Cargando...
Pintos Lois, Octavio
1969Fillo de Román Pintos, da familia Pintos de Pontevedra. Funcionario de Facenda, tivo varios postos neste organismo, en Ponteverda e fóra de Galicia. En 1921 formou parte da Comisión organizadora da Sociedad Filarmónica de Pontevedra. Colaborou con Antonio Iglesias Vilarelle en temas arqueolóxicos como a visita que fixeron en 1923 ao petroglifo "Chan das Cruces" que se plasmou en artigo na revista Nós (n. 16 1923). Foi socio protector do Seminario de Estudos Galegos. En 1931 é nombrado vicesecretario do Club Marítimo de Pontevedra, e bibliotecario do Casino da mesma cidade. Casa en 1931 con Manuel Pinilla del Pozo, tamén funcionaria da Delegación de Facenda en Pontevedra. Morre en Pontevedra en 1969.
Detalles
| Lugar de nacemento | Pontevedra - España |
| Lugar de falecemento | Pontevedra - España |
| Actividade | Facenda pública |
| Filiación | Liceo Casino (Pontevedra) , Sociedad Filarmónica de Pontevedra , España Ministerio de Hacienda. Delegación de Pontevedra , Seminario de Estudos Galegos |
| Ocupación | Funcionarios |
Presenza na revista
http://gnoss/3F6B77BB-8907-4F41-8357-8E691083B35B
Artigos
Seición arqueolóxica
por Iglesias Vilarelle, Antonio, Pintos Lois, Octavio
Ano IV Número 16 (1923); p 13