https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157133&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571335.xml
seguir o hereu cando lle fuxe co-a tovallola por mor de mollarse no rigueiro, pregándolle que non perda somellante achádego, que endexamáis será probe (1).
O encanto que vive acobillado antre as augas cuio guardián é unha inorme serpe, atópase con unha longa-vida afastado do tempo como rexo outeiral que non encertan os ventos húmidos da outa montana; de pais á fillos trasmítese a lenda das donas encantadas sin precisión da data en que sua vida quedóu apresada na fonte, ténse como algo estancado, os anos non pasan pras belidas donas cuia morada é o vieiro soterrado das augas: seu estado é na maor parte dos casos de vixilia, pois ninguén ollou ás donas encantadas ir en percura de alimentos; en troques os mouros castrexos van as vegadas percurar alimentos como refiren do castro de Ferreira de Pantón, na provincia de Lugo.
Moi poucas veces refire o pobo a maneira como foron encantados os personaxes que viven en somellante estado, coñecendo en troques a maneira de desencantar toda crás de tesouros. Nas lendas da Fonte Pormás referíronnos o xeito de facer o encantamento e as maneiras que hai pra coñecer os tesouros. O noso informador, chamado Manuel Cardelle Conde, home de corenta e cinco anos, ten certa esprencia do ouro soterrado, pol-os relatos que seus finados lle fixeron; asegurounos que había dúas maneiras de sacar os tesouros: unha co libro de San Cibrán, pero iste é libro moi vello e de manexo perigroso por non sinalar con enteira certidume o emprazamento do tesouro nin as traves de alquitrán que alcenden unha fogueira todo o redor do tesouro morrendo co-a fumaza non somentes cantos se atopen a sua beira senón as freguesías de moitas leguas o redor; a outra maneira de conquistar canto ouro hai debaixo da terra lévase a feito con un libro que venden en Barcelona e trai unha vara máxica, ista vara posta perto do tesouro incrínase pra sua banda.
Atópase a Fonte Pormás emprazada no Concello de Arzúa, na freguesía de Castafie-
(1) Apetes Mestres. Folklore Catalá y Tradicións, Barcelona 1895, p. 166. V. Constantino Cabal, Mitología Ibérica, en Folklore y costumbres de España. T. I, p. 211.
da (Cruña) perto da estrada que vai de Santiago á Lugo.
As lendas que nos referiron son da fonte e de un gran outeiro emprazado a sua beira, cujos cimentos atinguen as augas da fonte.
Hai algúns anos a xente que pasaba polo camiño da fonte ollaba á beira d'uns grandes outeiros unha chea de figuras que aparecían de moi diferentes xeitos e desparecían tan axiña como tencionasen ollar de perto somellantes figuras. Os vellos aseguraban que todos aqueles enredos que aparecían eran encantos cuia morada abranguía grandes pazos soterrados cheos de riqueza. As figuras que aparecían eran de toda-as crases e pra desencantalas precisaban xente de moito valor e inocente, non podía estremecer diante ningún encanto que rebulise na sua beira, ficar quedos e calados sen arrepiarse nunca, era o primeiro que tiñan que facer pra conquistar o ouro soterrado.
Unha noite foran un vello i-un rapaz para sacar os encantos que moraban perto do penedo. Chegaron á beira da fonte i-escomenzou o vello á ler non libro (o noso informante supón que debía ser o de San Cibrán), sen ollar pra ningures, cando levaba a metade lida apareceu un xigante vestido de militar, era moi outo e pendurábelle d'un cinto relumante unha inorme espada. Sinteuse un funguido de vento lonxano e o xigante empuñando a espada zorregou coela n-unha peneda fendéndoa pola metade. O rapás ollou pro burato e veu un fatelo de santiños de ouro; arrechegouse e collendo ún por un brazo excramou:
—Ai Xasús, cantas cousas!
No intre de falar fechouse de novo a peneda ouvindo un inorme bruido, pero o rapaz tiña collido un santo por un brazo que non ceibou, a pesares do bruido; e máis tarde vendeuno a un reloxeiro de Sant-lago, porque aquel brazo era de ouro e deulle moitos cartos.
Un fidalgo que moraba perto da fonte tiña unha filla moi belida, á que requerían en amores todol-os mozos da bisbarra. O fidalgo non consentía á ninguén tratar o casorio
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713312.xml
CARMINA CITHARÆ
CUASI SERENATA EN DOUS TEMPOS
Por Xosé Pereiro Carrión.
A u.
I
Tola sorríe no ceo a lúa.....
Desque goberna
no fondo abismo
móstranos triste, na face súa,
cal rei nas ténebras,
o escepticismo.
Imperios, reinos ¡cántos!.. seus ollos
viron impávidos
ó fin loitar:
sangue maldito d'irmáns... despollos,
que a sua estela
foi salpicar.
A Virxen Diana, de castos senos,
ó culto atende
do escuro chán:
Lúa, adourada no pobo heleno,
dea nouturna,
de Febo irmán.
Ó pé das aras... profumes... láudes...
e dos incensos
enrededor,
bacantes danzan en raudos bailes,
dos tirsos craros
cresce o rumor.
Antes qu'a aurora denunce o día,
acompasadas
de cara ó mar,
llúbrico ritmo!... xiran na orxía
e a lúa elevan
o seu cantar:
¡Ou Virxen Diana!.. A ti, Jojeaira helena
sactera Deidade; a ti, que fendes
dos nosos peitos o insensibre mármor;
Inix nouturna;
Fenicia Astárte, d'Asia Numen, Dea
qu'ó pé do Líbano, en calada noite,
no lazo añudas, qu'en segredo tendes,
os seixos puros;
Hymnia sagrada, que dirixes leda,
das musas-ninfas ó armonioso coro;
fecunda Nai dos astros, nai Manopsa,
d'Efesa gloria;
Lucifera Artemisa, sol da noite,
Hécate crara que n'antorcha ofreces
do irmán Apolo a luce benfadada;
Feba brilante;
Casta Dictina, qu'en rubor sinxelo,
na polícroma veste arrebuxada,
cal pombas limpas pra ofrendar ó Zeus,
teus froitos celas;...
Hastra ó escabel, d'o rexes a infindade,
do incenso a nube profumada acolle!...
do mundo inxente a adouración nouturna,
Deidade augusta.
Mais himnos... preces... d'incenso as nubes
ó alto chegan?...
A lúa sola
da noite crara rexe a quietude...
A lúa en alto
sorríe tola.....
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571336.xml
220
coa filla e pra arredala do perigro foina encantar á fonte Pormás.
Unha serán estaba un mozo n-unha rozada e ollou chegar o fidalgo coa filla e os criados con sacos ó lombo; marcharon os criados, despois de pousar a trouxa e un adival que ia envolto n-un saco, quedando soios pai e filla. A moza choraba á fio agarrada ós brazos do seu pai, pregándolle de xionllos que non-a deixase alí; pero o pai non fixo caso, somentes lle dixo:
—Non teñas pena; quédache con que valerte.
O fidalgo sacou un libro i-escomenzou á lér; ó pouco tempo a moza meteuse pol-o cano da fonte e seguidamente os sacos que levaran os criados seguiron o vieiro que levara a moza; quedou fora o adival, e o fidalgo continuou léndo moito tempo deica que o adival transformouse n-unha gran serpe longa e grosa que foi meténdose pol-o cano da fonte. Cando ia desparecendo o home cerrou o libro e díxolle:
—El que te desencantare, nove veces detrás del cachazo te ha de besare (1).
O mozo deixou a rozada e foi á casa, pero ó pouco tempo tornou á fonte Pormás pra desencantar á fermosa rapaza que él ollara agachar antre as augas. Á poucos pasos da fonte aparesceulle unha muller que lle dixo con certa tristura.
—Se non tes valor, non me desencantes.
O mozo sen arrepiarse chegou á beira da fonte, e sentouse n-unha pedra e ouvindo un grande bruido nas augas veu sair un inorme colebrón pol-o cano da fonte. O mozo deulle tres beixos por tras do cachazo e a serpe tornou pra fonte. Tornou á sair a serpe, agora que con menos bruido e poñéndose dreita diante do mozo levot outros tres beixos i-engoliuse na auga. Á terceira vez saleu coase mansifia de todo e ó darlle os beixos caieu no chan feita un adival. N-aquel intre escomenzou un ruxido inorme de cartós
(1) En Galicia son moitos os lugares que teñen os encantos gardados por serpes. Vid. Florentino L. Cuevillas e Fermín Bouza Brey. Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatria en Galiza. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, tomo II. 1929. Na pax. 144 hai unha fórmula de desencanto mol semellante á ista.
NOS e aparesceu a moza cos sacos cheos de ouro que seu pai lle levara e que ficaban gardados pol-a serpe. A moza non quixo volver á casa de seu pai e foi casar á eirexa da parroquia co mozo que a desencantara (1).
Enteirouse unha muller en Castela da facilidade que había na Fonte Pormás pra encantar ás donas e anceosa de afastar as fillas da sua banda, veu traguelas eiquí deixándoas encantadas do mesmo xeito que a filla do fidalgo, somentes que ás istas ninguén as ollara encantar.
Ficaron soterradas moitos anos sin aparescer á ninguén, deica a vellés de sua nai. A velliña ollando perto a hora da morte e atopándose soia cramaba pol-as fillas. Un ano foi un mozo de Arzúa ás segas de Castela e falóu da auga fresca de Pormás onde tantas veces bebera cando facía as rozadas nas chousas de toxos e silvas. A muller que ouvíu falar somellante cousa chamóu ó segador e dándolle tres bolos de pan pregóulle que con moito segredo os fose poñer na fonte sen que de ninguén foran ollados, decíndolle cando os pousase:
—Oureíña, oureana. toma este boliño que che manda túa ama. (2)
Poñendo os tres bolos ganaría un grande tesouro que gardaban os encantos.
O mozo chegóu da sega e fechóu os bolos n-unha arca do pan, pero a muller ollóu un pol-a fechadura. De mañanciña foi o segador á fonte e pousou os pans decindo as verbas que lle foran encarregadas. Co primeiro saleu unha moza que fuxeu correndo, do segundo saleu outra moza do mesmo xei-
(1) En Asturias hal un canto; «La niña encantada», que é moi somellante ó noso, somentes que a serpe ven de uns outelraes. Vid. Aurello del Llano y Roza de Ampudla. Del Folklore asturiano.,. Oviedo 1921.)
(2) Hai unha lénda variante de ísta en Castro Pedro. Vid. Catálogo dos Castros Galegos. Fasc. IV, Bisbarra de Melide, páx. 21 e un estudio sobor da forma aureana na páx. 70 e seguintes.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157133&posicion=22
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571338.xml
BALANCE INVENTARIO DA NOSA LITERATURA
Por Ricardo Carballo Calero.
A galeguización de Galiza ten dado un fremoso avance no presente ano. A obra resoante de «Ultreia», as xornadas magníficas de galeguismo universitario, a eclosión da conciencia autonomista da Terra, marcan sulcos imborrables na leira das nosas es pranzas. Cara ista gran vendima dos acios da renacenza, a colleita literaria non semella copiosa. Cicáis isa mesma aitividade política e social dificultóu o frorecer numeroso das letras. Cáxeque todo o máis granado dos escritores galegos andivo atafegado en tarefas parlamentarias, orgaizacións políticas é culturás, conferencias de divulgación cultural e política, que lles impidiron consagrarse asiduamente ao cultivo da sua arte peculiar: a arte de escribir. Engádase a aquelas angueiras a da investigación científica, que sempre roubóu tempo a maoría dos nosos artistas literarios de hoxe.
Obras puramente literarias de algún decoro, apenas lembramos seis. Pedimos de antemán perdón aos inxustamente esquecidos, se os houbera. Tres libros de verso e tres libros de prosa.
Istes derradeiros debidos á Alvaro das Casas e Ramón Otero Pedrayo. O primeiro dóunos as «Xornadas de Bastián Albor» e o segundo «Contos do camiño e da rúa» e «Morte e resurreición». Os libros de verso son «O vento segrel», «Poema en catro tempos» e «Mar ao norte». Co derradeiro inaugura Alvaro Cunqueiro, feixe de lóstregos de inquedanza, a súa lírica roita, baixo un signo revolucionario non menos estremista que o que preside a táctica da Federación Anarquista Ibérica. Ditosamente, non hai Lei de Defensa que aplicarlle, inda que moitos a desexaran.
Poesia de ezquerda moderada, poesía gubernamental dentro do parlamento da opinión galega entendida, é a dos outros dous libros de poemas, debidos respeitivamente á Augusto Casas i Eduardo Blanco Amor. «O vento segrel» inclúe algúns poemas de acusado antigo réxime. De ningún xeito cabe atribuilo a retraso mental do autor —quen, pol-o demáis, espresóu públicamente a súa ademiración pol-a poesía de «Mar ao norte» — senón a data das composicións referidas, ben anterior á data de edición do libro. O cal, por outra parte, é de unha intención ponderada que o coloca perfeitamente dentro do marco da verdadeira orientación que, en punto a futuridades earcaismos, creemos debe seguir a poesía galega de hoxe. Persoalmente, preferimos «Poema en catro tempos», que pra o noso gusto é o mellor libro de versos galegos de 1932.
As «Xornadas de Bastián Albor» proban unha vez máis que Alvaro das Casas é un dos nosos mellores prosistas. «Contos do camiño e da rúa» é a mellor obra literaria escrita na nosa fala no ano que acaba de finar. De conceición menos vasta que «Os camiños da vida», é, dentro da súa meirande limitación, obra máis perfeita, pois está ceibe dus tres ou catro páxinas hiperrománticas e melodramáticas que escorregaron n-aquela obra, e que non nos acaban de satisfac-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571332.xml
B OLETÍN MENSUAL
da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península
8'00 pesetas.
Fora da Península
8'00
Número solto
0'70
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinas que os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaucción.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO:
MADRIGAL MORTO, por RAFAEL PAZOS JIMÉNEZ.
AS LENDAS DA FONTE PORMÁS, por ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS.
BALANCE E INVENTARIO DA NOSA LITERATURA, por RICARDO CARBALLO CALERO.
CARMINA CITHARAE, por XOSÉ PEREIRO CARRÓN.
MISCELÁNEA: Contra la pestilencia, por X. L.
ARQUIVO FILOLÓXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS, pola REDAUCIÓN.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda cras de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Santo Domingo, 47-2º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713318.xml
MEDIEVAL ALABASTERS FROM NAWORTH CASTLE, por Eric Maclangan.
O direitor de Victoria and Albert Museum, de Londres, pubrica un intresante trabailo na revista «The Antiquaries Journal», no número correspondente á Octubre de 1932, volumen XII, encol dos alabastros medioevos do Castelo de Naworth.
É un traballo que foi lido no 5 de Maio na Sociedade de Arqueólogos de Londres.
Trátase de nove releves de alabastro, que foron policromados, e que se gardan no dito Castelo de Nawerth.
Cré que soilo un é o máis antigo, fixando sua data no século XIV, e que representa o asunto da Ascensión. O compara tamén á unha táboa mutilada, que figurou co número 3 na Exposición das obras de alabastro da época medieval ingresa no 1910, e nomea ó mesmo tempo outro anaco de alabastro de Kettebaston no British Museum.
Fai notar, non embargantes, do dito releve; que non atopa os símbolos pra poder identificar ós Apóstolos, fora de San Xohán Evanxelista, que ten unha palma.
Dá conta despois de dúas imáxens: a Trinidade e San Xohán Bautista. A táboa da Trinidade é de tipo corrente e lembra outra imaxen doada en depósito, número 379, pol-o doctor Hildburg no Victoria and Albert Museum.
O San Xohán Bautista, sin chamar a atención, ten de particularidade a pel d'un camello enteira, véndose os pés do mesmo animal. Imaxen semellante atópase tamén n'un retabro compreto no Victoria and Albert Museum e n'outro cisemprar mesmamente no dito Museo e depositado pol-o Dr. Hildburgh.
Estuda logo unha Asunción, un San Miguel e unha Santa Abadesa.
D'iste grupo da Asunción de Nosa Señora, nos di que é intrisante pol-a pintura primitiva que ainda conserva e pol-os pés da Virxen que non son correntes nas representacións inglesas.
Sobre a imaxen de San Miguel, non alcontra particularidaes notabres. Da Santa Abadesa, monxa e relixiosa, confesa que non pudo identificala. Conxetura, non embargantes, si poidera representar Santa Etheldreda, asegún lembra unha linda estatuína que se mostra no (A, 3-1912) de Victoria and Albert Museum.
Remata co terceiro grupo, ou sexa: San Oswald, a prisión o bico de Xudas e Noso Señor.
Cita diversos paresceres de si pode identificarse con San Oswald o San Elthelbert, aínda que se incrina pol-o primeiro, por tratarse d'un santo rei inglés dos tempos máis remotos da Edade Media.
O asunto da prisión e bico de Xudas parece haber pertesci-
X. CARRO
NINGÚN GALEGO debe iñoral-a-a historia da sua Patria.
NÓS remite, libre de gastos, contra reembolso do seu importe a 2.ª edición da
HISTORIA SINTÉTICA DE GALICIA
por RAMÓN VILLAR PONTE
6 Pesetas
MAIS DE TRESCENTAS PÁXINAS ::: A OBRA DE MAIOR ÉXITO EN GALICIA
NÓS LEVA PUBLICADOS 55 VOLUMES QUE TODOS PODEN TER, PAGÁNDOOS EN PRAZOS MENSUAES. PIDA CATÁLOGO Á
Imprenta NÓS.—Hortas 20. Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713319.xml
A hixiene nos DEDOS
é a garantía da sua saúde física e
moral o día de mañá.
No diario aseo dos menos empre o
“Jabón Sales de la Toja“,
único que ás suas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xatón de tocador. Contribuie ó perfeito des-
enrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e
o raquitísmo.
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571337.xml
NÓS
to que a primeira e no terceiro remexíanse dentro moitas cousas e ouvíuse unha vos de muller decindo:
—Temos ser felices, pero por culpa da túa muller doblouse o meu encanto. Leva ise xustillo e pónllo á túa dona.
O mozo agarróu a peza de roupa que lle dera o encanto e marchóu camiño da casa. Denantes de chegar ó lugar paróuse n-un souto e penduróu das ponlas d'un castiñeiro o xustillo; no intre escomenzóu unha lumareda no albre que abrasóu todo, quedando somentes o carozo que inda hoxe fica no sitio. (1)
A moza encantada ficóu alí moito tempo sen sair do acougo deica unha serán de treboada en que houbo moitos tronos e saleu a
(7) Temos recollida outra lenda somellante á ista en Cotebade, encarregando pra sacar o encanto levar un pote á un coto e poñeló sobor d'un óuteiro dando tres voltas ó redor. A muller fita o pote e quérballe un pé, O encanto non saleu pero deulle unha cinta moi fermosa pra cintura da muller, mais denantes de chegar á casa púxoa no pé d'unha creixeira pra ollar cómo campaba, e toupou o albre.
En Portugal desfaise o encanto con tres paus colocados ná Cabeço do Castel sobor do Penedo Amarelo, pero o home á
moza en figura de fusil, ollándoa moitos do lugar sobor das augas.
O remate da derradeira lenda mostra unha misturanza con outras que seguramente se perderon ou algunha allea por compreto á Fonte Pormás. Lembramos un relato referido, en San Esteban de Ribas de Miño, por unhas mozas, relacionado con unha peneda chamada a Pena do fusil, emprazada na beira do río, nas prousimidás da devandita feligresía; chamada así por un saínte que garda somellanza con un fusil. As mozas informadoras dixeron que o fusil era unha dona encantada. Coidamos que sin ser ista precisamente a peneda que se refire de Pormás sexa outra moi somellante que nada teña que ver con ela, a non ser unha nova maneira de desfacere os encantos descoñecida deica o de agora.
quen se lle prega que desfaga o encanto non-o consegue, escramando a persona que mora baixo do penedo.
—Vaite que me dobraste o meu encanto.
José Diago, Revista Lusitana 1917. V. Constantino Cabal, ob, cit. p. 207.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713311.xml
NÓS
— Ave Maria! (pausa).
— É longo... longo... Medrou no intre final coma si tivese os pés por esas terras dehí fora e quixera chegar co-a fronte ao colo de Pepiño Nombela (pausa longa).
— Coitado rapaz.
— E tan cativo que non lle ferirán guillóns de señardá.
— Mais si oxe vai tamén aos niños de perdís, e lle dá por remexer nas silvas...
— Qué?
— E pega co aqueles ollos... Tí decátaste, Lelo?
— Cala (outro silenzo).
— Bastián de Miñortos, cando voltaba dos seus viaxes, sempre traguía puñados de onzas na faldriqueira.
— Eso din.
— Maxina que esí, afastado de lugar...
— Ti pensas que morreu de man de home? Os ladróns, por un casual?
— Eu penso que morreu das febres de Castela.
— A gabilla de Telleira anda por estes tempos no camiño de Ramuin.
— Pois si os rapuñeiros dan co cadabre, róubanno, e fica sin pan Pepiño Nombelo.
— Os ladróns fuxirán porque a Xustiza nón lles poña a morte.
— Fuxirán levándolle os cartos.
— O cativo ficará soio, orfo de pai e nai, e sin casal que lle dé achego.
— Mañán na mañanciña xa andará á pregar esmola pol-as portas Pepiño Nombelo.
— Baterá nas cancelas dos pazos fidalgos... Pum... pum...
— Unha esmoliña pol-o amor de Deus!
— E nin terá unha códea pra tirar a fame, nin cunca de caldo pra espaventar a friaxe, nin pinga de agua pra a sede dos camiños.
— Mañán, pol a mañanciña...
— Eu... (pausa longa).
— E á ti, cando diche co morto, non che pegou un arrepío?
— (Teimando na sua mágoa). Longo... longo... Frío com'unha campa de sagrado, rexo com'un estadullo.
— Semellaba un espanta paxaros.
— Eu... (outra pausa).
— A fame rilla nos folgos e —¡mala centellal— roxe coma os ratos nas artesas podres.
— Eu pensei na fame de Pepiño, sabes? Rexistrei ó morto e, sin que ninguén me vise, collinlle os cartos que levaba no bolso. O rapaz xa non terá fame: olla canto billete e cantos pesos. Fixen ben, verdade? Pro aqueles ollos duros, afiados, brilantes, teños cravados nos miolos. O morto era longo... e fondo. Ai, canta fondura lle vin!
— Cala. Non escoitas? Chega alguén; si escoitan temos cadea certa; peor que si fósemos rapuñeiros da gabilla.
— É o Pepiño Nombelo.
(Pepiño) — Imos ós niños?
— Non, non.
(Pepiño) — É que mañán chega meu pai e despois xa non podo sair de noite (pausa longa).
(O pequeno, dándolle os cartos azorado, sin sabere coma espricarse) — Toma (e fuxe).
(Pepiño) — Mañán ven meu pai e terei cartos de abondo; estes dame o corpo que son roubados. Pillabáns. (Tira lonxe de sí os cartos que baten con estrondo de moita prata. Logo tica inquedo de dúvidas, tremente de medos). E si me pillan á mín... E si pensan que son eu o ladrón... Alá ven xente. Decataránse. Ai, miña naiciñal (e rompe á chorar estragado de espantos). Papail! Papail! Papail!
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713317.xml
NÓS
231
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
O CONGRESO PAN-CÉLTIGO de 1933.
A Celtic Association, fundada en 1917 —enantes houbo outras dúas: a fundada en Dublín, que durou de 1899 á 1908, e a fundada en Bruselas, que durou de 1908 á 1914— que ten a sua Segredaria geral en Dublín, regida por Miss Agnés O'Farrelly, no seu recente Congreso, tido do 5 ao 9 de Setembro 1932 en Truro (Cornwall) acordou ter o de 1933 en Brest, do 17 ao 23 do mes de Sant-Iago vindeiro.
Encarregada a Bretaña de preparalo, foron nomeados delegados do Comité os Sres. Pierre Mocaër, presidente; Mrs. Lalouet e Corre, vicepresidentes; Caradec e Daniel, segredarios; Treguier, tesoureiro, e Sorgniard, Comisario xeral. O Segredariado do Comité residirá en Brest, 4, rue Emile Zola.
O Comité de Festas e o Sindicato d'Iniciativas de Brest ofer ceron o seu concurso.
Mr. Pierre Mocaër insistiu no caraute de neutralidade política e relixiosa d'esta manifestación, que hase inspirar no que se fixo en Quimper en 1924 «O fin esencial é de criar úteis relacións antra Bretaña, as Illas Británicas e a Galiza hespañola, que reivindica tamén a súa ademisión ao rango de nacionalidade céltiga».
Ja no ano derradeiro se fixera un honroso convite a Galiza pra asistir ao Gorsedd bretón tido en Pontivy, sen que circunstancias imprevistas houberan deixado preparar a viage aos nosos enviados. Agardamos qu'iste ano ocorran as cousas d'outro xeito.
NÓS áchase já en relación con Mr. Lalouet pra preparal-a representación galega no Congreso Pancéltigo de 1932.
OUTRAS NOVAS DAS TERRAS CÉLTIGAS
No Congreso Pancéltigo de 1932, en Truro (Cornwall) fixose o curioso esprimento de ter unha discusión somentes en céltigo. D'unha banda, o grupo Gael: irlandeses, maneses e escoceses; da outra o Bretón; galeses, córnicos e bretós. Falaron cada un no seu, e comprendéronse moi ben.
Outra nota é o rehabilitamento da vella lingua córnica, que se falou no Cornwall británico (Cornubia) deica o ano 1790, dend'o cal, dábana por morta. A asociación Old Cornwall propúxose facela revivir, e ten hoxe 1590 membros —dende 1920— que a están deprendendo, sendo moitos os que já a falan.
O Gorsedd bretón de 1933 terase no mes d'Agosto, na Baie de Saint-Efflam.
O bardo Telen Myrddin endereitou ao Archidruida da Illa de Bretaña unha carta pedindo autorización pra constituír un Gorsedd das Galias que ajunte a todol-os amigos da Tradición céltiga repartidos pol-as provincias de Francia non bretonas, adautándose aos países d'esprito céltigo mais de lingua latina.
Eis o que podería tamén ser intentado na Galiza.
A Federación dos Circos Celtigos de Bretaña traspasou a sua sede social a Rennes, ond'orgaizou cursos de lingua bretoa e un coro nacional bretón.
UNHA INTERPRETACION DE NORIEGA VARELA
Aquilino Iglesia Alvariño dou unha conferencia en Ferrol, patrocinada pol-o Grupo galeguista de aquela cidade, encol de «Noriega Varela, poeta da montaña». Desenrolou a tesis de que o autor de «Montañesas» é mais que poeta da montaña, poeta da humildade, poeta franciscán. O cantar á montaña non é a súa esencia poética. A sua esencia poética é cantal-as cousas humildes. No ambiente montañés, adicouse á cantal-as cousas humildes da montaña, que lle preocupan denantes que a montaña mesma.
LIBROS
ANTE EL ESTATUTO, por Manuel Portela Valladares.—Barcelona, 1932.
Comprende iste libro d'actualidade, oujeto de costantes comentarios na imprensa galega, dous traballos *Unificación y diversificación de las nacionalidades*, conferencia feita no Centro Galego de Barcelona, no Dia de Galiza do ano 1932, e *El Priscilianismo*, que desenrola un dos puntos da dita conferencia.
Con fonda intuición do ser da nosa Terra e das suas necesidades, o A comenza c'unha síntese breve da historia de Galiza na que por certo espón ideas moi atinadas en col do rol que xogou Compostela e o culto xacobeo no desenvolvemento da Edade Meia peninsular, en col do sinificado da lenda carolingia, e máis dos motivos do arredamento de Portugal e do parti do que n-iste asunto tomou Gelmírez. No capítulo II (*Las rutas de las nacionalidades*) enxerga moi ben o que representaron os Reis Católicos pr'a unidade hespañola. É iste cecais o punto que máis deberamos salientar do libro: o Sr. Portela ve aos Reis Católicos coma operando máis unha unidade relixiosa desenso hispánico e regalista, no que a Eirexa hespañola ven ficar nas súas mans, supeitada ás iles —en contra, engaderemos nós, da dirección universal, vaticanista, que de cote sostivo Compostela— que non unha unidade política. que o mesmo Rei Católico quixo crebar despois de viudo. Tamén debemos engader eiqui que Galiza, no tempo dos Reis Católicos tivo unha sorte d'inicio de Cortes propias que, de non teren sobrevido Cisneros e os Austrias, cecais houberan dado algo de seu.
Despois de por en releve os desastrosos efectos do centralismo en todos lados, especialmente en Galiza, entra no capítulo III (*Ante el Estatuto*) no que percorre todol-os problemas nosos, facéndose cárrego con forte lóxica das objecións contra da autonomía galega, tanto dend'o punto de vista galego coma dend'o punto de vista hespañol. Pol-a sua síntese, resulta n-isto un libro moi conveniente.
No que toca ao Priscilianismo, non concordamos co-a manelra de ver do A. Se respecto de Prisciliano, pódese perfeitamente soster co-il, con Babut, Paret e outros, que foi un asceta católico ortodoxo, non así dos seus seguidores, especialmente despois da sua morte; e menos, ao noso ver, que o priscilianismo repersente o esprito céltigo galego. O priscilianismo —deixando á salvo ao seu fundador, ata que teñamos un estudo máis fondo dos seus escritos— é unha doutriña d'ispiración perfeitamente oriental, de procedencia asiática. V. R.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713321.xml
CENTRALISMO E AUTONOMÍA
Desgraciadamente Galicia volve de novo á ser ouxeto de olvido e descoñecimento por parte do Goberno de Madrid; unha e outra vezada vólvese á considerar á Nosa Terra como sinón forma parte do Estado Hespañol e non fora merecente de protección como o resto da Hespaña; un día e outro tamén os problemas de Galicia siguen sin ser estudados e non soio non se resolven sinón que se empeoran mentras o resto da Hespaña é favorecida pol-o Goberno, i-esta crisis, que está na resolución dos problemas do agro galego non interesan ó Goberno porque os dous millóns de galegos que viven na Galicia non siñifican nada pra il cando estes tratan de que se lles dé o que é de xusticia.
Ista queixa prodúcese e surxe novamente pol-a inxuria e maltrato que nós os galegos recibimos do Estado Central con motivo de un posible intercambio comercial coa Rusia que vai á tratar o Goberno Hespañol.
O «Pueblo Gallego» n-unha editorial sua déu a voz d-alerta pol-o perxuicio que isto podía traer pra a nosa industria madeireira que desgraciadamente atópase n-unha situación crítica. Ista situación en vez de mellorarse como debía ser é recrudecida porque en virtude de ise intercambio forzosamente terán que pecharse as fábricas de madeiras de que é tan abundante Galicia e quedarán aumentando isa lexión de parados os patróns e obreiros que pol o de hoxe atopan pan e traballo na dita industria.
O Ministro de Agricultura cando tratóu iste asunto no Consello non aceptóu o intercambio de carbón porque «perjudicaría a la industria nacional» cuya crisis acaba de ser paliada na conca hulleira de Asturias coa adequisición pol-o Goberno de unha tan grande partida de carbón que non se sabe como se consumirá. Ademitíu o cobre, plomo e aceiro porque «solucionaría el problema de Linares y Cartagena»; permitíu a vinda do aceiro «para dar trabajo a las fábricas de Vasconia»; fáise intercambio de froitas «para solucionar el apuro de los agricultores de Levante»; trátase da importación da madeira rusa que impedirá o mercado madeireiro en Galicia e sin embargo o Ministro accede ou pol-o menos non se opón, apesar de que perxudica á industria nacional.
Promete evitar ise perxuicio pero tal como se plantea o problema difícil vai a ser que o consiga.
O loitador deputado Suárez Picallo protestóu no Parlamento en contra da crisis que eisistía nas madeiras galegas e a sua voz non foi escoitada como a de outros que tamén se ergueron pra defender á Galicia ós que tampouco se lles fixo caso ningún.
En fin de contas temos o seguinte: un amplio proteicionismo pra Castela, Cataluña, Levante, Vasconia, Asturias, protexendo os seus trigos as suas froílas os seus ferros as suas minas, e un abandono total pra o millo, viño, pesca, gando, ferrocarriles, madeira, etc. de Galicia.
Galegos: hai que evitar á toda costa que estas cousas se repitan, e o remedio témolo na man, pois non hai dereito á que dous millóns de homes sexan de difrente condición que o resto dos demás da Hespaña pois nós pagamos como ós bós, e temos en xusticia que protestar contra da maneira de proceder do Goberno con respecto á nosa Terra.
Imponse pra evitar isto, o que nos gobernemos por nós e non depender de xente que nin tan siquera sabe que vivimos no mundo, hastra que chega o momento de cobrarnos as contribucións.
O Estatuto é, o que nos libertará de esa crase de xente, pois soio cando os da casa nos gobernen podremos resolver os nosos problemas e por outra parte habendo un Parlamento Galego, de galegos de verdade, non consentirá que dende Madrid se fagan esas cousas, e a sua voz resoará forte e rexa non como hoxe en que apróbase no Consello de Ministros isto contra Galicia.
Si queredes libertarvos e rexirvos por vós na vosa mán está o aprobar o Estatuto pois, como éste, resolverávos moitos problemas.
Galegos: SOIO O ESTATUTO TRAERÁ A LIBERTADE DA NOSA TERRA.
Imp. NOS, Hortas, 20.—Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713313.xml
NÓS
II
Tamén eu afaneim'en hachar
do meu canto a felice expresión;
tamén eu aspiraba á cantar
do meu peito a pirmeira pasión.
Menta, bálsamo, nardo, azahar...
quén ¡cal élas!.. poidera exprimir,
quén ó pé do teu trono vivir...
densa nube d'incenso queimar.
E decote contigo danzar,
dos teus ollos a vida beber;
o azabache dos rizos peinar
que, axitados, teu corpo ó mover,
asemellan de bucle un colar,
no que prendes a vana ilusión
dos que xogan co seu corazón
xogos ledos qu'ó fin fan chorar....
Noite e día por tí meu querer
soio vive, do campo cal flor,
que tristeira, sin sol, vai morrer
cando o lume lle nega a calor.
E si as i-almas s'añudan n-un ser,
o castigo que pensas me dar,
ó teu peito fará atormentar:
[xusta leil... contra tí ha de volver.
Miña lúa serás, meu amor
outro encanto pra mín será fel,
e por ti, si é posibre, a door,
mais gustosa sería qu'a mel.
Mais... eu coido: cicais meu penar.
cal, á lúa, che faga sorrir....
¿Hastra tí chegará meu sofrir?..
¿Hastra tí chegará meu cantar?....
Betanzos, 1932.
M I S C E L Á N E A
*CONTRA LA PESTILENCIA*
No libro IV, fol. 12 v. dos Libros de instrumentos vistos e anotados por Alonso Yáñez de Palmoy, notario apostólico e chancellor do Cabidoo Ourensán que foi pol-os anos meios do século XV (1467), atópase a seguinte receta:
«Tomen 12 ou quinze graos de loureiro secos e sean bien molidos et cernidos et bueltos con una onza de agua rosada et outro tanto vinagre branco et buelban con ello
doze ou quince gotas de leche de figuera et si la leche non podieran haber, tomen en su lugar dos ou tres leños de la figuera cortados non moy menudos et mezanlo todo con un palo de figuera et denlo todo a beber al paciente dentro de las seis oras que le diere et cubranlo bien et si sudare guardenle la sudor et con la gracia de Dios que el mundo de nada crió, será libre et sano el que esto ficiese; empero si fuere mozo de poca edade o hombre de poca complexión, denle la metad ou las dos partes de esto».—X. L.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571333.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIV ★ Ourense 15 de Decembro do 1932 ★ Núm. 108
MADRIGAL MORTO
Por RAFAEL PAZOS JIMÉNEZ.
Madrigal dos ollos verdes,
viñeches encol do mar
a bicar un mariñeiro
afogado no serán.
Crucificóuse de luces
de sardiña un espadón,
rachóu o ventre das augas
i o corazón sin os dous.
Non vén gaviota sin medo
a pousar sobor dun mastro,
mariñeiro sin acougo
que comunicas cos astros.
Madrigal verde dos ollos
ai! madrigal madrigal,
un galeón pasóu preto
con azas de soedá...
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713314.xml
NÓS
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
CANTIGAS POPULARES DE CEDEIRA
1 Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal; non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal.
2 A muller que ha de ser miña ha de ter cara de pau, a barriga de cortiza e a narís de bacalao.
3 Si ti viras o que eu vin aló lús na baixa mar: dous salmonetes e un crego (1) loitando c-un calamar.
4 Teño polainas de buxo tarrañolas de burel para darlle ó meu compadre porque zurrou a muller.
5 Ainda que son das do toxo, criada na carrasqueira, tamén sei beber o viño como os que son da Ribeira.
6 Eu bonita non-a son fea non me quer ninguien; coidadiño coa bonita que tanto coidado ten.
7 De trebellar con as nenas rompín as miñas polainas; agora teño outras novas non quero xacarandainas.
8 Indo pol-o mar abaixo embarcado no meu bote
9 San Andrés de Teixido, medias azules; tírame pol os zocos non me arrabuñes.
10 Fun á San Andrés tan lonxe c-unha cesta na cabeza; fun por mur e vin por terra o Santiño mo agradeza.
11 Ofrecinme á San Andrés por saber si me casaba; hei de volver outro ano, hei de quedar como estaba.
12 Ofrecicheme unha tunda na casa de Bimbiela; ofrecicheme unha tunda, agora véño por ela.
13 Ofrecícheme a figueira agora véñoche os figos; agora dasme un correlo, agora xa non chos quero.
14 Non quero que te vaias nin que te quedes; nin quero que me deixes, nin que me leves.
15 Pol-o mar abaixo vai o tío Toxeiro, picando no toxo no seu picadeiro.
(1) “Crego”, nome de unha cría de peixe.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713315.xml
NÓS
CANCIONS DE BERCE
229
2 Ah, meniña, ah;
zapato no pé,
sardiña salgada.
pro noso Xosé...
Ah...
Recollidas por
Isaac Forneiro Barandela
1 E que tés,
e que foi;
ehi che ven teu pai
e máis a tua nai...
Ah...
DO CANCIOEIRO DE BORNEIRO (CABANA)
1 O caravel cando nace
medra pol-as catro esquinas;
o amor cando pretende
non conta senón mentiras.
9 Por aiqui vai un camiño,
por aiqui vai un carreiro;
por aiqui ha de pasar
todal-a fror de Borneiro.
2 O que non canta nin baila,
á que vai a foliada?
deprender catro mentiras
para contar de chegada.
10 Vivan Borneiro e Dombate,
Vilaseca e Fontefría,
que eran as catro partidas
onde eu me adivertia.
3 Mozo que estabas na porta
coa man na faltriqueira:
o que ven pra namorar
non se pón de isa maneira,
11 En Borneiro hai boas mozas,
en Vilaseca fror de elas,
en Dombate son choronas
e no Briño micaelas.
4 No muiño onde eu moio
tamén moie unha señora;
chégalle o gran, queridiña,
chégalle o gran, que non roia,
12 As vellas do meu lugar
levan un ruido armado,
por causa de unha galiña
que quixo montar un galo.
5 Rego arriba, rego abaixo,
eu e mail a miña moza;
rego arriba, rego abaixo
armamol a nosa roza.
13 Os mineiros da Cidá
todo é unha pandilla;
nunca pensaron que houbera
mineiros na Cagalliña. (1)
6 Costureiriña bonita,
dime dónde tel-a cama.
—Na orilla da lareira,
entre un mendiño de palla.
14 Si os señores son conformes
eu quero vel-o retrato,
solo por ver á Prudencio
salire arrodillado.
7 Moito liño fai aresta,
moito fiado fai pano;
o que ten a muller vella
ten bacalao todo o ano.
15 O que podemos decir
dentro de catro chavolas:
que non atopamos máis
que anacos de cazolas.
8 Onde hai rapaces, hai bulla;
onde hai mozos, alegría;
onde hai dous vellos na casa,
roñan, roñan todo o día.
(1) Esta cantiga e algunhas das que siguen fun referencia
ás escavacións feitas no castro «A Cidá», da parroquia de Bor-
neiro. Cagalliña é o nome de un barrio de Vilaseca, lugar da
mesma parroquia e de onde había algúns traballadores nas ditas escavacións.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571339.xml
NÓS
cer, cicáis pol-a tendendencia un pouco socarrona do noso esprito.
Pra o novo ano temos coñecimento de que se preparan os seguintes libros de verso: «Nao senlleiras», xa no prelo, de Fermín Bouza Brey; «Corazón ao vento» de Aquilino Iglesia Alvariño, e «Poemas do sí e do non», de Álvaro Cunqueiro. Coñecemos os orixinais dos tres libros. O primeiro recolle as xoias líricas espalladas en revistas pol-o seu autor, i engade algún inédito. Non creemos —oxalá nos desminta a realidade, pra orgulo e gloria da lírica galega! — que, sexa superado en moitos anos. O segundo prosigue e depura a liña de «Señardá». É un libro sinxelo, espido, feito cunha fremosa inxeleza, na que o poeta se nos dá enteira e humana- mente como é. O terceiro é un feixe de poemas de vangarda, algo ao Alberti, que aporta novos matices á estética de «Mar ao norte».
Otero Pedrayo ceibará o aplastante aerolito de un «Xelmírez». Trátase do relato novelado do viaxe do gran galego a Roma pra outel-o palio arcebispal. Temos escoitado a leitura de varios capítulos de esta obra. Os trozos evocadores da vida do medievo, o desfile de tipos, as descricións de cidades, produzéronnos unha impresión de estraordinaria grandeza. Todo o mundo cristián medieval está n-ise libro evocado pol-a varcla máxica da arte; como o mundo helenístico está na «Afrodita» de Pierre Louÿs, como o mundo cartaxinés está na «Salambó» flaubertiana, vivo, poderoso, rico lostregante. Ademais, un Xelmírez de Otero — hai que decilo— non é menos interesante que un Napoleón de Ludwig. Se o autor de «Arrededor de sí» acerta a depurar a acción novelesca, a unxila de sobriedade, a reconcentrala, a erguela a súa nova obra será a súa obra definitiva, e Galiza terá dado unha figura á literatura universal.
Agardamos tamén pra o ano próximo un libro de relatos de Castelao, lidos xa algúns na festa da prosa que fai anos celebraron o Seminario de Estudos Galegos. Creemos que o xenial artista non deixará decorrer o 1933, sen nos brindar ise presente tanto tempo esperado.
Desexaríamos eisimesmo que a «Mitteleuropa» de Risco aparecera axiña, e que Filgueira Valverde nos dera a antoloxía da literatura galega que algunha vez nos prometeu.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/11571334.xml
AS LÉNDAS DA FONTE PORMÁS
Por ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS
A maxinación popular teceu á carón das fontes feixes de léndas que viven no arquivo do fogar aldeán dende tempos moi lonxanos. Afastados do eixe central da historia, os pobos máis isolados mostran hoxe as súas manifestacións folklóricas que pasaron de xeneracións á xeneracións con poucas misturanzas; en troques aqueles que ficaron nos vieiros que daban paso ás novas culturas tiveron unha misturanza con formas alleas axeitándoas craramente pra eles, evolucionando do mesmo xeito que evoluciona a cultura.
Non é doado precisar o orixen de moitas lendas e o momento en que o pobo se fixo dono d'elas, entraron no pensamento das xentes con tenreza primitiva e conservan a sinxeleza que as fai máis familiares, cando se refiren nas noites de invernía entranto zoa a cachopeira nos agros de o pé da porta.
Os motivos que deron lugar ás léndas son moitos, e non sempre se respetou o primitivo lugar do emprazamento, misturándose con outras, apricáronse á novos ouxetos.
As fontes teñen un folklor abundoso e intresante. Quizáis a veciñanza á moimentos de orixen lonxán que o pobo non tivo ó seu alcance deu comenzo ás léndas que máis tarde colleron no seu circo os nacentes de auga que afloran á superficie nas prousimidades de Santuarios e teñen as maores propiedades meiciñentas. Os favores do santo amóstranse nas augas; ista auga, que pra percurala é mester levar á cabo longas camiñatas, afasta da casa os agoiros, fadas, esconxura o trono e mata os bechos nos eidos esparexida con ramos de oliveira, traendo a fartura ó fogar. Os nacentes que fican perto de an-
tergos moimentos onde o pobo olla a obra dos mouros mostran o seu encanto en detremiñadas ocasións i-en difrente forma, alí fica escondido o tesouro cuio desencanto e anceio máis vivo que latexa na pantasía popular diante o ouro fabuloso das léndas milenarias. Iste ouro cobizado non sempre queda soterrado baixo a garda da briosa serpe, do xigante, da rumbosa tendeira ou da belida dona que peitea seus cabelos con peites rechamantes; ás vegadas o ouro corre misturado co-a auga que vai lodenta i-endexamáis a bebe quen á ela se arrechega, laiándose despois ó saber as riquezas que abranguía no intre que deixou de beber. Canto estoncias decorría era ouro e os beizos do sedento pousando na lodenta auga desfacían o encanto.
Algunhas fontes son visitadas pol-as bruxas os sábados como acontesce na fonte do Castro de Famelga (1), e outras non poden ser olladas por elas maormentes na noite de San Xohán; pol-a noite as augas teñen a vertude do santo, por iso se recolle denantes de sair o sol, lavándose con ela pra que non doian os ollos. Se aquela noite as meigas tocan á auga da fonte descubren os seus segredos quedando espídas de toda arte máxica. Tal é a creencia que recollemos en Loureiro de Cotobade, n-outros sitios son as mouras quen se peitean na fonte (2). Istas meigas semellan as gofas que non poideron
(1) Famelga, lugar da freguesia de Augasantas no concello de Cotobade (Pontevedra), Información dada por Xosé Raxó.
(2) No outeiro de Vimieiros ou de Doniz é unha moura quen peitea seus cabelos n'unha fonte que aparece ó poñerse ela sobor d'uns penedos. Vid. Catalogo dos Castros Galegos. Fase. II, Terra de Celanova, pax. 8.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713310.xml
P A P A I
Por ALVARO DAS CASAS.
Pra Xurxo Lourenzo.
Na noite, pecha e fonda. Estrelas que cintilan esvaidas no luar, later de cans nas lonxanías e o mormurio dos regatos que rechouchían á ferver ledicias no colo, requentado de néboas dos amieiros.
No curro de Paio Carballo, isolado de falas, conversan dous cativos: mans afiadas pol-o vento, beizos enmarelados de friaxe, ollos quentes e trenguelear pol-as ponlas espidas dos arbres onde o moucho asubia sen espanto.
—E tí, víchelo ben?
—E si que o vín.
—Estaba teso, rexo, com'un garabato.
—E xelado com'os monecos de neve; pal péille unha man, e semellaba pedra orballada na mañanciña.
—Longo, longo, coma si medrara no intre final.
—E tiña os ollos abertos ollando pra ningures.
—E os cabelos húmidos, non sei aínda si húmidos de suor, de sangue, ou de chuiva.
—Por acaso húmidos de bágoas.
—Ninguén o chorou.
—Dín que Nosa Seora chora por riba de todol-os que non teñen nai que os chore, (longa pausa).
—E morreu esí, sen saber como.
—Esi, com'os pelengrinos dos contos da escola.
—Eso non. Os pelengrinos teñen rente un anxo de asas de oiro que olla azul, como a estreliña do abrente.
—E Bastián de Miñortos, o coitado, pelengrinou por todol os camiños do mundo.
—Afilador... Afilador... Aínda estou a escoitalo cando se foi pol-a terra chá.
—Bastián de Miñortos!. Nome pra casorio con aquela fada que denantes salaiaba dende o máis outo do castelo de Ourís, (longa pausa).
—Agora non voltará á falar endexamáis.
—Foi home bó e falará cos santiños do Ceo.
—Non poderá; fáltalle a fala.
—Di miña nai que ás boas xentes chámaas Deus cando morren, e alá van rente d'Ele á falar con santos e mail os querubíns.
—Tí non te decatas ben! Bastián de Miñortos non ten fala pra falar, si a tivese preguntaríanos pol o seu fillo Pepiño Nombelo.
—E non preguntóu.
—Nin ten ollos pra ollar.
—Os ollos tiñas ben abertos, desto si me decatei. E que medo daban!
—Non, non; non ollan xa. Nin á ti nin á min nos coñecen.
—Ou si, o que pasa e que coma non ten fala non puido decirnos ren.
—Son ollos que non ollan; as Virxens das irexas tén ollos esí.
—Mais os santiños ollan, e levan conta das xentes ruins e dos homes de ben.
—A conta lévanna pol-o cheiro.
—O qué?
—Os maus pensamentos botan cheiro de xofre.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713316.xml
16 O traballo da Cidá
hase de ver nos diarios,
pra que veñan vel-as fincas
de os nosos propietarios.
17 Tel-a camisa ben branca,
bueno á quen cha lavou;
tua nai no lavadoiro
canto xabrón lle botou.
18 As nenas de Vilaseca
todas xuntas n unha eira
unhas cantan, outras bailan,
outras andan a xaneira.
19 Ai que pereira tan alta,
enriba ten mil enredos;
os mozos, cando pretenden,
nunca ten os ollos quedos.
20 Costureiriña bonita
a tua agulla picoume;
como eras bonitiña,
a picada consoloume.
21 Aquil que anda no baile
vai poñendo no sombreiro;
vai fumando no cigarro,
pode fumar bieiteiro.
22 Si ti queres e eu quero,
quen nol-o ha de privare,
de facel-a cama xuntos
para mañán madrugare.
23 Fun ó muiño con Paula,
fun ó muiño con ela,
24 fun ó muiño con Paula,
fun en paz e vin en guerra.
25 Mui muiño, mui muiño,
bótame a fariña fora
que a filla da muiñeira
ten un cantar que namora.
26 O muiño no-é muiño
que é a capilla dos ratos,
donde se daban os bicos
e mail-os moitos abrazos.
27 Miña nai, tiraime a cea.
si querés que vol-a coma:
teño que ir ver unha nena
antes que a lúa se poña.
28 Miña nai, dádeme a cea,
que quero ir ver á Carmela,
que hai moito que non-a vin
e xa toleo por vel-a.
29 No lugar de Vilaseca
hai unha pedra picada,
para se sentar os mozos
cando ven da foliada.
Saralala estaba mala,
veulle o sol pol-a ventana;
erte, Saralala, erte.
—Non podo que estou moi mala.
Recollidos por
Xaquin Lorenzo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/30/3053/3053da8e-36e9-4dd2-bd01-d98a40146751/115713320.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
De los Profesores
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu'os seus fotograbados sexan o mais perfecto posíbeis, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqúira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO