Gómez Canedo, Lino

1908 - 1990

Foi un sacerdote católico galego.
Fillo de labregos, vestiu o hábito franciscano no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas) en agosto de 1923 e máis tarde estudou filosofía no convento da Nosa Señora de Vistahermosa (Ourense) e teoloxía no convento de San Francisco do Val de Deus de Santiago de Compostela, onde profesou o 25 de xuño de 1929 e foi ordenado sacerdote en xuño de 1931.

Desde a súa época de estudante naceu nel a vocación de historiador, disciplina na que entraría baixo a orientación de frei Atanasio López Fernández. En 1933 viaxou para estudar en Roma onde se licenciou en Historia Eclesiástica en 1937, o que lle serviu para se incorporar á Academia Americana da Historia, con sede en Washington, onde traballou durante varias décadas.

O padre Gómez Canedo foi un incansable home de letras e de palabras conferenciantes que, ao compás dos seus quefaceres clericais, empregou toda a súa vida para furgar neses cartafoles eclesiástico-historiográficos que hoxe se atopan repartidos polas diversas bibliotecas e institucións culturais da nosa xeografía e as dos continentes americano e asiático, deixando un legado histórico de gran valor documental.
Galipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Gómez Canedo, Lino

Detalles


Lugar de nacimiento A Laracha, A Coruña - España
Lugar de fallecimiento Cidade de México - México
Filiación Real Academia Galega , Franciscanos
Ocupación Escritores , Sacerdotes , Historiadores

Presencia en la revista


http://gnoss/9B40D31B-BB74-4134-9ADA-060C252D2B63

http://gnoss/81D28CE3-4F21-426C-9D13-CCCBC23A5115

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Gómez Canedo, Lino

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 109 - 15 xaneiro 1933
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XV Número 114 - 15 xuño 1933
Notas pr-o estudo da toponimia compostelán : as rúas do Franco e da Raíña

Notas pr-o estudo da toponimia compostelán : as rúas do Franco e da Raíña

por Gómez Canedo, Lino

Ano XV Número 114 (1933); p 144-145