https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572357.xml
EN COL DA POESIA BÁRDICA
A POESÍA DE CORTE NA IRLANDA E MAIS EN GALES
Pol-o Prof. J. Vendryes,
da Academia d'Iscripcióa e Belas-Letras.
Unidade da Céltiga precristiana
Os poetas oficiais ou poetas de corte
Na sua *Historia da Galia*, M. Camille Jullian ajuntou todol-os testemoios que nos deixaron os Antigos en col da actividade intelectual dos Galos. Sabemos qu'era moi viva e que produciu unha abondosa literatura poética.
Por disgracia, d'esta literatura non quedou nada, nen tan xiquera a espranza d'atopal-o mais pequeno rastro. Porque os Celtas da Galia non escribían; as suas producións poéticas perdéronse polo-o tanto pra sempre.
Mais os Celtas da Gran Bretaña e mais d'Irlanda ofercen na sua literatura algo con que compensal-a perda. Non compre demostral-a unidade primitiva do mundo céltigo. As reaccións étnicas e linguísticas antre Galos, Bretós e Gaels están hoxe exactamente definidas. Ora, perante toda a Idade Meia a poesía foi cultivada ant'os Celtas insulares, e en condicións tan semellantes ás qu'os autores antigos siñalan ant'os Galos, que podemos considerar-os poetas d'Irlán-da e de Gales coma continuadores d'una tradición que recúa deica o tempo da unidade céltiga.
A tradición que jungue o céltigo insular co céltigo da Galia, é moito menos un feito de lingua do qu'un feito de civilización. Mantivose porque representaba unha institución social.
Esta institución é a dos poetas de corte.
Tense convido en desiñar co-iste nome unha caste de poetas, oficialmente ligados á persoa d'un chefe e exercendo onda il unha función pagada. Houbo poetas de corte nos pobos germánicos, especialmente nos Escandinavos, que probablemente tiraban o modelo da Irlanda. De todol-os xeitos, foi nos países céltigos ond'a institución produciu as obras mais antigas e mais perfeitas. Dependía alí da organización social.
Contrariamente ao «clerc», confinado no retiro do mosteiro, onde gozaba relativa seguranza, o poeta andaba misturado na vida pública e guerreira; levaba a vida desacougada dos leigos. Era un dos oficiais, un dos dinatairos do castelo onde vivía o chefe; compartía as suas cobizas e xenreiras, os seus antusiasmos e desesperos.
A poesía de corte durou o que durou aquil' mundo aristocrático, estremecido de paixóns ardentes. Sobreviveu na Irlanda ás invasións escandinavas, e resisteu ás conquistas anglo-saxoas ata o instante en qu'a aristocracia irlandesa arruinada, desmada, exilada, foi reducida á impotenza; isto non se produciu deica o comenzo do século XVII. En Gales tivo unha existencia moito mais breve. Pódese pór a sua ruína nos derradeiros anos do século XII, cando a política de Duardos I puxo fin á independencia galesa. Nos dous países, a institución dos poetas de corte
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723511.xml
A B A R C A
Por Xosé M.ª Castaño Priegue
Pra Xesús Garrido
Están murchas, sen o vento,
as velas da miña barca.
No árbore sen follas do mastil
a bandeira está aforcada.
No-hai música nos cordaxes,
nin hai escuma nas ondas.
O faro prendeu no mar
longas lumeiradas roxas.
* * *
A lua rachou as velas
cos seus coitelos de prata.
O timoel soña ventos
nun remuiño de calma.....
¡Barca! ¡Miña mariñeira!
Espreguiza as tuas azas.
Enche as velas, que o meu peito
está cheio, xa, d'espranzas.....
Bruando chegou o vento
e deulle un bandazo á lua.
A barca e o mar durmidas
fuxiron cuspindo escuma.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572354.xml
AS ARMAS DOS LOUSADAS
Por AMANDO DE MATTOS.
Aos bons amigos César Vaamonde Lores e Firmin Bouza-Brey.
Notando a divergência dos vários heraldistas portugueses ao apresentarem a ordenação das armas do apelido Lousada, de origem galega, levou-me a investigar sobre a falta de unidade nas suas descrições.
Tendo encontrado alguns elementos que, devidamente estudados, suponho aproveitáveis para basear e justificar qual seja o verdadeiro e científico critério heráldico para a composição destas armas, venho torná-los públicos, visto serem subsídios, embora modestos, para a história heráldica portuguesa e peninsular.
As armas do apelido Lousada, são compostas de Lagartos saindo das respectivas lousas.
O número, posição e forma destas figuras heráldicas, é que originaram o desacordo na representação heráldica de uma das mais antigas famílias galegas, vinda para Portugal.
No que respeita ao número de lagartos, nos armoriais portugueses há a notar dois grupos: um com um núcleo de dois, outro com três destes répteis.
Na Galiza, encontram-se, além destes dois núcleos, um de quatro e outro de seis.
Estes, porém, são de origem conhecida, pois que não passam dos dois primeiros, que numa evolução de mau desenho dos atributos heráldicos, duplicam as peças.
A esta razão há a juntar a de que, na Galiza, é corrente o porem sobre uma única lousa, em faixa, os lagartos em pala, o da direita com a cabeça em chefe, o da esquerda em ponta (Fig. 1).
Nas pedras-de-armas galegas, o mais vulgar, é o emprego de dois lagartos (1).
O licenciado Molina, ao referir-se ao número de répteis, diz apenas «unos lagartos» (2), e em plural se expressa também o mais antigo documento galego referente ao assunto de que temos notícia quando fala, referindo-se ao ano 1369, do «escudo dos lagartos» que existia no paço de Outeiro, na paróquia de Lantaño (3).
Ora, em heráldica, empregando-se a forma indefinida, tem de se compreender o número cinco, ou três. Uma simples análise ao armorial, nos convence disto.
Em Portugal, o mais valioso documento que se encontra, é a carta-de-armas de Pedro de Morais Pimentel, de 1682, em que lhe são confirmadas as armas de seus avós —um esquartelado de Pimentel, Morais, Lousada e Pegas (4).
Nesta carta, o quartel das armas em questão, tem apenas dois lagartos.
Baseados neste documento, indiscutivelmente oficial (o que não quer dizer sempre rigor heráldico) optam por este número. Sánchez de Baena (5), Braamcamp Freire (6)— abonando-se com o «Thesouro da Nobreza de Portugal» (7) e com o «Thesouro da Nobreza» (8)—e Santos Ferreira (9).
Os manuscritos nobiliárquicos nos. 433 (10) e 211 (11), da Biblioteca Pública Municipal do Porto, mostram-nos um núcleo de três peças, bem como os «Blasones de Portugal» (12).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723517.xml
NOS
estético é sen ningunha dúbida máis baixo.
Mais matinemos no Imperio, n iste Imperio. Acabo de ver, aí atrás, a croa de Calromagno esculpida en pedra. A lembrança de Calromagno —cuia misteriosa relación con Galiza é un dos mais atentadores problemas da nosa historia— conmóveme sempre un pouco. Paréceme que Calromagno ten o mesmo senso universal que Compostela: unha universalidade que s'ennobrece chamándose catolicidade. Non debemos esquecer qu'iste era o Sacro Romano Imperio, un Imperio de tal sorte trocado pol o bautismo, que somentes se pode chamar Romano pensando na Roma papal; un Imperio feudal, en moitos istantes case honorífico, incruindo Reinos, e Repúblicas, e Teocracias, e Ordes militares e monásticas, e Gildas, e Irmandades, e Feudos, e aínda Tribus. Sen dúbida é grandioso; sen dúbida estivo ben, enantes de qu'os Imperadores se sintiran Césares, e qu'a súa pompa barroca afogara ou pretendera afogar tantas cousas.
Boeno: dito eiquí de certo, eu non sinto a sugestión do Imperio. Non me sinto tan pequeno que me pasmen as cousas grandes. Mundial, eu, millor que outros. Mundialismo, cosmopolitismo, ideoloxía de Hotel Metropol coma a de Mr. Romain Rolland, emoción humana coma a de Mr. Horace G. Wells, Paneuropa e os outros Pan, e demáis delirios de grandezas de miolos amolecidos na grande urbe, aborrécenme, danme noxo e repugnancia, parécenme d'un cursi ergueito á enésima potencia. Mais se ao fin e ao cabo houbera qu'aturar unha organización internacional d'esa caste, ou semellante, eu, millor aturaba o Sacro Imperio.
O Sacro Imperio non-era, pol o menos, un ensoño de filósofos de Hotel Metropol. Anque, por disgracia, se volvera, algo tivera que se contaminar d'esas parvadas.
No fondo aínda me queda unha idea qu'ainda non puden pór en craro, na que cecáis estea a chave do problema do Imperio.
FAI QUE CHINQUES E NON CHINQUES:
Erguinme por fin do banco, chegueime deica a acera dos edificios da Messe, e collin pol a Museum Strasse. Isto todo é grandioso; é ben máis fermoso que todo o de Berlín, ten algo de París, anque máis pulcro e de millor gusto. Pasei por diante do Volksteater, neoclásico, e despois pol-a Auersperg Str. já menos grandiosa. Na segunda esquina, á esquerda, a Josefsgasse. Estreita ao principio, despois máis ancha, desigual, con escaleiras, aceiras unhas máis altas que outras, tenduchas, a redacción d'un xornal, ninguén, somentes un garda paseando.
Cheguei á casa indicada. Unha chea de letreiros todos d'asociacións e cousas do Ma gisterio. Sorte de Pazo ou quartel xeral dos metrolos. Boa casa, relativamente antiga, limpa, ben disposta, outa de teitos, boa escaleira, unha Wök-Kuche no baixo... Rubín e andiven d'un lado pra outro lendo letreiros. Perdido antre tanto Bund Band, Verband e Verein, chamei en dous sitios. N'un saleu un señor con tipo d'oficinista, de gafas, homildiño, que leeu a cédula e mandoume pra un lado. Fun ao segundo e abríu un señor mozo, outo e groso, moi apersoado, escolante segurísimo, leeu a cédula e mandoume pra outro lado.
Todo moi limpo e ordeado, mais aquelo tíñame un ar pouco simpático, frio, colectivista e pedagógico. A pedagogía, boa ou ruin —e n'istes países é da boa— non se pode ceibar en ningures d'un tono empaquetado e pedante.
No lugar verdadeiro estaba pechado; lein un papel espetado na porta onde dicía qu'estaba aberto das dez ás dúas horas. Senti-me feliz de qu'estivera pechado, de verme libre da obriga de pedir alí unha cámara... Asi e todo —hai que ver o qu'un é— se cadra por levar a concencia tranquila de ter feito o qu'estivera na miña man pra precurar sitio n'aquela pensión; e se cadra máis tranquilo de facelo cando non tiña o compromiso de quedarme s'había sitio, c'unha doblez d'intención e unha perversidade dina de castigo —perversidade contra min mesmo, a quen quería facer coma qu'iba engañar— ainda tiven o valor de picar de novo no timbre, merecendo que me viñeran abrir, e ao non ouvir resposta, baixei co corazón libre d'un peso.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723518.xml
76 Voltei pol-o mesmo camiño, e aínda me sentei a botar un pito nos jardis de María Tereixa, no mesmo banco ond'enantes estivera a cismar. Chovera, e o sol que s'estaba deitando douraba as follas dos árboles e dos buxos. Linda hora. Estaba aquelo ben; sentiase un ben alí. O corpo gorentaba o fresco, a luz e o doce ar da serán. A alma asombrábase tristeira no isolamento.
Erguinme e botei a andar. Pol as ruas do centro, cheas d'autos e carros eléctricos, perrigosas com'as de París, con mulleres fermosas e elegantes, tendas preciosas e aínda intresantes, con preciosas antiguidades, máis ou menos auténticas, teas modernas cheas de fantasía e aínda ás veces d'arte, confeitós, perfumaría que tanto estudei en Berlín, joias, e principalmente cousas de prata que lembran as de Compostela, todas con estilo e con inventiva, e ourivesarias d'un gusto especial, que semella a un tempo refinado e bárbaro, mistura de calados ou filigrás con esmaltes e pedras incrustadas, cousa d'eiquí e verdadeiramente intresante.
E vou matinando: millor era non ver estas cousas cand'un non ten... Mais eu estou ben residado a non ter... Istes son pensamentos que veñen da soedade, da desocupación, pesimismos nados de tres días d'isolamento... Débese un conformar co que ten... Compre reagir contra disto... Crar'está que diante d'un pasa o qu'un non terá endejamáis, goces que nunca un ha probar, etc... Mais iso non importa, soilo val aquelo qu'un aprecia, somos nós quen lle dá valor ás cousas. A vida de cada un é unha renuncia constante, pois somentes se pode ter isto con tal de renunciar a todo o outro... E despois de todo, igual dá... Nada importa nada.
Collin o autobús diante da Stephen Kirche, já disposto a non sair da Pensión Karolina.
Viña moi triste.
A cea non foi ruin: un picadillo frío con ensalada á mayonesa, coma o outro día, queixo e manteiga con pan centeo e froita.
Despois, traballei e deiteime. Tiña enterrado outro día.
(Continuarase).
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
ROSALÍA, CURROS E JUAN RAMÓN
Un periodista madrileño, violando a morada de silencio do andaluz universal, obtivo de Juan Ramón Jiménez unhas declaracións encol de poesía. Non hai cousa como falar de poesía, escrama gaiosamente o gran poeta; e vai respondendo ás preguntas do seu interlocutor ou ás que interiormente il mesmo se formula. Do dito intrésannos dúas cousas. Unha ista: Juan Ramón Jiménez, na súa mocedade, leeu a Rosalía e a Curros, que figuraban na biblioteca de un señor de Moguer, vello republicán. E ademais de leelos exercitou-se en traducilos. Algúnhas de estas traducións publicáronse n un periódico de Huelva. De sorte que Juan Ramón Jiménez, traductor de Curros e Rosalía. ¡Qué curioso non sería coñecer estas traducións! A outra cousa que nos interesa é a afirmación segundo a cal Rubén Darío sofriu o influxo de Rosalía, que inxustamente esquecida dos casteláns, revive no cantor americano. Ista declaración é verdadeiramente sensacional. Un non reparou endexamáis en se-
mellante cousa nin nada parello. Habería que probalo. Qué curioso sería ouvir razoar esta tesis do gran poeta andaluz que vincella inopinadamente a nosa grande lírica co grande lírico ultramariño.
R. C. C.
LIBROS
LAMEGO EN EL ARTE PORTUGUÉS, por Carlos de Passos trad. del Marqués de Lozo-ya) sep. de «Boletín de la Soc. Esp. de Excursiones», 1934.
Lamego rebelada e destruída por Trajano, reconquerida dos mouros por Fernando o Magno, logo por D. Henrique de Borgoña, aínda por Afonso Enríquez, tivo dúas épocas de esplendor: nos tempos suevo-góticos, erigida en sede episcopal no Concilio de Lugo de 510, e despois nos séculos XIV e XV, en que tivo feira anual visitada polos mouros de Granada. Decaeu coas Descobertas e cos Felipes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723510.xml
68
poesía foi o que prevaleceu na Irlanda perante toda a Edade Meia, e tamén en Gales. Mail os poetas adaptáronlle ornamentos tradicionás; arranjáronse pra introducil-a rima, a aliteración, a asonancia, n unha verba, todo un sistema de concordancias dos sons, asegún regras d'unha sutileza requintada. Co tempo, as regras fixéronse mais e mais estreitas, pois cada geración de poetas quixo superar a anterior en virtuosidade. Esta rebusca de dificuldades pra vencer na construción fónica do verso levou aos poetas mediocres ao abuso dos clichés e de ripios. Os mais abelenciosos non se souperon gardar sempre da rareza ou da escuridade. Mail-o ritmo e a harmonia chegaron antílies a unha perfeizón técnica que sen dúbida non foi superada nen ainda igualada en ningunha lingua.
Escuridade intencional da poesía céltiga
Un dos procedementos dos antigos poetas consistía en estudar o pasado da lingua céltiga pra coller d'il verbas vellas fora d'usanza que facían revivir. O arcaismo intencional se non limita á escolleita de verbas. Maniféstase tamén na construción da frase. Non habendo verbas arcaicas, pódense reemplazar por unha metáfora ou unha perifrase. Pódese dicir qu'isto fai o fondo da poesía céltiga.
Hai poetas escuros. Mais en feito d'escuridade, a poesía céltiga podería levar a palma. É escura porque tradicionalmente, os poetas quixérona manter asina. Disimula tanto coma sugire, e ás veces mais. Semella unha sorte de jogo no qu'o poeta no se descobre mais qu'o tempo preciso pra fugir cand'un coida qu'o pillou. É o jogo de Galatea co pastor que vai atrás d'ela. Niste jogo, os poetas céltigos eran mestres. A sua virtuosidade está chea de malicias e trampas.
Semellante poesía é intraducíbele, porqu'os elementos dos que tira a sua beleza se non poden trocar n-outra lingua. O tradutor non ten ainda o recurso de dala ideia do original criando, se ten talento, un poema equivalente na sua lingua. Porque as eisigenzas de cada lingua e as convenciós de cada poética non poden atopar eiquí satisfación. Hai, sen dúbida, en toda poesía un elemento de beleza musical, adautado ás condiciós da lingua e que pende nelas; mais xeralmente tamén se sostén a poesía n unha armazón lógica que se pode revestir d'unha linguaxe diferente sen deformala. A poesía céltiga non oferce tan xiquera esta posibilidade, pois n-ela falla a armazón lógica. A tradución non pode ser mais qu'un comentario que axude ao leitor do texto original na interpretación e apreciación do mesmo.
Difrencas antre a poesía grecolatina e a poesía céltiga
Non hai que xulgar severamente de mais esta sorte de poesía. Sen dúbida non s'atopa n-ela nada comparable ao que hai nos Gregos de fondamente humán, a esta civilidade, coma di Bossuet, qu'os pon tan perto de nós, e que fai as súas obras radiantes de beleza, tan outas en valor moral. Cando a poesía é un mester oficial, o horizonte do poeta ten por lindeiros os do mundo a quen ten que gustar; o desexo do éxito rápido e do proveito inmediato sobreponse a todo outro coidado. A poesía céltiga de corte está tan limitada pol os asuntos que trata coma pol-o público a quen s'endercita. Sería doado esmagala na comparación co as literaturas clásicas. Mais sería unha injustiza. Porqu'ela precura un ideal diferente; facendo prevalecer o elemento musical por riba do intelectual, e o imaginativo por riba do racional. Se esta é unha flebeza, resgátaa c'un mérito que non é pequeno: o da dificuldade. As eisigenzas da súa técnica mantiveron moi outo o prestígio da arte. Non é un mester vulgar o que require tanto estudo e apricación. O esforzo sostido de varios séculos cara un ideal artísteco, nunca deixou de ter utilidade. Crea d'adianto un ambiente favorable a quenqueira que s'erga, inspirado, d'un sentemento sinceiro ou dotado d'una imaginación poderosa.
Continuadores zelosos d'una vella tradición nacional, os poetas de corte forjaron un instrumento poético rico e matizado d'abondo pra sobrevivir á sua institución e servir a outros que non foran eles mesmos. Gracias a eles, os pobos céltigos que tiñan pra poesía dons tan brilantes teñen a sua parte nas creacións espirituais de que s'honra a humanidade. (Trad. de An Ouled).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723519.xml
NOS
Tivo industrias artísticas de carpinteiría, bordados e ferrería. No XVII fabricou mobiliar de arte, con boas obras de talla, torneado, ensambladura, etc., realizando tipos nacionais, despois de pasar pola influencia europeia e indiana; e teitos tallados e pintados nos pazos da grandeza da vila. O bordado cultívouse dende o século XVI ao XVIII, producindo maníficas pezas litúrgicas que se conservan.—En ferrería, men-ciónanse o facistal e as reixas da Sé.
Outras obras d'arte notáveis de Lamego son o caliz da Sé e os cinco painéis pintados pol o Grão Vasco que se conservou no Museu, salvados da destrución e tamén no mesmo Museu, a millor coleizón de tapices de Portugal.
Antro os edifícios, están a catedral, con torre románica, fachada gótica e o resto Renacimento, e as igrejas de Balscu máo (sec. VII ou VIII) e de Almacave (sec. XII).
O A. soupo facer en poucas páxs. unha síntese ben boa do valor artístico da vella cidade portuguesa.
O ROMÂNICO NO CONCELHO DE GUIMARÃES, por Luis de Pina, Guimarães, 1928-30.
Son varias separatas da Revista de Guimarães, nas que o A. estuda as igrejas de S. Miguel do Castelo, San Cipriano de Taboadelo, Sta. Eulalia de Pentieiros, San Pedro de Polvoreira e S. Salvador de Pincheiro. Son pequenas igrejas rurais, d'unha nave, con ouso rectangular, con arcos apun-tados debidos a reconstrucions, modillós singelos, cruces antefixas. San Miguel do Castelo pasa por ter sido a capela Real no tempo d'Afonso Enriques. Hai no pavimento cu- riosas lajes tumulares.
SUBSIDIOS PARA A ARQUEOLOGIA DO CONCELHO DE GUIMARÃES, por Luis de Pina, Guimarães, 1929, 1930.
Outras duas separatas, unha tratando de Os «Fornos da Ribeira» (S. João da Ponte) no que estuda o achadego d'ún antigo forno, que pra o A. é luso romano e servía pra cocer tella e tixolos, e que deu nome a un lugar. Ao mesmo tempo noticia o de un dinar d'ouro do tempo do emir Abderrahman, aparecido por aquiles mesmos lugares.
A outra é sobre unha Sepultura luso-romana da Lapinha (Devesa Escura), achádego casual, estudado pol o A. Sepultura luso-romana d'incineração, que forneceu muitos testos de cerâmica, anacos d'un muíño, e algún pequeno oujeto de bronze.
O CRONISTA RUI DE PINA E MESTRE ANTONIO «FÍSICO» DA RENASCENÇA, por Luis de Pina, Coimbra, 1933. (Sep. de «O Instituto»).
REFERE a um tratado en col da província de Antre-Douro-e-Minho, escrito pol-o físico vinaranense Mestre Antonio, médico do Rei D. João II, e que foi aposto ao cronista Rui de Pina, por andar junto en varios ms. coas obras d'iste. Ademais da descripção daquela província, o trabalho de Mestre Antonio contén outros curiosos tratados sobre virtudes de moitas pedras, plantas e animais, fontes, paises (como Anuenia e a India do Preste Johan) o Paraíso Terrestrial, etc.
O A. dá noticia de diferentes ms. do tratado, escrarece a personalidade do Mestre Antonio, e assegura que Rui de Pina non se apropriou indebidamente da obra, como indicara Herculano.
PEDRO JULIÃO OU PEDRO HISPANO (PAPA JOÃO XXI), por Luis de Pina, Lisboa, 1932. (Sep. do Arq. Hist. de Portugal).
ESTUDO sobre a personalidade, especialmente médica, do Papa Johan XXI, do século XIII, conhecido no mundo das letras cos nomes de Pedro Julião, Pedro Hispano, Pedro Lusitano ou Pedro Hispano Portugalense. Pedro Julião nasceu en Lisboa, polos anos 1210 a 1220; estudou meiciña en Lisboa e Montpellier, foi Deyán de Lisboa, Arcebispo de Braga, Prior de Guimarães, bispo-Cardeal de Frascati e Papa. Parez que profesou a meiciña en Siena. Apónselle o Thesaurum pauperum, Comentarios a Isaac; liber urinarum, De formatione hominis, De oculis e outros tratados médicos. Como filósofo foi mais ilustre que como médico; as suas Summulae logícales foron durante séculos texto de lógica nas escolas, e o tratado De Anima revela um grande psicólogo. O Thesaurum contén unha chea de receitas de caraute popular, moitas d'elas ainda em usanza.
«A LA SOMBRA DE MI VIDA» por Pedro Pérez Clotet. Pen Coleccio Madrid, 1935.
FRENTE a unha poesía fofa e verbalista, esta poesía chea de sustancia e de forma. Poesía d'un xeito curuscante e inxel; poesía que deleita, sin morbosidade nin luxos literarios; poesía de volumen, arquiteitónica,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572356.xml
64 NOS
que nos materiais de estudo, que me foram amavelmente facultados da Galiza, só se encontra uma lousa, geralmente retangular e raras vezes quadrada (Fig. II).
Em Portugal encontram-se duas ou três, conforme o número de répteis, mas sempre representando blocos informes (Fig. III), algumas vezes moventes (17) do bordo esquerdo do escudo (Fig. IV). Raras vezes aparece só uma. Apenas conheço um exemplar, de Trás-os-Montes, que representa uma lousa quadrada abrigando quatro lagartos que aparecem pelos seus ângulos.
Não admite discussão a superioridade da lousa retangular e solta, por melhor estilizada. Um bloco informe é demasiado realista, além de pouco próprio.
Não é sob blocos, mas sim sob lages que se acoitam aqueles répteis.
Quanto ao número, o citado Molina, valioso heráldista de quinhentos, diz também «unas lousas»; portanto, mais que uma.
E mais que uma, vem na carta-de-armas referida de 1682.
Entendo, portanto, que o mais heráldico é uma lousa para cada lagarto, conjunto este que já deu na vista a Severim de Faria, quando diz (18) «As lousas dos lagartos», ao referir-se às armas dos Lousadas.
Assim, optando por dois lagartos e por lousas retangulares, resta ver, como se devem enunciar as armas deste apelido em estudo.
Aceites as cores geralmente correntes em Portugal e já confirmadas na carta-de-armas de 1682, que, diferindo daquelas que são atribuídas a estas armas na Galiza —em campo de outro, dois lagartos verdes sobre uma lousa de prata, não deve ser mais que diferenciação tomada pelos ramos que vieram para Portugal (19), resta um último problema a estudar: qual é a peça principal destas armas?
Na Galiza, pelas cores apontadas, parece considerarem o lagarto.
Eu discordo, optando pela lousa que é a parte falante das armas e origem do apelido. Por isso devem as lousas brasonar-se em primeiro lugar, antepondo-as aos lagartos que lhe são peças secundárias.
Salvo melhor opinião e novos documentos, as armas dos Lousadas devem brasonar-se assim (Fig. V): em campo de prata, duas lousas de púrpura, retangulares, postas em faixa e brocantes, cada uma, sobre um lagarto restejante, de verde, posto em pala e linguado de vermelho.
Na Galiza não encontro notícia de timbre destas armas.
Em Portugal, de todos os autores e fontes citadas, só o rei-de-armas Francisco Coelho no-lo apresenta: um braço armado de prata, com mão de carne, empunhando um dos lagartos.
NOTAS
(1) Vejam-se, por exemplo, em «Puros Galegos», pelo Marqués de Quintanar e «Arquivos do Seminário de Estudos Galegos» —vol. IV. «Blasones de Orense», por Xurxo Lorenzo Fernández nos. 8 e 42; id. vol. III, fig. 3 de «Santa Maria a Real de Cesuris» por Xosé Ramón e Fernández Oxea.
(2) «Descripción del Reino de Galicia». —Mondoñedo—1580.
(3) Usava o escudo Garcia Estevez de Lousada dono do dito pouco que hoje existe alíada que restaurado. (Vide «O testamento de Fermín García Barba de Fraguas» na Col. Diplomática da rev. «Galicia Histórica», n.º 1, Santiago, 1901, págs. 77).
(4) «Archivo Heráldico-Genealógico» por Sánchez de Baeza. Lx® 1872. N.º LXXII (Biblioteca Eborense).
(5) «Índice Heráldico», in op. cit. nota anterior. L.º 1872.
(6) «Armaria Portuguesa», Lisbon 1906, Pág. 66.
(7) Por Fr. Manuel de Santo António, I-30.
(8) Por Francisco Coelho, 1675; fls. 46.
(9) «Armorial Português», Lx®, 1920-3.
(10) Vejam-se o «Catálogo da Biblioteca Pública Municipal de Pôrto», 3.ª fascículo. «Nobiliários» (2.ª edição). Porto, 1900; pp. 11.
(11) Id. ib. 126, e s. «Nobiliário da Casa do Casal do Paços (Arcos de Val-de-Vez)», por Fr. João da Madre de Deus.
(12) Pelo Pdr. Manuel de Magalhães, 1676 — fls. 176.
(13) Publicarei um dia os elementos que tenho sobre este assunto.
(14) Op. cit. vol. II — part. III — sv: Lagarto.
(15) Op. cit. Id. sv: Passante.
(16) Id. id. sv: Serpente.
(17) V. O Ms. n. 211 (fls. 106, da Bca. Pca. Mal. do Pôrto e as obras citadas de Francisco Coelho e a Carta-de-armas de 1682.
(18) No cit. Ms. 211, da Bca. Pca. Mal. do Pôrto, págs. 11, vê-se os cores conforme são usadas na Galiza. É interessante ver nesta iluminação, a precisa locação das peças. Como são três os lagartos, ficaram na situação normal 2 e 1.
(19) «Notícias de Portugal» Lx.® 1740 — fig. 100, e o Ms. 458 citado. Fr. Manuel de Santo António também trás uma lousa movente do bordo esquerdo do escudo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572359.xml
NOS
verbas é domiñal-as potenzas pechadas n-elas. Investido da cencia das verbas, o poeta ten todol-os poderes d'un bruxo. As suas encantacións poden desconxurar os meigallos, prever ou sanar as doenzas, retirar as calamidades qu'ameazan. Mais tamén poden atraguel-a disgrazia, ceibar andacios, provocar ruínas e catástrofes.
Como se recrutaban os poetas
A profesión de poeta, pol-as ventaxes que precuraba, buscábana todol-os que se crian capaces d'ela. Había, polo tanto, moita competencia. Mais estaba restringida por ensaios difíciles, onde tiñan sua praza as prácticas tradicionais de magia. Mesmamente en Gales, ond'a función estaba, coma se dixéramos, laicizada, non se chegaba a bardo sen ter saido ben de certas provas diviñadoras, cuia tradición recuaba deica antepasados lendarios, coma Taliesin. A profesión ganaba prestixio ao estar arrodeada de ritos d'iniciación misteriosos.
A recruta fagulase antre os homes libres; en Gales, un bardo rebaixaba a dinidade da sua arte cantando diante dos non libres. Certos membros de familias reais ambicionaron o rango de poetas. D'algús conserváronse os nomes e aínda as obras. Os de Hywel ab Owen, príncipe de Gwynedd, no século XII, revelan un dos temperamentos milor dotados e mais persoais da literatura galesa. Mais en xeral, a profesión poética tendía a ser herdamento de certas familias. Na vida dos bardos galeses hai un Gwalchmai, fillo de Meilyr; e iste Gwalchmai, á sua volta, tivo un fillo chamado Meilyr, coma seu avó; os tres deixaron poesías. Mais qu'en ningures, era na Irlanda ond'había dinastías de médicos. Sábese dos nomes de varios que ficaron adscritos profesionalmente a certas familias principescas por dous ou tres séculos. A máis antiga e soada é se cadra a dos O'Daly, cuio fundador pretendían que recibira a educación poética de San Colman, morto en 604. Mais houbo outros: os O'Higin, os O'Mulcorny, os Mac Namee, etc. nas que a profesión de poeta pasaba de pais a fillos.
O ambiente familiar, sen falar do atavismo, favorecía seguramente o aprendizaxe d'unha profesión tan especial e difícil.
As escolas de poesía na Irlanda
Os estudos duraban varios anos, perante os quales o aprendiz de poeta era iniciado na coñecencia das tradicións históricas, xenealóxicas e topográficas do país, de camiño que na práctica dos metros (cuio número pasaba dos cen) e de todol-os artifícios poéticos.
Veleiquí coma traballaban nas suas escolas os poetas irlandeses do século XV. A sesión duraba de Samhuin a Beltene, ou sexa do 1.º de Santos ao 1.º de Maio; remataba cando o cuco comezaba a cantar. O mestre levaba aos seus discípulos a edificios baixos, con paredes caleadas, lugares de recollemento e silencio. Dend'a mañá, repartía as tarefas. Os discípulos estaban fechados n-espazos sen fiestras, onde pasaban o día deitados, meditando no tema dado e pondo no metro que l'encarregaran. Chegada a noite; xuntábanse n unha gran sala e recitaban as súas composicións diante do mestre, o cal facía a crítica.
Conversión ao Cristianismo
San Columbán, apóstolo dos Pictos, era ao mesmo tempo un poeta. Fíxose d'il un defensor dos poetas pra conciliar n il dous poderes longo tempo rivais: o pagán e o cristián. A caste dos Filid, apoiada na tradición, era conservadora, e a Eirexa mirouna moito tempo con desconfianza. San Patricio tería determinado aos poetas a deixaren as suas prácticas mágicas, despois de ter obtido a homage dos máis ilustres.
Dificuldades da versificación
Os traballos de M. Joseph Loth encol do galés, de M. M. Thurneysen e Bergin en col do irlandés, son coñecidos de todol-os celtistas. Refírense á versificación e máis á lingua. Kuno Meyer estabreceu que a máis antiga poesía irlandesa era acentual e aliterada. Despois desenrolouse unha versificación, imitada sen dúbida ningunha da versificación latina da Idade Media, e que tiña por principio o número de sílabas. Iste xeito de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723520.xml
78
d'imaxen vitalista, inda c'un senso órfico da rima e do ritmo. Por riba de todo, poesía maciza, con fondas raíces e xustamente frolida. Por iste libro corre isa forza dinámica e creadora que fai o miragre da natureza e o ritmo íntimo das cousas e das formas.
A poesía de Pedro Pérez Clotet non é poesía creacionista, por mais que na ponla da verba verdeza o poema no momento en que o concepto se trasfu de en beleza. Non é tampouco poesía enerxética no senso das imaxes cruzándose n'un vértigo dislocado e amorfo. A poesía de Pérez Clotet ten un senso xustamente dinámico, como unha razón trascendental, lonxe do frío esteticismo.
Para loubar con xusteza a poesía de «A la sombra de mi vida», hai que faguer colleita no seu espréndido eido de imaxes, nas que se atopa unha forma de escelente gravedade; imaxes que a forza de erguer no seu fondo de luz os planos e as aristas, conquiren un ámbito de cántico inefabel. Non é poesía conceitista, nin hai nos seus poemas o sono de curvas do barroco. A liña sai do fondo do espírito d'un xeito natural, madura, perfeita; non percisa o pulo do cerebralismo para alar os horizontes cromáticos das figuras literarias; nin se apoia nos sarmentos do ritmo para chegar a unha beleza precisa e madurada.
Falan d'istas fermosuras as imaxes de «A la sombra de mi vida». Un feixe d'elas falará do libro millor que o meu ledo criticismo: («Te embarcas en el alba como en un río de pájaros». «Ese sol que convierte la nieve en corazón». «Sin lunas, más con dulces palomas de tu voz». «... saltando la muralla de tu carne de piedra». «... el beso se ilumine sin lunas de romance». «... con un perfil de duelo y un acento de adelfa»).
Leendo iste libro o espírito chega a ter unha paisaxe mais bela e mais leda qu'a natureza na madurez do meridiano. Nos ríos, nas árbores, nas pedras, no ceo, na lua, en todol os elementos que inventa o pulo lírico do poeta, vemos unha realidade palpitante. Pedro Pérez Clotet loita por sairse da sua propia sombra, por conquerir unha paixase na que gozar prenamente da gracia íntima do espírito. Un galego diante d'iste libro falaría de saudade; pero o autor é un poeta andaluz que de tanto ollar o ceo azul esquece a canle das pretas soedades. Loita tremenda a do poeta fronte os grandes problemas do espírito humán. Diante do amor, debátese como por arrincar dos seus ollos as somas e da sua alma as mudas voces escondidas.
Os críticos dixeron que eisiste unha gran de afinidade entre a poesía galega e a poesía andaluza. Verdade. Ninguén como nós comprende a poesía dos homes do sur. Os andaluces sinten a nosa poesía intimamente.
NÓS
Lee iste poema e xa veredes como nasce no voso corazón unha arela incontida de traducil as verbas:
«Salirse asi, en silencio, con pasos como [plumas, sin arrastrar ni un leve suspiro de tu alma. Como el árbol se sale de la tarde... Sin que el árbol lo sienta ni la tarde lo sufra».
Pedro Pérez Clotet é un dos espíritos mais senlleiros da nova xeración de poetas andaluces. Traballa decote lanzando follas de literatura, nas que ten azas o rexurdimento da poesía ibérica. Autor de varios libros que o proclaman como escritor de primeira fila. No seu pobo andaluz tece sinxelamente a tea d'una esgrevia revista: «Isla». Iste é o poeta de «A la sombra de la vida», un dos libros mais interesantes do noso tempo.
A. M. C.
PROBLEMAS METODOLÓGICOS DE LA HISTORIOGRAFÍA VALENCIANA, por V. Genovés Amorós, Valencia, 1935.
Discurso de recepción no Centro de Cultura Valenciana. O A. trata os problemas da metodoloxía histórica, asegún o seguinte esquema: I Aspectos e distincións previas. División da metodoloxía, que divide, naturalmente en parte analítica ou investigativa, á que chama erudición, e parte sintética, á que chama valoración. II Os problemas da erudición na historia de Valencia, 1, as coñecencias instrumentais (ciencias auxiliares); 2, os problemas da heurística (especialmente: a) repertorios documentais e bibliográficos, b) fontes manuscritas, c) fontes impresas e bibliografía); 3, os problemas da crítica. III Os problemas da valoración, 1, os criterios apriorísticos na historia de Valencia. a) o territorial ou localista (que atopa defectuoso); b) o nacionalista da Valencia extinta ou o nacionalista pancatalanista ou occitánico (que considera insuficientes), c) o criterio cultural (que é o que preconiza, sempre que se lle dea un senso valenciano); 2, os problemas da exposición historiográfica (preconizando, por razóns de difusión, as formas biográficas e de historia a arte).
LA COMARCA EN L'ORGANITZACIÓ INTERNA DE CATALUNYA, por Francesc Granadell, Barcelona.
A. presidente da «Lliga Comarcal de Catalunya», á que están aderidas numerosas entidades comarcais, fai n'iste discurso, pronunciado o ano 1934, unha forte alega-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723514.xml
NOS
72
ou menos cando principian a andar comen» zan tamén a articular as primeiras verbas. Hai a creencia de que non se lles deben co1tar as uñas ós rapaces, porque sinón os ru: paces tardan moito en falar ou son mudos. Pola mesma razón tampouco se deben xantar n-un soio berce a un neno e unha nena.
ENFERMEDADES. — Como xa queda dito, candu os nenos de menos de dous anos enferman, as nais e os abós atribuientlo os dentes ou as lombrices.
Pra os dentes o remedio mais adoitado e o de fregar as enxibas con azafrán e viño branco.
Pra as lombrices úsase moito o allo, ben
metendo entre as roupas d' rapaz un dente de iste bulbo, ou ben esmagandoo e poñéndolle a pasta nun pano atado és pes. Tamén pra as lombrices se dá de beber a iauga de cocer o sarro das chimen: as, pro xa hai quen sabe pedir nas boticas os polvos de San Antoniño (santonina).
Pra o estrenimento dos nenos pequenos adóitase apuntar un cañoto pequeno de berza, a xeito de un lápiz, e untado de aceite ou de xabón pónselle no ano.
Pra tos ferina teñen por gran remedio o caldo de rato.
Xose Ramon e Fernandez Oxea.
M I T T E L E U R O P A
(Proseguimento de Da Alemaña)
por Vicente Risco
II VIENA
bios auténticos que non lles intresa o seren sabios oficiás.
De que me sentei n-esta posición espirtual mente tan incómoda, espriquei todo o que demandaba. Mais tan ben coma me saira a cousa en Praga c'unhas singelas verbas, tan mal me saiu arestora co-a recomendación. Ben é certo que o Dr. Fadrus non era un Profesor, nen xiquera, se cadra, un Doutor —se o fora, poriao na carta— senón un Conselleiro escolar da cibdade (Stadtschulrat). Escoitou moi atento, e de que falei, foi en chendo con lapiz e coltando d'un pequeno blok varias cédulas, que eu fun recollendo: unha recomendación pra Lehrerhausverein (unha asociación de escolantes), VIII, Josep hgasse, 12, II Stock, pra que me deran unha cámara barata, por unha semán; outra co-as señas de dúas cociñas baratas: Wick-Kuche, 1, Herrengasse, e Mittela, Hofburg e Kohlmarkt; outra aconsellándome visitar o Niederosterreichisches Landesmuseum, Herrengasse; outra co-as señas do Volkskunde Museum, VIII Laudongrsse, 15/19; e outra co enderezo teléfónico do Prof. Hofrat Haberlandt, A. 26-6-60. Entón, vendo que non había mais, despediume. Dixome que sempre que o precisara que tora a velo.
ACHTEN SIE AUF IHRE GARDEROBE
Ainda pillei a misa de doce na Stephen Kirche, dita n-un luxoso altar barroco d'un ha das calunas, co Santísimo exposto, por un crego vello que despois da misa, reser vou e deu comuñón.
Diante d'un cadro da Virge co Neno, pintado e coas croas en releve, que hai n-un pilar do transepto, había un candieiro de ferro con moitas veliñas acesas: as dos difuntos.
Dín unha volta por afora, arredor da eirexa, vendo as maravillas d'ornamentación ajival, as estautas, Ecce Homos, releves da Paixón, do Rosario, etc., e as lápidas e escudos d'armas procedentes do antigo camposanto e postas nas paredes do domo. Un Ecce Homo de tráxica eispresión, tiña froles frescas postas ao pé, usanza d'eiqui e tamén de Praga.
Por fin fun probar un dos restaurants que me dixera o Sr. Fadrus. O do Kohlmarkt
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723524.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAPIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todos os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
GRAFICO GALAICO
Picavia, 14-2° LA CORUÑA Apartado 195
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adequira as
obras editadas por
NÓS
PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723521.xml
NOS
ción a prol do recoñecimento da persoalidade jurídica das comarcas catalanas, como base da estrutura vital de Cataluña. A comarca é en Cataluña o que eiquí chamamos n-uns casos, terra, e n-outros bisbarra. Alí, com'eiquí, estas entidades xeográficas consérvan a súa vitalidade apesares das artificiás divisións administrativas dispostas polo Estado central, formando verdadeiras rexións naturais que, como se vé por iste discurso arelan o seu recoñecemento como entidades administrativas, económicas, e aínda culturais. Hai tempo que a moderna xeografía se ven ocupando, incruso na Hispania, do estudo das rexións naturais, nas que descobre os centros vitais dos pobos. As rexións catalanas dan ademais un senso político ao asunto exigindo o recoñecemento da súa persoalidade jurídica.
PER UN ÍNDEX D'ESCRIPTORS «SUPER FORIS REGNI VALENTIAE», por Joan Benetxo Pérez, Valencia, 1935.
Tamen discurso d'ingreso no Centro de Cultura Valenciana, no que o A. oferce unha valiosa aportación bibliográfica en col dos Foros do Reino de Valencia, dividida nas partes seguintes: Idade Media, juristas e glosadores. — Reseña cronolóxica de escritores «super foris» do século XIII ao XVIII. — Caraute das «Notas super Foris». — Deberes da mocedade e corporacións culturais. Sigue a resposta do Sr. Francesc Martínez i Martínez.
REVISTAS
LOGOS, boletín católico mensual, n.º 44 na canonización de Thomas Morus, Pontevedra, xaneiro-marzo 1935
Sumario: Espello de leigos, Filgueira Valverde. Thomas Morus, Otero Pedrayo. Fortuna da «Utopía» na Hispania, Fernández Villamil. Dos peregrinos ingleses que viñan a Compostela, R. P. Crespo, O. de M. Noticiario da cultura galega.
BROTÉRIA, Lisboa, Marzo 1935.
Sumario: Mariano Pinho, A organización Internacional do Trabalho. J. da Costa Lima, O Santo Graal. Luis Chaves, Etnografía Portuguesa. Domingos Mauricio, Os Jesuitas e o ensino das Matemáticas em Portugal. E. Lombart, Documentos da Santa Sé. Manuel Murias, Um inédito de Vieira no Arquivo Histórico Colonial. Dr. A. Meireles do Souto, A Assistência Oto-Laringo-
lógica nas Aulas Infantis; sua necessidade. Revista de Revistas. Bibliografía. Obras recebidas.
BROTÉRIA, Lisboa, Abril, 1935.
Sumario: Mariano Pinho, Uma data que importa recordar. J. da Costa Lima, Aristocracia plástica. Luis Gonzaga de Azevedo, Depois das Cortes de Coimbra de 1261. Dr. José Leite de Vasconcellos, A mãe dos deuses. Luis Chaves, Etnografia Portuguesa. Armando de Mattos, A propósito do meio-tornés de D. Fernando. J. Antonio Leite, Tomismo e Aristotelismo. Serafim Leite, Bartolomeu de Gusmão, o Padre Voador. Antonio Hilckmann, Espíritos que buscam a Cristo. Revista de Revistas. Bibliografía. Obras recebidas.
TUDE, revista editada por los estudiantes de Bachillerato del Instituto de Tuy, Abril 1935
Sumario: Nuestra Revista, J. Ferro Couselo. El sueño de los alquimistas realizado?. Mercedes da Vila Bela, Alberto González Varela. El formalismo en la Escolástica, J. F. Camino de Santiago, Emilio Blazquez. El niño quiso ser mar, Amalia Novás, Manuel Rodríguez Ucha. Lembranza. Don Manoel Lago González. Memorandum. Grabados: Portada, Pedro Díaz Alvarez, David, (Pórtico de la Gloria de Santiago), Álvaro Álvarez Blazquez.
Revista de rapaces interesante pol-as disposicións e o entusiasmo que revela, e que saudamos coa meirande simpatía, desexándolles persistan na laboura.
REVISTA DE ESPIRITISMO Lisboa, Julho-Agosto 1934
Sumario: Metapsiquistas e Espiritistas, Faure da Rosa. Factos supranormais. A sombra do Espiritismo, A. C. de Moura. 5.º Congresso Trienal da Federação Espirita Internacional. O caso «Fernando de Lacerda», Sousa Couto. Pelo mundo da Metafísica, Faure da Rosa. Crónica Estrangeira, Isidoro Duarte Santos. Noticiario.
Setembro Outubro 1934
Sumario: A necessidade da utilização da psicoterapia, Pedro Cardia. Porque acredito na sobrevivência, Oliver Lodge. Firmino da Assunção Teixeira. 5.º Congresso Espirita Internacional. Fernando de Lacerda, A. C. de Moura. Factos Supranormais.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572353.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XVII ★ Ourense 15 de Abril de 1935 ★ Núm. 136
R í 0
Por Augusto María Casas
Rio, de tanta voz, río valeiro,
dispido, mudo, de perfil de lume;
azas do vento, ti, sin ser arume;
do teu sabor mazá, verde lameiro.
Corda a vibrar co corazón enteiro,
río de claridade, índice, cume,
deitado en aristorio, nervo e gume,
metamorfósis pol-o val lixeiro,
Froitos de fartas agras te conquiren,
qu'en esquezos d'escuma multipricas.
Faste arista de lús para ir ao ceo.
Verdes lameiros a tua carne firen.
Río valeiro, que inmorrente ficas
deixando de canciós o campo cheo!
1935.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572355.xml
NOS 63
Diz a tradição, através dos vários autores que a tal se têm referido, que a família Lousada, galega, teve sua origem em dois irmãos que libertaram a região de Querroga, de uma invasão de lagartos, que muito prejudicavam a agricultura e os habitantes do lugar.
Não quero apontar o facto, como argumento definitivo, mas apenas como de curiosa coincidência. Muitas famílias nobres apresentam em suas armas, tantas peças heráldicas principais, quantos os irmãos que lhes deram origem (13).
No caso do aparecimento de três lagartos, a ter algum visco de verdade a referência feita, teria por causa o facto desta família vir para Portugal, em tempo de D. Afonso V, na pessoa de três irmãos: João, Henrique e Gonçalo de Lousada.
Porém, ve-se que entre nós prevaleceu o número dois, mesmo na carta de 1682.
Assim, e em resumo: na Galiza, o mais usado é o núcleo de dois lagartos; em Portugal também, e mesmo no campo absolutamente oficial.
Concluo, pois, esta primeira parte, por optar pelo grupo de dois lagartos.
Assente o número de répteis, vamos ver a posição destas figuras heráldicas.
Diz Santos Ferreiro (14), que o lagarto se representa sempre de perfil e passante.
Não sei onde este heraldista se documentou para escrever isto. É possível que se baseasse só nos documentos nacionais, que poucos são e que, certamente, derivam todos de uma fonte anterior, que não representasse icónicamente as armas, mas simplesmente as brasonasse.
O citado heraldista, por certo, deixou de ver elementos do país de origem do apelido em estudo.
É possível, ainda, que fosse encostado às armas do apelido Lagarto, que ele viu no Livro da Torre do Tombo, e onde as três figuras estão passantes e de perfil.
Não quero, porém, discutir, se são ou não as armas dos Lousadas.
Sobre as do apelido Lagarto, só direi que não acho do melhor arrumo heráldico as figuras assim ordenadas.
Em compensação, na Galiza, origem dos Lousadas, não encontrei um único documento em que o lagarto seja representado de perfil, mas sim espalmado.
Basta a dificuldade que há em representar, numa boa estilização, o lagarto de perfil, para nos convencermos de que é muito mais natural e heráldica a posição que eu defendo.
Mais natural, porque é a forma mais expressiva de desenhar o réptil saindo de sobre a lousa; mais heráldico, porque um lagarto não pode representar-se passante (15) que é a forma de mostrar o animal em atitude de andar. E o lagarto não anda, rasteja. Também a cobra, outro réptil heráldico, se desloca ondulando, pelo que se brasona ondulante e em pala (16).
Lógico, pois, que ele seja representado em pala e rastejante.
Neste ponto também a minha fraca opinião, diverge dos ilustres heraldistas citados.
Outro problema é o número e formato das lousas.
Seguindo o mesmo processo comparativo, usado com o comentário aos lagartos, direi
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723513.xml
NOS
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
FOLK-LORE ENCOL DOS NENOS
No número 99 de esta revista publiquei algunhas noticias encol do folk-lore dos aenos na bisbarra de Cariño, que foron recollidas pol-o culto menciñeiro de aquil porto D. Alejandro Carreño, a quen tamén debo as que van a seguido. Sirvan estas liñas de testemuña do meu agradecemento.
O NACEMENTO.—A muller que está embarazada non debe comer fresas, nin percebes, nin lenguado, nin raia, mais si o fixera, debe coidar que non lle choute a i-auga de istes alimentos porque d'aquela sairá o neno lixado con nevus e outras pigmentacións nos lugares correspondentes a aquiles onde lle caiu a i-auga a nai.
Tampouco debe comer lebre, nin coello pra que o rapaz non naza fachado, é decir, co bico leporino. Debe privarse a nai de pasar baixo de cordas, según unhos, ou por riba, según outros, pois entón nacería o cativo coa lingoa presa pol-o cabestro ou frenillo.
No parto é asistida a parida pol a sua nai ou por outra muller que por xa ter asistido a outras sabe o indispensabel para recoller o recién, cortarllo o cordón e atarllo.
Pra axudar a parida danlle fregas no ventre con aceite e ruda; fanlle tomar grandes cantidades de caldo limpo, no que botan manteiga d'abondo, e tamén lle dan viño fervido. Aconséllanlle que non berre pra que non se lle vaia a forza, e cando o parto se retrasa din que debe estar a matriz atravesada diante, e pra separala queiman sobre unha sella algunhas prumas de perdiz.
Despoixas de ter nado o neno e cortarlle o cordón, atan a unha perna da nai o cabo que vai a placenta, pois teñen medo que se lle volva pra dentro. Pra axudar a botar a placenta, en algunhos casos póñenlle a boina de un home, e outras vegudas fanlle soplar n unha botella.
Tan aixiña como a placenta ten saido enfaixan a parida con unha sábana ou toalla, e sin lavala nin tomar mais precaucións, ofré-
cenlle de contado caldo de galiña con manteiga e ainda llo fan tomar a forza.
Cando sobreven unha hemorraxia xuntan todol-os ferros e cousas de peso que haxa na casa e sin que se decate a enferma tiranllos baixo da cama con gran estrondo pra que co susto se lle corte.
Con todo, si o parto non é normal e a cousa se presenta grave, chaman o menciñeiro.
Asi que nace o rapaz lávano e báñano botando un dente de allo dentro da i-auga. Tamén se adoita a darlle unhas fregas con allo, dispoixas do baño, pra que se morran as lombrices, pois coidan que xa nacen co neno.
O BATEO.—Si o crego se trabuca ó bautizar a criatura e o unxe con óleos da extremaución, o rapaz terá dispois visiós.
O BERCE.—Os tipos mais adoitados son tres.
Non debe arrolarse estando o berce valeiro, porque entón ven o trasno a deitarse n-il. Tampouco é ben que se sente no rolo ningunha rapaza solteira.
VESTIDO.—O mais usual é unha camisifia, i-enriba unha chambra ou xubón de franela, a faixa e o pañal doblado pola diagonal, e posto de xeito que as puntas de ésta pasen pol-a cintura, e as outras, por entre as pernas. Despois envólvese n-unha baieta e todo n-unha manta, mautón ou pano, seg a posición da familia.
ALIMENTACION.—Moito antes do tempo comen do que non deben. Ó nacer danlle os rapaces chocolate crudo; os dous ou tres meses, papas, sopas e pescado, e o ano xa comen de todo sin perxuicio de que a nai lles siga dando de mamar en todo este tempo.
CRECEMENTO E DESENROLO.—Os nenos comenzan a andar, pol o xeral, arredor dos dez meses. A época da dentición varia, e os dentes bótaselles a culpa de casi todal-as enfermidades dos rapaces. Pouco mais.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572352.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCION:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península 8'00 pesetas
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n'eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
Río, por AUGUSTO M.ª CASAS.
AS ARMAS DOS LOUSADAS, por ARMANDO MATTOS.
EN COL DA POESÍA BÁRDICA, polo Prof. S. VENDRYES.
A BARCA, por XOSÉ M.ª CASTAÑO PRIEGUE.
MISCELÁNEA, por A. DAS CASAS.
ARQUIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA.
MITTELEUROPA, por VICENTE RISCO.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723523.xml
Dr. Amancio Caamaño
SANATORIO QUIRÚRXICO
Pontevedra
suscríbase a
semanario gallego de izquierdas
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157235&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/11572358.xml
66
desenrolouse en condiciós semellantes: tra dición no exercicio da función, tradición no recrutamento e no aprendizage, tradición na técnica mesma do mester, veleiqui ond'estaba a forza da istitución.
A función leva un nome, o de «bardo», que serve aínda en galés moderno pra desiñar un poeta. É un nome moi antigo, común a to dol-os Celtas, pois asegún o testemoio de Suidas, os Gálatas empregábano tamén. Era usual na Galia, coma o proba o soado após trofe de Lucano:
Plurima securi fudistis carmina, bardi.
Na Irlanda é tamén ben coñecido. Coma función de poeta herdabase amiudo, un nome de persoa moi esteso é o ne Nac an Bharat, «Fillo de poeta», que pasou ao inglés ordinariamente baixo da forma de Ward ou Nacward. Mais a verba «bardo» n-irlandés caiu na usanza banal. Coma termo oficial e técnico, foi trocada por outra verba, fili (pl. filid), que en gaélico quería dicir «vedoiro» (britónico Gweled) ou sexa que desiñaba o home inspirado, favorecido por unha visión mais lúcida. Oposto a fili, a verba bard chegou ás veces a desiñar un poeta inferior. Non se trata d'un troque de termo, senón millor do emprego especializado de dous termos antigos que primeiro apricábanse a unha mesma persoaxe. Na sociedade céltiga primitiva, o poeta xogaba un rol complexo que mais tarde, escindiuse en varias funcións diferentes.
A hierarquía dos poetas
Os poetas formaban clases, ordeadas hierárquicamente, onde se pasaba por unha riola de grados, semellantes aos nosos grados universitarios. Na Irlanda, o fili do mais outo rango levaba o nome de «ollave» (ollam) verba qu'os dicionarios modernos, pra marcar ben a semellanza, traducen por «profesor». Por debaixo do ollave viñan outros seis grados. En Gales tamén, a clás dos bardos comprendía unha hierarquía, á cabeza da cal achábanse dous dinatarios, o «bardo do méstico» (bardd teulu) e o «chefe do canto» (penkerdd), correspondente pouco mais menos ao que eran na orde eclesiástica o abade, chefe d'unha comunidade, e o bispo, chefe d'una diocese. Nos dous países, os grados
NÓS mais outos tiñan autoridade sobr'os grados inferiores.
En Gales, o penkerdd tiña o privilegio d'estar coberto, e aínda ás veces de se sentar na súa cadeira dediante do rei; sentábase á mesa á esquerda do herdeiro do trono. A súa obriga era cantar na gran sáa, cando llo pedira o rei. O bard teulu facía o mesmo, aínda na cámara da raíña, cando ela o pedira, mais entón sómentes en voz baixa. Acompañaba ao exército na guerra, cantaba dediante das tropas cando marchaban ao combate, e nas voltas vitoriosas. O rei regaláballe unha harpa, un jogo de axedrés e un anel d'ouro que non se podía sacar. A mais das súas funcións de poeta músico, o bardo tiña man dos arquivos da familia, e dos documentos xenealóxicos; servía tamén de preceptor e de compañeiro aos rapaces da casa do rei.
O bardo galés era un funcionario
En suma, a idea que nos dan do bardo as leis galesas é a d'un alto oficial, d'un funcionario superior, cuxo avance e fortuna penden no xeito con que encha as súas obrigas, e que goza d'una consideración xustificada p.l-o seu talento. Mais na legislación, e mais que nada na tradición literaria da Irlanda, o fili é outra cousa: é unha sorte de mago, cuxo prestixio débese a un poder sobrenatural.
Sen dúbida, il exerce perto do chefe unha función semellante á do bardo galés; canta no comedor, ou na cámara das donas; vai ao combate coa tropa, anima cos seus cantos, e celebra a gloria dos mortos; mesmamente, saca a espada com'un home d'armas e toma parte na loita, con perigro da vida. Mais o fili é a un tempo un profeta cuxos poemas revelan o porvir; é tamén un médico e mais un xuez, ou sexa, qu'é capas d'atopar as fórmulas que sanan os doentes ou castigan os criminosos. Pra decilo todo: é un que coñece a virtude das verbas.
A verba non é somentes un istrumento de poesía qu'il toca asegún seu talento —e os poetas céltigos non ceden a ningún na abe ¡encia pra iste jogo. A verba ten tamén unha forza oculta qu'un pode endereitar coma lle peta, cando se fixo dono d'ela. Coñecer as
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723522.xml
80
O caso «Fernando de Lacerda», Sousa Couto. Cronica Estrangeira, Isidoro Duarte Santos. Bibliografia, F. R. Noticiario. Subscrições.
Novembro Dezembro 1934
SUMARIO: A Missão social do Espiritismo. Conclusões do V Congresso Espírita Internacional, Prof. Asmara. As tres verdades, M. Collins. Revista das Revistas. O caso «Fernando de Lacerda», Sousa Couto. Pelo mundo da Metapsiquica, Faure da Rosa. A vida e a materia, Carlos Nordmann. Dr. Gonçalves Teixeira. Factos Supranormais. Cronica Estrangeira, Isidoro Duarte Santos. Bibliografia. Noticiario. Subscrições.
REVISTA DE CULTURA
Rio de Janeiro,
Abril 1935
SUMARIO: Um balanço oportuno, João L. Rodrigues. Hymno das Escolas populares, Dom Aquino Corrêa. Mil e um «uns», Dr. Agostinho de Campos. Microcosmo, Carlos de Lact. O bispo de Olinda perante a historia, Antonio Manuel dos Reis. Rumo a Vega, Desembarg. José de Mesquita. Um iédito de Vieira no Arquivo histórico colonial. Dr. Manuel Múrias. Nótulas, P. Antonio F. de Mello. Bibliografia.
BOLETIN DE LA SOCIEDAD CASTELLONENSE DE CULTURA, Cuaderno II, 1935.
SUMARIO: Iniciació a la Historia del Dret Valencí, Joan Beneito Pérez. La Rambla de la Viuda, V. Gimeno Michavila. En torno a Ausias March, Angel Sanchez Gozalbo. Una risposta di Lope al Boccalini, Antonio Gasparetti. Origen de algunas voces geográficas, Carlos Pan. Cap de Vila, Enric Soler Godes. La cacera del mussol, Vicent Segarra. Oración, R. Catalá Lloret. Notas bibliográficas.
Id. Cuaderno III
SUMARIO: Documents relatifs á la vie d’Ausias March. Silencio. Francisco M. Delgado. Noves pintures rupestres en el terme d’Ares del Maestro, Joan Porcar. Sobre la teoría del color de Guillermo Ostwald, F. Perez Dolz. Un libro de cocina del siglo XIV, J. Osset Merle. Ausias March, valenciano, S. Ferrandis Luna. El verdadero Ausias March etc., Emilio Fornet. Poema, Enric Soler Godes. Notas bibliográficas.
NOS
ANALES DEL CENTRO DE CULTURA VALENCIANA, Valencia
Enero Marzo 1935
SUMARIO: José Sanchiz Sivera, Vida intima de los valencianos en la época foral. Miquel Batllón S. J., Agullent i la seva ermita de San Vicent Ferrer. Barón de San Petrillo, La heráldica en Jávea. F. Carreres i de Calatayud, Els Casilicis del Pont de la Mar. Miscel·lània. Bibliografia.
SUDETENDEUTSCHE ZEITSCHRIFT FÜR VOLKSKUNDE
Prag, 1935, 1. Heft.
SUMARIO: H. E. Müller, Volkstümliche Regimentsnamen im altösterreichischen Heere. Herbert Horntrich, Das südmährische Volkslied. Josef Maschek, Veränderungen im Brauchtum eines Sprachgrenzdorfes. Otto F. Babler, Zum Lebenslaufe einer Anekdote. Kleine Mitteilungen, etc.
JURIDICAS Y SOCIALES
Buenos Aires, Sep. Oct. 1934
SUMARIO: Dr. Segundo V. Linares Quintana, El Derecho de Revolución ante los Tribunales argentinos. Dr. Juan Olis, Subrogación real. Enrique Cesar Rayces, Las Guildas. N. Thomas, Mariano Moreno. Sigfrido A. Radaelli, La política portuguesa en el Río de la Plata (1806-1809). Legislación Jurisprudencia. Indice de colaboraciones, conferencias, etc. Bibliografia. Revista de Revistas. Noticias de la Facultad.
Id. Nov.-Dic., 1934
SUMARIO: Guillermo Cano, La unificación impositiva. Dr. Juan Olis, Subrogación real. Carlos Mouchet, Estafa y defraudación. N. Thomas, Mariano Moreno. Sigfrido E. Radaelli, La política portuguesa en el Río de la Plata. Legislación, Jurisprudencia, Indice, Bibliografia, Periodismo, Noticias de la Facultad.
Id. Enero-Febrero 1935.
SUMARIO: Lic. José Luis Requena, Eugenesia compulsoria. Carlos Mouchet, Estafa y defraudación. N. Thomas, Mariano Moreno. Pablo Tischkousky, Stamler-El Derecho Justo. Legislación, Jurisprudencia, Bibliografia, Revista de Revistas, Noticias de la Facultad.
Imp. NOS - Rúa do Vilar, 15 - Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723515.xml
NÓS
nono atopei, mais na Herrengasse, vin afeitivamente, despois de moito buscar, un letreiro suinte co-a figura d'un mozo levando un prato recortada en modernista, e debaixo a iscripción Wick Kuche. Aos lados da portiña baixa, había a lista dos menús de 2, de 1,74, de 1,30 shilling. Señores e señoras paraban dediante, lían, e marchaban. Eu entrei.
Había que baixar seis ou sete escaleiras, pra s’atopar un n-un portal pequeno con luz elétrica. No fondo había un mostrador onde vairos individos servianse a si mesmos; á dereita unha cabina con ventanillas onde cumpria pagar adiantado o cuberto qu'un quixera. Aquelo já me non gustou moito. Ben sei que isto é corrente na Europa central, mais o certo é que eu coñeciao somentes d'ouvilo, e qu'endejamais figuera d'elo usanza. Ademais cheiraba a cociña económica qu'atufaba e botaba pra trás, mais ainda que no restaurant da Bibrioteca de Berlín. Non embargante, había que probar. Conque, achegueime ao ventanillo, qu'era com'a taquilla d'unha caseta de feira, e o home qu'ali había preguntoume que menú quería. Eu dixen que de 1,74, con carne (pois tamén o había sen ela), paguei e deume unha cédula bermella.
Entrei no comedor, que non era ruín: relativamente craro, limpo, con colunas de ferro, servido por mulleres con sabelo branco e cofia, boas mesas, cadeiras cómodas. A gente que había semellaba boa: clás meia modesta, rapaces que semellaban estudantes, rapazas que semellaban dependentes de comercio, algún señor cheo de distinción, señoras das que tantas se ven pola rua... A comida era boa: rica sopa, carne con sal sa, guisantes e patacas asadas, pastel de chiculate con boa Sahne. Mais nas paredes había letreiros sospeitosos: n-un d'iles, a Adeministración aseguraba que non respondería das prendas que faltasen; noutro ameazabase c'unha multa de 300 schilling a quen roubara unha prenda. No meio da sala, alcendiase e apagábase un letreiro de ferro e cristal pendurado d'unhas cadeas, que decía:
Achten Sie auf ihre Garderobe!= Vigie Vde. o seu gardaroupal
Ben. Coma digo enantes, eu já tina ouvido falar d'iste choyo, dixéranme qu'eran frecuentes istes avisos en moitos establecimentos púbricos da Europa central, qu'isto non quería dicir nada nen daba nada que temer... Mais ao fin e ao cabo, eu son peisano, e dos mais badocos. Pol-o si pol-o non, pousei o chapeu nas travesas inferiores da miña cadeira, e senteime riba do meu cartafol.
Ademais: pago adiantado, cheiro a cociña económica, posibeles roubos de prendos, feriron unha miga a miña susceptibilidade de señorito provinciano. Pareceume mal qu'o Sr. Fadrus me mandara a semellante sitio, e perguntábame a min mesmo por quen me tomara aquil señor... Mais, non fora eu quen demandara un sitio barato? O que é, é quen Praga fixéranme tan boa vida, qu'agora viña afeito a malos vicios. Mais lembraba que restaurants tan baratos com'aquil, somentes que sen cheiro, sen pago adiantado e sen adevertenza de roubo de prendas, já as tiña eu atopado ao pasar pol-as ruas de Viena. E determinei de non voltar A Wóck Kuche, anque si sentín a curiosidade de visitar a pousada d'escolantes.
HOFBURG. A IDEIA IMPERIAL
Estou diante da fachada d'esprendor neoclásico do Hofburg, antiga residencia dos Habsburgos, encomenzada já pol-o primeiro imperador d'esta casa, Rodolfo I.
Entran os autos pol-a gran porta, e a gente pol-as dos lados. Pásase por debaixo d'una gran cúpula barroca e cesárea, o páteo do pazo, con moimentos a dous imperadores, o frente d'atrás con estautas e balcón central con croa pechada, e enriba, na cima, a croa de Carlomagno, e aos lados, a distancia, duas águias enormes pisando trofeus.
Despois, por galerías, pásase á Heldenplatz. En todas estas galerías, hai cristaleiras de tendas.
A Heldenplatz ten jardís Le Notre, todos en verde, sen frores: herba, buxos e arbres en pirámide. Istes jardís solenes e tristeiros chegan deica a Burgtor, unha columnata grega cunha iscripción: Justitia Regnorum... etc. (non leín máis).
Despoixas, atravesei o Burgring, con bastante movemento, e atopeime na Praza de Maria Tereixa: jardís Le Notre, bancos, o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723516.xml
74
moimento da imperatriz, sentada n-un trono, co cetro na man, e catro cabaleiros «& Federica» nas esquinas. A un lado e a outro, os Museus, edifizos neoclásicos.
Ben. Senteime n-un banco. Había area cour d'azafrán nos paseos, coma nas imitacastelás de Verlaine.
Eiquí estaba de novo o Imperio, menos rex», menos brutal, qu'en Berlín. En lugar de facer matinar en levitós abotoados deica o pescozo e cascos de pica, lembraba máis ben charramangueiros uniformes d'opereta, con moito cordón dourado e gorros de peles con longos penachos. Mais saíndo pol-o colar d'ises uniformes, faces nobres, corteses e sorrintes... Mais poucas bromas co-estas cousas, que non son brincadeira. «Iles han volver», dixen eu matinando na nobreza prusiana, cando ollaba os moimentos dos Hohenzollers; mais istes outros que atá no noso Fisterre, maginamos envoltos en notas de vals, tamén poden volver.
Nunca foi cousa de risa, o Imperio, nin-o sería agora, inda qu'estivera já asegurado que non volvía. Pra canto máis, s'o podemos volver atopar en calquera revolta do tempo. Non misturemol-as cousas, porque eiquí hai dúas: nobreza e Imperio que ata foron, e poden volver ser, termos contraditorios. Asi esprican os historiadores o Imperio Romano... Mais ben o Imperio, o Cesarismo, tende a facer pé na democracia, aínda a nivelar todo o qw'está por baixo da persoa do César; o Imperio leva coil moito d'igualitario; en canto cesarismo, érguese dend'unha igual dade. Ao trono dos Césares romanos, chegaron moitos que non eran ninguén, moitos fillos dos seus feitos, e ainda das ventolciras da soldadesca; ao trono de Byzancio podia chegar calquera; igual ao dos Kalifas; os Bonapartes son un bó eixempro recente. Nobreza e Imperio non son a mesma cousa.
Mais efeitivamente estamos eiquí dediante da lembranza d'un Imperio d’esa sorte? Non; nen eiquí, nen en Berlin. O de Berlin foi un imperio militar com'o dos Césares, mais non foi com'o dos Césares. O de Viena foi outra cousa qu'o de Berlín; o de Viena foi a sucesión d'un Imperio feudal. Hai moita difrenza. Pouco importa, pra un e pra outro, a Carantoña cesárea, as águias de pedra e de bronze, e a verba Kaiser; pouco importa ise AZ, máis ou menos antigo de pedantería. Temos en Berlin, un imperio mili tar, en Viena, un imperio feudal. Cal é a difrenza? Ollal: o m é de dereito púbrico; o feudal é de dereito privado. A difrenza non pode ser mais fonda. A loita antro púbrico e o privado é toda a politeca e toda a historia. Son cousas que, por limitárense a unha á outra, teñen por forza qu'estaren en porfía permanente, tendendo perpétuamente á mútua invasión. Se ben se miraran as cousas, ese vise que non hai outro probrema políteco, non habíamos perder tanto tempo en discutirmos cousas nas que non nos vai nen nos ven. Quedamos en qu’iste foi un Imperio feudal, cuia grandeza, precisamentes, emprincipiou a ir pra baixo cando s'ergueu a forza militar prusiana, qu'acabou co verdadeiro Imperio dos Habsburgos, pra rematar por erguer outro no seu canto.
Pra millor precisar a difrenza antro militar e o feudal —cuia esencia é a dita— apriquemos istes conceitos á nobreza. O nobre feudal encomenzou por ser un guerreiro, e convirteuse despóis n un cabaleiro, perfeizón e remate do seu tipo; de que se fixo militar, deixou de ser feudal, pra ser unha sorte de funcionario. A milicia é a burocracia das armas. Namentras o nobre foi guerreiro ou cabaleiro, era un vasalo; de que se fixo militar, foi un súbdito. Ficou sujeito a unha dis cipriña, convertido cada vez máis en servidor d'unha cousa abstracta e impersoal que se chama o Estado.
Ténseme ocurrido a min, hai moito tempo que se podía contrapór o militar ao cabalciro, coma se contrapón a y arma de fogo á lanza e 4 espada.
O encontro e divergenza dos dous tipos dase no Renacemento, nas guerras d'Italia: Bayard é o último cabaleiro; Fernando de Córdoba é o primeiro militar.
Non €, por iso, qu'o militar perda en nobreza, é qu'a entende d'outro geito. A nobreza militarizada adáutase aos tempos. O valor ético da nobreza adwutada, o valor ético do militar —coma do engiñeiro, do in ventor, eic.— já o deixei indicado ao falar da nobreza prusiana. Coido que é superior ao da nobreza refractariu. Ora, o seu valor
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/37d6/37d65690-85cb-4c08-a6a2-c4dd08704a7e/115723512.xml