https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157147&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714727.xml
Os pobos somentes son grandes pol-a cultura.
Mercade Libros Galegos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714721.xml
II VIENA
PRECURA D'ACHEGO
En Praga, enantes d'ir ao tren, naturalmente, merquei a Guía Grieben. Já teño falado das guías Grieben: Grieben Reiseführer. De cada unha hai dúas ediciós: grande e
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714713.xml
NÓS
Un intre esenzal e dramático aquil da polémica entre Martín Lutero e Desiderio Erasmo. A vella fadalidade dos bosques de Arminius mandaba contra todas as aparenzas —amor, ceibe eisamen, sinxeleza apostólica, legría— no Doutor de Wittemberg. Non tivo medo de disparar o tremendo pelouro: «si Deus está connosco non estará o diaño e soio arelamos o ben, mais si non está Deus está o Demo i-entón soio podémos querer o mal». Xa o humanista de Basilea tiña salvado a dinidade da natureza humán e a gracia do renacentismo.
A EISISTENZA DA SERRA DE AVIÓN
Do meu balcón de pau dibuxado por Castelao e posto no canto de aquil outro onde as pitas rubían aos hombreiros de Vicente Risco pra picarlle as gafas como si foran figos, miro a serra de Avión. E da sua curva azul e demarcadoira sai outra das grandes demarcazós do pensamento, ¿esiste ou non o mundo esterior fora do meu pensamento? Si eu non a penso ¿hai ou non serra de Avión?. Perdoade a forma de vos lembrare o problema esencial cuio intrés agora pra nós histórico, está en sinalar outro contraste entre a Occitania e a Atlántida. Os Occitanos crén todos na realidade eisterior. Viven n-ela en todas as formas e decorreres das culturas. Son clásicos como mediterráneos. Cecáis a estilación filosófica da Saudade levara a un irlandés o Bispo Berkeley a fondar o Idealismo Absoluto correxido deseguida inxenuamente e saudosamente por a presenza e participazón de Deus. Ouservade, paralelamente, como os mediterráneos os de mente en forma clásica cando acollen o Idealismo son en xeral hegelianos como os italianos Spaventa e sobretodo Gentile.
Fálase moito do sentimento da natureza nos Celtas e do seu panteísmo. Mais fixando ben compriría chamarlle diversamente ao seu tratamento poético i-especulativo do mundo. Sensibilizano, dánlle unha certa vontade, dispoñen ao seu xeito as categorías esenzaes. Toda a sua loita é amor co mundo moi distante do Spinozismo centífico ou vulgar. Pol-a Saudade liberan ao mundo das suas cadeas lóxicas e realizan o miragre de vivir no fío esenzal do decorrer do esprito, en chea sobranía pol-a Liberdade.
Trasalba, Agosto, 1934.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714711.xml
NÓS
A liña lygur vai pol-a tradicion cristiá e o románico dos camiños de Sant-Iago a cantar na uliveira de Mistral.
E a graza grega está n-un releve do Museu de Marsella cuio significado esprica un pasaxe de Strabon. Unha sacerdotisa levando nos brazos unha estatuíña rube a unha nau xa tripulada por mariñeiros e pronta a bogar. Son os efesios saíndo a inzar colonias e portando a deusa. Artemisa ou Diana non sagrificaría n isas ribeiras a ningún estranxeiro. Graza grega sempre vivente baixo a forza romaa. Graza de poema dos xéneros menores.
Cada pátria ten o seu modo de interpretar ou seguir a leición do pasado. Fica, non a maneira de Cicerón repetida en todol-os manuais. Na forma de atacar os problemas. A N Occitania como método de craridade, alonxando os monstros, cantando a maxinación criadora, e como elexía ben difrente das formas líricas da saudade.
UN «LIMES»
Alicante figura ser o marco Sul da Occitania, correspondendo en certa maneira ao Algarbe lusitán. A pequena catedral de Orihuela pode ser irmá das basílicas da Gallia Occitana do centro montesio francés. Diante a veciñanza da outanería alternada con fadalidade abencerraje de Granada garda o acento de Alicante e o vivir e o traballo seu sentido craro e latino. Entre todas as Terras ibéricas ten hoxe Alicante a sorte de ser tratada por finos letrados. Azorín, Gabriel Miró, Valéry-Larbaud. Sería interesante e suxerente —pódia que se teña feito, non-o sei— afastar nas páxinas de Azorín as inspiradas pol-a terra e a psicoloxía alicantina. Bule n-elas unha legría, que non teñen as páxinas murcianas onde se adensa a tristeza dos pobos e o roxo torrón fadalista no solpor. Tamén Azorín aínda sen decilo sinte máis como capital a Valencia que non a Murcia. En Miró un luxo, unha riqueza de sentimento cecáis doorida sen o dicir pol-a desmasía da lus mediterraña. Valéry-Larbaud semella o artista namorado do azul Engaiolouno de neno na sua terra de «Alleu». Pro seu azul non ten rén co berro vitorio-
huguesco, e máis relación ca saudade de Mallarmé: «De l'éternel azur la supreme ironie». Soio que co signo contrario. En Alicante Valéry non procura un fondo de mar pra esmaltare a decramación da Odisea, que fan todos os bós bacheleres franceses. Sabe no pequeno pobo durmir a sesta na onda priguizosa de un estilo de vida, de leviáns esenzas Occitánicas, esmorecendo diante o negativo argumento africán.
GYMNESIAS E PYTHIUSAS
Non poderían roldar na rolda das Cícladas. Non ten morto n-elas ningún deus con pranto de escumas e armoñosos salaios de solpor, nin foron berce de númenes. Os deuses non nascen nin morren da Sicilia pr'acó. As Baleares como o Roselló, a Cataluña, toda a Occitania —cerne ou aureola— espertan co cristianismo, despoixa de se ter afirmado ca lei romá. Granados das Gymnesias, pinales das Pythiusas, frol na roca branca, dozura de oásis, no deserto salgado. Soio falaron ca verba mística e sintética de Ramón Llull. Dinantes foron imperio. En Miguel Costa e Llovera os ámplos versos clásicos abrangueron a valentía do piñeiro e a lei latina.
Compárese o laio de dúas elexías simétricas: a «Canción a las ruinas de Itálica» e o Teatro romao de Pollensa, Rodrigo Caro e Costa e Llovera. Mais fadal a desespranza do andaluz, pois foi a Bética, Tartessos, e devalou n-ela a mareia africán. Un pouco de esprito grego, volátil, gracioso, salva con certa aparenza de saudade a malenconía da roína balear. E o vento na frouma do piñeiro de Formentor brua un «andante» romántico.
Da outra banda de Iberia o canto étnico dos piñeirals pondalianos. Tamén o bardo da Ponteceso tiña gostado da madrugueira poesía dos gregos, mais non parés ser un latinista como Costa. Fica en Pondal un austero amor ao tipo lacedemonio e aos herois da Liberdade.
Un tema cheo de motivos: o helenismo na Céltiga. Sen dare á verba o sentido coutado que foi —e aínda será— corrente na Germánia sobretodo nas letras do tempo da forma-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714725.xml
NOS
de Valdeorras. Como os acios que arrecadan as sanas e fortes mozas do podente deseño da portada.
R. C. C.
EL ECO DE UN REGICIDIO, por Armando Cotarelo Valledor; de «Anales de la Universidad de Madrid» tomo I, fasc. 1 (Letras) 1934
A. recolle eiquí curiosas notizas tocantes ás preces, rogativas e festas que se fixeron nas cibdades galegas co gallo do atentado do Cura Merino contra a Raíña Isabel II, en 1852, collidas da coleizón que posee de El Eco de Galicia, xornal que se publicaba en Santiago, dirigido por Neira de Mosquera e imprentado por Rey Romero. Constituie unha boa evocación da vida galega d'aquil tempo por fala da imprensa, sociedades, costumes, teatro, etc. Pubrica ademais anacos d'artigos, e curiosas poesías castelás e galegas de Domingo e Alberte Camino, Turnes del Río, D. José Trevijano, un descoñecido, cuías iniciás coinciden coas do despois coñecido republicano Pérez Costales, Sergio Valladares (irmán de Marcial Valladares), D. Celestino de la Peña, outro J. M. P. M., posiblemente o impresor d'Ourense Johan María de Pazos, e notiza d'outros periódicos, coma El Coruñés, e El Faro Marítimo de Ferrol. En todo elo fan gala os poetas e periodistas d'un grande entusiasmo monárquico e patriótico, que nalgúns non durou moitos anos. É iste traballo unha boa aportación pra a historia do noso século XIX.
MODELOS VIVOS DE LA FELIZMENTE ACABADA AVENTURA DE LOS LEONES (papeletas cervantinas), por Joaquín Arias Sanjurjo Par-diñas, Santiago 1934
Proponse n-esta papeleta o A., que é un eruditisimo cervantista, do que o primeiro traballo exexético en col do «Quijote» publicouse en NOS, probar que o modelo vivo da aventura de Don Quixote cos leóns, foi a ocurrida a D. Juan de Austria no Alcázar de Tunez, en 1573, cun león amansado que había no xardín, asegún refire o cabaleiro Don Luis Zapata de Calatayud nas súas «Misceláneas», texto copiado polo P. Coloma en «Jeromin». Próbao co a biografía de Cervantes por Navarrete, que dí que Cervantes estivo en 1573 en Tunez con Don Juan de Austria. É a teoría do A. que o «Quijote» está cheo d'alusións a persoas e feitos contemporáneos, que compre pór en
143
craro. E promete, tendo tempo, escribir outras sobre a ascendencia galega de Cervantes, ados Cortinas, dos Quixadas, o personaxe que sirveu de modelo pra Don Quixote, a aventura do corpo morto, etc.
LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO, por C. Pérez Bustamante y S. González García Paz, Santiago 1934.
Publicación do Instituto de Estudos Rexionais da Universidade Compostela. Este libro contén en resume a historia da Universidade Compostelá e dos colegios co ela relacionados, dend'o Estudo Vello de Lope de Marzoa deica os nosos días, con especial consideración da vida interior do Centro, dos Mestres, provisión de cadeiras, categorías; dos estudantes, ensames, grados, cerimonias, vida e vestimenta escolar, batallón literario, etc. Estuda logo a Biblioteca Universitaria, a sua historia e os seus diversos fondos; o patrimonio da Universidade e suas vicisitudes; a Residencia d'Estudiantes; os edificios actuais da Universidade e a sua historia; os plans d'estudos actuais; serie cronolóxica dos Rectores dende 1501 a 1934; abondosa bibliografía, e 25 láminas con representacións dos edificios universitarios e suas dependencias, códices da biblioteca, documentos, etc. É un utilísimo resume, verdadeira guía da Universidade Compostelá, actual e histórica, feito con primor e coidado.
REVISTAS
BROTÉRIA, Lisboa, abril 1934.
Sumario: Riba Leça, Esterilización e eugenismo. A. Rocha, Escola única e co educación dos sexos. J. da Costa Lima, Revolución necesaria. Luis Gonzaga de Azevedo, Cortes de Guimarães. E. Lombart, Direito canónico. Com o sangue dos Lavradores. Serafim Leite, Um Centenario Célebre. Notas e factos. Revista de Revistas. Bibliografía. Obras recebidas.
Id. maio 1934.
Sumario: Paulo Durão, Acción Católica e Acción Religiosa. Mariano Pinho, No Estado Novo. Riba Leça, Esterilización, não; eugenismo, sim. A. Rocha, Educación Sexual. Artur Varela Cid, Empról do vôo-sem motor portugués. Luis Chaves, Forma de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571476.xml
derradeira—dada no Paraninfo da Universidade Compostelá, por non coller a xente na aula ond'il espricaba—acodiron as mais notabres persoalidades da intelectualidade galega, qu'aquil día congregouse ao seu redor. Cabeza de León espricou alí unha fermosa síntese dos seus estudos e opiniós en col do Tribunal Internacional de la Haya.
Non embargante, instado pol-a Faculdade, sigueu espricando a sua cadeira vountariamente deica fin de curso. A sua leición derradeira efeitiva, dada o día 20 de maio d'iste ano, tivo un final emocionante co-a despedida que lle fixeron os seus alumnos. Amañecendo o día seguinte, faleceu de súpeto Don Salvador. O seu enterro foi unha impoñente manifestación.
A O B R A
Don Salvador Cabeza de León foi poeta nos seus anos mozos. Os seus escritos poéticos están recollidos no libro PRIMICIAS pubricado na soada Biblioteca Gallega de Martínez Saiazar.
O resto da sua obra pódese clasificar en dúas seizóns: estudos xurídicos e estudos históricos.
Antr'os estudos xurídicos podemos mentar os seguintes:
ALGUNAS IDEAS DE SAAVEDRA FAJARDO REFERENTES AL DERECHO INTERNACIONAL.
EL SISTEMA DE LA PERSONALIDAD DEL DERECHO.
DICTAMEN acerca del funcionamiento de la Dotación Carnegie para el mantenimiento de la paz.
RESPOSTA ao inquérito do JOURNAL DES NATIONS de Genebra en col do probrema do desarme.
Colaboración no Estatuto Galego.
Antre os estudos históricos:
NOTAS SOBRE LA DISCIPLINA ESCOLAR EN LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DURANTE LOS SIGLOS XVI, XVII Y XVIII.
FUNDACIÓN BENÉFICA RAMÓN PLÁ.
EL MOMENTO ACTUAL DE ESPAÑA.
UN EPISODIO DE LA VIDA ACADÉMICA DE D. DOMINGO FONTÁN.
O CONDE DE MONTERREY E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO.
A INSINANZA DO DEREITO ROMÁN NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO HASTRA O PLAN DE ESTUDOS DE 1772.
NOTAS DE UN PREITO SOBRE APROVEITAMENTO DE UNHA BALEA.
Compre faguer notar que o mais da obra de D. Salvador Cabeza anda espallado en xornais, revistas e boletís técnicos, sen falar dos seus discursos, dos que tivo moitos notabres, pois tivo merecida sona d'orador.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714718.xml
MITTELEUROPA
(Proseguimento de Da Alemaña)
por VICENTE RISCO
I PRAGA
que remata por non ser exótica; Asia que se volve Europa (ou Europa que se volve Asia); slavismo que se volve germanismo... Non sei ben, deféndome con ditos abstractos, o qual non debe ser. A cousa é moito mais doada, somentes que non atino. O certo é qu'istes bordados espertan en min certas lembranzas d'impresións tidas de moi novo, nen sei en que leituras, nen sei en qu'imaxes... Cecais certas gravuras de libros antigos estilo Gaspar y Roig; cecais libros de viajes refollados noutrora, nos que se cadra istes bordados non figuraban pra nada... Cecais algún tipo de librego húngaro... Eu que sei? Se cadra, calquera día revélase de súpeto o misteiro.
Os mobles, en troques, son todos d'estilos coñecidos. O que non é o mesmo é o gusto. Por unha vez, non emprego eiquí as verbas estilo e gusto no senso que lle dá Spengler. Gusto n-iste caso refírese á sensibilidade, ao xeito especial que pode ter un pobo de sentir un estilo. So mentes co-iste sobrentendido podemos falar, por eixemplo d'un barroco galego. Un estilo barroco noso, digo. Ora, s'o barroquismo s'entende com'unha calidade do temperamento, com'una predisposición, d'aquela, nós somos barrocos, mais istes homes da Europa Central son tamén. E ben que o son.
S'imos procurar semellanza, temos que falar de dúas importantes, co-a importancia tremenda que ten a música n-iste respecto: a zanfona (niniera, en checo) e mais a gaita de fol. Crar'está que o ronco e mais o pun-
teiro da gaita checa rematan com'un saxofón; no demais é igual á nosa. Non ten nada d'estrano: a gaita e mais a zanfona foron instrumentos estesos por toda Europa na chamada Edade Meia. Pol-o tanto, non é estrano que s'atopen na Galiza e na Bohemia. O que já ten mais de particular é que se conserven n-unhas terras e n-outras non. Por qué razón os homes d'estas terras seguiron apegados a istes instrumentos? Non pode isto indicar certa semellanza psicolóxica? Ora, a gaita tende a persistir nas terras céltigas: Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Galiza. Mais esta é unha terra slava, con colonización germánica. Certamente; mais os slavos foron eiquí invasores chegados de Oriente; eiquí houbo primeiro outra xente. O nome d'iste país—Checoslovaquia é un nome moderno, un nome da postguerra, e indica somentes unha entidade política, aínda que esta entidade corresponda a unha entidade nacional, millor dito, a dúas realidades nacionais: checos e eslovacos, a mais, se contamos outros pobos da parte oriental.
O nome d'iste país, digo; é Bohemia, e este nome venlle d'un pobo céltigo, o dos Boios, que habitaban eiqui na Antiguidade. Os Boios desapareceron da historia dende comezos da nosa Era. Non quedaría nada d'iles?
Se precuramos desemellanzas, podemos ollar a chea d'ovos de Pascoa pintados que s'atopa n-iste Museo, algúns ben lindos por certo. Eu non sei se todo será desemellanza. Veleiquí a Charramusa, boneca de palla e
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571472.xml
BOLETÍN MENSUAL
da
CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL' CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00 »
Número solto 0'70 »
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará máis orixinais qu'os que foran directamente solicitados pola Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
DON SALVADOR CABEZA DE LEÓN, †
NOTIZA E VOS DA VIDA FONDA, por XOHÁN LUÍS RAMOS.
OCCITANIA E ATLÁNTIDA, por RAMÓN OTERO PEDRAYO.
DERRUMBAMENTO, por LUÍS MANTEIGA.
MITTELEUROPA, por VICENTE RISCO.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos.
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571477.xml
NÓS 125
NOTIZA E VOS DA VIDA FONDA
Ven en silencios abertos como feridas n'isa hora cangada de esaititudes inuties en que o vó d'un áa é cruz e soma eterna.
Acorada a serán, sulagado o ceo, cando afogado todo n'unha chaira, pol-os ollos densos, de verdor noiturno.
Por total-as firgoas que abriron nos espellos os sonos.
Nas regueiras de lus parada e marbre.
E n'isa liña atenta que separa ao tempo dos ríos i-os azues.
N'un ár esquencido da sua astronomía de soles e degaros.
Nos corpos que axuntaron pombas coa presa inútil, pol-os brazos nuos, de faguer mais novos os adeuses.
E no calado durmir das veas acougadas no relenzo absorvente da sua vos quente, e nos pulsos apretados pol-a tensión das suas mans mais axiles.
Ven non se sabe si ausente, fría, absorta na deleixada corrente. Pero pura e nada no tempo luminoso antes do sono iñorante do opaco dos diamantes.
Nas mans que acenan crabadas no lombo do horizonte pol-a fría lus morta da fría escuridade.
Non queda xa aquel filo d'ausenza da rapaza enferma na estría do vento longo que inventaron as águias. Pero hai que ter os ollos escondidos no vento i-esquencer o degaro—teupa pol-a crara vea azul que biquei na noiva loira— de chegar en apertas de ríos e camiños a total ausenza.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714723.xml
NÓS
nos dentes. Co convencimento de qu'o goze da vida áchase n estas pequenas cousas, tan vulgares que chegan a ter esprito. Un pedazo en calma n-unha cámara tépeda, n-un asentadoiro mol onde se poida reclinar o lombo, apoiar a testa e descansar os brazos, na dozura longa de non facer nada. Fumei deica o cabo un pito da caixa verde Memphis. Era o derradeiro, e había qu'ir precurar tabaco. Vestínme e sain.
Son ruas do século pasado, mal empedreadas, con boas casas, algunhas antigas antremedias, moitas tendas modestiñas, algunhas com'as de Praga, todo moi comprensibele e natural e adoitado, e non coma o de Berlín.
Pouca gente. Cheguei deica a eireja de Sta. Sabel, ojival, con mercado arredor de froitas, froles e legumanzas, un mercado de cibdade galega. Pasa o carro eléitrico, e hai unha parada d'autobuses vellos e deslucidos. Pol-a outra banda, a parede do jardín e as cúpulas verdosas do Belvedere, onde viveu o Archiduque herdeiro do Imperio, asesinado en Serajevo. Fai matinar o fado crudel d'istes derradeiros Habsburgos, a quen Ruben Dario comparou cos Atridas. Por enriba están as estacións e o cinturón de Viena, e pol-a parte oposta vaise pr'a cibdade por longas ruas: Argentinierstrasse ou Mommsemstrasse. Ouservei que eiquí as ruas chámanse case sempre Gasse (canella) e raramente Strasse (rua, estrada). Esta parte non é fea, mais é tristeira e morta. A eireja estaba pechada. Volvín pr'a casa.
XANTAR
Chamaron a jantar c'unha choca pequena, coma facían outrora n Ourense na fonda de Cuanda. En calquera pousada de hoxe, terían vergonza de facelo; mais se souperan qu'o fan nada menos qu'en Viena, sen dúbida qu'eran capaces de volveren impór a moda. Así somos d'absurdos na Galiza do século XX.
Leváronme A Speisesimmer. Atopei cinco donas sentadas á mesa, unha d'elas, a das antiparras que me recibira o día antes. Outra era unha vella tamén d'anteollos, afeizoada a ceibar frases en inglés e francés.
Un comedor modestiño e antigo, pero fino e cómodo, con certo estudo dos detalles. Serviron sopa, jamón cocido con puré, e un d'istes biscoitos alemás. Pra beber, auga: unha gran jerra de cristal no meio da mesa, e cada un, un vasiño pequeno. Tamén tíñamos cada un seu saleiriño, e un boliño pequeno de pan.
Elas falaban todas a un tempo. Pasou tropa pol-a rua, e erguéronse todas pra vela pasar, cheas de gozo. As mulleres son as mesmas en todos lados, e en todol-os tempos, por moi modernizadas que parezan; e no seu curazón, a competencia co militar é imposible. Porque o militar ven ser o representante típico, eixemplo simbólico da masculinidade. Aínda puiden comprobar de novo iste meu pensamento. Porque, de que se sentaron, seguiron falando. Elas falaban, eu calado. E falaron d'unha parada militar que seica houbera había pouco. As cinco donas a unha e a coro, asentían aos ditos da vella, que se layaba do desaparecimento dos lindos uniformes d'outro tempo. Porque eiquí ven aínda outra consideración: fora da ecuación: marcialidade = masculinidade, acontez que os militares son os únicos que poden competir co as mulleres no lucimento dos vestidos; un uniforme sempre está cos vestidos de sociedade das mulleres, mais a tono que non o noso frac, tan tristeiro e tan solemne.
Despois de jantar, as donas fumaron. A rapaza das antiparras trouxo unha caixa con tabaco e papel e púxose a facer pitos. Entón eu perguntei onde podería cambiar diñeiro, e o enderezo do correio pra recoller as cartas que me mandaran. Responderon moi amábeles, dándome toda sorte d'indicacións.
DOUS MOIMENTOS
Surtín, fun A Südbahnhof cambear os 50 marcos que me quedaban, pol-os que me deron 89,10 schilling, volvín á praza da eireja, e pillei o autobús núm. 7 que, por 30 groschen, levoume A Stephenplatz.
Atravesamos sitios moi fermosos, con moimentos e prazas manifecas, todo un pouco parisién, mais lindo e máis señor qu'en
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714716.xml
134
termo, Pouco importa que loite contra o meu pesimismo, contra este vencimento que fai de min unha cousa nas mans das cousas, que mais ten, si non logro refacel-a miña vida, a intimidade da miña vida, única cousa que creio que se pode faguer, única cousa que me pode salvar, e na que ainda creio, porque me sinto a min mesmo rebulir baixo o asoballamento de todal-as cousas.
E así coma vefio a este cuarto garimoso, a aquecer a soedade da miña i alma na quentura doce dunha intimidade compartida dende o fondo mais fundo das entrañas. Eu veño coma sempre, porque no meu estado coido que xa sería casique todo, ter 4 miña beira unha i alma que vive con un cordialmente as propias doores, e xa que n’a teño, gosto de ver pura e ledamente como a teñen dous seres que están moi perto de min. Non, en min non fraqueian as ideas elas están en pé tan outas coma sempre, o que non se sostén é a posibilidade de realizazón porque xa non poido creer nos homes en conxunto, porque topei moi fondamente c-oas suas ambicións, c'os seus resentimentos, con todas esas suas, cousas baixas que me desfixeron a vida. Pro creio ainda que hai homes que se salvan das cousas noxentas, e por eso creio que se pode faguer todo o que depende de un mesmo, por esto penso que o único que cabe faguer é salvar a propia vida e logo todo o que se poida, por esto gosto de xuntarme a estos seres que sin narcisismo van faguendo o que eu quixera faguer e non poido. Eu xa vos dixen que vefio coma sempre, coma o home que torna a si mesmo, coma o creente que vai falar con Deus.
Os bastidores ergueitos deixan entrar a luz i a brisa do serão que morre, o ceu escurece mainamente. Nos tellados de lousas hai herviñas frolidas. Eiquí, no cuarto garimoso todo e vida quente, vida de dúas i-almas sutís, que non voltan as costas o mundo, inda que repousen lonxe d'él, no sagro silenzo da sua intimidade, vense as dúas manifestacións dos seus espritos distintos, esta dualidade dos sexos na que descansa a vida. ¡Cántas cousas van pol-o mundo adiante nacendo dos homes e chamandoos! Eiquí podemos ollar pra moitas cousas, libros, cadros, obxetos, retratos. Eu camiño por antre
NÓS
as cousas coñecidas, coma por antre os meus amigos, dos que son fonda remembranza. Todo me fala d-eles, todo me fala desto que ainda se sostén en pe dentro de min, por obra e gracia da sua presenza. Vos non sabedes coma se agarra un a cousa última. Eu sintome eiquí descansar ledamente de todalas cousas, eu sinto que todal-as cousas se van lonxe nada mais por os pés neste cuarto, e xa podo rir e chorar sabendo que alguen recolle docemente as miñas emocións. Eu veño coma sempre, pro os meus ollos atopan con algo insospeitado, ela está a chorar i-está sola antre as cousas.
—éTi que tes?
As bágoas rodan lentamente como doas d'un rosario que se desfai. Non é chorar de door físico, vese ben como é algo que se rompe na sua i-alma, algo moi fondo no que descansa a vida. Eu sei do meu chorar, sej do chorar dos homes, conozo todal-as doores; inquédanme máis as bágoas d'un ser qu'o bruar d'unha tormenta. Uns ollos tristes, embazados, ollan pra mín co a sua luz gris.
Non hai eiquí o que ti vés buscar, xa é hora de que ti o seipas, nada d'esto é verdade.
Eu sinto que algo que é meu, rompese no máis fondo da i-alma, xa desfeito pra sempre. Somas anguriosas se poñen en pé na concencia, todal-as cousas se tornan frías e mortas. Eu sinto como se me van das mans os últimos agarradoiros da miña fé nas cousas, nos homes, en mín. ¿Non sabedes?, eu fora perdendo a maravela de todal-as espranzas, e quedabame esta, que non era miña, pro que podía sel-o, posto qu'eisistia nas mans dos homes. Eu fora ateigando rosas no altar doado d'esta eisistencia, e xa era ela así coma un Deus o redor do que se podía novamente erguer un mundo enfeitizado de anceios e de ilusións, pra descansar a door da propia vida, e de todal-as vidas que latexan na vida d'un. E de pronto, nun intre tolo, vexo que todo se funde na cinza fría da negación. Ela fala pra mín e pra ela.
Non te deixes vencer pol-a negación total, eu loito contra ela, dende sempre. Todo pode ser, inda que non sexa. Así fala a miña vontade, pro alá no fondo, porque non decilo, a negación roe sempre, porque a reali-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714719.xml
NÓS.
de trapo que seica fan tamén pol a Páscoa, toda adubada con colares d'ovos enfiados; pois tamén alá aduban os Maios con ristras d'ovos. Veleiquí colares de cunchas, com'os que fan en Bayona; veleiquí un vestido todo de palla, con caperucho, traballos en palla. barandas pr'a roupa, etc. Asi e todo, abondan as desemellanzas. Non hai mais que ver os vestidos, postos com'en Berlín en bonecos do grandor natural, con cabezas de cera, non tan fermosas com'aquelas. E as preciosas cocifias que semellan capelas.
Hai tamén cadros en cristal e en táboa. Gustáronme moito dous: un representa a Adán e Eva, e debaixo dous curazós con leendas escritas. O outro é un Profeta escribindo á beira do río Éufrates; d'un lado hai un monte, e no cume do monte aparez o Ano místeco, e arredor sete anjos con trompetas.
Pasei ainda outro día inteiro n-iste Museu, mais coma digo, a espricadeira non é d'iste sitio. Eiquí non debe ir nada que se refira á especialidade.
EU SON HÚNGARO
Pra voltar collín un autobús. Eiquí si que quixen dicir onde m'iba baixar, e o cobrador non comprendía ou fixo que non comprendía alemán. Entón interviu unha Señora gorda que llo traducéu e aseguroume n'alemán qu'ela m'avisaria. Resultou que baixou ela dediante, i-entón deixaume encomendado a un Señor flaco de gabardina qu'iba latricando co-ela. O Señor, de tipo modesto, perguntoume se non comprendía o checo, e ao dicirlle eu que non, ollou pra min d'un geito especial, e díxome con certa solpresa:
—Aber, Sie sind kein deutsch! (Mais Vde. non é alemán).
Acrarei a situación e o señor solprendeuse mais ainda. Coidara que era húngaro.
Cousa mais rara... O feito repetirase já catro ou cinco veces en Berlín. Dalle con que son húngaro. Eu non sei en que pode consistir a cousa, mais non colle dúbida qu'eu teño tipo de húngaro, que semello húngaro, ou que son húngaro sen sabelo... Terei que precurar ver se é que hai en Hun-
gría algo que m'intrese fondamente, algo pol-o que mereza a pena qu'eu me faga húngaro, posto que pol-o visto, teño moito camiño andado pra selo. Pol-o d'agora non teño nen diñeiro pra chegar aló nen tempo pra meditar en col de Hungría.
Baixámonos aquil señor e máis eu diante d'un pasaque que levaba a Vaclavatska Namiesti, e como na entrada había as cristaleiras dunha zapatería, o señor aquil dixome que se trataba da meirande frábica de calzado que había no mundo, e que traballaba moi barato: había alí pares de botas e zapatos de 60 a 99 croas, do mais fino e do mais elegante, fortes que botaban unha chea de anos nos pés, e que nunca mancaban, senón qu'andaba un cos pés com'en pantufas, sen qu'entrara endejamais a auga, nen perderan a forma, nen o lustre, nen naceran callos. Eu ja non sei cantas loubanzas me fixo d'aquil calzado, e despois levoume unha por unha a todal-as cristaleiras, que eran seis ou oito (calzado de home, de muller, de neno, pra diversas usanzas, pra vran, pra inverno, pra caza, pra alpinismo, pra campo, etc., etc., etc.) e fixomas ver por miudo, con longas espricadeiras de tremenda erudición técnica. Eu aprovei todo, e dixen que me parecía baratísemo. Craro que non entrei mercar ningún par. Agradecín moito ao señor a sua bondade, e despedinme.
ALEMÁS E CHECOS
A Vaclavatska Namiesti estaba d'aquela no seu furor de gente. Pasaban lindas rapazas, señoras elegantes, polas e señores moi vestidos, etc. Moita iluminación, letreiros lumiosos, tendas con cousas querendo solprender á gente co estilo moderno, Reiseburós, libreirías con cousas en checo, moitas traduccións do francés e do inglés, libros franceses e ingleses, libros alemás, revistas; postos de xornais con xornais alemás, checos, antre os que o que máis se vé é a Narodni Politika, franceses, ingleses, etc.; un pasadizo ou dous con esposicións de varios comercios: vestidos de nenas e de señoras derradeira moda, chapeus de home con penachos ou de forma nacional, etc., etc. En Na Prikopie había unhas teas de señora, meio
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571474.xml
contra o sentido adiministrativo, contra o fito da carreira matando a formación delicada e guiadora da frol da mocidade. Por iso a nosa door sabémola conxunta ca door non eispresada de moitas xentes que agora en Bergantiños, en Lemos, no Ribeiro, en calquer recanto ou vila da Galiza, ou aos ordeados na roita de un escalafón, gardan con as millores lembranzas da mocidade, a emozón das leizós de Dereito Internazonal, aquiles ensaios de Sociedade Universal destinada a domear as duras apetenzas da forza e do imperialismo, a espranza liberal alomeando os hourizontes aínda escurecidos pol-as estroituras da Sta. Alianza, e sobretudo, un conceito de Europa.
Moito deberon sofrir os homes do estilo de D. Salvador cos primeiros cañonazos de 1914. A Europa morría na vergonha da claudicazón que o espírito de xustiza non perdoa. Xa non sería espello e fito pras outras familias da humanidade.
Mais outra fé irmá animaba o esprito de D. Salvador. A fé na Galiza inmorrente. Il coneceu a emozón inizal da descoberta do roteiro. Cando baixaba á Mariña a «marea viva petaba nas Torres» do Oeste ca dura fadalidade d'unha serán de Rosalía. Cando vagaba pol-os camiños que procurou o Tambre, esmaltados pol-a severa primadeira dos érmos, vibraban nos ceus as arelanzas poderosas e lonxaas do Bardo da Ponteceso.
Endexamáis desertou do posto de honra da falanxe de ferro, pol-a morte cada día estreitada, na agarda da xuventude. E isa xuventude naceu, e froleceu, e avencellando de amor e agradecimento ao vello mestre, díulle o trunfo merescido.
D. Salvador erguendo a vos rexa e moza ao remate dos mítins galeguistas, D. Salvador presidindo as xuntanzas dos traballos do Seminario de Estudos Galegos, foi a exempraridade dos Precursores guiando aos bóns e xenerosos ao conquerimento da Galiza pormetida. ¡Ditoso e belido destiño!
Non queremos n-ista lembranza entrar no estudo da forte i-escolleita laboura de D. Salvador. Poeta de fidalga genealogía, historiador evocador ao estilo dos Thierry, prosista de párrafo ondeado como o mar vibradoiro cos ventos do esprito, centífico da escola non hipotecada nos compromisos ca vulgaridade, e outra arte non crasificada nas teorías dos xéneros literarios: conversador de outa e fina sementeira. Nós sojo queremos sinalar ista impresión que como badelar de lembranza, énchenos ao entrar no sagro ámbito de Compostela: xa non é a mesma cibdade nin a mesma legría. Falla o sorrir bó, e a aperta optimista. Falla o consello de D. Salvador, a súa legría de petrucio non saúda a nosa chegada. E sabemos os redaitores de NÓS non ser impresión de un intre fuxitivo, pois como bóns galeguistas descoñecemos o esquecimento. Mais tamén como bóns galeguistas hemos sabere gardar a lembranza do Méstre, sentilo acarón de nosoutros cada hora, e
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571478.xml
126
II
Pero chegar agora.
Voltar ao mais antigo dos silencos
aquel silenzo que abriron as infantíes bágoas
i-as primeiras olladas que atoparon a noite.
No reverso velado da mesma adolescencia
desordeadas as mans en brancos ocos de preguntas
afundirse na vida remota
c'un degaro novo de encherse de música.
Na crara fondura onde as somas lentas
apéganse na carne con silenzo de vidros.
No mundo en que as cousas perderon o volumen
pero son como os ríos transparentes e ceibes
i-unha plenitude de lus que reborda nas cousas abertas.
Afundirse nas apretadas voces que furaron as neboas
mais alá das raíces tentaculares das illas
pra chegar as amantes craridades
onde fluie na carne a íntema nudeza das fontes
i-a seiba bébeda dos verdes xigantescos
e tamén a melancónica sangue dos corzos
esmadíos de perfil na lua.
Un sol na lesta amabel como un chiscar de ollos
—a rapaza loira a rir nas escumas—
pol-o seu corpo de amendoíña.
I-estender c'unha ollada o ceo comprensibel
e levalo xogando até as praias na onda
co limpo orgulo de enfoutar n'un espello
o azul abstraito i-as mareias.
Porque cando esquencido todo nacen xogos iñorados.
XOHAN LUIS RAMOS.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714724.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
NÓS
142
gantes, e atopeime por frente da eireja: a ¡uelo sí qu'era outro cantar.
Berlín. Tamén pasamos por ruas vellas, todas máis ben estreitas que amplias. N-unha gran praza vín unha cousa que non me gustou, por máis que ten moita sona: a eireja de San Calros, co-a sua cúpula e as dúas grandes colunas diante, d'un neoclásico suntuoso, pretencioso, irracional, absurdo, feio, sen elegancia, sen gusto, sen ponderación, sen senso, sen pés e sen cabeza. É un moimento que dá sensación de valeiro mental, de teatralidade inexpresiva, de falla d'emoción artísteca e religiosa, de catolicismo oficial de beizos pra fora, incapaz d'éxtase e de penitenza, de convencionalismo hipócrita, de gusto estragado, de complacenza na pompa sen contido, resume, en fin, cifra e compendio da vana ostentación d'un século, Excusai iste desafogo, que me saíu demasiado retórico e demasiado elocuente; do que é pura retórica, somentes con retórica se pode falar.
Un domo ojival, todo encaixe de pedra por afora, semellante a ourivesaria d'aquil tempo, negro todo, de pedra fina de grao miudo. É a catredal de Viena, a catredal de San Estebo, unha preciosa obra do millor tempo.
Despóis de dar arredor unha volta demorada, naturalmente, entrei. E novas maravillas: tres naos d'igual outura, con voutas de nervaduras compricadas, sen frorós nos cruces, coro sobre fermosa vouta do mesmo geito, antepeito calado, estupendo púlpito ogival decadente, gran ouso da capela mór con coro, e outros catro con longas vidreiras de coores, lápidas sepulcrás con iscripciós latinas e alemás, escudos, Cristos devotos, táboas medievás e trípticos, altares barrocos, grandes candieiros dourados, arte, luxo, limpeza, devoción.
Baixei na Stephenplatz, chea de ledo movemento de gente e d'autos con tendas ele-
(Continuarase).
OS -HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
DYB ROS
Augusto María Casas, en Euxenio Montes, en Eduardo Blanco Amor, en Manoel Lois Acuña, en Florencio Delgado Gurriarán. Aínda que o influxo directo de Amado Carballo, patente na obra de todos, como na de Xulio Sigtienza, Emilio Mosteiro e Rafael Pazos Jiménez, está superado en algúns, orientados hoxe por mellores ou outros camiños. Dos máis fieles ao que foi estilo de Amado, aus motivos, aos xeitos. é 0 autor de BEBEDEIRA, libro, non embargantes, persoal. Istes versos cheios de risos vendimaes, de obsesión pánica, versos de un Anacreonte ou un Teócrito galego, opulentos e sensuaes, pictóricos, como un Rubens ou un Ticiano ribeirán, están escritos n-unha lingoa enxebre e ricaz, que deita un zume mesto e ledo como os acios do Barco
BEBEDEJRA, Delgado Gurriarán, Florencio. NÓS, vol. LX. Santiago
Hrs que estudar, na nosa vixente poesía, unha escola ourensana. Ela vaise definindo con limpo perfil. O seu precursor é un poeta pontevedrés: Amado Carballo, Todo aquil senso vivinte da natureza, aquil animismo poético, tan estremado, do autor de O Galo, está presente n-ista escola ourensana. Escola coorista, sonora, carregada de zume aldeán. Xa son moitos os seus afiliados. As caraiterísticas apuntadas danse en
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714714.xml
DERRUMBAMENTO
Por Luis MANTEIGA
Eu veño coma sempre, está a tarde a morrer. O ventiño do serán ten consolos pra queimazón do sol, no mar azul do ceo un barquiño de nube anclou a sua i-alba soma enfeitizada, no alén invisibre o sol en afogos chora luces d'ouro e reflexos de sangue. É a hora maina do serão, cando as cousas se despreguizan do sono da soleada, cando comenza o rumor a deixarse ouvir, cando todal as prantas piden auga ós xardiñeiros sin corpo que teñen no ceo, cando a noite é aínda unha cousa futura. Eu veño coma sempre a mollal-as mans da miña soedade, na ledicia morna dun fogar irmán, limpo de cousas noxentas; a mollal-os ollos da miña intimidade, na quentura doce dun amor humán, que vive por si mesmo lonxe de todol-us egoismos, de todal as imposicións, e de todal-as pornografías que son hábito e norma no mundo social. Eu veño coma sempre aquecer sin envexas, dun xeito puro, cordial, limpo e cálido o meu soño íntimo, qu'eles saben sosteño como espranza dun porvir que quizabes non virá nunca. Eu veño coma sempre a abrazarme a eles i a deixar que me abracen en apreixa íntima de amistade profunda, sin segredos, nin resabios de desconfianza. Eu veño coma sempre a esquencer, nun intre quente e sin par, os mil doores do día ateigado de silencios, de inquedanzas e de anceios insatisfeitos. Eu veño coma sempre.
Nesta hora de maravela do serán, en que todal-as labouras se caen das mans, eu sintome ben neste cuartiño outo, onde se repousa lonxe de todal-as cousas habituaes, por enriba das xentes, perto do ceo. Parez unha torre esquencida enriba dos tellados. O seu mirador aberto ós hourizontes e un ledo sorriso vital, e unha faciana de vidro a onde veñen a refrexarse todol-as cousas do mundo. Óllase o segredo noxento das casas que saben a fogar emporcado nunha vida sin mais alá. Óllanse tellados negros de lousas pizarrosas. Óllanse fumeiras derrumbadas e tendales, de intimidades repulsivas. Pro óllase dende outo, porque as dondas combas dos montes asoman por enriba os seus lombos verdecidos, os seus rexos penedos, a materia fonda e quente. Óllase dende outo porque a vista pode brincar por enriba das cousas, pra acadar os hourizontes lonxa nos i-a fachenda da paisaxe, sin rebuldeiras frivolidades. Óllase dende outo porque o ceo é grande coma un mar, e n-él poden suavizarse todal-as angurias que a i-alma ferida precise botar fora de sí, inda que só sexa nun intre, pra poder sentil-a vida coma pura emoción. Eu sintome ben neste cuarto sin somas, arredado do mundo, onde se pode dormir e soñar rodeado d'un mesmo, respirando un alento perfumado de espiritualidade sin lacras; neste cuarto que é a vez celda de recollimento, e frolido carmen de inquedanzas sutís e garimosas. Eu veño sempre a curarme de min mesmo; non, a curarme non, somentes a descansar, debera decir ainda a vivir, si o vivir non fora todo. Si, vivir é todo, pro en min, precisamente, a norma, e o casi que todo, é o outro.
Eu ando a vivir coa i-alma nas mans, andiven sempre así, quizaves non comprenda outro xeito de vivir. Eu ando a vivir antre os homes i-antre as cousas, sin sentir n-elas a miña presenza, sentindo en min a sua fondamente. Eu ando xa coma unha soma cansa, lonxe, porque si, da miña xuventude viva. Cada intre dos meus foi deixándome
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714726.xml
quadra corografica urbana, mui comum em Portugal. Revista de Revistas. Bibliografia. Obras recebidas.
Id. Julho 1934
SUMARIO: A. Rocha, O analfabetismo em Portugal. Francisco Rodrigues; O capelão-mór D. Jorge de Ataide e a Companhia de Jesus. Eugénio Jalhay, A adaga da Quinta da Romeira. Domingos Mauricio, O Infante Santo Cardial. Armando Mattos, Notas heráldicas. Notas e factos. Revista de Revistas. Bibliografia. Obras recebidas.
REVISTA DE GUIMARAES, Janeiro-Março, 1934
SUMARIO: Cartas de Martins Sarmento ao Padre Martins Capela. Pedro Vitorino, Museus, Galerías e Colecções. A. Tiburcio de Vasconcelos, Colecção de estampas e índice de gravadores. Augusto César Pires de Lima, Autobiografia de um monge de S. Bento. A. L. de Carvalho, A minha terra. Rosas da Silva, Conta de vidro policromo encontrada no Castro de Sabroso. Alberto V. Braga, Curiosidades de Guimarães. Ecos do Centenario Sarmentino. Boletim.
PORTVCALE, Janeiro-Avril, 1934
SUMARIO: Vozes de animais e relações fonicas do homem com eles, J. Leite de Vasconcelos. Sobre um livro do Visconde de Vila-Moura, Carlos Parreira. Estudo do nu, carvão de J. Vitorino Ribeiro. A propósito das contas vitreas policromas, F. Alves Pereira. O Livro V das «Ordenações», Augusto César Pires de Lima. Curiosa estampa alegórica, gravura da época de dom João V. Ronda da neve, Luis Guedes. Anthology of mexican poets, Severo Portela. Da minha terra, A. L. de Carvalho. Inéditos e autógrafos. Varia. In Memoriam: Henrique Lopes de Mendonça. Bibliografia. Novidades. Res et verba.
O INSTITUTO, Vol. 87, 4.ª Serie, vol. 16, núm. 3
SUMARIO: Civitas Æminiensis, A. Amorim Girão. Breve noticia sobre o medico português Isaac de Sequeira Samuda, Augusto d’Esaguy Amieira (do antigo Priorado do Crato), Tude Martins de Sousa e Francisco Vieira Rasquilho. A mutualidade em Portu-
NOS
gal, Domingos da Cruz. Sideróstatos, Helióstatos, Celóstatos, F. de P. Leite Pinto. Tratamento médico da úlcera gastro-duodenal, Mario Simões Trincão.
Id. Vol. 87, 4.ª Serie, vol. 16, n. 4
SUMARIO: Dois heróis do reinado de Dom Afonso V, por João Jardim de Vilhena. Toponimia de Coimbra e arredores, por Amadeu Ferraz de Carvalho. S. Francisco de Xavier e o Oriente português, por Antonio de Matos Cid. Os sinais de Galvão, por Martinz de Aguiar.
REVISTA DE CULTURA, Rio de Janeiro, março, 1934
SUMARIO: Centenário de Anchieta, P. Thomas Fontes. Epílogo do «Evangelho nas selvas», Fagundes Varella. O Dr. Pedro Severiano, Carlos de Laet. Discurso de Paranynpho, Prof. Lourenço Rodrigues. O Assalto, Desembarg, José de Mesquita. Subsídios para o estudo da analogia em português, Dr. R. de Sá Nogueira. O bispo de Olinda perante a historia, Antonio Manuel dos Reis. Bibliografia.
BOLETIN DE LA SOCIEDAD CASTELLONENSE DE CULTURA, tomo XV, cuaderno IV, 1934
SUMARIO: Les relacions del Principat de Catalunya i els regnes de Valencia i Mallorca amb Anglaterra i el paral-lelisme monetari d’aquests països durant els segles XIII, XIV i XV, F. Mateu i Llopis. El «Libre de Privilegis de Cati», Joan Puig. Iniciació a la Historia del Dret Valenciá, Joan Beneyto. ¿Juan de Bonella fué colaborador de Bartolomé Bermejo?, A. Sanchez Gozalbo. Sobre la teoría del Color de Guillermo Ostwald, F. Perez Dolz. El Doctor José M.ª Plans y Freire. Refrans i modismes valencians, J. M. Borrás Jarque. Notas bibliograficas.
SEARA NOVA, Lisboa
SINALAREMOS: Os estudos de Sant’Anna Dionísio en col da evolução do espírito d’Antero de Quental. A crítica literaria de Verney, por Hernani Cidade (comenza no n.º 196). Regressos, «Santiago de Compostella», por M. Teixeira Gomes (n.º 198).
Imprenta NOS, Rúa do Vilar 15, Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714710.xml
128
sinxelo: cimeterio branco, cimeterio verde. Pó e torrón. Hoso i-humus.
AS MEDITERRÁNEAS
Como as Atlántidas cinguidas pol-a mar. Un crásico diría sereas e sucermáids. Mais logo falaremos de Dante Gabriel Rosetti.
Illas e costas. Si as Mediterráneas — as Occitánicas — viven en difrentes tempos o seu esprito diverso i armoñoso, é pol o amor da mar que as desartella e cingue pra millor amalas. Coma nas Atlánticas, os Faros mándanse saúdos fraternos. I-o rol das uvas e das uliveiras compara e contrasta. Rubindo a repelo os montes e os vals o acento occitánico vai espertando do sono provincial —ou departamental— as comarcas interiores que hastra fai pouco soio se ceibaban de París pol-a arqueoloxía e xa hoxe nacen novamente pr'a poesía.
Toda aspiración da Pátria do esprito siñifica un térmo pra conquerir. As Pátrias mediterráneas ordeanse en tres mundos conforme ao decorrer do sol, das culturas e da liberazón apostólica pol-a verba do Evanxeo. Un Ourente, un intre equilibrado ou esfericidade raiolante entre a ameaza do continente Asiático i-a témera prehistoria da Europa: a Grecia clásica esprenza da intelixenza nova, esportiva e levián namentres se mantivo un infrachán istintivo. Exempro i-escola necesaria, xa fora do tempo, intemporal coma o teorema. Un eixe italián, Roma, ordeador do mundo elíptico, águia de peito de vontade. Unha Occitania términus e inicio con chamada do estreito de Ercoles. Baixo o latinismo as pátrias da Occitania —Iberos, Lygures— gardaron as suas características particulares, fortalecidas na defensa contra as creacións políticas imperialistas das Gallias e da Iberia. Do latinismo a forma da cultura na cibdade. Do prelatinismo as esenzas prehistóricas da campía.
ARISTARQUEA
Barrés quixo un acougo e mercou un castelo na Proenza. Na Francia aínda a Literatura daba pra mercar castelos. Escolleuno de ilustre e trubada sona: o castelo de Mirabeau. Rocas enxoitas e piñeiros ulentes. Sendeiros privados do misterio dos liquens, barbas brancas dos antigos arboredos. Ceu lumioso na unánime dispersión azul. Fadigaronse os ollos do lorenés, non acougaba no sonoro cristal categórico, deixou a Proenza pol-os lindeiros neboentos do bosque druídico. Precisaba Barrés bruído de follas muchas pra camiñar. No sul soio dispuxo de follas de lembranza no porto de Aigues-Mortes, como Rodas, ou Malta gótica door de Cruzada. Pra o cristiano do norte (non n-iste aspeito Barrés) a Gesta Dei das Cruzadas ten de ofercer angusteas de «Vía Doorosa». «Jardin de Berenice» en diálogo co outro xardín tamén cruzado e gótico de Barrés: o «Jardin sur l'Orontes».
Verlaine, Tristán Corbiére, Huysmams, desprezaron o sul. Homes loiros, engaiolados nas alboradas molladas, ca malenconía da tribu perdida na nazón, por iso bohemios do bosque nórdico da grande vila. ¿Non será certo qué a bohemia dos artistas soio tén sentido nas urbes de longas noites xiadas?. Baroja non ama ao mar latino. Pénsao figura retórica, lago de fenicios, naumaquia de entroidadas. Mais un nórdico, Chateaubriand, descobríu a Occitania na chamada de un derradeiro amor. Aquil pasaxe das Memorias de Alem-Coba — a mociña As beiras da frieira pirenáica na paz pastoral e o acento da terra nas falas— débese comparar ca pubricación de Mireya cantada en Lamartine. Dous meirandes románticos do Norde. Aínda o Jura é norte apesares dos ácios borgoñóns que aínda hoxe os viñadores adican á lembranza do poeta —baptismaron a Occitania, un pol o amor do poente sentimental, outro pol a verderazón da beleza poética. Misterio ligur vestido de graza grega como o albre de ácios, en Virxilio, a Proenza. O ligurismo é traballo do agro e da mar, pastores na Camarque e nos Alpes, todo a decorazón de égloga deica a chegada da Verba apostólica. Non tendes pensado de que xeito o cristianismo, por orixen e fin, universal, foi o grande espertador de nazonalidás prestando dinidade á aldea e o seu traballo, ao peirao homilde, espaventando as ninfas e inzando as cruces.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714717.xml
NOS
dade imponse, co-a forza brutal das cousas que son por enriba dos nosos anceios. Non perguntes rén, as verbas non sirven pra decil-as cousas, sirven solo pra ocultalas.
Un silenzo fondo de arca pechada ceibase sobre de nós. A noite que entra pol-as xanelas abertas metese nos ollos, e os dous deitados nas somas, estamos a pensar sin saber en qué.
Cando tú decías que o Ravel ten razón, eu negabacho porque non quería deixarte marchar ó abismo no que eu xa tiña caído. Agora xa os dous podemos escoitalo sen discusións.
A sua soma esguía, érguese nas somas, cruza diante de min i unha man descansa nos meus cabelos. Despois acéndese unha luz coma un verme e da comenzo o Bolero de Ravel.
A vida empeza a sua canzón maina, suave, sinxela, ledamente, coma unha meniña que quer vivir. Brincadeira de danza, sartal de notas sin senso, solo un anceio infantil de vivir, garimoso, sutil, sin complicacións, que se rompe con unhas notas mais fortes, que non parecen ter ren que faguer ali. Pro a canzón volve un pouco mais outa, con tonos mais varios, con ledicia mais forte, e novamente notas mais fortes tamen a volven a cortar. Pro a canzón non lle importa, ela solo quer vivir, e vai brincando, rebuldeira, de un a outro instrumento da orquestra, pra pulsar segura de si mesma, todol os sons do seu cantar. Mais os seus pulos son sempre cortados por uns rexos sonidos estranhos, mais fortes, canto mais outa é a canzón. Entón decatámonos que a canzón leva ás costas, un son de ferreñas, que xa está ali dende o primeiro intre, e que vai medrando ó mesmo ritmo que a canzón. I ela sigue a brincar de instrumento en instrumento, como fuxindo do son que lle roe os pes, pra libertarse d-el e poder cantar libremente a sua ledicia. E xa non é un solo instrumento o que di a canzón, se non varios, combinados, faguendo variacións i-estridenzas. E a canzón vai perdendo a sua lediza inxenua, infantil pra faguerse berro forte e angurioso anceio. Pro todo é inutil pois o son medra, vese vir coma unha forza fatal de aniquilamento, trocarse de lixeira ferreña, en rexo redoble de timbal, e cando xa toda a orquestra é un berro agoirado no que inda quer vibrar a canzón, o son céibase sobre d-ela i-engúlea con valvorto tolo de caos final. Igual que na vida.
Ninguén sabe canto tempo estivemos calados, perdidos nas somas pechados, vencidos pol a sembranza de moitas vidas, de toda a vida, que o Ravel fixo c'oa maxia do seu arte, quizaves sin querer faguer outra cousa que un áxil xogo de técnica.
Ninguén sabe si a nosa i-alma está a chorar no silenzo dos ollos pechados, ou si ten fuxido de nós pra chorar sola, alá onde ela pode ir. Cando no cuarto se acenden as luces, xa todo é frío e distinto. Eu non coñezo as cousas, coñezo-a ela, a unha ela nova que coido coñecer dende tempos lonxanos, e non ten ren da ela, de sempre. Un vaho de tristura envolve a nosa palidez, non sae unha verba ós nosos beizos, saen só ós nosos ollos, olladas tristes, grises, molladas. Dámonos as mans, quizaves nos damos un beixo ¿que mais ten? Somos duas i-almas magoadas sin luces de espranza. Neste intre, somos somentes, dúas i-almas mortas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714715.xml
NÓS
na i-alma unha espiña i-unha door. Eu non sei xa onde está o meu hourizonte. Eu vin ó mundo c'unha canzón de amor nos beizos; eu abrín os brazos pra acadalo mundo nunha apreixa afervoada; eu fun dando o meu ser a cada ser i a cada cousa que pasaba á miña beira, e ninguén recolleu a miña ofreza. Eu seguín a dar, a dar sempre, c'o segredo gardado na i-alma de que alguén viría nun intre calquera, a sentarse á miña beira e ser pra min a i-alma irmán que precisaba alá no fondo mais fondo de min mesmo. Era tan grande o meu tesouro que eu seguín a dar sin tasa, inda que me doese o silenzo dos mais. Eu tiña en min unha ledicia infinda, unha ledicia de mundos novos, de horas descoñecidas, que eu sabía que un día habían de frolecernos nas mans a todol-os homes que éramos irmáns a través das distanzas e das difrenzas. Eu era un home que andaba a cantar antre os homes, a canzón auroral do porvir, a miña ledicia, os meus anceios, non cabían no mundo emporcado, aprodrecido, de farsas noxentas, e homes mortos en que eu tiña nacido. Eu sabía que todol-os que naceran comigo tiñan na i-alma, coma eu tiña, un degaro invencíbel de cousas novas, que era o nervio que nos daba pulos pra loitar d-un xeito que era rebentar de grumos e botóns nunha primaveira toda promesas. Eu sabía que o noso mundo non podía pensar en si mesmo, i-eu perdoaba o silenzo da miña propia vida, coma si él fora preciso pra todal-as labouras. Alá no fondo eu pensaba que non era preciso, pro non podía culpar a ninguén. Todos éramos uns, todos marchábamos coma un exército eisaltado á conquista de todal-as glorias. Eu topaba moitas cousas que rifaban c'o meu propio sentir; pro aquela loucura de avanzar, faciame camiñar por enriba de min mesmo, coma si todal-as dúbidas fosen criminosas. Eu poñía un berro de entusiasmo, o berro que saía de mil homes, á vez, sobre do berro silencioso da miña concencia. Eu metíame cada día mais, na quentura da loita, pra esquencer o reconcomio da miña soedade íntima, d'esa outra concencia que alá dentro decía que non a moitas cousas. Era tan fondo o meu entusiasmo que non podía supoñer que non-o
houbera igual no peito dos outros. I-os días eran so acción, anceio vibrante, loita, hastra nosono. Magníficos días prenos. Eu non sabía que me estaba a ferir no mais vivo de min mesmo.
Cando as cousas viñeron, eu vivín a emozón do comenzo. Ningunha hora tan outa como aquela en que os homes se puxeron a camiñar, en que todo principiou a trocarse, en que todol os anceios parecían virnos ás mans. Pro todo se foi axiña i eu vin, vimos algunos homes insolados nos corrunchos do mundo, como nos íbamos quedando sós, porque a todol-os outros abondáballe co comenzo, a todol-os outros que viviran co noso alento abondáballes co troco de postura, abondáballes con ocupar unha cadeira que denantes non tiñan. Eu entón berrei mais outo que nunca, e vin como me poñían as mans na boca i-as cadeas nas mans, os mesmos que denantes me axudaban a berrar. E entón despertáronme na concencia aquelas discrepancias d'outrora que eu afogaba adrede pra loitar en conxunto, e perdín os azos pra todal-as cousas. Ollei pra min, pro meu ser mais íntimo, mais verdadeiro, aquel mesmo que eu afogara un pouco no correr dos días, e vinme aldraxado i-esquencido por min mesmo, coma si xa tivese morto. Todal-as ideas, e todol-os anceios estaban vivos e craros na miña i-alma, ningún hourizonte se tiña trocado coa enseñanza dos días e dos homes, eu seguía a miña roita con honradez. Pro os mais tíñanse metido no meu campo e tixéranme marchar por vieiros que eran d'eles, i-eu vin coma me foran reubando a miña vida, coma solermiñamente me obrigaran a vivir dun xeito contrario a min mesmo; e vin tamén coma todo era fatal e como a miña forza non podería trocal-o curso das cousas, nin as ambiciós dos homes. Vin que si outra vez volvese o tempo a correr xa vivido, volvería novamente a ser todo coma fora.
Agora vexo a miña vida rota, c'un vacío de soedade que me doi no mais íntimo da i-alma, tendo na concencia as mesmas ideas e os mesmos anceios, pro c'un peso fondo de inutilidade, c'oa sensación de ter as mans atadas por un sino fatal, e de ter xa asi, pra sempre, a vida agoniada por un degaro sin
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714720.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
135
prateadas, meio trasparentes, outras de sotil tecido azul sementado de follas d'ouro, cousa fermosa, chea d'ensoño e de arte. dina de que n-elas o ouro fose ouro e a prata fose prata, cando se cadra nen a seda era seda; dinas de seren tecidas n-arcaicos teares de man, cando unha tristeira produción da nosa industria europea, enganosa e banal, que, mais que n-unha heroica mintira, fúndase n-unha verdade falsificada.
Fun ao café onde fun jantar o primeiro día, onde me deron o mesmo jornal alemán, e tomei un café augacento con leite e un pan trigo d'ises de cornos, en forma de ferradura. Ainda din unha volta pol-a rua, e recaín ao cabo na Deutsches Haus.
Precurei a mesa do Prof. Jungbauer. Variara algo o persoal, Había outro Profesor, nacionaleconomista e pescantin. Un señor de anteollos, Jungbauer, despcis o Profesor W., despois o direitor d'un jornal alemán, señor outo e guapo, de calzón curto, moreno e canoso, tamén nacionaleconomista e din que moi inteligente. Despois outro Profesor. E todos a beberen, a falaren, e a fumaren, Eu pedín ovos revoltos e un pequeno bock.
Funme enterando d'unha chea de cousas: os alemás e mais os checos non teñen trato os ús cos outros. Os checos de Praga son traballadores ou empregados do Estado; os alemás son negociantes ou empregados particulares Semella qu'os alemás teñen mais cartos qu'os checos. Hai un gran Banco checo, que leva o nome, coma pra facer a contra aos Bancos alemás, que son os mais, e semella que os que millor negocio fan. O Banco, chámase checo, pero o mais do capital éingrés. En col d'estas e d’outras cousas, istes señores, danme unha chea d'espricadeiras con gran detalle, que non pofio eiqui porque, anqu'agora comprendo integramente o alemán, hai outro idioma que eu endejamais comprenderei, que é o idioma mercantil e financieiro: o idioma do Comercio e da Banca. Coma son probe, non teño ningunha precisión d'empregalo. e pódome permitir esta elegante iñorancia.
Sobre de todas estas cousas, ademais, habería qu'ouvir A outra parte, mais a esta nona poderei ouvir d'esta vez. Non embar-
NOS
gante, istes eu ben vexo por onde van. Faise sospeitar coma quen non quer a cousa, unha cousa así como s'a Repúbrica Chekoslovaca fose unha sorte de negocio pra os aliados. Non é qu'o digan, mais co seu geito de falar, sugireno.
Siguen espricando: os judeus son unha sorte de ponte antre alemás e checos, porque son por mitade unha cousa e outra, e coma iles son tan unidos antre sí, n-iles non hai distinción d'idiomas nen nacionalidades.
Os alemás din que defenden a cultura alemda ameazada. Eiquí na Deutschen Haus andan pidindo c’un cepillo pr’as escolas alemás, e todos dan.
Din qu'os alemás son os que máis pagan ao Estado chekoslovaco, porque d'iles son os máis dos negocios, e son os que menos beneficios reciben. Por eixempro, o Estado non dá difieiro d'abondo pr’as escolas alemás, e istes señores din qu’iste é un meio pra combater a cultura alemáa.
A mín ocúrreseme matinar pra contra mín, que non vexo qu'os alemás teñan tantos motivos de queixa. Son os que máis pagan ao Estado, porque son os que tefien os millores e os máis dos negocios, Se teñen os máis e os millores negocios, son os que tefien o dominio económico en Chekoslovakia. E non lles abonda, e ainda queren o dominio políteco. Tefien a sua Universidade e as suas escolas, subvencionadas polo Estado; s’a subvención non lles chega pra telas coma iles quixeran, pra iso son os que teñen os negocios, e débelles chegar pra suplir o qu'o Estado non lles dea. Mais iles queren ter os negocios, e por parte queren aínda qu'o Estado Iles pague as escolas-con todo o luxo con qu'iles as queiran ter... Pois en Galiza, quen paga ao Estado son os galegos, e non hai Universidade nen escolas galegas, nen outros servizos que compren e que o Estado non paga.
Istes alemás de Bohemia, cibdadáns do Estado checo, con diputados propios, con imprensa propia — Bohemia, Deutsche Anseiger, Prager Tageblalt, etc.— ocúpanse moito de politeca. Están orgaizados en Minoría Nacional, e esta minoría ten que darlle moitos disgustos A Repúbrica. Os checos tefien o nemigo na casa, teñen iste elemento
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714722.xml
140
pequena. Pol o común, co-a pequena chega ben. N-ela atópase todo. Eu precurei a de Viena, que era de 1929. No tren, refolleina. Andiven vendo os precios de hotés e pensiós. Fun botando unha raia co lapiz debaixo das que me pareceron baratas: *Distinguée, Bellaria, Columbia, Engel...* Rematei por decidirme por unha pensión que non tiña riscada: Pensión Karolina, Karolinengasse, 7, nahe Súidbanhof. Isto de *nahe Súidbanhof* foi o que me fixo escoller n-ela. Efeitivamente: estaba «preto da estación do Sul», e eu tiña que baixar na estación do sul. Abrín a carta que ven no cabo das guías Grieben, que teñen un buscador (*Suche*) moi curioso, d'usanza, naturalmente, compricada, senón non tiña mérito. O plano leva unhas raias azúes cos números I, II, III, IV. Por enriba e por embaixo leva os números de 1 a 70. O buscador é un cartonciño que leva d'enriba embaixo as letras dend'o a ao £. O libro ten despois unha lista de ruas, e en cada nome, o número romano e o alarbio do plano, e máis a letra do cartonciño. Por eixempro: Apostelgasse, III. 58q. Pois cóllese o cartonciño e ponse riba do plano de geito que a # caia enriba da raia III, e a beira dereita enfiada co número 58. Entón, onde estea o q do cartonciño, atoparemos Apostelgasse. Divirtese un moito co-iste pequeno ingenio, anqu'un non sexa alemán. Ora, os alemás deben gozar co-isto d'un xeito que non ten comparanza. Está mesmo feito por e pra o esprito d'iles.
Pois eu collín o chisme, e precurei Karolinengasse, por ise procedemento, coma houbera feito calquer filisteu de Berlín, sentado á mesa do comedor. Saíndo da estación, atravésase o cinturón da cibdade (*Wiener Gürtel*), métese un por Argentinierstrasse, e a quarta rua travesa, n-unha praza en que hai a eirexa da Santa Sabel, é Karolinengasse.
Así fixen en canto cheguei. Eran as nove da noite, e as ruas estaban escuras e silundeiras. Non pasaba ninguén, e as portas estaban todas pechadas. Aquelo semellaba Ourense despois das dúas da mañá, se lle suprimiran os ociosos que aínda a esas horas pasean latricando. E quedaba por saber de que lado da praza estaba o número 7.
Andiven pra riba e pra baixo, e por fin atopeino. Había un portal con porta de ferro aberto e víase luz no fondo, que baixaba d'unha escaleira. Entón aínda faltaba saber en qu'andar estaría a Pensión Karolina. Rubín, andiven por unha escaleira que tiña despois un andadeiro longo, e logo volvía encomenzar. Por fin apareceu a Pensión. Chamei. Atrás da porta ouvíanse falar mulleres.
Abriron e atopeime n-un recibimento grande, con tornos pra pendurar a roupa, gran mesa central con libros, teléfono, etc. Atrás d'unha porta, ouvíanse moitas mulleres falando a un tempo. Falei cunha señorita outa e forte, con anteollos, de non ruín fachenda, moi fina, a cal encomendoume a unha criadinha loira e linda, redondiña e espigada, sorte de nena con vestido negro, mandil branco de tirantes, e fala garimosa e crara.
Levoume a unha cámara grande e boa. Un gran leito de pau, mesa de noite con orinol, alfombra, chaise-longue e dediante mesiña con tapete, dúas cadeiras, unha butaca, dous almarios, un d'iles con espello, mesa d'escribir, gran ventanal mirador, lavabo de tipo antigo. Pedín a cea, e agardei sentado na butaca, soilo no meio do silenzo, a gusto no renchido da butaca e no brando da alfombra, agarimado pol-o lustre vello do moblage, e pol-o fume d'un pito Memphis. Trouxéronme ovos revoltos, pan e manteiga. Era a mesma criadinha linda. Entón, pergunteille os precios da pensión. Eran unha miguiña caros, mais por medo d'andar cos bultos, decidín non me mover d'eiquí. Estaba canso do corpo e do esprito. Deiteime e dormín.
A MAÑÁ
Chegou o día e erguinme cedo. Laveime, e logo, cómodamente, en bata e zapatillas, chamei pra que me trouxeran o almorzo. Agardeino sentado na butaca, quedo e tranquilo, sentindome vivir. Trouxéronme bón café, leite, pan e manteiga. Funo tomando repousadamente, demoradamente, gorentando a quentura do café, a garimosa soavidade donda da manteiga, o estrular do pan.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714712.xml
130
zón do imperio dos Hohenzollern. Entón helenismo foi macedonismo pola vontade e Grecia por decorados e luxos ben desemellantes dos de Luís de Bavaria.
OS DOUS OUCIDENTES: SAUDADE, DESTIÑO
Oucidente, cultura atlántica, fáustica, En ropa «aux grands yeux» de Cheuneviére, un esquencido. Non se deben misturar as perspeitivas. N-esta arela de atopar unha paz na lei das culturas, de dibuxar coores no mapa, hai de andare con tento. Pra un asiático abonda un Oucidente, e pode dicir: o dominio da xesta como hai un Oirente en grande parte semellante dominio do bambú. Cada día é máis certa a Mittel Europa na perspeitiva e na aitoalidade. Cada día son máis certas as «cliseries» dos espritos dos pobos aínda no ámpito das rexas unidás de cultura. Hai istes estaxes na Holanda, na Bélxica, na Francia, na Britania, na Hespaña, no Portogal. Poucas esenzas puras ao estilo de Irlanda. Por iso sufríu moito. Por iso ganao todo.
¿Poderíanse siñalar dous Oucidentes pol-a eisaltazón moral de istas dúas arelanzas Saudade e Destiño?. De unha maneira provisoria. Céltiga e Germania. Moitas veces —moitos tempos— en moitos homes —nas horas de un mesmo home— misturados como os albres no bosque en «cliseries». Un home como non sexa un asceta ou un criminal non se pode, pra proceder con honradeza artística, comparar c-un albre. É sempre bosque, —porque non xardín ou lameiro?— aceitando a metáfora vexetal. Ten moitedumes na lembranza e respósta cuase sempre coral ao vento das interrogacións. Isto non ten relazón co noso meditar, mais non é posibre esquencer ás veces a técnica literaria.
Destiño: A vos guiadora de Dietrich von Bern. O pranto do derradeiro rei vándalo de Cartago. O descer da croa imperal encol da testa de Calromagno. A meditazón de Kant, heroica. A política de Otto —e a dos Ottos saxóns— o Canceler de Ferro, e a leición de Fichte e a espezalización germánica. Tén de ser así. Non pode ser de outro modo pra vivir, e os pobos centroeuropeos, ou seus
NÓS
semellantes teñen medo á morte, e tómana moi en serio. Isto eisprica moitas cousas co tón xeneral por riba dos grandes acertos do derradeiro libro de Spengler que Risco comenta n-istas páxinas.
Destiño é tamén a escadra inglesa e os xestos heroicos dos petrucios dos Estados Unidos. Como toda a técnica e a economía como cencia dende aqueles líricos tempos da Economia Política que engaiólaba as señoras até a prolixa e sonora discipliña que profesa o Dr. Bierer en Stettin.
Contra o Destiño a Liberdade. E a Liberdade obriga e colle aparenzas de Destiño, como íste ben estudado e adoitado e até sentido pode adiquirir formas de Liberdade. Deixamos ao leitor a xustificazón ou non xustificazón de ista vella tésis con argumentazóns filosóficas e sobretodo con vidas i-esquemas de vidas de homes e de culturas. Nós soio queremos afirmare ista intuición derivada dos térmos demasiado escolásticos de aquila: Saudade forma da Liberdade e dende logo o máis contrario ao Destiño que se pódia maxinar.
Saudade é confiar i-escoller. As veces pobos e homes escollen saudosamente o camiño das bágoas e do remozamento, e dín os escritores que son pobos servos de un Destiño e que deixándose levar pol o regosto da propia malenconía, morren fadalmente. E na verdade superan pol-a Liberdade, —a Saudade— á Morte, e viven e disfroitan de un ben superior ao dos pobos apreixados no Destiño que lles concede aparatosas aparencias de forte vila.
«DE SERVO ARBITRIO» E «DE LIBERO ARBITRIO»
Despois de todo a tónica dos pobos e das culturas está n-algo que se tén desmasiado esquencido desque a cultura foi estimada como fenómeno supremamente urbán. Está no sentimento relixioso. Na forma e no esprito de acoller as Parolas do Evanxeo. Entón mirase craro onde está o Destiño e onde a Liberdade.
Os Celtas son saudosos. Eu non entendo a un celta protestante. A Saudade obriga ao «libero arbitrio».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571475.xml
NÓS
loitar, ledamente, como ii loitóu pra faguer á Galiza soñada baixo o mesmo signo de emozón pol-os románticos de onte, e pol-os mozos de hoxe.
A VIDA
A vida de Don Salvador Cabeza de León estivo de cote adicada á vida universitaria.
Distinguese sendo estudante, coma sendo o millor alumno de escola compostelá, merecendo por elo ser condecorado pol-o Goberno, en 1882, co-a Cruz de «Isabel la Católica».
En 1887, o Claustro de Santiago nomeouno Profesor auxiliar da Faculdade de Dereito, desempeñando principalmente a cadeira de Dereito Internacional e a de Dereito Mercantil.
Por entón, figurou no movemento rexionalista, a carón e baixo a conduta d'Alfredo Brañas, a quen seguiu con entusiasmo. Apagado aquil movemento, Cabeza de León gardou sempre a mesma convicción e o mesmo sentimento, embora non figurara nunca en primeiro termo na política, á que semella ter tido pouca afeizón.
En 1903 obtivo a cadeira de Internacional por oposición.
En 1918 foi eleito pra Decano da Faculdade, no que foi despois confirmado e qu'ocupou deica á sua morte.
En 1919 encarregouse tamén da cadeira de Dereito Canónico.
Foi mantedor do Certame Histórico orgaizado pol-o Concello Compostelán en 1909, co gallo do Centanario da guerra da Independencia; do Certame da Virtude e do Traballo tido en 1923 no Ferrol en honra do Marqués d'Amboaxe, i en 1924, da Festa da Língoa Galega, orgaizada pol-a Liga d'Amigos de Santiago.
Pertenceu dend'a sua fundación á Academia Galega, e igualmente ao Seminario de Estudos Galegos, no que estivo ao frente da Seizón de Historia, sendo elexido Presidente do Seminario en 1926.
Pertencía, ademáis, ao Instituto Histórico do Minho de Viana do Castelo, á Sociedade Martins Sarmento, de Guimarães, e era correspondente da Academia da Historia, de Madrid, dende 1918, da Española dende 1927, e da de Belas Artes de Madrid.
Foi tamén Concellal de Santiago en 1905, e Alcalde en 1911; Segredario da Sociedade Económica d'Amigos do País compostelá, e despois Arquiveiro da mesma; Presidente da Liga d'Amigos de Santiago, e da Comisión redactora do Estatuto Autonómico de Galiza, que foi aprobado pol-a Asembleia de Concellos.
No curso de 1933-34, tocoulle a xubilación. Pra escoital-a sua lección
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571473.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XVI ★ Ourense Agosto - Setembre de 1934 ★ Núm. 128 - 129
DON SALVADOR CABEZA DE LEÓN
Tiñan outro ulido as primadeiras, resoaban as cántigas encol da campía con máis ledo són.
Un grande pobo cuase inédito durmía na soma verde das carballeiras.
Cada pedra de Sant-Iago era fonte nova de alboradeiro deitar, pros que chegaban co beizo sedento, os versos dos poetas nacían mollados de bágoas entusiastas.
D. Salvador vivíu no longo solpor do Romantísmo, e d'aquila ficoulle o grande xesto liberal da verba ceibadora e a confianza na bondade orixinaria dos homes.
Aquila Galiza dos Precursores e dos post-precursores ofrecíase como a Polonia aos ensonos de Adám Mickiewitz, como a Grecia ós voluntarios de Byron: a fermosa dona apreixada pol-os nós da serpe, e coidaban fulminar ca lanza de lús da verba a cabeza fedenta do dragón.
Laiáronse moito, cecáis foron máis ditosos que nós. ¿Quén lles tolle o disfroite das primeiras frontes ergueitas, dos primeiros curazóns limpos?
Entón a Economía non tiña rubido da dispensa á biblioteca, nin se tiña sentado no salón dos retratos antergos e dos degaros adolescentes.
D. Salvador tiña a limpideza dos ollos propia dos criados na fé de non ser o dereito unha fermosa Utopía. ¡Que inocentes os materialistas co seu sobrecello estilo Wirchow, que ben emparexaban baixo as frondas, dialogando, o teólogo criado en Sanseverino e o xurista afeito con Savigny a sentir o dereito como canto épico dos pobos!
Cando escuitamos a derradeira leizón de D. Salvador no Paraninfo da Universidade, coidabamos asistir á vella Sorbona animada pol-a verba de Michelet sabéndose escoitada por todal-as minorías escolleitas do tempo. Co ela pechaba un vivir enteiro adicado a erguer dende a cadeira as esenzas máis puras da concenza ca mesma fé do primeiro tremor inaugural.
Pra nós D. Salvador foi a Universidade galega no tempo longo da loita
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/11571479.xml
OCCITANIA E ATLÁNTIDA
MOTIVOS
Por RAMÓN OTERO PEDRAYO
O CEMITERIO MARIÑO
Ise ulido dos piñeiros e da mar do Sul. Pecado, mística, cánon, beleza, ou cecáis pra algúns simpre pedagoxía. Cada cultura, como cada esprito fáise unha representación diversa e conforme a unha particular intuición máis ou menos ordeada pol-a lembranza de un prestixio escolástico. Son inxustos os nórdicos, que o enxergan de calquera de istes dous xeitos: xardin de repouso, ou ximnástica das faculdás artísticas. Hai outra chamada máis fonda: a das Pátrias.
Seus fillos demoráronse moito en sabelo. Tiñan a vaga e ditosa inquetude. Fortecíanse co recordo da exempraridade crásica. Estilo espartano, graza ateniense, urbanismo alexandrino. Paisaxe armoñosa ou paisaxe heroica. Tivo de ser un poeta quen fixera bogar con vento de seu a nau da Occitania. E pasou Mistral pol-o século dazanove moito como o homérida descoberto por Lamartine, pro moito máis como aquil San Honorato que ao coller terra na illa de Lérins faguendo a siñal da crus, matóu todas as serpes sibilantes.
A fala, apenas un ecoar apegado como folla mucha contra o vento da fala eistrana nos beizos do pobo, rexurdindo no canto de Mistral espertou a dinidade de beleza e intención criadora e a Proenza coñeceu a espranza. De aquela todos os escritores franceses nados no sul viven ca saudade ou o remordimento de unha língoa. Por non ser
provinciás escriben en francés. Mais trás da frase con somas de encina arxentanse as uliveiras de Arlés ou os illós da Camarque.
Paul Valéry, sumo supracartesiano, matemático degaroso do abstracto, estilador de clasicismos e modernidás pra chegar ao nacimento da idea pura non podería negar a sua pátria. Non ten fé na paisaxe, nin na historia. Leede con coidado o cántico das colunas, ou o Narcisso, ou ise Cimetiére marin de simbolismo comentado pol-os filósofos germánicos coma un texto talmúdico. A Occitania brila nos espazos medidos pol-os fustes, nas pombas do cemiterio, no vento de arumes carregado que peneira a sebe dos versos. Un cemiterio albo e azul, salgado ienxoito, inteleitoal e categórico, con formas esculturadas un intre —no aire, no són, no silenzo, no follax— de estilos heroicos e arelanzas de craridade. Paul Valéry un felibre. Non semelle eistrano. Tamén Leconte de Lisle foi un bardo.
Os Alpes vanse esvaecendo nos Alpilles que asegún o Dante ofercen ao lonxe o profil de unha fiada de tumbas. Di León Daudet: «La Provence est un pays dedié aux morts, un cimetiére que le vent embaume». Na derradeira frase hai unha idea do Cimitiére de Valéry. Eiquí ao igoal que n-outros aspeitos sería fermoso o contraste do cemiterio occitánico co atlántico. Tería de faguelo un artista razoador de intuicións, sen pechar o razoamento. Cecáis poidera ser seu comentario —despois de un socegado comercio cos mortos— o desenrolo de iste xuizo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1c/1cb0/1cb07f7c-804e-4e8c-9cc5-8ddc6f4b03eb/115714728.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adequira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO