintar canto quer, non rifou co-a Natureza. Kandinsky rompeu as suas relacións co-a Natureza y-eu non podo nin quero entendel-o; se ademitimol-o arte que «xurde da y-alma, a onde non chega nin tan siquera o conceuto das cousas» espoñémonos a que calquera poida cha-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716323.xml
NOS
tibre influencia da terra de Lugo sobor do seu temperamento artistico — outro pintore de Lugo, Xesús R. Corredoira, ten tamén nos seus cadros un fondo senso dramático da natureza— pro sea do xeito que queira, o certo é que os ousesionantes paisaxes de Castro Gil semellan mesmamente feitos pra poñelos de comentario gráfico aos contos de medo e de invernía da nosa montana, pois c'os seus respetosos e retortos carballos chantados ante feros penedos, e a sua misteriosa luz de brétema, cadrarian moi ben de fondos aas hestorias de agoiros, encantos, demos e defuntos, leas de mozos e trixas de lobos.
Contrastaban no Salón ferrolán co'as augafortes de Castro Gil, catro dondos paisaxes (oleos) de Manoel Abelenda, nos que iste amostrábase namorado da tran quia lus dos seráns galegos, nos dias craros en que o nordés é como un ledo aloumino. N'un d'aqueles cadros atinou xenialmente a interpretar o alampar do sol na i-auga, n'un contralús ao debalo da tarde. Nos outros, as horas próusimas ao solpór, cando hai unha lus rousada nas outuras e no fondo das valgadas vanse somido as árbores na penumbra que dulcifica as fortes entonacións verdes e lles fai deitar acordes cromáticos de inefabre finura. Ao lonxe, o mar cruñés, de un azul de estividade, pero rompendo decote un pouquiño, coma si marmulase unha adevertencia grave.
Istas pinturas de Abelenda son outimistas, mais apesar de que nos falan do gozo de vivir n'un pais fermoso. lles non falla tampouco ise deixe de malenconia maina que éa nosa pintura o que a donda infleusión do acento e a fala galega. Pictóricamentes, istes cadros áchanse tratados con soltura e gracia, o toque é nervoso, o empaste forte, a cooración intensa e moi desencartada en finos matices. A sensación de lumiosidade está deliciosamente abranguida. En conxunto a obra de Abelenda responde a un temperamento esencialmentes pictórico e, ainda con mais precisión, coorista.
Imeldo Corral presentou n'ista exposición once paisaxes (oleos). Antre eles destacábanse principalmentes “O serán na praia”, “A ermida”, “Choveu no val e volverá a chover” e “Raiolas”.
Tense crasificado decote a Corral como pintor impresionista. Isto é certo en canto que o seu xeito de apreciar a natureza encaixa drento da conceución do impresionismo francés. Os cadros que mandou ao II Salón están pintados soltamente, con moito brio e fortemente empastados. A nota domiñante n'eles é a preocupación da lumiosidade, sobor de todo en “O serán na praia”, obra de unha extremada finura de coor. “Raiolas” amostra unha grande virtuosidade de fautura; “A ermida” é unha versión da malencónica paisaxe galega tratada en belos grises. En “Choveu no val”, pintou Corral de fondo un curuto de montana empenachado de rachis de brétema, que evoca fortemente un momento moi carauteristico das nosas paisaxes. E finalmente en “As torres do mar” semella amostrarmos unha creación imaxinativa, aspeuto que rara vez cultiva iste autor de temperamento sinceiramente naturalista.
Outro artista que aceutou para algunha das suas obras normas xenuinmente impresionistas, é Seijo Rubio. En “Cantón de Porlier” anotou un momento tipico da vida cruñesa. Formas e tonos locaes áchanse supeditados n'iste cadro aa expresión do instante de lus, aa notación expresiva do momento escollido. Mais a fautura é sinxela sin producirse c'os centificos recursos de execución peculiares do impresionismo e do neoimpresionismo. N'iste, no mesmo que nos outros dous cadros que Seijo Rubio trouxo ao Salón (“Cañada do Mandeo” e “Val de Barcia”) se alusca a luita pra enlazar a teoría que fai da lus o principal asunto do cadro co'a tendencia instintiva de expresar diante de todo os rasgos carauterísticos da terra amada. Levado do seu ardor, o artista analiza concenzudamente a estrutura topográfica, pondo n'elo o mesmo inxelo agarimo que un dos nosos poetas crásicos pória en desquirbir un curruncho montanés, amado e fermoso.
“Eucaliptus do campo da Victoria”, outra das obras (todas oleos) persentadas por Seijo Rubio no Ferrol, xunta aas calidades referidas un simpático empaque decorativo.
Teño entendido que, deica agora, non tina enviado cadros a ninguha exposición de Belas Artes galegas o pintor Lois Dominguez Tenreiro, rapaz de 17 años. Un soio oleo que mandou a iste Salón abonda pra que se lle considere como un dos in-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571634.xml
VINOS GALLEGOS
FINOS
DE MESA
D. BAUTISTA LÓPEZ VALEIRAS
VIGO
ESPAÑA
MARCAS DA CASA
Tintos:
Riveiro MEDOC
Fino de mesa VIEJO
Clarete PEARES
Blancos:
TOPACIO
Especial para ma-
riscos.
Tostado del Rivero
As persoas de bon gusto e que se precian de patriotas,
prefiren o
CHAMPAN "GALICIA",
por ser tan bon como o millor extranxeiro, e ser ESPAÑOL
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/11571632.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA, ÓRGÃO DA SOCIEDADE “NÓS”
Diretor:
Vicente Risco
Segredario da Redaucién:
Xulio Gallego
Xerente:
Arturo Noguerol
Redautor Xefe:
Xavier Prado (Lameiro)
Sub-Xerente:
Alfonso V. Monxardín
Redautores:
Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Lousada Diégues, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas, Leuter González Salgado.
Colaboradores:
Teixeira de Pascoaes, Johan V. Viqueira, Philéas Lebesgue, Antón Villar Ponte, Wenceslao Fernández Flórez, Xaime Quintanilla, Antón Noriega Varela, Gonzalo L. Abente, Manoel Banet Fontenla, Lois Pena Novo, Eladio Rodríguez González, Marqués de Figueroa, Antón Palacios, Leonardo Coimbra, Amador Villar, Álvaro Cebreiro, Alexandre de Córdova, Xulio A. Cuevillas, Victoriano Taibo, Xulio Prieto, Farruco Lamas, Euxenio Montes, Fernández Mazas, Souza Aguiar, Cunha Barros, Xan Aznar Ponte, F. Bouza Brey, Lois Huici, Ramón Villar Ponte, Handicap, Roberto Blanco Torres, Primitivo R. Sanjurjo, Xosé Viso (Goal), Francisca Herrera Garrido, Hernani Cidade, Camilo Díaz, Manoel M. Risco, Francisco Luis Bernárdez, etc.
DIRECIÓN E REDAÇÃO:
Plaza do Ferro, 6
ADEMINISTRACIÓN:
Padre Feixóo, 12
ABONAMENTO
Doce números, na Península ..... 6 ptas.
Na Arxentina ..... 6 pesos
En Cuba ..... 3 dolares
Números atrasados 3 ptas. Número sóto 1 pta.
Este boletín non publica mais eviñdas que os que foron directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas a-eles emitidas, nin sendo dos que por non iren rubricadas, enténdese que son da Redacción.
SUMARIO
Manoel Murguia, pol-a Redacción.
Do meu diario, por Castelao.
Papeletas cervantinas a o marxe de Galicia, por Xaquín Arias Sanxurxo.
Arqueoloxía.
A pintura galega, por Bello Piñeiro.
As nosas publicacións.
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, pol-a Redacción.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3f6b/3f6b77bb-8907-4f41-8357-8e691083b35b/115716333.xml
AUGAS MINERO-MEDICINAS, BICARBONATO-SODICAS
MONDARIZ