Bello Piñeiro, Felipe

1866 - 1953

Foi un pintor galego.
Personalidade de enorme interese plástico e intelectual, posto que nada relacionado coa cultura lle foi alleo, e en moitos aspectos influíu decisivamente, como, por exemplo, na divulgación da louza de Sargadelos.
Fórmase plasticamente na Escola de Artes e Oficios da cidade de Ferrol con Eduardo de la Vega e Vicente Díaz. Posteriormente trasládase a Madrid para seguir os cursos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. A súa inquietude espiritual lévao a relacionarse con outros artistas. Cando apenas ten 20 anos fai amizade cos irmáns Zubiaurre y Solana. Relaciónase con galegos notables como Castelao, Asorey, Curral etc., e asiste a faladoiros onde destacan Emilia Pardo Bazán, Sotomayor, Lloréns ou o arquitecto Antonio Palacios. Comeza a súa tarefa de ilustrador e deseñador gráfico, que terá importancia considerable na súa obra. En 1912 organiza a primeira exposición rexional de pintura galega en Madrid.
A súa primeira exposición individual data de 1913, en Ferrol, onde asenta o seu interese pola paisaxe, con grande éxito de venda, axudado por Seijo Rubio.
En 1917 regresa definitivamente a Galiza, instalándose de novo no Seixo. A partir destes anos a súa obra intensifícase, sempre no mundo da paisaxe, e dáo a coñecer en ámbitos galegos de Suramérica.
Comparte a pintura coa decoración mural, de ambiente post impresionista ou eminentemente modernista, a base de grafismos exquisitos de inspiración floral, e traballa na catalogación completa de Sargadelos, que publica en 1922.
O seu traballo segue sendo intenso na ilustración, a decoración e o cadro de cabalete, así como en actividades xornalísticas e de investigación histórica e plástica. A súa paixón pola paisaxe lévao a fundar a Sociedade de Amigos de Paisaxe Galega, en 1927, con sede na súa parroquia de residencia.
A última etapa da súa vida é dura e difícil, agravada polo abuso do alcol, que o leva a crises neuróticas. A pesar de todo pinta constantemente, unha ampla serie de nocturnos, ata a súa morte, á idade de 66 anos.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Bello Piñeiro, Felipe

Detalles


Lugar de nacemento Mugardos, A Coruña - España
Lugar de falecemento Mugardos, A Coruña - España
Actividade Pintura , Modernismo , Iustración de libros , Impresionismo
Filiación Real Academia de Bellas Artes de San Fernando , Escola de Artes e Oficios de Ferrol , Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario , Partido Galeguista (1931-1950)
Ocupación Pintores , Ilustradores

Presenza na revista


http://gnoss/3F6B77BB-8907-4F41-8357-8E691083B35B

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Bello Piñeiro, Felipe

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IV Número 16 - 1 febreiro 1923