Castro Gil, Manuel

1891 - 1963

Foi un gravador e pintor galego.
Fillo do arquiveiro do concello de Lugo, iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Ramón María del Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fabrica de Moeda. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas.
Galipedia

Ver na liña do tempo
Imagen de Castro Gil, Manuel

Detalles


Lugar de nacemento Lugo - España
Lugar de falecemento Madrid - España
Actividade Pintura , Gravado , Augaforte
Filiación Real Academia Galega , Real Academia de Bellas Artes de San Fernando , Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario , Escuela Nacional de Artes Gráficas
Ocupación Gravadores , Pintores

Presenza na revista


http://gnoss/55F154C0-9E47-415D-AA1B-D8459060FE7D

Autor da revista Nós

Persoa relacionada

Organismo relacionado

Castro Gil, Manuel

Artigos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IV Número 15 - 1 xaneiro 1923