Lanza Álvarez, Francisco

1892 - 1951

Naceu en Ove, Ribadeo, vila na que cursou os seus estudos, na que viviu ata 1931 e á que dedicou as súas máis estimables atencións históricas. Aquí fundou e dirixiu diversos xornais na segunda década do século, o máis importante, en 1919, o semanario "La Comarca", onde desenvolveu unha vocación xornalística que mostraba un profundo espírito liberal e un fino humorismo en todos os seus comentarios sobre a vida política e social da localidade.
Na década de 1920 preparou unha obra sobre a historia de Ribadeo que o converteu nun auténtico cronista da vila e das súas máis ilustres habitantes, aos que dedicou o capítulo final da análise histórica.
Conseguiu publicala en Madrid grazas ao apoio dos seus amigos Carlos e Amando Súarez Couto, a quen está dedicado o libro e que colaboraron nas ilustracións.
Foi sobre todo un autodidacta, un xornalista vocacional que colaborou no Faro de Vigo e en El Sol.
As súas apetencias intelectuais dirixíronse cara aos estudos históricos; integrouse en 1927 como membro do Seminario de Estudos Galegos e escribiu varios artigos para a revista Nós e o Boletín da Real Academia Galega.
Emigrou a Arxentina en 1931, precisamente polos mesmos días en que desaparecía en España a Monarquía de Alfonso XIII, o que non deixa de ser estraño nun personaxe que simpatizaba coas ideas republicanas.
Na súa nova patria seguiu colaborando en revistas e xornais bonaerenses, e alí morreu en xaneiro de 1951.
O patriarca do nacionalismo galego, Antón Villar Ponte, escribiu un prólogo para a primeira edición da súa obra histórica "Ribadeo antigo", que se converteu nun panegírico do autor. Desde 1971 unha agrupación cultural ribadense leva o seu nome.
Antonio Prado Gómez (Real Academia de la Historia)

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Lanza Álvarez, Francisco

Detalles


Lugar de nacimiento Ove, Ribadeo, Lugo - España
Lugar de fallecimiento Bos Aires - Arxentina
Actividad Historia , Xornalismo
Filiación Seminario de Estudos Galegos , Faro de Vigo
Ocupación Xornalistas , Historiadores

Presencia en la revista


http://gnoss/56FE2EC2-5127-412B-977F-B42AF7575CED

http://gnoss/3AE46F86-B0C9-4430-A7FC-106360A9FBA4

http://gnoss/944C4846-ADC7-4410-91CB-3AB874AC04B3

http://gnoss/DE32941E-F17D-4D9F-BE5B-AFD1108F7715

http://gnoss/9B40D31B-BB74-4134-9ADA-060C252D2B63

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Lanza Álvarez, Francisco

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano X Número 60 - 15 decembro 1928
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XI Número 61 - 15 xaneiro 1929
O insino en Ribadeo desde o século XVI ô XIX : (proseguimento)

O insino en Ribadeo desde o século XVI ô XIX : (proseguimento)

por Lanza Álvarez, Francisco

Ano XI Número 61 (1929); p 4-6

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 114 - 15 xuño 1933
Falan os de Ribadeo : (notas folk-lóricas e leisico-gráficas recollidas n-ista vila)

Falan os de Ribadeo : (notas folk-lóricas e leisico-gráficas recollidas n-ista vila)

por Lanza Álvarez, Francisco

Ano XV Número 114 (1933); p 146-154

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XV Num. 116 (15/08/1933)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 118 - 15 outubro 1933
Falan os de Ribadeo : notas folklóricas e leisico-gráficas recollidas n-ista vila : (conclusión)

Falan os de Ribadeo : notas folklóricas e leisico-gráficas recollidas n-ista vila : (conclusión)

por Lanza Álvarez, Francisco

Ano XV Número 118 (1933); p 207-211